SlideShare a Scribd company logo
1 of 26
Os dous monstros David McKee
Hai un monstro que vive tranquila-mente na cara oeste dunha montaña.
Na cara este da montaña vive outro monstro.
Algunhas veces os monstros falan entre eles a través dun burato da montaña.
Pero nunca se ven un ao outro.
Unha tarde, o primeiro monstro di polo burato: “Podes ver que bonito é? O día está rematando”.
“O día está rematando?- di o segundo monstro-. Quererás dicir que a noite esta empezando, so tonto!”.
“Non me chames tonto, ou enfadareime”, responde o primeiro monstro. Síntese tan enfadado que non pode durmir.
O outro monstro séntese moi anoxado e tamén durme moi mal.
A mañá seguinte, o primeiro monstro séntese fatal, despois dunha noite tan mala. Grita polo burato:“Esperta tarugo, a noite está rematando!
“Non sexas estúpido, cerebro de mosquito! –responde o segundo-. É o día que está comezando”. Colle unha pedra e tíraa  por riba  da montaña.
“Un tiro pésimo, vaca burra!”, di o primeiro monstro cando a pedra non lle acerta. Colle unha pedra máis grande e tíraa de volta.
Esa pedra tamén falla.  “Inútil! pasmón, peludo,narigón!” berra o segundo monstro, e tira de volta unha roca que despega o cumio da montaña.
“Non es máis que un vello e estúpido papamoscas!  -grita o primeiro monstro e lanza un penedo que rompe outro anaco da montaña.
E ti es un noxento carballo vello e retorcido! Contesta o segundo monstro. Nesta ocasión patea unha roca enorme.
Segundo vai pasando o día, as pedras van sendo cada vez máis grandes, e os insultos máis longos.
Os dous monstros seguen a salvo, pero a montaña vai quedando reducida a anacos.
“Es  un zoquete peludo, cabeza oca e abusón! grita o primeiro monstro mentres lanza un penedo  enorme.
“Ti es unha noxenta torta de crema esmagada e cheirona” -berra o segundo monstro, tirando unha roca aínda maior.
Esa roca acaba  co último resto da montaña e os monstros vense por primeira vez o un ao outro.
Iso acontece xusto ao comezo dunha nova posta do sol.
“Incrible!” -di o primeiro monstro, soltando a roca que está cargando-.  “A noite está comezando. Tes razón”.
“Alucinante!”- di o segundo monstro soltando o seu penedo-. “Tes razón, o día está rematando”.
Camiñan cara o centro do desastre que organizaran e contemplan  –xuntos- o comezo da noite e o final do día.
“Foi divertido”, di o primeiro monstro. “Si, é verdade -di o segundo- pobre montaña!”.
Fin

More Related Content

Viewers also liked (7)

Comprensionlectoraprimerciclo
ComprensionlectoraprimercicloComprensionlectoraprimerciclo
Comprensionlectoraprimerciclo
 
Joan Miró
Joan  Miró Joan  Miró
Joan Miró
 
Recurso cuaderno de actividades graduadas 2° basico
Recurso cuaderno de actividades graduadas 2° basicoRecurso cuaderno de actividades graduadas 2° basico
Recurso cuaderno de actividades graduadas 2° basico
 
Examenes
ExamenesExamenes
Examenes
 
Comprension de la_lectura1
Comprension de la_lectura1Comprension de la_lectura1
Comprension de la_lectura1
 
Comprension lectora 2° grado
Comprension lectora 2° gradoComprension lectora 2° grado
Comprension lectora 2° grado
 
Evaluación de ciencias naturales
Evaluación de ciencias naturalesEvaluación de ciencias naturales
Evaluación de ciencias naturales
 

Recently uploaded

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Os dous monstruos

  • 1. Os dous monstros David McKee
  • 2. Hai un monstro que vive tranquila-mente na cara oeste dunha montaña.
  • 3. Na cara este da montaña vive outro monstro.
  • 4. Algunhas veces os monstros falan entre eles a través dun burato da montaña.
  • 5. Pero nunca se ven un ao outro.
  • 6. Unha tarde, o primeiro monstro di polo burato: “Podes ver que bonito é? O día está rematando”.
  • 7. “O día está rematando?- di o segundo monstro-. Quererás dicir que a noite esta empezando, so tonto!”.
  • 8. “Non me chames tonto, ou enfadareime”, responde o primeiro monstro. Síntese tan enfadado que non pode durmir.
  • 9. O outro monstro séntese moi anoxado e tamén durme moi mal.
  • 10. A mañá seguinte, o primeiro monstro séntese fatal, despois dunha noite tan mala. Grita polo burato:“Esperta tarugo, a noite está rematando!
  • 11. “Non sexas estúpido, cerebro de mosquito! –responde o segundo-. É o día que está comezando”. Colle unha pedra e tíraa por riba da montaña.
  • 12. “Un tiro pésimo, vaca burra!”, di o primeiro monstro cando a pedra non lle acerta. Colle unha pedra máis grande e tíraa de volta.
  • 13. Esa pedra tamén falla. “Inútil! pasmón, peludo,narigón!” berra o segundo monstro, e tira de volta unha roca que despega o cumio da montaña.
  • 14. “Non es máis que un vello e estúpido papamoscas! -grita o primeiro monstro e lanza un penedo que rompe outro anaco da montaña.
  • 15. E ti es un noxento carballo vello e retorcido! Contesta o segundo monstro. Nesta ocasión patea unha roca enorme.
  • 16. Segundo vai pasando o día, as pedras van sendo cada vez máis grandes, e os insultos máis longos.
  • 17. Os dous monstros seguen a salvo, pero a montaña vai quedando reducida a anacos.
  • 18. “Es un zoquete peludo, cabeza oca e abusón! grita o primeiro monstro mentres lanza un penedo enorme.
  • 19. “Ti es unha noxenta torta de crema esmagada e cheirona” -berra o segundo monstro, tirando unha roca aínda maior.
  • 20. Esa roca acaba co último resto da montaña e os monstros vense por primeira vez o un ao outro.
  • 21. Iso acontece xusto ao comezo dunha nova posta do sol.
  • 22. “Incrible!” -di o primeiro monstro, soltando a roca que está cargando-. “A noite está comezando. Tes razón”.
  • 23. “Alucinante!”- di o segundo monstro soltando o seu penedo-. “Tes razón, o día está rematando”.
  • 24. Camiñan cara o centro do desastre que organizaran e contemplan –xuntos- o comezo da noite e o final do día.
  • 25. “Foi divertido”, di o primeiro monstro. “Si, é verdade -di o segundo- pobre montaña!”.
  • 26. Fin