SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 13
Descargar para leer sin conexión
Tema 2
A poesía de vangarda.
Características, autores e obras
representativas.
2020 – 2021
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes
Co nome de vangarda desígnase unha serie de movementos estéticos nados na Europa
no primeiro terzo do século XX. Supuxeron unha ruptura radical coa maneira existente de
concibir a arte en todas as súas manifestacións (literatura, pintura, música, escultura,
cinema…). Cada un destes movementos constituíu un ismo, é dicir, unha corrente cos seus
propios postulados que se difundían a través dos chamados manifestos vangardistas. Estes
presentan grandes doses de dogmatismo (os seus postulados son os únicos válidos) e teñen
afán escandalizador e provocador (pretenden remover as ideas da sociedade “ben-pensante” e
abolir as normas e as convencións artísticas anteriores).
1. Vangardas.
Os “ismos” xurdiron no seo das sociedades saídas
da 1ª guerra mundial e marcadas por serios conflitos,
tanto políticos (revolución bolxevique, ascenso dos
totalitarismos fascistas en Europa) como económicos
(Crak bursátil do 29 e crise capitalista mundial). Esas
sociedades experimentan profundas transformacións a
causa dos novos avances tecnolóxicos.
Os movementos fóronse sucedendo uns a outros de maneira vertixinosa. Algúns
duraron apenas meses, outros, como o Expresionismo ou o Surrealismo, perduraron
moitísimo máis e deixaron unha profunda pegada nas artes contemporáneas. As vangardas
transformaron profundamente a idea do que era a arte e do papel que lle correspondía ao
artista na sociedade buscando a orixinalidade de forma obsesiva e facendo do
experimentalismo, a rebeldía e a liberdade creativa as súas auténticas razóns de ser.
No campo da literatura, o Cubismo achegou novidades como os “caligramas” (poemas
visuais en que os propios versos compoñen deseños),
as frecuentes alusións a conceptos espaciais e lineais
(xeometrismo) e a ruptura da secuencia temporal
lóxica (fragmentarismo e instantaneísmo). Á súa vez,
o Futurismo promoveu a exaltación da máquina, a
velocidade, a guerra e as cidades. Como achados
formais, experimentou a destrución absoluta da sintaxe, a supresión dos adxectivos e
adverbios e a abolición do uso de signos de puntuación. Nas súas formulacións máis radicais,
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 1
chegou incluso a procurar a supresión do significado, en textos construídos mediante
onomatopeas ou combinacións de fonemas totalmente arbitrarias. O Dadaísmo,
probabelmente o máis demoledor, subversivo e provocador de todos os “ismos”, propugnou a
destrución total das ideas e normas estéticas defendendo a liberación total da creatividade do
artista.
Na Galiza van deixar todos a súa pegada, mais os que van ter adeptos son:
O Creacionismo da man do chileno Vicente Huidobro, postulou unha arte que non
imitase a natureza. Tratábase de facer do poema un obxecto autónomo, unha creación
absoluta (“facer un poema como a natureza fai unha árbore”). O obxectivo do poeta,
convertido nun pequeno deus, non era que o texto se comprendese, senón que fascinase.
Típicos dos poemas creacionistas son os versos sen rima, a falta de nexos temáticos, a
ausencia de signos de puntuación e a configuración caprichosa da páxina.
O Imaxinismo anglosaxón fixo fincapé na riqueza de imaxes, de colorido e ritmo así
como predominio da sensación sobre o concepto, dando como resultado unha poesía
animicamente fría (de-sentimentalizada), pero moi plástica de grande beleza e perfección
formais. Caracterizouse pola tendencia ao anti-sentimentalismo e á deshumanización da arte,
pola especial importancia que lle concedeu á imaxe poética e á metáfora e polas innovacións
tipográficas na disposición do poema, que é, polo xeral, moi breve, case instántaneo.
Finalmente, o Surrealismo, tamén denominado
Superrealismo, foi a culminación das vangardas. O seu
rupturismo estético vai acompañado dunha clara
afinidade ás correntes de pensamento máis
innovadoras da época, o marxismo e a psicanálise.
Entre as súas achegas destacan a escrita automática
(“Escribide axiña, sen tema pensado de antemán, o
bastante axiña para non lembrar e non vos vexades
tentados a reler o escrito”); a utilización dos soños, alucinacións e delirios como material
literario; a superación das barreiras entre soño e realidade; e a entrada do irracional e onírico
como temas literarios; a tentativa de reconciliación de opostos, que dá lugar á mestura de
xéneros, ao humor negro,á creación de obxectos absurdos…
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 2
2. A vangarda na Galiza.
Os anos vinte e trinta presentan para a poesía galega un panorama rico e diverso,
protagonizado pola chamada "xeración do 25" e que os propios membros preferiron
denominar "novecentista,' ou simplemente "nova xeración galega".
Relacionados co Grupo Nós e as Irmandades
da Fala, os vangardistas galegos manteñen unha
actitude de compromiso con Galiza á par dunha
vontade de profunda renovación da nosa cultura e
literatura. O vangardismo introdúcese na cultura
galega a través de revistas como A nosa terra ou a
través do labor divulgativo de persoas como Risco,
a través de conferencias e mesmo a tradución de
poesía vangardista foránea. A publicación de
manifestos e revistas responde ás mesmas
características e propósitos que animaban as
vangardas europeas. Nese sentido, tiveron como
principal obxectivo teorizar sobre o seu carácter de
vangarda e relacionar esta con aquelas.
Pode dicirse que os escritores novecentistas
son un caso de xeración malograda. Varios deles
(Amado Carballo, Manuel Antonio, Xulián Magariños...) morreron moi novos. Outros pereceron
a mans da barbarie fascista (Vítor Casas, Blanco Torres, Xoán Xesús González, Johán
Carballeira...). Moitos truncaron as súas carreiras literarias ou tiveron que continualas no
exilio forzoso (Luís Seoane, Lorenzo Varela...). Algúns nunca chegaron a editar libro (Otero
Espasandín, Bal y Gay...), ficando a súa obra dispersa en revistas, xornais, cartas... ou inédita
(Luís Manteiga). Outros arrombaron para sempre o cultivo do galego (Montes, Correa
Calderón...). Finalmente, houbo os que proseguiron o seu labor literario na Galiza franquista,
pero substituíndo a poesía por outros xéneros (fundamentalmente, a novela), ou debaténdose
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 3
Sen pretensións de suficiencia doutoral, nin de ningún outro xeito semellante, a rebeldía
duns mozos galegos fai esta chamada á Mocidade intelectual da nosa Terra.
Os vellos non son os que escribiron hai moitos anos -aqueles son os
devanceiros.- Os vellos son os que escriben hoxe como se vivisen no
antonte dos séculos.
conflitivamente entre o uso do galego ou do español (Cunqueiro).
En 1922 o poeta Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro publican o manifesto
rupturista ¡Máis Alá! no que renegan do pasado, critican o ruralismo, fan unha defensa
afervoada da lingua galega e do individualismo dos creadores, e propoñen unha literatura
radicalmente nova na liña dos ismos. O Manifesto “Máis Alá” é unha chamada a facer nova
literatura, buscando certas características innovadoras.
As vangardas galegas foron continuadoras en boa medida dos trazos xerais das
vangardas mundiais, grazas ao camiño aberto pola Xeración Nós, dos que herdaron a actitude
universalista. Isto non quere dicir que a nosa poesía neste momento fose só unha mímese dos
movementos internacionais, senón que presenta varios aspectos orixinais, propios dun
contexto de produción e recepción singular.
Con todo, os poetas galegos, malia estar ao día respecto dos diferentes “ismos”,
mantivéronse en xeral nunha liña próxima á tradición e idiosincrasia galegas.
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 4
3. Vangardas galegas.
Na poesía renovadora galega dos anos 20 e primeiros 30
encontramos tres liñas principais: a neotrobadorista, a hilozoísta e
a propiamente vangardista, creacionismo. As tres pugnan por
actualizaren e modernizaren a estética da nosa poesía, mais
mentres a propiamente vangardista aposta por unha ruptura case
total, renegando do ruralismo, do costumismo, da poesía patriótica
e mesmo do legado das grandes figuras do Rexurdimento, a
neotrobadorista e a hilozoísta estabelecen certo diálogo
conciliatorio coa tradición (medieval, nun caso; paisaxística e
popular, no outro).
3.1. O neotrobadorismo.
Ademais da asimilación do espírito das vangardas, outro
feito importante marcou a dirección de boa parte da poesía galega:
o descubrimento da poesía medieval galego- portuguesa. Xa era
coñecida a existencia dos Cancioneiros desde había tempo, pero
grazas á edición preparada por Joaquim Nunes (1928) o engado da
lírica medieval tivo unha difusión sen precedentes, causando
notabel efecto na literatura galega da época e provocando o
nacemento dun movemento poético orixinal: o neotrobadorismo.
Xorde en relación ás vangardas de comezos do século XX e
supón unha poesía que lembra ás cantigas medievais, sobre todo,
nos recursos estilísticos (paralelismo, leixa-pren, refrán). Son as
cantigas de amigo e as de amor os xéneros máis imitados. Con todo,
podemos ver outras influencias. Das vangardas tomarán o léxico ou
as metáforas anovadoras e os temas do neopopularismo.
Hai dúas obras que se sinalan como comezo e feche do
Neotrobadorismo, Nao senlleira (1933) de Fermín Bouza Brey, e Cancioeiro de Monfero (1953)
de Xosé María Álvarez Blázquez. Durante o Franquismo non hai ningunha lei que prohiba
escribir en galego (aínda que está prohibido traducir obras ao galego antes có castelán), pero
na práctica escribir en galego supuña un problema. O Neotrobadorismo é o primeiro
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 5
movemento en rexurdir trala guerra por non ser un movemento de compromiso social.
3.1. 1. Fermín Bouza Brey.
Foi o iniciador deste movemento literario (Ponteareas, 1901- Compostela, 1973). Este
autor estudou Filosofía e Letras e mais Dereito na Universidade de Compostela, onde se
relacionou con outros galeguistas. Con eles fundou, en 1923, o Seminario de Estudos Galegos.
No ano 1929 foi nomeado xuíz, mais foi cesado do cargo ao comezar a guerra civil, acusado de
masón e galeguista. Só anos despois recuperaría o seu posto. Na última etapa da súa vida
realizou importantes investigacións etnográficas, arqueolóxicas, históricas e literarias.
Bouza Brey inicia con Nao Senlleira (1933) unha liña poética
marcada pola influenza da tradición medieval. O libro está composto
por vinte poemas que presentan unha lograda conxunción de recursos
formais da lírica medieval (refrán, leixaprén, paralelismo..) con estrofas
e ritmos propios da literatura popular (versos octosílabos, pareados..). O
mar e a soidade, presentes nos versos de Mendinho que abren o libro,
son dous dos motivos recorrentes da obra.
No seu segundo poemario, Seitura (1955), cun elemento neotrobadoresco moito
menor, Bouza Brey ensaia novos temas, como o relixioso ou o existencial, moi en consonancia
coa poesía da posguerra.
3.1.2. Álvaro Cunqueiro.
O autor máis representativo, xunto con Bouza Brey, vai ser Álvaro Cunqueiro, cos seus
poemarios Cantiga nova que se chama Riveira (1933) e Dona de corpo delgado (1955) para os
que achegou novidades no ritmo e nas imaxes, ao adoptar a materia dos cancioneiros
medievais ao gusto da época. Son poemas elegantes e sensuais, de gran musicalidade e cunha
adxectivación suxestiva.
Álvaro Cunqueiro nace o 22 de decembro de 1911 en Mondoñedo. En 1930 comeza a
publicar poemas e artigos na revista Vallibria e dirixe, ata 1933, Galiza, publicación galeguista.
Chegan así os tempos de afiliación ao Partido Galeguista, as colaboracións en A Nosa Terra,
Nós, El Pueblo Gallego, Resol, Yunque... e, sobre todo, a publicación das súas primeiras obras,
todas elas de poemas e ilustradas por Seoane: Mar ao norde (1932); Cantiga nova que se
chama ribeira (1933); e Poemas do si e non (1933), cancioneiro amoroso considerado como o
introdutor do surrealismo na literatura galega.
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 6
No ano 1963 ingresou na Real Academia Galega, un recoñecemento tras o que
chegarían outros moitos nos seus últimos anos de vida, entre eles o de Doutor Honoris Causa
pola Universidade de Compostela, en 1980, un ano antes do seu pasamento en Vigo.
A súa primeira achega ao neotrobadorismo prodúcese con Cantiga nova que se chama
riveira (1933), onde tamén hai pegadas da corrente neopopularista que Lorca e Alberti, entre
outros, desenvolvían na poesía castelá. Volverá ao neotrobadorismo na posguerra con Dona do
corpo delgado (1950). As razóns que levan a Cunqueiro a facer este tipo de poesía son o
asombro que lle producen os cancioneiros (coñece a edición de Joaquim Nunes, Cantigas de
Amigo e de Amor (1928, 1932)) e a publicación de Nao senlleira.
3.2. O surrealismo.
A obra de Cunqueiro presenta dous tipos de poesía: vangardista, achegada á de Manuel
Antonio, e neotrobadoresca e nepopulista, sen a rixidez formal da de Bouza Brey e que enlaza
coa Generación del 27 española.
Nos seus primeiros libros de poesía presenta unha estética moi vinculada ao
surrealismo, con profusión de metáforas irracionais e un marcado gusto pola inspiración
onírica. Mar ao norde (1932), é un poemario de corte vangardista e temática mariñeira,
achégase a Manuel Antonio e coma el reacciona contra o contexto literario dominante. En
Poemas do si e non (1933) continúa a liña vangardista e nun ton lúdico aborda a temática
erótica.
3.3. O hilozoismo.
É un movemento inspirado na poesía popular. A súa innovación consistiu en vestir a
tradición de novas imaxes, novos ritmos…, é dicir, de incorporala ás vangardas. Coñécese este
movemento cos nomes de Imaxinismo ou hilozoísmo. Imaxinismo refírese á forma do poema
como sucesión de imaxes plásticas. Hilozoísmo (do grego materia + vida) fai referencia á
humanización da paisaxe, todo está dotado de vida.
Nos poemas hilozoístas préstaselle unha grande atención á natureza. Tematicamente é
a grande protagonista, mediante o uso e abuso de prosopopeas. O elemento humano apenas
aparece e, cando o fai, fúndese coa paisaxe.
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 7
A presenza de estranxeirismos, sobre todo empréstitos do francés e inglés, conecta o
hilozoísmo co multilingüísmo das vangardas europeas, o cal lle outorga un certo
cosmopolitismo. Sen embargo é un movemento moi próximo á tradición, ten como base a
poesía paisaxística xa existente no século XIX (Rosalía). Nos seus versos non hai
versolibrismo, senón unha métrica máis clásica, predominando o verso octosílabo e as coplas
populares ou de aparencia popular.
O autor creador do movemento foi Amado Carballo (1901-
1927). A súa obra poética foi moi ben acollida pola crítica da época . En
1927 publicou Proel e en 1928 (póstuma) O galo. A paisaxe é o
principal trazo temático da súa poesía. Non se trata dunha paisaxe
salvaxe senón da das terras do Lérez, natural, rural e humanizada, a
través sobre todo do recurso da personificación; unha paisaxe
presentada mediante unha chea de imaxes novas, plásticas, visuais e
auditivas, que dan vida aos seus elementos (imaxinismo).
En canto á forma, Amado Carballo amósase conservador na métrica (rara vez usa o
verso libre e decántase pola métrica regular de rima asonante e arte menor); pero é
vangardista na súa preferencia polas metáforas.
3.4. O creacionismo. A vangarda plena.
O nome da tendencia partiu, segundo Huidobro, dunha conferencia pronunciada no
Ateneo de Bos Aires en 1916: “fue allí donde se me bautizó como creacionista, por haber dicho
en mi conferencia que la primera condición del poeta es crear, la segunda, crear, y la tercera,
crear”. A súa premisa fundamental é a consideración da creación artística con total
independencia respecto dos modelos que ofrece a realidade, de xeito que o
poema non imite o mundo, senón que cree un novo da nada, ao facelo xurdir da
visión interior do poeta. Avogou polo atematismo.
3.4.1. Manuel Antonio.
O principal representante desta corrente na poesía galega foi Manuel
Antonio, poeta nado en Rianxo no 1900. Estuda en Santiago o bacharelato e
entre 1919 e 1923 cursa estudos de mariño na Escola Oficial de Náutica de
Vigo. Son anos de formación cívica e cultural: le moito - especialmente os
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 8
poetas vangardistas- ingresa nas Mocidades Galeguistas e fai amizade con intelectuais galegos
da época, cos que mantén correspondencia: Risco, Villar Ponte, Castelao… A partir deste
momento céntrase na actividade política e cultural, fundamentalmente no nacionalismo e na
literatura.
Nesa época comezaron as súas colaboracións na prensa. Na cidade olívica afiliouse á
Xuventude Nazonalista Galega (1920) e escribiu, xunto a Xavier Soto, o texto “Terra ceibe! Os
bos galegos”, dirixido contra o concello de Vigo. En 1922 publica o manifesto Máis Alá, onde,
considerando a importancia que a arte ten nos rexurdimentos nacionais, propugna unha
renovación estética e temática afastada do ruralismo decimonónico e avoga pola absoluta
liberdade creativa.
Entre os anos 1926 e 1929 tivo lugar un dos
acontecementos máis decisivos na obra final do poeta, as súas
prácticas como piloto no paquebote Constantino Candieira,
capitaneado por Augusto Lustres Rivas, onde concibiu o seu libro
de poemas De catro a catro (1928), editado por Nós, na Coruña.
No 1929 regresa a Rianxo gravemente enfermo de tuberculose, doenza da que xa non se
recuperaría.
3.4.2. Obra de Manuel Antonio.
O afán de orixinalidade é o que mellor caracteriza a
poesía de Manuel Antonio. A diferenza dos homes de Nós,
seus mestres iniciais, considerou que a arte popular era unha
base desde a que partir, non un modelo a imitar. Mais
tampouco quixo seguir mimeticamente ningún dos ismos
coetáneos, senón que asimilou con criterio propio elementos
dos mesmos, nomeadamente do Creacionismo. Na evolución
poética de Manuel Antonio distínguense, comunmente, tres
etapas:
• De formación, anterior á xestación dun estilo
vangardista, cun estilo próximo ao modernismo.
• De ruptura vangardista, a partir dos poemas que
envía en 1920 ao xornal A Nosa Terra e do seu primeiro poemario, Con anacos do meu
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 9
interior. Aparecen certos aspectos de puntuación e de disposición tipográfica e o gusto
polas imaxes orixinais. É un libro de transición cara ao vangardismo, sen temática
definida, pero cun predominio constante da noite, a soidade, a inquedanza polo
destino, polo descoñecido e o porvir. En Foulas, escrito entre 1922-1925, avanza na liña
popular. Non ten unha temática homoxénea, malia a aparición de imaxineria mariñeira.
Inclúe “Excelsior” e “Poemas do Faro. II”, dúas composicións experimentais
caligramáticas de enorme orixinalidade, que rompen a orde normal da lectura e o
verso. Sempre e máis dispois, con só 8 poemas, continúa a evolución vangardista que
culmina con De catro a catro (1928), do que falaremos máis adiante por extenso.
• De retroceso na audacia vangardista, pois no poemario inacabado Viladomar, de tan só
6 poemas, obsérvase un regreso á rima final, unha ausencia de experimentacións
tipográficas, un retorno á lóxica do discurso etc. O que se mantén é o ton
desesperanzado que xa predominaba na etapa anterior.
De catro a catro (1928) é o único libro que publica en vida.
Foi escrito durante a súa navegación no paquebote Constantino Candeira. Converteuse
no libro máis significativo do vangardismo galego e máis concretamente do creacionismo.
Este é un poemario de estrutura circular que ten por eixo unha viaxe marítima. Ábrese
cun poema, "Intencións", que sinala o comezo da aventura, e remata coa volta a terra
("Adeus"). No medio da navegación, dous poemas ("Recalada" e "Navy Bar") supoñen a
paréntese dunha escalada en terra. Son dezanove composicións que dan conta da viaxe
marítima dun eu poético que vai da ilusión á saudade, pasando polas experiencias cotiás
dunha aventura:
Hai unha unidade temática esencial pola presenza permanente do mar. Proxecta nel as
súas vivencias nun proceso de identificación. É un mar persoal. Máis que a realidade exterior
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 10
SAÍDA NAVEGACIÓN REGRESO
Ilusión Aventura Saudade
1º poema 17 poemas Último poema
“Intencións” “Adeus”
interésalle a experiencia interior, concíbese como un espazo simbólico. O que o diferenza
doutros textos de tema mariñeiro é o tratamento humanizado, desrealizado e, en oposición á
teoría vangardista, fondamente sentido.
O libro constitúe unha viaxe polo mar narrada en primeira persoa (máis en plural do
que en singular) e inzada de terminoloxía náutica. Con todo, non interesa o espazo exterior na
súa obxectividade. Os obxectos e os seres inanimados cobran vida, afastándose
progresivamente do eu poético, quen vai sentindo a súa ausencia e o silencio para afundirse
na soidade. É, pois, un navegar para atoparse a un mesmo só diante do mundo.
O fluír temporal é un dos temas máis destacados.
Maniféstase a través da sucesión dos elementos naturais do
cosmos (o sol, a lúa, as estrelas, a noite, a alba) e a través dos
elementos técnicos de medición (reloxo, almanaques, diarios,
horas, cronometraxes). Así, esta captación do paso do tempo
rexístrase fundamentalmente polo sentido da vista e do oído,
ás veces superpostos en logradas imaxes. A concepción da
existencia é contraditoria: o estatismo preside a navegación e,
ao mesmo tempo, todo pasa. E ese adeus a todo, que provoca a
saudade, únese á idea do naufraxio, presente en toda a obra. O
naufraxio non constitúe un mero accidente da navegación,
senón tamén unha vivencia íntima que simboliza o desarraigo
existencial. Aínda sen se facer explícita, latexa a idea da morte.
Por todo isto, da obra emana un ton triste, corroborado pola
carga negativa da maioría dos adxectivos.
O barco representa fisicamente o eu lírico: o barco é o home, o eu do poeta. É un dos
eixes simbólicos do libro que podemos interpretar como imaxe da vida (e do claustro
materno). O vento é outro símbolo ambivalente. A súa ausencia impide a aventura, pero o seu
descontrol pode supoñer a morte. A súa forza podemos identificala coa forza do fado. A
navegación polo mar é así a vida, fronte ao estatismo.
Sen concesións ao sentimentalismo, son moi escasas as referencias ao EU, que
continuamente se dilúe no NÓS. Mais no poema final ("Adeus") prodúcese a esgazadura, a
liberación da tensión, o revelar da traxedia latexante ao longo do libro: é como a premonición
da propia morte.
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 11
Na forma, rompe case por completo cos esquemas métricos tradicionais (a rima, o
ritmo, a división silábica tradicional …) e utiliza trazos marcadamente vangardistas: a
disposición irregular dos versos, uso de espazos en branco, o humor, os símbolos, a
xustaposición de imaxes, o mecanicismo ( radiograma, léxico propio do mar ou código
morse…)
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 12

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

hilozoismo
hilozoismohilozoismo
hilozoismoxenevra
 
creacionismo
creacionismocreacionismo
creacionismoxenevra
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010xenevra
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivoAna Moreda
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Tema7 2010
Tema7 2010Tema7 2010
Tema7 2010xenevra
 
tema10_2010
tema10_2010tema10_2010
tema10_2010xenevra
 
Neotrobadorismo
NeotrobadorismoNeotrobadorismo
NeotrobadorismoAnaMGC
 

La actualidad más candente (20)

hilozoismo
hilozoismohilozoismo
hilozoismo
 
Vangardas
VangardasVangardas
Vangardas
 
O manifesto "Máis Alá"
O manifesto  "Máis Alá"O manifesto  "Máis Alá"
O manifesto "Máis Alá"
 
creacionismo
creacionismocreacionismo
creacionismo
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivo
 
As vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galegaAs vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galega
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
Manuel Antonio
Manuel AntonioManuel Antonio
Manuel Antonio
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Tema7 2010
Tema7 2010Tema7 2010
Tema7 2010
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
tema10_2010
tema10_2010tema10_2010
tema10_2010
 
Literatura latina
Literatura latinaLiteratura latina
Literatura latina
 
Neotrobadorismo
NeotrobadorismoNeotrobadorismo
Neotrobadorismo
 

Similar a A poesía de vangarda

As vangardas
As vangardasAs vangardas
As vangardasMrc558688
 
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...borjanunez
 
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOO creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOA MARALEIXA
 
A poesía das vangardas galegas. guión
A poesía das vangardas galegas. guiónA poesía das vangardas galegas. guión
A poesía das vangardas galegas. guiónMarlou
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010xenevra
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010xenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
2 a poesía de vangarda. caracteristicas,autores e obras representativas
2  a poesía de vangarda. caracteristicas,autores e obras representativas2  a poesía de vangarda. caracteristicas,autores e obras representativas
2 a poesía de vangarda. caracteristicas,autores e obras representativasMariano Santos Vela
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegatrafegandoronseis
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduratrafegandoronseis
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)Luciano Fernández
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
 

Similar a A poesía de vangarda (20)

Poesía das vangardas
Poesía das vangardasPoesía das vangardas
Poesía das vangardas
 
As vangardas
As vangardasAs vangardas
As vangardas
 
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
 
As vangardas
As vangardasAs vangardas
As vangardas
 
Vangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalíaVangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalía
 
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOO creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
 
Vangardas
VangardasVangardas
Vangardas
 
A poesía das vangardas galegas. guión
A poesía das vangardas galegas. guiónA poesía das vangardas galegas. guión
A poesía das vangardas galegas. guión
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
As Vangardas
As VangardasAs Vangardas
As Vangardas
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
2 a poesía de vangarda. caracteristicas,autores e obras representativas
2  a poesía de vangarda. caracteristicas,autores e obras representativas2  a poesía de vangarda. caracteristicas,autores e obras representativas
2 a poesía de vangarda. caracteristicas,autores e obras representativas
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 
Poesía 1976 actualidade
Poesía 1976 actualidadePoesía 1976 actualidade
Poesía 1976 actualidade
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)
 
As Vangardas
As VangardasAs Vangardas
As Vangardas
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 

Más de xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfxenevra
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe xenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilxenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XXxenevra
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacxenevra
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estadoxenevra
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguasxenevra
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaxenevra
 
Conceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaConceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaxenevra
 
Irmandades 4º
Irmandades 4ºIrmandades 4º
Irmandades 4ºxenevra
 
O grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºO grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºxenevra
 

Más de xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estado
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguas
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxía
 
Conceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaConceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxía
 
Léxico
LéxicoLéxico
Léxico
 
Irmandades 4º
Irmandades 4ºIrmandades 4º
Irmandades 4º
 
O grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºO grupo-nós 4º
O grupo-nós 4º
 

A poesía de vangarda

  • 1. Tema 2 A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas. 2020 – 2021 IES Nosa Señora dos Ollos Grandes
  • 2. Co nome de vangarda desígnase unha serie de movementos estéticos nados na Europa no primeiro terzo do século XX. Supuxeron unha ruptura radical coa maneira existente de concibir a arte en todas as súas manifestacións (literatura, pintura, música, escultura, cinema…). Cada un destes movementos constituíu un ismo, é dicir, unha corrente cos seus propios postulados que se difundían a través dos chamados manifestos vangardistas. Estes presentan grandes doses de dogmatismo (os seus postulados son os únicos válidos) e teñen afán escandalizador e provocador (pretenden remover as ideas da sociedade “ben-pensante” e abolir as normas e as convencións artísticas anteriores). 1. Vangardas. Os “ismos” xurdiron no seo das sociedades saídas da 1ª guerra mundial e marcadas por serios conflitos, tanto políticos (revolución bolxevique, ascenso dos totalitarismos fascistas en Europa) como económicos (Crak bursátil do 29 e crise capitalista mundial). Esas sociedades experimentan profundas transformacións a causa dos novos avances tecnolóxicos. Os movementos fóronse sucedendo uns a outros de maneira vertixinosa. Algúns duraron apenas meses, outros, como o Expresionismo ou o Surrealismo, perduraron moitísimo máis e deixaron unha profunda pegada nas artes contemporáneas. As vangardas transformaron profundamente a idea do que era a arte e do papel que lle correspondía ao artista na sociedade buscando a orixinalidade de forma obsesiva e facendo do experimentalismo, a rebeldía e a liberdade creativa as súas auténticas razóns de ser. No campo da literatura, o Cubismo achegou novidades como os “caligramas” (poemas visuais en que os propios versos compoñen deseños), as frecuentes alusións a conceptos espaciais e lineais (xeometrismo) e a ruptura da secuencia temporal lóxica (fragmentarismo e instantaneísmo). Á súa vez, o Futurismo promoveu a exaltación da máquina, a velocidade, a guerra e as cidades. Como achados formais, experimentou a destrución absoluta da sintaxe, a supresión dos adxectivos e adverbios e a abolición do uso de signos de puntuación. Nas súas formulacións máis radicais, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 1
  • 3. chegou incluso a procurar a supresión do significado, en textos construídos mediante onomatopeas ou combinacións de fonemas totalmente arbitrarias. O Dadaísmo, probabelmente o máis demoledor, subversivo e provocador de todos os “ismos”, propugnou a destrución total das ideas e normas estéticas defendendo a liberación total da creatividade do artista. Na Galiza van deixar todos a súa pegada, mais os que van ter adeptos son: O Creacionismo da man do chileno Vicente Huidobro, postulou unha arte que non imitase a natureza. Tratábase de facer do poema un obxecto autónomo, unha creación absoluta (“facer un poema como a natureza fai unha árbore”). O obxectivo do poeta, convertido nun pequeno deus, non era que o texto se comprendese, senón que fascinase. Típicos dos poemas creacionistas son os versos sen rima, a falta de nexos temáticos, a ausencia de signos de puntuación e a configuración caprichosa da páxina. O Imaxinismo anglosaxón fixo fincapé na riqueza de imaxes, de colorido e ritmo así como predominio da sensación sobre o concepto, dando como resultado unha poesía animicamente fría (de-sentimentalizada), pero moi plástica de grande beleza e perfección formais. Caracterizouse pola tendencia ao anti-sentimentalismo e á deshumanización da arte, pola especial importancia que lle concedeu á imaxe poética e á metáfora e polas innovacións tipográficas na disposición do poema, que é, polo xeral, moi breve, case instántaneo. Finalmente, o Surrealismo, tamén denominado Superrealismo, foi a culminación das vangardas. O seu rupturismo estético vai acompañado dunha clara afinidade ás correntes de pensamento máis innovadoras da época, o marxismo e a psicanálise. Entre as súas achegas destacan a escrita automática (“Escribide axiña, sen tema pensado de antemán, o bastante axiña para non lembrar e non vos vexades tentados a reler o escrito”); a utilización dos soños, alucinacións e delirios como material literario; a superación das barreiras entre soño e realidade; e a entrada do irracional e onírico como temas literarios; a tentativa de reconciliación de opostos, que dá lugar á mestura de xéneros, ao humor negro,á creación de obxectos absurdos… IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 2
  • 4. 2. A vangarda na Galiza. Os anos vinte e trinta presentan para a poesía galega un panorama rico e diverso, protagonizado pola chamada "xeración do 25" e que os propios membros preferiron denominar "novecentista,' ou simplemente "nova xeración galega". Relacionados co Grupo Nós e as Irmandades da Fala, os vangardistas galegos manteñen unha actitude de compromiso con Galiza á par dunha vontade de profunda renovación da nosa cultura e literatura. O vangardismo introdúcese na cultura galega a través de revistas como A nosa terra ou a través do labor divulgativo de persoas como Risco, a través de conferencias e mesmo a tradución de poesía vangardista foránea. A publicación de manifestos e revistas responde ás mesmas características e propósitos que animaban as vangardas europeas. Nese sentido, tiveron como principal obxectivo teorizar sobre o seu carácter de vangarda e relacionar esta con aquelas. Pode dicirse que os escritores novecentistas son un caso de xeración malograda. Varios deles (Amado Carballo, Manuel Antonio, Xulián Magariños...) morreron moi novos. Outros pereceron a mans da barbarie fascista (Vítor Casas, Blanco Torres, Xoán Xesús González, Johán Carballeira...). Moitos truncaron as súas carreiras literarias ou tiveron que continualas no exilio forzoso (Luís Seoane, Lorenzo Varela...). Algúns nunca chegaron a editar libro (Otero Espasandín, Bal y Gay...), ficando a súa obra dispersa en revistas, xornais, cartas... ou inédita (Luís Manteiga). Outros arrombaron para sempre o cultivo do galego (Montes, Correa Calderón...). Finalmente, houbo os que proseguiron o seu labor literario na Galiza franquista, pero substituíndo a poesía por outros xéneros (fundamentalmente, a novela), ou debaténdose IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 3 Sen pretensións de suficiencia doutoral, nin de ningún outro xeito semellante, a rebeldía duns mozos galegos fai esta chamada á Mocidade intelectual da nosa Terra.
  • 5. Os vellos non son os que escribiron hai moitos anos -aqueles son os devanceiros.- Os vellos son os que escriben hoxe como se vivisen no antonte dos séculos. conflitivamente entre o uso do galego ou do español (Cunqueiro). En 1922 o poeta Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro publican o manifesto rupturista ¡Máis Alá! no que renegan do pasado, critican o ruralismo, fan unha defensa afervoada da lingua galega e do individualismo dos creadores, e propoñen unha literatura radicalmente nova na liña dos ismos. O Manifesto “Máis Alá” é unha chamada a facer nova literatura, buscando certas características innovadoras. As vangardas galegas foron continuadoras en boa medida dos trazos xerais das vangardas mundiais, grazas ao camiño aberto pola Xeración Nós, dos que herdaron a actitude universalista. Isto non quere dicir que a nosa poesía neste momento fose só unha mímese dos movementos internacionais, senón que presenta varios aspectos orixinais, propios dun contexto de produción e recepción singular. Con todo, os poetas galegos, malia estar ao día respecto dos diferentes “ismos”, mantivéronse en xeral nunha liña próxima á tradición e idiosincrasia galegas. IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 4
  • 6. 3. Vangardas galegas. Na poesía renovadora galega dos anos 20 e primeiros 30 encontramos tres liñas principais: a neotrobadorista, a hilozoísta e a propiamente vangardista, creacionismo. As tres pugnan por actualizaren e modernizaren a estética da nosa poesía, mais mentres a propiamente vangardista aposta por unha ruptura case total, renegando do ruralismo, do costumismo, da poesía patriótica e mesmo do legado das grandes figuras do Rexurdimento, a neotrobadorista e a hilozoísta estabelecen certo diálogo conciliatorio coa tradición (medieval, nun caso; paisaxística e popular, no outro). 3.1. O neotrobadorismo. Ademais da asimilación do espírito das vangardas, outro feito importante marcou a dirección de boa parte da poesía galega: o descubrimento da poesía medieval galego- portuguesa. Xa era coñecida a existencia dos Cancioneiros desde había tempo, pero grazas á edición preparada por Joaquim Nunes (1928) o engado da lírica medieval tivo unha difusión sen precedentes, causando notabel efecto na literatura galega da época e provocando o nacemento dun movemento poético orixinal: o neotrobadorismo. Xorde en relación ás vangardas de comezos do século XX e supón unha poesía que lembra ás cantigas medievais, sobre todo, nos recursos estilísticos (paralelismo, leixa-pren, refrán). Son as cantigas de amigo e as de amor os xéneros máis imitados. Con todo, podemos ver outras influencias. Das vangardas tomarán o léxico ou as metáforas anovadoras e os temas do neopopularismo. Hai dúas obras que se sinalan como comezo e feche do Neotrobadorismo, Nao senlleira (1933) de Fermín Bouza Brey, e Cancioeiro de Monfero (1953) de Xosé María Álvarez Blázquez. Durante o Franquismo non hai ningunha lei que prohiba escribir en galego (aínda que está prohibido traducir obras ao galego antes có castelán), pero na práctica escribir en galego supuña un problema. O Neotrobadorismo é o primeiro IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 5
  • 7. movemento en rexurdir trala guerra por non ser un movemento de compromiso social. 3.1. 1. Fermín Bouza Brey. Foi o iniciador deste movemento literario (Ponteareas, 1901- Compostela, 1973). Este autor estudou Filosofía e Letras e mais Dereito na Universidade de Compostela, onde se relacionou con outros galeguistas. Con eles fundou, en 1923, o Seminario de Estudos Galegos. No ano 1929 foi nomeado xuíz, mais foi cesado do cargo ao comezar a guerra civil, acusado de masón e galeguista. Só anos despois recuperaría o seu posto. Na última etapa da súa vida realizou importantes investigacións etnográficas, arqueolóxicas, históricas e literarias. Bouza Brey inicia con Nao Senlleira (1933) unha liña poética marcada pola influenza da tradición medieval. O libro está composto por vinte poemas que presentan unha lograda conxunción de recursos formais da lírica medieval (refrán, leixaprén, paralelismo..) con estrofas e ritmos propios da literatura popular (versos octosílabos, pareados..). O mar e a soidade, presentes nos versos de Mendinho que abren o libro, son dous dos motivos recorrentes da obra. No seu segundo poemario, Seitura (1955), cun elemento neotrobadoresco moito menor, Bouza Brey ensaia novos temas, como o relixioso ou o existencial, moi en consonancia coa poesía da posguerra. 3.1.2. Álvaro Cunqueiro. O autor máis representativo, xunto con Bouza Brey, vai ser Álvaro Cunqueiro, cos seus poemarios Cantiga nova que se chama Riveira (1933) e Dona de corpo delgado (1955) para os que achegou novidades no ritmo e nas imaxes, ao adoptar a materia dos cancioneiros medievais ao gusto da época. Son poemas elegantes e sensuais, de gran musicalidade e cunha adxectivación suxestiva. Álvaro Cunqueiro nace o 22 de decembro de 1911 en Mondoñedo. En 1930 comeza a publicar poemas e artigos na revista Vallibria e dirixe, ata 1933, Galiza, publicación galeguista. Chegan así os tempos de afiliación ao Partido Galeguista, as colaboracións en A Nosa Terra, Nós, El Pueblo Gallego, Resol, Yunque... e, sobre todo, a publicación das súas primeiras obras, todas elas de poemas e ilustradas por Seoane: Mar ao norde (1932); Cantiga nova que se chama ribeira (1933); e Poemas do si e non (1933), cancioneiro amoroso considerado como o introdutor do surrealismo na literatura galega. IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 6
  • 8. No ano 1963 ingresou na Real Academia Galega, un recoñecemento tras o que chegarían outros moitos nos seus últimos anos de vida, entre eles o de Doutor Honoris Causa pola Universidade de Compostela, en 1980, un ano antes do seu pasamento en Vigo. A súa primeira achega ao neotrobadorismo prodúcese con Cantiga nova que se chama riveira (1933), onde tamén hai pegadas da corrente neopopularista que Lorca e Alberti, entre outros, desenvolvían na poesía castelá. Volverá ao neotrobadorismo na posguerra con Dona do corpo delgado (1950). As razóns que levan a Cunqueiro a facer este tipo de poesía son o asombro que lle producen os cancioneiros (coñece a edición de Joaquim Nunes, Cantigas de Amigo e de Amor (1928, 1932)) e a publicación de Nao senlleira. 3.2. O surrealismo. A obra de Cunqueiro presenta dous tipos de poesía: vangardista, achegada á de Manuel Antonio, e neotrobadoresca e nepopulista, sen a rixidez formal da de Bouza Brey e que enlaza coa Generación del 27 española. Nos seus primeiros libros de poesía presenta unha estética moi vinculada ao surrealismo, con profusión de metáforas irracionais e un marcado gusto pola inspiración onírica. Mar ao norde (1932), é un poemario de corte vangardista e temática mariñeira, achégase a Manuel Antonio e coma el reacciona contra o contexto literario dominante. En Poemas do si e non (1933) continúa a liña vangardista e nun ton lúdico aborda a temática erótica. 3.3. O hilozoismo. É un movemento inspirado na poesía popular. A súa innovación consistiu en vestir a tradición de novas imaxes, novos ritmos…, é dicir, de incorporala ás vangardas. Coñécese este movemento cos nomes de Imaxinismo ou hilozoísmo. Imaxinismo refírese á forma do poema como sucesión de imaxes plásticas. Hilozoísmo (do grego materia + vida) fai referencia á humanización da paisaxe, todo está dotado de vida. Nos poemas hilozoístas préstaselle unha grande atención á natureza. Tematicamente é a grande protagonista, mediante o uso e abuso de prosopopeas. O elemento humano apenas aparece e, cando o fai, fúndese coa paisaxe. IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 7
  • 9. A presenza de estranxeirismos, sobre todo empréstitos do francés e inglés, conecta o hilozoísmo co multilingüísmo das vangardas europeas, o cal lle outorga un certo cosmopolitismo. Sen embargo é un movemento moi próximo á tradición, ten como base a poesía paisaxística xa existente no século XIX (Rosalía). Nos seus versos non hai versolibrismo, senón unha métrica máis clásica, predominando o verso octosílabo e as coplas populares ou de aparencia popular. O autor creador do movemento foi Amado Carballo (1901- 1927). A súa obra poética foi moi ben acollida pola crítica da época . En 1927 publicou Proel e en 1928 (póstuma) O galo. A paisaxe é o principal trazo temático da súa poesía. Non se trata dunha paisaxe salvaxe senón da das terras do Lérez, natural, rural e humanizada, a través sobre todo do recurso da personificación; unha paisaxe presentada mediante unha chea de imaxes novas, plásticas, visuais e auditivas, que dan vida aos seus elementos (imaxinismo). En canto á forma, Amado Carballo amósase conservador na métrica (rara vez usa o verso libre e decántase pola métrica regular de rima asonante e arte menor); pero é vangardista na súa preferencia polas metáforas. 3.4. O creacionismo. A vangarda plena. O nome da tendencia partiu, segundo Huidobro, dunha conferencia pronunciada no Ateneo de Bos Aires en 1916: “fue allí donde se me bautizó como creacionista, por haber dicho en mi conferencia que la primera condición del poeta es crear, la segunda, crear, y la tercera, crear”. A súa premisa fundamental é a consideración da creación artística con total independencia respecto dos modelos que ofrece a realidade, de xeito que o poema non imite o mundo, senón que cree un novo da nada, ao facelo xurdir da visión interior do poeta. Avogou polo atematismo. 3.4.1. Manuel Antonio. O principal representante desta corrente na poesía galega foi Manuel Antonio, poeta nado en Rianxo no 1900. Estuda en Santiago o bacharelato e entre 1919 e 1923 cursa estudos de mariño na Escola Oficial de Náutica de Vigo. Son anos de formación cívica e cultural: le moito - especialmente os IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 8
  • 10. poetas vangardistas- ingresa nas Mocidades Galeguistas e fai amizade con intelectuais galegos da época, cos que mantén correspondencia: Risco, Villar Ponte, Castelao… A partir deste momento céntrase na actividade política e cultural, fundamentalmente no nacionalismo e na literatura. Nesa época comezaron as súas colaboracións na prensa. Na cidade olívica afiliouse á Xuventude Nazonalista Galega (1920) e escribiu, xunto a Xavier Soto, o texto “Terra ceibe! Os bos galegos”, dirixido contra o concello de Vigo. En 1922 publica o manifesto Máis Alá, onde, considerando a importancia que a arte ten nos rexurdimentos nacionais, propugna unha renovación estética e temática afastada do ruralismo decimonónico e avoga pola absoluta liberdade creativa. Entre os anos 1926 e 1929 tivo lugar un dos acontecementos máis decisivos na obra final do poeta, as súas prácticas como piloto no paquebote Constantino Candieira, capitaneado por Augusto Lustres Rivas, onde concibiu o seu libro de poemas De catro a catro (1928), editado por Nós, na Coruña. No 1929 regresa a Rianxo gravemente enfermo de tuberculose, doenza da que xa non se recuperaría. 3.4.2. Obra de Manuel Antonio. O afán de orixinalidade é o que mellor caracteriza a poesía de Manuel Antonio. A diferenza dos homes de Nós, seus mestres iniciais, considerou que a arte popular era unha base desde a que partir, non un modelo a imitar. Mais tampouco quixo seguir mimeticamente ningún dos ismos coetáneos, senón que asimilou con criterio propio elementos dos mesmos, nomeadamente do Creacionismo. Na evolución poética de Manuel Antonio distínguense, comunmente, tres etapas: • De formación, anterior á xestación dun estilo vangardista, cun estilo próximo ao modernismo. • De ruptura vangardista, a partir dos poemas que envía en 1920 ao xornal A Nosa Terra e do seu primeiro poemario, Con anacos do meu IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 9
  • 11. interior. Aparecen certos aspectos de puntuación e de disposición tipográfica e o gusto polas imaxes orixinais. É un libro de transición cara ao vangardismo, sen temática definida, pero cun predominio constante da noite, a soidade, a inquedanza polo destino, polo descoñecido e o porvir. En Foulas, escrito entre 1922-1925, avanza na liña popular. Non ten unha temática homoxénea, malia a aparición de imaxineria mariñeira. Inclúe “Excelsior” e “Poemas do Faro. II”, dúas composicións experimentais caligramáticas de enorme orixinalidade, que rompen a orde normal da lectura e o verso. Sempre e máis dispois, con só 8 poemas, continúa a evolución vangardista que culmina con De catro a catro (1928), do que falaremos máis adiante por extenso. • De retroceso na audacia vangardista, pois no poemario inacabado Viladomar, de tan só 6 poemas, obsérvase un regreso á rima final, unha ausencia de experimentacións tipográficas, un retorno á lóxica do discurso etc. O que se mantén é o ton desesperanzado que xa predominaba na etapa anterior. De catro a catro (1928) é o único libro que publica en vida. Foi escrito durante a súa navegación no paquebote Constantino Candeira. Converteuse no libro máis significativo do vangardismo galego e máis concretamente do creacionismo. Este é un poemario de estrutura circular que ten por eixo unha viaxe marítima. Ábrese cun poema, "Intencións", que sinala o comezo da aventura, e remata coa volta a terra ("Adeus"). No medio da navegación, dous poemas ("Recalada" e "Navy Bar") supoñen a paréntese dunha escalada en terra. Son dezanove composicións que dan conta da viaxe marítima dun eu poético que vai da ilusión á saudade, pasando polas experiencias cotiás dunha aventura: Hai unha unidade temática esencial pola presenza permanente do mar. Proxecta nel as súas vivencias nun proceso de identificación. É un mar persoal. Máis que a realidade exterior IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 10 SAÍDA NAVEGACIÓN REGRESO Ilusión Aventura Saudade 1º poema 17 poemas Último poema “Intencións” “Adeus”
  • 12. interésalle a experiencia interior, concíbese como un espazo simbólico. O que o diferenza doutros textos de tema mariñeiro é o tratamento humanizado, desrealizado e, en oposición á teoría vangardista, fondamente sentido. O libro constitúe unha viaxe polo mar narrada en primeira persoa (máis en plural do que en singular) e inzada de terminoloxía náutica. Con todo, non interesa o espazo exterior na súa obxectividade. Os obxectos e os seres inanimados cobran vida, afastándose progresivamente do eu poético, quen vai sentindo a súa ausencia e o silencio para afundirse na soidade. É, pois, un navegar para atoparse a un mesmo só diante do mundo. O fluír temporal é un dos temas máis destacados. Maniféstase a través da sucesión dos elementos naturais do cosmos (o sol, a lúa, as estrelas, a noite, a alba) e a través dos elementos técnicos de medición (reloxo, almanaques, diarios, horas, cronometraxes). Así, esta captación do paso do tempo rexístrase fundamentalmente polo sentido da vista e do oído, ás veces superpostos en logradas imaxes. A concepción da existencia é contraditoria: o estatismo preside a navegación e, ao mesmo tempo, todo pasa. E ese adeus a todo, que provoca a saudade, únese á idea do naufraxio, presente en toda a obra. O naufraxio non constitúe un mero accidente da navegación, senón tamén unha vivencia íntima que simboliza o desarraigo existencial. Aínda sen se facer explícita, latexa a idea da morte. Por todo isto, da obra emana un ton triste, corroborado pola carga negativa da maioría dos adxectivos. O barco representa fisicamente o eu lírico: o barco é o home, o eu do poeta. É un dos eixes simbólicos do libro que podemos interpretar como imaxe da vida (e do claustro materno). O vento é outro símbolo ambivalente. A súa ausencia impide a aventura, pero o seu descontrol pode supoñer a morte. A súa forza podemos identificala coa forza do fado. A navegación polo mar é así a vida, fronte ao estatismo. Sen concesións ao sentimentalismo, son moi escasas as referencias ao EU, que continuamente se dilúe no NÓS. Mais no poema final ("Adeus") prodúcese a esgazadura, a liberación da tensión, o revelar da traxedia latexante ao longo do libro: é como a premonición da propia morte. IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 11
  • 13. Na forma, rompe case por completo cos esquemas métricos tradicionais (a rima, o ritmo, a división silábica tradicional …) e utiliza trazos marcadamente vangardistas: a disposición irregular dos versos, uso de espazos en branco, o humor, os símbolos, a xustaposición de imaxes, o mecanicismo ( radiograma, léxico propio do mar ou código morse…) IES Nosa Señora dos Ollos Grandes 12