Publicidad

Tecnoloxías da información e da comunicación

17 de Oct de 2013
Tecnoloxías da información e da comunicación
Próximo SlideShare
A educación na sociedadeA educación na sociedade
Cargando en ... 3
1 de 1
Publicidad

Más contenido relacionado

Publicidad

Tecnoloxías da información e da comunicación

  1. Tecnoloxías da información e da comunicación As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) son un conxunto de servizos, redes, software e dispositivos que teñen como fin a mellora da calidade de vida das persoas dentro dun contorno, e que se integran a un sistema de información interconectado e complementario. As Tecnoloxías da información e da comunicación (tic), son un só concepto en dúas vertentes diferentes como principal premisa de estudo nas ciencias sociais onde tales tecnoloxías afectan a forma de vivir das sociedades. O seu uso e abuso exhaustivo para denotar modernidade levou a visións totalmente erróneas da orixe do termo. A ciencia informática encárgase do estudo, desenvolvemento, implementación, almacenamento e distribución da información mediante a utilización de hardware e software como recursos dos sistemas informáticos. Mais do anterior non se encargan as tecnologías como tal. Como concepto sociolóxico e no informático, refírense a saberes necesarios que fan referencia á utilización de múltiples medios informáticos para almacenar, procesar e difundir todo tipo de información, telemática, etc. Con diferentes finalidades (formación educativa, organización e xestión empresarial, toma de decisións en xeral, etc.). Polo tanto non se trata do obxecto concreto, senón daqueles obxectos intanxibles para a ciencia social. Por exemplo democracia, e novas tecnoloxías da información e a comunicación (NTIC) son dous conceptos que viaxan nunha mesma dirección, mentres democracia é o espírito das NTIC son métodos, recursos, libertades que ofrecen transparencia ás xestións gubernamentais. As TIC na educación No curso 08/09 introduciuse como materia as TIC, nos cursos de 1º de Bacharelato nos institutos da comunidade galega. Esta asignatura baséase na ensinanza das novas tecnoloxías, abranguendo os campos de traballos cos diferentes programas informáticos así como aprendendo a realizar a súa instalación e a utilización destes. Os alumnos realizan unha serie de traballos cos programas estudados o que corresponde para a avaliación práctica da asignatura , esta materia non só é evaluada de forma práctica; contén un apartado de teoría seguindo uns temas relacionadas ca práctica que se realice. As clases son impartidas en aulas dotadas dun ordenador por alumno, e é imprescindible a conexión a Internet. Esta asignatura é unha forma de achegar a xuventude que non ten posibilidades de ter un ordenador nas súas casas, ás novas tecnoloxías. Non só permite a aprendizaxe de programas básicos se non a posibilidade de coñecer as diferentes redes sociais e a cantidades de opcións e programas que existen en Internet. Cada vez a tecnoloxía forma parte dun papel moi importante na sociedade actual. Nalgunhas escolas xa se está implantando os ordenadores como forma para impartir as clases, e os libros pasarán a ser electrónicos, isto implica unha necesidade de saber empregar os sistemas informáticos, con materias como as TIC fai posible esta mellora na educación.
Publicidad