SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 5
Descargar para leer sin conexión
Acerca da “consulta” aos AEDL de Galicia
O día 16 Agosto 2010, clasificado en: política laboral, política nacional, por xOsse dorrío


Os datos obxectivos da consulta foron os seguintes: 734 destinatarios; 82 correos rexeitados; 6
respostas automáticas, 5 delas indicando que o destinatario estaba de vacacións; e seis respostas á
pregunta realizada. A partir de aquí todo é subxectivo, e poderá ser compartido ou non polo difuso
colectivo de Axentes e Técnicos de Emprego.
A maioría dos e-correos rexeitados foron da Deputación de A Coruña (coa seguinte estrutura de
enderezo: idaxente@nomeconcello.deputacionacoruna.es), 27 en total, e de CCOO
(idaxente@galicia-ccoo.es), 16 deles, por causas que descoñezo.


O acollemento da “consulta”
Unha das escusas máis concorridas para xustificar a “non resposta” a esta consulta foi que non me
identificaba (?) Alguén o entende? Asinaba o e-correo con nome e apelidos, ese nome e apelidos
estaba vencellado a unha páxina web (esta) e o dominio do enderezo de correo dende o que enviei a
“pregunta” era @moendo.net. Podía existir algún tipo de dúbida sobre a autoría do emisor? Penso
que non pero, si así fose, é obriga do axente pedir máis datos si os necesita. Que outros datos podían
necesitar para responder ao que se lle pregunta? DNI, enderezo, CCC, tarxeta de crédito,…? Non,
creo que se podía responder perfectamente sen estes datos. Ou, tal vez se refiran a estes outros?
Sector profesional, situación laboral, finalidade, zona xeográfica,…? Tal vez, pero para iso contan
co meu enderezo electrónico, para solicitarme cantos datos precisasen. Iso é o que fixeron cinco das
seis persoas das 652 que recibiron a mensaxe.
É falso afirmar que esas 652 persoas non responderon estando no seu posto de traballo. Certo,
moitas, ao estar en tempada estival, atoparíanse de vacacións, algunhas de baixa, e outras terían o
día libre, como xa indico no primeiro artigo. Falsearía a realidade se indagase sobre datos que
descoñezo. Aínda así, o número de respostas é desolador, máxime si temos en conta que unha delas,
a da UPD Coordina Local foi para dicir que eles só están para informar aos axentes (deberían ler
con detención a orde que regula as funcións dunha UPD).
Esta consulta resultou ser toda unha caixa de sorpresas: a primeira o resultado da mesma; a segunda
a reacción das persoas directamente implicadas: os axentes. Polo xeral foi ben acollida, e dígoo
polos comentarios que leo nas mensaxes recibidas a posteriori da publicación da mesma (isto
evidentemente quedará suxeito a credibilidade que cada un de vos teña no que digo, o que non vou
facer é publicar ditas mensaxes, posto que quen quere facelos públicos conta xa con este foro -onde
eu, por suposto, tamén son libre de aceptar ou non certos comentarios,… pero xa vistes que deixei a
man totalmente aberta-), como ben sinalaba un deles, máis números que trala crítica que logo da
consulta. Prima a reactividade sobre a proactividade.
Outra das queixas foi a brevidade do prazo de resposta, unha xornada de traballo, 24 horas.
Paréceme incrible que se poida crear unha empresa (SLNE) en 24 horas e un axente non poida
responder a unha pregunta tan sinxela no mesmo prazo, cando para realizar tal cometido non se
precisa máis que facer “clic” no botón “responder” e dicir o que se supón que xa sabes e, si queres
ser preciso buscar a orden en Google e axuntala.
Tampouco me parece crible a carga de traballo que moitos alegades, pois o ritmo de creación de
empresas é o máis baixo en anos e nunca houbo queixas do “colectivo” nese senso. Esa carga de
traballo é irreal pois, evidentemente, nos casos que existe débese a realizar funcións que non lle
corresponden ao axente.
Suponse que cando un Concello, universidade, asociación, fundación, deputación, mancomunidade,
sindicato, cámara de comercio,… solicitan ter un AEDL é porque os seus obxectivos coinciden coas
funcións que se lle asignan aos Axentes e Técnicos de Emprego (ver páxina 14 do Manual de
Acollida para AEDL), e solicitan a axuda para realizar esas funcións, non para ter un empregado
pagado con fondos públicos realizando tarefas que nada teñen que ver coas establecidas na
convocatoria. Isto é un fraude ao traballador pero, sobre todo, é un fraude a toda sociedade, tan
necesitada de emprego.
Nun caso, unha asociación de mulleres, dinme que non responderon a miña pregunta porque o meu
nome se correspondía ao dun home e que ese colectivo está para atender outras necesidades, as das
mulleres. Non repararon que detrás de quen fai esa pregunta podería estar un emprendedor ou
empresario que pretendese realizar a contratación dunha muller -non?-, entre moitas outras
explicacións posibles. E como si unha Asociación de Persoas con Discapacidade lle esixise aos
empresarios un grao de minusvalía igual ou superior ao 33% para poder contratar.
Faltaba información? Por suposto, e dada a variedade do colectivo ao que me dirixín a
información que faltaba era tamén moi variada, como xa vimos, pero non debemos esquecer que
coas ferramentas das que dispomos, especialmente o correo electrónico, si existe vontade, é doado
completala con tan só solicitala. Iso non sucedeu. Ao revés, a maioría lanzáronse a realizar buscas
sobre a miña persoa en internet, como demostra o Analizador de Google respecto as entradas a
moendo.net (xa o veredes máis adiante). Tan importante é a quen se lle responde? Tanto vos custa
compartir uns coñecementos que todos, cos nosos impostos, pagamos? Alguén vos prohibe informar
a determinados usuarios?
Máis sorpresas: leo un e-mail dun empresario, que está de vacacións e, aínda así, contesta ao meu
correo. Non entende como alguén dende o seu posto de traballo non responde a súa correspondencia
cando el, cada día, incluso en vacacións, responde centos de correos, aínda que só sexa para dicir
“grazas”. Tamén me responde un Axente de Emprego e vello amigo, Jorge Pumar, AEDL do
Concello de Coles, que estaba de vacacións, iso si, para pedirme que eu colla unhas vacacións. Pero
si levo 8 meses!
Soamente había que contestar e iso non require máis de 30 segundos na xornada dun Axente de
Emprego. Non creo que, como aquel empresario, reciban centos de mensaxes diarias. Amais, as
novas tecnoloxías, un elemento básico na comunicación entre axentes, emprendedores e recursos,
facilitan esta tarefa; quen prescinde delas non debe ocupar o cargo de AEDL.
Outra das críticas que se fixo dese artigo é que as miñas conclusións eran precipitadas ao basearse
nunha única mostra. Non é certo. É unha de tantas. Quizais esta se dirixía a un maior número de
persoas o que, persoalmente, creo que lle confire máis credibilidade. Noutros casos dirixinme de
xeito individual a diferentes axentes de distintas institucións ourensás: CIE de Ourense, CEO,
UPTA Ourense, CIMO,… As súas aportacións foron nulas deica agora.
Especialmente ferinte resulta a “non resposta” de UPTA Ourense, con cuxa axente me disputei a
principios de ano ese posto. Naquel momento sorprendeume que fose ela a persoa seleccionada
pois, logo de presentarse a entrevista sen o CV, como se solicitaba, ao volver para traerllo ao
entrevistador, Lisardo Domínguez, Presidente de UPTA Galicia, e logo de ter realizado a
entrevista, pregúntanos aos que aínda agardábamos que “é iso dun Axente de Emprego”. Non tiña
experiencia no posto, como si tiñamos outros nin, seguro, formación específica para o posto.
Probablemente demostrou e probou a Lisardo que tiña as cualidades do perfil de persoa que
buscaba: un comercial para facer socios para a asociación; e ambición persoal (pois a base de
comisión -30 € por socio- podería máis que duplicar o salario que ofrecían -1200 €-). Máis tarde
pasei polas que, supostamente, son as oficinas de UPTA en Ourense e estaban cerradas, así que
acerqueime a empresa de Lisardo, que está xusto enfronte, e alí estaba esta axente de emprego:
lucindo no despacho dunha empresa privada. É lamentable que certas persoas se presten a estes
xogos sucios. Por suposto, as consultas dos socios e emprendedores quedan desatendidas.
A miña experiencia como Técnico de Emprego tamén me serve para chegar as conclusións que
realizo, pois serviume para coñecer de preto a necesidade que teñen os axentes de información,
neste caso ourensáns, ao ser este o ámbito xeográfico no que nos movíamos, xa que era asesor
xurídico da UPD Integrou; cada día enviabamos alertas e logo unha publicación semanal recollendo
todas as novas da semana. Moi ben debía estar realizado todo ou despertaba moi pouco interese,
porque en seis meses tan só recibín dúas consultas de axentes de emprego, ambas de dúas
asociacións e, de vez en cando, unha mensaxe de agradecemento dunha axente da CEO. Triste
bagaxe.


Conclusións de Manual
Descoñezo cantos axentes tiveron a ben ler os manuais de BIC Galicia para AEDL Non o vou
transcribir por completo, soamente algunhas das recomendacións que están relacionadas facoas
miñas conclusións, as que fai referencia o Capítulo 3 do Manual de acollida, especialmente
habilidades de comunicación e actitudes.
Amais das habilidades en novas tecnoloxías, moi deficientes polo que se viu, dentro das
habilidades de comunicación o manual di que o AEDL debe transmitir rigor e confianza para que
o usuario facilite a información requirida sobre a súa situación laboral. Isto implica que o usuario,
de partida non ten porque dar toda a información, senón que é tarefa do AEDL buscar e gañar esa
información. Non considero que non responder sexa unha técnica para lograr esa confianza.
Ao referirse as actitudes o manual sinala que o AEDL debe orientarse ao usuario, e non ao revés,
para satisfacer as súas expectativas. Sobra sinalar a miña decepción -cousa que algúns confunden
con frustración-. Fala o manual de empatía, de saber escoitar as formulacións do usuario. A maioría
fixeron oídos xordos -quizais dicir “ollos cegos” fose máis exacto-. Cumpre ser asertivos e, polo
tanto, abrir canles de comunicación. Ignorar ao usuario supón todo o contrario o cal pode dar lugar
logo a malentendidos. Para saber máis sobre asertividade déixovos unha ligazón cara un mestre no
tema: Bob Esponxa. Un bo AEDL debe ser respectuoso polos compromisos e obrigas adquiridos
e non prexulgar nunca ao usuario entre outras actitudes que, como puido comprobarse nesta
consulta, non se viron.


A UPD Coordina Local II
Non acabo de entender a mensaxe da UPD Coordina Local aos Axentes e Técnicos de Emprego.
Porque negar a miña vinculación e a da “consulta” cando eu non afirmo ter relación algunha con
eles? Explico aos diferentes destinatarios de onde saen os seus enderezos de correo, dunha mensaxe
enviada por esta UPD, mensaxe que, por certo, viola a Lei de Protección de Datos (pero iso é outro
problema, o seu), para que ninguén crese que o que infrinxe a lexislación son eu. Así, si alguén
quere realizar unha demanda xa sabe a quen dirixirse.
Non entendo que problema lle pode supor a UPD Coordina Local que un ex-Técnico de Emprego
manteña canles de comunicación abertas con outros Axentes e Técnicos de Emprego. Ou si. O
que non queren é que os Axentes é Técnicos de Emprego se relacionen entre si fora da súa área de
control. Non queren unha comunicación horizontal e libre senón unha comunicación xerárquica
e dirixida dende o máis alto. Noutras palabras, queren que cada axente siga illado na cadeira da súa
entidade, desconectado doutros, para que nunca xurda o “colectivo” nin a defensa do mesmo.
Non entendo, pola mesma razón, porque deberían aconsellarlle a un técnico que filtre as miñas
mensaxes utilizando a utilidade de “correo non desexado”. Quen son eles para decidir por unha
persoa adulta e libre que correo desexa ou non desexa recibir? Atreveríame a pedir o cese inmediato
do Director da UPD Coordina Local II, Ángel Sucasas Peón, si non fose porque son consciente de
que as irresponsabilidades no mundo en que este suxeito se move non ten prezo. E máis, a
sensación que se percibe, é a contraria, aprécianse e prémianse.
Persoalmente, a UPD Coordina Local, como moitas outras, paréceme un chiringuito de carácter
temporal -polo seu prazo de duración, dous anos-, a diferencia de outros, que se crean con carácter
indefinido. A súa única e verdadeira función é o pago de favores electorais.
Como é posible que se confíe a coordinación de todos os Axentes e Técnicos de Emprego de Galiza
a un ente de carácter temporal, cando parte, desgraciadamente unha minoría, dos Axentes e
Técnicos de Emprego son persoal fixo? Sen dúbida foi unha brillante idea das mentes bipartitas que
a nova Xunta non soubo emendar.


A inexistencia de colectivo
Reivindicar logo de suplicar e moi complicado e moitos dos profesionais dos que falo chegaron
aos seus postos axeonllados. Esa é unha das principais barreiras cara a reivindicación da figura do
AEDL e a súa adscrición as tarefas encomendadas. Moitos están condenados de por vida pola súa
vinculación política.
A Rede de Técnicos de Emprego de Galicia e, ao meu entender, o ente perfecto para a
coordinación e supervisión dos Axentes e Técnicos de Emprego de Galiza. Non son necesarios
entes intermedios que, pola súa natureza, pasan a metade do tempo montando o chiringuito
(selección, distribución de roles, páxina web, …) e a outra metade desmontando (volver a buscar
emprego), xusto no intre en que todo estaba disposto para o seu funcionamento.
A interferencia da UPD Coordina Local II -e outras, que aparecen e desaparecen- serve para crear
máis confusión na xa de por si heteroxénea natureza dos Axentes de Emprego, amplificando a
indefinición das súas tarefas e complicando ao demandante dos seus servizos a elección do ente
axeitado.
O meu estudo, considerado un ataque por aqueles que se senten acomodados na poltrona, sen
facer nada e embolsando a súa nómina cada mes, sen que ninguén lles esixa resultados, algo que
habitualmente se esixe a todo traballador, e que no desempeño desta profesión implica a creación de
postos de traballo, si foi ben recibida por aqueles máis comprometidos coa creación de empresas e,
por engadido, emprego. A eles -e aos que agardan nas listas do INEM- dirixo e confío a creación
dunha Asociación de Axentes e Técnicos de Emprego, que dignifique, potencie e dea visibilidade
ao colectivo, garanta a limpeza dos procesos selectivos, formando parte dos mesmos, e contribúa a
definir as funcións dos AEDL rematando cos abusos das diferentes entidades.


Os problemas que afectan ao colectivo
Leo no manual ao que antes me refería que unha das eivas dos Axentes e Técnicos de Emprego
(páxina 16) é o descoñecemento por parte das entidades para as que traballan, de cal é a súa labor.
Este manual recoñece a existencia de extra-limitacións nas funcións dos AEDL e a asunción de
tarefas que lle son alleas, sen embargo, Coordina Local II, non o censurou, ao revés, distribuíunos
nas súas “espectaculares” -ao igual que inútiles- presentacións pola xeografía galega.
Coordina Local II é un problema. Non aporta nada extra, nada diferenciado ás outras UPD de
carácter provincial (apoio, formación e información) ou comarcal. Asume de motu proio funcións
que lle foron conferidas a outros facendo que os AEDL reciban cada día información solapada. Non
cobre unha necesidade ou baldío existente, adoptando, respecto a outras UPD, unha posición
hitleriana na procura de espazo vital.
Sen unidade non haberá estabilidade para o colectivo, perdurará a temporalidade e precariedade de
moitos axentes e técnicos, onde moitas entidades pagan ao persoal contratado baixo estas
subvencións o que lle ven en gana, triplicando o salario algún axentes respecto a outros. Claro, isto
a quen máis cobra non lle preocupa. Por exemplo, aos profesionais de Coordina Local, dos mellor
pagados do Reino de Galiza, estas cousas tráenlle sen coidado.
Dilapídanse fondos en moitas UPD, como a do exemplo, e non se inviste en medios materiais para
realizar a cabo as tarefas que corresponden, as que de verdade lle corresponden, aos AEDL,
especialmente no que se refire as novas tecnoloxías. Probablemente algúns dos que non
responderon a miña consulta foi porque non se atopaban xunto a un ordenador con conexión a rede,
algo moi habitual no rural, máis si se atopa fora da oficina. Iso, cando non se da a circunstancia de
ter que compartir con outra persoa mesa e PC, outra irregularidade moi común. Un portátil e unha
conexión móbil son unha ferramenta indispensábel para realizar a función de Axente e Técnico de
Desenvolvemento Local.
A soidade na que se atopa o Axente e Técnico de Emprego en moitas entidades afecta de xeito
especial a súa autonomía. Depende, para realizar a súa labor, como vimos antes, dunha persoa que
non entende a súa función, e que vai impedirlle realizar eficazmente a súa labor, ao non estar esta
centrada entre catro paredes, senón aos territorios e sectores encomendados. Alguén que descoñece
estas tarefas non pode impedir a flexibilidade horaria e mobilidade territorial necesarias, polo cal
debe ser un ente superior, por exemplo a Rede de Técnicos de Galicia, quen debe autorizar esas
saídas. Ou mellor, esixilas.

Más contenido relacionado

Similar a Acerca da consulta aos AEDL de Galicia

El funcionario esta desilusionado...quien le ilusionara
El funcionario esta desilusionado...quien le ilusionaraEl funcionario esta desilusionado...quien le ilusionara
El funcionario esta desilusionado...quien le ilusionaraWinsi Quinsi
 
Presentación SumaClicks
Presentación SumaClicksPresentación SumaClicks
Presentación SumaClicksJose García
 
Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)
Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)
Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)Karen Quintero Castañeda
 
Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)
Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)
Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)Karen Quintero Castañeda
 
Tecnicas de Busqueda de Trabajo
Tecnicas de Busqueda de TrabajoTecnicas de Busqueda de Trabajo
Tecnicas de Busqueda de TrabajoJONNATAN TORO
 
10 consejos para encontrar un buen Community Manager para tu empresa
10 consejos para encontrar un buen Community Manager para tu empresa10 consejos para encontrar un buen Community Manager para tu empresa
10 consejos para encontrar un buen Community Manager para tu empresaAlfredo Vela Zancada
 
10 consejos para elegir un buen Community Manager para tu empresa
10 consejos para elegir un buen Community Manager para tu empresa10 consejos para elegir un buen Community Manager para tu empresa
10 consejos para elegir un buen Community Manager para tu empresaLombok Creatividad Estratégica
 
Encontrar trabajo online
Encontrar trabajo onlineEncontrar trabajo online
Encontrar trabajo onlinetrabajoonline
 
Manual de preguntas frecuentes ver 2.0
Manual de preguntas frecuentes ver 2.0Manual de preguntas frecuentes ver 2.0
Manual de preguntas frecuentes ver 2.0Ingeniero Enrique Rdgz
 

Similar a Acerca da consulta aos AEDL de Galicia (20)

Eventos de networking
Eventos de networkingEventos de networking
Eventos de networking
 
EVIDENCIA ENCUESTA
EVIDENCIA ENCUESTA EVIDENCIA ENCUESTA
EVIDENCIA ENCUESTA
 
El funcionario esta desilusionado...quien le ilusionara
El funcionario esta desilusionado...quien le ilusionaraEl funcionario esta desilusionado...quien le ilusionara
El funcionario esta desilusionado...quien le ilusionara
 
GDES News - Número 29 - Enero 2019
GDES News - Número 29 - Enero 2019GDES News - Número 29 - Enero 2019
GDES News - Número 29 - Enero 2019
 
Presentación SumaClicks
Presentación SumaClicksPresentación SumaClicks
Presentación SumaClicks
 
Informe social siuss
Informe social siussInforme social siuss
Informe social siuss
 
Fotograma desempleo
Fotograma desempleoFotograma desempleo
Fotograma desempleo
 
Kiosccoo mar2015
Kiosccoo mar2015Kiosccoo mar2015
Kiosccoo mar2015
 
Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)
Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)
Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)
 
Manual de networking
Manual de networkingManual de networking
Manual de networking
 
Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)
Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)
Emigrar de Venezuela SIN CADIVI es posible (y yo te cuento cómo)
 
Tecnicas de Busqueda de Trabajo
Tecnicas de Busqueda de TrabajoTecnicas de Busqueda de Trabajo
Tecnicas de Busqueda de Trabajo
 
10 consejos para encontrar un buen Community Manager para tu empresa
10 consejos para encontrar un buen Community Manager para tu empresa10 consejos para encontrar un buen Community Manager para tu empresa
10 consejos para encontrar un buen Community Manager para tu empresa
 
10 consejos para elegir un buen Community Manager para tu empresa
10 consejos para elegir un buen Community Manager para tu empresa10 consejos para elegir un buen Community Manager para tu empresa
10 consejos para elegir un buen Community Manager para tu empresa
 
Encontrar trabajo online
Encontrar trabajo onlineEncontrar trabajo online
Encontrar trabajo online
 
Entrevista
EntrevistaEntrevista
Entrevista
 
Presentacion adrian
Presentacion adrianPresentacion adrian
Presentacion adrian
 
Manual de preguntas frecuentes ver 2.0
Manual de preguntas frecuentes ver 2.0Manual de preguntas frecuentes ver 2.0
Manual de preguntas frecuentes ver 2.0
 
TALLER 1 CHATBOTS EMPRESA DE SERVICIOS
TALLER 1 CHATBOTS EMPRESA DE SERVICIOSTALLER 1 CHATBOTS EMPRESA DE SERVICIOS
TALLER 1 CHATBOTS EMPRESA DE SERVICIOS
 
O Como Ligar En Van a ir
O Como Ligar En Van a ir
O Como Ligar En Van a ir
O Como Ligar En Van a ir
 

Más de xOsse dorrío

Certificados de profesionalidad
Certificados de profesionalidadCertificados de profesionalidad
Certificados de profesionalidadxOsse dorrío
 
Networking profesional
Networking profesionalNetworking profesional
Networking profesionalxOsse dorrío
 
Terra tsxg galego_branco
Terra tsxg galego_brancoTerra tsxg galego_branco
Terra tsxg galego_brancoxOsse dorrío
 
Terra social ourense galego_branco
Terra social ourense galego_brancoTerra social ourense galego_branco
Terra social ourense galego_brancoxOsse dorrío
 
Terra fiscalía galego_branco
Terra fiscalía galego_brancoTerra fiscalía galego_branco
Terra fiscalía galego_brancoxOsse dorrío
 
Terra ap galego_branco
Terra ap galego_brancoTerra ap galego_branco
Terra ap galego_brancoxOsse dorrío
 
Terra arbitraxe galego_branco
Terra arbitraxe galego_brancoTerra arbitraxe galego_branco
Terra arbitraxe galego_brancoxOsse dorrío
 
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro Alberte
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro AlberteAtaque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro Alberte
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro AlbertexOsse dorrío
 
Concesiones de Aznar a ETA
Concesiones de Aznar a ETAConcesiones de Aznar a ETA
Concesiones de Aznar a ETAxOsse dorrío
 
VODAFONE McLAREN MERCEDES
VODAFONE McLAREN MERCEDESVODAFONE McLAREN MERCEDES
VODAFONE McLAREN MERCEDESxOsse dorrío
 

Más de xOsse dorrío (20)

Certificados de profesionalidad
Certificados de profesionalidadCertificados de profesionalidad
Certificados de profesionalidad
 
Web quest APT
Web quest APTWeb quest APT
Web quest APT
 
Networking profesional
Networking profesionalNetworking profesional
Networking profesional
 
social media
social mediasocial media
social media
 
Terra tsxg galego_branco
Terra tsxg galego_brancoTerra tsxg galego_branco
Terra tsxg galego_branco
 
Terra social ourense galego_branco
Terra social ourense galego_brancoTerra social ourense galego_branco
Terra social ourense galego_branco
 
Terra fiscalía galego_branco
Terra fiscalía galego_brancoTerra fiscalía galego_branco
Terra fiscalía galego_branco
 
Terra ap galego_branco
Terra ap galego_brancoTerra ap galego_branco
Terra ap galego_branco
 
Terra arbitraxe galego_branco
Terra arbitraxe galego_brancoTerra arbitraxe galego_branco
Terra arbitraxe galego_branco
 
Metodoloxiatraballo
MetodoloxiatraballoMetodoloxiatraballo
Metodoloxiatraballo
 
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro Alberte
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro AlberteAtaque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro Alberte
Ataque Salvaxe De Xavier Oviedo Ao Compañeiro Alberte
 
Galiza
GalizaGaliza
Galiza
 
Clown
ClownClown
Clown
 
Villa Psoe2
Villa Psoe2Villa Psoe2
Villa Psoe2
 
Concesiones de Aznar a ETA
Concesiones de Aznar a ETAConcesiones de Aznar a ETA
Concesiones de Aznar a ETA
 
Momentos en la vida
Momentos en la vidaMomentos en la vida
Momentos en la vida
 
imágenes temporal
imágenes temporalimágenes temporal
imágenes temporal
 
VODAFONE McLAREN MERCEDES
VODAFONE McLAREN MERCEDESVODAFONE McLAREN MERCEDES
VODAFONE McLAREN MERCEDES
 
PAZ
PAZPAZ
PAZ
 
imaxes invernales
imaxes invernalesimaxes invernales
imaxes invernales
 

Acerca da consulta aos AEDL de Galicia

  • 1. Acerca da “consulta” aos AEDL de Galicia O día 16 Agosto 2010, clasificado en: política laboral, política nacional, por xOsse dorrío Os datos obxectivos da consulta foron os seguintes: 734 destinatarios; 82 correos rexeitados; 6 respostas automáticas, 5 delas indicando que o destinatario estaba de vacacións; e seis respostas á pregunta realizada. A partir de aquí todo é subxectivo, e poderá ser compartido ou non polo difuso colectivo de Axentes e Técnicos de Emprego. A maioría dos e-correos rexeitados foron da Deputación de A Coruña (coa seguinte estrutura de enderezo: idaxente@nomeconcello.deputacionacoruna.es), 27 en total, e de CCOO (idaxente@galicia-ccoo.es), 16 deles, por causas que descoñezo. O acollemento da “consulta” Unha das escusas máis concorridas para xustificar a “non resposta” a esta consulta foi que non me identificaba (?) Alguén o entende? Asinaba o e-correo con nome e apelidos, ese nome e apelidos estaba vencellado a unha páxina web (esta) e o dominio do enderezo de correo dende o que enviei a “pregunta” era @moendo.net. Podía existir algún tipo de dúbida sobre a autoría do emisor? Penso que non pero, si así fose, é obriga do axente pedir máis datos si os necesita. Que outros datos podían necesitar para responder ao que se lle pregunta? DNI, enderezo, CCC, tarxeta de crédito,…? Non, creo que se podía responder perfectamente sen estes datos. Ou, tal vez se refiran a estes outros? Sector profesional, situación laboral, finalidade, zona xeográfica,…? Tal vez, pero para iso contan co meu enderezo electrónico, para solicitarme cantos datos precisasen. Iso é o que fixeron cinco das seis persoas das 652 que recibiron a mensaxe. É falso afirmar que esas 652 persoas non responderon estando no seu posto de traballo. Certo, moitas, ao estar en tempada estival, atoparíanse de vacacións, algunhas de baixa, e outras terían o día libre, como xa indico no primeiro artigo. Falsearía a realidade se indagase sobre datos que descoñezo. Aínda así, o número de respostas é desolador, máxime si temos en conta que unha delas, a da UPD Coordina Local foi para dicir que eles só están para informar aos axentes (deberían ler con detención a orde que regula as funcións dunha UPD). Esta consulta resultou ser toda unha caixa de sorpresas: a primeira o resultado da mesma; a segunda a reacción das persoas directamente implicadas: os axentes. Polo xeral foi ben acollida, e dígoo polos comentarios que leo nas mensaxes recibidas a posteriori da publicación da mesma (isto evidentemente quedará suxeito a credibilidade que cada un de vos teña no que digo, o que non vou facer é publicar ditas mensaxes, posto que quen quere facelos públicos conta xa con este foro -onde eu, por suposto, tamén son libre de aceptar ou non certos comentarios,… pero xa vistes que deixei a man totalmente aberta-), como ben sinalaba un deles, máis números que trala crítica que logo da consulta. Prima a reactividade sobre a proactividade. Outra das queixas foi a brevidade do prazo de resposta, unha xornada de traballo, 24 horas. Paréceme incrible que se poida crear unha empresa (SLNE) en 24 horas e un axente non poida responder a unha pregunta tan sinxela no mesmo prazo, cando para realizar tal cometido non se precisa máis que facer “clic” no botón “responder” e dicir o que se supón que xa sabes e, si queres ser preciso buscar a orden en Google e axuntala. Tampouco me parece crible a carga de traballo que moitos alegades, pois o ritmo de creación de empresas é o máis baixo en anos e nunca houbo queixas do “colectivo” nese senso. Esa carga de traballo é irreal pois, evidentemente, nos casos que existe débese a realizar funcións que non lle corresponden ao axente.
  • 2. Suponse que cando un Concello, universidade, asociación, fundación, deputación, mancomunidade, sindicato, cámara de comercio,… solicitan ter un AEDL é porque os seus obxectivos coinciden coas funcións que se lle asignan aos Axentes e Técnicos de Emprego (ver páxina 14 do Manual de Acollida para AEDL), e solicitan a axuda para realizar esas funcións, non para ter un empregado pagado con fondos públicos realizando tarefas que nada teñen que ver coas establecidas na convocatoria. Isto é un fraude ao traballador pero, sobre todo, é un fraude a toda sociedade, tan necesitada de emprego. Nun caso, unha asociación de mulleres, dinme que non responderon a miña pregunta porque o meu nome se correspondía ao dun home e que ese colectivo está para atender outras necesidades, as das mulleres. Non repararon que detrás de quen fai esa pregunta podería estar un emprendedor ou empresario que pretendese realizar a contratación dunha muller -non?-, entre moitas outras explicacións posibles. E como si unha Asociación de Persoas con Discapacidade lle esixise aos empresarios un grao de minusvalía igual ou superior ao 33% para poder contratar. Faltaba información? Por suposto, e dada a variedade do colectivo ao que me dirixín a información que faltaba era tamén moi variada, como xa vimos, pero non debemos esquecer que coas ferramentas das que dispomos, especialmente o correo electrónico, si existe vontade, é doado completala con tan só solicitala. Iso non sucedeu. Ao revés, a maioría lanzáronse a realizar buscas sobre a miña persoa en internet, como demostra o Analizador de Google respecto as entradas a moendo.net (xa o veredes máis adiante). Tan importante é a quen se lle responde? Tanto vos custa compartir uns coñecementos que todos, cos nosos impostos, pagamos? Alguén vos prohibe informar a determinados usuarios? Máis sorpresas: leo un e-mail dun empresario, que está de vacacións e, aínda así, contesta ao meu correo. Non entende como alguén dende o seu posto de traballo non responde a súa correspondencia cando el, cada día, incluso en vacacións, responde centos de correos, aínda que só sexa para dicir “grazas”. Tamén me responde un Axente de Emprego e vello amigo, Jorge Pumar, AEDL do Concello de Coles, que estaba de vacacións, iso si, para pedirme que eu colla unhas vacacións. Pero si levo 8 meses! Soamente había que contestar e iso non require máis de 30 segundos na xornada dun Axente de Emprego. Non creo que, como aquel empresario, reciban centos de mensaxes diarias. Amais, as novas tecnoloxías, un elemento básico na comunicación entre axentes, emprendedores e recursos, facilitan esta tarefa; quen prescinde delas non debe ocupar o cargo de AEDL. Outra das críticas que se fixo dese artigo é que as miñas conclusións eran precipitadas ao basearse nunha única mostra. Non é certo. É unha de tantas. Quizais esta se dirixía a un maior número de persoas o que, persoalmente, creo que lle confire máis credibilidade. Noutros casos dirixinme de xeito individual a diferentes axentes de distintas institucións ourensás: CIE de Ourense, CEO, UPTA Ourense, CIMO,… As súas aportacións foron nulas deica agora. Especialmente ferinte resulta a “non resposta” de UPTA Ourense, con cuxa axente me disputei a principios de ano ese posto. Naquel momento sorprendeume que fose ela a persoa seleccionada pois, logo de presentarse a entrevista sen o CV, como se solicitaba, ao volver para traerllo ao entrevistador, Lisardo Domínguez, Presidente de UPTA Galicia, e logo de ter realizado a entrevista, pregúntanos aos que aínda agardábamos que “é iso dun Axente de Emprego”. Non tiña experiencia no posto, como si tiñamos outros nin, seguro, formación específica para o posto. Probablemente demostrou e probou a Lisardo que tiña as cualidades do perfil de persoa que buscaba: un comercial para facer socios para a asociación; e ambición persoal (pois a base de comisión -30 € por socio- podería máis que duplicar o salario que ofrecían -1200 €-). Máis tarde pasei polas que, supostamente, son as oficinas de UPTA en Ourense e estaban cerradas, así que acerqueime a empresa de Lisardo, que está xusto enfronte, e alí estaba esta axente de emprego: lucindo no despacho dunha empresa privada. É lamentable que certas persoas se presten a estes xogos sucios. Por suposto, as consultas dos socios e emprendedores quedan desatendidas.
  • 3. A miña experiencia como Técnico de Emprego tamén me serve para chegar as conclusións que realizo, pois serviume para coñecer de preto a necesidade que teñen os axentes de información, neste caso ourensáns, ao ser este o ámbito xeográfico no que nos movíamos, xa que era asesor xurídico da UPD Integrou; cada día enviabamos alertas e logo unha publicación semanal recollendo todas as novas da semana. Moi ben debía estar realizado todo ou despertaba moi pouco interese, porque en seis meses tan só recibín dúas consultas de axentes de emprego, ambas de dúas asociacións e, de vez en cando, unha mensaxe de agradecemento dunha axente da CEO. Triste bagaxe. Conclusións de Manual Descoñezo cantos axentes tiveron a ben ler os manuais de BIC Galicia para AEDL Non o vou transcribir por completo, soamente algunhas das recomendacións que están relacionadas facoas miñas conclusións, as que fai referencia o Capítulo 3 do Manual de acollida, especialmente habilidades de comunicación e actitudes. Amais das habilidades en novas tecnoloxías, moi deficientes polo que se viu, dentro das habilidades de comunicación o manual di que o AEDL debe transmitir rigor e confianza para que o usuario facilite a información requirida sobre a súa situación laboral. Isto implica que o usuario, de partida non ten porque dar toda a información, senón que é tarefa do AEDL buscar e gañar esa información. Non considero que non responder sexa unha técnica para lograr esa confianza. Ao referirse as actitudes o manual sinala que o AEDL debe orientarse ao usuario, e non ao revés, para satisfacer as súas expectativas. Sobra sinalar a miña decepción -cousa que algúns confunden con frustración-. Fala o manual de empatía, de saber escoitar as formulacións do usuario. A maioría fixeron oídos xordos -quizais dicir “ollos cegos” fose máis exacto-. Cumpre ser asertivos e, polo tanto, abrir canles de comunicación. Ignorar ao usuario supón todo o contrario o cal pode dar lugar logo a malentendidos. Para saber máis sobre asertividade déixovos unha ligazón cara un mestre no tema: Bob Esponxa. Un bo AEDL debe ser respectuoso polos compromisos e obrigas adquiridos e non prexulgar nunca ao usuario entre outras actitudes que, como puido comprobarse nesta consulta, non se viron. A UPD Coordina Local II Non acabo de entender a mensaxe da UPD Coordina Local aos Axentes e Técnicos de Emprego. Porque negar a miña vinculación e a da “consulta” cando eu non afirmo ter relación algunha con eles? Explico aos diferentes destinatarios de onde saen os seus enderezos de correo, dunha mensaxe enviada por esta UPD, mensaxe que, por certo, viola a Lei de Protección de Datos (pero iso é outro problema, o seu), para que ninguén crese que o que infrinxe a lexislación son eu. Así, si alguén quere realizar unha demanda xa sabe a quen dirixirse. Non entendo que problema lle pode supor a UPD Coordina Local que un ex-Técnico de Emprego manteña canles de comunicación abertas con outros Axentes e Técnicos de Emprego. Ou si. O que non queren é que os Axentes é Técnicos de Emprego se relacionen entre si fora da súa área de control. Non queren unha comunicación horizontal e libre senón unha comunicación xerárquica e dirixida dende o máis alto. Noutras palabras, queren que cada axente siga illado na cadeira da súa entidade, desconectado doutros, para que nunca xurda o “colectivo” nin a defensa do mesmo. Non entendo, pola mesma razón, porque deberían aconsellarlle a un técnico que filtre as miñas mensaxes utilizando a utilidade de “correo non desexado”. Quen son eles para decidir por unha persoa adulta e libre que correo desexa ou non desexa recibir? Atreveríame a pedir o cese inmediato do Director da UPD Coordina Local II, Ángel Sucasas Peón, si non fose porque son consciente de que as irresponsabilidades no mundo en que este suxeito se move non ten prezo. E máis, a sensación que se percibe, é a contraria, aprécianse e prémianse.
  • 4. Persoalmente, a UPD Coordina Local, como moitas outras, paréceme un chiringuito de carácter temporal -polo seu prazo de duración, dous anos-, a diferencia de outros, que se crean con carácter indefinido. A súa única e verdadeira función é o pago de favores electorais. Como é posible que se confíe a coordinación de todos os Axentes e Técnicos de Emprego de Galiza a un ente de carácter temporal, cando parte, desgraciadamente unha minoría, dos Axentes e Técnicos de Emprego son persoal fixo? Sen dúbida foi unha brillante idea das mentes bipartitas que a nova Xunta non soubo emendar. A inexistencia de colectivo Reivindicar logo de suplicar e moi complicado e moitos dos profesionais dos que falo chegaron aos seus postos axeonllados. Esa é unha das principais barreiras cara a reivindicación da figura do AEDL e a súa adscrición as tarefas encomendadas. Moitos están condenados de por vida pola súa vinculación política. A Rede de Técnicos de Emprego de Galicia e, ao meu entender, o ente perfecto para a coordinación e supervisión dos Axentes e Técnicos de Emprego de Galiza. Non son necesarios entes intermedios que, pola súa natureza, pasan a metade do tempo montando o chiringuito (selección, distribución de roles, páxina web, …) e a outra metade desmontando (volver a buscar emprego), xusto no intre en que todo estaba disposto para o seu funcionamento. A interferencia da UPD Coordina Local II -e outras, que aparecen e desaparecen- serve para crear máis confusión na xa de por si heteroxénea natureza dos Axentes de Emprego, amplificando a indefinición das súas tarefas e complicando ao demandante dos seus servizos a elección do ente axeitado. O meu estudo, considerado un ataque por aqueles que se senten acomodados na poltrona, sen facer nada e embolsando a súa nómina cada mes, sen que ninguén lles esixa resultados, algo que habitualmente se esixe a todo traballador, e que no desempeño desta profesión implica a creación de postos de traballo, si foi ben recibida por aqueles máis comprometidos coa creación de empresas e, por engadido, emprego. A eles -e aos que agardan nas listas do INEM- dirixo e confío a creación dunha Asociación de Axentes e Técnicos de Emprego, que dignifique, potencie e dea visibilidade ao colectivo, garanta a limpeza dos procesos selectivos, formando parte dos mesmos, e contribúa a definir as funcións dos AEDL rematando cos abusos das diferentes entidades. Os problemas que afectan ao colectivo Leo no manual ao que antes me refería que unha das eivas dos Axentes e Técnicos de Emprego (páxina 16) é o descoñecemento por parte das entidades para as que traballan, de cal é a súa labor. Este manual recoñece a existencia de extra-limitacións nas funcións dos AEDL e a asunción de tarefas que lle son alleas, sen embargo, Coordina Local II, non o censurou, ao revés, distribuíunos nas súas “espectaculares” -ao igual que inútiles- presentacións pola xeografía galega. Coordina Local II é un problema. Non aporta nada extra, nada diferenciado ás outras UPD de carácter provincial (apoio, formación e información) ou comarcal. Asume de motu proio funcións que lle foron conferidas a outros facendo que os AEDL reciban cada día información solapada. Non cobre unha necesidade ou baldío existente, adoptando, respecto a outras UPD, unha posición hitleriana na procura de espazo vital. Sen unidade non haberá estabilidade para o colectivo, perdurará a temporalidade e precariedade de moitos axentes e técnicos, onde moitas entidades pagan ao persoal contratado baixo estas subvencións o que lle ven en gana, triplicando o salario algún axentes respecto a outros. Claro, isto a quen máis cobra non lle preocupa. Por exemplo, aos profesionais de Coordina Local, dos mellor pagados do Reino de Galiza, estas cousas tráenlle sen coidado.
  • 5. Dilapídanse fondos en moitas UPD, como a do exemplo, e non se inviste en medios materiais para realizar a cabo as tarefas que corresponden, as que de verdade lle corresponden, aos AEDL, especialmente no que se refire as novas tecnoloxías. Probablemente algúns dos que non responderon a miña consulta foi porque non se atopaban xunto a un ordenador con conexión a rede, algo moi habitual no rural, máis si se atopa fora da oficina. Iso, cando non se da a circunstancia de ter que compartir con outra persoa mesa e PC, outra irregularidade moi común. Un portátil e unha conexión móbil son unha ferramenta indispensábel para realizar a función de Axente e Técnico de Desenvolvemento Local. A soidade na que se atopa o Axente e Técnico de Emprego en moitas entidades afecta de xeito especial a súa autonomía. Depende, para realizar a súa labor, como vimos antes, dunha persoa que non entende a súa función, e que vai impedirlle realizar eficazmente a súa labor, ao non estar esta centrada entre catro paredes, senón aos territorios e sectores encomendados. Alguén que descoñece estas tarefas non pode impedir a flexibilidade horaria e mobilidade territorial necesarias, polo cal debe ser un ente superior, por exemplo a Rede de Técnicos de Galicia, quen debe autorizar esas saídas. Ou mellor, esixilas.