Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

3 epifania c bene pagola 2013

747 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

3 epifania c bene pagola 2013

  1. 1. José Antonio Pagola 6 de xaneiro de 2013Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Epifanía do Señor (C)Esperta a fe nun Deus encarnado. Pásao. Mateu 2, 1-12Música: Bach. Oratorio de Nadal.Present.:B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D. Amundarain
  2. 2. Ante Xesús pódense adoptar actitudes moi diferentes.O relato dos Magos fálanos da reacción de tres grupos de persoas. Uns pagáns que o buscan, guiados pola pequena luz dunha estrela. Os representantes da relixión do Templo, que permanecen indiferentes. O poderoso rei Herodes que só ve nel un perigo.
  3. 3. Os Magos non pertencen ao pobo elixido. Non coñecen o Deus vivo de Israel. Nada sabemos da sú relixión nin do seu pobo de orixe. Só que viven atentos ao misterio que se encerra no cosmos. O seu corazón busca a verdade.
  4. 4. Nalgún momento crenver unha pequena luzque apunta cara a un Salvador.Necesitan saber quen é e onde está.
  5. 5. Rapidamente póñense en camiño. Non coñecen o itinerario preciso que han de seguir, pero no seu interior arde a esperanza deencontrar unha Luz para o mundo.
  6. 6. A súa chegada á cidade santa de Xerusalén provoca o sobresalto xeral. Convocado por Herodes, reúnese o gran Consello dos "sumos sacerdotes e os escribas do pobo". A súa actuación é decepcionante.
  7. 7. Son os gardiáns daverdadeira relixión, pero non buscan a verdade. Representan o Deus do Templo, pero viven xordos á súa chamada.
  8. 8. A súa seguridade relixiosa cégaos. Coñecen onde ha de nacer o Mesías, pero ningún deles se achegará a Belén.Dedícanse a dar culto a Deus, pero non sospeitan que o seumisterio é máis grande que todas as relixións, e ten os seus camiños para encontrarse con todos os seus fillos e fillas. Nunca recoñecerán a Xesús.
  9. 9. O rei Herodes, poderoso e brutal, só ve en Xesúsunha ameaza para o seupoder e a súa crueldade.Fará todo o posible para eliminalo.Desde o poder opresor só se pode "crucificar" a quen trae liberación.
  10. 10. Mentres tanto, os Magos proseguen a súa busca. Non caen de xeonllos ante Herodes: Non encontran nel nada digno de adoración. Non entran no Templo grandioso de Xerusalén: teñen prohibido o acceso: a pequena luz da estrela atráeos cara ápequena vila de Belén, lonxe de todo centro de poder.
  11. 11. Ao chegar, o único que ven é o "neno con María, súa nai".Nada máis. Un neno sen esplendor nin poder ningún. Unha vida fráxil que necesita o coidado dunha nai. É suficiente para espertar nos Magos a adoración.
  12. 12. O relato é desconcertante. A este Deus, escondido na fraxilidadehumana, non o encontran os que viveninstalados no poder ou encerrados na seguridade relixiosa.
  13. 13. Revélaselles aos que, guiados por pequenas luces, buscan incansablementeunha esperanza para o ser humano na tenrura e a pobreza da vida.
  14. 14. RELATO DESCONCERTANTE  Ante Xesús pódense adoptar actitudes moi diferentes. O relato dos Magos fálanos da reacción de tresgrupos de persoas. Uns pagáns que o buscan, guiados pola pequena luz dunha estrela. Os representantes darelixión do Templo, que permanecen indiferentes. O poderoso rei Herodes que só ve nel un perigo. Os Magos non pertencen ao pobo elixido. Non coñecen o Deus vivo de Israel. Nada sabemos da súarelixión nin do seu pobo de orixe. Só que viven atentos ao misterio que se encerra no cosmos. O seu corazón buscaa verdade. Nalgún momento cren ver unha pequena luz que apunta cara a un Salvador. Necesitan saber quen é eonde está. Rapidamente póñense en camiño. Non coñecen o itinerario preciso que han de seguir, pero no seuinterior arde a esperanza de encontrar unha Luz para o mundo. A súa chegada á cidade santa de Xerusalén provoca o sobresalto xeral. Convocado por Herodes,reúnese o gran Consello dos “sumos sacerdotes e os escribas do pobo". A súa actuación é decepcionante. Son osgardiáns da verdadeira relixión, pero non buscan a verdade. Representan o Deus do Templo, pero viven xordos ásúa chamada. A súa seguridade relixiosa cégaos. Coñecen onde ha de nacer o Mesías, pero ningún deles seachegará a Belén. Dedícanse a dar culto a Deus, pero non sospeitan que o seu misterio é máis grande que todas asrelixións, e ten os seus camiños para encontrarse con todos os seus fillos e fillas. Nunca recoñecerán a Xesús. O rei Herodes, poderoso e brutal, só ve en Xesús unha ameaza para o seu poder e a súa crueldade.Fará todo o posible para eliminalo. Desde o poder opresor só se pode "crucificar" a quen trae liberación. Mentres tanto, os Magos proseguen a súa busca. Non caen de xeonllos ante Herodes: non encontrannel nada digno de adoración. Non entran no Templo grandioso de Xerusalén: teñen prohibido o acceso: a pequenaluz da estrela atráeos cara á pequena vila de Belén, lonxe de todo centro de poder. Ao chegar, o único que ven é o "neno con María, súa nai". Nada máis. Un neno sen esplendor nin poderningún. Unha vida fráxil que necesita o coidado dunha nai. É suficiente para espertar nos Magos a adoración. O relato é desconcertante. A este Deus, escondido na fraxilidade humana, non o encontran os queviven instalados no poder ou encerrados na seguridade relixiosa. Revélaselles aos que, guiados por pequenasluces, buscan incansablemente unha esperanza para o ser humano na tenrura e a pobreza da vida. José Antonio Pagola

×