SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 7
Descargar para leer sin conexión
APRENDO A ...

ANALIZAR UNHA ESCULTURA.

PAUTAS PARA A ANÁLISE DUNHA ESCULTURA.

  1. Descripción: aspectos técnicos.
     1.1. Tipo de escultura.
     As esculturas son exentas (tamén chamadas de vulto redondo), cando poden ser
     contempladas desde todos os ángulos, ou relevos, cando están realizadas sobre
     unha superfice plana (friso, frontón, chapitel, columna , tímpano ...), de forma
     que as figuras sobresaen (se sobresaen moito, falamos de altorrelevo, se o fan
     pouco, baixorrelevo).

     1.2. Material e técnica.
     Poden empregarse materiais moi diversos: madeira, pedra, metal, etc. En
     canto á técnica, cada material trabállase dunha forma diferente. A madeira
     tállase, polo tanto, será tallado; o barro, modelado; a pedra ou o mármore,
     esculpido; o bronce, fundido ...

     1.3. Acabado e policromía.
     A escultura pode presentar unha superfice lisa ou rugosa. Tamén nos pode
     proporcionar sensación de blandura ou de dureza (mórbido ou terso). Ademais,
     pode estar policromada ou non.

     1.4. Forma.
     A obra pode ser figurativa ou abstracta. Se é figurativa pode ser naturalista,
     e estar representada con detalle ou de forma esquemática. Pode ser realista se
     nos transmite a sensación de que é moi fiel ao que se representa, ou ben,
     idealizada cando o representado ou retratado está idealizado nos seus rasgos.
     Así, por exemplo, a escultura grega representa un ideal de beleza, mentres
     que os retratos romanos tenden a ser realistas.

     1.5. Volume.
     A escultura é trimensional, e por isto comporta un volume. Sen embargo, o
     volume nun relevo vese reducido suxección ao marco arquitectónico. Os relevos
     non crean espazo arredor, co que non presenta máis que un só punto de vista
     cara ao espectador (frontalidade). Pero tamén atopamos frontalidade nas
     esculturas monumentais exipcias. Pola contra, podemos atopar esculturas que
     ofrecen multiplicidade de puntos de vista e potencian a súa volumetría. Tamén
     pode mostar o espazo interno, ocos. O vacío, o oco, é valorado e forma parte
     da escultura.
No relevo tamén podemos atender á creación de profundidade espacial a
   través da perspectiva. Na arte romana vémolo na Ara Pacis, podemos falar un
   relevo pictórcio porque a través de diferentes planos suxírese a idea de espazo.
   Donatello lógrao a través do schiacciato.

   1.6. Composición e movemento.
   A composición é a distribución dos volumes da figura ou das diferentes figuras.
   Poden ser simétricas ou asimétricas. Pechadas (a escultura recóllese sobre si
   mesma) ou abertas (ábrese cara o exterior, potenciando desta forma o
   movemento). Composición en diagonal, piramidal ...
   As figuras poden aparecer en repouso ou en movemento. Poden parecernos
   hieráticas e ríxidas como as esculturas dos faraóns exipcios (con total
   ausencia de movemento e moi ríxidas na súa postura) ou, no lado oposto,
   dinámicas (moitas veces empréganse composicións en diagonal para potenciar a
   idea de dinamismo, ou ben, composicións helicoidais na que o torso xira e o
   corpo parece trazar unha espiral sobre si mesmo). Unha solución moi usada no
   Renacemento é o contraposto: que ver a oposición harmónica das diversas
   partes do corpo humano, unha delas en movemento ou en tensión, e a súa
   simétrica en repouso. Na arte contemporánea tamén atopamos o movemento
   real na escultura coa arte cinética.

2. Comentario: aspectos sociais e históricos.
   2.1. Identificación.
   Hai que intentar descubrir o nome da escultura, o seu autor e a época á que
   pertence.

   2.2. Tema e características.
   Temos que describir o tema que se representa (retrato, tema relixioso,
   mitolóxico, alegoría, ...), o número de figuras que aparecen e cal é a súa
   actitude (se están de pé, sentadas, escuestres -a cabalo-, falando entre si,
   orante, xacente, ...). Podemos falar da anatomía, das proporcións (creación dun
   canon de proporcións, seguindo unha relación matemática) ou ben, distorsión
   das figuras (alargamento, ...), das roupas, os plegues.

   2.3. Contexto histórico.
   Para rematar, debemos relacionar a obra co momento en que se crea. Os
   adornos, o tema representado, etc., pódennos proporcionar información sobre o
   momento histórico ao que pertence a obra. Neste apartado podemos falar non
   só do contexto histórico meramente dito, senón tamén do social e da valoración
   do artista naquela época.
ANÁLISE DUNHA OBRA: O DAVID DE DONATELLO.

  1. Descripción: aspectos técnicos.
     É unha estatua de vulto redondo, concebida para ser contemplada desde
     múltiples puntos de vista. Está realizada en bronce. A técnica empregada foi a
     fundición. O bronce ao igual que o mármore foron os materias máis empregados
     no Renacemento, imitando ás esculturas gregas. O acabado pulimentado no
     corpo de David resalta a súa anatomía e sensualidade. O traballo de cincelado
     resalta a decoración da armamenta de Goliat. Non vai policromado.
     É unha obra figurativa, David está representado seguindo un ideal de beleza,
     mentres a cabeza de Goliat recréase con realismo.
     A figura está en repouso pero non é unha composición hierática e ríxida. A
     composición está moi estudada. Aparece a solución clásica do contraposto. A
     perna dereita soporta o peso do corpo livián, mentres a esquerda descansa
     sobre a cabeza do derrotado xigante, Goliat. Á perna en descanso
     contrapónselle o brazo esquerdo que o rapaz apoia na cadeira. Nesta
     basculación da cadeira discernimos a curva praxiteliana empregada por
     Praxíteles na século IV a.C (Escultura grega). Dálle sensualidade á anatomía do
     pastor. Así e todo, a espada que sostén na man dereita coa que acaba de cortar
     a cabeza de Goliat, a pedra que garda na outra man e a ollada satisfeita,
     reflexiva e complacente dan idea da súa coraxe e valentía.
     A figura segue un canon de proporcións. A harmonía, a medida, a orde, a
     proporción volven a ser fundamentais na escultura, ao igual que o foran na
     escultura clásica.
     O tema é un tema bíblico, Goliat, un xigante da cidade filistea de Gat, desafiou
     aos israelitas a que enviasen o seu representante para loitar contra el; o
     resultado da pelexa decidiría a victoria no enfrontamento entre ambos os dous
     pobos. David, un pastor de Belén, ofreceuse a representar aos israelitas. David
     matou ao seu adversario lanzando unha pedra e despois cortoulle a cabeza.
     O David de Donatello vai más alá dunha simple escenificación do relato bíblico.
     Para interpretar correctamente esta escultura, hai que decatarse da presencia
     do sombreiro florentino e o helmo con visor e ás de Goliat, un claro referente
     aos duques de Milán, que reiteradamente amezaron e fustrigaron á cidade de
     Florencia. Así pois, a capital toscana encárnase David e Milán, en Goliat.



  2. Comentario: aspectos sociais e históricos.
     A obra é o David de Donatello. Donato di Niccolò di Betto Bardi, coñecido como
     Donatello, é un dos escultores máis importantes do Quattrocento italiano.O
     Quattrocento foi a etapa de indagación e experimentación da nova linguaxe
     artística e tivo en Florencia o seu foco máis importante.
     Donatello aprendeu a técnica da escultura en bronce traballando ás ordes de
     Ghiberti nas portas do baptisterio de Florencia. Colaborou con Brunelleschi, con
quen foi a Roma para estudar os monumentos da Antigüedade clásica. O David é
unha das esculturas máis importantes do primeiro Renacemento. Por unha
banda, é a primeira vez desde a Antigüidade que un escultor se atreve a crear
un espido tridimensional de tamaño natural e, por outra, é o inicio da lita do
artista para liberarse do marco arquitectónico e das súas limitacións. Foi
realizado entre 1444-1446. Estivo situado no patio do Palazzo Médici-Ricardi en
tempos de Cosme de Médici.
A obra é un dos fitos máis importantes na escultura do primeiro Renacemento.
O Renacemento é un movemento artístico que aparece en Italia a comezos do
século XV e se prolonga ata finais do século XVI. O contexto histórico, político
e social no que se encadra vén marcado por unha organización política en
cidades-estados. Italia non era un Estado unificado politicamente, senón un
conxunto de territorios independentes, que en moitos casos se organziaban
como cidades-estado, cunha vida urbana moi activa. Tal era o caso de Florencia
baixo o goberno dos Médicis, ou Milán baixo o control dos Visconti ou dos
Sforza. En Italia mantíñase viva a tradición da Antigüidade clásica. O recordo
do esplendor da antiga Roma, e os numerosos restos materiais conservados dela
por todas partes, mantivo sempre viva a memoria dun pasado digno de
admiración que se pretendía superar e, incluso, superar.
Ao longo da Baixa Idade Media moitas cidades italianas experimentaron un
espectacular crecemento económico, basado na industria e a súa actividade
como intermediarios comerciais no Mediterráneo. Emerxeu así unha poderosa e
rica burguesía mercantil que pronto se convertiría, como no caso dos Médicis,
en grandes mecenas da arte e da cultura. Tamén, a nova mentalidade humanista
foi   determinante.      Fronte   ao   teocentrismo      medieval  rexurde     o
antropocentrismo. O home, como na Antigüedade clásica, converteuse na
medida de todas as cousas (interés pola figura humana, edificios a escala
humana, confianza na razón humana e na experimentación como fonte de
coñecemento). Isto non implicaba un rexeitamento do relixioso, senón unha
revalorización da razón humana fronte o teocentrismo medieval. Neste sentido,
tamén se tentou conciliar o pensamento antigo co cristianismo. Os mitos pagáns
e a filosofía antiga, segundo a nova mentalidade non tiñan por que oporse ao
espíritu cristiá, senón que o podían complementar perfectamente. Por exemplo,
Platón buscaba a perfección moral do home igual que a relixión cristiá. Con este
ánimo, fundouse en Florencia a Academia Neoplatónica, cuxo prpoósito final era
precisamente a conciliación do pensamento platónico e o cristianismo. Así,
podemos comprender mellor esta escultura. Recupéranse os modelos clásicos.
Os nús empregados nas esculturas clásicas para representar aos deuses e
deusas gregos, pasa a ser empregado nun heroe bíblico. Os referentes formais
a Praxíteles son claros, tal e como fixemos referencia no comentario da obra.
Por outra parte, aspirábase a acadar a beleza formal, en contraposición coa
tradición medieval, supeditada á mensaxe relixiosa.
En canto aos artistas e clientes tamén se producen cambios con respecto á
época medieval. Á tradicional nobreza e o clero incorporouse tamén a rica
burguesía das cidades italianas. Estendeuse a práctica do mecenazgo. A
imitación de Mecenas, amigo do emperador Augusto, moitos príncipes, nobres e
burgueses desta época adicaron, por un afán de prestixio persoal (a arte e a
cultura outorgaban pretixio aos seus promotores), un gran esforzo ao fomento
da arte e da cultura, mantendo nos seus círculos aos máis afamados artistas e
intelectuais e financiando as súas obras. Neste sentido destacaron os Médicis,
que gobernaron en Florencia durante o século XV. En canto aos artistas,
loitaron por diferenciarse socialmente dos artesáns, cos que tradicionalmentes
eran identificados. Ata entón, considerárase as artes plásticas (arquitectura,
pintura e escultura) como artes mecánicas, xa que implicaban un traballo
manual, que se consideraba pouco digno; en cambio, si goazaban de prestixio as
artes liberais, que integraban o programa de estudos medievais: o trivium
(Gramática, Dialéctica e Retórica) e quadrivium (Xeometría, Aritmética,
Astronomía e Música). Os artistas do Renacemento reivindicaron a natureza
intelectual da súa arte e isto explica en parte a abundancia de tratados sobre
teoría artística que se escribiron, demostrando así a necesidade de
coñecementos matemáticos e científicos de todo tipo para a realización da obra
arte. Finalmente, foron acandando o seu obxectivo, polo que o Renacemento
marca o comezo do ascenso individual do artista na sociedade.
Aprendo a comentar unha escultura
Aprendo a comentar unha escultura

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Trabajo renacimiento
Trabajo renacimientoTrabajo renacimiento
Trabajo renacimiento
rosalfer1
 
Comentario do Apoxiomeno de Lisipo
Comentario do Apoxiomeno de LisipoComentario do Apoxiomeno de Lisipo
Comentario do Apoxiomeno de Lisipo
Jorgeccalle
 

La actualidad más candente (20)

Escultura e pintura barroca
Escultura e pintura barrocaEscultura e pintura barroca
Escultura e pintura barroca
 
O Concepto De Arte Na Historia E A Introducción A Linguaxe
O Concepto De Arte Na Historia E A Introducción A LinguaxeO Concepto De Arte Na Historia E A Introducción A Linguaxe
O Concepto De Arte Na Historia E A Introducción A Linguaxe
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
 
Renacimiento General + Quattrocento
Renacimiento General + QuattrocentoRenacimiento General + Quattrocento
Renacimiento General + Quattrocento
 
Arte primeira metade século XX
Arte primeira metade século XXArte primeira metade século XX
Arte primeira metade século XX
 
Escultura Gótica
Escultura GóticaEscultura Gótica
Escultura Gótica
 
Arquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaArquitectura renacentista
Arquitectura renacentista
 
Trabajo renacimiento
Trabajo renacimientoTrabajo renacimiento
Trabajo renacimiento
 
A arte do renacemento
A arte do renacementoA arte do renacemento
A arte do renacemento
 
Realismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismoRealismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismo
 
Artes figurativas góticas
Artes figurativas góticasArtes figurativas góticas
Artes figurativas góticas
 
Arte renacentista
Arte renacentistaArte renacentista
Arte renacentista
 
Arte despois da segunda guerra mundial
Arte despois da segunda guerra mundialArte despois da segunda guerra mundial
Arte despois da segunda guerra mundial
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
 
Escultura renacemento
Escultura renacementoEscultura renacemento
Escultura renacemento
 
Arquitectura gótica
Arquitectura góticaArquitectura gótica
Arquitectura gótica
 
Escultura renacemento
Escultura renacementoEscultura renacemento
Escultura renacemento
 
Arte barroca
Arte barrocaArte barroca
Arte barroca
 
Pintura renacemento
Pintura renacementoPintura renacemento
Pintura renacemento
 
Comentario do Apoxiomeno de Lisipo
Comentario do Apoxiomeno de LisipoComentario do Apoxiomeno de Lisipo
Comentario do Apoxiomeno de Lisipo
 

Destacado

Indigenous view to wholistic medicine
Indigenous view to wholistic medicine Indigenous view to wholistic medicine
Indigenous view to wholistic medicine
Amanda Sgrigs
 
Amy Bundy webquest
Amy Bundy webquestAmy Bundy webquest
Amy Bundy webquest
Amy Bundy
 
Internet marketing
Internet marketingInternet marketing
Internet marketing
cicloturismo
 
Bentuk & Jenis Perniagaan
Bentuk & Jenis PerniagaanBentuk & Jenis Perniagaan
Bentuk & Jenis Perniagaan
chioldschool
 
(Organización de actividades físicas en el medio natural)
(Organización de actividades físicas en el medio natural)(Organización de actividades físicas en el medio natural)
(Organización de actividades físicas en el medio natural)
cicloturismo
 
Slide Presentation
Slide PresentationSlide Presentation
Slide Presentation
chioldschool
 
CARA JUALAN MASA KINI
CARA JUALAN MASA KINICARA JUALAN MASA KINI
CARA JUALAN MASA KINI
chioldschool
 

Destacado (15)

Indigenous view to wholistic medicine
Indigenous view to wholistic medicine Indigenous view to wholistic medicine
Indigenous view to wholistic medicine
 
태블릿 Pc
태블릿 Pc태블릿 Pc
태블릿 Pc
 
Amy Bundy webquest
Amy Bundy webquestAmy Bundy webquest
Amy Bundy webquest
 
Internet marketing
Internet marketingInternet marketing
Internet marketing
 
Cloud
CloudCloud
Cloud
 
Bentuk & Jenis Perniagaan
Bentuk & Jenis PerniagaanBentuk & Jenis Perniagaan
Bentuk & Jenis Perniagaan
 
26 maart 2013, Leuven. Planning in uitvoering. Fortengordels Antwerpen
26 maart 2013, Leuven. Planning in uitvoering. Fortengordels Antwerpen26 maart 2013, Leuven. Planning in uitvoering. Fortengordels Antwerpen
26 maart 2013, Leuven. Planning in uitvoering. Fortengordels Antwerpen
 
(Organización de actividades físicas en el medio natural)
(Organización de actividades físicas en el medio natural)(Organización de actividades físicas en el medio natural)
(Organización de actividades físicas en el medio natural)
 
How to create a resume
How to create a resumeHow to create a resume
How to create a resume
 
Inleiding Wegontwerp les 2
Inleiding Wegontwerp les 2Inleiding Wegontwerp les 2
Inleiding Wegontwerp les 2
 
Inleiding Wegontwerp les 4
Inleiding Wegontwerp les 4Inleiding Wegontwerp les 4
Inleiding Wegontwerp les 4
 
Inleiding Wegontwerp les 6
Inleiding Wegontwerp les 6Inleiding Wegontwerp les 6
Inleiding Wegontwerp les 6
 
Slide Presentation
Slide PresentationSlide Presentation
Slide Presentation
 
CARA JUALAN MASA KINI
CARA JUALAN MASA KINICARA JUALAN MASA KINI
CARA JUALAN MASA KINI
 
Introduce
IntroduceIntroduce
Introduce
 

Similar a Aprendo a comentar unha escultura

Escultura quatrocentto
Escultura quatrocenttoEscultura quatrocentto
Escultura quatrocentto
masinisa
 
U N I D A D E 8 Pintura gótica: Giotto E Van Eyck1
U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1
U N I D A D E 8 Pintura gótica: Giotto E Van Eyck1
camposseijo
 
Arte renacentista español
Arte renacentista españolArte renacentista español
Arte renacentista español
icoico1
 
QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio
 QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio
QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio
Jorgeccalle
 

Similar a Aprendo a comentar unha escultura (20)

Escultura quatrocentto
Escultura quatrocenttoEscultura quatrocentto
Escultura quatrocentto
 
A escultura renacentista: o Quattrocento
A escultura renacentista: o QuattrocentoA escultura renacentista: o Quattrocento
A escultura renacentista: o Quattrocento
 
Unidade 10 Cinquecento
Unidade 10 CinquecentoUnidade 10 Cinquecento
Unidade 10 Cinquecento
 
A escultura renacentista no Cinquecento: a obra de Miguel Anxo
A escultura renacentista no Cinquecento: a obra de Miguel AnxoA escultura renacentista no Cinquecento: a obra de Miguel Anxo
A escultura renacentista no Cinquecento: a obra de Miguel Anxo
 
Tema 8, parte iii renacemento
Tema 8, parte iii renacementoTema 8, parte iii renacemento
Tema 8, parte iii renacemento
 
U N I D A D E 8 Pintura gótica: Giotto E Van Eyck1
U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1U N I D A D E 8  Pintura gótica: Giotto E  Van  Eyck1
U N I D A D E 8 Pintura gótica: Giotto E Van Eyck1
 
Estética e filosofía da arte
Estética e filosofía da arteEstética e filosofía da arte
Estética e filosofía da arte
 
O renacemento
O renacementoO renacemento
O renacemento
 
As portas do inferno e O pensador de Rodin
As portas do inferno e O pensador de RodinAs portas do inferno e O pensador de Rodin
As portas do inferno e O pensador de Rodin
 
O Renacemento
O RenacementoO Renacemento
O Renacemento
 
A escultura na Grecia clásica
A escultura na Grecia clásicaA escultura na Grecia clásica
A escultura na Grecia clásica
 
Arte do Renacemento
Arte do RenacementoArte do Renacemento
Arte do Renacemento
 
A pintura gótica
A pintura góticaA pintura gótica
A pintura gótica
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticas
 
Aimaxe
AimaxeAimaxe
Aimaxe
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
 
A imaxe
A imaxeA imaxe
A imaxe
 
Arte renacentista español
Arte renacentista españolArte renacentista español
Arte renacentista español
 
QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio
 QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio
QUATTROCENTO Brunelleschi, Donatello e Masaccio
 
04 a cultura e a arte na idade media
04 a cultura e a arte na idade media04 a cultura e a arte na idade media
04 a cultura e a arte na idade media
 

Más de Iria Martínez (7)

Renacemento
RenacementoRenacemento
Renacemento
 
ARTE ROMÁNICA
ARTE ROMÁNICA ARTE ROMÁNICA
ARTE ROMÁNICA
 
Arquit. barroca finalizado
Arquit. barroca finalizadoArquit. barroca finalizado
Arquit. barroca finalizado
 
Nacionalismos e rexionalismos
Nacionalismos e rexionalismosNacionalismos e rexionalismos
Nacionalismos e rexionalismos
 
Arte grego clásico
Arte grego clásicoArte grego clásico
Arte grego clásico
 
2º eso obras barroco
2º eso obras barroco2º eso obras barroco
2º eso obras barroco
 
Renacimiento
RenacimientoRenacimiento
Renacimiento
 

Aprendo a comentar unha escultura

  • 1. APRENDO A ... ANALIZAR UNHA ESCULTURA. PAUTAS PARA A ANÁLISE DUNHA ESCULTURA. 1. Descripción: aspectos técnicos. 1.1. Tipo de escultura. As esculturas son exentas (tamén chamadas de vulto redondo), cando poden ser contempladas desde todos os ángulos, ou relevos, cando están realizadas sobre unha superfice plana (friso, frontón, chapitel, columna , tímpano ...), de forma que as figuras sobresaen (se sobresaen moito, falamos de altorrelevo, se o fan pouco, baixorrelevo). 1.2. Material e técnica. Poden empregarse materiais moi diversos: madeira, pedra, metal, etc. En canto á técnica, cada material trabállase dunha forma diferente. A madeira tállase, polo tanto, será tallado; o barro, modelado; a pedra ou o mármore, esculpido; o bronce, fundido ... 1.3. Acabado e policromía. A escultura pode presentar unha superfice lisa ou rugosa. Tamén nos pode proporcionar sensación de blandura ou de dureza (mórbido ou terso). Ademais, pode estar policromada ou non. 1.4. Forma. A obra pode ser figurativa ou abstracta. Se é figurativa pode ser naturalista, e estar representada con detalle ou de forma esquemática. Pode ser realista se nos transmite a sensación de que é moi fiel ao que se representa, ou ben, idealizada cando o representado ou retratado está idealizado nos seus rasgos. Así, por exemplo, a escultura grega representa un ideal de beleza, mentres que os retratos romanos tenden a ser realistas. 1.5. Volume. A escultura é trimensional, e por isto comporta un volume. Sen embargo, o volume nun relevo vese reducido suxección ao marco arquitectónico. Os relevos non crean espazo arredor, co que non presenta máis que un só punto de vista cara ao espectador (frontalidade). Pero tamén atopamos frontalidade nas esculturas monumentais exipcias. Pola contra, podemos atopar esculturas que ofrecen multiplicidade de puntos de vista e potencian a súa volumetría. Tamén pode mostar o espazo interno, ocos. O vacío, o oco, é valorado e forma parte da escultura.
  • 2. No relevo tamén podemos atender á creación de profundidade espacial a través da perspectiva. Na arte romana vémolo na Ara Pacis, podemos falar un relevo pictórcio porque a través de diferentes planos suxírese a idea de espazo. Donatello lógrao a través do schiacciato. 1.6. Composición e movemento. A composición é a distribución dos volumes da figura ou das diferentes figuras. Poden ser simétricas ou asimétricas. Pechadas (a escultura recóllese sobre si mesma) ou abertas (ábrese cara o exterior, potenciando desta forma o movemento). Composición en diagonal, piramidal ... As figuras poden aparecer en repouso ou en movemento. Poden parecernos hieráticas e ríxidas como as esculturas dos faraóns exipcios (con total ausencia de movemento e moi ríxidas na súa postura) ou, no lado oposto, dinámicas (moitas veces empréganse composicións en diagonal para potenciar a idea de dinamismo, ou ben, composicións helicoidais na que o torso xira e o corpo parece trazar unha espiral sobre si mesmo). Unha solución moi usada no Renacemento é o contraposto: que ver a oposición harmónica das diversas partes do corpo humano, unha delas en movemento ou en tensión, e a súa simétrica en repouso. Na arte contemporánea tamén atopamos o movemento real na escultura coa arte cinética. 2. Comentario: aspectos sociais e históricos. 2.1. Identificación. Hai que intentar descubrir o nome da escultura, o seu autor e a época á que pertence. 2.2. Tema e características. Temos que describir o tema que se representa (retrato, tema relixioso, mitolóxico, alegoría, ...), o número de figuras que aparecen e cal é a súa actitude (se están de pé, sentadas, escuestres -a cabalo-, falando entre si, orante, xacente, ...). Podemos falar da anatomía, das proporcións (creación dun canon de proporcións, seguindo unha relación matemática) ou ben, distorsión das figuras (alargamento, ...), das roupas, os plegues. 2.3. Contexto histórico. Para rematar, debemos relacionar a obra co momento en que se crea. Os adornos, o tema representado, etc., pódennos proporcionar información sobre o momento histórico ao que pertence a obra. Neste apartado podemos falar non só do contexto histórico meramente dito, senón tamén do social e da valoración do artista naquela época.
  • 3. ANÁLISE DUNHA OBRA: O DAVID DE DONATELLO. 1. Descripción: aspectos técnicos. É unha estatua de vulto redondo, concebida para ser contemplada desde múltiples puntos de vista. Está realizada en bronce. A técnica empregada foi a fundición. O bronce ao igual que o mármore foron os materias máis empregados no Renacemento, imitando ás esculturas gregas. O acabado pulimentado no corpo de David resalta a súa anatomía e sensualidade. O traballo de cincelado resalta a decoración da armamenta de Goliat. Non vai policromado. É unha obra figurativa, David está representado seguindo un ideal de beleza, mentres a cabeza de Goliat recréase con realismo. A figura está en repouso pero non é unha composición hierática e ríxida. A composición está moi estudada. Aparece a solución clásica do contraposto. A perna dereita soporta o peso do corpo livián, mentres a esquerda descansa sobre a cabeza do derrotado xigante, Goliat. Á perna en descanso contrapónselle o brazo esquerdo que o rapaz apoia na cadeira. Nesta basculación da cadeira discernimos a curva praxiteliana empregada por Praxíteles na século IV a.C (Escultura grega). Dálle sensualidade á anatomía do pastor. Así e todo, a espada que sostén na man dereita coa que acaba de cortar a cabeza de Goliat, a pedra que garda na outra man e a ollada satisfeita, reflexiva e complacente dan idea da súa coraxe e valentía. A figura segue un canon de proporcións. A harmonía, a medida, a orde, a proporción volven a ser fundamentais na escultura, ao igual que o foran na escultura clásica. O tema é un tema bíblico, Goliat, un xigante da cidade filistea de Gat, desafiou aos israelitas a que enviasen o seu representante para loitar contra el; o resultado da pelexa decidiría a victoria no enfrontamento entre ambos os dous pobos. David, un pastor de Belén, ofreceuse a representar aos israelitas. David matou ao seu adversario lanzando unha pedra e despois cortoulle a cabeza. O David de Donatello vai más alá dunha simple escenificación do relato bíblico. Para interpretar correctamente esta escultura, hai que decatarse da presencia do sombreiro florentino e o helmo con visor e ás de Goliat, un claro referente aos duques de Milán, que reiteradamente amezaron e fustrigaron á cidade de Florencia. Así pois, a capital toscana encárnase David e Milán, en Goliat. 2. Comentario: aspectos sociais e históricos. A obra é o David de Donatello. Donato di Niccolò di Betto Bardi, coñecido como Donatello, é un dos escultores máis importantes do Quattrocento italiano.O Quattrocento foi a etapa de indagación e experimentación da nova linguaxe artística e tivo en Florencia o seu foco máis importante. Donatello aprendeu a técnica da escultura en bronce traballando ás ordes de Ghiberti nas portas do baptisterio de Florencia. Colaborou con Brunelleschi, con
  • 4. quen foi a Roma para estudar os monumentos da Antigüedade clásica. O David é unha das esculturas máis importantes do primeiro Renacemento. Por unha banda, é a primeira vez desde a Antigüidade que un escultor se atreve a crear un espido tridimensional de tamaño natural e, por outra, é o inicio da lita do artista para liberarse do marco arquitectónico e das súas limitacións. Foi realizado entre 1444-1446. Estivo situado no patio do Palazzo Médici-Ricardi en tempos de Cosme de Médici. A obra é un dos fitos máis importantes na escultura do primeiro Renacemento. O Renacemento é un movemento artístico que aparece en Italia a comezos do século XV e se prolonga ata finais do século XVI. O contexto histórico, político e social no que se encadra vén marcado por unha organización política en cidades-estados. Italia non era un Estado unificado politicamente, senón un conxunto de territorios independentes, que en moitos casos se organziaban como cidades-estado, cunha vida urbana moi activa. Tal era o caso de Florencia baixo o goberno dos Médicis, ou Milán baixo o control dos Visconti ou dos Sforza. En Italia mantíñase viva a tradición da Antigüidade clásica. O recordo do esplendor da antiga Roma, e os numerosos restos materiais conservados dela por todas partes, mantivo sempre viva a memoria dun pasado digno de admiración que se pretendía superar e, incluso, superar. Ao longo da Baixa Idade Media moitas cidades italianas experimentaron un espectacular crecemento económico, basado na industria e a súa actividade como intermediarios comerciais no Mediterráneo. Emerxeu así unha poderosa e rica burguesía mercantil que pronto se convertiría, como no caso dos Médicis, en grandes mecenas da arte e da cultura. Tamén, a nova mentalidade humanista foi determinante. Fronte ao teocentrismo medieval rexurde o antropocentrismo. O home, como na Antigüedade clásica, converteuse na medida de todas as cousas (interés pola figura humana, edificios a escala humana, confianza na razón humana e na experimentación como fonte de coñecemento). Isto non implicaba un rexeitamento do relixioso, senón unha revalorización da razón humana fronte o teocentrismo medieval. Neste sentido, tamén se tentou conciliar o pensamento antigo co cristianismo. Os mitos pagáns e a filosofía antiga, segundo a nova mentalidade non tiñan por que oporse ao espíritu cristiá, senón que o podían complementar perfectamente. Por exemplo, Platón buscaba a perfección moral do home igual que a relixión cristiá. Con este ánimo, fundouse en Florencia a Academia Neoplatónica, cuxo prpoósito final era precisamente a conciliación do pensamento platónico e o cristianismo. Así, podemos comprender mellor esta escultura. Recupéranse os modelos clásicos. Os nús empregados nas esculturas clásicas para representar aos deuses e deusas gregos, pasa a ser empregado nun heroe bíblico. Os referentes formais a Praxíteles son claros, tal e como fixemos referencia no comentario da obra. Por outra parte, aspirábase a acadar a beleza formal, en contraposición coa tradición medieval, supeditada á mensaxe relixiosa.
  • 5. En canto aos artistas e clientes tamén se producen cambios con respecto á época medieval. Á tradicional nobreza e o clero incorporouse tamén a rica burguesía das cidades italianas. Estendeuse a práctica do mecenazgo. A imitación de Mecenas, amigo do emperador Augusto, moitos príncipes, nobres e burgueses desta época adicaron, por un afán de prestixio persoal (a arte e a cultura outorgaban pretixio aos seus promotores), un gran esforzo ao fomento da arte e da cultura, mantendo nos seus círculos aos máis afamados artistas e intelectuais e financiando as súas obras. Neste sentido destacaron os Médicis, que gobernaron en Florencia durante o século XV. En canto aos artistas, loitaron por diferenciarse socialmente dos artesáns, cos que tradicionalmentes eran identificados. Ata entón, considerárase as artes plásticas (arquitectura, pintura e escultura) como artes mecánicas, xa que implicaban un traballo manual, que se consideraba pouco digno; en cambio, si goazaban de prestixio as artes liberais, que integraban o programa de estudos medievais: o trivium (Gramática, Dialéctica e Retórica) e quadrivium (Xeometría, Aritmética, Astronomía e Música). Os artistas do Renacemento reivindicaron a natureza intelectual da súa arte e isto explica en parte a abundancia de tratados sobre teoría artística que se escribiron, demostrando así a necesidade de coñecementos matemáticos e científicos de todo tipo para a realización da obra arte. Finalmente, foron acandando o seu obxectivo, polo que o Renacemento marca o comezo do ascenso individual do artista na sociedade.