2. UNIDADE 1. A CRISE DO ANTIGO RÉXIME
E OS PRIMEIRAS REVOLUCIÓNS
3. O ANTIGO RÉXIME
Conxunto de estruturas demográficas,económicas, políticas,
sociais e culturais propias da Europa pre-revolucionaria (S. XVI-
finais XVIII)
Expresión que utilizaron os revolucionarios franceses desde 1790
Características :
–Sociedade estamental dividida em privilexiados e non
privilexiados.
–Crecemento demográfico moi baixo: natalidade e
mortalidade elevadas
– Economía de base agraria. 80% da poboación traballa na
agricultura. No campo seguía vixente o réxime señorial.
Crises de subsistencia frecuentes causadas por malas colleitas,
epidemias e guerras.
–Sistema político: Absolutismo monárquico na maioría dos
países. Parlamentarismo en Inglaterra e Provincias unidas
8. Con que intención se farian estas imaxes?
Quen cres que puido ser o autor?
13. O IMPULSO DA BURGUESÍA
No entanto as atividades artesanais e
manufactureiras se viron estimuladas polo
comercio ultramarino.
Produciuse a fináis do século XVIII un crecemento
económico e desenvolvemento agrícola grazas a
Novos cultivos: pataca e millo
Novas técnicas: rotación de cultivos en Paises
Baixos e Inglaterra
21. PARLAMENTARISMO
Nas Provincias Unidas (Holanda)e
Inglaterra.
En Inglaterra o poder real estaba
limitado desde a Idade Media polo
parlamento. Pero os reis intentaron
impoñer o seu poder.
No século XVIII, os Estuardo
intentan implantar o absolutismo,
pero atoparon coa oposición do
parlamento, o que provocou a
revolución de 1648 que rematou
coa execución de Carlos I
Proclamouse unha República en
mans de Oliver Cromwell
22. En 1660, restableceuse a
monarquía e o novo rei, Carlos II,
tivo que aceptar o control do
Parlamento e o Habeas Corpus.
En 1688 o intento de Xacobe II de
impoñer o absolutismo levou
novamente a unha revolución.
O parlamento elixiu un novo
monarca Guillerme de Orange,
quen tivo que aceptar a
Declaración de Dereitos
promulgada en 1689.
Ao longo do século XVIII
estableceuse a separación de
poderes. O Parlamento elaboraba
as leis, o executivo era dirixido
polo monarca e o xudicial era
independiente.
A Cámara dos Lores do Parlamento
británico.
Habeas corpus,.Lei que garante que
ninguén pode ser detido nin acusado sen ser
posto a disposición dun xuiz dentro das 72
horas despois da súa detención.
24. Nas Provincias Unidas, tras independizarse de
España se constitúen como unha República
formada por sete provincias, cada unha co seu
Parlamento.
Os representantes das provincias reuníanse nos
Estados Xerais.
Exercicios: analizar textos
1. Que elementos sociais, económicos e políticos caracterizan ao
Antigo Réxime?
2. Explica como se produce unha crise de subsistencia e como
pode derivar nunha revolta. Por que cres que se chamaban revoltas
do pan?
3. Xustifica por que Inglaterra non é unha monarquía absoluta?
Que diferenzas existen entre as dúas cámaras? Era democrático?
Investiga a actual formación do Parlamento británico e sinala as
diferencias co do século XVII.
26. A ILUSTRACIÓN
Movemento de carácter intelectual,
desenvolvido na Europa do s. XVIII, que
cuestionou todos os principios do Antigo
Réxime (sociedade estamental e
absolutismo).
Concebido para “disipar as tebras da
humanidade mediante as luces da
razón”.
As ideas da Ilustración serán
dinfundida a través de publicacións
como
A Enciclopedia, posta en marcha por
Diderot e D’Alambert.
27. AS BASES DO PENSAMENTO ILUSTRADO
O predominio da razón, frente á tradición, o
sobrenatural e a superstición.
A educación como instrumento para difundir a razón. O
coñecemento era a base da felicidade.
A tolerancia relixiosa
Elevado interese pola economía e o progreso material.
Liberalismo económico (Adam Smith)
O interese polas ciencias experimentais
desenvolvemento científico, avances na medicina.
Novo modelo de organización política e social baseado na
Liberdade e Igualdade. Opuxéronse á sociedade
estamental e propuñan eliminar os privilexios herdados
sistemas políticos liberáis con separación de poderes.
c
28. PRINCIPAIS IDEAS E PENSADORES ILUSTRADOS
John Locke ,no seu Tratado
sobre o gobernó civil(1690) oponse
ao absolutismo e defende que o
poder lexislativo debe estar en
mans do Parlamento sentando as
bases dunha nova doutrina
O Liberalismo político
PENSAMENTO POLÍTICO
29. Montesquieu O espíritu das leis (1748)
é conveniente que existan tres poderes distintos e
independentes: o lexislativo o executivo e o xudicial.
Voltaire Tratado sobre a tolerancia (1763) defendeu a razón
fronte o fanatismo e a intoleranciarelixiosa. Defende a
existencia dun Parlamento como instrumento que limitase o
poder do rei.
Rousseau O Contrato Social(1762). É necesario un contrato
social entre gobernantes e gobernados no que os indivíduos
ceden parte dos seus dereitos, pero manten a súa soberania e o
dereito á participación política.
Establece o principìo de Soberanía Nacional: o poder emana
dos cidadáns que a través do seu voto, cede a súa soberanía a un
goberno e institucións que teñen a obriga de lexislar polo ben
común.
31. Opuxéronse ao mercantilismo que consideraban o
comercio e a acumulación de metais preciosos
como principais fontes de riqueza defendendo a
Fisiocracia (a agricultura é a principal fonte de
riqueza dun país).
Liberalismo económico formulado por Adam
Smith, baseada na propiedade privada e na
liberdade de comercio e industria sen inxerencia do
Estado na economía.
A economía réxese polas súas propias leis como a lei
da oferta e a demanda.
PENSAMENTO ECONÓMICO
34. O DESPOTISMO ILUSTRADO
Sistema que intenta compatibilizar os
principios da Ilustración co absolutismo
monárquico. Os monarcas ilustrados tentan:
Modernizar a administración do
Estado(novos códigos legais, impostos aos
privilexiados..)
Reformar a ensinanza (novos plans de
estudos, novas institucións educativas..)
Modernización económica(liberalización
parcial da produción e o comercio,
desamortizacións...)
Pero non reformaban as estruturas da
sociedade nin o seu poder absoluto.
É o que se recolle no lema “Todo para o
pobo pero sen o pobo”
36. 4.Que principios da Ilustración se opoñían ao Antigo Réxime? Como
cres que influíron na Revolución Francesa?
5. Que significa a frase que define o Despotismo ilustrado “Todo para
opobo pero sen o pobo?
37. AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS(1776-1815)
Os principios da Ilustración van inspirar os
movementos revolucionarios que se
desenvolverán ao longo do século XIX.
Isto iniciará un proceso de grandes
transformación políticas, sociais e económicas
que botarán abaixo as estruturas do Antigo
Réxime.
A resistencia dos partidarios do Antigo Réxime
aos cambios provocará que eses movementos
sexan de carácter violento.
A protagonista destas transformación foi a
burguesía, grupo social que se enriquecerá co
comercio e que vai reclamar dereitos políticos.
41. Conflito que enfronto ás trece colonias
británicas en territorio americano contra Gran
Bretaña entre 1775 e 1783.
Implántase o primeiro sistema político liberal e
“democrático”, incorporando as novas ideas
revolucionarias que propugnaban a igualdade e a
liberdade.
A declaración de independencia das trece
colonias británicas de América do Norte supuxo a
posta en práctica dos principios políticos da
Ilustración por primeira vez na historia.
42. Causas
A burguesía colonial estaba discriminada fronte á
inglesa: excluída da actividade comercial (Gran
Bretaña controlaba o monopolio comercial) e
carecía de representación política no Parlamento
de Londres.
Gran Bretaña, debido ás necesidades
económicas(Guerra dos Sete Anos) incrementou os
impostos sobre os habitantes das
colonias(especialmente o imposto sobre o té).
Ademais em 1773, o Parlamento británico
estableceu as Tea Acts, que concedía o monopolio
da venda do té nas colonias á Compañía Inglesa das
Indias Orientais .
43. Ao non se sentiren representados polo goberno
inglés, os habitantes das colonias americanas
negáronse a acatar esas leis e levantáronse en
motín contra a entrada de té inglés nas
colonias.
Co motín do té (Boston tea party) comezou o
conflito.
44. O 4 de xullo de 1776,
representantes das trece
colonias,reunidos en
Filadelfia redactaron a
Declaración da
Independencia.
45. Os colonos foron apoiados por Francia e
España.
Tras unha primeira etapa favorable a Gran
Bretaña, o conflito cambiou de rumbo a raíz da
vitoria dos colonos en Saratoga (1777) dirixidos
por Georges Washington.
A batalla de Yorktown (1781) decidiu o
resultado do conflito que concluíu
definitivamente en 1783 trala firma da Paz de
Versalles, pola que Gran Bretaña recoñeceu a
independencia das súas colonias.
46. En 1787 redactouse a primeira Constitución
escrita da historia, a máis antiga, con
vixencia na actualidade (con enmendas,)que
recollía os principios da soberanía nacional,
separación de poderes, sistema
democrático para a elección de
representantes e a república como forma de
goberno.
Establecía unha organización federal, onde
cada Estado gozaba dunha ampla
independencia, mais cun goberno federal
dotado de grandes poderes, entre eles o militar
e a representación exterior.
George Washington, un destacado xeneral na
guerra, foi elixido coma primeiro
presidente.
47. Declaración de Dereitos de Virxinia. 1776
“Todos os homes son de seu igualmente libres e
independentes, e posúen certos dereitos
inherentes á súa persoa (...)
Todo poder reside no pobo e, por conseguinte,
deriva del (...)
O goberno está e é necesario que estea instituído
para o beneficio, a protección e a seguridade
comúns do pobo, a nación ou a comunidade (...)
Os poderes lexislativo e executivo do Estado
deben separarse e distinguirse do xudicial (...)
As eleccións dos membros que actúan como
representantes do pobo na asemblea deben ser
libres (...)
A relixión (...) ten que orientarse exclusivamente
pola razón e a convicción, non pola forza ou a
violencia; xa que logo, todos os homes teñen o
mesmo dereito ao exercicio libre da súa relixión.
48. A Constitución complementábase coa a
Declaración de Dereitos de Virxinia, redactada en
1776, onde ficaba garantida para todos os cidadáns
toda unha serie de liberdades (de expresión, de
reunión, de relixión, de prensa, etc.),e dereitos (
dereito á súa integridade física, á súas propiedades,
ou dereito a un xuizo xusto)
Thomas Jefferson
Benjamin Franklin
51. Actividades
Que ideas inspiraron a Independencia dos
Estados Unidos?
Cales foron as causas que leveron á Guerra da
Independencia dos EE UU? Cal foi o
detonante?
Como se configura o novo Estado?
Sinala as novidades que aparecen con
respecto ao parlamentarismo inglés e a
importancia que tivo este feito.
53. Antecedentes
A Francia de fins do século XVIII era un bo exemplo
do Antigo Réxime.:
País rural, onde a terra continuaba a ser a principal
riqueza e ficaba en mans dos grupos privilexiados
Sociedade estamental, onde os grupos privilexiados
seguían a monopolizar todos os cargos e o
predominio social.
Persistía o sistema de monarquía absoluta de
dereito divino, na que o rei conservaba practicamente
todo o poder e xestionaba o Estado como se fose da
súa propiedade.
56. Causas da Revolución
Ideas da Ilustración: A difusión das ideas da Ilustración, que
cuestionaban o Antigo Réxime, e a independencia de EEUU
que demostraba que era posible levalas á práctica.
Crise social: A burguesía quería un cambio que lles permitirá
acceder ao poder político e a liberdade económica.
Crise económica: No campo os campesinos sufriron un
aumento das rendas señoriais, isto agravouse polas malas
colleitas. Na cidade a escaseza de produtos e subida de
prezos (o prezo do pan era inalcanzable para os campesinos)
provocou frecuentes motíns.
Crise financeira: endebedamento do Estado, con elevados
gastos en guerras (independencia de EEUU) os luxos da corte.
Era necesrario que os privilexiados pagasen impostos pero a
nobrezase opon.
58. A ASEMBLEA NACIONAL A REVOLUCIÓN BURGUESA
(1789-1792):
Luís XVI, reuniu os privilexiados para lles
esixiren o pagamento de impostos,dada a creba
da Facenda. A nobreza négase e esixe a
convocatoria dos Estados Xerais (asemblea
francesa na que estaban representados os tres
estamentos: nobreza, clero e pobo, o terceiro
estado) e que tiña que ser consultado para os
cambios fiscais.
DESENVOLVEMENTO DA REVOLUCIÓN
60. Convocatoria dos Estados Xerais
O rei Luis XVI convoca os Estados Xerais (5 de maio
de 1789) para debater co ministro de Facenda Necker
sobre as finanzas.
Vótase por estamentos clero, nobreza e Terceiro Estado
62. A burguesía que representa ao Terceiro Estado, esixiu
que o voto fose por persoa e non por estamentos, ante
a negativa, abandona os Estados Xerais.
O 20 de xuño de 1789, reunidos noutra sala (Jeu de
Paume) os deputados do Terceiro Estado
constituíronse en Asemblea Nacional (representantes
da nación) e xuraron non disolver esta asemblea ata
darlle a Francia unha Constitución.
Asemblea Nacional Constituínte
Xuramento do xogo da pelota
64. O rei quixo disolver esta Asemblea, pero o
pobo de París, o 14 de xullo de 1789,
amotinouse e asaltou a prisión real de La
Bastille en París, símbolo do poder
absoluto do Antigo Réxime.
A revolución estendeuse ao
campo producíndose unha
revolta campesiña
(o gran medo)
https://www.youtube.com/watch?v=
qwkWbAumBcI
66. – Abolición do réxime feudal. Aboliu todos os
privilexios feudais, proclamando a igualdade de
todos os cidadáns.
– Aprobación da Declaración dos Dereitos do Home
e do Cidadán, que establece os dereitos políticos
que teñen todas as persoas. Nela recoñécense os
dereitos fundamentais como a liberdade individual
e a igualdade ante a lei.
No ano 1791 aprobase unha Constitución na que
establece a soberanía nacional, a división de
poderes,o sufraxio censitario e a monarquía
parlamentaria.
Creouse un novo exército ,Garda Nacional, e
expropiáronse os bens da Igrexa
(desamortización),co fin de solucionar os problemas
financeiros do Estado.
67. DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO HOME E DO CIDADÁN (1789)
Os homes nacen e fican libres e iguais en dereitos. As distincións sociais só
poden fundarse na utilidade común.
A finalidade de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e
imprescritibles do home. Tales dereitos son a liberdade, a propiedade, a
seguridade e a resistencia á opresión.
O principio de toda soberanía reside esencialmente na Nación. Ningún corpo,
ningún individuo, poden exercer unha autoridade que non emane expresamente
dela.
A liberdade consiste en poder facer todo o que non prexudique a outro: o
exercicio dos dereitos naturais de cada home só ten o límite de garantir aos
demais membros da sociedade estes mesmos dereitos. Tales límites só poden ser
determinados pola lei.
A lei só ten dereito a prohibir os actos prexudiciais para a sociedade. Nada que
non estea prohibido pola lei pode ser impedido, e ninguén pode ser obrigado a
facer algo que esta non ordene.
A lei é a expresión da vontade xeral. Todos os cidadáns teñen dereito a
contribuír á súa elaboración, persoalmente ou por medio dos seus
representantes. Debe ser a mesma para todos, xa sexa que protexa ou que
sancione. Como todos os cidadáns son iguais ante ela, todos son igualmente
admisibles en toda dignidade, cargo ou emprego públicos, segundo as súas
capacidades e sen outra distinción que a das súas virtudes e os seus talentos.”
70. O rei e a nobreza buscan apoio noutros países
(Austria e Prusia),exiliáronse e formaron un
exército conspirando contra o goberno O rei intenta
unirse á nobreza que se exiliara e formara un
exército. O intento de fuga do rei (fuga de
Varennes) desprestixiouno totalmente.
A Asemblea lexislativa (1791-92), crease tras
desfacerse a Asemblea constituínte, estaba
dominada polos sectores moderados.
O 20 de abril de 1792, a Asemblea declarou a
guerra a Austria. Pronto foron derrotados, e os
exércitos prusianos invadiron o país.
72. REPÚBLICA DEMOCRÁTICA: (1792-1794).
Ante a amenaza prusiana as masas populares, os sans
coulottes asaltaron o palacio das Tullerías, residencia
real.
A revolución radicalizouse,provocando unha masacre de
aristócratas e clero. A Asemblea suprimiu a monarquía e
elixiuse unha nova asemblea:
Convención Nacional xirondina(1792-93). O 20 de
setembro de 1792 proclamouse a República.
Difereníábanse tres grupos políticos:
Os xirondinos (Brissot) revolucionarios moderados
Os xacobinos ou montañese(Robespierre, Dantón e
Marat) revolucionarios radicais
A pleine ou chaira, defendían o dereito á propiedade.
73. Os xirondinos, convocaron as eleccións á
Convención Nacional, por sufraxio universal
masculino. Promulgouse unha nova
Constitución(1793).
A Revolución tivo que facer fronte
militarmente á coalición de países
estranxeiros absolutistas(Reino Unido,
Provincias Unidas, España..)que buscaban
derrocala e aos levantamentos
contrarrevolucionarios no interior do país.
75. CONVENCIÓN XACOBINA(1793-94).
Os xacobinos ou montañeses, toman o poder e
converten o réxime nunha ditadura liderada por
Robespierre e executan aos inimigos da revolución.
Xulgouse e executouse a todos os sospeitosos de
seren contrarrevolucionarios, incluídos Luis XVI e á
familia real, que foron acusados de traizón e
guillotinados.
Esta etapa é tamén coñecida coma O Terror
Proclamaron unha nova Constitución, baseada nos
principios da democracia social: soberanía nacional,
sufraxio universal directo e dereito á igualdade.
Respondían así ás demandas dos grupos sociais máis
humildes, os sans-culottes,o seu principal apoio.
https://www.youtube.com/watch?v=IsP0SlOaplk
78. Para responder á ameaza externa, organizaron un
exército, para o que recorreron ao recrutamento
obrigatorio(leva en masa).
A lei de máximo xeral fixaba prezos dos artigos
básicos e os salarios.
Suprimiuse o culto católico e creouse un novo
calendario.
Pero a radicalización da revolución
e o goberno ditatorial dos xacobinos
provocaron a unión dos seus enimigos
e mediante un
golpe de estado foron derrocados.
Finalmente, o propio Robespierre
sería axustizado na guillotina.
https://www.youtube.com/watch?v=dz6TnugU_Yg
80. REPÚBLICA BURGUESA (1794-1799).
O poder pasou ás mans da burguesía moderada, que
intentou volver á situación previa a 1792, para o que
derrogou todas as medidas tomadas durante a
República democrática.
En 1795 aprobaron unha nova constitución, que
limitaba os dereitos políticos das clases populares e
onde o poder executivo ficaba nas mans dun
Directorio, composto por 5 membros, co que
tentaban evitar a concentración do poder nas mans
dunha soa persoa. A Convención disolvíase e dabase
paso a unha nova etapa.
81. O Directorio (Out 1795-Nov 1799)
No interior producíanse sublevacións de grupos
populares pero tamén había a oposición dos
absolutistas.
No exterior loitábase contra as potencias
absolutistas en Europa. Nesta situación cobrou
máis importancia o papel do exército,en
especial, dun dos xenerais máis vitoriosos,
Napoleón Bonaparte, quen de volta en Francia
dá un golpe de Estado (1799)apoiado pola
burguesía. Forzou o nomeamento de tres
cónsules provisionais (Sieyés, Ducos e Napoleón)
82. O CONSULADO 1799
Tras o golpe de Estado,
Napoleón Bonaparte iniciou
unha política de estabilización
de Francia, rematando
cos disturbios e cos conflitos
interiores.
Concentrou todo o poder
nas súas mans, converténdose
primeiro en
cónsul vitalicio (1802)
e proclamándose
posteriormente emperador.
84. O IMPERIO NAPOLEÓNICO (1804-1814).
No interior, reprimiu as revoltas populares e os complots
dos absolutistas, impuxo a censura na prensa. Este
control absoluto do poder foi acompañado pola
promulgación dun Código Civil, que recollía os dereitos
dos franceses,a extensión da educación primaria e a
estabilización da Facenda pública.
No exterior, Napoleón quixo estender os ideais da
Revolución, creando un gran imperio europeo con centro
en Francia.
Entrou en guerra cunha coalición de países
europeos(Gran Bretaña e Austria), e procedeu á invasión
de España e de Rusia. En 1807 o Imperio napoleónico
atopábase no seu apoxeo, estendíase de Alemaña a
Italia.
Reorganizou o mapa europeo colocando a membros da
súa familia á fronte de reinos veciños
90. Pero a resistencia antifrancesa nestes territorios
e as derrotas militares( España 1808 e Rusia 1812)
obrigárono a abdicar en 1814 e retirarse á illa de
Elba.
Malia un novo intento de restaurar o seu
poder(imperio dos 100 días), aproveitando o
rexeitamento dos franceses á restauración dunha
monarquía absolutista, foi derrotado
definitivamente na batalla de Waterloo no 1815,
momento en que foi desterrado á illa de Santa
Elena onde morreu.
Instaurouse novamente a monarquía dos Borbóns
en Francia(Luis XVIII) , pero as ideas da Ilustración
e da Revolución consolidáronse en Francia e
posteriormente en toda Europa.
O Antigo Réxime desaparecera.
92. Fontes: Libro de texto 1º Bacharalato HMC
Ed Baía.
Libro de texto 1º Bacharalato HMC Ed. Vicens
Vives
Libro de texto 1º Bacharalato HMC Ed
Santillana