2. En 1958, o deseñador
británico Gerald Holtom
recibe o encargo de
crear un símbolo para a
primeira manifestación
a favor do desarme
nuclear. En plena guerra
fría, os manifestantes
percorrerían a distancia
que separa Londres de
Aldermaston, lugar
onde se fabricaban
(tamén na actualidade)
as armas do arsenal
nuclear británico.
4. Para o logo, o obxector
de conciencia Gerald
Holtom sopesou a idea
de empregar a cruz
cristiá rodeada por un
aro, pero finalmente
optou por tomar os
símbolos das letras N e
D (siglas de Nuclear
Disarmament na
linguaxe náutica de
bandeiras) e
superpoñelos no
interior do círculo.
5. Por outro lado
tamén se podería
relacionar o símbolo
coa pomba branca
da paz. Observando
as liñas pódense
interpretar como a
pata da pomba e o
circulo a Terra,
simbolizando deste
xeito a paz mundial.
6. Case inmeditamente, o
símbolo cruzou o
Atlántico e chegou aos
Estados Unidos da man
de Bayard Rustin, un
colaborador próximo a
Martin Luther King que
acudira a Londres á
marcha anti
armamentística. Rustin
comezou a usala nas
marchas polos dereitos
civís en EE.UU.
7. Aínda que foi deseñado
especificamente para o
movemento
antinuclear, o símbolo
da paz non foi nunca
rexistrado. Dende
entón foi reproducido
infinidade de veces,
normalmente con
propósito comercial, en
publicidade ou na
moda.