SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 14
José Antonio Pagola
                                                         6 de xaneiro de 2013
Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS                       Epifanía do Señor (C)
Esperta a fe nun Deus encarnado. Pásao.                          Mateu 2, 1-12


Música: Bach. Oratorio de Nadal.
Present.:B.Areskurrinaga HC
Euskaraz: D. Amundarain
Ante Xesús pódense adoptar actitudes
               moi diferentes.
O relato dos Magos fálanos da reacción de
          tres grupos de persoas.


              Uns pagáns que o buscan,
                guiados pola pequena luz
                dunha estrela.


                Os representantes da relixión
                do Templo, que permanecen
                        indiferentes.


   O poderoso rei Herodes que só ve nel un perigo.
Os Magos non pertencen ao pobo elixido.
   Non coñecen o Deus vivo de Israel.
    Nada sabemos da sú relixión nin
         do seu pobo de orixe.
    Só que viven atentos ao misterio
       que se encerra no cosmos.
     O seu corazón busca a verdade.
Nalgún momento cren
ver unha pequena luz
que apunta cara a un
      Salvador.
Necesitan saber quen
   é e onde está.
Rapidamente póñense en camiño.
 Non coñecen o itinerario preciso
  que han de seguir, pero no seu
   interior arde a esperanza de
encontrar unha Luz para o mundo.
A súa chegada á cidade santa de Xerusalén provoca o
                  sobresalto xeral.
 Convocado por Herodes, reúnese o gran Consello dos
     "sumos sacerdotes e os escribas do pobo".
         A súa actuación é decepcionante.
Son os gardiáns da
verdadeira relixión, pero
 non buscan a verdade.
 Representan o Deus do
      Templo, pero
   viven xordos á súa
        chamada.
A súa seguridade relixiosa cégaos.
         Coñecen onde ha de nacer o Mesías, pero
            ningún deles se achegará a Belén.
Dedícanse a dar culto a Deus, pero non sospeitan que o seu
misterio é máis grande que todas as relixións, e ten os seus
 camiños para encontrarse con todos os seus fillos e fillas.
                Nunca recoñecerán a Xesús.
O rei Herodes, poderoso
 e brutal, só ve en Xesús
unha ameaza para o seu
poder e a súa crueldade.
Fará todo o posible para
        eliminalo.
Desde o poder opresor só
   se pode "crucificar"
  a quen trae liberación.
Mentres tanto, os Magos proseguen
                     a súa busca.
              Non caen de xeonllos ante
                       Herodes:
           Non encontran nel nada digno de
                      adoración.




    Non entran no Templo grandioso de
   Xerusalén: teñen prohibido o acceso:
  a pequena luz da estrela atráeos cara á
pequena vila de Belén, lonxe de todo centro
                 de poder.
Ao chegar, o único que ven é o
        "neno con María, súa nai".
Nada máis. Un neno sen esplendor nin poder
                   ningún.
  Unha vida fráxil que necesita o coidado
                 dunha nai.
         É suficiente para espertar
          nos Magos a adoración.
O relato é desconcertante.
 A este Deus, escondido na fraxilidade
humana, non o encontran os que viven
instalados no poder ou encerrados na
         seguridade relixiosa.
Revélaselles aos que,
      guiados por
   pequenas luces,
        buscan
  incansablemente
unha esperanza para
   o ser humano na
 tenrura e a pobreza
        da vida.
RELATO DESCONCERTANTE
 
              Ante Xesús pódense adoptar actitudes moi diferentes. O relato dos Magos fálanos da reacción de tres
grupos de persoas. Uns pagáns que o buscan, guiados pola pequena luz dunha estrela. Os representantes da
relixión do Templo, que permanecen indiferentes. O poderoso rei Herodes que só ve nel un perigo.
              Os Magos non pertencen ao pobo elixido. Non coñecen o Deus vivo de Israel. Nada sabemos da súa
relixión nin do seu pobo de orixe. Só que viven atentos ao misterio que se encerra no cosmos. O seu corazón busca
a verdade.
              Nalgún momento cren ver unha pequena luz que apunta cara a un Salvador. Necesitan saber quen é e
onde está. Rapidamente póñense en camiño. Non coñecen o itinerario preciso que han de seguir, pero no seu
interior arde a esperanza de encontrar unha Luz para o mundo.
              A súa chegada á cidade santa de Xerusalén provoca o sobresalto xeral. Convocado por Herodes,
reúnese o gran Consello dos “sumos sacerdotes e os escribas do pobo". A súa actuación é decepcionante. Son os
gardiáns da verdadeira relixión, pero non buscan a verdade. Representan o Deus do Templo, pero viven xordos á
súa chamada.
              A súa seguridade relixiosa cégaos. Coñecen onde ha de nacer o Mesías, pero ningún deles se
achegará a Belén. Dedícanse a dar culto a Deus, pero non sospeitan que o seu misterio é máis grande que todas as
relixións, e ten os seus camiños para encontrarse con todos os seus fillos e fillas. Nunca recoñecerán a Xesús.
              O rei Herodes, poderoso e brutal, só ve en Xesús unha ameaza para o seu poder e a súa crueldade.
Fará todo o posible para eliminalo. Desde o poder opresor só se pode "crucificar" a quen trae liberación.
              Mentres tanto, os Magos proseguen a súa busca. Non caen de xeonllos ante Herodes: non encontran
nel nada digno de adoración. Non entran no Templo grandioso de Xerusalén: teñen prohibido o acceso: a pequena
luz da estrela atráeos cara á pequena vila de Belén, lonxe de todo centro de poder.
              Ao chegar, o único que ven é o "neno con María, súa nai". Nada máis. Un neno sen esplendor nin poder
ningún. Unha vida fráxil que necesita o coidado dunha nai. É suficiente para espertar nos Magos a adoración.
              O relato é desconcertante. A este Deus, escondido na fraxilidade humana, non o encontran os que
viven instalados no poder ou encerrados na seguridade relixiosa. Revélaselles aos que, guiados por pequenas
luces, buscan incansablemente unha esperanza para o ser humano na tenrura e a pobreza da vida.

                                             José Antonio Pagola

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (7)

4 nadal 2º domingo c 2016 bene pagola
4 nadal 2º domingo c 2016 bene pagola4 nadal 2º domingo c 2016 bene pagola
4 nadal 2º domingo c 2016 bene pagola
 
4º domingo toc 2016 bene pagola
4º domingo toc 2016  bene pagola4º domingo toc 2016  bene pagola
4º domingo toc 2016 bene pagola
 
Pablo 4
Pablo 4Pablo 4
Pablo 4
 
4º domingo tob bene pagola 2012-01-29 (1)
4º domingo tob bene pagola 2012-01-29 (1)4º domingo tob bene pagola 2012-01-29 (1)
4º domingo tob bene pagola 2012-01-29 (1)
 
Fe
FeFe
Fe
 
13º domingo tob bene pagola 2012
13º domingo tob bene  pagola 201213º domingo tob bene  pagola 2012
13º domingo tob bene pagola 2012
 
15º domingo toa 2014 bene pagola
15º domingo toa 2014 bene pagola15º domingo toa 2014 bene pagola
15º domingo toa 2014 bene pagola
 

Destacado (20)

28º domingo tob bene pagola 2012
28º domingo tob  bene  pagola 201228º domingo tob  bene  pagola 2012
28º domingo tob bene pagola 2012
 
Amigos e camiños.
Amigos e camiños.Amigos e camiños.
Amigos e camiños.
 
Canto de nadal
Canto de nadalCanto de nadal
Canto de nadal
 
Asunción da virxe maría 2009
Asunción da virxe maría 2009Asunción da virxe maría 2009
Asunción da virxe maría 2009
 
Coresma deserto crecendo xuntos
Coresma deserto crecendo xuntosCoresma deserto crecendo xuntos
Coresma deserto crecendo xuntos
 
26º domingo tob bene pagola 2012
26º domingo tob  bene pagola 201226º domingo tob  bene pagola 2012
26º domingo tob bene pagola 2012
 
Plenitude das persoas.
Plenitude das persoas.Plenitude das persoas.
Plenitude das persoas.
 
A chuvia
A chuviaA chuvia
A chuvia
 
Pregón pascual k. rahner
Pregón pascual k. rahnerPregón pascual k. rahner
Pregón pascual k. rahner
 
A liña
A liñaA liña
A liña
 
Grecia visitada polo apóstolo paulo
Grecia visitada polo apóstolo pauloGrecia visitada polo apóstolo paulo
Grecia visitada polo apóstolo paulo
 
Santiago apóstolo, testemuña e mártir i
Santiago apóstolo, testemuña e mártir iSantiago apóstolo, testemuña e mártir i
Santiago apóstolo, testemuña e mártir i
 
Pinturas con mensaxe
Pinturas con mensaxePinturas con mensaxe
Pinturas con mensaxe
 
23º domingo tob
23º domingo tob23º domingo tob
23º domingo tob
 
6º domingo toa 2014
6º domingo toa 20146º domingo toa 2014
6º domingo toa 2014
 
Chequeo médico
Chequeo médicoChequeo médico
Chequeo médico
 
Advento ven señor xesús.ppt. (1)
Advento   ven señor xesús.ppt. (1)Advento   ven señor xesús.ppt. (1)
Advento ven señor xesús.ppt. (1)
 
Boletim 76
Boletim 76Boletim 76
Boletim 76
 
Tp tecnologia!!! 1
Tp tecnologia!!! 1Tp tecnologia!!! 1
Tp tecnologia!!! 1
 
Tema 14 o líder cristão e a ética
Tema 14   o líder cristão e a éticaTema 14   o líder cristão e a ética
Tema 14 o líder cristão e a ética
 

Más de Nuria M Núñez Elissetche

Más de Nuria M Núñez Elissetche (20)

A terra que canta
A terra que cantaA terra que canta
A terra que canta
 
Co tempo
Co tempoCo tempo
Co tempo
 
Dom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagolaDom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagola
 
Domingo 16 ord b
Domingo 16 ord bDomingo 16 ord b
Domingo 16 ord b
 
1º coresma b 2018
1º coresma b 20181º coresma b 2018
1º coresma b 2018
 
6º domingo tob 2018 bene pagola
6º domingo tob 2018  bene  pagola6º domingo tob 2018  bene  pagola
6º domingo tob 2018 bene pagola
 
6º domingo tob 2018
6º domingo tob 20186º domingo tob 2018
6º domingo tob 2018
 
O xardín
O xardínO xardín
O xardín
 
5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola
 
5º domingo tob 2018
5º domingo tob  20185º domingo tob  2018
5º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018
4º domingo tob 20184º domingo tob 2018
4º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018 bene pagola
4º domingo tob 2018  bene pagola4º domingo tob 2018  bene pagola
4º domingo tob 2018 bene pagola
 
Ruxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundoRuxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundo
 
2º domingo tob 2018
2º domingo tob 20182º domingo tob 2018
2º domingo tob 2018
 
2º domingo tob 2018 bene pagola
2º domingo tob  2018  bene pagola2º domingo tob  2018  bene pagola
2º domingo tob 2018 bene pagola
 
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
 
4 epifania b 2018
4 epifania b 20184 epifania b 2018
4 epifania b 2018
 
5 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 20185 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 2018
 
3 santa maría nai de deus 2017 b
3 santa maría nai de deus  2017 b3 santa maría nai de deus  2017 b
3 santa maría nai de deus 2017 b
 
2 sagrada familia 2017 b
2 sagrada familia 2017  b2 sagrada familia 2017  b
2 sagrada familia 2017 b
 

3 epifania c bene pagola 2013

  • 1. José Antonio Pagola 6 de xaneiro de 2013 Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Epifanía do Señor (C) Esperta a fe nun Deus encarnado. Pásao. Mateu 2, 1-12 Música: Bach. Oratorio de Nadal. Present.:B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain
  • 2. Ante Xesús pódense adoptar actitudes moi diferentes. O relato dos Magos fálanos da reacción de tres grupos de persoas. Uns pagáns que o buscan, guiados pola pequena luz dunha estrela. Os representantes da relixión do Templo, que permanecen indiferentes. O poderoso rei Herodes que só ve nel un perigo.
  • 3. Os Magos non pertencen ao pobo elixido. Non coñecen o Deus vivo de Israel. Nada sabemos da sú relixión nin do seu pobo de orixe. Só que viven atentos ao misterio que se encerra no cosmos. O seu corazón busca a verdade.
  • 4. Nalgún momento cren ver unha pequena luz que apunta cara a un Salvador. Necesitan saber quen é e onde está.
  • 5. Rapidamente póñense en camiño. Non coñecen o itinerario preciso que han de seguir, pero no seu interior arde a esperanza de encontrar unha Luz para o mundo.
  • 6. A súa chegada á cidade santa de Xerusalén provoca o sobresalto xeral. Convocado por Herodes, reúnese o gran Consello dos "sumos sacerdotes e os escribas do pobo". A súa actuación é decepcionante.
  • 7. Son os gardiáns da verdadeira relixión, pero non buscan a verdade. Representan o Deus do Templo, pero viven xordos á súa chamada.
  • 8. A súa seguridade relixiosa cégaos. Coñecen onde ha de nacer o Mesías, pero ningún deles se achegará a Belén. Dedícanse a dar culto a Deus, pero non sospeitan que o seu misterio é máis grande que todas as relixións, e ten os seus camiños para encontrarse con todos os seus fillos e fillas. Nunca recoñecerán a Xesús.
  • 9. O rei Herodes, poderoso e brutal, só ve en Xesús unha ameaza para o seu poder e a súa crueldade. Fará todo o posible para eliminalo. Desde o poder opresor só se pode "crucificar" a quen trae liberación.
  • 10. Mentres tanto, os Magos proseguen a súa busca. Non caen de xeonllos ante Herodes: Non encontran nel nada digno de adoración. Non entran no Templo grandioso de Xerusalén: teñen prohibido o acceso: a pequena luz da estrela atráeos cara á pequena vila de Belén, lonxe de todo centro de poder.
  • 11. Ao chegar, o único que ven é o "neno con María, súa nai". Nada máis. Un neno sen esplendor nin poder ningún. Unha vida fráxil que necesita o coidado dunha nai. É suficiente para espertar nos Magos a adoración.
  • 12. O relato é desconcertante. A este Deus, escondido na fraxilidade humana, non o encontran os que viven instalados no poder ou encerrados na seguridade relixiosa.
  • 13. Revélaselles aos que, guiados por pequenas luces, buscan incansablemente unha esperanza para o ser humano na tenrura e a pobreza da vida.
  • 14. RELATO DESCONCERTANTE   Ante Xesús pódense adoptar actitudes moi diferentes. O relato dos Magos fálanos da reacción de tres grupos de persoas. Uns pagáns que o buscan, guiados pola pequena luz dunha estrela. Os representantes da relixión do Templo, que permanecen indiferentes. O poderoso rei Herodes que só ve nel un perigo. Os Magos non pertencen ao pobo elixido. Non coñecen o Deus vivo de Israel. Nada sabemos da súa relixión nin do seu pobo de orixe. Só que viven atentos ao misterio que se encerra no cosmos. O seu corazón busca a verdade. Nalgún momento cren ver unha pequena luz que apunta cara a un Salvador. Necesitan saber quen é e onde está. Rapidamente póñense en camiño. Non coñecen o itinerario preciso que han de seguir, pero no seu interior arde a esperanza de encontrar unha Luz para o mundo. A súa chegada á cidade santa de Xerusalén provoca o sobresalto xeral. Convocado por Herodes, reúnese o gran Consello dos “sumos sacerdotes e os escribas do pobo". A súa actuación é decepcionante. Son os gardiáns da verdadeira relixión, pero non buscan a verdade. Representan o Deus do Templo, pero viven xordos á súa chamada. A súa seguridade relixiosa cégaos. Coñecen onde ha de nacer o Mesías, pero ningún deles se achegará a Belén. Dedícanse a dar culto a Deus, pero non sospeitan que o seu misterio é máis grande que todas as relixións, e ten os seus camiños para encontrarse con todos os seus fillos e fillas. Nunca recoñecerán a Xesús. O rei Herodes, poderoso e brutal, só ve en Xesús unha ameaza para o seu poder e a súa crueldade. Fará todo o posible para eliminalo. Desde o poder opresor só se pode "crucificar" a quen trae liberación. Mentres tanto, os Magos proseguen a súa busca. Non caen de xeonllos ante Herodes: non encontran nel nada digno de adoración. Non entran no Templo grandioso de Xerusalén: teñen prohibido o acceso: a pequena luz da estrela atráeos cara á pequena vila de Belén, lonxe de todo centro de poder. Ao chegar, o único que ven é o "neno con María, súa nai". Nada máis. Un neno sen esplendor nin poder ningún. Unha vida fráxil que necesita o coidado dunha nai. É suficiente para espertar nos Magos a adoración. O relato é desconcertante. A este Deus, escondido na fraxilidade humana, non o encontran os que viven instalados no poder ou encerrados na seguridade relixiosa. Revélaselles aos que, guiados por pequenas luces, buscan incansablemente unha esperanza para o ser humano na tenrura e a pobreza da vida. José Antonio Pagola