SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 7
O home no seu mundo: Os Tuareg
Os Tuareg
1
IES de Ames
Curso 2012-2013
2º ESO D
Enrique Touceda Rivas
O home no seu mundo: Os Tuareg
De todos os pobos do mundo, un dos máis coñecidos e admirados
dende sempre é o pobo Tuareg. Os Tuareg, chamados en occidente “homes
azuis”, son -en palabras de Alberto Vázquez Figueroa- “un pobo singular e
altivo, auténticos fillos do deserto, que non teñen rival en canto a sobrevivir
nas condicións máis inverosímiles”.(1)
A etimoloxía do seu nome non se coñece exactamente. Uns cren que
vén de t.uwârig, etnómino que procede dunha antiga cidade do Fezán
chamada Targa; outros, consideran que vén da palabra tariga (camiño), xa
que estes tiñan sona de “corta-camiños” para atracar as caravanas dos
saharuís. No seu propio idioma, adoitan autodenominarse imoshag ou
imushaq, cuxo significado é “os libres” ou “os nobres”.
O mesmo ca o resto dos bérberes (pobos que habitan en África
septentrional, dende os desertos de Exipto ata o océano Atlántico e dende as
costas do Mediterráneo ata o interior do deserto do Sáhara) son orixinarios
do norte de África e ocupan un extenso territorio do Sáhara, ao que eles lle
chaman Azawad, e que comprende: zonas de Alxeria, Burkina Fasso, Libia,
Malí e Níxer.
O Sáhara é o deserto máis grande do mundo
e tén un clima árido. A temperatura media anual
supera os 18ºC, e as temperaturas diarias presentan
fortes oscilacións entre o día e a noite. Débese á
escasa humidade da atmosfera, que provoca un
enorme quentamento do chan durante o día e un
forte enfriamento de noite. A temperatura máxima
pode chegar a 58ºC e a mínima a -18ºC.
O gran problema do deserto é conseguir auga (as mulleres percorren
varios quilómetros todas as mañás para traer auga dos pozos), xa que as
precipitacións son moi escasas e irregulares, debido á influencia permanente
de anticiclóns tropicais. Cando chove, chove a Deus dar, e as augas
desaparecen axiña por evaporación ou por infiltración no subsolo. Os ríos só
levan auga despois das precipitacións, o resto do tempo os seus cauces
permanecen secos. E só en raras ocasións desembocan no mar, xa que as súas
escasas augas evapóranse ou quedan estancadas.
2
Dunas do deserto
(1)
"Tuareg". Vázquez-Figueroa, Alberto. Edit.
Plaza&Janés. Barcelona, 1987.
O home no seu mundo: Os Tuareg
Aínda así, as plantas están adaptadas ao medioambiente para reducir
a evaporación e aumentar a absorción da auga. Para iso, unhas (acacia,
tamarisco) teñen raíces moi longas que lles permiten absorber auga do
subsolo; outras (rosas de Jericó), perden as súas raíces e déixanse transportar
para absorber a humidade da atmosfera. Tamén as hai que perden as follas e
só lles deixan medrar na tempada húmida.
Os animais tamén adoitan estratexias para aforrar auga e evitar a
calor excesiva: perda das glándulas suoríparas, cor clara do vestido para
reflectir o sol, aumento da temperatura interna para evitar a transpiración,
orellas que serven de radiador para regular a perda calorífica (raposo do
Sáhara, gato das areas), etc
A máis dos animais emblemáticos coma o addax, a gacela doncas e o
raposo do Sáhara, o principal animal é o dromedario. Tén unha resistencia
excepcional á calor e á sede, e pode transportar moitos quilos de
mercadorías. Sen el, a vida no deserto non sería posible; por iso son tan
estimados polos Tuareg.
Estes homes –de raza bérber, con aportes raciais negros e árabes-
caracterízanse por unha estatura elevada (1,75m de media), pel morena, ollos
escuros e marcada dolicocefalia (é dicir, cránios alargados con diámetro
anteroposterior longo e maior ca o transversal. Son dolicocéfalas as razas
nórdicas, mediterráneas e algunhas africanas). Son coñecidos como “homes
azuis”, debido á súa vestimente e, especialmente, ao seu turbante
(tagelmust) de cor índigo. Os homes comezan a poñelo á idade de 25 anos e
nunca o quitan, nin sequera en presenza dos seus familiares. A súa finalidade
é ocultar as emocións que o rostro poida revelar. As mulleres, en cambio, non
levan tagelmust. Visten con roupas escuras, porque evitan ao máximo a
evaporación da suor, para lograr unha refrixeración corporal coa menor
cantidade de perda de líquido, impedindo así a deshidratación.
3
Addax: especie de antílope africano, da
familia dos orix e os antílopes sable. De
1m de altura e 120kg de peso. A súa área
de distribución comprende dende Arabia
ata Alxeria. Atópase en grave perigo de
extinción.
O home no seu mundo: Os Tuareg
Os Tuareg viven en tendas feitas con peles
cosidas, sostéñense con madeiros e están
profusamente decoradas con motivos xeométricos.
A tenda (ehe) é identificada co matrimonio e co
fogar, por iso debe ser a muller quen a constrúa e
ela é a súa dona. As mulleres teñen autoridade no
campamento, xa que o home está a maioría das
veces ausente, debido ás súas actividades como
pastor, comerciante ou guerreiro.
A estrutura básica da sociedade Tuareg é a liñaxe (tawshit), grupo de
parentes que recoñecen un antecesor común. Os fillos pertencen á liñaxe da
nai e herdan dela, mais o fogar establécese nos aghiwan ou campamentos da
liñaxe do pai. Cada liñaxe pertence a unha categoría social determinada e fai
parte dunha ettebel (tribo). As liñaxes designan un amghar (o seu líder, home)
e o consello de líderes designa entre os homes guerreiros o amenokal, o xefe
da ettebel.
A pesar da súa islamización, a muller goza de gran liberdade. Polo
xeral, sabe escribir e é máis instruída ca o seu home. Participa nos consellos e
nas asembleas da liñaxe e é consultada nos asuntos da tribo. Homes e
mulleres solteiros, viúvos ou divorciados, coñécense e cortexan en sitios
chamados ahal (lugar onde conversan, cantan, interpretan música e
concertan citas de amor). O casamento lévase a cabo despois de que a muller
acepte un pretendente; el pídella ao sogro, pagando unha dote, xeralmente
en gando. A muller leva o gando da súa propiedade ao novo fogar. Pode
divorciarse ou casarse con outro pretendente se se considera maltratada polo
seu home.
Unha das actividades económicas desenroladas polos Tuareg ao longo
da historia foi o pastoreo de camelos, cabras e ovellas, moi afeitas á vida en
condicións áridas. Aínda que tamén criaron burros, cabalos e vacas, estas
últimas onde o terreo o permitía. Tamén se adicaron á agricultura, aínda que
4
Tenda tuareg feita con peles e sostida
con madeiros
Familia de tuaregs. O home está ataviado
co turbante característico (tahelmust). As
mulleres e os nenos non o empregan.
O home no seu mundo: Os Tuareg
na meirande parte do territorio a agricultura era difícil, cando non inviable.
Nas montañas de Air existían pequenos xardíns cultivados con auga de pozos
moi fondos, e nas zonas inundables das marxes do Níxer mesmo chegaron a
practicar o cultivo do arroz, servíndose dos seus servos.
Outra das súas máis importantes actividades foi a escolta ou o saqueo
de caravanas que atravesaban o deserto; os caravaneiros que se negaban a
pagar unha peaxe para ser escoltados eran saqueados. Na xerarquizada
sociedade Tuareg, a pillaxe estaba fortemente regulada, existindo un estrito
código de honor guerreiro. Procuraba prestixio, sempre e cando se realizara
segundo as normas tradicionais.
A máis das exaccións a caravaneiros e saqueos a veciños, os Tuareg
comerciaban amistosamente, sendo os principais bens a adquirir produtos
alimentarios (dátiles, paínzo, e sorgo) ou bens como armas, tecidos ou
utensilios metálicos. Se ben a maioría de produtos debían ser comprados, os
Tuareg realizaban artesanía en prata, marroquinería e confeccionaban
alfombras. Chegaron a producir instrumentos de metal, co que fabricaban
armas; aínda que, no caso das espadas, a maioría eran de producción
estranxeira.
Adquiriron prestixio como guerreiros en tempos xa moi lonxanos,
sendo tidos en consideración polos pobos veciños árabes ou negros. Armados
ata os dentes con arcos e frechas, xavelinas e
coa súa famosa espada takouba, cargaban
frontalmente a lombos dos seus mehari
entoando cánticos e berrando -esta fórmula
tivo éxito ao longo de séculos-. Debido ao
coñecemento do terreo e ao seu estilo de
vida nómada, podían moverse, atacar,
saquear e esfumarse con grande rapidez. Pero este xeito de loitar tivo que ser
replantexado fronte ás tropas coloniais francesas, que ían armadas con fusís.
Ademais, o seu concepto da guerra (entre outras cousas, debido aos
seus escasos recursos) era algo pasaxeiro, non perdurable. Un conflito
prolongado coma o que podía manter un exército profesional era dificilmente
sostible. Houbo intentos neste sentido, como o liderado por El Ikazkazen
5
O home no seu mundo: Os Tuareg
Haosen, en Níxer, contra os franceses; pero foi un fracaso e acabou morrendo
a mans dos turcos no 1917.
Durante o período post-colonial, as relacións das diversas
confederacións tuareg cos gobernos dos estados xurdidos tras a marcha
francesa foi nalgúns casos -Malí e Níxer- moi tensa, con sucesivos conflitos
armados, e noutros -como Alxeria-, a poboación non se chegou a integrar
totalmente na vida social e política do Estado.
Aínda que as relacións de amizade e os lazos familiares son
importantes entre os distintos asentamentos tuareg, non houbo unha
estratexia política común nin unha coordinación para conformar o xerme
dunha nación tuareg. Unha nación onde os seus habitantes falarían linguas
tuareg. Estas linguas (en bérber: tamashek, tamahaq, tamajak) son un
conxunto de variedades de bérber, altamente intelixibles entre si, faladas
polos diferentes grupos de tuareg en moitas partes de Malí, Níxer, Alxeria,
Libia, Burkina Fasso e mesmo no Chad. E, aínda que hai autores que as
consideran linguas diferentes, pero emparentadas, outros cren que é unha
macrolingua con gran diversificación interna.
En todo caso, unha lingua que segue a ser un nexo de unión entre as
persoas que viven en Azawad, o deserto do Sáhara, onde é moi duro
sobrevivir. Lógrano, en boa medida, grazas aos dromedarios, que lles serven
de cabalgadura, transportan as súas mercadorías e permiten que se protexan
tras os seus corpos cando se desatan de repente esas perigosas tormentas de
area do deserto, salvándolles así a vida. Aínda que, en ocasións, homes e
cabalgaduras acabaron sepultados baixo toneladas e toneladas de area.
Caravanas de centos de dromedarios esvaeceron no deserto sen que nunca
máis se volvera a saber deles.
Este pobo guerreiro por excelencia, cabalgando a lombos dos seus
mehari e xurdindo de súpeto de detrás das dunas, chegou a poñer en fuga ao
mesmísimo exército francés. E, en tempos adicados á pillaxe, nembargantes
sempre o fixeron seguindo un estrito código de honor.
Homes de palabra e leais, que consideran a hospitalidade un deber
sagrado. Reciben a calquera viaxeiro do deserto nas súas jaimas, cubertas de
alfombras, e agasállano cos seus máis prezados manxares: cordeiro, cus-cus,
dátiles, améndoas, té, leite de camela... Trátanos coma se formasen parte da
6
Muller tuareg servindo no té dentro da
súa jaima.
O home no seu mundo: Os Tuareg
súa tribo, facendo gala da súa bonhomía. E se
alguén tenta facerlles dano, protéxenos coa súa
propia vida, porque son os seus hóspedes, e
para eles a hospitalidade é unha Lei sagrada
máis antiga ca o Corán.
"Auténticos fillos do deserto", séntense orgullosos do seu xeito de
vida, do seu raigame, da súa liñaxe. Estes homes destemidos que loitaron con
afouteza pola súa liberdade, estes bravos guerreiros son -como se
autodenominan- os imoshag ou imushaq: "os libres", "os nobres". Son os
TUAREG, "unha das razas máis singulares do deserto"
URLs:
http://www.enfolang.com/internacional/tradiciones/tuaregs.html
http://www.almendron.com/arte/culturas/tuareg/cap_03/tuareg_033.htm
http://curiosomundoazul.blogspot.com.es/2009/11/la-vida-en-los-desiertos-
los-tuareg.html
http://www.ikuska.com/Africa/Etnologia/Pueblos/Tuareg/
http://es.wikipedia.org/wiki/Clima_%C3%A1rido
http://www.sahara-online.net/Default.aspx?tabid=619
http://es.wikipedia.org/wiki/Tuareg
http://www.mgar.net/africa/desierto.htm
http://pluralcostumbres.com/2011/03/13/los-tuareg-los-hombres-azules-del-
desierto/
http://e-ciencia.com/opinion/foros/index.php?topic=61.0
http://www.ecured.cu/index.php/Tribu_Los _Tuareg#Vivienda
http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_targu%C3%AD
http://es.wikipedia.org/wiki/Historia_del_pueblo_tuareg
Bibliografía:
"Tuareg". Vázquez-Figueroa, Alberto. Edit. Plaza&Janés. Barcelona, 1987.
7
Muller tuareg agasallando con
té aos seus hóspedes

Más contenido relacionado

Destacado (6)

Visita fotográfica a los petroglifos de ames
Visita fotográfica a los petroglifos de amesVisita fotográfica a los petroglifos de ames
Visita fotográfica a los petroglifos de ames
 
Trabajo de investigacion
Trabajo de investigacionTrabajo de investigacion
Trabajo de investigacion
 
Plan de trabajo
Plan de trabajoPlan de trabajo
Plan de trabajo
 
El trabajo de_campo
El trabajo de_campoEl trabajo de_campo
El trabajo de_campo
 
Presentación proyecto aldeas
Presentación proyecto aldeasPresentación proyecto aldeas
Presentación proyecto aldeas
 
Metodologia de investigacion
Metodologia de investigacionMetodologia de investigacion
Metodologia de investigacion
 

Similar a Tuareg. Enrique Touceda

Ríos África
Ríos ÁfricaRíos África
Ríos África
iesasorey
 
Habitantes do bosque
Habitantes do bosqueHabitantes do bosque
Habitantes do bosque
Carmen165
 
Elba Fernandez Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309
Elba Fernandez  Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309Elba Fernandez  Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309
Elba Fernandez Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309
guest8d25ec
 
Elba Fernandez Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309
Elba Fernandez  Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309Elba Fernandez  Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309
Elba Fernandez Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309
guestaa932ad7
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
Btt Xiabre
 

Similar a Tuareg. Enrique Touceda (16)

Ríos África
Ríos ÁfricaRíos África
Ríos África
 
Habitantes do bosque
Habitantes do bosqueHabitantes do bosque
Habitantes do bosque
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegos
 
Venezuela mural.pdf
Venezuela mural.pdfVenezuela mural.pdf
Venezuela mural.pdf
 
Fichas científicas. Visu desde as cidades
Fichas científicas. Visu desde as cidadesFichas científicas. Visu desde as cidades
Fichas científicas. Visu desde as cidades
 
Anfibios e réptiles 2
Anfibios e réptiles  2Anfibios e réptiles  2
Anfibios e réptiles 2
 
Tribus do frio norte
Tribus do frio norteTribus do frio norte
Tribus do frio norte
 
Presentación2
Presentación2Presentación2
Presentación2
 
Presentacion pdf
Presentacion pdfPresentacion pdf
Presentacion pdf
 
Elba Fernandez Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309
Elba Fernandez  Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309Elba Fernandez  Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309
Elba Fernandez Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309
 
Elba Fernandez Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309
Elba Fernandez  Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309Elba Fernandez  Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309
Elba Fernandez Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309
 
Sahara
SaharaSahara
Sahara
 
O nacemento do feudalismo
O nacemento do feudalismoO nacemento do feudalismo
O nacemento do feudalismo
 
Río Ouro
Río OuroRío Ouro
Río Ouro
 
Folleto udra final
Folleto udra finalFolleto udra final
Folleto udra final
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 

Más de Eva Garea

Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2
Eva Garea
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1
Eva Garea
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socrates
Eva Garea
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019
Eva Garea
 

Más de Eva Garea (20)

Quecultura
QueculturaQuecultura
Quecultura
 
Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socrates
 
Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019
 
Los mitos
Los mitosLos mitos
Los mitos
 
O eu
O euO eu
O eu
 
Serhumano
SerhumanoSerhumano
Serhumano
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
Proyectollegada
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajo
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feminista
 
Unidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteUnidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da mente
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab i
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andas
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmo
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquina
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres Pensantes
 
Kantmoral
KantmoralKantmoral
Kantmoral
 

Tuareg. Enrique Touceda

  • 1. O home no seu mundo: Os Tuareg Os Tuareg 1 IES de Ames Curso 2012-2013 2º ESO D Enrique Touceda Rivas
  • 2. O home no seu mundo: Os Tuareg De todos os pobos do mundo, un dos máis coñecidos e admirados dende sempre é o pobo Tuareg. Os Tuareg, chamados en occidente “homes azuis”, son -en palabras de Alberto Vázquez Figueroa- “un pobo singular e altivo, auténticos fillos do deserto, que non teñen rival en canto a sobrevivir nas condicións máis inverosímiles”.(1) A etimoloxía do seu nome non se coñece exactamente. Uns cren que vén de t.uwârig, etnómino que procede dunha antiga cidade do Fezán chamada Targa; outros, consideran que vén da palabra tariga (camiño), xa que estes tiñan sona de “corta-camiños” para atracar as caravanas dos saharuís. No seu propio idioma, adoitan autodenominarse imoshag ou imushaq, cuxo significado é “os libres” ou “os nobres”. O mesmo ca o resto dos bérberes (pobos que habitan en África septentrional, dende os desertos de Exipto ata o océano Atlántico e dende as costas do Mediterráneo ata o interior do deserto do Sáhara) son orixinarios do norte de África e ocupan un extenso territorio do Sáhara, ao que eles lle chaman Azawad, e que comprende: zonas de Alxeria, Burkina Fasso, Libia, Malí e Níxer. O Sáhara é o deserto máis grande do mundo e tén un clima árido. A temperatura media anual supera os 18ºC, e as temperaturas diarias presentan fortes oscilacións entre o día e a noite. Débese á escasa humidade da atmosfera, que provoca un enorme quentamento do chan durante o día e un forte enfriamento de noite. A temperatura máxima pode chegar a 58ºC e a mínima a -18ºC. O gran problema do deserto é conseguir auga (as mulleres percorren varios quilómetros todas as mañás para traer auga dos pozos), xa que as precipitacións son moi escasas e irregulares, debido á influencia permanente de anticiclóns tropicais. Cando chove, chove a Deus dar, e as augas desaparecen axiña por evaporación ou por infiltración no subsolo. Os ríos só levan auga despois das precipitacións, o resto do tempo os seus cauces permanecen secos. E só en raras ocasións desembocan no mar, xa que as súas escasas augas evapóranse ou quedan estancadas. 2 Dunas do deserto (1) "Tuareg". Vázquez-Figueroa, Alberto. Edit. Plaza&Janés. Barcelona, 1987.
  • 3. O home no seu mundo: Os Tuareg Aínda así, as plantas están adaptadas ao medioambiente para reducir a evaporación e aumentar a absorción da auga. Para iso, unhas (acacia, tamarisco) teñen raíces moi longas que lles permiten absorber auga do subsolo; outras (rosas de Jericó), perden as súas raíces e déixanse transportar para absorber a humidade da atmosfera. Tamén as hai que perden as follas e só lles deixan medrar na tempada húmida. Os animais tamén adoitan estratexias para aforrar auga e evitar a calor excesiva: perda das glándulas suoríparas, cor clara do vestido para reflectir o sol, aumento da temperatura interna para evitar a transpiración, orellas que serven de radiador para regular a perda calorífica (raposo do Sáhara, gato das areas), etc A máis dos animais emblemáticos coma o addax, a gacela doncas e o raposo do Sáhara, o principal animal é o dromedario. Tén unha resistencia excepcional á calor e á sede, e pode transportar moitos quilos de mercadorías. Sen el, a vida no deserto non sería posible; por iso son tan estimados polos Tuareg. Estes homes –de raza bérber, con aportes raciais negros e árabes- caracterízanse por unha estatura elevada (1,75m de media), pel morena, ollos escuros e marcada dolicocefalia (é dicir, cránios alargados con diámetro anteroposterior longo e maior ca o transversal. Son dolicocéfalas as razas nórdicas, mediterráneas e algunhas africanas). Son coñecidos como “homes azuis”, debido á súa vestimente e, especialmente, ao seu turbante (tagelmust) de cor índigo. Os homes comezan a poñelo á idade de 25 anos e nunca o quitan, nin sequera en presenza dos seus familiares. A súa finalidade é ocultar as emocións que o rostro poida revelar. As mulleres, en cambio, non levan tagelmust. Visten con roupas escuras, porque evitan ao máximo a evaporación da suor, para lograr unha refrixeración corporal coa menor cantidade de perda de líquido, impedindo así a deshidratación. 3 Addax: especie de antílope africano, da familia dos orix e os antílopes sable. De 1m de altura e 120kg de peso. A súa área de distribución comprende dende Arabia ata Alxeria. Atópase en grave perigo de extinción.
  • 4. O home no seu mundo: Os Tuareg Os Tuareg viven en tendas feitas con peles cosidas, sostéñense con madeiros e están profusamente decoradas con motivos xeométricos. A tenda (ehe) é identificada co matrimonio e co fogar, por iso debe ser a muller quen a constrúa e ela é a súa dona. As mulleres teñen autoridade no campamento, xa que o home está a maioría das veces ausente, debido ás súas actividades como pastor, comerciante ou guerreiro. A estrutura básica da sociedade Tuareg é a liñaxe (tawshit), grupo de parentes que recoñecen un antecesor común. Os fillos pertencen á liñaxe da nai e herdan dela, mais o fogar establécese nos aghiwan ou campamentos da liñaxe do pai. Cada liñaxe pertence a unha categoría social determinada e fai parte dunha ettebel (tribo). As liñaxes designan un amghar (o seu líder, home) e o consello de líderes designa entre os homes guerreiros o amenokal, o xefe da ettebel. A pesar da súa islamización, a muller goza de gran liberdade. Polo xeral, sabe escribir e é máis instruída ca o seu home. Participa nos consellos e nas asembleas da liñaxe e é consultada nos asuntos da tribo. Homes e mulleres solteiros, viúvos ou divorciados, coñécense e cortexan en sitios chamados ahal (lugar onde conversan, cantan, interpretan música e concertan citas de amor). O casamento lévase a cabo despois de que a muller acepte un pretendente; el pídella ao sogro, pagando unha dote, xeralmente en gando. A muller leva o gando da súa propiedade ao novo fogar. Pode divorciarse ou casarse con outro pretendente se se considera maltratada polo seu home. Unha das actividades económicas desenroladas polos Tuareg ao longo da historia foi o pastoreo de camelos, cabras e ovellas, moi afeitas á vida en condicións áridas. Aínda que tamén criaron burros, cabalos e vacas, estas últimas onde o terreo o permitía. Tamén se adicaron á agricultura, aínda que 4 Tenda tuareg feita con peles e sostida con madeiros Familia de tuaregs. O home está ataviado co turbante característico (tahelmust). As mulleres e os nenos non o empregan.
  • 5. O home no seu mundo: Os Tuareg na meirande parte do territorio a agricultura era difícil, cando non inviable. Nas montañas de Air existían pequenos xardíns cultivados con auga de pozos moi fondos, e nas zonas inundables das marxes do Níxer mesmo chegaron a practicar o cultivo do arroz, servíndose dos seus servos. Outra das súas máis importantes actividades foi a escolta ou o saqueo de caravanas que atravesaban o deserto; os caravaneiros que se negaban a pagar unha peaxe para ser escoltados eran saqueados. Na xerarquizada sociedade Tuareg, a pillaxe estaba fortemente regulada, existindo un estrito código de honor guerreiro. Procuraba prestixio, sempre e cando se realizara segundo as normas tradicionais. A máis das exaccións a caravaneiros e saqueos a veciños, os Tuareg comerciaban amistosamente, sendo os principais bens a adquirir produtos alimentarios (dátiles, paínzo, e sorgo) ou bens como armas, tecidos ou utensilios metálicos. Se ben a maioría de produtos debían ser comprados, os Tuareg realizaban artesanía en prata, marroquinería e confeccionaban alfombras. Chegaron a producir instrumentos de metal, co que fabricaban armas; aínda que, no caso das espadas, a maioría eran de producción estranxeira. Adquiriron prestixio como guerreiros en tempos xa moi lonxanos, sendo tidos en consideración polos pobos veciños árabes ou negros. Armados ata os dentes con arcos e frechas, xavelinas e coa súa famosa espada takouba, cargaban frontalmente a lombos dos seus mehari entoando cánticos e berrando -esta fórmula tivo éxito ao longo de séculos-. Debido ao coñecemento do terreo e ao seu estilo de vida nómada, podían moverse, atacar, saquear e esfumarse con grande rapidez. Pero este xeito de loitar tivo que ser replantexado fronte ás tropas coloniais francesas, que ían armadas con fusís. Ademais, o seu concepto da guerra (entre outras cousas, debido aos seus escasos recursos) era algo pasaxeiro, non perdurable. Un conflito prolongado coma o que podía manter un exército profesional era dificilmente sostible. Houbo intentos neste sentido, como o liderado por El Ikazkazen 5
  • 6. O home no seu mundo: Os Tuareg Haosen, en Níxer, contra os franceses; pero foi un fracaso e acabou morrendo a mans dos turcos no 1917. Durante o período post-colonial, as relacións das diversas confederacións tuareg cos gobernos dos estados xurdidos tras a marcha francesa foi nalgúns casos -Malí e Níxer- moi tensa, con sucesivos conflitos armados, e noutros -como Alxeria-, a poboación non se chegou a integrar totalmente na vida social e política do Estado. Aínda que as relacións de amizade e os lazos familiares son importantes entre os distintos asentamentos tuareg, non houbo unha estratexia política común nin unha coordinación para conformar o xerme dunha nación tuareg. Unha nación onde os seus habitantes falarían linguas tuareg. Estas linguas (en bérber: tamashek, tamahaq, tamajak) son un conxunto de variedades de bérber, altamente intelixibles entre si, faladas polos diferentes grupos de tuareg en moitas partes de Malí, Níxer, Alxeria, Libia, Burkina Fasso e mesmo no Chad. E, aínda que hai autores que as consideran linguas diferentes, pero emparentadas, outros cren que é unha macrolingua con gran diversificación interna. En todo caso, unha lingua que segue a ser un nexo de unión entre as persoas que viven en Azawad, o deserto do Sáhara, onde é moi duro sobrevivir. Lógrano, en boa medida, grazas aos dromedarios, que lles serven de cabalgadura, transportan as súas mercadorías e permiten que se protexan tras os seus corpos cando se desatan de repente esas perigosas tormentas de area do deserto, salvándolles así a vida. Aínda que, en ocasións, homes e cabalgaduras acabaron sepultados baixo toneladas e toneladas de area. Caravanas de centos de dromedarios esvaeceron no deserto sen que nunca máis se volvera a saber deles. Este pobo guerreiro por excelencia, cabalgando a lombos dos seus mehari e xurdindo de súpeto de detrás das dunas, chegou a poñer en fuga ao mesmísimo exército francés. E, en tempos adicados á pillaxe, nembargantes sempre o fixeron seguindo un estrito código de honor. Homes de palabra e leais, que consideran a hospitalidade un deber sagrado. Reciben a calquera viaxeiro do deserto nas súas jaimas, cubertas de alfombras, e agasállano cos seus máis prezados manxares: cordeiro, cus-cus, dátiles, améndoas, té, leite de camela... Trátanos coma se formasen parte da 6 Muller tuareg servindo no té dentro da súa jaima.
  • 7. O home no seu mundo: Os Tuareg súa tribo, facendo gala da súa bonhomía. E se alguén tenta facerlles dano, protéxenos coa súa propia vida, porque son os seus hóspedes, e para eles a hospitalidade é unha Lei sagrada máis antiga ca o Corán. "Auténticos fillos do deserto", séntense orgullosos do seu xeito de vida, do seu raigame, da súa liñaxe. Estes homes destemidos que loitaron con afouteza pola súa liberdade, estes bravos guerreiros son -como se autodenominan- os imoshag ou imushaq: "os libres", "os nobres". Son os TUAREG, "unha das razas máis singulares do deserto" URLs: http://www.enfolang.com/internacional/tradiciones/tuaregs.html http://www.almendron.com/arte/culturas/tuareg/cap_03/tuareg_033.htm http://curiosomundoazul.blogspot.com.es/2009/11/la-vida-en-los-desiertos- los-tuareg.html http://www.ikuska.com/Africa/Etnologia/Pueblos/Tuareg/ http://es.wikipedia.org/wiki/Clima_%C3%A1rido http://www.sahara-online.net/Default.aspx?tabid=619 http://es.wikipedia.org/wiki/Tuareg http://www.mgar.net/africa/desierto.htm http://pluralcostumbres.com/2011/03/13/los-tuareg-los-hombres-azules-del- desierto/ http://e-ciencia.com/opinion/foros/index.php?topic=61.0 http://www.ecured.cu/index.php/Tribu_Los _Tuareg#Vivienda http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_targu%C3%AD http://es.wikipedia.org/wiki/Historia_del_pueblo_tuareg Bibliografía: "Tuareg". Vázquez-Figueroa, Alberto. Edit. Plaza&Janés. Barcelona, 1987. 7 Muller tuareg agasallando con té aos seus hóspedes