2. Había unha vez, nun lonxano reino, uns dragóns
moi malvados que vivían nunha cova que estaba
á beira do cráter dun volcán.
3. O seu xefe era o dragón máis feroz, salvaxe,
grande e cruel. Chamábase Mortífero e os seus ollos
aterraban a todos os que o miraban. Era enorme,
espantoso, despiadado e disfrutaba facendo o mal.
4. Os dragóns comían plantas, animais e ata persoas
que vivían por alí. Tamén queimaban campos, aldeas
e vilas, roubando todo o que atopaban.
5. No fondo da súa cova os dragóns gardaban todos os
tesouros que roubaran durante anos: cofres cheos de
ouro, diamantes, esmeraldas, milleiros de xoias, cadros,
libros ….
6. Os dragóns tiñan aterrados aos habitantes do país de
Portofarum. Decidiron ir ata o castelo da
raiña Laura para pedir que os seus mellores
guerreiros viñesen loitar cos dragóns. Elixiron para esta
perigosa misión a Breogán, Joana e Paula.
7. A raíña Laura, moi
preocupada, preguntou quen
dos valentes cabaleiros quería
acompañar aos aldeáns para
loitar contra os dragóns.
Os “valentes” cabaleiros
empezaron a buscar excusas
para non ir, porque os
dragóns lles daban moito
medo.
Un dixo que tiña que ir
visitar á súa mamá
enferma, outro dixo que tiña
coxo o cabalo, un que tiña
que ir ao dentista, outro
que perderá a espada…
8. A princesa
María, moi
avergoñada e
enfadadísima,
berrou que eran
todos uns
asquerosos
covardicas e
dixo que iría ela
soa a loitar contra
os dragóns.
A princesa era
unha boa xinete e
manexaba a espada
como unha experta.
Tiña unha espada
delgada e flexible
9. Ao oíren á princesa algúns cabaleiros sentiron moita
vergoña por ser tan galiñas e decidiron acompañala.
Ela decidiu ir con tres amigos: os cabaleiros Érick e
Carlos e a dama Esther.
10. O cabaleiro Érick era experto no manexo da
lanza, Carlos era un gran espadachín e a dama
Esther era quen de acertar cunha frecha no ollo
dun mosquito anano.
11. A princesa, a dama,
os cabaleiros, e os
aldeáns xuntáronse
para pensar o que ían
facer. Necesitaban
axuda máxica e
decidiron ir ata o
Bosque Tenebroso para
pedirlle á bruxa
Bruxana que lles
botase unha man.
Despois de buscar
armas, comida e
cabalos para todos,
puxéronse en marcha.
12. Tardaron varios
días en chegar á
beira do bosque.
Era un lugar
aterrador con
árbores escuros de
polas enmarañadas.
Todos se sentían
nerviosos e
angustiados pero
debían entrar xa
que a bruxa Bruxana
vivía xusto no
centro do
Bosque
Tenebroso.
13. Por fin viron a
casa da bruxa. As
paredes estaban
cubertas de
arañeiras
xigantes, das
tellas pingaba un
líquido pegañento
que parecía
sangue, as
xanelas semellaban
ollos que miraban
con maldade e a
porta era unha
14. Chamaron á porta e saiu unha muller cuberta cunha túnica e
cun sombreiro picudo que lles dixo:
- Ola, que tal? Que ledicia que me veñades visitar!
Estou encantada de verte princesa María! Que queredes
de min? Pasade, pasade…
15. Nós tamén nos alegramos de
verte, -contestou a princesa –
vimos pedirche axuda para
derrotar a uns terribles dragóns.
-Vaia, vaia…conque dragóns. Ben,
axudareivos pero vós teredes
que facerme un pequeno favor a
min.
- Primeiro terás que dicirnos como
nos vas axudar –pediulle Breogán.
- Paréceme xusto -dixo
Bruxana -, enfeitizarei as
vosas armas para que poidan
atravesar as escamas de dragón.
16. O cabaleiro Carlos dixo:
-Iso non é suficiente porque
necesitamos achegarnos aos
dragóns e eles sairán voando e
botarán lume contra nós.
Bruxana sorriu e contestolle:
-Que rapaz máis espilido!!!
Beeen,
vaaale, dareivos unha apócema que vos
permitirá voar durante un mes.
De acordo? Hai trato?
- Parécenos ben –dixo María-,
agora explicanos cal é ese favor
17. Nada, unha tontada. Tedes
que traerme uns cantos
escarabellos dos que viven
nunha especie de
formigueiro que hai debaixo
do carballo máis antigo deste
bosque.
- E, se é tan doado,
porque non os colles ti?-
preguntou Joana, que era
unha rapaza moi lista.
- É que non teño tempo
–contestou a bruxa cun doce
sorriso.
- Mentira!!!–berrou a
dama Esther-. Dinos a
verdade ou non hai trato.
18. Ante esa ameaza Bruxana
confesoulles que os
escarabellos eran
bastantes grandes, tiñan
unhas espiñas velenosas,
saltaban ata dous metros
de altura e picaban e
mordían. Non se podían
coller coa man, había
que collelos un a un
cunhaspinzas especiais. A
bruxa deulle unhas
pinzas a cada un e
díxolles que necesitaría
uns 2.000 ou 3.000 exemplares.
19. Todos puxeron as súas armaduras e unhas grosas
luvas para evitar as picaduras e mordiscos dos
escarabellos. Logo puxéronse en camiño, ían a pé para
que os cabalos non corresen ningún perigo.
20. A Paula ocorreuselle
un plan moi
intelixente:
Colleu varios anacos
de carne podre
e púxoos moi perto da
casa dos
escarabellos, nun
lugar onde medraban
varias árbores con
polas baixas. Mentres
Érick, Breogán e
Esther teceron unha
rede para poder
21. Despois os sete agabearon polas árbores levando a rede.
Cando viron que os escarabellos estaban comendo soltaron a
rede para que non poidesen escapar nin saltar. Logo
axudados polas súas luvas e as pinzas foron colléndoos con
moito coidado e botáronos nun enorme caldeiro que lles
dera Bruxana.
22. Cando lle deron o
caldeiro dos
escarabellos a bruxa
gardounos na despensa
e díxolles que estaba
disposta a cumprir o
que lles prometera.
Pediu que lle trouxesen
todas as espadas,
frechas e lanzas e
botoulles un feitizo
para que se fixesen tan
duras que poidesen
atravesar as
escamas de
23. APÓCEMA PARA PODER VOAR
- 6 avións de papel
- 1 ala de dragón rosa moída
- 10 plumas do cu dunha pomba tola
- 3 orellas de morcego carballés
- 1 volvoreta coxa
- 15 mosquitos laranxasde ollos verdes
- 5 avelaíñascegas
- 1 nube de tormenta
24. Despois de ler atentamente a receita foi botando os
ingredientes nunha pota chea de augardente misturado
con auga de río e caldo de repolo. Bruxanaobrigounos a
beber aquel líquido noxento e díxolles que os efectos
durarían un mes.
25. Máis tranquilos seguiron o seu camiño ata chegar á beira do
volcán onde vivían os dragóns.
Decidiron vixiar aos dragóns esperando que todos saísen
para atacar por sorpresa. A ocasión presentouse ao cabo de
tres días cando os dragóns saíron todos xuntos para
atacar a famosa cidade de Lugus.
26. En canto perderon de vista aos dragóns subiron voando
ata a cova. Fixeron varias viaxes cargados cos tesouros e
repartíronos entre os habitantes de Portofarum.
27. Despois preparáronse: para vencer aos dragóns debían
atraelos ao interior da cova para poder atacalos pola
espalda.
Breogán e Joana, que eran moi valentes, puxéronse ao fondo
da cova protexidos polos escudos. Polos lados colocáronse
Esthere Paula cos arcos e Érick coa súa lanza; e detrás da
entrada a PrincesaMaría e Carlos armados coas espadas.
28. Os dragóns chegaron moi contentos e entraron na cova
rápidamente. Axiña se decataron de que lles roubaran
os tesouros. Mortífero viu que no fondo da cova
había dúas persoas e acercouse furioso.
- Onde esta o tesouro? Decídemo ou queimareivos
lentamente!!!
- Ven aquí se te atreves!!! – dixéronlle Breogán e Joana.
29. Mortífero achegouse botando lume e Breogán e Joana
refuxiáronse detrás dos seus escudos.
A dama Esther tensou o arco e a súa frecha cravouse
no corazón de Mortífero e o malvado dragón caiu morto.
30. Ao veren morto ao seu
xefe os dragóns, intentaron
escapar voando. Paula
disparou o seu arco e Érick
a súa lanza; María e Carlos
coas súas espadas
atacáronos polo aire.
Os rapaces mataron a tres
dragóns e feriron e
capturaron aos outros dous
31. A princesa María ofreceulles aos dragóns supervivintes curalos e
deixalos libres coa condición de que non provocasen incendios, se
portasen ben e non atacasen a ningúen. Permitiríanlles cazar
nunha zona do bosque. Os dragóns aceptaron e xuraron obedecer
as leis do país.
32. Para celebrar que os
dragóns xa non eran un
perigo na vila de
Portofarum celebraron
unha gran festa á
que asistiu a raíña
Laura e toda a súa
corte.
A raíña felicitounos e
dixo que eran as
persoas máis valentes
e intelixentes do país.
Todos aplaudiron.
33. E que pasou cos dragóns?Pois buscáronlles un traballo moi
axeitado, convertíronse en carteiros. E así foi como no
antigo reino de Portofarum en vez de pombas
mensaxeiras tiveron dragóns mensaxeiros.
34. • Autores e Ilustradores:Clase de 2ºB Curso 2013/14
Dilan, Sara, Ismael, David, Lucía, Dani Alejandro, Yaiza,
Dani F., Iván, Natalia, Breogán, Joana, Paula E., Dani P,
Samuel, Carlos, Dani L, Alejandra, Adrián, Érick,
María, Esther, Ainhoa, Paula S., Xavier, Israel e
Geovanna.