Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
O Asturiano
1. O Asturiano Andrea Correa Pazos e Paula Fandiño Diz 3º ESO A CPI Aurelio M. Rey García Cuntis, decembro 2008
2. A lingua asturiana é unha lingua romance pertencente ao subgrupo asturleonés e derivada directamente do latín. É unha lingua próxima ao galego debido a certas características comúns como a conservación do F- inicial latino. Outro dos nomes empregados tradicionalmente para designar esta lingua é o de bable, mais en realidade trátase dun heteroglotónimo despectivo procedente da locución "bla, bla". A súa normativa é elaborada pola Academia de la Llingua Asturiana. O Asturiano
3. Na actualidade, falan o asturiano uns 100.000 falantes nativos, ós cales hai que engadir 450.000 máis que usan o asturiano como segunda lingua, podendo falalo e entendelo. Os nenos con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos estudan asturiano no colexio de forma voluntaria, mentres que entre os 12 e 18 anos, só é posible estudalo de forma optativa nalgúns institutos. Está en proceso de aprobación a titulación de Filoloxía Asturiana no Consello de Universidades co novo plano de filoloxías. Esta lingua fálase en Asturies, no noreste de Portugal (concretamente nos municipios de Miranda do Douro e Vimioso) e no noroeste de Castela e León. Falantes
4. Estatus actual O estado legal actual da lingua asturiana é o seguinte: goza de protección, pero sen chegar a estar recoñecida como oficial polo Goberno de Asturias. No ano 2005 o goberno asturiano aprobou o Plano de Normalización Social do Asturiano 2005-2007 para potenciar o uso e a promoción do asturiano e do galego-asturiano. Así mesmo, existen varias asociacións, como a Xunta Pola Defensa da Llingua Asturiana e o Conceyu Abiertu pola Oficialidá entre outras, e partidos políticos, como Esquerda Unida (chamado Izquierda Xunida en Asturies), o Partíu Asturianista, Unidá e Andecha Astur entre outros, que apoian a oficialidade desta lingua e realizan campañas en favor da súa oficialidade. Manifestación pola oficialidade no día das Lletras Asturianas do ano2007
5. Mostra textual Extracto de L'últimu home Un españíu fizo tremar el fayéu. El ñarbatu esnaló lloñe. L'esguil espaeció nel ñeru. Hebo otru españíu, y darréu otru. L'home, entós, mientres cayía coles manes abiertes, los güeyos nel infinitu y el so cuerpu remanando per tolos llaos abonda sangre, glayó una pallabra, una pallabra namás, que resonó y güei sigue resonando na biesca y en toa Asturies: «¡Llibertá!». Traducción ao galego de O último home Un estourido fixo tremer o lugar. O merlo voou lonxe. O esquío desapareceu no niño. Houbo outro estourido, e logo outro. O home, entón, mentres caía cas mans abertas, os ollos no infinito e o seu corpo vertendo por tódalas partes moito sangue, berrou unha palabra, só unha palabra, que resoou e hoxe segue resoando no bosque e en toda Asturies: «Liberdade!». Mostra da fala Nós - L'Asturianu nos institutos
6. Música e Literatura en Lingua Asturiana Algúns autores que escriben en asturiano son: Berta Piñán, Esther Prieto, Xuan Bello, Antón García, Miguel Rojo, Carlos Rubiera, Milio Rodríguez Cueto, Pablo Antón Marín Estrada o Martín López-Vega. Na música destaca o folk e outros estilos. Un grupo mítico da escena astur é Los Berrones , banda aracterizado polas súas letras cargadas de ironía. Foron os autores do disco en asturianu máis vendido na historia. Berta Piñán Xuan Bello Máis información sobre a literatura , a música e a actualidade da lingua asturiana .