1. UD 4.- VIVIR MÁIS, VIVIR MELLOR
1.- SAÚDE E ENFERMIDADE
2.- RISCOS PARA A SAÚDE
3.- TIPOS DE ENFERMIDADES MÁIS FRECUENTES: PREVENCIÓN, CAUSAS E TRATAMENTO
4.- SAÚDE PÚBLICA E MEDICINA PREVENTIVA
5.- ENFEMIDADES INFECCIOSAS
6.- O DIAGNÓSTICO DAS ENFERMIDADES
7.- TRATAMENTO DAS ENFERMIDADES: FÁRMACOS E MEDICAMENTOS
8.- TRASPLANTES E SOLIDARIDADE
9.- CONDICIONAMENTOS DA INVESTIGACIÓN MÉDICA
10.- A SANIDADE NOS PAÍSES DE BAIXO DESENVOLVEMENTO
2. 1.- SAÚDE E ENFERMIDADE
1.1.- Concepto de saúde e enfermidade
A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a saúde como un estado de completo
benestar físico, mental e social, e non só como ausencia de enfermidade.
Enfermidade: alteración do estado de saúde, é dicir, perda transitoria ou permanente do
benestar físico, psíquico ou social.
Así, a calidade de vida dunha persoa defínese, en termos xerais, como o seu grao de
benestar, felicidade e satisfacción, que lle permite actuar e sentir a súa vida de forma positiva.
Depende, entre outros factores, da súa saúde física e mental, o seu nivel de autonomía e as súas
relacións sociais e co seu entorno. Un dos principais indicadores é a esperanza de vida ao nacer, que
é unha estimación do promedio de anos que viviría un grupo de persoas nacidas nun ano se non
variaran as condicións sanitarias e sociais, na zona que se estudia.
Curiosidade: A saúde e a enfermidade día a dia:
http:/www.poodwaddle.com/clocks2.htm
Páxina web na que aparecen datos diarios e a tempo real das persoas que nacen, que
morren, de que morren, causas principais de mortalidade...
Bibliografía:
El hombre que confundió a su mujer con un sombrero
Autor: Sacks
El médico
Noah Gordon.
Ediciones B. Grupo Z (1986)
O estado de saúde dunha persoa é o resultado da combinación do seu xenotipo (a
información xenética que aporta) e o ambiente no que se desenvolve e vive.
Existen:
- enfermidades xenéticas: debidas a alteracións no xenoma (por exemplo o síndrome de Dawn, a
hemofilia ou algúns tipos de diabetes)
- outras que non son determinadas directamente polo xenotipo, pero este si determina unha
predisposición a padecelas (por exemplo as enfermidades cardiovasculares: pódese ter
predisposición a padecelas, pero con dieta e exercico é posible que nunca se chegue a padecelas).
- enfermidades conxénitas (relacionadas coas xenéticas): son as que se manifestan desde o
nacemento debido a algún trastorno producido durante o desenvolvemento embrionario ou durante
o parto (por exemplo, se unha muller embarazada padece rubeola e lla transmite ao feto, este pode
sufrir retraso mental). Moitas pódense diagnosticar antes do nacemento e, incluso, curar.
Noticia relacionada: La Voz de Galicia (3 / 12 / 2008)
O feto é anestesiado dentro do útero da súa nai para evitar movementos imprevistos, mentres ela permanece
esperta en todo momento e é informada da marcha da intervención.
Médicos do Hospital Universitario 12 de Outubro realizan operacións cardíacas intrauterinas a fetos de entre
21 e 25 semanas, cuxo corazón non supera o tamaño dunha moeda dun euro.
Ata o momento realizáronse sete intervencións deste tipo, denominadas valvuloplastias, que se aplican para
corrixir mediante dilatación estreitamentos severos das válvulas do corazón en fetos antes do seu nacemento.
2
3. 2.- RISCOS PARA A SAÚDE
Poden ter a súa orixe:
- No ambiente que nos rodea
- No propio organismo (internas)
- Nos hábitos de vida
- No entorno sociocultural
Algúns destes factores de risco pódense modificar (os que dependen do comportamento da persoa) e
outros non (idade, sexo, xenética).
Dacordo co tipo de riscos as agresións ás que nos expoñemos son de distinta natureza:
2.1.- Agresións ambientais
Os organismos para a súa supervivencia débense enfrentar a condicións ambientais
adversas. Éstas pódense clasificar en:
FÍSICAS:
• Radiacións ionizantes (capaces de modificar a estrutura da materia): poden ter orixe
natural (a maior parte; por exemplo do Sol chegan raios UV e algúns gamma...) ou artificial
(residuos nucleares).
• Ruidos. Especialmente nas cidades. Poden producir alteracións no sono, no
comportamento e perda auditiva).
• Variacións de temperatura. Altas temperaturas xunto con exceso de humedade (que
impide a sudoración e, polo tanto, a refrigeración que supón) poden ser letais. O mesmo pasa co
frío extremo.
QUÍMICAS:
• Contaminación do aire, como consecuencia das actividades humanas, especialmente
a industria, a calefacción e o tráfico. As principias substancias contaminantes son: o monóxido de
carbono, dióxido de xofre, óxidos de nitróxeno e partículas en suspensión (fume, aerosois...).
• Contaminación da auga, debido ao uso doméstico e industrial. Estes contaminantes
poden ser: orgánicos (augas fecais e residuos ganadeiros, pesticidas, graxas e plásticos);
inorgánicos (nitratos e fosfatos dos abonos, así como ácidos, sales e metais tóxicos)1; biolóxicos
(microorganismos).
• Contaminación dos alimentos, cando conteñen substancias extranas (plaguicidas,
metais pesados, antibióticos…) que ao inxerilas poden ter efectos negativos sobre a saúde. Ás
veces os efectos son por acumulación e a longo prazo.
2.2.- Causas biolóxicas (internas)
• Sexo e avellentamento (cancro mama / próstata ...)
• Sistema interno ou constitución
1
Nos anos cincuenta unha planta química próxima á Baía de Minamata (Xapón) descargou alta cantidade de residuos
mercuriales (metilmercurio principalmente) no mar, o cal contaminou o plancto e o pescado que foi chuchado posteriormente
polos habitantes locais, orixinando unha intoxicación masiva de características catastróficas, con 121 afectados, 46 mortos e
moitos nenos con danos severos no sistema nervioso central.
Saturnismo: enfermidade provocada pola intoxicación con chumbo. Dise que Beethoven morreo a causa do saturnismo e que
goya tivo problemas de saúde por el.
3
4. • Xenéticas
Estes factores de risco non se poden modificar.
2.3.- Hábitos de vida
• Exercicio físico adaptado ao suxeito e hábitos alimentarios axeitados (prevense o cancro e
enfemidades cardiovasculares)
• Consumo de tabaco, alcohol e drogas ilegais
• Hixiene e coidado persoal
2.4.- Entorno sociocultural
• Situación socioeconómica
•Cultura
•Vida familiar e social (disfrute de tempo libre)
• Estrés
3.- TIPOS DE ENFERMIDADES MÁIS FRECUENTES: PREVENCIÓN, CAUSAS E TRATAMENTO
Verase a través de traballos
4.- SAÚDE PÚBLICA E MEDICINA PREVENTIVA
Saúde pública: atención á comunidade desde o punto de vista sanitario con medcios públicos.
Medicina preventiva: rama da medicina que se ocupa de impedir no individuo, na familia ou nun
grupo de poboación a aparición, o desenvolvemento e o mantenimento da enfermidade, baseándose
nos coñecementos da ciencia médica. Actúa a nivel individual e a exercen titulados relacionados coa
saúde. É máis restrinxida que a saúde pública.
Prevención primaria (vacinas...)
Prevención secundaria (diagnóstico precoz…)
NIVEIS DE PREVENCIÓN Prevención terciaria (mellorar o curso dunha
enfermidade e evitar complicacións e deterioros derivados
desta...)
5.- ENFERMIDADES INFECCIOSAS
Causadas por microorganismos patóxenos como bacterias, virus, protozoos e fungos.
- Por bacterias: cólera (pola auga), farinxite (polo aire), salmonelose (polos alimentos) ....
- Por virus: gripe (por contacto directo), hepatite A (por auga ou alimentos) e B (vía sexual ou
sangue), papeiras, rubeola, VIH ...
- Por protozoos: malaria ou paludismo ...
- Por fungos: pé de atleta...
4
5. 5.1.- Transmisión das enfermidaddes infecciosas
O microorganismo patóxeno pode penetrar no noso corpo por:
Por contacto directo (a través da pel, polo aire, por relacións sexuais...)
Por medio da auga
Por medio dos alimentos
Por medio de animais (mosquitos...)
5.2.- Desenvolvemento das enfermidades infecciosas
Fases:
1) Infección (chegada do microorganismo ao corpo e reprodución)
2) Período de incubación (longo ou curto)
3) Período agudo (manifestación plena con febre, dor...)
4) Período de declive (ceden os síntomas)
5) Convalecencia (período no que o doente se vai recobrando)
Será importante a prevención das enfermidades infecciosas con normas de hixiene e
manipulación (evitar beber auga dubidosa, lavar as mans e as verduras, froitas, hortalizas...,
conservación e manipulación correcta de alimentos, utilización de preservativo nas relacións
sexuais...)
5.3.- A defensa contra as infeccións
Os mecanismos de defensa do organismo poden ser:
Inespecíficos. Actúan fronte a calquera infección; trátase da pel, das mucosas e a
inflamción.
Específicos. O sistema inmunitario (o seu compoñente máis importante contitúeno os
linfocitos –un tipo de glóbulos brancos do sangue-). Actúa identificando
partículas estranas (antíxenos) que son destruídas por proteínas do
organismo (anticorpos).
5.4.- Trastornos do sistema inmunitario
Enfermidades autoinmunes: o sistema inmunitario recoñece como estrana algunha
molécula do propio organimo (exemplos: esclerose múltiple, algún tipo de diabetes...)
Alerxias: o sistema inmunitario responde ante antíxenos aos que non debería responder en
condicións normais como os que se atopan no pole, nos ácaros de pó...
5
6. 5.5.- O tratamento das enfermidades infecciosas
Contra as enfermidades causadas por bacterias: con antibióticos. O primeiro descuberto foi
a penicilina (descuberta por Fleming quen non patentou o seu descubrimento para abaratalo; hoxe en
día a maioría están patentados).2 Tamén se empregan as sulfamidas.
Contra as enfermidades causadas por protozoos e fungos. Con antiprotozoarios e
antifúnxicos ou funxicidas. (Son medicamentos menos efectivos que os antibióticos e máis tóxicos).
Contra as enfermidades causadas por virus. Son máis difíciles de tratar xa que é o noso
organismo o que debe vencer a infección e eliminar o virus. Os síntomas si se combaten con
medicamentos.
Nos últimos anos desenvolvéronse antivirais contra o VIH, causante da SIDA, e contra o virus
do herpes.
Vacinas: Pretenden inmunizar ás persoas contra algúns organismos patóxenos (como se se tivese
padecido a enfermidade). Estimulan o noso sistema inmunolóxico para desenvolver anticorpos que
poidan contrarrestar un virus ou unha bacteria que invada o noso corpo e producir “células de
memoria”. Así, o sistema de defensa sabe que facer e responde evitando a infección.
A primeira vacina foi descuberta por Jenner (s. XVIII- XIX) e foi para combater a viruela. Outra
personaxe importante no desenvolvemento da medicina moderna e en particular das vacinas foi Louis
PASTEUR.
A pesar dos avances neste campo cabe preguntarse como é que a pesar de supoñer unha
enorme mellora na sa´de mundial, por que non hai vacinas para todas as enfermidades? Hai dúas
razóns poderosas:
1ª) De índole social: investígase máis nas enfermidades que afectan a persoas que viven no mundo
desenvolvido.
2ª) De índole científica: os microorganismos teñen estratexias defensivas, de maneira que fabricar
vacinas contra algunhas enfermidades é moi complexo.
Unha das vacinas que máis se resiste aos investigadores é a do VIH (virus da SIDA), pese aos
múltiples intentos por obtela, debido a que é un virus que muda moi rapidamente.
6.- O DIAGNÓSTICO DAS ENFERMIDADES
O diagnóstico é o proceso polo que se identifica a enfermidade que afecta ao paciente.
Fases:
1) Entrevista clínica (recóllense datos útiles para o diagnóstico)
2) Exploración física (coa vista, oído, tacto)
3) Exploracións complementarias (probas)
2
Trátase dun descubrimento serendípico
6
7. A historia clínica é o documento que se vai elaborando ao longo do tempo na relación entre o
médico e o paciente. Contén información confidencial do tipo de:
- datos subxectivos proporcionados polo paciente (síntomas).
- datos obxectivos obtidos da exploración física e das complementarias.
- diagnóstico
- pronóstico ou evolución
- tratamento
6.1.- Exploracións complementarias máis empregadas
Análise de sangue
Técnicas de diagnóstico por imaxe (radiografía, tomografía axial computerizada –TAC ou escáner-,
resonancia magnética, ecografía, medicina nuclear –gammagrafías-, tomografía por emisión de
protóns –PET-…
Cateterismo cardíaco
Técnicas de rexistro da actividade eléctrica (electrocardiograma, electroencefalograma,
3
electromiograma ).
Probas de esforzo
Técnicas endoscópicas
Biopsia
7.- TRATAMENTO DE ENFERMIDADES: FÁRMACOS E MEDICAMENTOS
Medicamentos: produtos que empregamos para curar, aliviar, previr ou diagnosticar unha
enfermidade.
Fármacos: principios activos dos medicamentos, é dicir, substancias que fan que estes teñan as
súas propiedades.
Reaccións adversas: efectos negativos non desexados dos medicamentos.
Dose: cantidade axeitada do medicamento.
Interaccións farmacolóxicas: interaccións entre distintos fármacos.
Vías de administración dos fármacos
- Oral (pastillas, cápsulas, comprimidos...)
- Sublingual (algúns comprimidos)
- Rectal (supositorios)
- Inxección (subcutánea / intramuscular / intravenosa)
- Intranasal (cun nebulizador)
- Tópica ou cutánea (pomadas)
3
Mide a actividade eléctrica dos ,úsculos e fibras nerviosas.
7
8. 7.1.- A industria farmacéutica: patentes e xenéricos
Para que un medicamento sexa aprobado polas autoridades sanitarias é preciso que pase as
seguintes fases:
Pasa probas en animais de experimentación e persoas sanas. Se é satisfactorio pasa a:
Fase de ensaio (probas con enfermos)
Se o medicamento é efectivo, entón procédese a súa comercialización.
Cando unha empresa descubre un fármaco novo solicita a súa patente (autorízaselle a ser a
única fabricante e comercializadora deste entre 10 e 20 anos. A partir de aí outros laboratorios poden
fabricalo. Falamos, entón, de XENÉRICO (resulta máis barato para o doente e para o país).
7.2.- O uso racional dos medicamentos
A OMS define o uso racional dos medicamentos como aquela situación na que os doentes
reciben a medicación axeitada ás súas necesidades clínicas, nas doses precisas, segundo os
requisitos individuais, coa información para o seu uso correcto, durante un período de tempo axeitado
e ao menor coste posible para eles e para a comunidade. Isto implica:
- Elixir o medicamento axeitado á situación clínica do doente (excluir automedicación, ter en
conta efectos secundarios...)
- O doente debe recibir información clara e precisa trala prescripción (forma de tomalo, dose,
tempo…)
- Débese recetar o medicamento máis barato entre as diferentes posibilidades que ofrece o
mercado.
8.- TRASPLANTES E SOLIDARIDADE
Verase a través de lecturas
9.- CONDICIONAMENTOS DA INVESTIGACIÓN MÉDICA
Verase a través de lecturas
10.- A SANIDADE NOS PAÍSES DE BAIXO DESENVOLVEMENTO
Visionado dos documentais “El secreto mejor guardado” e “La vida efímera” da película En el
mundo a cada rato (UNICEF)
11.- BIBLIOGRAFÍA
- Libros de texto de diferentes editoriais de CCMC de 1º BAC
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA SOBRE ALIMENTACIÓN E EXERCICIO FÍSICO /
ACTIVIDADES
8