1. Estimados gobernantes,
Ontes, 24 de abril do 2012, se publicou no Boletín Oficial do Estado (BOE) o
Real Decreto-Lei 16/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes para garantizar
a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e
seguridade das súas prestacións. Estas medidas véñense a sumar ás tomadas
anteriormente, no eido laboral, no sanitario e no da educación. Déixenme dicir,
que todas elas me parecen inxustas, ineficaces e carentes de todo principio de
equidade.
É cedo (saiu onte) para que poda facer unha valoración do Real Decreto
publicado ontes. Nembargantes, gostaríame salientar que xa non escomenza
ben o asunto, cando se redacta esta norma xurídica co cobxectivo de
“garantizar a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a
calidade e seguridade das súas prestacións”. Este obxectivo é cuestionable,
porque coma afirmación é tamén cuestionable. O Sistema Nacional de Saúde,
ao igual que a educación é sustentable si se aplican os cambios estructurais
nas direccións apropiadas, e tendo como premisa o interese xeral, e non o da
minoría que máis cartos ten. Este colectivo de amasadores de cartos, non
pagan proporcialmente ás súas rendas, nin en Sanidade, nin noutras áreas.
Como dicía antes non vou a facer unha valoración, pero sí querría que vos (os
gobernantes) me contestárades a algunhas cuestións sobre este último Real
Decreto-Lei:
Tres. Se añade un nuevo artículo 3 ter, que tendrá la siguiente redacción:
«Artículo 3 ter. Asistencia sanitaria en situaciones especiales.
Los extranjeros no registrados ni autorizados como residentes en España,
recibirán asistencia sanitaria en las siguientes modalidades:
a) De urgencia por enfermedad grave o accidente, cualquiera que sea su
causa, hasta la situación de alta médica.
b) De asistencia al embarazo, parto y postparto.
En todo caso, los extranjeros menores de dieciocho años recibirán asistencia
sanitaria en las mismas condiciones que los españoles.»
As persoas inmigrantes, non utilizan a Sanidade máis que a poboación
autóctona. Isto queda acreditado por diferentes informes realizados por
organizacións independentes. Utilizar o “turismo sanitario” como argumento
para xustificar a insostenibilidade do sistema, é falaz e favorece os
comportamentos xenófobos. No caso da utilización da Sanidade Pública dos
cidadáns europeos, e do gasto que xeneran para as arcas do Estado(segundo
o informe do tribunal de contas) , habería que ver que responsabilidade ten o
goberno español en non cobrarlles a asistencia sanitaria prestada ás persoas
que sí dispoñen de medios, en lugar de culpabilizar a todo-los/as inmigrantes
por usa-la nosa Sanidade. Estas situacións, de sere importantes na factura
global, podería ser unha oportunidade para ingresar cartos extra, que neste
momento non se está a facer. Os convenios bilaterais que non se levan a cabo
ou non existen, e a falla de dilixencia do goberno (que destrúe mais que
goberna) se convirten en verdaderos obstáculos para cobrar as asistencias
sanitarias a cidadáns europeos que dispoñen de cartos para pagar.
2. No que se refire á desprotección dos outros, dos ninguéns, dos que non
aparecen nin nas estatísticas nacionais, os malchamados sin papeis ou ilegais,
é unha clara vulneración dos dereitos humanos. Non se pode condenar a una
persoa a desatención sanitaria por estar en situación administrativa irregular.
Non se poden cambiar as leis, en función de ideoloxías con tendencia
xenófoba. Dende un punto de vista de saúde pública, a desatención do
colectivo de persoas inmigrantes, pode ter consecuencias desastrosas.
Enfermidades contaxiosas coma a tubercoluse, ou transmisibles como o VIH,
poden sentenciar a morte a estas persoas, ser utilizadas como correa de
transmisión de enfermidades e convertirse nun problema, ate o de agora
controlado, de saúde pública.
Por outra banda, permitir unicamente a atención en urxencias, pode colapsar
todavía máis, os xa colapsados centros de urxencias. O aforro que se pretende
facer en términos xerais, insisto, non se fará con este colectivo por deixarlle de
dar asistencia sanitaria. Dicía anteriormente que usan menos a Sanidade
Pública que a poboación autóctona. Ademáis, o compromiso de pago ao que
se ven obrigados a asinar cada vez que acudan á Sanidade Pública impide, de
non aboarse, a regularización da situación administrativa. Outra medida inxusta
e que atenta contra uns dos colectivos máis desfavorecidos.
(….)
«Artículo 85 bis. Sistemas de información para apoyo a la prescripción.
(……)
2. Los sistemas de apoyo a la prescripción recogerán la información
correspondiente a los precios seleccionados vía aportación reducida, de
modo que el médico pueda tomar en consideración el impacto económico
durante la prescripción de medicamentos y productos sanitarios.
Señores gobernantes, iste artigo que quere dicir? ¿Que os médicos que nos
recetan os fármacos, terán que ser tamén xestores económicos da
Administración? Si é así, ¿qué priorizarán os médicos, a miña saúde ou o
aforro económico para a Administración? ¿Cánto custarán eses sistemas de
apoio á prescripción que recollerán a información dos precios seleccionados?,
¿Cal é a diferencia económica entre este sistema e o anterior?, ¿Cántos cartos
se pretenden aforrar?
(…..)
«Artículo 85 ter. Exclusión de la prestación farmacéutica de medicamentos y
productos sanitarios.
(….)
2. La motivación de la exclusión responderá a alguno de los siguientes criterios:
e) Por estar indicados en el tratamiento de síntomas menores.
3. Sres gobernantes, gostaríame saber a qué se refiren con “síntomas menores”.
Si me pregunta porqué o quero saber, é moi sinxelo. Por exemplo, unha dor de
cabeza para algunha persoa, sexa médico ou non, pode ser considerado
coma un síntoma menor. Nembargantes para outra, pode convertirse, si este
permanece de forma continuada, nun síntoma discapacitante. Algunhas
persoas e profesionais entendemos que tanto o concepto saúde coma o
concepto de enfermidade, hai que miralo dende un sentido holístico.
Tres. Se añade un nuevo artículo 8 ter, que tendrá la siguiente redacción:
«Artículo 8 ter. Cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud.
1. La cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud incluye
todas aquellas prestaciones cuya provisión se realiza mediante dispensación
ambulatoria y están sujetas a aportación del usuario.
2. Esta cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud incluirá las
siguientes prestaciones:
a) Prestación farmacéutica.
b) Prestación ortoprotésica.
(…)
Temos que pagar polos fármacos, incruidos os pensionistas, algo indecente,
falto de valores e nada ético, se mo permiten apuntar. Ademáis, tendo en conta
que as persoas coas rendas máis baixas que necesiten de ferramentas
ortoprotésicas terán que aboar un procentaxe en tódolos casos. As persoas
que perciban unha pensión non contributiva, ás que se atopen en paro ou non
teñan recursos, tamén terán que pagar nestes casos estas prestacións.
Culpabilizamos a enfermidade e ás persoas enfermas.
3. También gozará de esta consideración el transporte sanitario no urgente,
sujeto a prescripción facultativa, por razones clínicas y con un nivel de
aportación del usuario acorde al determinado para la prestación
farmacéutica.
As personas que teñamos que acudir a rehabilitación, a diálise, a tratamentos
de quimioterapia, e a outros considerados, como estos, considerados non
urxentes, veremos mermada, todavía máis, a nosa calidade de vida ao ter que
pagar máis, polo servizo de transporte.
«Artículo 94 bis. Aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica
ambulatoria.
(….)
4. 4. La aportación del usuario se efectuará en el momento de la dispensación
del medicamento o producto sanitario.
Si unha persoa traballadora ou non, atópase a fin de mes sen cartos (é moi
habitual nestes tempos), e ten a desgracia de poñerse enferma, non tendo
cartos para aboar as súas mediciñas, ¿cómo se solventarían estas situacións,
que de momento son hipotéticas?
5. La aportación del usuario será proporcional al nivel de renta que se
actualizará, como máximo, anualmente.
Nestas aportacións dos usuarios tamén entrarían as persoas que se acollan á
aministía fiscal? De ser así, só aboarían o 60 % das mediciñas?
6. Con el fin de garantizar la continuidad de los tratamientos de carácter
crónico y asegurar un alto nivel de equidad a los pacientes pensionistas
con tratamientos de larga duración, los porcentajes generales estarán
sujetos a topes máximos de aportación en los siguientes supuestos:
(….)
Sres gobernantes, si os pensionistas que cobren menos de 18.000 euros anos
pagarán como máximo 8 euros, os que perciban entre 18.000 e 100.000 euros,
hasta un máximo de 18 euros, e os que perciban máis de 100.000 ate 60
euros, parécelles este sistema xusto? Quénes son os que maior probabilidades
teñen de padecer enfermidades? A maior carga fiscal sobre quén recae?
9. El nivel de aportación de los mutualistas y clases pasivas de la Mutualidad
General de Funcionarios Civiles del Estado, del Instituto Social de las Fuerzas
Armadas y la Mutualidad General Judicial será del 30 %.»
Porqué este agravio comparativo dos funcionarios con respecto aos demáis
traballadores e traballadoras? Porqué pagaría o mesmo un funcionario que
percibe 1.000 euros/mes que outro que percibe 150.000/mes e máis? E xusto e
equitatitativo este sistema?
«Artículo 94 ter. Protección de datos personales.
1. El Instituto Nacional de la Seguridad Social podrá tratar los datos
obrantes en los ficheros de las entidades gestoras y servicios comunes
de la Seguridad Social y de las entidades que colaboran con las mismas
que resulten imprescindibles para determinar la cuantía de la aportación
de los beneficiarios en la prestación farmacéutica. Dicho tratamiento,
que no requerirá el consentimiento del interesado, se someterá
plenamente a lo dispuesto en la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de
5. diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal, y sus
disposiciones de desarrollo.
Son coñecedores de que se saltan a lei que garantizaba a protección dos datos
de carácter persoal dos e das cidadás, non? Se abren vías que poden ter
consecuencias impredecibles para a Democracia ao compartir os meus datos
sen o meu consentemento. Se intercambiarán datos entre Administracións para
“determinar la cuantía de la aportación de los beneficiarios en la prestación
farmacéutica”. Como os datos relacionados coa saúde considéranse
“especialmente sensibles”, e, tendo en conta que a Seguridade Social e
Facenda, vertirán os meus datos con Sanidade, poderán estas administración
(Seguridade Social, Facenda) e as súas colaboradoras (por exemplo ETTs)
acceder aos meus datos de carácter persoal? O digo porque teño VIH, pronto
me quedarei sen emprego, e teño recelo de que os datos da miña saúde
circulen entre computadoras sen nengún tipo de control. Ademáis recelo de
que se utilicen para outros fins coma, por exemplo, para contratar, ou mais
ben para non facelo, motivado pola miña enfermidade.
Como apuntes finais:
Non é certo que a Sanidade Pública sexa insostible. O PIB que destina
España á Sanidade Pública é inferior ao destinado poos estados do
noso entorno, tendo unha calidade na asistencia, inferior á nosa. É
mais, a nosa Sanidade Pública pódese (ou podíase) equiparar a outras
de recoñecida calidade, como pode ser a de Canadá, coa que só nos
diferencia na rede social da que dispoñen nese Estado, ou a de
Noruega.
A reforma sobre reforma que se está a aplicar na Sanidade Pública, só
pode entenderse dende unha postura interesada na privatización da
mesma e que obedece aos intereses do capital e dos mercados
financieiros.
A parte impositiva que se impón para o pagamentos de fármacos e
servizos sanitarios a colectivos como os/as pensionistas, persoas con
baixos recursos, e mozos/as maiores de 26 anos, non ten precedentes,
vulnera principios de equidade, é totalmente inxusto, non contempla
ética social algunha, racha co principio de universalidade e só pode
entenderse dende unha perspectiva ideolóxica. Esta Sanidade pretende
establecer cidadáns de primeira e cidadáns de segunda, diferenciando
aos que teñen cartos (os de primeira), que poderán acceder a un
estándar de saúde, dos que non dispoñen deles (cidadáns de segunda),
que, terán problemas de accesibilidade por cuestións económicas e non
poderán disfrutar dos estándares mínimos de saúde.
6. A expulsión das persoas en situación adminsitrativa irregular (os/as
inmigrantes, mal chamados sen papeis ou ilegais) vulnera dereitos
fundamentais. En concreto o dereito a saúde que ten que
salvaguardarse independentemente da súa situación administrativa no
Estado. Pode xerar problemas importantes de saúde pública, tendo
consecuencias imprevisibles para toda-la poboación, motivada pola non
asistencia sanitaria deste colectivo, e obliga a estas persoas a enfermar,
queiran ou non, e pode ocasionar mortos por omisión dos coidados
mínimos sanitarios.
Esta normativa producirá pérda de poder adquisitivo, xa mermado pola
crise, enfermidade polas trabas que dificultan a accesibilidade aos
servizos sanitarios, aos fármacos, e aos medios necesarios para a
prevención da saúde.
Estas normativas producirán mortes, das que os únicos responsables
serán o actual goberno.
Prima, non nocere
Primum non nocere
(O primeiro é non facer dano)
Carlos Varela