Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 78 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Similares a A guerra fria (20)

Anuncio

Más de velazquezturnesnieves (20)

Más reciente (20)

Anuncio

A guerra fria

  1. 1. A GUERRA FRIA
  2. 2. • Introdución • Xénese da guerra fria(1945-1947). • A máxima tensión(1948-1962) • A coexistencia pacífica (1962-1975) • Rebrote e final da guerra fría (1976-1991) • La Guerra Fría en 2 Minutos • https://www.youtube.com/watch?v=PLieAtDBSZw
  3. 3. INTRODUCIÓN • Tras a Segunda Guerra Mundial aparecen dúas superpotencias : EEUU e a URSS • Ambos países estableceron esferas de influencia e desde 1945 ata 1991, o mundo quedou dividido en dous bloques opostos: • O bloque oriental, encabezado pola URSS, que defende o comunismo e a chamada democracia popular e unha economía planificada. • O bloque occidental, liderado por Estados Unidos, que defende unha democracia liberal e unha economía capitalista. • O mundo viviu baixo o enfrontamento das duas potencias e a ameaza dunha guerra nuclear.
  4. 4. Xénese da guerra fria(1945-1947). • Características da guerra fría. • Guerra fria: sistema de relacións internacionais existentes entre 1945 e 1991 na que o mundo dividiuse en dous bloques antagónicos, un encabezado por EEUU e o outro pola URSS, creándose un clima bipolar onde as dúas súperpotencias intentan manter a seguridade e as suas zonas de influencia por todos os medios a excepción do enfrontamento bélico, por medo á guerra nuclear. Cada bloque defendía concepcións politicas económicas e ideolóxicas distintas.
  5. 5. BLOQUES occidental sistema democrático, economía capitalista ideoloxía liberal. comunista sistema político totalitario economía planificada ideoloxía marxista. • Carreira de armamentos sobre todo nuclear. • Propaganda ideolóxica. • O espionaxe a través de servizos secretos(CIA eKGB). • Guerra localizada en territorios periféricos. • presións político económicas nos dous bloques. Formas de enfrontamento
  6. 6. • Características: • Enfrontamento bipolar de carácter global. A oposición entre ambas potencias leva a un aliñamento mais ou menos forzoso dos demais Estados. Países de Europa occidental con EEUU e países de Europa oriental cona URSS, vinculados por alianzas. • Enfrontamento non bélico. Non hai enfrontamento directo , as superpotencias intentaron manter a súa seguridade e zonas de influencia baseándose no medo a unha guerra nuclear: equilibrio do terror ou disuasión nuclear. As formas de enfrontamento foron: carreira de armamentos sobre todo nuclear; propaganda ideolóxica; espionaxe a través de servizos secretos(CIA e KGB); guerras localizadas en territorios periféricos e presións político-económicas. • Enfrontamento ideolóxico. Cada un dos bloque representa un sistema: o occidental o capitalismo, ideoloxía liberal e a democracia parlamentaria .O Oriental a economía planificada, ideoloxía marxista e democracias populares de tipo totalitario. • Enfrontamento intermitente con períodos de distinta intensidade e
  7. 7. • O final da cooperación entre os aliados • A Segunda Guerra mundial acelerou o declive de Europa. Os países exhaustos, sen medios militares e económicos. • Consolidación de EEUU e URSS como líderes da política internacional. • En 1945 parecía que se iniciaba a colaboración entre as dúas grandes potencias. Conferencia de Yalta Creación da ONU Firma dos Tratados de paz Xuizos de Nuremberg
  8. 8. • Pero debido á desaparición de vínculos entre elas (eran moi distintas) e un inimigo común pronto se pasou ao enfrontamento. Na Conferencia de Postdam aparecen discrepancias Fin do acordo de Préstamo e arrendamento , de EEUU que daba trato de privilexio á URSS Primeiro desencontro en Iran en 1946, tras o acordo de retirada de tropas do territorio, a URSS négase, logo as retira baixo a presión de EEUU.
  9. 9. • TRIUNFO DA DESCONFIANZA MUTUA • En Europa oriental, ocupada polo exército vermello,instaláronse gobernos subordinados á política soviética que non cumpriu a promesa de retirar as tropas e convocar eleccións libres. • En Europa occidental ante o temor de que a crise favorecera a expansión do comunismo, o presidente estadounidense Truman anunciou que os gobernos dispostos a frear a influencia soviética terían dereito a recibir axudas norteamericanas. • Doutrina Truman ou doutrina de contención.
  10. 10. • A resposta de Stalin foi a Doutrina Jdánov para cohesionar mais a súa zona de influencia a través do control ideolóxico e na creación da Kominform (Oficina de Información dos Partidos Comunistas) para protexer e estender a revolución e apoio mutuo dos comunistas do mundo. • A doutrina Truman foi aplicada por primeira vez na guerra civil grega que xurdiu tras expulsar de Grecia aos alemáns, entre os partidarios da monarquía e a guerrilla favorable a un réxime comunista, apoiada polo comunismo iugoslavo. • O apoio estadounidense aos monárquicos en 1947, favoreceu o triunfo monárquico.
  11. 11. A MÁXIMA TENSIÓN (1948-1962) • Desde finais de 1947 a rivalidade desatou unha loita por ampliar as súas zonas de dominio. • Desde 1947 ata 1953, son os anos da formación e consolidación dos bloques. Prodúcese a creación de dous Estados alemáns, o triunfo da revolución comunista em China e a Guerra de Corea. • Desde 1953 a 1962 a chegada de novos dirixentes a EEUU e URSS, contribuiu a atenuar a tensión, pero a pesar do desxeo entre os gobernos e o achegamento, os enfrontamentos entre as potencias sigue, culminando na crise dos misís em Cuba.
  12. 12. 1947 ata 1953 consolidación dos bloques • A DIVISIÓN ECONÓMICA DE EUROPA • Cada potencia estableceu un sistema de colaboración económica para asegurar a dependencia dos países que a integraban: • Plan Marshall. O goberno estadounidense deseñou unha estratexia para reactivar a economía dos países europeos. Incluíu a case todos os países de Europa Occidental, excepto España. Así podería mellorar o nivel de vida europeo e afastar o perigo revolucionario para non caer en crise. • COMECOM(Consello de Axuda Mutua Económica). A URSS creouno para coordinar as políticas económicas dos países de Europa oriental e establecer mecanismos de asistencia mutua
  13. 13. Secretario de Estado norteamericano, George Marshall.
  14. 14. A CREACIÓN DOS BLOQUES MILITARES • O aumento da tensión levou aos bloques a formar alianzas militares para actuar de forma conxunta contra calquera agresión do inimigo. • O bloque occidental (EEUU) constituíu a Organización Do Tratado do Atlántico Norte OTAN con Reino Unido, Canadá,Italia, Francia, Paises Baixos, Islandia, Dinamarca, Noruega, Portugal e Luxemburgo. • O bloque oriental (URSS) quería conseguir desenvolver armamento nuclear para non estar por baixo de EEUU. Asinou o Pacto de Varsovia con Polonia, a República Democrática Alemá, Checoslovaquia,Rumanía,Hungría, Bulgaria e Albania.
  15. 15. A AMPLIACIÓN DOS BLOQUES • Pronto se estendeu a tensión internacional a Asia pola presión exercida por ambas zonas para ampliar o seu dominio. • O TRIUNFO DO COMUNISMO EN CHINA • China supuxo un gran éxito para o bloque comunista. O país estaba en guerra civil desde o final da 2ª Guerra Mundial. Enfrontábanse o Partido Comunista Chinés e os nacionalistas do kuomintang. • En 1949 Mao Zedong proclamou a República Popular Chinesa e asinou un tratado de axuda mutua con Stalin.
  16. 16. • CONSECUENCIAS DA AMPLIACIÓNDO BLOQUE COMUNISTA • A ampliación da zona de dominio comunista e o aumento da tensión en Asia fixeron que EEUU impulsase a creación de tratados rexionais de defensa:SEATO (Organización do Tratadodo Sueste Asiático),con Australia, Francia, RU, Nova Zelanda.. Pacto de Bagdad con Turquía, Iraq, Irán,RU.. • Ademais en EEUU desatouse unha marea de anticomunismo e o seu máximo expoñente é a caza de bruxas. Moitos artistas e intelectuais foron acusados de comunistas.
  17. 17. • O BLOQUEO DE BERLÍN (1948-49) • Tras a guerra Alemaña quedou dividida en 4 zonas (EEUU, Reino Unido, a URSS e Francia). Berlín á súa vez foi dividido en 4 zonas dos mesmos países. • Na Conferencia de Londres de 1948, EEUU, Reino Unido e Francia acordaron a unificación das zonas de Alemaña nun só estado , a República Federal Alemá (RFA). • Esta medidas contraviñan os acordos de Yalta e Potsdam, asi que Stalin respondeu co bloqueo terrestre de Berlín. • Berlín quedou aillada, pero EEUU fixo unha ponte aérea para abastecer a cidade. • Stalin levantou o bloqueo, pero a URSS creou un Estado independente do resto Republica Democrática Alemá(RDA). CONFLITOS
  18. 18. • A GUERRA DE COREA(1950-53) • Corea formaba parte do imperio xaponés antes da 2ª Guerra Mundial. Tras a derrota de Xapón quedou dividida en dous Estados polo paralelo 38°:Corea do Norte, vinculada á Unión Soviética e Corea do Sur, dependente de EEUU. • En xuño de 1950 as tropas do norte invadiron o sur, e conquistaron con facilidade case todo o territorio. EEUU reaccionou inmediatamente e conseguiu da ONU a autorización para intervir militarmente. • A incapacidade de EEUU e a URSS para lograr a vitoria sen recorrer ao armamento nuclear provocou a firma do armisticio en 1953 e confirmándose a situación previa ao conflito. Preto de millón e medio de persoas morreron para nada. • Demostrouse que calquera iniciativa bélica sería contestada polo outro bloque.
  19. 19. 1953-62 CAMBIO DOS DIRIXENTES E COMEZOS DA DISTENSIÓN • A partir de 1953 iniciouse un cambio dos dirixentes das dúas grandes superpotencias e comeza a distensión. • Eisenhower foi presidente de EEUU • Na URSS Nikita Kruschev. • Isto iniciou o desxeo das relacións entre ambas potencias.
  20. 20. Este cambio estaba ademais motivado po diversos factores: - En 1949 a URSS construíu a primeira bomba atómica, o que supuxo o fin do monopolio nuclear de EEUU. - Neutralidade dos Países do Terceiro Mundo, os non aliñados - Conflictos internos dentro dos bloques. •No entanto os americanos eran partidarios dunha política de contención do comunismo,baseada na ameaza nuclear como elemento disuasorio, estratexia que se coñece como “o mundo ao bordo do abismo”
  21. 21. OS PAÍSES NON ALIÑADOS • Tras a descolonización de Asia e África, algúns países do Terceiro Mundo amosaron o seu desexo de adoptar unha posición de neutralidade fronte aos dous bloques, xurdiu así o movemento dos Non Aliñados. • O momento máis importante foi a celebración da Conferencia de Bandung (1955)en Indonesia, na que se reuniron 23 países encabezados por China,India e Exipto. • O acordo máis importante foi o rexeitamento á colonización e o apoio aos movementos de liberación. • Outra reunión importante foi a Conferencia de Belgrado de 1961, presidida por Tito, onde se reafirman en manter unha liña política afastada dos dous bloques.
  22. 22. OS CONFLITOS INTERNOS DOS BLOQUES • No interior de ambos bloques producíronse conflitos e disidencias que afectaron a súa cohesión interna. • A DISIDENCIA DO BLOQUE COMUNISTA • En Europa oriental houbo movementos populares contra a dominación soviética sobre as súas políticas, as mais importantes foron a revolta polaca e a revolta húngara de 1956 e o movemento de reforma checoslovaca coñecido como Primavera de Praga de 1968. • A URSS desenvolveu a doutrina Breznev que establecía o dereito de intervención en calquera pais do seu bloque que puxera en perigo o sistema comunista.
  23. 23. DISENSIÓNS EN OCCIDENTE O caso mais importante foi o de Francia durante a presidencia de De Gaulle, quen defendeu unha política propia equidistante de ambas superpotencias e desenvolveu un arsenal nuclear própio. En Hispanoamérica, algúns gobernos afastabanse dos s postulados políticos norteamericanos, Estados Unidos interviu contra estes, unhas veces promovendo golpes de Estado e outras veces adestrando guerrillas e exércitos de invasión. Países como Guatemala, Cuba, Nicaragua, O Salvador, Panamá, Chile, Arxentina..
  24. 24. CONFLITOS ENTRE OS BLOQUES • CRISE DO CANAL DE SUEZ (1956) • Primeiro conflito en que se pon a proba os mecanismos de diálogo, ambas potencias actuaron conxuntamente. • O presidente de Exipto Nasser, decretara a nacionalización do canal de Suez controlado ate o momento pola compañía anglo- francesa. • Un ataque combinado de Francia, Reino Unido e Israel coa ocupación do Sinaí pretendeu anular pola forza a nacionalización do canal. • Mais a oposición de EEUU e a URSS fixo retirarse aos atacantes, acabando así coa influencia europea na zona.
  25. 25. • CONSTRUCIÓN DO MURO DE BERLÍN (1962) • O desenvolvemento da zona occidental (grazas ao plan Marshall) deu lugar a que moitos habitantes da RDA escaparan ao lado occidental atraídos polo mellor nivel de vida. • Isto causaba un prexuízo económico para a RDA así que o seu goberno decretou o 13 de agosto o peche da fronteira berlinesa e a construción dun muro, denominado en occidente o muro da vergonza.
  26. 26. • Conrad Schumann, a primeira persoa en atravesar ilegalmente o muro de Berlín. https://www.youtube.com/watch?v=tfpqKPsAjAM
  27. 27. •As elección de 1960 levaron á presidencia norteamericana ao demócrata John Fitzgerald Kennedy, con el naceu un novo modelo de política exterior e interior baseada na necesidade de desenvolver novos compromisos internacionais cunha maior flexibilidade,A Nova Fronteira para lograr solucións máis pacíficas. Nalgúns casos como o de América latina incluían programas de axudas. Alianza para o progreso
  28. 28. • CRISE DOS MISÍS EN CUBA 1962 • En 1959 a guerrilla dirixida por Fidel Castro conquista o poder tras unha victoriosa revolución que derrocou o réxime ditatorial de Batista, aliado de EEUU. • O novo goberno puxo en marcha un programa de transformacións socialista. • Os EEUU non recoñeceron o novo réxime e decretaron o embargo económico que obrigou a Cuba a buscar apoios na URSS.Isto supoñía unha ameaza para os EEUU e en 1961 promoven a invasión da illa en Baía de Cochinos, que fracasou. Castro pide axuda militar á URSS.
  29. 29. • O 14 de outubro de 1962 avións espías norteamericanos(U2) detectaron en Cuba rampas de lanzamento de mísiles, e o presidente J. F. Kennedy decretou o bloqueo naval de Cuba e ameazou á URSS con invadir a illa se non retiraban os mísiles. • Finalmente Kruschev retirou as rampas dos mísiles e os barcos .
  30. 30. A crise de Cuba mostrou que o equilibrio do terror non garante a seguridade. •As superpotencias iniciaron conversas para reducir o perigo dun enfrontamento bélico a través de: •Os dirixentes estableceron unha liña directa de contacto entre eles para resolver rapidamente as crises internacionais graves. O teléfono vermello. •os acordos de limitación de armamento acordos SALT. •A confrontación a ultranza foi substituída pola coexistencia pacífica e a distensión. •Pero o período seguinte non estivo exento de conflitos
  31. 31. A COEXISTENCIA PACÍFICA (1962-1985) • 1962-79 conversas para reducir o perigo a un enfrontamento nuclear teléfono vermello E redución de armamento acordos SALT Pero conflitos No Sueste Asiatico e Próximo Oriente. • 1979-85 Vólvese a unha elevada tensión Expansión da influencia soviética por Nicaragua, África e Afganistán. EEUU desenvolve política de contención activa Renovación tecnolóxica do arsenal atómico
  32. 32. • RUPTURA CHINO-SOVIÉTICA • Tras o triunfo da revolución de Mao en China en 1949, o novo Estado aliouse coa URSS, pero desde a morte de Stalin, as diferenzas entre o goberno soviético e o da China Popular foron cada vez máis fondas. • A ruptura produciuse a partir de 1961. • Os motivos de enfrontamento eran tanto de carácter ideolóxico como fronteirizos. • O enfrontamento permitiu un achegamento entre China Popular e os EEUU.
  33. 33. • A GUERRA DE VIETNAM • Os acordos de Xenebra tras a retirada de Francia da zona, deixaron a Vietnam dividido en dous Estados, Vietnam do Norte, cun réxime comunista encabezado por Ho Chi Minh, e Vietnam do Sur, cunha ditadura favorable a Occidente dirixida por Ngo Dinh Diem. Fixaban a liña de separación no paralelo 17º. • En Vietnam do Sur había unha guerrilla comunista, o Vietcong, que ameazaba con derribar o goberno. • EEUU decidiu apoiar o réxime do Sur, temeroso de que o comunismo se impuxése en todo o país. • Queríase evitar o que se denominou efecto domino(que éxito dunha revolución comunista nun país servise de exemplo para a difusión de gobernos pro-soviéticos nos países veciños).
  34. 34. • EEUU , durante a presidencia de Johnson,iniciou unha intervención armada en 1964. Pero resultou inútil, en 1968 o Vietcong lanzou unha ofensiva que fixo que as tropas de EEUU non puidesen gañar a guerra.
  35. 35. • A oposición ao conflicto estendeuse por Occidente. • En 1969, Nixon, asumiu a presidencia de EEUU coa promesa de acabar coa guerra. • En 1973 EEUU retirou as tropas e acordouse a reunificació do país. Pero a loita continuou ata Abril. • En 1976 os dous Vietnam reuníronse formando a República Socialista de Vietnam que se integrou no bloque prosoviético, xunto con Laos e Camboia. • Esta guerra supuxo para EEUU un enorme desprestixio internacional e un gran fracaso militar.
  36. 36. • CONFLICTO ÁRABE ISRAELÍ • Desde a fundación do Estado de Israel en 1947, o Próximo Oriente se convertera nunfocode conflito entre xudeus e os seus veciños árabes, o que provocou catro guerras e unha infinidade de ataques terroristas. • A posición estratéxica de Israel na área de maiores reservas de petróleo do mundo resultaba vital para os EEUU e a URSS. • A primeira en 1948-49 • A segunda a enfronta ao Exipto de Nasser, asociada a RU e Francia( conflito de Suez). • A terceira a Guerra dos seis días en 1967 contra Nasser, apoiado polos estados árabes. • En 1973 desatouse a guerra de Iom Kippur, cando Exipto e Siria atacaron Israel. A intervención das superpotencias parou o conflito.
  37. 37. • O conflito tivo consecuencias considerables para occidente, , xa que en outubro de 1973 os países da OPEP deciden aumentar o prezo do petróleo. CRISE.
  38. 38. • CONVERSACIÓNS ENTRE AS SUPERPOTENCIAS • O enorme gasto do armamento nuclear , e aparición de correntes pacifistas, fixo necesario frear a carreira de armamentos. • O Tratado de non proliferación de armas nucleares de 1968, pretendía evitar a difusión deste tipo de armas, pero non foi firmado por China nin por Francia. • Novas negociacións entre EEUU e a Unión Soviética deron lugar aos acordos SALT I(1972) e SALT II (1979). Ainda que eran un freno á carreira de armamento,en realidade tratábase de establecer un principio de disuasión nuclear, un equilibrio de terror que aseguraba a mutua destrución en caso de guerra.
  39. 39. • NOVO ACHEGAMENTO ENTRE EUROPA OCCIDENTAL E EUROPA ORIENTAL. • A chegada ao poder en 1969 de Willy Brandt na República Federal Alemá significou unha política de achegamento ao leste, a Ostopolitik. Esta política de paz e distensión deu como resultado a firma dun tratado de non agresión e recoñecemento da inviolabilidade das fronteiras europeas asinado entre a República Federal de Alemaña e a Unión Soviética en agosto de 1970. • O Tratado de Varsovia, de decembro de 1970, normaliza as relacións con Polonia. • Coseguiuse o recoñecemento mutuo dos dous Estados alemáns e a normalización das relacións diplomáticas entre os dous bloques.
  40. 40. • A nova política de entendemento culmina na Conferencia de Seguridade e Cooperación de Helsinqui en agosto de 1975, entre os representantes de 35 Estados pertencentes ao Pacto de Varsovia, a OTAN e países neutrais. • Os países participantes recoñecían as fronteiras xurdidas na IIGM, reforzábase a cooperación económica entre ambos bloques e os países comunistas comprometíanse a defender os dereitos humanos e liberdades.
  41. 41. REBROTE DA TENSIÓN 1975-85 • A partir de 1975 as relacións entres as superpotencias comezaron a arrefriarse, chegando a niveis de tensión parecidos aos do comezo da guerra fría. • A mediados dos anos 70, a posición hexemónica dos EEUU estaba debilitada. Baixo o mandato do demócrata Jimmy Cárter (1977-80) restrinxiron o seu intervencionismo exterior. Ademais o país atravesaba unha grave situación económica derivada da crise do petróleo de 1973.
  42. 42. • A URSS estaba no entanto reforzada, grazas a instauración de rexímenes comunistas en países asiáticos • Incrementou o seu apoio a todos os movementos revolucionarios do Terceiro Mundo. • En África esta estratexia materializouse na implantación de rexímenes de tipo marxista : Angola, Mozambique e Etiopía. • En América Latina, co apoio da revolución sandinista en Nicaragua, e as guerrillas do Salvador , Guatemala.. • En Asia apoió a invasión de Cambodia por parte de Vietnam, onde se instalará un réxime afín, a ditadura dos Jemeres Vermellos.
  43. 43. • En 1977 desplegou mísiles nucleares de alcance intermedio por Europa oriental(SS20, euromísiles), co obxectivo de intimidar a Europa occidental. • A OTAN responde desplegando en Europa mísiles norteamericanos para forzar a retirada dos SS20. A resposta de Bresnev foi a invasión de Afganistan, o que puxo fín á distensión.
  44. 44. • A REVOLUCIÓN ISLAMISTA DE IRÁN • Irán, gobernado polo réxime ditatorial do Sha, Rheza Palevi, era un firme aliado de Estados Unidos en Oriente medio e un dos principais produtores de petróleo de todo o mundo.
  45. 45. • As reformas sociais de corte occidental que impuxo o goberno corrupto do Sha, provocaron un forte rexeitamento. isto foi aproveitado polo clero xiíta dirixido polo aiatolá Homeini. • As protestas derivaron en 1979 nunha revolución que supuxo a caída do Sha e a instauración dunha República islámica, un réxime sociopolítico baseado no estrito cumprimento do Corán
  46. 46. • Ese mesmo ano un grupo de radicais islámicos asaltaron a embaixada de Estados Unidos en Teherán e secuestrou a 80 empregados. • A poboación estadounidense mostrouse favorable a exercer medidas de forza para recuperar o prestixio internacional.
  47. 47. • A GUERRA DE AFGANISTÁN (1979-1989) • Afganistán estaba gobernado por un réxime afín á Unión Soviética. En 1979 o goberno afgano ante a oposición de distintas guerrillas armadas, pediu axuda á URSS.A Unión Soviética aproveitou para invadir o país. • O obxectivos eran: • Conter a expansión do fundamentalismo islámico. • Manter no poder ao goberno aliado e tomar posicións no Indico e no Golfo Pérsico. • Aviso aos países aliados que tivesen a intención de afastarse da órbita soviética.
  48. 48. • As guerrillas recibían axuda dos EEUU Paquistán e Arabia Saudí, así como de voluntarios. A longa duración da guerra ante a imposibilidade de vencer ás guerrillas, provocou un problema económico e político na Unión Soviética. • A derrota da URSS debilitou a súa posición fronte aos EEUU e causou rexeitamento entre os seus aliados e simpatizantes por considerarse unha agresión imperialista.
  49. 49. Novos líderes en EEUU e a URSS • En 1981 chega á presidencia dos EEUU o republicano Ronald Reagan cun programa antisoviético e coa intención de restaurar o liderado dos Estados Unidos no mundo. • Abandonouse a liña dialogante de Jimmy Carter e optouse pola dureza e agresividade.
  50. 50. • O novo goberno aumentou extraordinariamente os gastos militares. O proxecto máis destacado foi a Iniciativa de defensa estratéxica, tamén coñecida como «Guerra das Galaxias», que pretendía o desenvolvemento dun escudo espacial para destruir os mísiles sovieticos en caso de ataque nuclear.
  51. 51. • Tamén potencióu a intervención en distintas zonas do mundo para evitar que se achegasen á URSS. • Así Reagan ordenou a invasión da illa de Granada en 1983,apoiou ditaduras militares e rearmou á guerrilla «contra» en Nicaragua, que pretendía derrocar o goberno sandinista.
  52. 52. • Nos anos 80 os gastos militares e o estancamento da produción provocaran unha forte crise económica na Unión Soviética(estancamento económico, atraso tecnolóxico, deterioro da calidade de vida. • En 1985 accedeu ao poder na URSS Mikhail Gorvachov o que supuxo o comezo dun cambio.. • Ante as graves dificultades iniciou unha serie de reformas para modificar e transformar en profundidade a xestión política e económica do seu país. • Estaban baseadas na reestructurción(perestroika) e na transparencia (glastnost).
  53. 53. • Gorvachov desenvolveu unha política de diálogo cos Estados Unidos co obxectivo de frear a carreira armamentística e e rebaixar o gasto militar. Asi se chegou á firma do Tratado de Washington (1987) , para o desmantelamento dos mísiles de alcance intermedio. • Pouco despois a URSS retirou as súas tropas de Afganistán e pouco despois retirounas tamén de Europa do Leste. Ademais púsoxe en marcha unha apertura política e económica na Unión Soviética.
  54. 54. • AS REVOLUCIÓNS DEMOCRÁTICAS NO BLOQUE COMUNISTA • A suavización do control ideolóxico e político en case todos os países do bloque comunista , deu como resultado a inmediata aparición de movementos sociais favorables ao establecemento de sistemas democráticos. • En 1989 nos países de Europa oriental desatouse unha vaga de manifestacións e sublevacións pacíficas, revolucións democráticas promovidas polos gobernos (Hungría) ou pola presión popular (Checoslovaquia), que tiveron como resultado a caída dos réximes comunistas.
  55. 55. • En maio de 1989 ten lugar a apertura da fronteira húngara con Austria (o telón de aceiro). • En novembro a caída do muro de Berlín en 1989 e a unificación de Alemaña en 1990. • En decembro en Rumanía ten lugar un levantamento violento coa execución de Ceaucescu. • En 1990 prodúcense eleccións nos países do Leste (alcanzan a independencia Países Bálticos, Polonia, Hungría Rumanía..Divídese Checoslovaquia)
  56. 56. • Caída do muro de Berlín 9 de novembro de 1989 • http://www.rtve.es/alacarta/videos/informe-semanal/informe-semanal- dia-cayo-muro-berlin/586264/
  57. 57. • OS ACORDOS DE PAZ E A DESAPARICIÓN DO BLOQUE COMUNISTA • Poco despois da caída do muro de berlín o novo presidente estadounidense Georges Bushe Gorvachov reúnense no Cumio de Malta onde se proclamou o inicio dunha nova era nas relacións internacionais e o fin das tensións entre as duas superpotencias. • En 1991 ten lugar a disolución do Pacto de Varsovia e a desarticulación da URSS, e a aparición dunha nova orde na zona. • A guerra fría finalmente remataba ???????
  58. 58. .• Fontes: • Para a elaboración desta presentación tomouse como referencia o • libro de texto de Historia do mundo contemporáneo 1º de bacharalato de VV.AA. editorial Santillana e o libro de text VV.AA.de Baía Edicións de consorcio editorial. • As fotografías foron sacadas do banco de imaxes de Google. • Páxina con películas recomendadas sobre a guerra fría. • https://abalarmoas.wordpress.com/2015/05/06/emas-11-12-13-a-guerra-fria-e-a-descolonizacion-o- mundo-entre-1945-e-1990-para-saber-mais-do-tema/

×