2. Gradiant Gradiant (o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia) é unha fundación con un 51% de capital privado e un 49% de capital público. Este grupo comezou cando Teleco (a escola de enxeñería e telecomunicación de Vigo) lle propuxo á Xunta crear Gradiant en Maio de 2003. Dende esta data ata finais de 2007 A Xunta anunciou o proxecto, estudou a viabilidade e presentou o proxecto ata que en decembro dese ano se constituíu a fundación.
3. Autoesterocopia Gradiant foi o grupo encargado de desenvolver un sistema que identifica a posición dos ollos, segue o seu movemento e crea dúas imaxes que difiren levemente, percibindo así cada ollo unha imaxe distinta e permitindo ao observador ver unha imaxe en 3D sen a necesidade de usar gafas. Esta tecnoloxía pode ser utilizada na creación de xogos de ordenador en 3D. Un problema que xurde polo sistema de seguimento facial é que so un usuario o pode usar simultaneamente.
4. Outros inventos Este grupo participou en moitos outros proxectos tecnolóxicos, entre os que se poden nomear: o satélite SATURNO ( SATellite Universal tv Redistribution NetwOrk), SBTS, un sistema para a xeolocalización de terminales móbiles ou VISAGE, un progarama de analisis facial que detecta a idade.