SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 77
Descargar para leer sin conexión
SEGUINDO O
RASTRO DE
ROBERTO
VIDAL
BOLAÑO
Caderno didáctico
Roberto Vidal Bolaño
Letras Galegas 2013
Edita:
IES. María Casares. Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
Concello de Oleiros. Servizo de Normalización Lingüística
Texto:
Marisa Díaz Couce
Fernando Díaz-Castroverde Gómez
Sabela Echevarria Franco
Raquel Guimarei Taibo
Carmela Moure Lema
Coordinadora:
Pepe Taboada Pérez
Deseño gráfico e maquetación:
Manuel Álvarez Parada
“Un teatro do hoxe e do aquí. Un teatro con fe abondo en si mesmo e na sociedade na que nace e á que serve, como
para ser quen de saír ó encontro de poéticas propias, capaces de traducir en termos de universalidade o particular,
de reafirma‐las capacidades potenciais da nosa cultura e dos nosos creadores para se incorporar por méritos propios
á dramaturxia e ó teatro universais.
Un teatro que contribúa a lle restituír ós cidadáns o dereito a un lugar de encontro no que se espellar, co que poidan
sentirse identificados e ó que cheguen a ter como propio.
Un teatro que, ademais desa forma de expresión e comunicación á que ningunha cultura que se queira viva pode
substraerse, se aspira a preservar e revitalizar aqueles sinais da súa identidade que a fan existir como tal, sexa un
produto artístico de elaboración industrial, capaz de xerar riqueza e de idonizar a explotación racional dos nosos
recursos humanos, económicos e infraestruturais.
Ese teatro hoxe máis que nunca, ten que estar aquí, entre nós, ó noso alcance, só hai que saír e buscalo.”
Manifesto da compañía Teatro do Aquí.
1
Semblanza
2013. Roberto Vidal Bolaño: o ano do cometa.
Castelao traballando na súa obra "Os vellos non deben de namorarse"
Vista Alegre (Compostela) e 1950 son o lugar e data
sinalados para o nacemento de Roberto.
A data, 1950, é o ano do estigma, o ocaso do cometa.
Nese mesmísimo ano, o día 7 de xaneiro ás 23 horas,
morre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, na quinta
provincia, Bos Aires, exiliado e desconsolado. E alí
mesmo, tan lonxe da patria, no cemiterio da Chacarita foi
enterrado. Unha data, pois, que marca.
E o lugar? Vista Alegre. Un barrio, en tempos arrabalde
de Compostela: casoupas pequenas, ruelas estreitas,
fondas de estudantes, os últimos prados e lameiros que
foxen do balbordo da cidade e a néboa omnipresente. E
aló, no fondo do cadro e con eco: as torres da catedral!
Vista Alegre: un marco, un atrezzo, un sfumato.
2
De Vista Alegre a Compostela: a carreiriña dun can. E tomar Compostela, invadir a cidade impertérrita desde os
humildísimos recantos de Conxo, Salgueiriños, de San Lázaro ou Vista Alegre!
Para esa entrada cómpre cerimonia, Roberto. Hai que actuar, que non che é o mesmo vivir no extrarradio e vestir
modestos galóns que pisar pedra milenaria de sotana e cabalo. En Compostela, a estrea.
Roberto Vidal Bolaño foi un farsante. Un mentireiro. Un comediante. Un creador de universos alternativos, de pompas
de xabrón nun tempo gris e balorento.
O rapaz de Vista Alegre tivo de sempre una teima co audiovisual, co cinema e soñou, algún día quizais, cun Cinema
Nacional propio e autónomo, de noso. Cunha luz de identidade.
Navegaba, cinéfilo, no ronsel, entre outros, do admirado John Ford (palabras maiores!) e, se cadra, do seu The quiet
man (O home tranquilo). A película na que Sean Thorton regresaba, náufrago, á súa aldea natal de Inesfree, en
Irlanda, procurando as raíces e as palabras dos camiños e procurando tamén á belísima Mari Kate Danaher (Maureen
O´Hara). Aquela escenografía do regreso, do contorno e do camino tamén percorre a obra de Roberto.
3
O tempo de Vidal Bolaño
A nenez
1950­1962 Roberto vive no barrio compostelán de Vista Alegre onde realiza os seus primeiros estudos e aos
doce anos, comeza a traballar como administrativo nunha empresa de recambios de coches. Empeza a
interesarse pola literatura e o cinema.
1957 trae un alento de esperanza para o un continente asolado
por dúas guerras mundiais, Europa: seis países, entre os que
está incluída a derrotada Alemaña, fundan o Mercado Común
Europeo, o primeiro paso para camiñar cara á unidade. E
mentres o vello continente celebra a superación das rivalidades,
as dúas superpotencias trasladan ao espazo a súa loita pola
supremacía mundial: a Unión Soviética deixa abraiado ao mundo
cando nunha mostra de poderío impensable lanzan en outubro o
Spútnik, o primeiro satélite artificial, e en novembro colocan en
órbita a cadela Laika, o primeiro ser vivo que sae da atmosfera
terrestre. Son os primeiros pasos da chamada “carreira
espacial”, onde a URSS parte con vantaxe. Satélite Spútnik
4
No 61 o mundo parece precipitarse cara á destrución total: constrúese en Alemaña o muro de Berlín, e chega á
presidencia dos EEUU un xove J.F Kennedy que pretende reafirmar o poderío estadounidense e apoiará unha
invasión de Cuba na Baía de Cochinos. Isto levará ao mundo ao borde do enfrontamento nuclear cando ordena poñer
un cerco arredor da illa e atacar aos buques soviéticos que intenten forzar o bloqueo. Resolta a crise, dúas noticias
volven dar un alento de esperanza nun mundo mellor: Kennedy propón un teléfono directo co Kremlin para evitar
chegar a un extremo semellante e créase Amnistía Internacional, co obxectivo de vixiar o cumprimento dos Dereitos
Humanos.
En España, Franco intenta que o seu réxime sobreviva á
súa morte e en maio de 1958 promulga a Ley de los
Principios Fundamentales del Movimiento para
institucionalizar o réxime ditatorial. O cine é a principal
distracción da poboación, 63057 salas forman unha rede
que chega aos puntos máis pequenos do país. Comezan
a facerse cines de arte e ensaio e, timidamente, asoma
un novo cine español.
Entre os artistas máis admirados desta época está
Humphrey Bogart e a nacente estrela francesa Brigitte
Bardot. En 1960 Hitchcock estrea Psicose e en 1962
morre Marilyn Monroe. Mentres, catro mozos
descoñecidos de Liverpool chamados Os Beatles chegan
por primeira vez ao máis alto das listas de éxitos coa
canción “Love me do”.
5
A adolescencia e mocidade
1963­1970 Tempo de estudo e traballo, primeiros contactos co teatro e intento de matricularse na Escola
Oficial de Cine de Madrid, que pechara pouco antes de que puidera matricularse.
Galicia ve a creación de dous partidos: UPG de Bautista Álvarez e PSG de Beiras, que artellarán a oposición
galeguista e democrática. Economicamente continúa sendo terra de emigrantes, agora a Venezuela e Europa. Fenosa
asolaga os vales galegos coas súas grandes centrais hidroeléctricas, orixinando protestas campesiñas e aparecen
intentos por deixar de ser só fonte de recursos e man de obra para coller o tren da industrialización: a Citroen en Vigo,
Pescanova, os estaleiros de Ferrol e Vigo e en Ourense Coren que comeza a modernizar a produción agraria galega.
A cultura e a sociedade van espertando aos poucos:
no 63 institucionalízase o Día das Letras Galegas
para homenaxear as persoas que loitaron a prol da
nosa lingua, créase no 65 a primeira cátedra de
lingua e literatura galega na Universidade de Santiago
a cargo de Ricardo Carballo Calero, aparece
Edicións do Castro da man de Isaac Díaz Pardo e
xorden por toda a xeografía do país asociacións
culturais: O Facho, O Galo, Abrente...
Encoro de Castrelo de Miño antes e despois do seu
asolagamento. Fotos de Foto Chao e Enrique Rodríguez
6
Mentres, en España o goberno debátese entre os intentos por modernizar o réxime e a represión da cada vez maior
oposición política e social. No 69 as protestas estudantís obrigan a declarar o estado de excepción en todo o país. A
tensión social acada niveis descoñecidos. Ao ano seguinte Franco nomea a Juan Carlos o seu sucesor, co título de rei.
París maio do 68. Foto de Cartier Bressons
Os ecos que nos chegan de fóra retratan
tamén un mundo en tensión: no 63 Martin
Luther King logra emocionar a unha
multitude de máis de 200.000 persoas co
seu discurso “Teño un soño”, a favor da
xustiza, a igualdade de razas e a loita
pacífica polos dereitos civís. Ao mesmo
tempo na Sudáfrica do apartheid e a
segregación racial outro defensor das
mesmas causas, Nelson Mandela, pagará
cunha longuísima condena no cárcere a
súa loita pola igualdade.
Nese mesmo ano o mundo conmóvese co
asasinato do presidente Kennedy e os
soviéticos colocan a primeira muller no
espazo, Valentina Tereshkova, e seguen en
cabeza da carreira espacial.
7
Europa contempla abraiada o que acontece en Francia en maio
de 1968: París é tomada polos estudantes que levantan
barricadas reclamando cambios educativos e sociais. A protesta
transcende cando 10 millóns de traballadores os apoian parando
o país e convertendo o Maio do 68 nunha bandeira da xuventude
que quere cambiar a sociedade con lemas como “sexamos
realistas, pidamos o imposible”. Mentres, tres meses máis tarde,
no bloque socialista a URSS destroza outro soño cando os seus
tanques invaden Checoslovaquia e rematan coa chamada
“Primavera de Praga”, a esperanza dun socialismo en liberdade.
En xullo do ano 69 a humanidade marabíllase contemplado como
Neil Armstrong , astronauta do Apolo 11 dá “un pequeno paso
para o home, pero un gran paso para a humanidade” pisando
a Lúa . É a fin da carreira espacial que gaña EEUU e sume ao
bloque soviético nunha profunda depresión anímica e económica
da que non se recuperará.
Mentres, en África, a fame de Biafra chama á conciencia do
mundo.
No 65 EEUU envía as primeiras tropas a Vietnam, unha guerra que sacudirá a conciencia dos norteamericanos. E no
67 Israel comezará a súa interminable guerra contra os árabes atacando por sorpresa a xordanos, exipcios e sírios: é a
“Guerra dos Seis Días”.
8
Tempo de mili e inicio da vida adulta 1971-1980
Do 71­73 mili en Ceuta. Tempo de achegamento á cultura
popular galega, ao mundo do cine co Equipo Lupa e ao do
teatro que explorará en todas as súas facetas: lector,
creador de grupos, director, autor, actor... que
intensificará, despois do seu despedimento do banco no
que traballaba. No 1975 pon en marcha o Teatro Antroido
que duraría ata ben entrados os oitenta. Con el gaña o
premio Abrente en Ribadavia coa obra Laudamuco, señor
de ningures e repite premio con Bailadela da morte ditosa
no 1980, no mesmo certame. É polo 78 cando Vidal Bolaño
comezou co seu teimudo empeño de profesionalizar o
teatro galego.
No 73 Franco nomea presidente do goberno a Carrero Blanco, que seis meses máis tarde será asasinado na
Operación Ogro por membros de ETA. Neste ambiente crispado todos os ollos se volven aos nosos veciños
portugueses que no 74 coa “Revolución dos caraveis” poñen fin á súa ditadura.
25 de abril en Portugal
No eido da cultura, neste tempo Inglaterra marca as tendencias internacionais: na música os Beatles, os Rolling
Stones, Doors..., na moda, a deseñadora Mary Quant que crea a minisaia, no cine Kubrick estrea 2001 Unha odisea
do espazo...Unha loucura de color e liberdade, amor libre e psicodelia invádeo todo.
9
Pero España aínda terá que agardar ata novembro do 75, coa morte de Franco e o nomeamento de Juan Carlos
como rei, para que comece o proceso que chamamos a transición e acadar así a normalidade democrática. A partir
deste ano os acontecementos precipítanse: en xullo do 76 Adolfo Suárez é nomeado presidente do goberno, en
agosto outórgase unha ampla amnistía…
Pero non todos estaban polo cambio, os grupos da ultradereita franquista, altos mandos do exército e os cargos
vencellados ao Movemento Nacional móvense para reverter a situación. Os comezos do 77 sorpréndennos cunha
mostra das súas intencións: un grupo de avogados laboralistas é asasinado no seu despacho da rúa Atocha, en
Madrid. Aínda así os acontecementos parecen imparables: en abril legalízase o Partido Comunista e en xuño
convócanse eleccións que gaña Adolfo Suárez co seu partido a UCD. En setembro un millón de persoas maniféstanse
pacificamente en Barcelona para pedir a autonomía. España pouco a pouco vai recuperando aos exiliados como o
poeta Alberti, Dolores Ibarruri… En decembro do 78 apróbase a Constitución.
Tampouco Galicia é allea a este tempo de axitación universitaria, agraria e obreira. No 72, e no medio dunha grande
actividade sindical realízanse folgas xerais en Vigo e Ferrol, os núcleos industriais galegos. A de Ferrol remata coa
morte de dous obreiros do estaleiro Bazán, Amador e Daniel.
Despois de tres anos artellando plataformas nas que van converxendo as principias forzas políticas, no 77 constitúese
a Xunta preautonómica presidida por Antonio Rosón co obxectivo de obter a autonomía para Galicia. Teremos que
agardar ata decembro do 80 para que o Estatuto de Autonomía sexa aprobado en referendo.
Tamén nesta época coñeceremos o pesadelo da contaminación cando o petroleiro Urquiola derrama 10.800 toneladas
de petróleo ao pé da Torre de Hércules.
10
Mentres tanto no mundo unha nova revolución inimaxinable estase xestando, e os primeiros síntomas aparecen en
1975: dous norteamericanos- Paul Allen e un xove Billy Gates, de 19 anos- fundan Microsoft, a empresa que fará
posible que a informática entre nas nosas vidas. E no ano 76 morre Mao Zedong, o ditador da China, que tras da súa
morte, e sen abandonar oficialmente o comunismo, comeza a marcha cara ao capitalismo e á conversión na maior
potencia económica do mundo.
Familia numerosa na España dos anos 70
No eido cultural a década déixanos: no 73, a
morte do pintor Picaso en Francia; no 77 a de
Elvis Presley, o home que co seu movemento de
cadeiras fixo do rock música de masas e no 80
Alfred Hitchcock, o cineasta que fixo estremecer
de medo ao mundo con películas como Psicose
ou Os paxaros. Pero a noticia que de verdade
conmoveu ao mundo xove ese ano foi o
asasinato de John Lennon.
11
Período de madurez 1981- 1991
Dedícase de cheo ao teatro, tanto como dramaturgo, director
ou actor. É a etapa de maior actividade como escritor, e cara ao
final da mesma comeza a adentrarse no mundo do audiovisual,
que sempre lle chamou. . Con algunhas discrepancias do
sector teatral, a Xunta de Galicia pon en marcha o Centro
Dramático Galego co que Vidal Bolaño colaboraría en máis
dunha ocasión.
Con Caprice des Dieux aparece cun novo elemento
caracterizador: ao seu sombreiro engade o nariz de pallaso, e
tamén cunha nova modalidade teatral, o monólogo, que o
consolidaría nunha das súas facetas máis salientable: a de
actor.
Serán tamén monólogos, Sen ir máis lonxe, xa mencionado, e
Os Papalagui as súas últimas interpretacións.
No 1991 funda un novo grupo, Teatro do Aquí, que aportará
estabilidade pero suporá un gran esforzo como escritor,
director e actor para poder estrear anualmente unha nova obra
adaptada ao elenco de actores e posibilidades materiais das
que dispuña a compañía.
Cartel do mundial de fútbol de 1982 celebrado en
España. O cartel é de Miró
12
En Galicia no 81 celébranse as primeiras eleccións autonómicas e iranse poñendo as bases da autonomía. Créanse
tamén uns anos despois, no 84, a Radio e a Televisión pública galega e o Centro Dramático galego.
En 1989 Manuel Fraga, ao fronte dun refundado Partido Popular, acada unha axustada maioría absoluta que inaugura
un longo mandato e converte a Galicia nun feudo da dereita: catro maiorías absolutas consecutivas.
Os 90 viron nesta terra o desenvolvemento de sectores como o téxtil (Inditex, Adolfo Domínguez, Roberto Verino,
Florentino...), o vitivinícola (denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei, Valdeorras) e a
consolidación da automoción. Galicia converteuse tamén nunha das principais produtoras de enerxía eólica. Pero o
campo galego está ferido de morte e a ninguén parece preocupar o acentuado peche das pequenas explotacións
agrogandeiras que ocupaban ao 41% da poboación, e que baixa ata o17 % . É o comezo da fin da Galicia rural que
coñecemos nos últimos séculos.
España comeza o ano 81 dun xeito inquietante: en xaneiro Suárez presenta a súa dimisión como presidente do
Goberno e o 23 de febreiro o coronel Tejero asalta o Congreso dos deputados. Vívese un día de confusión, con
tanques nas rúas de Valencia e no que calquera cousa podía pasar. Só a intervención televisiva do rei á noite parece
garantir o fracaso do golpe de estado.
Xuño do 83 trae un cambio de goberno: un Felipe González de 40 anos arrasa nas eleccións, comezando un longo
mandato con catro vitorias electorais seguidas. O que será o seu vicepresidente, Alfonso Guerra, resume a intención
duns socialistas que chegaron ao poder co lema do cambio: España cambiaría tanto que non a ía coñecer “ni la madre
que la parió”.
13
Nas rúas un ambiente de optimismo trae unha explosión de vitalidade xuvenil, son os anos da Movida madrileña, de
Pedro Almodóvar e da modernidade. Unha nova xeración toma o mando con moito traballo por diante: hai que crear as
institucións democráticas dun país e recuperar o tempo perdido con respecto a Europa, na que España entra en 1985
coa sinatura do tratado de adhesión á Comunidade Económica Europea. Galicia terá que pagar a incorporación co
peche dos seus estaleiros, a redución do sector leiteiro ao que se lle impoñen cotas máximas de produción, e a
marxinación da frota pesqueira. No 86 España incorporase á OTAN.
O mundo, nesta década camiña cara á
desaparición dos bloques, co afundimento da
URSS. No 86 o cometa Halley visítanos de novo,
e para non defraudar da súa tradición de
anunciador de desgrazas, en abril ocorre o maior
accidente nunha central nuclear, o desastre de
Chernobyl: 31 mortos, máis de 15.000 persoas
evacuadas, e un goteiro de enfermidades
dexenerativas nos anos seguintes.
En Europa os degoiros de liberdade son
imparables: en novembro cae o muro de Berlín,
símbolo da guerra fría, que mantivo a cidade
dividida durante 28 anos, lográndose ao ano
seguinte a reunificación alemá tras 45 anos de
división.
Firma do tratado de adhesión á Comunidade Económica
Europea, 1985. Foto de Efe/ Manuel Hernández
14
Etapa final e morte 1992- 2002
Grazas á TVG Roberto Vidal Bolaño vai virando cara ao audivisual no que realiza actividades como guionista e
autor, sen deixar a súa teima de crear un teatro profesional estable en Galicia. Nesta década aparecen novas
obras e colleita novos premios consolidándoo como un dos “homes de teatro” máis sólido da nosa literatura.
A finais dos 90, no medio da tendencia xeral a representar comedias, o autor bríndanos un drama xeracional
crúo e conmovedor, Rastros, que se adapta ás premisas de : pouco elenco, pouco decorado e moita
interpretación actoral. Premisas estas que marcarían a case toda a “xente do teatro” dos últimos corenta anos
da nosa historia inmediata.
Agosto do 91 fará tremer ao mundo novamente co intento de
golpe de estado para parar os cambios na URSS. O golpe
fracasa, e entre as consecuencias está a fin do comunismo, a
disolución da Unión Soviética e o nacemento da Federación
Rusa. Remata 1991 co inicio doutra guerra en Europa: a
desintegración da Iugoslavia comunista dá paso á loita polo
territorio e a independencia dos grupos étnicos e relixiosos que a
compoñían: é a Guerra dos Balcáns, que para conseguir a
limpeza étnica deixará matanzas como Sarajevo ou Srebrenika
que pensabamos inimaxinables na avanzada Europa
Fermín Cacho gaña os 1500 m nas olimpiadas de
Barcelona
15
1992 é o ano do salto de España á primeira liña internacional: en abril ábrese ao público a Expo de Sevilla, e en xullo
unha renovada e moderna Barcelona inaugura os Xogos Olímpicos de máis éxito para o deporte español- 13 medallas
de ouro e 8 de prata-. España está no cimo do seu prestixio internacional, pero o PSOE está en decadencia,
acurralado polos escándalos e polo desgaste de dezaseis anos de goberno. En marzo de 1996 Xosé Mª Aznar gaña
moi axustadamente as eleccións.
No 95 de novo outro golpe para os intereses pesqueiros galegos, que ven como a que fora unha das frotas máis
potentes do mundo vai sendo expulsada dos máis importantes caladoiros: estoupa a chamada Guerra do fletán con
Canadá.
Os acontecementos sociais e políticos desta época ábrense cunha curiosidade histórica: en 1992, 359 anos despois
de condenalo e obrigalo a retractarse, a Igrexa recoñece que Galileo tiña razón: a Terra xira arredor do sol, e non ao
contrario. No 93 a Comunidade Económica Europea cambia de nome, pasa a ser a Unión Europea e parece querer
acelerarse a unión política e económica. O 94 estremécenos con outra guerra en África: 100.000 mortos en Ruanda, na
guerra entre as dúas etnias que compoñen o país; pero tamén de África nos chega o acceso de Nelson Mandela á
presidencia de Sudáfrica. Quizais sexa posible a convivencia entre negros e brancos nese continente. Un xigantesco
iceberg despréndese no 95 da Antártida e acende todas as alarmas sobre as consecuencias dun cambio climático
tantas veces negado polos intereses económicos dalgúns estados poderosos. E aínda que pareza mentira, é neste ano
cando Mississippi asina a XIII emenda constitucional e queda abolida a escravitude en todo o territorio USA.
En febreiro do 97 científicos escoceses abren unha porta inquedante e esperanzadora: clonan por primeira vez a un
ser vivo, a ovella Dolly. En setembro de 1998 fúndase en USA Google, o motor de búsqueda en Internet máis usado.
16
Entrados xa no século XXI, no 2001
un acontecemento vai cambiar as
prioridades internacionais da loita
antiterrorista: o grupo Al-Qaeda,
liderado por Osama Bin Laden, nun
atentado usando avións comerciais
secuestrados, derriba as Torres
Xemelgas. Aparece na escena
internacional o terrorismo yihadista
que traerá nos seguintes anos a
vinganza de EEUU que para
comezar, nese mesmo ano, en
outubro, invade Afganistán acusando
ao goberno talibán de ocultar a Bin
Laden.
E en xaneiro de 2002 entra en vigor
en doce países de Europa o euro,
moeda común.
Atentado nas Torres Xemelgas o 11 de setembro de 2001
17
O teatro no século XX
Roberto Vidal Bolaño nace xusto no medio do século XX, cando en España estaba consolidada a ditadura de Franco e
se comezaba a saír do túnel da posguerra.
En Europa sufríranse dúas guerras mundiais que levaran a lindes insospeitados a crueldade do ser humano e fixeran
tambalearse todos os ideais altruístas que puideran existir.
O século XX desenvolveuse de xeito vertixinoso en todos os ámbitos: político, científico, tecnolóxico... e as artes,
como era de esperar, serán reflexo dos avatares históricos e seguirán o seu camiño co mesmo ritmo frenético.
Para poder comprender as diferentes manifestacións nas artes en xeral e no teatro en particular, teremos que marcar
unhas etapas e estas inevitablemente nos veñen impostas polos conflitos bélicos: haberá un antes e un despois da 1ª
e 2ª guerra mundial, un antes e un despois da guerra civil española.
18
O teatro anterior á Segunda Guerra Mundial.
O teatro é un xénero literario que precisa de actores, escenario
e público para comunicar o seu sentido completo. É directo,
inmediato, interactivo, pero estas condicións esixen certos
condicionamentos.
- Uns locais axeitados.
- Un público receptivo.
A principios de século eses espazos son a maioría de
propiedade privada e, polo tanto, prima neles un obxectivo
comercial e un público con posibilidades económicas.
Paralelamente a isto aparecen círculos intelectuais máis avanzados que se decantan por propostas vangardistas.
Coexisten, xa que logo, dúas formas de entender o teatro: unha comercial e conservadora e outra innovadora. Esta
segunda ofrece un novo produto caracterizado pola carga social, as rompedoras propostas técnicas e formais e as
novas formas de expresión que non entren en competencia co cinematógrafo, que acaba de aparecer e acapara a
atención dos espectadores.
19
A renovación realista
Gran parte destas innovacións teatrais foron aportadas polo Realismo
e Naturalismo e inciden máis no terreo da representación das obras
que nos textos literarios.
É fundamental o labor do director de escena que intervén
directamente en como debe ser a montaxe e a interpretación
dramática.
Moitos foron os autores que participaron nestes cambios, tanto antes
das grandes guerras coma despois delas.
Nós imos salientar neste período anterior á segunda gran guerra a
dous deles, claves e pioneiros nos cambios que transformarían a
representación e o traballo actoral tal e como aínda hoxe o
entendemos.
André Antoine (1858-1943), director francés e fundador do Teatro Libre de París. Na súa pequena sala
representáronse obras que non atoparon sitio nos importantes teatros parisinos como, por exemplo, as de Ibsen,
Strinberg, Zola, etc
20
A importancia de Antoine non reside tanto no risco ideolóxico das súas montaxes coma na forma na que as obras son
representadas.
As características máis salientables son:
Constantin Stanislavski (1863-1938) funda en Moscú o Teatro da Arte, con intencións similares.
O traballo do director ruso céntrase sobre todo no método de interpretación, máis que na escenografía. Interesa a
realidade interior de cada personaxe e para isto, os actores deben identificarse plenamente con eles, sentindo o
mesmo ca eles e compartindo sufrimentos e alegrías.
Seguen este camiño autores coma Pirandello, O’Neill, Bernard Shaw e John Boyton Priestley.
Bernard Shaw compón obras dominadas polo debate de ideas e a crítica aos convencionalismos e hipocrisía da
sociedade inglesa do seu tempo. A máis coñecida, Pigmalión.
Na obra A ferida do tempo de John Boyton Priestley atopamos un orixinal tratamento do tempo, saltos cronolóxicos,
frustracións persoais e sociais do ser humano e a creación dunha atmosfera chea de misterio e patetismo.
• Dá a mesma importancia ao traballo de todos os actores e non só ao principal.
• Elimina o retoricismo e xesticulación anterior co fin de crear personaxes que se presenten como seres
humanos reais e non como intérpretes.
• Os actores deambulan polo escenario como se o fixeran por lugares auténticos, dan a espalda ao público, saen
do seu campo de visión, rompen, en definitiva, o convencionalismo tradicional de estar cara ao público en todo
momento.
• Introduce obxectos reais no decorado que substitúen as teas e paneis pintados do teatro anterior.
21
O vangardismo no teatro
Importantes innovacións virán da man dos movementos de
vangarda que, como sabemos, se suceden de forma vertixinosa
nos primeiros anos do século XX. No 1896 o escritor Alfred Jarry
estrea a súa provocadora obra Ubú rei, iniciándose así un camiño
de renovación que culminará nos anos vinte co Dadaísmo e o
Surrealismo do que mencionaremos especialmente o traballo de
Antonin Artaud creador do chamado teatro da crueldade.
O espallamento do comunismo fóra de Rusia, o ascenso dos fascismos en numerosas nacións europeas, a crise
económica do 1929 e o clima de preguerra que se respira provocan que moitos dramaturgos se interesen por unha
sociedade problemática a punto de estoupar.
Nesta tendencia de teatro político comprometido resulta imprescindible mencionar a Bertolt Brecht. No seu texto
Madre Coraxe e os seus fillos, o autor presenta un mundo no que os grupos sociais se atopan enfrontados polos seus
intereses ao mesmo tempo que expresa o seu pacifismo no mesmo momento que comeza a Segunda Guerra Mundial.
Roberto Vidal Bolaño faría unha versión libre baseada nunha das obras deste autor: A ópera de a patacón
Bertolt Brecht
22
O teatro posterior á Segunda Guerra Mundial.
O teatro do absurdo.
Nace en Paris na década dos 50, grazas a autores que, sen ser
franceses, elixen o francés como lingua literaria: Eugène Ionesco,
Samuel Beckett. Outro autor destacado desta tendencia é o
español Fernando Arrabal.
Estes autores parten de características dramáticas anteriores
como a preocupación existencial, a exploración do ilóxico ou a
intención provocadora. A súa aportación novidosa é a de
combinalos e presentalos como resposta a unha situación
irracional, que supera a ficción máis hiperbólica. Ofrécenlle ao
espectador nin máis nin menos que o absurdo mundo de
posguerra.
Para estes autores o mundo é irracional e absurdo. A presenza da
morte, a falta de sentido da existencia humana, a soidade e a
incomunicación marcan a uns personaxes que no escenario falan
por falar, viven o presente con fruición, manteñen conversacións
ilóxicas xa que non existe ningún obxectivo vital futuro.
Portada de Samuel Beckett, el último
modernista de Anthony Cronin
23
Polo que se refire á concepción escénica, salienta a ausencia de trama, as estruturas circulares e a súa linguaxe, que
se afasta do convencional mediante acumulación de frases inconexas.
Como claro exemplo do devandito temos a obra Esperando a Godot de Samuel Beckett.
O teatro existencial e comprometido.
Outros dramaturgos desta época decántanse pola expresión do
sufrimento existencial utilizando formas dramáticas máis tradicionais.
Jean Paul Sartre e Albert Camus comparten a intención de facer un
teatro no que o debate sobre as ideas se impoña sobre a acción. O
sentido da existencia humana e a reflexión sobre a liberdade serán
os núcleos temáticos das súas obras.
Aínda que os dous escritores comparten a mesma idea do que debe
ser o teatro non coinciden na postura que debe adoptar o artista
fronte á cuestión social.
Sartre ten unha fe cega no compromiso social do escritor: As
moscas. A porta pechada.
En Camus o tema recorrente nos seus textos é o debate sobre se
paga a pena vivir: Calígula. Estado de sitio.
Albert Camus
24
Do outro lado do Atlántico chéganos o realismo norteamericano
de posguerra cunha forte carga de denuncia da sociedade
contemporánea. Os autores máis representativos son Tennesee
Willians, coas súas obras Un tranvía chamado desexo e A gata
sobre o tellado de zinc quente, e Arthur Miller, que incorpora o
uso do flash back, a redución ao mínimo do argumento e a
ruptura do espazo escénico tradicional, o que lle permite mostrar
accións paralelas. O problema da frustración como
consecuencia dunha vida baleira e sen obxectivos e a denuncia
política contra a intolerancia ideolóxica e social serán os temas
fundamentais das obras de Miller: Morte dun viaxante e As
bruxas de Salem.
A comezos da década dos sesenta, en Gran Bretaña danse a
coñecer os Xoves irados, un grupo de dramaturgos marcados
pola desesperanza e o desengano ante unha sociedade que
non se adapta ás ilusións depositadas nela. Mencionaremos
como representantes a John Osborne (Mirando cara atrás con
ira, obra que dá nome ao grupo), Harold Pinter e Tom Stoppard.
Outros autores europeos importantes son o alemán Peter Weiss,
que estrea Marat- Sade no 1964, e o italiano Darío Fo, do que
salientamos Morte accidental dun anarquista. Arthur Miller. Foto Henri Dauman
25
O teatro experimental.
Na década dos sesenta a vangarda teatral se despraza de Europa a Estados Unidos. Nova York convértese no centro
dende onde se irradian a todo o mundo as propostas máis innovadoras e rompedoras.
Por “teatro experimental” entendemos un conxunto de tendencias que teñen en común as seguintes características:
• Primacía do espectáculo total sobre o texto literario, mediante a explotación de códigos extralingüísticos.
• Incorporación de elementos que proveñen doutros espectáculos, como o circo, o cabaret, o cine, os mitins
políticos.
• Desaparición da chamada “cuarta parede”, para rachar coa tradicional separación entre escenario e sala e
provocar así a participación do espectador.
• Achegamento do teatro a outros públicos mediante a saída dos espectáculos das salas convencionais.
• Concepción da obra como creación colectiva do autor, director de escena, actores e público.
• O teatro literario desaparece para ser substituído pola improvisación e a participación activa do público.
• Aparecen montaxes provocadoras e agresivas.
• Segue sendo fundamental o traballo do actor.
26
A xeito de conclusión e recollendo a
nosa propia experiencia, diremos que
nas últimas décadas do século XX a
arte teatral aposta polo actor
polifacético que non só interpreta un
texto; tamén improvisa, fai mimo, canta,
baila, realiza exercicios ximnásticos...
Polo que se refire á escenografía,
utiliza recursos audiovisuais, teatro de
sombras (Teatro Negro de Praga),
monicreques e proxeccións de todo tipo
para acadar espectaculares efectos de
luz e son.
O teatro tamén sae á rúa e monta
artiluxios de todo tipo, ben lúdicos (Els
Comediants), ben provocadores (La
Fura dels Baus) e, como non, segue
denunciando as lacras da sociedade do
momento (Els Joglars).
Sempre haberá teatro, porque precisamos desta experiencia directa, inmediata, interactiva, espello do que sucede na
rúa, na casa, na sociedade, no máis fondo do ser humano.
27
Breve repaso pola historia recente do movemento teatral en Galicia
Manuel Lourenzo. El correo Gallego
A Mostra de Ribadavia é quizá a que teña máis sona pero non é nin moito menos a única. Outros exemplos poden ser
a de Vigo, A Coruña, Lugo, Cariño, Fene... Tanto nas capitais coma nos pobos máis pequechos, xorden grupos
culturais promovidos dende os centros de ensino, mesmo dende as institucións. Os ensinantes desprazábanse a
outros lugares da Península para formarse en diferentes disciplinas artísticas. As asociacións traían xente moi
preparada para impartir cursiños e para as “Escolas de vran”. De aí saían diferentes agrupacións fotográficas, de cine,
grupos de teatro, títeres.
Nos últimos 50 anos Galicia recolleu e asimilou todos os movementos culturais dos que acabamos de falar. Ao mellor
con menos medios materiais, con máis dificultades pero, visto con algo de perspectiva, podemos afirmar que neses
anos se xestaron multitude de agrupacións culturais que desenvolveron numerosas actividades artísticas. Nos últimos
40 anos acadouse en Galicia un ambiente cultural que no momento presente coidamos ten perigo de fuxir como auga
nunha peneira.
Entre a década dos 60 e 70 xorden por exemplo: o Grupo de Teatro
O Facho de Manuel Lourenzo, en Vigo o Teatro Popular Galego,
Aula Teatral do Liceo de Betanzos (1968), As Burgas en Ourense
(1969), A. T. Valle-Inclán de Lugo (1970), Histrión 70 (Ourense),...
Paralelamente, Ricardo Carvalho Calero puña en marcha a práctica
do teatro escolar no Colexio Fingoi en Lugo. De certo en Galiza
estábase a vivir por aquel entón un clima máis que favorable para a
normalización do teatro galego, o cal se prolongará e consolidará
nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia.
28
Non podemos pretender aquí o tratamento en profundidade da dramaturxia galega das últimas décadas. Lembraremos
ese ambiente bulidor, eses homes e mulleres que, solventando todo tipo de atrancos, dedicaron gran parte do seu
tempo e a súa vida a promover e a transmitir a riqueza cultural do noso país ou, como dicía Vidal Bolaño, “do Aquí “.
Compañías como Ditea, Antroido, Tespis, Matarile, Chévere e moitos máis percorrían o mapa de Galicia de certame
en certame co fin de mostrar as súas obras e sen afán lucrativo ningún. Sabemos xa que foi Vidal Bolaño quen loitou e
acadou profesionalizar grupos e actores, que ata ese momento reservaban todo o seu tempo de lecer para realizar
unha actividade nunca suficientemente valorada.
Aparecen tamén grupos de titiriteiros que dignificaron esta faceta teatral que se consideraba unicamente dirixida a
público infantil e que, moitas das veces, seguía a premisa de “todo vale” cando sabemos que xustamente o público
infantil é moi rigoroso e esixente. Eles acadaron ampliar o público e dar un nivel, tanto técnico como interpretativo que
non tiña nada que envexar a compañías foráneas. Os monicreques de Kukas, O grupo Cachirulo, Viravolta e Tanxarina
de Redondela serían un mínimo exemplo disto. Como sucede cos grupos de teatro, os titiriteiros tiveron e aínda teñen
festivais en diferentes localidades galegas, salientaremos O festival Internacional de Títeres de Redondela que segue
celebrándose todos os anos no mes de maio.
En canto aos numerosos grupos escolares que traballaron ao longo destas décadas mencionaremos o grupo Sardiña,
máis tarde Parrocha, formado por alumnos do departamento de latín e grego do instituto Elviña e A Sardiñeira da
Coruña e que hoxe en día seguen participando anualmente no Festival de Teatro Grecolatino de Lugo co nome de
Phoenix.
29
Rastros: Aproximación á súa lectura e comentario
Rastros, subtitulada Desgracia en catro tempos e unha presada de recordos, foi estreada polo TEATRO DO AQUÍ
en Vilagarcía de Arousa no ano 1998. É unha obra ambientada no presente e caracterízase por ter pouco elenco,
pouco decorado e moita interpretación actoral. O debate de ideas dos catro personaxes, que se aman, odian, discuten
e se reconcilian, imponse sobre a acción. O que importa son as reflexións destes seres humanos sobre a liberdade, o
sentido da existencia, os seus recordos… ou sexa, a VIDA.
Título: Comeza a obra coa definición do termo que lle dá título. Este é un recurso literario empregado por outros
autores.
- Que escritor de novela negra, tamén galego, comeza cada capítulo das súas novelas coa definición dunha palabra
que se considera clave nese capítulo?
- Cando un autor lle pon título a unha obra é por algún motivo. Pode ser mesmo que teñas un libro escrito e aínda non
sabes que título lle has poñer. Total, un crebacabezas. Roberto Vidal Bolaño chamoulle Rastros.
- Por que escollería ese título?
- Se tiveses que procurar outro alternativo, cal sería e por que?
30
Tempo 1
Dende o máis profundo do escuro chega o relembro das voces duns nenos.
Voz neno un: Que pensades ser cando sexades maiores?
Voz neno dous: Calquera cousa. Xefe, por exemplo. Son os que máis gañan e os que menos traballan.
Voz neno tres: Eu serei explorador. Ou inventor. Ou descubridor de algo.
Voz neno un: Eu o único que quero cando sexa maior, é que non haxa nunca escola.
Voz neno tres: ¿E ti, Esther?
Voz de nena: ¿Eu?
Voz de neno tres: Si, ti.
Voz de nena: Libre, coma os paxaros…
Argumento: Esta desgracia en catro tempos está cronoloxicamente desordenada e pechada nunha estrutura circular, o
TEMPO 1 e o TEMPO 4 que é o mesmo diálogo dos catro personaxes sendo nenos, os seus soños de futuro. Un
exercicio para entender mellor a obra sería ordenala cronoloxicamente e aquí vai un posible esquema argumental
ordenado, pero podería haber outros.
Posible esquema argumental ordenado cronoloxicamente
31
Un leve fiíño de luz fai xurdir da nada os rostro olleiroso dunha muller á que un desleixe de anos fai aparentar máis
idade da que de certo ten.
• Os soños de catro nenos (p.9)
• O bico de “tornillo”, coma os de cine, que Esther dá a Iago, ao que sempre amou (p.21)
• O baile, Iago négase a bailar con ela e baila con Moncho (p.31-34)
• O velorio da avoa no mesmo sobrado onde despois vive Esther (p.42-43)
• Inauguración do sobrado, fanse unha foto xuntos (p.45-50)
• Atentados, artefactos explosivos, disparos e mortos (p.83) non se escenifica.
• Detención e encerro de Iago (p.78) non se escenifica.
• Esther mobiliza a xente para conseguir a liberdade de Iago (p.80)
• A manifestación. Van os tres e levan unha pancarta que pide “liberdade independentistas” (p.80-82)
• O embarazo. Moncho non quere ter ese neno (p.74)
• A voda de Esther con Xan, embarazada de Moncho (p.64-68)
• O aborto (alusións na p.71-73)
• Fracaso do matrimonio. Xan quere tirar o televisor pola ventá (p.69)
• Agresión de Esther a Xan coas tesouras
32
• O transtorno de Esther, os seus escritos paranoicos (p.69-73)
• As visitas ao cárcere para ver a Iago (p.35-40; 84-87, nesta dille que é a última).
• Drogadicción de Esther, non se escenifica. Intúese que hai alcohol e heroína. Comeza a beber despois do
aborto, móstrase cambaleante ao andar, bébeda, e fai referencia a unha xeringa usada.
• Petición de diñeiro a Moncho, ten débedas e está moi asustada (p.56-58)
• Monólogo de Esther (p.12)
• Intento de suicidio, non se escenifica. O sobrado cheo de sangue, sirenas da policía, walki-talkies, informativos
na tele o unha radio que nos informan de que aconteceu unha desgraza.
• A espera dos tres amigos ao desenlace mentres Esther está na UVI (p.13)
• Esther aparece en escena en camisón, o goteiro do hospital e os pulsos envoltos en vendas (p.24-29) (89-93)
• Reencontro cos amigos e recordos dunha vida en común.
• Esther acaba por botalos e dilles que non os quere volver a ver.
• Petición de Esther a William Holden: rógalle que a próxima vez non lle falle (p.94)
• Os soños de catro nenos. (p.95).
33
Tempo 4
Dende a negrura volve chegar o relembro das voces de aqueles nenos.
Voz neno un: Que pensades ser cando sexades maiores?
Voz neno dous: Calquera cousa. Xefe, por exemplo. Son os que máis gañan e os que menos traballan.
Voz neno tres: Eu serei explorador. Ou inventor. Ou descubridor de algo.
Voz neno un: Eu o único que quero cando sexa maior, é que non haxa nunca escola.
Voz neno tres: ¿E ti, Esther?
Voz de nena: ¿Eu?
Voz de neno tres: Si, ti.
Voz de nena: Libre, coma os paxaros.
CAE O PANO
34
Temas: Hai múltiples e complexos temas principais e secundarios na obra que aparecen á simple vista deste esquema,
pero imos tratar un recurrente na dramaturxia de Roberto Vidal Bolaño: O cine.
Paixón cinematográfica
Para a xeración de Vidal Bolaño, afeita ao branco e negro cultural e ao triste celuloide do NODO, a única pasaxe ao
mundo dos soños era o cine. O cine americano é un pasaporte á liberdade, á aventura…a saír da escuridade, polo
tanto está moi presente na súa obra.
35
Referencias ao cine en Rastros:
A influencia do cine en Esther.
-Nas relacións amorosas.
Na escena do bico que Esther pide a Iago, replícalle deste xeito
ante o tímido beixo do mozo: “¿Iso é o que ti entendes por un
bico? Deberas ir máis ao cine. ¡Veña, dáme un coma Deus
manda! ¡De tornillo! (p.20-21)
Esther (a Iago, no cárcere, antes de se deitaren): “Non me digas
en que película o vin pero rodéame cos teus brazos e dime que
me queres aínda que sexa mentira”. (p.40)
O personaxe de Esther, arredor de quen xira esta obra, ten os mesmos gustos e preferencias que o seu autor pola
cinematografía americana. Chega a dicir nun momento: “Queirámolo ou non o cine americano está aí, influíndo nas
nosas vidas. Ás veces máis do que un pensa.E nas cousas máis insospeitadas” (p.20)
36
Secuencia da película Johnny Guitar de Nicholas Ray (1954) á que se alude.
Moncho dille nun momento: “Prendácheste de min por…Si yo fuera rico y Michael Yorck en Cabaret”(p.74)
Johnny: A cantos homes olvidaches?
Vienna: A tantos como mulleres lembras ti.
Johnny: Non marches!
Vienna: Non me movín.
Johnny: Dime algo agradable.
Vienna: Claro. Que queres que che diga?
Johnny: Mínteme. Dime que me esperaches todos estes anos.
Vienna: Espereite todos estes anos.
Johnny: Dime que morrerías se non viñese.
Vienna: Morrería se ti non viñeses.
Johnny: Dime que aínda me queres como eu te quero.
Vienna: Aínda te quero como ti me queres.
Johnny: Grazas (bebe). Moitas grazas.
37
-Cando reflexiona sobre a morte, maniféstase de novo a influencia do cine.
Esther: ¿Pensas algunha vez na morte?
Iago: Non, nunca penso en iso
Esther: Imposible. Todos o facemos en algún momento queirámolo ou non.(…)Cando pensas na túa propia
morte, pensas sempre nunha morte ideal,digna, agradable. Ouseña, nas mortes que viches nas películas.
(p.22)
A continuación encende o vídeo e ven o
fragmento no que Willian Holden sacrifica a súa
egua na película Dos hombres contra el Oeste,
de Blake Edwards,1971.
Esther: Posto que algún día hei morrer é así
como me gustaría que fose.Como esa egua.
Unha morte, rápida,limpa, sen dor. E irme do
mundo levando comigo a lembranza duns ollos
cheos de piedade, coma eses.(p.22-23)
Ao final da obra, unha vez que queda soa, Esther
encende o vídeo e entrando no mundo ficticio da
película, dille ao seu protagonista favorito: “A
próxima vez non me falles, Willian Holden”(p.93)
38
Referencias a actores e actrices na obra:
-Cando están no cárcere
Iago: Escribiume Mario hai uns días. Dicía que na concentración do mes pasado había unha chea de xente.
Esther: Cincuenta, contados. Se iso é unha chea de xente, eu son Kin Basinguer ou Jesica Lange. Tedes que saír de
aquí.(p.85)
-Cando xan quere tirar o televisor pola ventá
Soa o “Bye Bye Baby” na voz de Marilyn Monroe… Están poñendo Los caballeros las prefieren rubias.(Howard Hawks,
1953). Esther, dende a porta, tenta impedirllo a berros. (p.69)
-Metáfora cinéfila
(…) E escribir do seu puño e letra “fin da película” (Esther, falando sobre o suicidio) (p.89)
-Ao encontrar a cinta de vídeo, os tres mozos discuten sobre cine:
A mellor película de willian Holden:
-El puente sobre el río Kwai, de David Lean, 1957, a preferida de Xan.
-Sunsset Bulebard, de Billy Wilder, 1950, e Grupo salvaje, de Sam Pechkinpah, 1969, as que máis valora Moncho.
39
Referencias que están presentes na vida de Moncho:
-Experiencia nos medios audiovisuais:
dobrou a John Wayne nunha película
emitida pola TVG (p.19)
-Para namorar a Esther cantaba en inglés
macarrónico Si yo fuera rico, canción da
película El violinista en el tejado, de
Norman Jewison, 1971. (p.74)
-Levaba a Esther a berrar na praza da
Quintana como fai Michael York con Liza
Minnelli debaixo dunha ponte do tren na
película Cabaret, de Bob Fosse, 1972.
(p.74)
40
Propostas de traballo:
-Sobre o cine
-Sobre outros temas posibles dentro do argumento
Ademais do tema do cine, encontramos outros moitos a tratar: A droga, por exemplo, e como complemento para a
reflexión propoñemos o visionado da película Heroína, de Gerardo Herrero, 2005, e a lectura do libro Futuro
imperfecto, de Xulia Alonso ed.Galaxia.
41
• Busca dúas películas máis na filmografía de Willian Holden.
• En que películas interveñen as tres actrices americanas que se mencionan na obra? Busca polo menos tres.
Que cres que teñen en común estas tres mulleres moi coñecidas para os cinéfilos?
O tema da dobraxe das películas é un tema moi querido por Vidal Bolaño, case sempre os seus personaxes se
manifestan en contra: “Botaríana na galega. Hai dobraxes que convidan a suicidarse” (p.15).
• Por que cres que deixa o título das numerosas películas americanas que aparecen na obra en
castelán, sen traducir ao galego? Por que Wllian Holden fala en castelán?
• Facede un debate sobre as repercusións que tanto individual como socialmente ten a drogadicción.
Portugal está moi presente nalgúns Tempos da obra. Menciónanse aspectos da súa gastronomía, música, cultura,
sucesos históricos.
42
Outros temas interesantes serían: O amor, o desamor, o suicidio, o dereito a unha morte digna, o aborto, a
liberdade…
• Engade ti algúns temas presentes na obra que che parezan interesantes.
• Búscaos e trata de explicar por que son importantes para os protagonistas.
• Sigue o rastro da información que se dá na obra de acontecementos históricos e infórmate desa revolución
portuguesa que Moncho di que estragaron os propios portugueses.
• Por que está preso Iago en Alcalá Meco? Sigue as pegadas desas manifestacións, atentados, mortos… Que
información tes sobre o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive que se menciona na obra? (p.81)
Hai tres obxectos que funcionan como elemento caracterizador de tres personaxes: O zapato que perde Esther, o
farrapo portugués de Iago e o sombreiro tamén portugués de aba ancha de Xan.
• Busca os vestixios destes tres obxectos que volven aparecer en diferentes momentos da obra.
-Sobre os personaxes.
Chamamos parlamento a cada unha das intervencións das personaxes na obra. Os parlamentos teñen importancia
cuantitativa e cualitativa. Dicimos que o parlamento máis importante cuantitativamente correspóndelle á personaxe que
maior número de parlamentos (entradas) ten na obra, mentres que cualitativamente que lle pertence á personaxe que
ten os parlamentos (ou entradas) máis longos, maior número de liñas en total na obra.
• Conta en dez ou quince liñas a vida de Esther.
• Sigue o rastro do soño dun dos nenos a través da obra
e caracteriza este personaxe Cres que a vida o achegou
ao seu soño?
• Sabendo isto:
- Quen é a personaxe cuantitativamente máis importante
de Rastros?
- E cualitativamente?
43
Ás veces nas obras de teatro aparecen personaxes pero tamén grupos pouco definidos ou mesmo voces, que reciben
o nome de comparsas e teñen un valor simbólico ou expresan pensamentos, soños, desexos. Son, dalgún xeito, a voz
da conciencia. En Rastros tamén ocorre.
44
• Sabendo isto:
- Que voces aparecen en Rastros?
- Que función cres que teñen as voces no conxunto da obra?
- Sobre o escenario.
• En que momentos vemos no escenario á vez fragmentos do pasado dos personaxes e do presente? Como
cambia do tempo real ao tempo dramático dos recordos?
• Que recursos escenográficos se utilizan para reflectir os saltos temporais na representación da obra?
• Explica brevemente os catro TEMPOS e a utilización da técnica do flash back.
Obradoiros
A vida é puro teatro.
E velaí o eixo estruturador de todo teatreiro: o diálogo. Iso si, ben o sabes, acompañado dunha serie de adubíos
xestuais que sempre axudan: cara de fatiga, ollos de concentración, libro aberto entre as mans...
A seguir, para que te profesionalices un pouco máis (non vaia ser), propómosche unha serie de prácticas coas que
mellorar o teu oficio:
Dixécheslle a teus pais a hora exacta á que chegaches o sábado? E
que os deberes da semana estaban feitos e que o cuarto quedaba
recollido? Contácheslle ao teu profe que nunca antes prepararas un
exame como aquel e que estiveras case sen durmir? Preguntáronche
se te conectaras esta tarde e respostaches que apenas o fixeras tres
ou catro minutos?
Meu amigo, es un profesional do TEATRO. Un comediante. Sen te
decatar, probablemente estiveches botando man dunha chea de
instrumentos e estratexias que se desenvolven a cotío no mundo do
teatro. E empregaches unha argumentación brillante, a pesar das
interrogacións e trampas que che foron poñendo polo camiño. Un
diálogo no que, por agora, saíches vencedor.
45
Comprimindo espazos: Neste exercicio inventamos seis ou sete movementos entre unha parede e outra (un paseo,
estamos limpando, recollemos algunhas cousas, facemos a cama...) Pero hai unha dificultade engadida, o espazo
vaise estreitando progresivamente ata límites insospeitados e, conseguintemente, a túa coreografía debe comprimirse!
Imaxinación corporal: Imos reproducir en grupos as
seguintes accións, pero sen que nada diso estea en
realidade ocorrendo:
A) Xogamos un partido de tenis a cámara lenta, incluíndo a
celebración de cada tanto. Os teus compañeiros farán de
público e moverán a cabeza conforme a pelota viaxa dun a
outro campo.
B) Tentamos abrir un paraugas no medio dun vendaval con
treboada. Precisamos nesta improvisación un conxunto de
efectos sonoros (vento, tronos...) que outro compañeiro/a
arremedará.
C) Estamos no deserto de Sonora e o noso obxectivo é
capturar esa serpe velenosa que se nos achega. Ollo cos
teus movementos, xógaste a vida e un descoido...
46
Traballamos o diálogo:
A) Construímos un texto dialogado no que
obrigatoriamente haxa que seguir a orde alfabética e
cada intervención deberá comezar pola letra que lle
corresponda. Se tal, facemos primeiro un sorteo para
establecer cal á letra de partida. Supoñamos que
sexa a letra B. Aí vai un exemplo que podes
continuar:
Ben, imos dispoñer a cea.
Canto tempo hai que marcharon? Que hora será?
Deben ser xa as oito.
É posible. O tempo pasa voando.
Fará frío fóra?
Gatos na rúa non se ven. Iso quere dicir que calor
non vai...
B) Neste segundo modelo, cada participante leva
unha letra asignada coa que deberá comezar e
rematar o seu parlamento. Por exemplo, o primeiro
participante a letra S, o segundo X e o terceiro L:
Sempre que chego tarde pechas a Sala.
Xa, xa... Por que non viñeches o Xoves?
Lamento tardar, é este o cine Londres?
Si.
Xustamente.
Lin que hoxe era a estrea da maldición do home Lobo...
47
48
C) Agora, e para ir rematando, a cada un dos participantes se lle asigna un número
exacto de palabras coas que deberá construír o seu parlamento. Supoñamos que Pedro
ten dúas palabras, Xan catro e Arturo seis:
Pedro: Que tal?
Arturo: Pois xa ves, resistindo o temporal.
Pedro: Ti, Xan?
Xan: Eu deféndome como podo.
Arturo: Sempre fuches aplicado na defensa persoal.
Pedro: É certo.
Xan: Deféndome, pero non ataco...
Hai moitísimas variantes máis: crear un texto dialogado só empregando interrogacións pero conseguindo que exista
unha acción en progreso a partir desas preguntas, introducir en cada parlamento alternativamente a letra dunha
canción...
Practica, que se non o fas, saberemos o teu horario exacto, os deberes que non fixeches, se o cuarto quedou ou non
arrombado...
Ai! A vida é puro TEATRO!
49
Outras propostas.
Comentarios sobre textos.
Le atentamente os textos e logo realiza individualmente ou en
grupo as cuestións propostas.
50
MULLER: Hoxe remata o ano , ¿non si?.
HOME: E ti halo rematar con ben, se Deus quere.
MULLER: Xa sabes que eu nunca crin nesas cousas pero... cando nena, teño oído que o día de hoxe
acoden ao cemiterio as ánimas dos que van morrer no ano que comeza.
HOME: ¡ Parvadas de vellos!
MULLER: Quizais. Pero... gustaríame saber se é certo ou non. Lévame alí. Lévame ó cemiterio.
HOME: ¡Non sexas nena!
MULLER: ¡Quero saber se estou ou non entre eles!.
HOME: Estaralo se saes aí fóra co frío que vai.
MULLER: Din que acoden na mesma orde na que han ir morrendo. E que saen
De alí coa data escrita no peito (Tencionando erguerse). ¡Quero saber se aínda hei aturar moito tempo esta dor!
(Bailadela da morte ditosa . Editorial Sotelo Blanco px 23)
51
Neste texto a muller desexa ir ao cemiterio para ver se ela está entre as persoas que han morrer no próximo ano.
En Galicia existen moitas procesións e romarías relacionadas coa morte e coa curación de enfermidades, a
continuación tes que relacionar cada lugar coa procesión ou romaría que neles se realiza:
Santa Marta de Ribarteme ( As Neves- Pontevedra)
Pobra do Caramiñal ( A Coruña)
Santo André de Teixido ( A Coruña)
A Lama ( Pontevedra)
Lalín (Pontevedra)
Romaría do Cristo de Xende
Procesión das mortallas
Os animais son as almas dos defuntos
Romaría dos cadaleitos
Romaría do corpiño
1.
MULLER: Se vou morrer quero sabelo. E se mentres ese día
non chega hei padecer o que agora....
HOME: Non contes comigo para iso.
MULLER: ¿Por que non? ¿Queres seguir véndome sufrir
así?
HOME: Estás moi cansa. Deita.
MULLER: Non quero sufrir máis inutilmente, Antón. Non
quero. ¿Matarasme?
(Bailadela da morte ditosa. Editorial Sotelo Blanco px 24-
25)
CHARLI: (Colléndolle a man agarimosamente). Deus Santo,
Carme, como te teñen. Alguén debeu ter acabado antes
con esta merda.
Axeónllase cabo dela e vai retirándolle un a un tódolos tubos que a manteñen viva. Mentres o fai vai chegando tal
que de lonxe, como nun fermoso soño, o relembro daquel New York, New York que quedaron de bailar xuntos.
Charli colle a almofada e apértalla contra a cara para ver de alixeirar aquel trance. Cando todo remata, a música
soa clara e limpa. Ela, milagrosamente, ergue da cama maxestosa, máis viva do que nunca estivera, vaise onda el
e tal como quedaran, bailan xuntos. Cando a música remata e o baile cesa, Charli cóllea no colo e devólvea ao
seu leito de morte. Féchalle os ollos cun bico e deixa que vaia escurecendo paseniñamente.
(¡Anxeliños! Comedia satánica. Editorial TrisTram ( px 371))
52
1. Nestes dous textos fálase da “eutanasia”. Busca no dicionario a etimoloxía e o significado desta palabra.
2. Por que cres que o HOME non quere cumprir o desexo da MULLER?
3. Que opinión che merece o que fixo Charli?
4. Localiza cinco palabras derivadas e indica a palabra base da que proceden.
CHEMA: ¿Que asasino?
TIGRE: O da película que puñan na autonómica.
CHEMA: Non sei como soportades as películas en galego.
TIGRE: ¡Home, mellor están en español! Pero sendo boas...
( ¡Anxeliños! Comedia Diabólica. Editorial TrisTram. Px 359)
1. Como di este fragmento é moi frecuente que na TVG e na TVE as películas se dobren. Expón as túas razóns a
favor ou en contra da dobraxe das películas.
2. Localiza todos os verbos do texto e analízaos.
TIGRE: A vida é así, Xefe, e ás veces condénanos a algúns a facer o que nunca fariamos se puidéramos escoller e facer
outra cousa... En relidade os responsables da maioría das desgracias que nos aqueixan non somos nós, senón o
destino, a orde das cousas, Deus...
(¡Anxeliños! Comedia Satánica. Editorial TrisTram. Px 372)
TIGRE: Non Charli, non o esquecín. Certas cousas non se esquecen nunca pero si algo conseguín aprender de ti é que,
se un se enfrenta a elas, acaban superándose. Anque, como sempre, os mestres ensinades cousas que vós nunca
practicades.
(¡Anxeliños! Comedia Satánica. Editorial TrisTram. Px 356)
53
1. Sinala un sinónimo de cada unha das seguintes palabras: escoller, aqueixan, destino,esquecín, nunca.
2. Sinala un antónimo para cada unha das seguintes palabras: vida, responsables, orde, nunca, acaban.
1. No texto dise que as sentenzas de morte non existen na actualidade en España. Investiga ata cando a pena de
morte estivo vixente en España e cales foron os últimos condenados a morte.
2. Chema di “A violencia non é desprezable en si mesma, depende de con qué fin se aplique”. Consideras que
esta afirmación é certa? Argumenta a túa opinion, a favor ou en contra, nun pequeno texto.
3. Sinala dúas palabras, como mínimo, da mesma familia léxica das seguintes: fin, xuíces, morte, amigo, medir.
54
CHEMA: A violencia non é desprezable en si mesma, depende de con qué fin se aplique. ¿Son desprezables os xuíces
por dictar sentencias de morte?
TIGRE: Aquí xa non temos diso, Chema.
CHEMA: ¿Sono os militares por botar bombas ou os cregos por poñer penitencias? ... A violencia, querido amigo, hai
que a medir non en relación ao suxeito ou suxeitos sobre os que se exerce, senón en relación a todos aqueles outros
aos que ao exercela se axuda a que non a padezan.
(¡Anxeliños! Comedia Satánica. Editorial TrisTram. Px 384-385)
Creación de monólogos. Diálogos e conversas entre varios personaxes.
Ofrecemos unha pequena mostra que sirva de modelo para que realicedes os vosos propios textos.
Roberto Vidal Bolaño era un magnífico monologuista. Este texto pertence á obra titulada Os Papalagui do autor Erich
Scheurmann e foi unha das súas últimas interpretacións.
Papalagui significa “Home branco estranxeiro, e segundo o xefe samoano Tuiavii de Tiavea, os papalaguis pensamos
e comportámonos do seguinte xeito:
Sobre as casas.
O Papalagui mora, como un crustáceo, dentro dunha cuncha. Vive entre
pedras, como a escolopendra. Ten pedras en todo o seu redor, por baixo
e por riba. A súa cabana aseméllase a un baúl de pedra posto de pé: un
baúl cheo de cubículos e buracos.
Éntrase e sáese da cuncha só por un sitio e sempre é o mesmo. O
Papalagui chámalle a ese sitio “entrada” cando entra na cabana, e
“saída” cando sae, malia que as dúas son exactamente o mesmo. Hai
unha gran batente de madeira que temos que empurrar con moita forza
antes de podermos entrar na cabana. Pero iso só é o comezo: estamos
obrigados a empurrar unhas cantas máis antes de sentírmonos
realmente dentro da cabana.
55
Sobre os cartos.
Quen só toca diñeiro cae no seu feitizo e quen gusta moito del ten que servilo e consagralo toda a vida. Amemos os
nosos hábitos, que din que é digno de desprezo quen algo esixe pola hospitalidade que ofrece ou quen reclama unha
recompensa por cada froita que dá. Respectemos as nosas normas, que non permiten que un posúa moito e outr
nada, ou que un posúa moito máis ca outro.
As máquinas
Todos eses miragres teñen un punto fraco, oculto nalgunha parte. Non hai máquina que non necesite un coidador.
Todas elas conteñen unha secreta maldición. Pois se é verdade que a potente man da máquina é capaz de facer todo
o posible, tamén é verdade que devora o amor que existe en todo obxecto saído das nosas propias mans. De que me
serviría a min unha canoa fabricada por unha máquina? A máquina é un ser sen vida, frío, incapaz de falar do seu
traballo,de sorrir cando o terminou e de levarllo a seu pai ou a súa nai, para tamén eles se alegraren. Como podería eu
gustar da miña canoa como gusto se unha máquina puidese reconstruíla en calquera momento? A gran maldición que
a máquina encerra é que o Papalagui xa non ama nada, a máquina pode reconstruílo todo de contado. Para que a
máquina obre eses milagros sen vida nin calor, ten el que darlle o seu sangue.
O cine
Os lugares onde se simula a vida! Non é doado describilos de forma que quededes cunha noción clara do sitio ao que
o Branco lle chama cine. En todas as vilas europeas existe ese sitio misterioso que as persoas adoran, onde mesmo
os nenos poden soñar.
56
…
Pero nin con iso aquelas persoas na parede deixan de ser unha apariencia de ser humanos. Se a xente as quixese
tocar, axiña vería que iso é imposible, que son feitas de luz, a penas. Están alí para lle mostrar ao Papalagui as súas
propias dores e alegrías, as súas loucuras e debilidades. Pode así o Papalagui ver de moi cerca as máis bonitas
mulleres e os máis bonitos homes. Aínda que sexan mudos, pode ver brillar os seus ollos, e os seus xestos. Eles
parecen ollalo e falar con el.
Este segundo texto pertence á obra Criaturas de Roberto Vidal Bolaño
Na barra dun bar. Un home fala con alguén que non vemos. A CRIATURA obsérvao en silencio, perdido
entre a néboa.
O DO BAR: Encapricheime del. Podía terme encaprichado de calquera outra cousa, pero encapricheime
daquel puto sombreiro... A verdade é que ao mariconazo aquel sentáballe como unha coroa... O
sombreiro era un Panamá, auténtico, e antollóuseme. Non sei moi ben por que. O tipo non paraba de dar
voltas discoteca adiante con máis chulería ca un piloto de Iberia. Saínlle ao paso e, polas boas – eu
primeiro, polas boas sempre‐, pedinlle que mo emprestase. “Para dar un garbeo pola pista e provocar un
par de desmaios!”. Díxenlle entre bromas e veras. O tipo nin se dignou a mirarme . Largoume o rollo ese
de que os sombreiros son como as mulleres, os peites ou os cepillos de dentes e que nuncan se prestan e
foise como se tal cousa. Pareceume normal. Ninguén presta así como así algo tan persoal. Volvinlle
insistir, case que suplicándollo, co que a min me costa, pero o tipo seguiu nas mesmas. Ti ben sabes como
son eu! Nunca acepto un non por resposta. Así que, como era de supoñer, coñecéndome, púxoseme aquí
no cello, que custase o que custase, había dar unha volta discoteca adiante con aquel puto sombreiro.
57
Volvín onda el e, sen máis voltas díxenlle que mo arredase. Polo que fose. Un par de horas soamente, nin
unha máis nin unha menos. Pero volveu pasar de min olimpicamente. E aí foi cando xa non puiden máis e
tirei de carteira. “Mesmo as mulleres, os peites e os cepillos de dentes teñen prezo!”. Díxenlle. E coa
mesma espeteille: “Así que é de supoñer que tamén o teñan os sombreiros! Canto queres por el?”. E vai o
tipo e contéstame que o sentía moito, pero que era un regalo e que non estaba en venda. Cago na tos!
Aquilo fodeume! Que regalo nin que centellas? Co que eu estaba disposto a chegar a ofrecerlle, á mañá
seguinte, podería mercar catro ou cinco como el, e do trinque. Como é natural, piqueime. A cousa xa
transcendera e había xente arredor, mirando, pendentes de como remataba o envite. E claro, funme
medrando. Comecei a ofrecerlle cartos. Ao primeiro cifras razoable. Máis ou menos o que poderían valer
dous ou tres daqueles ditosos sombreiros. Pero o tipo, como se nada, ao seu. Arre que non estaba en
venda. Como comprenderás, púxenme frenético e lanceime, dunha para fodelo diante de toda aquela xene
que nos miraba e doutra para demostrarlle o que eu sostiña: que todo tiña prezo. Mesmo as persoas. Así é
que algún tería tamén aquel fodido chapeau.Quince, vinte, trinta mil pesetas contantes e soantes, cheguei
a ofrecerlle. E así ata cen mil. E todo por un puto sombreiro que non valería nin dous mil pesos. Pero que
queres? Aquela noite tiña o antollo de lucir con el. Pero nada, nin con esas. O tipo seguiu nas súas trece. E
eu, mira ti que traballo me custaba, nas miñas. Aí foi onde perdín os estribos e desboqueime. Tirei de
talonario de cheques, estampei a miña firma nun, púxenllo diante, e crucifiqueino... Pon a cifra que
queiras! E puxese a que puxese, aquela noite, pagaríalla. E non vai o tipo, pousa o Panamá no chan, ponse
a brincar riba del, envórcalle un cuba libre e un gin tonic e, non contento con iso, mételle o dente ao
cheque e ráchao. Botou os anacos á pista, cunha chulería que xa me gustaría para min, e díxome que fose
por eles e que se era quen, o recompuxese pegándoo con cuspe ou con merda. Fai falta ser gilipollas! Logo
souben que era un “jodido intelectualillo”, deses que xa non quedan. Un poeta, seica.
58
Partindo destes modelos, escribe ti un monólogo. Ten en conta que será como unha conversa contigo mesmo, como
unha reflexión en alto sobre temas que te preocupan ou inquedan especialmente. Por exemplo:
59
• Consecuencias de prescindir das redes sociais durante a fin de semana por mor dun
castigo.
• Preparativos para asistir a un concerto do teu grupo preferido.
• Expectativas ante unha primeira cita.
• Reflexións o día anterior á Selectividade.
• Preparación dunha viaxe que non che apetece realizar.
• Estou demasiado delgado/a, que fago?
Intentemos agora algún diálogo ou conversa entre dúas persoas.
60
• Un médico e un paciente satisfeito.
• Dous amigos que se atopan na cola dun concerto.
• Un motorista e un policía de tráfico.
• Unha telefonista dunha compañía telefónica e un cliente que non ten móbil.
• Dous pacientes na sala de espera dun dentista.
• Un profesor e un alumno. O profesor púxolle un 6 e o alumno quere que o suspenda argumentando as razóns
da súa peculiar petición.
• Tres empresarios reúnense nun restaurante de luxo en abril do 2013.
• Catro persoas quedan nunha estrada illada co coche avariado. Sucede no ano 1985, non teñen teléfono móbil.
• Un trobador e dous xograres atópanse nunha praza no século XII.
• Unha familia toma as uvas na cea familiar do fin do ano 1943.
• Un camareiro, o cociñeiro xefe dun restaurante e un cliente descontento.
• Xúntanse tres amigos despois das vacacións de verán. Unha quedou no paro, outro casou, outro viaxou por
Europa.
Por último intentemos crear varios personaxes. Procura pensar antes como son cada un deles para que as súas
reaccións estean de acordo coa súa personalidade.
61
Ten en conta o protagonismo que poden chegar a ter os obxectos para a caracterizacións dos personaxes. Pensa en
Charlot. Pensa no sombreiro do texto que puxemos como modelo de monólogo e a importancia dramática que adquire
en Esther, unha das protagonistas de Rastros, a pérdida do zapato.
Como xogo teatral podedes poñer nunha mesa diferentes tipos de chapeus e logo tratar de crear os personaxes aos
que lles acaia mellor cada un deles:
Sombreiro de Sherlock Holmes, Charlot, Humphrey Bogart, Fred Astaire, Django...
Moitos outros obxectos poden ter gran
poder evocador, ser o punto de partida
para crear un personaxe. Baseándote
nesta idea, busca ti algunha prenda a
partir da cal poidas revivir unha
lembranza, dar vida a un amigo, un
familiar, ou mesmo crear unha nova
historia.
Os que traballaron no teatro ou foron titiriteiros nalgún momento da súa vida, saben o gratificante que pode chegar a
ser.
Por unha banda o teatro é pura observación do mundo que nos rodea. Deter a nosa ollada no comportamento das
persoas, mirar os conflitos cotiáns coma se dun cadro se tratase, afastándose, agudizando o teu sentido crítico, o teu
sentido do humor, aporta unha visión nova da vida e da sociedade máis fonda e enriquecedora. Sen dúbida, pode
axudar a superar moitos problemas persoais que, en certas etapas da nosa vida, paraliza a nosa capacidade de
reacción, a nosa capacidade de superación.
O traballo teatral é amplísimo e abrangue múltiples facetas. O traballo actoral: preparación da voz, expresión corporal,
dominio da concentración mental e relaxación, capacidade de improvisasión, dominio da expresión, etc.; o traballo
escenográfico: a montaxe escénica, a luz e o son; o traballo como director de escena: acadar sintonía entre os
protagonistas, conseguir aproveitar todas as súas capacidades. Se falamos de títeres, a realización e manexo dos
monicreques.
A xente de teatro sabe ademais que o máis importante non é a representación en si, senón o traballo previo a ela. O
caos dos primeiros ensaios, o entusiasmo cando as cousas comezan a saír ben. Sobre todo a relación que se
establece entre os participantes que observan como os seus atrancos e as súas alegrías van creando un produto
propio e inesquecible.
Cando comece a función saben que, pase o que pase a partir dese momento o verdadeiramente importante foi o
camiño percorrido.
62
A modo de conclusión
Glosario
ACOUTACIÓN:
Cada unha das notas que se poñen na obra teatral, advertindo e explicando todo o relativo á acción ou movemento
dos personaxes e ao servizo da escena.
ACTO:
Cada unha das partes principais en que se poden dividir as obras escénicas.
APARTE:
Palabras que na representación escénica di calquera dos personaxes da obra representada, como falando para si ou
con aquel ou aqueles a quen se dirixe e supoñendo que non o oen os demais.
APUNTADOR/ORA:
Persoa que nos ensaios teatrais apunta aos actores a letra dos seus papeis até que a aprenden, e que nas
representacións, oculto pola cuncha ou noutro lugar do escenario, vixía para dar a letra ao intérprete que a esqueza.
ATREZZO:
Conxunto de obxectos e materiais que se empregan nun escenario teatral ou cinematográ!co.
BASTIDOR:
Armazón de listóns ou madeiros, sobre o cal se estende e fixa un lenzo ou papel pintado, e especialmente cada un dos
que, dando fronte ao público, se poñen a ambos lados do escenario e forman parte da decoración teatral. “Entre
bastidores”. loc. adv. coloq. para referirse á organización interior das representacións teatrais e aos ditos e ocorrencias
particulares dos actores e demais xente relacionada coa arte escénica.
63
DECORADO:
Conxunto de elementos co que se crea un lugar ou un ambiente nun escenario, un estudo o de gravación, etc.
DIÁLOGO:
1. Conversa entre dous ou máis persoas, que alternativamente manifestan as súas ideas ou afectos.
2. Obra literaria, en prosa ou en verso, en que se finxe unha conversa ou controversia entre dous ou máis personaxes.
DIRECTOR/ORA DE ESCENA:
Persoa que dispón todo o relativo á representación das obras teatrais, propiedade da escena, caracterización e
movemento dos actores, etc.
DRAMATURGO:
Autor de obras dramáticas.
ENSAIO:
Acción e efecto de ensaiar. “Ensaio xeral”: Representación completa dunha obra dramática ou musical antes de
presentala ao público.
ENTREACTO:
Nunha representación dramática, intermedio (espazo de tempo durante o cal se interrompe a representación).
ESCENA:
1. Sitio ou parte do teatro en que se representa ou executa a obra dramática ou calquera outro espectáculo teatral.
Comprende o espazo en que se sitúa o lugar da acción á vista do público.
2. Aquilo que se representa no escenario. Mutación, cambio de escena.
64
3. Cada unha das partes en que se divide o acto da obra dramática, e en que están presentes uns mesmos
personaxes.
ESCENARIO:
Parte do teatro construída e disposta de maneira conveniente para que nela se poidan colocar o decorado e
representar as obras dramáticas ou calquera outro espectáculo teatral.
ESCENOGRAFÍA:
Arte de proxectar ou realizar decoracións escénicas. Conxunto de decorados na representación escénica.
ESPAZO:
Unidade do teatro. Lugar onde se desenvolve a acción.
MÍMICA:
1. Pertencente ou relativo ao mimo e á representación das súas fábulas.
2. Pertencente ou relativo á mímica. Linguaxe mímica. Signos mímicos.
3. Expresión de pensamentos, sentimentos ou accións por medio de xestos ou ademáns.
PANO:
Lenzo grande que se pon no escenario dun teatro de modo que se poida baixar e subir.
PERSONAXE:
Cada un dos seres humanos, sobrenaturais, simbólicos, etc., que interveñen nunha obra literaria, teatral ou
cinematográfica.
65
POSTA EN ESCENA:
Montaxe e realización escénica dun texto teatral ou dun guión cinematográfico.
PROSCENIO:
1. Parte do escenario máis inmediata ao público, que vén sendo a que media entre o bordo deste e a primeira orde de
bastidores.
2. No antigo teatro grego e latino, lugar entre a escena e a orquestra, máis baixo que a primeira e máis alto que a
segunda, no cal estaba o taboado en que representaban os actores.
TEATRO:
1. Edificio ou sitio destinado á representación de obras dramáticas ou a outros espectáculos públicos propios da
escena.
2. Sitio ou lugar en que se realiza unha acción ante espectadores ou participantes.
3. Escenario ou escena.
4. Literatura dramática.
5. Arte de compoñer obras dramáticas ou de representalas.
TEMPO:
Unidade do teatro. Xunto á acción e o lugar.
66
Un actor debe traballar toda a súa vida, cultivar a súa mente, desenvolver o seu talento sistematicamente, ampliar a
súa personalidade; nunca debe desesperar, nin esquecer este propósito fundamental: amar a súa arte con todas as
súas forzas e amala sen egoísmo.
Constantin Stanislavski
67
68
Escolma da obra de Roberto Vidal Bolaño.
• Laudamuco, señor de Ningures (1976, Pico Sacro)
• Bailadela da morte ditosa (1980, 1992, Sotelo Blanco)
• Agasallo de sombras (1992, El Correo Gallego)
• Cochos (1992, Sotelo Blanco)
• Días sen gloria (1992, Deputación da Coruña)
• Saxo tenor (1993, Xerais)
• As actas escuras (1994).
• Touporroutou da lúa e do sol (farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa) (1996, AS-PG)
• Doentes (1998, Deputación da Coruña, levada ao cinema en 2011 co título homónimo de Doentes).
• A ópera de a patacón: versión libre para charanga e comediantes pouco ou nada subsidiados (1998, Xerais)
• Rastros (1998, Positivas)
• O día que os chífanos deixaron de zoar.
• A burla do galo (2000, Xunta de Galicia)
• Mar revolto (2001, Xunta de Galicia) Integral (2003, Embora)
Teatro
69
70
Ano Título Papel Notas
1987 Novo de Parmuíde Telefilme. Director
1989 Os outros feirantes Serie de televisión
1989 Sempre Xonxa D. Xosé Luís Filme
1990 Morosos Director
1991 O resplandor da morte Curtametraxe
1991 Memorias dun parado Curtametraxe
1992 Un café de ollos verdes Telefilme
1997 A noiva de medianoite Pedro Filme
1999 A lingua das boloboretas Boal Filme
Amor Serrano Amadeo Curtametraxe
2000 Un mundo de historias Serie de televisión. Tamén
guionista
1999
Audiovisual
Premios e recoñecementos
71
Placa de rúa adicada en Santiago.
• Abrente (1976), con Laudamuco señor de Ningures.
• O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou trocar en rato pequeno
o meirande xigantón.
• Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de mortos e ausentes).
• O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das papas e do unto.
• Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa.
• Medalla de ouro (Premio cidade de Valladolid) (1983-1984) por unha adaptación teatral de textos de Xosé Luís
Méndez Ferrín.
• Premio Álvaro Cunqueiro.
• Premio Xacobeo (1992).
• Premios Rafael Dieste 1992 e 1997 da Deputación da Coruña.
• Premio María Casares da AAAG en catro ocasións (1998, 1999, 2001 e 2003).[12]
• Premio Eixo Atlántico.
• Premio Maruxa Villanueva (2001) do concello de Padrón.[13]
• Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto de teatro en lingua galega pola súa obra Criaturas).
• Rúas en Santiago de Compostela e Perillo, Oleiros, levan o seu nome.
• O auditorio de Gondomar leva o seu nome.[Cómpre referencia]
72
• Día das Letras Galegas 2013.
Rolda de prensa na RAG
Méndez Ferrín anuncia que Vidal Bolaño será o homenaxeado en 2013; Euloxio Ruibal e Margarita Ledo explican os
motivos.
Bibliografía consultada.
Ligazóns externas
73
Franco, Camilo. (2012). Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño. Biblos Clube de Lectores.
Historia visual del siglo XX. El país Aguilar
Erich Scheurmann, Os Papalagui, Edicións Positivas.
Vidal Bolaño, Roberto, Rastros, Edicións Positivas.
Vidal Bolaño, Roberto, Roberto Vidal Bolaño Obras completas, Edicións Positivas.
http://www.hechoshistoricos.es
http://robertovidalbolano.org
http://gl.wikipedia.org/wiki/Historia_de_Galicia
http://gl.wikipedia.org/wiki/Roberto_Vidal_Bolaño
• Asociación Roberto Vidal Bolaño
• Real Academia Galega, Figuras homenaxeadas.
• Biografía na BVG
• Ficha no soportal do audiovisual galego.
• Ficha en Galegos.info
• http://www.youtube.com/watch?v=JL7hIasgWP0
Vidal bolaño

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Marlou
 
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreirorevoltalingua
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emiliocallobre
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017iessalvabiblio
 
O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)Marlou
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010xenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 

La actualidad más candente (13)

Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)
 
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
8. O teatro galego entre 1936 e 1976
8. O teatro galego entre 1936 e 19768. O teatro galego entre 1936 e 1976
8. O teatro galego entre 1936 e 1976
 
Areal nº 5
Areal nº 5Areal nº 5
Areal nº 5
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
 
O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 

Similar a Vidal bolaño

Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuezxanela
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...borjanunez
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Tino Grandio
 
Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Tino Grandio
 
As vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerraAs vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerraAntonio
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósMaraFont
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoLOKIFUMI46
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010xenevra
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010xenevra
 
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.Bibliotecas Municipais de A Coruña
 

Similar a Vidal bolaño (20)

Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Alvarez BláZquez
Alvarez BláZquezAlvarez BláZquez
Alvarez BláZquez
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuez
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
asvangardasnalit-galega-121207054234-phpapp02 (1)_fc74ab4a9e6a6446b7c03d1d85d...
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20
 
Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16
 
As vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerraAs vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerra
 
Resumen
ResumenResumen
Resumen
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E Nacionalismo
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
 
Guia de lectura sobre Uxío novoneyra
Guia de lectura sobre Uxío novoneyraGuia de lectura sobre Uxío novoneyra
Guia de lectura sobre Uxío novoneyra
 

Más de mariacasares2007

Más de mariacasares2007 (20)

Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
La emperatriz de los etéreos: diario de lectura
La emperatriz de los etéreos: diario de lecturaLa emperatriz de los etéreos: diario de lectura
La emperatriz de los etéreos: diario de lectura
 
Rexeneración dos cantís de Santa Cruz
Rexeneración dos cantís de Santa CruzRexeneración dos cantís de Santa Cruz
Rexeneración dos cantís de Santa Cruz
 
Os escaravellos voan á tardiña: diario de lectura
Os escaravellos voan á tardiña: diario de lecturaOs escaravellos voan á tardiña: diario de lectura
Os escaravellos voan á tardiña: diario de lectura
 
Mfyotrosanimales def
Mfyotrosanimales defMfyotrosanimales def
Mfyotrosanimales def
 
Haikus Inés rodríguez 1ºC
Haikus Inés rodríguez 1ºCHaikus Inés rodríguez 1ºC
Haikus Inés rodríguez 1ºC
 
Juan Pardo F.dez
Juan Pardo F.dezJuan Pardo F.dez
Juan Pardo F.dez
 
Paula García Balsa
Paula García BalsaPaula García Balsa
Paula García Balsa
 
haikus Guillermo Rodríguez Eekman
haikus Guillermo Rodríguez Eekmanhaikus Guillermo Rodríguez Eekman
haikus Guillermo Rodríguez Eekman
 
Haikus Jorge Rguez-Rivera Sánchez
Haikus Jorge Rguez-Rivera SánchezHaikus Jorge Rguez-Rivera Sánchez
Haikus Jorge Rguez-Rivera Sánchez
 
Mi familia y otros animales
Mi familia y otros animalesMi familia y otros animales
Mi familia y otros animales
 
Diapositiva mi familia y otros animales
Diapositiva mi familia y otros animalesDiapositiva mi familia y otros animales
Diapositiva mi familia y otros animales
 
Díaz Pardo1
Díaz Pardo1Díaz Pardo1
Díaz Pardo1
 
Haikus Roxana1c
Haikus Roxana1cHaikus Roxana1c
Haikus Roxana1c
 
Haikus de castellano
Haikus de castellanoHaikus de castellano
Haikus de castellano
 
Haikus Antón 1ºD
Haikus Antón 1ºDHaikus Antón 1ºD
Haikus Antón 1ºD
 
Haykus
HaykusHaykus
Haykus
 
Haikus María 1ºD
Haikus María 1ºDHaikus María 1ºD
Haikus María 1ºD
 
André 1cd HAIKUS
André 1cd HAIKUSAndré 1cd HAIKUS
André 1cd HAIKUS
 
Haikus Cristina Díez
Haikus Cristina DíezHaikus Cristina Díez
Haikus Cristina Díez
 

Vidal bolaño

  • 2. Caderno didáctico Roberto Vidal Bolaño Letras Galegas 2013
  • 3. Edita: IES. María Casares. Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística Concello de Oleiros. Servizo de Normalización Lingüística Texto: Marisa Díaz Couce Fernando Díaz-Castroverde Gómez Sabela Echevarria Franco Raquel Guimarei Taibo Carmela Moure Lema Coordinadora: Pepe Taboada Pérez Deseño gráfico e maquetación: Manuel Álvarez Parada
  • 4. “Un teatro do hoxe e do aquí. Un teatro con fe abondo en si mesmo e na sociedade na que nace e á que serve, como para ser quen de saír ó encontro de poéticas propias, capaces de traducir en termos de universalidade o particular, de reafirma‐las capacidades potenciais da nosa cultura e dos nosos creadores para se incorporar por méritos propios á dramaturxia e ó teatro universais. Un teatro que contribúa a lle restituír ós cidadáns o dereito a un lugar de encontro no que se espellar, co que poidan sentirse identificados e ó que cheguen a ter como propio. Un teatro que, ademais desa forma de expresión e comunicación á que ningunha cultura que se queira viva pode substraerse, se aspira a preservar e revitalizar aqueles sinais da súa identidade que a fan existir como tal, sexa un produto artístico de elaboración industrial, capaz de xerar riqueza e de idonizar a explotación racional dos nosos recursos humanos, económicos e infraestruturais. Ese teatro hoxe máis que nunca, ten que estar aquí, entre nós, ó noso alcance, só hai que saír e buscalo.” Manifesto da compañía Teatro do Aquí. 1
  • 5. Semblanza 2013. Roberto Vidal Bolaño: o ano do cometa. Castelao traballando na súa obra "Os vellos non deben de namorarse" Vista Alegre (Compostela) e 1950 son o lugar e data sinalados para o nacemento de Roberto. A data, 1950, é o ano do estigma, o ocaso do cometa. Nese mesmísimo ano, o día 7 de xaneiro ás 23 horas, morre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, na quinta provincia, Bos Aires, exiliado e desconsolado. E alí mesmo, tan lonxe da patria, no cemiterio da Chacarita foi enterrado. Unha data, pois, que marca. E o lugar? Vista Alegre. Un barrio, en tempos arrabalde de Compostela: casoupas pequenas, ruelas estreitas, fondas de estudantes, os últimos prados e lameiros que foxen do balbordo da cidade e a néboa omnipresente. E aló, no fondo do cadro e con eco: as torres da catedral! Vista Alegre: un marco, un atrezzo, un sfumato. 2
  • 6. De Vista Alegre a Compostela: a carreiriña dun can. E tomar Compostela, invadir a cidade impertérrita desde os humildísimos recantos de Conxo, Salgueiriños, de San Lázaro ou Vista Alegre! Para esa entrada cómpre cerimonia, Roberto. Hai que actuar, que non che é o mesmo vivir no extrarradio e vestir modestos galóns que pisar pedra milenaria de sotana e cabalo. En Compostela, a estrea. Roberto Vidal Bolaño foi un farsante. Un mentireiro. Un comediante. Un creador de universos alternativos, de pompas de xabrón nun tempo gris e balorento. O rapaz de Vista Alegre tivo de sempre una teima co audiovisual, co cinema e soñou, algún día quizais, cun Cinema Nacional propio e autónomo, de noso. Cunha luz de identidade. Navegaba, cinéfilo, no ronsel, entre outros, do admirado John Ford (palabras maiores!) e, se cadra, do seu The quiet man (O home tranquilo). A película na que Sean Thorton regresaba, náufrago, á súa aldea natal de Inesfree, en Irlanda, procurando as raíces e as palabras dos camiños e procurando tamén á belísima Mari Kate Danaher (Maureen O´Hara). Aquela escenografía do regreso, do contorno e do camino tamén percorre a obra de Roberto. 3
  • 7. O tempo de Vidal Bolaño A nenez 1950­1962 Roberto vive no barrio compostelán de Vista Alegre onde realiza os seus primeiros estudos e aos doce anos, comeza a traballar como administrativo nunha empresa de recambios de coches. Empeza a interesarse pola literatura e o cinema. 1957 trae un alento de esperanza para o un continente asolado por dúas guerras mundiais, Europa: seis países, entre os que está incluída a derrotada Alemaña, fundan o Mercado Común Europeo, o primeiro paso para camiñar cara á unidade. E mentres o vello continente celebra a superación das rivalidades, as dúas superpotencias trasladan ao espazo a súa loita pola supremacía mundial: a Unión Soviética deixa abraiado ao mundo cando nunha mostra de poderío impensable lanzan en outubro o Spútnik, o primeiro satélite artificial, e en novembro colocan en órbita a cadela Laika, o primeiro ser vivo que sae da atmosfera terrestre. Son os primeiros pasos da chamada “carreira espacial”, onde a URSS parte con vantaxe. Satélite Spútnik 4
  • 8. No 61 o mundo parece precipitarse cara á destrución total: constrúese en Alemaña o muro de Berlín, e chega á presidencia dos EEUU un xove J.F Kennedy que pretende reafirmar o poderío estadounidense e apoiará unha invasión de Cuba na Baía de Cochinos. Isto levará ao mundo ao borde do enfrontamento nuclear cando ordena poñer un cerco arredor da illa e atacar aos buques soviéticos que intenten forzar o bloqueo. Resolta a crise, dúas noticias volven dar un alento de esperanza nun mundo mellor: Kennedy propón un teléfono directo co Kremlin para evitar chegar a un extremo semellante e créase Amnistía Internacional, co obxectivo de vixiar o cumprimento dos Dereitos Humanos. En España, Franco intenta que o seu réxime sobreviva á súa morte e en maio de 1958 promulga a Ley de los Principios Fundamentales del Movimiento para institucionalizar o réxime ditatorial. O cine é a principal distracción da poboación, 63057 salas forman unha rede que chega aos puntos máis pequenos do país. Comezan a facerse cines de arte e ensaio e, timidamente, asoma un novo cine español. Entre os artistas máis admirados desta época está Humphrey Bogart e a nacente estrela francesa Brigitte Bardot. En 1960 Hitchcock estrea Psicose e en 1962 morre Marilyn Monroe. Mentres, catro mozos descoñecidos de Liverpool chamados Os Beatles chegan por primeira vez ao máis alto das listas de éxitos coa canción “Love me do”. 5
  • 9. A adolescencia e mocidade 1963­1970 Tempo de estudo e traballo, primeiros contactos co teatro e intento de matricularse na Escola Oficial de Cine de Madrid, que pechara pouco antes de que puidera matricularse. Galicia ve a creación de dous partidos: UPG de Bautista Álvarez e PSG de Beiras, que artellarán a oposición galeguista e democrática. Economicamente continúa sendo terra de emigrantes, agora a Venezuela e Europa. Fenosa asolaga os vales galegos coas súas grandes centrais hidroeléctricas, orixinando protestas campesiñas e aparecen intentos por deixar de ser só fonte de recursos e man de obra para coller o tren da industrialización: a Citroen en Vigo, Pescanova, os estaleiros de Ferrol e Vigo e en Ourense Coren que comeza a modernizar a produción agraria galega. A cultura e a sociedade van espertando aos poucos: no 63 institucionalízase o Día das Letras Galegas para homenaxear as persoas que loitaron a prol da nosa lingua, créase no 65 a primeira cátedra de lingua e literatura galega na Universidade de Santiago a cargo de Ricardo Carballo Calero, aparece Edicións do Castro da man de Isaac Díaz Pardo e xorden por toda a xeografía do país asociacións culturais: O Facho, O Galo, Abrente... Encoro de Castrelo de Miño antes e despois do seu asolagamento. Fotos de Foto Chao e Enrique Rodríguez 6
  • 10. Mentres, en España o goberno debátese entre os intentos por modernizar o réxime e a represión da cada vez maior oposición política e social. No 69 as protestas estudantís obrigan a declarar o estado de excepción en todo o país. A tensión social acada niveis descoñecidos. Ao ano seguinte Franco nomea a Juan Carlos o seu sucesor, co título de rei. París maio do 68. Foto de Cartier Bressons Os ecos que nos chegan de fóra retratan tamén un mundo en tensión: no 63 Martin Luther King logra emocionar a unha multitude de máis de 200.000 persoas co seu discurso “Teño un soño”, a favor da xustiza, a igualdade de razas e a loita pacífica polos dereitos civís. Ao mesmo tempo na Sudáfrica do apartheid e a segregación racial outro defensor das mesmas causas, Nelson Mandela, pagará cunha longuísima condena no cárcere a súa loita pola igualdade. Nese mesmo ano o mundo conmóvese co asasinato do presidente Kennedy e os soviéticos colocan a primeira muller no espazo, Valentina Tereshkova, e seguen en cabeza da carreira espacial. 7
  • 11. Europa contempla abraiada o que acontece en Francia en maio de 1968: París é tomada polos estudantes que levantan barricadas reclamando cambios educativos e sociais. A protesta transcende cando 10 millóns de traballadores os apoian parando o país e convertendo o Maio do 68 nunha bandeira da xuventude que quere cambiar a sociedade con lemas como “sexamos realistas, pidamos o imposible”. Mentres, tres meses máis tarde, no bloque socialista a URSS destroza outro soño cando os seus tanques invaden Checoslovaquia e rematan coa chamada “Primavera de Praga”, a esperanza dun socialismo en liberdade. En xullo do ano 69 a humanidade marabíllase contemplado como Neil Armstrong , astronauta do Apolo 11 dá “un pequeno paso para o home, pero un gran paso para a humanidade” pisando a Lúa . É a fin da carreira espacial que gaña EEUU e sume ao bloque soviético nunha profunda depresión anímica e económica da que non se recuperará. Mentres, en África, a fame de Biafra chama á conciencia do mundo. No 65 EEUU envía as primeiras tropas a Vietnam, unha guerra que sacudirá a conciencia dos norteamericanos. E no 67 Israel comezará a súa interminable guerra contra os árabes atacando por sorpresa a xordanos, exipcios e sírios: é a “Guerra dos Seis Días”. 8
  • 12. Tempo de mili e inicio da vida adulta 1971-1980 Do 71­73 mili en Ceuta. Tempo de achegamento á cultura popular galega, ao mundo do cine co Equipo Lupa e ao do teatro que explorará en todas as súas facetas: lector, creador de grupos, director, autor, actor... que intensificará, despois do seu despedimento do banco no que traballaba. No 1975 pon en marcha o Teatro Antroido que duraría ata ben entrados os oitenta. Con el gaña o premio Abrente en Ribadavia coa obra Laudamuco, señor de ningures e repite premio con Bailadela da morte ditosa no 1980, no mesmo certame. É polo 78 cando Vidal Bolaño comezou co seu teimudo empeño de profesionalizar o teatro galego. No 73 Franco nomea presidente do goberno a Carrero Blanco, que seis meses máis tarde será asasinado na Operación Ogro por membros de ETA. Neste ambiente crispado todos os ollos se volven aos nosos veciños portugueses que no 74 coa “Revolución dos caraveis” poñen fin á súa ditadura. 25 de abril en Portugal No eido da cultura, neste tempo Inglaterra marca as tendencias internacionais: na música os Beatles, os Rolling Stones, Doors..., na moda, a deseñadora Mary Quant que crea a minisaia, no cine Kubrick estrea 2001 Unha odisea do espazo...Unha loucura de color e liberdade, amor libre e psicodelia invádeo todo. 9
  • 13. Pero España aínda terá que agardar ata novembro do 75, coa morte de Franco e o nomeamento de Juan Carlos como rei, para que comece o proceso que chamamos a transición e acadar así a normalidade democrática. A partir deste ano os acontecementos precipítanse: en xullo do 76 Adolfo Suárez é nomeado presidente do goberno, en agosto outórgase unha ampla amnistía… Pero non todos estaban polo cambio, os grupos da ultradereita franquista, altos mandos do exército e os cargos vencellados ao Movemento Nacional móvense para reverter a situación. Os comezos do 77 sorpréndennos cunha mostra das súas intencións: un grupo de avogados laboralistas é asasinado no seu despacho da rúa Atocha, en Madrid. Aínda así os acontecementos parecen imparables: en abril legalízase o Partido Comunista e en xuño convócanse eleccións que gaña Adolfo Suárez co seu partido a UCD. En setembro un millón de persoas maniféstanse pacificamente en Barcelona para pedir a autonomía. España pouco a pouco vai recuperando aos exiliados como o poeta Alberti, Dolores Ibarruri… En decembro do 78 apróbase a Constitución. Tampouco Galicia é allea a este tempo de axitación universitaria, agraria e obreira. No 72, e no medio dunha grande actividade sindical realízanse folgas xerais en Vigo e Ferrol, os núcleos industriais galegos. A de Ferrol remata coa morte de dous obreiros do estaleiro Bazán, Amador e Daniel. Despois de tres anos artellando plataformas nas que van converxendo as principias forzas políticas, no 77 constitúese a Xunta preautonómica presidida por Antonio Rosón co obxectivo de obter a autonomía para Galicia. Teremos que agardar ata decembro do 80 para que o Estatuto de Autonomía sexa aprobado en referendo. Tamén nesta época coñeceremos o pesadelo da contaminación cando o petroleiro Urquiola derrama 10.800 toneladas de petróleo ao pé da Torre de Hércules. 10
  • 14. Mentres tanto no mundo unha nova revolución inimaxinable estase xestando, e os primeiros síntomas aparecen en 1975: dous norteamericanos- Paul Allen e un xove Billy Gates, de 19 anos- fundan Microsoft, a empresa que fará posible que a informática entre nas nosas vidas. E no ano 76 morre Mao Zedong, o ditador da China, que tras da súa morte, e sen abandonar oficialmente o comunismo, comeza a marcha cara ao capitalismo e á conversión na maior potencia económica do mundo. Familia numerosa na España dos anos 70 No eido cultural a década déixanos: no 73, a morte do pintor Picaso en Francia; no 77 a de Elvis Presley, o home que co seu movemento de cadeiras fixo do rock música de masas e no 80 Alfred Hitchcock, o cineasta que fixo estremecer de medo ao mundo con películas como Psicose ou Os paxaros. Pero a noticia que de verdade conmoveu ao mundo xove ese ano foi o asasinato de John Lennon. 11
  • 15. Período de madurez 1981- 1991 Dedícase de cheo ao teatro, tanto como dramaturgo, director ou actor. É a etapa de maior actividade como escritor, e cara ao final da mesma comeza a adentrarse no mundo do audiovisual, que sempre lle chamou. . Con algunhas discrepancias do sector teatral, a Xunta de Galicia pon en marcha o Centro Dramático Galego co que Vidal Bolaño colaboraría en máis dunha ocasión. Con Caprice des Dieux aparece cun novo elemento caracterizador: ao seu sombreiro engade o nariz de pallaso, e tamén cunha nova modalidade teatral, o monólogo, que o consolidaría nunha das súas facetas máis salientable: a de actor. Serán tamén monólogos, Sen ir máis lonxe, xa mencionado, e Os Papalagui as súas últimas interpretacións. No 1991 funda un novo grupo, Teatro do Aquí, que aportará estabilidade pero suporá un gran esforzo como escritor, director e actor para poder estrear anualmente unha nova obra adaptada ao elenco de actores e posibilidades materiais das que dispuña a compañía. Cartel do mundial de fútbol de 1982 celebrado en España. O cartel é de Miró 12
  • 16. En Galicia no 81 celébranse as primeiras eleccións autonómicas e iranse poñendo as bases da autonomía. Créanse tamén uns anos despois, no 84, a Radio e a Televisión pública galega e o Centro Dramático galego. En 1989 Manuel Fraga, ao fronte dun refundado Partido Popular, acada unha axustada maioría absoluta que inaugura un longo mandato e converte a Galicia nun feudo da dereita: catro maiorías absolutas consecutivas. Os 90 viron nesta terra o desenvolvemento de sectores como o téxtil (Inditex, Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Florentino...), o vitivinícola (denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei, Valdeorras) e a consolidación da automoción. Galicia converteuse tamén nunha das principais produtoras de enerxía eólica. Pero o campo galego está ferido de morte e a ninguén parece preocupar o acentuado peche das pequenas explotacións agrogandeiras que ocupaban ao 41% da poboación, e que baixa ata o17 % . É o comezo da fin da Galicia rural que coñecemos nos últimos séculos. España comeza o ano 81 dun xeito inquietante: en xaneiro Suárez presenta a súa dimisión como presidente do Goberno e o 23 de febreiro o coronel Tejero asalta o Congreso dos deputados. Vívese un día de confusión, con tanques nas rúas de Valencia e no que calquera cousa podía pasar. Só a intervención televisiva do rei á noite parece garantir o fracaso do golpe de estado. Xuño do 83 trae un cambio de goberno: un Felipe González de 40 anos arrasa nas eleccións, comezando un longo mandato con catro vitorias electorais seguidas. O que será o seu vicepresidente, Alfonso Guerra, resume a intención duns socialistas que chegaron ao poder co lema do cambio: España cambiaría tanto que non a ía coñecer “ni la madre que la parió”. 13
  • 17. Nas rúas un ambiente de optimismo trae unha explosión de vitalidade xuvenil, son os anos da Movida madrileña, de Pedro Almodóvar e da modernidade. Unha nova xeración toma o mando con moito traballo por diante: hai que crear as institucións democráticas dun país e recuperar o tempo perdido con respecto a Europa, na que España entra en 1985 coa sinatura do tratado de adhesión á Comunidade Económica Europea. Galicia terá que pagar a incorporación co peche dos seus estaleiros, a redución do sector leiteiro ao que se lle impoñen cotas máximas de produción, e a marxinación da frota pesqueira. No 86 España incorporase á OTAN. O mundo, nesta década camiña cara á desaparición dos bloques, co afundimento da URSS. No 86 o cometa Halley visítanos de novo, e para non defraudar da súa tradición de anunciador de desgrazas, en abril ocorre o maior accidente nunha central nuclear, o desastre de Chernobyl: 31 mortos, máis de 15.000 persoas evacuadas, e un goteiro de enfermidades dexenerativas nos anos seguintes. En Europa os degoiros de liberdade son imparables: en novembro cae o muro de Berlín, símbolo da guerra fría, que mantivo a cidade dividida durante 28 anos, lográndose ao ano seguinte a reunificación alemá tras 45 anos de división. Firma do tratado de adhesión á Comunidade Económica Europea, 1985. Foto de Efe/ Manuel Hernández 14
  • 18. Etapa final e morte 1992- 2002 Grazas á TVG Roberto Vidal Bolaño vai virando cara ao audivisual no que realiza actividades como guionista e autor, sen deixar a súa teima de crear un teatro profesional estable en Galicia. Nesta década aparecen novas obras e colleita novos premios consolidándoo como un dos “homes de teatro” máis sólido da nosa literatura. A finais dos 90, no medio da tendencia xeral a representar comedias, o autor bríndanos un drama xeracional crúo e conmovedor, Rastros, que se adapta ás premisas de : pouco elenco, pouco decorado e moita interpretación actoral. Premisas estas que marcarían a case toda a “xente do teatro” dos últimos corenta anos da nosa historia inmediata. Agosto do 91 fará tremer ao mundo novamente co intento de golpe de estado para parar os cambios na URSS. O golpe fracasa, e entre as consecuencias está a fin do comunismo, a disolución da Unión Soviética e o nacemento da Federación Rusa. Remata 1991 co inicio doutra guerra en Europa: a desintegración da Iugoslavia comunista dá paso á loita polo territorio e a independencia dos grupos étnicos e relixiosos que a compoñían: é a Guerra dos Balcáns, que para conseguir a limpeza étnica deixará matanzas como Sarajevo ou Srebrenika que pensabamos inimaxinables na avanzada Europa Fermín Cacho gaña os 1500 m nas olimpiadas de Barcelona 15
  • 19. 1992 é o ano do salto de España á primeira liña internacional: en abril ábrese ao público a Expo de Sevilla, e en xullo unha renovada e moderna Barcelona inaugura os Xogos Olímpicos de máis éxito para o deporte español- 13 medallas de ouro e 8 de prata-. España está no cimo do seu prestixio internacional, pero o PSOE está en decadencia, acurralado polos escándalos e polo desgaste de dezaseis anos de goberno. En marzo de 1996 Xosé Mª Aznar gaña moi axustadamente as eleccións. No 95 de novo outro golpe para os intereses pesqueiros galegos, que ven como a que fora unha das frotas máis potentes do mundo vai sendo expulsada dos máis importantes caladoiros: estoupa a chamada Guerra do fletán con Canadá. Os acontecementos sociais e políticos desta época ábrense cunha curiosidade histórica: en 1992, 359 anos despois de condenalo e obrigalo a retractarse, a Igrexa recoñece que Galileo tiña razón: a Terra xira arredor do sol, e non ao contrario. No 93 a Comunidade Económica Europea cambia de nome, pasa a ser a Unión Europea e parece querer acelerarse a unión política e económica. O 94 estremécenos con outra guerra en África: 100.000 mortos en Ruanda, na guerra entre as dúas etnias que compoñen o país; pero tamén de África nos chega o acceso de Nelson Mandela á presidencia de Sudáfrica. Quizais sexa posible a convivencia entre negros e brancos nese continente. Un xigantesco iceberg despréndese no 95 da Antártida e acende todas as alarmas sobre as consecuencias dun cambio climático tantas veces negado polos intereses económicos dalgúns estados poderosos. E aínda que pareza mentira, é neste ano cando Mississippi asina a XIII emenda constitucional e queda abolida a escravitude en todo o territorio USA. En febreiro do 97 científicos escoceses abren unha porta inquedante e esperanzadora: clonan por primeira vez a un ser vivo, a ovella Dolly. En setembro de 1998 fúndase en USA Google, o motor de búsqueda en Internet máis usado. 16
  • 20. Entrados xa no século XXI, no 2001 un acontecemento vai cambiar as prioridades internacionais da loita antiterrorista: o grupo Al-Qaeda, liderado por Osama Bin Laden, nun atentado usando avións comerciais secuestrados, derriba as Torres Xemelgas. Aparece na escena internacional o terrorismo yihadista que traerá nos seguintes anos a vinganza de EEUU que para comezar, nese mesmo ano, en outubro, invade Afganistán acusando ao goberno talibán de ocultar a Bin Laden. E en xaneiro de 2002 entra en vigor en doce países de Europa o euro, moeda común. Atentado nas Torres Xemelgas o 11 de setembro de 2001 17
  • 21. O teatro no século XX Roberto Vidal Bolaño nace xusto no medio do século XX, cando en España estaba consolidada a ditadura de Franco e se comezaba a saír do túnel da posguerra. En Europa sufríranse dúas guerras mundiais que levaran a lindes insospeitados a crueldade do ser humano e fixeran tambalearse todos os ideais altruístas que puideran existir. O século XX desenvolveuse de xeito vertixinoso en todos os ámbitos: político, científico, tecnolóxico... e as artes, como era de esperar, serán reflexo dos avatares históricos e seguirán o seu camiño co mesmo ritmo frenético. Para poder comprender as diferentes manifestacións nas artes en xeral e no teatro en particular, teremos que marcar unhas etapas e estas inevitablemente nos veñen impostas polos conflitos bélicos: haberá un antes e un despois da 1ª e 2ª guerra mundial, un antes e un despois da guerra civil española. 18
  • 22. O teatro anterior á Segunda Guerra Mundial. O teatro é un xénero literario que precisa de actores, escenario e público para comunicar o seu sentido completo. É directo, inmediato, interactivo, pero estas condicións esixen certos condicionamentos. - Uns locais axeitados. - Un público receptivo. A principios de século eses espazos son a maioría de propiedade privada e, polo tanto, prima neles un obxectivo comercial e un público con posibilidades económicas. Paralelamente a isto aparecen círculos intelectuais máis avanzados que se decantan por propostas vangardistas. Coexisten, xa que logo, dúas formas de entender o teatro: unha comercial e conservadora e outra innovadora. Esta segunda ofrece un novo produto caracterizado pola carga social, as rompedoras propostas técnicas e formais e as novas formas de expresión que non entren en competencia co cinematógrafo, que acaba de aparecer e acapara a atención dos espectadores. 19
  • 23. A renovación realista Gran parte destas innovacións teatrais foron aportadas polo Realismo e Naturalismo e inciden máis no terreo da representación das obras que nos textos literarios. É fundamental o labor do director de escena que intervén directamente en como debe ser a montaxe e a interpretación dramática. Moitos foron os autores que participaron nestes cambios, tanto antes das grandes guerras coma despois delas. Nós imos salientar neste período anterior á segunda gran guerra a dous deles, claves e pioneiros nos cambios que transformarían a representación e o traballo actoral tal e como aínda hoxe o entendemos. André Antoine (1858-1943), director francés e fundador do Teatro Libre de París. Na súa pequena sala representáronse obras que non atoparon sitio nos importantes teatros parisinos como, por exemplo, as de Ibsen, Strinberg, Zola, etc 20
  • 24. A importancia de Antoine non reside tanto no risco ideolóxico das súas montaxes coma na forma na que as obras son representadas. As características máis salientables son: Constantin Stanislavski (1863-1938) funda en Moscú o Teatro da Arte, con intencións similares. O traballo do director ruso céntrase sobre todo no método de interpretación, máis que na escenografía. Interesa a realidade interior de cada personaxe e para isto, os actores deben identificarse plenamente con eles, sentindo o mesmo ca eles e compartindo sufrimentos e alegrías. Seguen este camiño autores coma Pirandello, O’Neill, Bernard Shaw e John Boyton Priestley. Bernard Shaw compón obras dominadas polo debate de ideas e a crítica aos convencionalismos e hipocrisía da sociedade inglesa do seu tempo. A máis coñecida, Pigmalión. Na obra A ferida do tempo de John Boyton Priestley atopamos un orixinal tratamento do tempo, saltos cronolóxicos, frustracións persoais e sociais do ser humano e a creación dunha atmosfera chea de misterio e patetismo. • Dá a mesma importancia ao traballo de todos os actores e non só ao principal. • Elimina o retoricismo e xesticulación anterior co fin de crear personaxes que se presenten como seres humanos reais e non como intérpretes. • Os actores deambulan polo escenario como se o fixeran por lugares auténticos, dan a espalda ao público, saen do seu campo de visión, rompen, en definitiva, o convencionalismo tradicional de estar cara ao público en todo momento. • Introduce obxectos reais no decorado que substitúen as teas e paneis pintados do teatro anterior. 21
  • 25. O vangardismo no teatro Importantes innovacións virán da man dos movementos de vangarda que, como sabemos, se suceden de forma vertixinosa nos primeiros anos do século XX. No 1896 o escritor Alfred Jarry estrea a súa provocadora obra Ubú rei, iniciándose así un camiño de renovación que culminará nos anos vinte co Dadaísmo e o Surrealismo do que mencionaremos especialmente o traballo de Antonin Artaud creador do chamado teatro da crueldade. O espallamento do comunismo fóra de Rusia, o ascenso dos fascismos en numerosas nacións europeas, a crise económica do 1929 e o clima de preguerra que se respira provocan que moitos dramaturgos se interesen por unha sociedade problemática a punto de estoupar. Nesta tendencia de teatro político comprometido resulta imprescindible mencionar a Bertolt Brecht. No seu texto Madre Coraxe e os seus fillos, o autor presenta un mundo no que os grupos sociais se atopan enfrontados polos seus intereses ao mesmo tempo que expresa o seu pacifismo no mesmo momento que comeza a Segunda Guerra Mundial. Roberto Vidal Bolaño faría unha versión libre baseada nunha das obras deste autor: A ópera de a patacón Bertolt Brecht 22
  • 26. O teatro posterior á Segunda Guerra Mundial. O teatro do absurdo. Nace en Paris na década dos 50, grazas a autores que, sen ser franceses, elixen o francés como lingua literaria: Eugène Ionesco, Samuel Beckett. Outro autor destacado desta tendencia é o español Fernando Arrabal. Estes autores parten de características dramáticas anteriores como a preocupación existencial, a exploración do ilóxico ou a intención provocadora. A súa aportación novidosa é a de combinalos e presentalos como resposta a unha situación irracional, que supera a ficción máis hiperbólica. Ofrécenlle ao espectador nin máis nin menos que o absurdo mundo de posguerra. Para estes autores o mundo é irracional e absurdo. A presenza da morte, a falta de sentido da existencia humana, a soidade e a incomunicación marcan a uns personaxes que no escenario falan por falar, viven o presente con fruición, manteñen conversacións ilóxicas xa que non existe ningún obxectivo vital futuro. Portada de Samuel Beckett, el último modernista de Anthony Cronin 23
  • 27. Polo que se refire á concepción escénica, salienta a ausencia de trama, as estruturas circulares e a súa linguaxe, que se afasta do convencional mediante acumulación de frases inconexas. Como claro exemplo do devandito temos a obra Esperando a Godot de Samuel Beckett. O teatro existencial e comprometido. Outros dramaturgos desta época decántanse pola expresión do sufrimento existencial utilizando formas dramáticas máis tradicionais. Jean Paul Sartre e Albert Camus comparten a intención de facer un teatro no que o debate sobre as ideas se impoña sobre a acción. O sentido da existencia humana e a reflexión sobre a liberdade serán os núcleos temáticos das súas obras. Aínda que os dous escritores comparten a mesma idea do que debe ser o teatro non coinciden na postura que debe adoptar o artista fronte á cuestión social. Sartre ten unha fe cega no compromiso social do escritor: As moscas. A porta pechada. En Camus o tema recorrente nos seus textos é o debate sobre se paga a pena vivir: Calígula. Estado de sitio. Albert Camus 24
  • 28. Do outro lado do Atlántico chéganos o realismo norteamericano de posguerra cunha forte carga de denuncia da sociedade contemporánea. Os autores máis representativos son Tennesee Willians, coas súas obras Un tranvía chamado desexo e A gata sobre o tellado de zinc quente, e Arthur Miller, que incorpora o uso do flash back, a redución ao mínimo do argumento e a ruptura do espazo escénico tradicional, o que lle permite mostrar accións paralelas. O problema da frustración como consecuencia dunha vida baleira e sen obxectivos e a denuncia política contra a intolerancia ideolóxica e social serán os temas fundamentais das obras de Miller: Morte dun viaxante e As bruxas de Salem. A comezos da década dos sesenta, en Gran Bretaña danse a coñecer os Xoves irados, un grupo de dramaturgos marcados pola desesperanza e o desengano ante unha sociedade que non se adapta ás ilusións depositadas nela. Mencionaremos como representantes a John Osborne (Mirando cara atrás con ira, obra que dá nome ao grupo), Harold Pinter e Tom Stoppard. Outros autores europeos importantes son o alemán Peter Weiss, que estrea Marat- Sade no 1964, e o italiano Darío Fo, do que salientamos Morte accidental dun anarquista. Arthur Miller. Foto Henri Dauman 25
  • 29. O teatro experimental. Na década dos sesenta a vangarda teatral se despraza de Europa a Estados Unidos. Nova York convértese no centro dende onde se irradian a todo o mundo as propostas máis innovadoras e rompedoras. Por “teatro experimental” entendemos un conxunto de tendencias que teñen en común as seguintes características: • Primacía do espectáculo total sobre o texto literario, mediante a explotación de códigos extralingüísticos. • Incorporación de elementos que proveñen doutros espectáculos, como o circo, o cabaret, o cine, os mitins políticos. • Desaparición da chamada “cuarta parede”, para rachar coa tradicional separación entre escenario e sala e provocar así a participación do espectador. • Achegamento do teatro a outros públicos mediante a saída dos espectáculos das salas convencionais. • Concepción da obra como creación colectiva do autor, director de escena, actores e público. • O teatro literario desaparece para ser substituído pola improvisación e a participación activa do público. • Aparecen montaxes provocadoras e agresivas. • Segue sendo fundamental o traballo do actor. 26
  • 30. A xeito de conclusión e recollendo a nosa propia experiencia, diremos que nas últimas décadas do século XX a arte teatral aposta polo actor polifacético que non só interpreta un texto; tamén improvisa, fai mimo, canta, baila, realiza exercicios ximnásticos... Polo que se refire á escenografía, utiliza recursos audiovisuais, teatro de sombras (Teatro Negro de Praga), monicreques e proxeccións de todo tipo para acadar espectaculares efectos de luz e son. O teatro tamén sae á rúa e monta artiluxios de todo tipo, ben lúdicos (Els Comediants), ben provocadores (La Fura dels Baus) e, como non, segue denunciando as lacras da sociedade do momento (Els Joglars). Sempre haberá teatro, porque precisamos desta experiencia directa, inmediata, interactiva, espello do que sucede na rúa, na casa, na sociedade, no máis fondo do ser humano. 27
  • 31. Breve repaso pola historia recente do movemento teatral en Galicia Manuel Lourenzo. El correo Gallego A Mostra de Ribadavia é quizá a que teña máis sona pero non é nin moito menos a única. Outros exemplos poden ser a de Vigo, A Coruña, Lugo, Cariño, Fene... Tanto nas capitais coma nos pobos máis pequechos, xorden grupos culturais promovidos dende os centros de ensino, mesmo dende as institucións. Os ensinantes desprazábanse a outros lugares da Península para formarse en diferentes disciplinas artísticas. As asociacións traían xente moi preparada para impartir cursiños e para as “Escolas de vran”. De aí saían diferentes agrupacións fotográficas, de cine, grupos de teatro, títeres. Nos últimos 50 anos Galicia recolleu e asimilou todos os movementos culturais dos que acabamos de falar. Ao mellor con menos medios materiais, con máis dificultades pero, visto con algo de perspectiva, podemos afirmar que neses anos se xestaron multitude de agrupacións culturais que desenvolveron numerosas actividades artísticas. Nos últimos 40 anos acadouse en Galicia un ambiente cultural que no momento presente coidamos ten perigo de fuxir como auga nunha peneira. Entre a década dos 60 e 70 xorden por exemplo: o Grupo de Teatro O Facho de Manuel Lourenzo, en Vigo o Teatro Popular Galego, Aula Teatral do Liceo de Betanzos (1968), As Burgas en Ourense (1969), A. T. Valle-Inclán de Lugo (1970), Histrión 70 (Ourense),... Paralelamente, Ricardo Carvalho Calero puña en marcha a práctica do teatro escolar no Colexio Fingoi en Lugo. De certo en Galiza estábase a vivir por aquel entón un clima máis que favorable para a normalización do teatro galego, o cal se prolongará e consolidará nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia. 28
  • 32. Non podemos pretender aquí o tratamento en profundidade da dramaturxia galega das últimas décadas. Lembraremos ese ambiente bulidor, eses homes e mulleres que, solventando todo tipo de atrancos, dedicaron gran parte do seu tempo e a súa vida a promover e a transmitir a riqueza cultural do noso país ou, como dicía Vidal Bolaño, “do Aquí “. Compañías como Ditea, Antroido, Tespis, Matarile, Chévere e moitos máis percorrían o mapa de Galicia de certame en certame co fin de mostrar as súas obras e sen afán lucrativo ningún. Sabemos xa que foi Vidal Bolaño quen loitou e acadou profesionalizar grupos e actores, que ata ese momento reservaban todo o seu tempo de lecer para realizar unha actividade nunca suficientemente valorada. Aparecen tamén grupos de titiriteiros que dignificaron esta faceta teatral que se consideraba unicamente dirixida a público infantil e que, moitas das veces, seguía a premisa de “todo vale” cando sabemos que xustamente o público infantil é moi rigoroso e esixente. Eles acadaron ampliar o público e dar un nivel, tanto técnico como interpretativo que non tiña nada que envexar a compañías foráneas. Os monicreques de Kukas, O grupo Cachirulo, Viravolta e Tanxarina de Redondela serían un mínimo exemplo disto. Como sucede cos grupos de teatro, os titiriteiros tiveron e aínda teñen festivais en diferentes localidades galegas, salientaremos O festival Internacional de Títeres de Redondela que segue celebrándose todos os anos no mes de maio. En canto aos numerosos grupos escolares que traballaron ao longo destas décadas mencionaremos o grupo Sardiña, máis tarde Parrocha, formado por alumnos do departamento de latín e grego do instituto Elviña e A Sardiñeira da Coruña e que hoxe en día seguen participando anualmente no Festival de Teatro Grecolatino de Lugo co nome de Phoenix. 29
  • 33. Rastros: Aproximación á súa lectura e comentario Rastros, subtitulada Desgracia en catro tempos e unha presada de recordos, foi estreada polo TEATRO DO AQUÍ en Vilagarcía de Arousa no ano 1998. É unha obra ambientada no presente e caracterízase por ter pouco elenco, pouco decorado e moita interpretación actoral. O debate de ideas dos catro personaxes, que se aman, odian, discuten e se reconcilian, imponse sobre a acción. O que importa son as reflexións destes seres humanos sobre a liberdade, o sentido da existencia, os seus recordos… ou sexa, a VIDA. Título: Comeza a obra coa definición do termo que lle dá título. Este é un recurso literario empregado por outros autores. - Que escritor de novela negra, tamén galego, comeza cada capítulo das súas novelas coa definición dunha palabra que se considera clave nese capítulo? - Cando un autor lle pon título a unha obra é por algún motivo. Pode ser mesmo que teñas un libro escrito e aínda non sabes que título lle has poñer. Total, un crebacabezas. Roberto Vidal Bolaño chamoulle Rastros. - Por que escollería ese título? - Se tiveses que procurar outro alternativo, cal sería e por que? 30
  • 34. Tempo 1 Dende o máis profundo do escuro chega o relembro das voces duns nenos. Voz neno un: Que pensades ser cando sexades maiores? Voz neno dous: Calquera cousa. Xefe, por exemplo. Son os que máis gañan e os que menos traballan. Voz neno tres: Eu serei explorador. Ou inventor. Ou descubridor de algo. Voz neno un: Eu o único que quero cando sexa maior, é que non haxa nunca escola. Voz neno tres: ¿E ti, Esther? Voz de nena: ¿Eu? Voz de neno tres: Si, ti. Voz de nena: Libre, coma os paxaros… Argumento: Esta desgracia en catro tempos está cronoloxicamente desordenada e pechada nunha estrutura circular, o TEMPO 1 e o TEMPO 4 que é o mesmo diálogo dos catro personaxes sendo nenos, os seus soños de futuro. Un exercicio para entender mellor a obra sería ordenala cronoloxicamente e aquí vai un posible esquema argumental ordenado, pero podería haber outros. Posible esquema argumental ordenado cronoloxicamente 31
  • 35. Un leve fiíño de luz fai xurdir da nada os rostro olleiroso dunha muller á que un desleixe de anos fai aparentar máis idade da que de certo ten. • Os soños de catro nenos (p.9) • O bico de “tornillo”, coma os de cine, que Esther dá a Iago, ao que sempre amou (p.21) • O baile, Iago négase a bailar con ela e baila con Moncho (p.31-34) • O velorio da avoa no mesmo sobrado onde despois vive Esther (p.42-43) • Inauguración do sobrado, fanse unha foto xuntos (p.45-50) • Atentados, artefactos explosivos, disparos e mortos (p.83) non se escenifica. • Detención e encerro de Iago (p.78) non se escenifica. • Esther mobiliza a xente para conseguir a liberdade de Iago (p.80) • A manifestación. Van os tres e levan unha pancarta que pide “liberdade independentistas” (p.80-82) • O embarazo. Moncho non quere ter ese neno (p.74) • A voda de Esther con Xan, embarazada de Moncho (p.64-68) • O aborto (alusións na p.71-73) • Fracaso do matrimonio. Xan quere tirar o televisor pola ventá (p.69) • Agresión de Esther a Xan coas tesouras 32
  • 36. • O transtorno de Esther, os seus escritos paranoicos (p.69-73) • As visitas ao cárcere para ver a Iago (p.35-40; 84-87, nesta dille que é a última). • Drogadicción de Esther, non se escenifica. Intúese que hai alcohol e heroína. Comeza a beber despois do aborto, móstrase cambaleante ao andar, bébeda, e fai referencia a unha xeringa usada. • Petición de diñeiro a Moncho, ten débedas e está moi asustada (p.56-58) • Monólogo de Esther (p.12) • Intento de suicidio, non se escenifica. O sobrado cheo de sangue, sirenas da policía, walki-talkies, informativos na tele o unha radio que nos informan de que aconteceu unha desgraza. • A espera dos tres amigos ao desenlace mentres Esther está na UVI (p.13) • Esther aparece en escena en camisón, o goteiro do hospital e os pulsos envoltos en vendas (p.24-29) (89-93) • Reencontro cos amigos e recordos dunha vida en común. • Esther acaba por botalos e dilles que non os quere volver a ver. • Petición de Esther a William Holden: rógalle que a próxima vez non lle falle (p.94) • Os soños de catro nenos. (p.95). 33
  • 37. Tempo 4 Dende a negrura volve chegar o relembro das voces de aqueles nenos. Voz neno un: Que pensades ser cando sexades maiores? Voz neno dous: Calquera cousa. Xefe, por exemplo. Son os que máis gañan e os que menos traballan. Voz neno tres: Eu serei explorador. Ou inventor. Ou descubridor de algo. Voz neno un: Eu o único que quero cando sexa maior, é que non haxa nunca escola. Voz neno tres: ¿E ti, Esther? Voz de nena: ¿Eu? Voz de neno tres: Si, ti. Voz de nena: Libre, coma os paxaros. CAE O PANO 34
  • 38. Temas: Hai múltiples e complexos temas principais e secundarios na obra que aparecen á simple vista deste esquema, pero imos tratar un recurrente na dramaturxia de Roberto Vidal Bolaño: O cine. Paixón cinematográfica Para a xeración de Vidal Bolaño, afeita ao branco e negro cultural e ao triste celuloide do NODO, a única pasaxe ao mundo dos soños era o cine. O cine americano é un pasaporte á liberdade, á aventura…a saír da escuridade, polo tanto está moi presente na súa obra. 35
  • 39. Referencias ao cine en Rastros: A influencia do cine en Esther. -Nas relacións amorosas. Na escena do bico que Esther pide a Iago, replícalle deste xeito ante o tímido beixo do mozo: “¿Iso é o que ti entendes por un bico? Deberas ir máis ao cine. ¡Veña, dáme un coma Deus manda! ¡De tornillo! (p.20-21) Esther (a Iago, no cárcere, antes de se deitaren): “Non me digas en que película o vin pero rodéame cos teus brazos e dime que me queres aínda que sexa mentira”. (p.40) O personaxe de Esther, arredor de quen xira esta obra, ten os mesmos gustos e preferencias que o seu autor pola cinematografía americana. Chega a dicir nun momento: “Queirámolo ou non o cine americano está aí, influíndo nas nosas vidas. Ás veces máis do que un pensa.E nas cousas máis insospeitadas” (p.20) 36
  • 40. Secuencia da película Johnny Guitar de Nicholas Ray (1954) á que se alude. Moncho dille nun momento: “Prendácheste de min por…Si yo fuera rico y Michael Yorck en Cabaret”(p.74) Johnny: A cantos homes olvidaches? Vienna: A tantos como mulleres lembras ti. Johnny: Non marches! Vienna: Non me movín. Johnny: Dime algo agradable. Vienna: Claro. Que queres que che diga? Johnny: Mínteme. Dime que me esperaches todos estes anos. Vienna: Espereite todos estes anos. Johnny: Dime que morrerías se non viñese. Vienna: Morrería se ti non viñeses. Johnny: Dime que aínda me queres como eu te quero. Vienna: Aínda te quero como ti me queres. Johnny: Grazas (bebe). Moitas grazas. 37
  • 41. -Cando reflexiona sobre a morte, maniféstase de novo a influencia do cine. Esther: ¿Pensas algunha vez na morte? Iago: Non, nunca penso en iso Esther: Imposible. Todos o facemos en algún momento queirámolo ou non.(…)Cando pensas na túa propia morte, pensas sempre nunha morte ideal,digna, agradable. Ouseña, nas mortes que viches nas películas. (p.22) A continuación encende o vídeo e ven o fragmento no que Willian Holden sacrifica a súa egua na película Dos hombres contra el Oeste, de Blake Edwards,1971. Esther: Posto que algún día hei morrer é así como me gustaría que fose.Como esa egua. Unha morte, rápida,limpa, sen dor. E irme do mundo levando comigo a lembranza duns ollos cheos de piedade, coma eses.(p.22-23) Ao final da obra, unha vez que queda soa, Esther encende o vídeo e entrando no mundo ficticio da película, dille ao seu protagonista favorito: “A próxima vez non me falles, Willian Holden”(p.93) 38
  • 42. Referencias a actores e actrices na obra: -Cando están no cárcere Iago: Escribiume Mario hai uns días. Dicía que na concentración do mes pasado había unha chea de xente. Esther: Cincuenta, contados. Se iso é unha chea de xente, eu son Kin Basinguer ou Jesica Lange. Tedes que saír de aquí.(p.85) -Cando xan quere tirar o televisor pola ventá Soa o “Bye Bye Baby” na voz de Marilyn Monroe… Están poñendo Los caballeros las prefieren rubias.(Howard Hawks, 1953). Esther, dende a porta, tenta impedirllo a berros. (p.69) -Metáfora cinéfila (…) E escribir do seu puño e letra “fin da película” (Esther, falando sobre o suicidio) (p.89) -Ao encontrar a cinta de vídeo, os tres mozos discuten sobre cine: A mellor película de willian Holden: -El puente sobre el río Kwai, de David Lean, 1957, a preferida de Xan. -Sunsset Bulebard, de Billy Wilder, 1950, e Grupo salvaje, de Sam Pechkinpah, 1969, as que máis valora Moncho. 39
  • 43. Referencias que están presentes na vida de Moncho: -Experiencia nos medios audiovisuais: dobrou a John Wayne nunha película emitida pola TVG (p.19) -Para namorar a Esther cantaba en inglés macarrónico Si yo fuera rico, canción da película El violinista en el tejado, de Norman Jewison, 1971. (p.74) -Levaba a Esther a berrar na praza da Quintana como fai Michael York con Liza Minnelli debaixo dunha ponte do tren na película Cabaret, de Bob Fosse, 1972. (p.74) 40
  • 44. Propostas de traballo: -Sobre o cine -Sobre outros temas posibles dentro do argumento Ademais do tema do cine, encontramos outros moitos a tratar: A droga, por exemplo, e como complemento para a reflexión propoñemos o visionado da película Heroína, de Gerardo Herrero, 2005, e a lectura do libro Futuro imperfecto, de Xulia Alonso ed.Galaxia. 41 • Busca dúas películas máis na filmografía de Willian Holden. • En que películas interveñen as tres actrices americanas que se mencionan na obra? Busca polo menos tres. Que cres que teñen en común estas tres mulleres moi coñecidas para os cinéfilos? O tema da dobraxe das películas é un tema moi querido por Vidal Bolaño, case sempre os seus personaxes se manifestan en contra: “Botaríana na galega. Hai dobraxes que convidan a suicidarse” (p.15). • Por que cres que deixa o título das numerosas películas americanas que aparecen na obra en castelán, sen traducir ao galego? Por que Wllian Holden fala en castelán? • Facede un debate sobre as repercusións que tanto individual como socialmente ten a drogadicción.
  • 45. Portugal está moi presente nalgúns Tempos da obra. Menciónanse aspectos da súa gastronomía, música, cultura, sucesos históricos. 42 Outros temas interesantes serían: O amor, o desamor, o suicidio, o dereito a unha morte digna, o aborto, a liberdade… • Engade ti algúns temas presentes na obra que che parezan interesantes. • Búscaos e trata de explicar por que son importantes para os protagonistas. • Sigue o rastro da información que se dá na obra de acontecementos históricos e infórmate desa revolución portuguesa que Moncho di que estragaron os propios portugueses. • Por que está preso Iago en Alcalá Meco? Sigue as pegadas desas manifestacións, atentados, mortos… Que información tes sobre o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive que se menciona na obra? (p.81) Hai tres obxectos que funcionan como elemento caracterizador de tres personaxes: O zapato que perde Esther, o farrapo portugués de Iago e o sombreiro tamén portugués de aba ancha de Xan. • Busca os vestixios destes tres obxectos que volven aparecer en diferentes momentos da obra.
  • 46. -Sobre os personaxes. Chamamos parlamento a cada unha das intervencións das personaxes na obra. Os parlamentos teñen importancia cuantitativa e cualitativa. Dicimos que o parlamento máis importante cuantitativamente correspóndelle á personaxe que maior número de parlamentos (entradas) ten na obra, mentres que cualitativamente que lle pertence á personaxe que ten os parlamentos (ou entradas) máis longos, maior número de liñas en total na obra. • Conta en dez ou quince liñas a vida de Esther. • Sigue o rastro do soño dun dos nenos a través da obra e caracteriza este personaxe Cres que a vida o achegou ao seu soño? • Sabendo isto: - Quen é a personaxe cuantitativamente máis importante de Rastros? - E cualitativamente? 43
  • 47. Ás veces nas obras de teatro aparecen personaxes pero tamén grupos pouco definidos ou mesmo voces, que reciben o nome de comparsas e teñen un valor simbólico ou expresan pensamentos, soños, desexos. Son, dalgún xeito, a voz da conciencia. En Rastros tamén ocorre. 44 • Sabendo isto: - Que voces aparecen en Rastros? - Que función cres que teñen as voces no conxunto da obra? - Sobre o escenario. • En que momentos vemos no escenario á vez fragmentos do pasado dos personaxes e do presente? Como cambia do tempo real ao tempo dramático dos recordos? • Que recursos escenográficos se utilizan para reflectir os saltos temporais na representación da obra? • Explica brevemente os catro TEMPOS e a utilización da técnica do flash back.
  • 48. Obradoiros A vida é puro teatro. E velaí o eixo estruturador de todo teatreiro: o diálogo. Iso si, ben o sabes, acompañado dunha serie de adubíos xestuais que sempre axudan: cara de fatiga, ollos de concentración, libro aberto entre as mans... A seguir, para que te profesionalices un pouco máis (non vaia ser), propómosche unha serie de prácticas coas que mellorar o teu oficio: Dixécheslle a teus pais a hora exacta á que chegaches o sábado? E que os deberes da semana estaban feitos e que o cuarto quedaba recollido? Contácheslle ao teu profe que nunca antes prepararas un exame como aquel e que estiveras case sen durmir? Preguntáronche se te conectaras esta tarde e respostaches que apenas o fixeras tres ou catro minutos? Meu amigo, es un profesional do TEATRO. Un comediante. Sen te decatar, probablemente estiveches botando man dunha chea de instrumentos e estratexias que se desenvolven a cotío no mundo do teatro. E empregaches unha argumentación brillante, a pesar das interrogacións e trampas que che foron poñendo polo camiño. Un diálogo no que, por agora, saíches vencedor. 45
  • 49. Comprimindo espazos: Neste exercicio inventamos seis ou sete movementos entre unha parede e outra (un paseo, estamos limpando, recollemos algunhas cousas, facemos a cama...) Pero hai unha dificultade engadida, o espazo vaise estreitando progresivamente ata límites insospeitados e, conseguintemente, a túa coreografía debe comprimirse! Imaxinación corporal: Imos reproducir en grupos as seguintes accións, pero sen que nada diso estea en realidade ocorrendo: A) Xogamos un partido de tenis a cámara lenta, incluíndo a celebración de cada tanto. Os teus compañeiros farán de público e moverán a cabeza conforme a pelota viaxa dun a outro campo. B) Tentamos abrir un paraugas no medio dun vendaval con treboada. Precisamos nesta improvisación un conxunto de efectos sonoros (vento, tronos...) que outro compañeiro/a arremedará. C) Estamos no deserto de Sonora e o noso obxectivo é capturar esa serpe velenosa que se nos achega. Ollo cos teus movementos, xógaste a vida e un descoido... 46
  • 50. Traballamos o diálogo: A) Construímos un texto dialogado no que obrigatoriamente haxa que seguir a orde alfabética e cada intervención deberá comezar pola letra que lle corresponda. Se tal, facemos primeiro un sorteo para establecer cal á letra de partida. Supoñamos que sexa a letra B. Aí vai un exemplo que podes continuar: Ben, imos dispoñer a cea. Canto tempo hai que marcharon? Que hora será? Deben ser xa as oito. É posible. O tempo pasa voando. Fará frío fóra? Gatos na rúa non se ven. Iso quere dicir que calor non vai... B) Neste segundo modelo, cada participante leva unha letra asignada coa que deberá comezar e rematar o seu parlamento. Por exemplo, o primeiro participante a letra S, o segundo X e o terceiro L: Sempre que chego tarde pechas a Sala. Xa, xa... Por que non viñeches o Xoves? Lamento tardar, é este o cine Londres? Si. Xustamente. Lin que hoxe era a estrea da maldición do home Lobo... 47
  • 51. 48 C) Agora, e para ir rematando, a cada un dos participantes se lle asigna un número exacto de palabras coas que deberá construír o seu parlamento. Supoñamos que Pedro ten dúas palabras, Xan catro e Arturo seis: Pedro: Que tal? Arturo: Pois xa ves, resistindo o temporal. Pedro: Ti, Xan? Xan: Eu deféndome como podo. Arturo: Sempre fuches aplicado na defensa persoal. Pedro: É certo. Xan: Deféndome, pero non ataco...
  • 52. Hai moitísimas variantes máis: crear un texto dialogado só empregando interrogacións pero conseguindo que exista unha acción en progreso a partir desas preguntas, introducir en cada parlamento alternativamente a letra dunha canción... Practica, que se non o fas, saberemos o teu horario exacto, os deberes que non fixeches, se o cuarto quedou ou non arrombado... Ai! A vida é puro TEATRO! 49
  • 53. Outras propostas. Comentarios sobre textos. Le atentamente os textos e logo realiza individualmente ou en grupo as cuestións propostas. 50 MULLER: Hoxe remata o ano , ¿non si?. HOME: E ti halo rematar con ben, se Deus quere. MULLER: Xa sabes que eu nunca crin nesas cousas pero... cando nena, teño oído que o día de hoxe acoden ao cemiterio as ánimas dos que van morrer no ano que comeza. HOME: ¡ Parvadas de vellos! MULLER: Quizais. Pero... gustaríame saber se é certo ou non. Lévame alí. Lévame ó cemiterio. HOME: ¡Non sexas nena! MULLER: ¡Quero saber se estou ou non entre eles!. HOME: Estaralo se saes aí fóra co frío que vai. MULLER: Din que acoden na mesma orde na que han ir morrendo. E que saen
  • 54. De alí coa data escrita no peito (Tencionando erguerse). ¡Quero saber se aínda hei aturar moito tempo esta dor! (Bailadela da morte ditosa . Editorial Sotelo Blanco px 23) 51 Neste texto a muller desexa ir ao cemiterio para ver se ela está entre as persoas que han morrer no próximo ano. En Galicia existen moitas procesións e romarías relacionadas coa morte e coa curación de enfermidades, a continuación tes que relacionar cada lugar coa procesión ou romaría que neles se realiza: Santa Marta de Ribarteme ( As Neves- Pontevedra) Pobra do Caramiñal ( A Coruña) Santo André de Teixido ( A Coruña) A Lama ( Pontevedra) Lalín (Pontevedra) Romaría do Cristo de Xende Procesión das mortallas Os animais son as almas dos defuntos Romaría dos cadaleitos Romaría do corpiño 1.
  • 55. MULLER: Se vou morrer quero sabelo. E se mentres ese día non chega hei padecer o que agora.... HOME: Non contes comigo para iso. MULLER: ¿Por que non? ¿Queres seguir véndome sufrir así? HOME: Estás moi cansa. Deita. MULLER: Non quero sufrir máis inutilmente, Antón. Non quero. ¿Matarasme? (Bailadela da morte ditosa. Editorial Sotelo Blanco px 24- 25) CHARLI: (Colléndolle a man agarimosamente). Deus Santo, Carme, como te teñen. Alguén debeu ter acabado antes con esta merda. Axeónllase cabo dela e vai retirándolle un a un tódolos tubos que a manteñen viva. Mentres o fai vai chegando tal que de lonxe, como nun fermoso soño, o relembro daquel New York, New York que quedaron de bailar xuntos. Charli colle a almofada e apértalla contra a cara para ver de alixeirar aquel trance. Cando todo remata, a música soa clara e limpa. Ela, milagrosamente, ergue da cama maxestosa, máis viva do que nunca estivera, vaise onda el e tal como quedaran, bailan xuntos. Cando a música remata e o baile cesa, Charli cóllea no colo e devólvea ao seu leito de morte. Féchalle os ollos cun bico e deixa que vaia escurecendo paseniñamente. (¡Anxeliños! Comedia satánica. Editorial TrisTram ( px 371)) 52
  • 56. 1. Nestes dous textos fálase da “eutanasia”. Busca no dicionario a etimoloxía e o significado desta palabra. 2. Por que cres que o HOME non quere cumprir o desexo da MULLER? 3. Que opinión che merece o que fixo Charli? 4. Localiza cinco palabras derivadas e indica a palabra base da que proceden. CHEMA: ¿Que asasino? TIGRE: O da película que puñan na autonómica. CHEMA: Non sei como soportades as películas en galego. TIGRE: ¡Home, mellor están en español! Pero sendo boas... ( ¡Anxeliños! Comedia Diabólica. Editorial TrisTram. Px 359) 1. Como di este fragmento é moi frecuente que na TVG e na TVE as películas se dobren. Expón as túas razóns a favor ou en contra da dobraxe das películas. 2. Localiza todos os verbos do texto e analízaos. TIGRE: A vida é así, Xefe, e ás veces condénanos a algúns a facer o que nunca fariamos se puidéramos escoller e facer outra cousa... En relidade os responsables da maioría das desgracias que nos aqueixan non somos nós, senón o destino, a orde das cousas, Deus... (¡Anxeliños! Comedia Satánica. Editorial TrisTram. Px 372) TIGRE: Non Charli, non o esquecín. Certas cousas non se esquecen nunca pero si algo conseguín aprender de ti é que, se un se enfrenta a elas, acaban superándose. Anque, como sempre, os mestres ensinades cousas que vós nunca practicades. (¡Anxeliños! Comedia Satánica. Editorial TrisTram. Px 356) 53
  • 57. 1. Sinala un sinónimo de cada unha das seguintes palabras: escoller, aqueixan, destino,esquecín, nunca. 2. Sinala un antónimo para cada unha das seguintes palabras: vida, responsables, orde, nunca, acaban. 1. No texto dise que as sentenzas de morte non existen na actualidade en España. Investiga ata cando a pena de morte estivo vixente en España e cales foron os últimos condenados a morte. 2. Chema di “A violencia non é desprezable en si mesma, depende de con qué fin se aplique”. Consideras que esta afirmación é certa? Argumenta a túa opinion, a favor ou en contra, nun pequeno texto. 3. Sinala dúas palabras, como mínimo, da mesma familia léxica das seguintes: fin, xuíces, morte, amigo, medir. 54 CHEMA: A violencia non é desprezable en si mesma, depende de con qué fin se aplique. ¿Son desprezables os xuíces por dictar sentencias de morte? TIGRE: Aquí xa non temos diso, Chema. CHEMA: ¿Sono os militares por botar bombas ou os cregos por poñer penitencias? ... A violencia, querido amigo, hai que a medir non en relación ao suxeito ou suxeitos sobre os que se exerce, senón en relación a todos aqueles outros aos que ao exercela se axuda a que non a padezan. (¡Anxeliños! Comedia Satánica. Editorial TrisTram. Px 384-385)
  • 58. Creación de monólogos. Diálogos e conversas entre varios personaxes. Ofrecemos unha pequena mostra que sirva de modelo para que realicedes os vosos propios textos. Roberto Vidal Bolaño era un magnífico monologuista. Este texto pertence á obra titulada Os Papalagui do autor Erich Scheurmann e foi unha das súas últimas interpretacións. Papalagui significa “Home branco estranxeiro, e segundo o xefe samoano Tuiavii de Tiavea, os papalaguis pensamos e comportámonos do seguinte xeito: Sobre as casas. O Papalagui mora, como un crustáceo, dentro dunha cuncha. Vive entre pedras, como a escolopendra. Ten pedras en todo o seu redor, por baixo e por riba. A súa cabana aseméllase a un baúl de pedra posto de pé: un baúl cheo de cubículos e buracos. Éntrase e sáese da cuncha só por un sitio e sempre é o mesmo. O Papalagui chámalle a ese sitio “entrada” cando entra na cabana, e “saída” cando sae, malia que as dúas son exactamente o mesmo. Hai unha gran batente de madeira que temos que empurrar con moita forza antes de podermos entrar na cabana. Pero iso só é o comezo: estamos obrigados a empurrar unhas cantas máis antes de sentírmonos realmente dentro da cabana. 55
  • 59. Sobre os cartos. Quen só toca diñeiro cae no seu feitizo e quen gusta moito del ten que servilo e consagralo toda a vida. Amemos os nosos hábitos, que din que é digno de desprezo quen algo esixe pola hospitalidade que ofrece ou quen reclama unha recompensa por cada froita que dá. Respectemos as nosas normas, que non permiten que un posúa moito e outr nada, ou que un posúa moito máis ca outro. As máquinas Todos eses miragres teñen un punto fraco, oculto nalgunha parte. Non hai máquina que non necesite un coidador. Todas elas conteñen unha secreta maldición. Pois se é verdade que a potente man da máquina é capaz de facer todo o posible, tamén é verdade que devora o amor que existe en todo obxecto saído das nosas propias mans. De que me serviría a min unha canoa fabricada por unha máquina? A máquina é un ser sen vida, frío, incapaz de falar do seu traballo,de sorrir cando o terminou e de levarllo a seu pai ou a súa nai, para tamén eles se alegraren. Como podería eu gustar da miña canoa como gusto se unha máquina puidese reconstruíla en calquera momento? A gran maldición que a máquina encerra é que o Papalagui xa non ama nada, a máquina pode reconstruílo todo de contado. Para que a máquina obre eses milagros sen vida nin calor, ten el que darlle o seu sangue. O cine Os lugares onde se simula a vida! Non é doado describilos de forma que quededes cunha noción clara do sitio ao que o Branco lle chama cine. En todas as vilas europeas existe ese sitio misterioso que as persoas adoran, onde mesmo os nenos poden soñar. 56
  • 60. … Pero nin con iso aquelas persoas na parede deixan de ser unha apariencia de ser humanos. Se a xente as quixese tocar, axiña vería que iso é imposible, que son feitas de luz, a penas. Están alí para lle mostrar ao Papalagui as súas propias dores e alegrías, as súas loucuras e debilidades. Pode así o Papalagui ver de moi cerca as máis bonitas mulleres e os máis bonitos homes. Aínda que sexan mudos, pode ver brillar os seus ollos, e os seus xestos. Eles parecen ollalo e falar con el. Este segundo texto pertence á obra Criaturas de Roberto Vidal Bolaño Na barra dun bar. Un home fala con alguén que non vemos. A CRIATURA obsérvao en silencio, perdido entre a néboa. O DO BAR: Encapricheime del. Podía terme encaprichado de calquera outra cousa, pero encapricheime daquel puto sombreiro... A verdade é que ao mariconazo aquel sentáballe como unha coroa... O sombreiro era un Panamá, auténtico, e antollóuseme. Non sei moi ben por que. O tipo non paraba de dar voltas discoteca adiante con máis chulería ca un piloto de Iberia. Saínlle ao paso e, polas boas – eu primeiro, polas boas sempre‐, pedinlle que mo emprestase. “Para dar un garbeo pola pista e provocar un par de desmaios!”. Díxenlle entre bromas e veras. O tipo nin se dignou a mirarme . Largoume o rollo ese de que os sombreiros son como as mulleres, os peites ou os cepillos de dentes e que nuncan se prestan e foise como se tal cousa. Pareceume normal. Ninguén presta así como así algo tan persoal. Volvinlle insistir, case que suplicándollo, co que a min me costa, pero o tipo seguiu nas mesmas. Ti ben sabes como son eu! Nunca acepto un non por resposta. Así que, como era de supoñer, coñecéndome, púxoseme aquí no cello, que custase o que custase, había dar unha volta discoteca adiante con aquel puto sombreiro. 57
  • 61. Volvín onda el e, sen máis voltas díxenlle que mo arredase. Polo que fose. Un par de horas soamente, nin unha máis nin unha menos. Pero volveu pasar de min olimpicamente. E aí foi cando xa non puiden máis e tirei de carteira. “Mesmo as mulleres, os peites e os cepillos de dentes teñen prezo!”. Díxenlle. E coa mesma espeteille: “Así que é de supoñer que tamén o teñan os sombreiros! Canto queres por el?”. E vai o tipo e contéstame que o sentía moito, pero que era un regalo e que non estaba en venda. Cago na tos! Aquilo fodeume! Que regalo nin que centellas? Co que eu estaba disposto a chegar a ofrecerlle, á mañá seguinte, podería mercar catro ou cinco como el, e do trinque. Como é natural, piqueime. A cousa xa transcendera e había xente arredor, mirando, pendentes de como remataba o envite. E claro, funme medrando. Comecei a ofrecerlle cartos. Ao primeiro cifras razoable. Máis ou menos o que poderían valer dous ou tres daqueles ditosos sombreiros. Pero o tipo, como se nada, ao seu. Arre que non estaba en venda. Como comprenderás, púxenme frenético e lanceime, dunha para fodelo diante de toda aquela xene que nos miraba e doutra para demostrarlle o que eu sostiña: que todo tiña prezo. Mesmo as persoas. Así é que algún tería tamén aquel fodido chapeau.Quince, vinte, trinta mil pesetas contantes e soantes, cheguei a ofrecerlle. E así ata cen mil. E todo por un puto sombreiro que non valería nin dous mil pesos. Pero que queres? Aquela noite tiña o antollo de lucir con el. Pero nada, nin con esas. O tipo seguiu nas súas trece. E eu, mira ti que traballo me custaba, nas miñas. Aí foi onde perdín os estribos e desboqueime. Tirei de talonario de cheques, estampei a miña firma nun, púxenllo diante, e crucifiqueino... Pon a cifra que queiras! E puxese a que puxese, aquela noite, pagaríalla. E non vai o tipo, pousa o Panamá no chan, ponse a brincar riba del, envórcalle un cuba libre e un gin tonic e, non contento con iso, mételle o dente ao cheque e ráchao. Botou os anacos á pista, cunha chulería que xa me gustaría para min, e díxome que fose por eles e que se era quen, o recompuxese pegándoo con cuspe ou con merda. Fai falta ser gilipollas! Logo souben que era un “jodido intelectualillo”, deses que xa non quedan. Un poeta, seica. 58
  • 62. Partindo destes modelos, escribe ti un monólogo. Ten en conta que será como unha conversa contigo mesmo, como unha reflexión en alto sobre temas que te preocupan ou inquedan especialmente. Por exemplo: 59 • Consecuencias de prescindir das redes sociais durante a fin de semana por mor dun castigo. • Preparativos para asistir a un concerto do teu grupo preferido. • Expectativas ante unha primeira cita. • Reflexións o día anterior á Selectividade. • Preparación dunha viaxe que non che apetece realizar. • Estou demasiado delgado/a, que fago?
  • 63. Intentemos agora algún diálogo ou conversa entre dúas persoas. 60 • Un médico e un paciente satisfeito. • Dous amigos que se atopan na cola dun concerto. • Un motorista e un policía de tráfico. • Unha telefonista dunha compañía telefónica e un cliente que non ten móbil. • Dous pacientes na sala de espera dun dentista. • Un profesor e un alumno. O profesor púxolle un 6 e o alumno quere que o suspenda argumentando as razóns da súa peculiar petición. • Tres empresarios reúnense nun restaurante de luxo en abril do 2013. • Catro persoas quedan nunha estrada illada co coche avariado. Sucede no ano 1985, non teñen teléfono móbil. • Un trobador e dous xograres atópanse nunha praza no século XII. • Unha familia toma as uvas na cea familiar do fin do ano 1943. • Un camareiro, o cociñeiro xefe dun restaurante e un cliente descontento. • Xúntanse tres amigos despois das vacacións de verán. Unha quedou no paro, outro casou, outro viaxou por Europa. Por último intentemos crear varios personaxes. Procura pensar antes como son cada un deles para que as súas reaccións estean de acordo coa súa personalidade.
  • 64. 61 Ten en conta o protagonismo que poden chegar a ter os obxectos para a caracterizacións dos personaxes. Pensa en Charlot. Pensa no sombreiro do texto que puxemos como modelo de monólogo e a importancia dramática que adquire en Esther, unha das protagonistas de Rastros, a pérdida do zapato. Como xogo teatral podedes poñer nunha mesa diferentes tipos de chapeus e logo tratar de crear os personaxes aos que lles acaia mellor cada un deles: Sombreiro de Sherlock Holmes, Charlot, Humphrey Bogart, Fred Astaire, Django... Moitos outros obxectos poden ter gran poder evocador, ser o punto de partida para crear un personaxe. Baseándote nesta idea, busca ti algunha prenda a partir da cal poidas revivir unha lembranza, dar vida a un amigo, un familiar, ou mesmo crear unha nova historia.
  • 65. Os que traballaron no teatro ou foron titiriteiros nalgún momento da súa vida, saben o gratificante que pode chegar a ser. Por unha banda o teatro é pura observación do mundo que nos rodea. Deter a nosa ollada no comportamento das persoas, mirar os conflitos cotiáns coma se dun cadro se tratase, afastándose, agudizando o teu sentido crítico, o teu sentido do humor, aporta unha visión nova da vida e da sociedade máis fonda e enriquecedora. Sen dúbida, pode axudar a superar moitos problemas persoais que, en certas etapas da nosa vida, paraliza a nosa capacidade de reacción, a nosa capacidade de superación. O traballo teatral é amplísimo e abrangue múltiples facetas. O traballo actoral: preparación da voz, expresión corporal, dominio da concentración mental e relaxación, capacidade de improvisasión, dominio da expresión, etc.; o traballo escenográfico: a montaxe escénica, a luz e o son; o traballo como director de escena: acadar sintonía entre os protagonistas, conseguir aproveitar todas as súas capacidades. Se falamos de títeres, a realización e manexo dos monicreques. A xente de teatro sabe ademais que o máis importante non é a representación en si, senón o traballo previo a ela. O caos dos primeiros ensaios, o entusiasmo cando as cousas comezan a saír ben. Sobre todo a relación que se establece entre os participantes que observan como os seus atrancos e as súas alegrías van creando un produto propio e inesquecible. Cando comece a función saben que, pase o que pase a partir dese momento o verdadeiramente importante foi o camiño percorrido. 62 A modo de conclusión
  • 66. Glosario ACOUTACIÓN: Cada unha das notas que se poñen na obra teatral, advertindo e explicando todo o relativo á acción ou movemento dos personaxes e ao servizo da escena. ACTO: Cada unha das partes principais en que se poden dividir as obras escénicas. APARTE: Palabras que na representación escénica di calquera dos personaxes da obra representada, como falando para si ou con aquel ou aqueles a quen se dirixe e supoñendo que non o oen os demais. APUNTADOR/ORA: Persoa que nos ensaios teatrais apunta aos actores a letra dos seus papeis até que a aprenden, e que nas representacións, oculto pola cuncha ou noutro lugar do escenario, vixía para dar a letra ao intérprete que a esqueza. ATREZZO: Conxunto de obxectos e materiais que se empregan nun escenario teatral ou cinematográ!co. BASTIDOR: Armazón de listóns ou madeiros, sobre o cal se estende e fixa un lenzo ou papel pintado, e especialmente cada un dos que, dando fronte ao público, se poñen a ambos lados do escenario e forman parte da decoración teatral. “Entre bastidores”. loc. adv. coloq. para referirse á organización interior das representacións teatrais e aos ditos e ocorrencias particulares dos actores e demais xente relacionada coa arte escénica. 63
  • 67. DECORADO: Conxunto de elementos co que se crea un lugar ou un ambiente nun escenario, un estudo o de gravación, etc. DIÁLOGO: 1. Conversa entre dous ou máis persoas, que alternativamente manifestan as súas ideas ou afectos. 2. Obra literaria, en prosa ou en verso, en que se finxe unha conversa ou controversia entre dous ou máis personaxes. DIRECTOR/ORA DE ESCENA: Persoa que dispón todo o relativo á representación das obras teatrais, propiedade da escena, caracterización e movemento dos actores, etc. DRAMATURGO: Autor de obras dramáticas. ENSAIO: Acción e efecto de ensaiar. “Ensaio xeral”: Representación completa dunha obra dramática ou musical antes de presentala ao público. ENTREACTO: Nunha representación dramática, intermedio (espazo de tempo durante o cal se interrompe a representación). ESCENA: 1. Sitio ou parte do teatro en que se representa ou executa a obra dramática ou calquera outro espectáculo teatral. Comprende o espazo en que se sitúa o lugar da acción á vista do público. 2. Aquilo que se representa no escenario. Mutación, cambio de escena. 64
  • 68. 3. Cada unha das partes en que se divide o acto da obra dramática, e en que están presentes uns mesmos personaxes. ESCENARIO: Parte do teatro construída e disposta de maneira conveniente para que nela se poidan colocar o decorado e representar as obras dramáticas ou calquera outro espectáculo teatral. ESCENOGRAFÍA: Arte de proxectar ou realizar decoracións escénicas. Conxunto de decorados na representación escénica. ESPAZO: Unidade do teatro. Lugar onde se desenvolve a acción. MÍMICA: 1. Pertencente ou relativo ao mimo e á representación das súas fábulas. 2. Pertencente ou relativo á mímica. Linguaxe mímica. Signos mímicos. 3. Expresión de pensamentos, sentimentos ou accións por medio de xestos ou ademáns. PANO: Lenzo grande que se pon no escenario dun teatro de modo que se poida baixar e subir. PERSONAXE: Cada un dos seres humanos, sobrenaturais, simbólicos, etc., que interveñen nunha obra literaria, teatral ou cinematográfica. 65
  • 69. POSTA EN ESCENA: Montaxe e realización escénica dun texto teatral ou dun guión cinematográfico. PROSCENIO: 1. Parte do escenario máis inmediata ao público, que vén sendo a que media entre o bordo deste e a primeira orde de bastidores. 2. No antigo teatro grego e latino, lugar entre a escena e a orquestra, máis baixo que a primeira e máis alto que a segunda, no cal estaba o taboado en que representaban os actores. TEATRO: 1. Edificio ou sitio destinado á representación de obras dramáticas ou a outros espectáculos públicos propios da escena. 2. Sitio ou lugar en que se realiza unha acción ante espectadores ou participantes. 3. Escenario ou escena. 4. Literatura dramática. 5. Arte de compoñer obras dramáticas ou de representalas. TEMPO: Unidade do teatro. Xunto á acción e o lugar. 66
  • 70. Un actor debe traballar toda a súa vida, cultivar a súa mente, desenvolver o seu talento sistematicamente, ampliar a súa personalidade; nunca debe desesperar, nin esquecer este propósito fundamental: amar a súa arte con todas as súas forzas e amala sen egoísmo. Constantin Stanislavski 67
  • 71. 68
  • 72. Escolma da obra de Roberto Vidal Bolaño. • Laudamuco, señor de Ningures (1976, Pico Sacro) • Bailadela da morte ditosa (1980, 1992, Sotelo Blanco) • Agasallo de sombras (1992, El Correo Gallego) • Cochos (1992, Sotelo Blanco) • Días sen gloria (1992, Deputación da Coruña) • Saxo tenor (1993, Xerais) • As actas escuras (1994). • Touporroutou da lúa e do sol (farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa) (1996, AS-PG) • Doentes (1998, Deputación da Coruña, levada ao cinema en 2011 co título homónimo de Doentes). • A ópera de a patacón: versión libre para charanga e comediantes pouco ou nada subsidiados (1998, Xerais) • Rastros (1998, Positivas) • O día que os chífanos deixaron de zoar. • A burla do galo (2000, Xunta de Galicia) • Mar revolto (2001, Xunta de Galicia) Integral (2003, Embora) Teatro 69
  • 73. 70 Ano Título Papel Notas 1987 Novo de Parmuíde Telefilme. Director 1989 Os outros feirantes Serie de televisión 1989 Sempre Xonxa D. Xosé Luís Filme 1990 Morosos Director 1991 O resplandor da morte Curtametraxe 1991 Memorias dun parado Curtametraxe 1992 Un café de ollos verdes Telefilme 1997 A noiva de medianoite Pedro Filme 1999 A lingua das boloboretas Boal Filme Amor Serrano Amadeo Curtametraxe 2000 Un mundo de historias Serie de televisión. Tamén guionista 1999 Audiovisual
  • 74. Premios e recoñecementos 71 Placa de rúa adicada en Santiago. • Abrente (1976), con Laudamuco señor de Ningures. • O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou trocar en rato pequeno o meirande xigantón. • Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de mortos e ausentes). • O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das papas e do unto. • Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa. • Medalla de ouro (Premio cidade de Valladolid) (1983-1984) por unha adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín. • Premio Álvaro Cunqueiro. • Premio Xacobeo (1992). • Premios Rafael Dieste 1992 e 1997 da Deputación da Coruña. • Premio María Casares da AAAG en catro ocasións (1998, 1999, 2001 e 2003).[12] • Premio Eixo Atlántico. • Premio Maruxa Villanueva (2001) do concello de Padrón.[13] • Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto de teatro en lingua galega pola súa obra Criaturas). • Rúas en Santiago de Compostela e Perillo, Oleiros, levan o seu nome. • O auditorio de Gondomar leva o seu nome.[Cómpre referencia]
  • 75. 72 • Día das Letras Galegas 2013. Rolda de prensa na RAG Méndez Ferrín anuncia que Vidal Bolaño será o homenaxeado en 2013; Euloxio Ruibal e Margarita Ledo explican os motivos.
  • 76. Bibliografía consultada. Ligazóns externas 73 Franco, Camilo. (2012). Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño. Biblos Clube de Lectores. Historia visual del siglo XX. El país Aguilar Erich Scheurmann, Os Papalagui, Edicións Positivas. Vidal Bolaño, Roberto, Rastros, Edicións Positivas. Vidal Bolaño, Roberto, Roberto Vidal Bolaño Obras completas, Edicións Positivas. http://www.hechoshistoricos.es http://robertovidalbolano.org http://gl.wikipedia.org/wiki/Historia_de_Galicia http://gl.wikipedia.org/wiki/Roberto_Vidal_Bolaño • Asociación Roberto Vidal Bolaño • Real Academia Galega, Figuras homenaxeadas. • Biografía na BVG • Ficha no soportal do audiovisual galego. • Ficha en Galegos.info • http://www.youtube.com/watch?v=JL7hIasgWP0