2. Que a túa filla non teña ningún proceso vírico
que acabe coa túa inspiración…
3. Ter durmido alomenos 30 horas na
última semana (Grazas ao proceso vírico
da túa filla)
4. Elixir un tema interesante, por
exemplo: “Antipiréticos, antigripais,
antibióticos e todos os “antis”
aplicados ao mundo do bebé”.
5. Empezar cunha frase que
enganche: “Dende que son nai, os
“anti” cambiaron a miña vida.
Agora vos contarei o porque…” ( Non
hai quen se resista ao momento confesión…)
6. Engadir morbo ao texto: Ademaís de
coñecer todos os “antis” relacionados
co mundo infantil, contar que o teu
home é antidisturbios…
7. Acabar cun postulado universal tal
como:
“ A mellor menciña para @ teu fill@ é
unha boa dose de apertas, aloumiños,
amor incondicional e moitos biquiños”
( Que non serven de nada sen os “anti”)