1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 69 outubro de 2017
UNHA VALEDORA QUE NON NOS VALE
Desde a súa chegada ao cargo a Valedora do Pobo ten re-
cibido ducias de casos de vulneración dos dereitos lingüísticos
polo uso do galego. En todos os casos, os expedientes e inves-
tigacións abertas terminan xustificando as actitudes contra o ga-
lego e nalgúns indo máis alá que a propia administración. É o
caso dunha queixa en relación coa redución do horario en gale-
go coa Lomce que aínda é máis que o xa limitado polo Decreto
de plurilingüísmo; o da nena de 9 anos que sufriu abuso de au-
toridade por empregar a forma lexítima Galiza nunha redacción;
ou no caso de Gondomar pedindo a retirada de sinais de tránsito
na nosa lingua e advertindo de que a toponimia debe estar en
castelán obviando que segundo a Lei de normalización lingüísiti-
ca, a única forma legal é a galega. .
O seu exceso de celo é notorio en casos contra o galego,
actuando de oficio se for preciso. Como exemplos a petición da
valedora da edición en castelán da cartilla de vacinas ou a cam-
paña de acoso contra un centro de ensino por pendurar un car-
taz a favor do galego.
Segundo a lei que regula a institución, a súa función debe
ser velar polo exercicio dos dereitos fundamentais e as liberda-
des, mais actúa como se o dereito ao uso pleno e libre do gale-
go non existir ou non fose merecente de facelo, contribuíndo a
engadir máis obstáculos dos que xa hai ao seu desenvolvemen-
to e normalización.
Con esta actitude mal pode arrogarse a nobre defensa da
sociedade galega nin ser a súa valedora a quen está máis preo-
cupada por defender o statu quo e preeminencia do castelán
que aplicar a lei de forma xusta, ponderada e equilibrada.
2. AQUELAR
A viñeta de Luís Davila
xoga co verbo aquelar. Aque-
lar(se) é un verbo que pode
significar arranxar, reparar,
amañar; mais tamén o con-
trario e ter o significado de
estragar(se) e tamén apar-
var(se), amolar, alterar(se),
anoxar(se). Así podemos di-
cir:
Deixei o coche no taller para ver se o aquelan que fai uns ruídos moi raros.
Ou tamén: Non quero que me andes co ordenador, que mo aquelas.
En realidade aquelar é un verbo da lingua coloquial, de sentido vago, de significado pouco preciso que
se usa cando non se atopa o verbo adecuado ou non se quere empregar a palabra precisa. O que fai aínda
máis curiosa a esta palabra que pode significar unha cousa e a súa contraria é que tamén ten un antónimo:
desaquelar, que ten o mesmo significado impreciso, que adquire segundo o contexto en que se diga. Así un
exemplo sería:
Deulle un golpe á radio e desaquelouna.
Ou tamén (co sentido de “reparar”): Deulle un agasallo para desaquelalo.
Sobre o verbo aquelar escribe Alba Nogueira López no Portal das Palabras:
“Como explicarlle o que é aquelar a unha persoa que nunca tal escoitou? Aquelar é coller e deitar.
Aquelar é romper e arranxar. Aquelar é berrar e loubar. Só a proximidade coloquial nos dá o tempero xusto
para cada aquelar”.
E falando da viñeta de Davila, non pensades que é ben aquelada?
“Aqueliño, es ben aquelado. Aquela lixeiro que chegas tarde”