SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 77
A FONSAGRADA
A NATUREZA
A comarca da Fonsagrada abrangue un amplo espazo nas serras orientais, ao leste
da provincia de Lugo, entre a Terra Cha e a fronteira con Asturias. O relevo irregular,
montañoso, con fortes pendentes e bastante altitude, dificulta a súa explotación
agrícola e, en consecuencia, a ocupación do territorio, polo que a densidade de
poboación é moi baixa.
Desde o punto de vista natural, é unha comarca de grande interese porque acolle e
conserva grandes espazos de bosque autóctono protexido, impresionantes paisaxes
de val e montaña e unha rica flora e fauna.
SUPERFICIE:
680 km2
POBOACIÓN:
5.432 habitantes
(2015)
CONCELLOS:
Baleira, A Fonsagrada e
Negueira de Muñiz.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs: Carballido,
Negueira, A Marronda.
Propostas sen aprobar:
“Serra de Foncuberta”.
Forma parte da
RESERVA DA BIOSFERA
“Río Eo, Oscos e Terras
de Burón”
CLIMA
Oceánico de montaña cunha importante presenza da neve no inverno.
Val do Navia (Entralgo, Negueira de Muñiz)
ACTIVIDADES
As principais ocupacións son a gandaría e a explotación forestal pequenas industrias
e servizos concentrados nas capitais dos conecellos. A actividade turística basada na
natureza é un dos recursos que se están comezando a explotar.
Toda a comarca conserva un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico:
núcleos tradicionais, igrexas, hórreos, cileiros, cortiños, ouriceiras, mazos, ferrerías,
muíños, pontes, museos...
PATRIMONIO
Muíños en Vilarín
Forno en Negueira de Múñiz
Restos do
castelo da
Pobra do Burón
Barcela (A Fonsagrada)
Distintos ipos de hórreos na
comarca da Fonsagrada
Ouriceiras en Queixoiro
BALEIRA
Situado ao leste da comarca. A capital municipal é O Cádavo.
O territorio está formados por tres ringleiras de montañas, máis ou menos aliñadas: O
Miradoiro, A Vaqueriza e O Puñago ao Oeste, O Pozo e A Marronda no centro e a Maloura e A
Lastra no Oeste. No concello de Baleira nacen o río Eo, que corre entre a Serra do Pozo e A
Lastra cara ao norte, e o Neira que cae da serra da Maloura cara ao sur.
SUPERFICIE:
168,8 km2
POBOACIÓN:
1.380 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
A Braña, Córneas,
Cubilledo, A Degolada, A
Esperela, A Fontaneira,
Fonteo, A Lastra, Librán,
Martín, Pousada e
Retizós
Baleira, nas abas da serra do Mirador.
A principal actividade económica é a
agrogandeira e o sector forestal, seguida
dos servizos.
Acolle espazos fluviais e de montaña de
gran interese natural.
Casa en Paradavella
Hórreo en Fontaneira
SUPERFICIE: 438 km2
POBOACIÓN: 3.838 habitantes (2015)
PARROQUIAS: A Allonca (Santa María), A
Bastida (San Miguel), Bruicedo
(Santiago), Carballido (Santa María), Cereixido
(Santiago), Cuíñas (San Cristovo), Fonfría (Santa
María Madanela), A Fonsagrada (Santa
María), Freixo (San Xulián), Lamas de Campos
(San Roque), Lamas de Moreira (Santa
María), Maderne (San Pedro), Monteseiro (San
Bartolo), Pacios (Santa María), O Padrón (San
Xoán), Paradavella (San Xoán), Piñeira (Santa
María), A Pobra de Burón (Santa María
Madanela), San Martiño de Arroxo, San
Martiño de Suarna (San Pedro de Neiro, San
Pedro de Ríos, Santo André de Logares, A Trapa
(San Cibrán), O Trobo (Santa María), A Veiga de
Logares (Santa María), Vieiro (Santo Antonio),
Vilabol de Suarna (Santa María), O Vilar da
Cuíña (Santa Bárbara).
A Fonsagrada, capital do concello está asentada
no cume da serra.
A FONSAGRADA
Ocupa gran parte da comarca, de norte a sur, con. É o concello máis extenso de Galiza e conta
con 29 parroquias nas que hai 278 entidades menores de poboación. Está atravesado por
unhas serras principais (Penas Apañadas, Follabal e Hospital) con dirección NE-SO, das que
saen outras serras case perpendiculares; os vales dos ríos Rodil ao norte (que vai ao Eo) e
Suarna ao Sur (que vai ao Navia), e as serras que limitan os vales destes ríos ao norte e ao sur.
A Fonte Santa da Fonsagrada.
Contan que antes a Virxe da Fonsagrada estaba na Pobra de
Burón (onde estaba a capital do concello) e no monte, no
lugar do Carballal había unha fonte miragreira. O cura
levaba a Vixe para alí e os da Pobra volvían a levala de volta,
pero polo noite a Virxe volvía ao sitio onde estaba a fonte. E
decidiron faceu unha capela a carón da fonte. Foi cando
pasaba por alí o Camiño de Santiago. E comezou a formarse
a vila da Fonsagrada.
A principal actividade económica é a gandeiría de carne e a forestal. Ultimamente estáselle a
dar un gran pulo á cría do porco celta, unha raza autóctona de grande calidade que case
estaba desaparecida.
Na vila de A Fonsagrada atópase un museo etnográfico con información da historia e
costumes da comarca, o Centro Comarcal e unha aula da natureza. Nelas podemos atopar
información turística sobre as moitas rutas da natureza que hai na zona.
Sala do museo etnográfico
da Fonsagrada
SUPERFICIE: 72 km2
POBOACIÓN: 214 (2014)
PARROQUIAS: Barcela,
Ernes, Marentes, Negueira,
Ouviaño e Río de Porto.
Negueira de Muñiz.
NEGUEIRA DE MUÑIZ
Situado ao leste da comarca, lindando polo norte, leste e sur con Asturias. O territorio ocupa
o val do Navia que o cruza de SO a NE, entre a serra de Penas Apañadas e as serras de Uria e
Cuias.
É un dos concellos menos poboados de Galiza, factor ao que contribuíu a construción do
encoro de Grandas de Salime, que anegou unha grande parte do territorio, no val do río
Navia, e motivou o traslado de parte da súa poboación ás zonas desecadas da Terra Cha.
A Vilaseca, o encoro de Grandas de
Salime e a Serra de Uría.
A principal actividade é a
gandeirías e a forestal.
Unha grande parte do territorio do
concello atopase protexido no LIC
“Negueira”.
Gando no
Busbeirón
RELEVO
O relevo da comarca da Fonsagrada constitúeno unha sucesión de vales e serras de dirección
N-NO, S-SE, cruzadas case perpendicularmente por outras coas que forman unha rede entre a
que discorren os ríos que forman a cunca do Rodil, afluente do Eo, e o propio río Eo, polo
norte e oeste; o sistema Lamas-Suarna, afluentes do Navia, polo leste e o sur; e o arranque do
Neira polo suroeste.
No norte atopamos o Coto de Frades, os montes de Logares e de Vilar de Calvos. De oeste a
leste as serras do Miradoiro, Vaqueriza e o Puñago que separan a comarca da Terra Cha;
nunha segunda liña os montes da Marronda e a serra do Pozo; a continuación a serra da
Lastra, A Maloura, Foncuberta e a serra do Portelo; en posición central, cara ao norte o Corno
de Cervo, a serra do Hospital, que se prolonga cara ao norte polo Muradal; a continuación a
serra de Follabal, da que saen a serra do Invernal cara ao norte e a de Liñares cara ao sur; e
por último as Penas Apañadas. Polo sur, formando unha liña case contínua que sinala tamén
o límite da comarca, están os montes do Restelo e a serra de Louxas; e á dereita do val do
Navia as serras de Cuias e Uría.
A vexetación das fragas é a típica da áreas atlánticas de media montaña: carballeiras mixtas
de Quercus robur con cerdeiras, castiñeiros, algunhas faias, teixos, capudres nas partes altas,
e bidueiros nas zonas máis húmidas, entre as que se intercalan manchas repoboadas con
distintintas especies de piñeiros.
Unha constante nas serras da comarca da Fonsagrada é o
aproveitamento agrogandeiro dos cumes achairados e o
forestal das abas encostas, onde se conservan grandes
superficies de bosques autóctonos.
Detalle das follas e das cúpulas nas que están
pechados os froitos das faias (faiucos).
Capudre
Teixo Bidueiro
Cerdeira brava (Prunus avium). Ten numerosos
froitos vermellos de sabor lixeiramente amargo.
Os paxariños (Linaria
triornotofora) danlle cor ás
beiras dos camiños e aos
lindeiros.
No sotobosque e nas matogueiras predominan as arandeiras e
as uces ás que acompañan numerosas herbas e outras plantas
que viven nas zonas sombrizas ou ocupan os claros.
Nas terras máis secas e
orientadas ao sur podemos
atopar ourego (Origanum
vulgare).
Toxo gateño (Ulex nanus). Un toxo de
pequeno tamaño que florece durante case
todo o ano nas matogueiras que cobren as
partes altas dos montes.
Arandeiras (Vaccinium myrtillus)
Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica).
Acada na área de Negueira o punto máis ao
norte da súa distribución en Galiza.
Lobo (Canis lubis
signatus), un
habitante común
destas serras.
As fragas e as áreas de mato serven de
refuxo a unha fauna moi variada.
Os furafollas (Sorex sp) son os mamíferos máis
pequenos. Aliméntase de insectos e miñocas
entre as follas caídas do bosque.
Bacaloura (Lucanus cervus), o insecto máis grande
de Europa. Pasa varios anos en estado larvario
alimentándose da madeira morta das árbores
vellas. Na actualidade é unha especie protexida
debido á reducción dos seus hábitats.
O Coto Frades.
MONTES DE LOGARES, CARBALLIDO E VILAR DE CALVOS
Marcan o límite norte da comarca coa de Meira (Ribeira de Piquín) e a Mariña Oriental (A
Pontenova). A maior altura está no coto de Frades (960 m) preto da fronteira con Asturias.
Accédese desde a estrada que vai da Fonsagrada á Pontenova ou pola de Chao de Pousadoiro
a Asturias, que percorre unha parte dos cumes. Tamén se pode acceder polo desvio que vai a
Carballido.
Desde os cumes hai unha boas vistas de distintas partes da serra e o val do Rodil e alguns
tramos da estrada atravesan as fragas.
Montes de Vilardecalvos e Carballido desde o Muradal.
SERRA DO CORNO DO CERVO
Con orientación NE-SO, situada no concello de Fonsagrada, e rodeada polos profundos vales
do río Rodil e os seus afluentes. O punto máis alto é a Cruz do Pito, con 849 m. As abas que
dan ao río Rodil están ocupadas por carballeiras moi ben conservadas que forman parte do
espazo “Carballido”.
Accedese desde estrada de A Fonsagrada a Chao do Pousadoiro collendo o desvío polos Vaos .
Tamén se pode percorrer a serra seguindo as estradas que levan a Maderne.
Serra de Corno de Cervo desde A
Fonsagrada. No val a Pobra de Burón.
Bosque de Carballido, nas abas da serra do Corno de
O monte Penas Apañadas, situado ao sur do Porto do Acebo, fai
fronteira con Asturias. Desde os cumes hai unha ampla panorámica
sobre as serras orientais, desde o Pousadoiro ata os Ancares.
SERRA DE FOLLABAL
Exténdese entre A Fonsagrada e Asturias, con orientación SO-NE. Está formada por lousas e
cuarcitas. A máxima altura está en Penas Apañadas, con 1.203 m.
A estrada de Fonsagrada a Grandas de Salime, polo porte do Acebo, percorre os cumes da
serra.
Serra de Follabal desde A
Fonsagrada.
Serra de Follabal
desde A Fonsagrada.
Serra do Invernal desde o cume das Penas Apañadas.
SERRA DO INVERNAL
Esténdese cara ao norte desde a Serra de Follabal, nas proximidades da Fonsagrada. Ten unha
altitude media de 875 m e o cume máis alto é a Lomba do Tresvilar, con 937 m.
Accedese desda a estrada de Fonsagrada desviándose cara a Neiro.
Aba sur da serra de Liñares. En primeiro plano a ermida da Fornaza e ao fondo o mirador de Arexo, sobre o canón do
Navia. Preto da Fornaza consérvanse restos de antigos fornos de fundición (A Fábrica).
SERRA DE LIÑARES
Prolongación cara ao surleste da serra de Follabal. A máxima altura é o Seixón, con 953 m.
Polo leste está rodeada polo río Navallos e polo oeste, polo Suarna, que van ao Navia.
En grande parte está cuberta por bosques de piñeiros de repoboación e conserva carballeiras
e soutos nas zonas máis encostas. Accedese desde A Fonsagrada ou Negueira de Muñiz.
Vista do encoro de Grandas de Salime, coa Serra de Uría e o Busbeirón.
SERRA DE URÍA
Pecha o val do Navia polo Leste, con orientación NE-SO e fai linde con Asturias. O seu punto
máis alto é o Busbeirón, con 1.286 m. Na súa vertente oriental nacen varios regatos afluentes
do Navia. Desde os cumes hai unhas fermosas panorámicas do val do Navia e dos Ancares.
Para acceder a ela hai que cruzar o encoro do Navia desde Negueira de Muñiz e dirixirse a
Santalla.
Vista do encoro de Grandas de Salime, desde Busbeirón. No primeiro plano Entralgo.
Pena da Vara (604 m) e
canón do Navia, desde
o Mirador do Arexo.
SERRA DE CUIAS
Só unha pequena parte, entre o río Ibias e o Navia, está en territorio Galego cunha abas que
caen verticalmente sobre o val do Navia. Nela atópase a poboación de Robledo (concello de
Negueira de Muñiz). Accedese pola estrada que vai de Negueira de Muñiz a Santo Antolín de
Ibias.
Bosques na serra do
Hospital. A pesar de ter
grandes espazos
cubertos de matogueira
conserva nas abas bos
bosque autóctonos.
SERRA DO HOSPITAL
Situada entre Baleira e A Fonsagrada, con orientación SO-NE. As rochas dominantes son
lousas e xistos e, nos cumes, cristas de cuarcita. As máximas alturas son o Pico do Hospital e o
Lagoaseca, ambos con 1.108 m. Os ríos da vertente norte van á conca do Rodil (Eo) e os do sur
á do Navia.
Accedese pola estrada de Baleira a Fonsagrada, que segue o trazado da serra. Para subir ao
cume cóllese pola desviación que vai a Ribeira de Piquín desde o alto da serra do Hospital.
Ten unhas excelentes vistas sobre toda a contorna.
Cara sur da Serra do Hospital desde a serra de Louxas. As zonas con menos desnivel están ocupadas por prados, e as
encostas por matogueiras e bosques, na súa maior parte repoboación de piñeiros.
Vista dos Ancares desde a serra do Hospital
Monte Muradal e parte da serra desde o cume do Hospital.
SERRA DO MURADAL
Con dirección NE-SO, unida á do Hospital polo sur. Está formada por lousas, xistos e cuarcitas.
O punto máis alto é o Pico do Muradal, con 1.108 m.
Accedese desde a estrada Lugo-A Fonsagrada, no alto da serra do Hospital, pola desviación
que vai a Ribeira de Piquín.
Cumes da serra do Muradal.
Serra do Pozo, á esquerda
unha pequena parte da
Fraga de Estornín.
SERRA DO POZO
Pequena serra con orientación N-S,
Limita polo norte co río Eo e polo leste
cun afluente do mesmo. No sur
(Fontaneira) nace o río Neira, afluente
do Miño. O monte máis alto é o Panda
con 933 m. Unha grande parte das
abas do leste da serra do Pozo están
ocupadas polas fragas de Estornín.
Accedese desde O Cádavo ou Fonteo
(Baleira).
Vista xeral na que se apreza a lastra de
cuarcitas que lle da nome á serra.
SERRA DA LASTRA
Con orientación N-S, situada entre A
Fonsagrada e Baleira. A máxima altura e
O Padornelo, con 958 m. Accedese
desde A Lastra, na estrada Baleira-
Fonsagrada.
Cristas de cuarcita nos cumes da Lastra.
MONTE DA MARRONDA
Pequeno sistema montañoso de 864 m
de altura rodeado polos vales do río
Martín e Souto, formada por rochas
silíceas paleozoicas. Destaca polas
fragas autóctonas situadas na aba
leste, onde se pode atopar unha gran
diversidade de flora e fauna.
Esta protexido como LIC e ZEP.
Accedese desde a estrada de Baleira a
Meira, en A Braña, ou pola estrada
que vai a Ribeira de Piquín.
Entre as especies arbóreas da fraga da Marronda
destaca a presenza das faias, unhas das máis
occidentais de Europa.
Serra do Miradoiro desde a estrada do Cádavo a Meira.
SERRA DO MIRADOIRO
Con orientación N-S, fai fronteira entre Pol, Castroverde e Baleira. O sector occidental está
formado por xistos calcárias e dolomías, a central de bandas paralelas de pelitas e areíscas
envoltas por faixas estreitas de cuarcitas.
A máxima altura é o Padrairo, con 1.034 m
Na parte oriental nace o Eo e o seu afluente o Martín, así como varios regos das súas
cabeceiras. Desde o cume domínase gran parte das chairas luguesas e das serras orientais.
O trazado da estrada de Cádavo a Meira discorre paralela á serra en toda a súa extensión pola
aba leste. Pódese acceder aos cumes polas pistas dos parques eólicos.
Vista desde os cumes do Miradoiro. No primeiro
plano a serra do Pozo, detrás a serra da Lastra e ao
fondo a serra do Hospital.
Cuarcitas nos cumes do miradoiro.
Vista do conxunto das serras, O Puñago á esquerda e a Vaqueriza á dereita desde a estrada do Cádavo á Fonsagrada..
SERRAS DA VAQUERIZA E PUÑAGO
Xunto coa do Miradoiro, separadas por pequenas diferenzas de cota, forman unha liña recta
contínua, con orientación N-S, na que apenas se diferencian os cumes.
Están formadas por faixas concéntricas de pelitas, cuarcitas, calcárias e areíscas.
O Punto máis alto da Vaqueriza é o Pedrazo, con 919 m, e o do Puñago é o Lagua, con 945 m.
Accédese desde a estrada que vai do Cádavo a Castroverde, ou pola de Baralla a Meira.
Serra de Foncuberta desde o monte Restelo.
SERRA DE FONCUBERTA
Esténdese entre os cursos altos dos ríos do Castelo e Lamas, ao sur da Serra do Hospital.
Accédese desde a estrada do Cádavo a Fonsagrada, collendo, na Lastra, o desvio ao Freixo.
O Portelo no verán.
SERRA DO PORTELO
Compartida entre os concellos da Fonsagrada e Becerreá, con orientación NO-SE. O punto
máis alto é o Portelo, con 938 m. Accedese pola estrada de Fontaneira a Becerreá.
O Portelo no Inverno
Panorámica da metade sur da comarca da Fonsagrada desde o monte Restelo.
MONTE RESTELO
É o cume dun sistema de serras radiais que
perden altura cara ao vales do Navia e o
Suarna. Pola súa posición é un magnífico
miradoiro sobra as serras dos Ancares, A
Fonsagrada e Becerreá.
Accedese desde Louxas pola estrada que vai
a Becerreá ou a Fontaneira.
Cume do monte Restelo (1.013 m).
Serra de Louxas no verán.
SERRA DE LOUXAS
Con orientación E-O, en terreos dos concellos de A Fonsagrada e Navia de Suarna. O punto
máis alto é A Louriña, con 912 m. Ten formas suaves e achairadas, aproveitadas en grande
parte para pastos e outros cultivos.
Accedese desde a estrada de A Fonsagrada a Navia de Suarna. Un cruce en Louxas permite
percorrer os seus cumes cara ao leste ou cara o oeste e chegar ao Restelo e O Portelo.
Serra de Louxas desde o Monte Restelo.
RÍOS
Na comarca hai moitos ríos e regatos como é de esperar nunha área de montaña. Os eixos
principais son o tramo encorado do Navia en Negueira de Muñíz, e os primeiros 25 km,
aproximadamente, do curso do Eo polo concello de Baleira. Presentan case todos as
características propias dos ríos de montaña: cuncas estreitas, cursos rápidos e pendentes, con
caudais que dependen das cantidades de precipitación da zona. Son, a gran maioría de curto
percorrido, afluentes ou subafluentes do Eo e o Navia, e o Neira que vai ao Miño.
Por toda a comarca hai numerosas áreas de lecer ao pé do ríos e rutas de sendeirismo
sinalizadas para percorrer as partes máis chamativas e as numerosas fervenzas que se atopan
na comarca, onde son coñecidas co nome de seimeiras.
Muíño a beira do río
Suarna. Outro dos
interese dos ríos desta
comarca é a súa
contribución á riqueza
etnográfica, xa que foron
os encargados de facer
funcionar os numerosos
muíños e mazos que se
atopan nela.
O Eo en Baleira.
Os vales estreitos escavados polos ríos, de dificil aproveitamento agrícola, están cubertos, en
grande parte, por bosques autóctonos que acollen unha gran biodiversidade de flora e fauna,
entre as que se atopan especies protexidas. Na beira dos ríos aparecen especies de ribeiras.
Herba canuda (Equisetum sp.) nas beiras do Eo. Os equisetos
son plantas sen flores con estruturas semellantes aos de
épocas prehistóricas que viven en lugares húmidos.
Durante o verán as beiras do río enchénse coas flores da
herba moedeira (amarelas), salgueiriño (violetas) e herba
dos porcos (rosas).
Ra patilonga (Rana iberica). Vive preto dos regatos limpos
con correntes e abundante cobertura vexetal.
Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
Cabalo do demo (Aeshna cyanea)
RÍO NAVIA
É un río compartido con Asturias que nace no Monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en
terras do Cebreiro e percorre 90 km en terras galegas para despois meterse en Asturias e
desembocar na ría de Navia, no Cantábrico.
Ten un forte caudal de augas procedentes da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da
fusión das neves caídas nos picos máis altos. Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata
finais da primavera.
Na comarca recolle as augas do Ibias, que fai a maioría do seu percorrido por Asturias e entra
en Negueira no tramo final do curso, dentro do encoro, pola dereita; e pola esquerda o
Suarna, co seu princial afluente, o Lamas, ao que vai o Castelo, Córneas, Castosa e Ransinde;
e o Navallo.
Parte do seu curso está protexido no LICs “Negueira”.
Encoro de Grandas de Salime.
Canón do Navia entre Galiza e Asturias, desde o mirador de Arexo (A Fonsagrada).
Pódese seguir o canón do Navia e parte do Suarna desde Negueira de Muñiz a Vilar da
Cuíña e A Fonsagrada (ou á inversa). No camiño hai varios miradoiros espectaculares.
Encoro de Grandas de Salime (entre Galiza e Asturias).
RÍO SUARNA
Nace en Fonfría, na serra de Follabal e recolle tamén as augas da serra de Liñares. O afluente máis
importante é o rego de Lamas que nace na serra da Lastra, en Degolada, e drena case toda a metade sur
da comarca da Fonsagrada, recollendo as augas das serras do Hospital, Foncuberta, O Portelo, O Restelo e
Louxas.
Ao longo do río Suarna e os seus afluentes hai trazadas varias rutas sinalalas polo concello da Fonsagrada:
a da Seimeira de Vilagocende, a que segue o río pasando pola Naraxa e chega ata a ferrería, a da Chaila
que sobe polo Suarna desde Vilarín e a do Rellouso que vai polo rego da Porteliña. En todas elas podemos
ver fermosas fervenzas, chamadas na zona, seimeiras.
Restos dunha ferrería no río Suarna, en
Vilar de Cuíña (A Fonsagrada)
Mazo da Porteliña, nun afluente do Lamas. Un pequeno
mazo artesanal, o único que conserva todos os
elementos.
Río Suarna na Naraxa. O Suarna, ao pé da Pena do
Inferno, fai unha curva nunha zona que está
acondicionada como área de lecer e praia fluvial.
SEIMEIRA DE VILAGOCENDE
Entre os lugares de Fito e Vilagoncende, na parroquia de San
Martiño de Suarna (A Fonsagrada).
O río Villarbol, Afluente do Lamas que vai ao Suarna (Navia)
ten unha caída de máis de 50 m nun val de lousas con paredes
de cuarcitas que resisten a erosión e forman cristas que
sobresaen na paisaxe formando un profundo val. Máis abaixo
hai varios saltos máis pequenos. A zona está acondicionada
cunha senda e pontes de madeira.
SEIMEIRA DE ROZABRAGADA
Nun afluente do río Suarna (afluente do Navia), nas
proximidades de San Martiño de Suarna. A fervenza está a
carón do muíño da Chaila ou de San Martiño.
RÍO DO NAVALLO
Nace no Acebo e, despois dun percoriido por un val moi profundo, xúntase co Navia no encoro de Navia
de Suarna.
Nacemento do Eo, en Fonteo. O fondo
da canle está cuberto de Fontinalis, un
brión que vive mergullado ou arredor
das augas limpas das nacentes.
RÍO EO
Nace en Fonteo (Baleira) e desemboca
na ría de Ribadeo, despois de 79 km
de percorrido por Galiza. Na comarca
drena os concellos de Baleira e A
Fonsagrada.
Agás no tramo do seu nacemento ten
un percorrido sinuoso e de pendente
suave, encaixado entre montañas. Ten
augas altas invernais e unha
moderada estiaxe como corresponde
a ríos de réxime pluvial oceánico.
Na comarca recibe pola dereita as
augas do rego de Mosqueiros,
Cubilledo, Piñeira e Rodil; e pola
esquerda o río de Martiño.
FERVENZA DE SAN PAIO (POZO DA SERRA)
No lugar de San Paio, na parroquia de Cubilledo
(concello de Baleira). No río Eo, pouco despois
do seu nacemento en Fonteo. A fervenza ten
unha altura de 8 a 10 m en lousas e está un
pouco modificada pola presa do muíño.
FERVENZA DO REGO DE ARENDAL
(POZO DA FERREIRÍA)
Nun afluente do Eo en San Paio
(Baleira). Pouco antes de se xuntar co
Eo cae nun desnivel en lousas de 3 m de
altura.
O Eo na Pena da Volta.
Na Cortevella o Eo vese abrigado a rodear con
varias voltas sucesivas de case 360º uns saíntes de
cuarcita. Na área hai un mirador, un muíño,
ouriceiras e un sendeiro acondicionado que
permite percorrela.
Accedese desde Muíña, desde onde está sinalizada
collendo a estrada que leva a Martín.
Fervenzas no rego da Marronda
En Baleira, no rego de Souto, afluente do Martín (Eo), que
discorre polo fondo da fraga da Marronda con varios saltos
e rápidos. A fervenza máis alta ten arredor de 6 m de
altura en cuarcitas e lousas.
O RÍO MARTÍN nace na Serra do Mirador (Monte Salgueiriño) e xúntase co Eo nas
proximidades de Martín. Baixa por un val estreito e profundo no que se asenta parte da fraga
da Marronda.
Val do Martín. Á esquerda a fraga da Marronda.
RÍO RODIL
Nace na Serra do Invernal (A Fonsagrada) e
percorre as terras da Fonsagrada e Ribeira de
Piquín onde se xunta co Eo.
Na comarca recibe pola dereita as augas do Rego
de Queixoiro, Penide, Pontigón, Veiga de Logares
(co Muíños) e A Pontiga. Pola esquerda o Esteiro
(ou Esteleiro), Santo Estevo e Vao Vello.
Río Rodil
Val do Rodil. Os
vales do Rodil e os
seus afluentes
acollen a maior
extensión de
fragas protexidas
da comarca.
Muíños de Rosario en O Mazo
(San Pedro de Neiro) ás beiras
do río Esteleiro, afluente do
Rodil.
SEIMEIRAS DO QUEIXOIRO
No lugar de O Queixoiro, parroquia de A Bastida (concello de A Fonsagrada), no rego do Queixoiro, un afluente do Rodil
(que vai ao Eo).
O rego do Queixoiro discorre por un terreo de lousas con saíntes de cuarcitas máis resistentes e forma numerosos
rápidos e varias fervenzas. A primeira mide arredor de 15 m de altura e a segunda 12 m. Pódese facer unha rota
seguindo o río por un bosque de ribeira ben conservado e soutos de castiñeiros moi antigos onde se conservan
ouriceiras, antigas construcións para gardar os ourizos das castañas.
Área de lecer no nacemento do río
Neira en Fontaneira (Baleira).
RÍO NEIRA
Nace nas proximidades de Fontaneira (Baleira). Ten un curto percorrido polo concello, onde tamén o fan o
seus afluentes Rego de Trabeiro (ou Trabazas) e Val de Pedroso. Vai xuntarse co Miño entre os concellos
de Portomarín, O Páramo e Láncara.
O río Neira en Baleira.
AS ÁRBORES
Nos profundos vales e nas abas escarpadas das serras da comarca da Fonsagrada consérvanse
fragas húmidas que acollen unha gran diversidade de flora e fauna. As máis representativas
son A Marronda, Carballido, Logares, San Xés, Reigadas, Estornín, Carballal Grande ou Monte
Grande), Ribón (en Sollío), A Pedra (en Freixo), Brañela (en Pacios), Monteseiro, O Invernal...
a maioría protexidas en diferentes espazos. As árbores máis comúns son os carballos
acompañados de castiñeiros, bidueiros, nogueiras e algúns teixos e faias.
Ademáis, na comarca, atópanse exemplares senlleiras de teixos, carballos e castiñeiros.
Fraga de Estornín na aba
leste da Serra do Pozo.
CARBALLO DO
TROBO.
Na parroquia do
Trobo (A
Fonsagrada). Mide
máis de, 21 m de
altura, 3,50 m de
perímetro e ten máis
de 100 anos. O
carballo atópase
preto da igrexa.
TEIXO DA PASADA
Na casa de Riba, A Pasada, na parroquia de Fontaneira
(Baleira). Mide 9 m de contorno e 20 m de altura.
TEIXO DE CÓRNEAS. Na parroquia de Córneas (Baleira). É o
de maior antigüidade de Galiza, con máis de 400 anos. Mide
14 m de altura e 7,40 m de perímetro .
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC NEGUEIRA
Espazo de 4.558 ha (está proposta unha ampliación a 6.550 ha) no concello de Negueira de
Muñiz. Inclúe parte do curso do río Navia e o seu encoro de Grandas de Salime e os montes
que o rodean. O val do Navia en Negueira ten unhas características climáticas especiais que
permiten a convivencia de especies atlánticas e mediterráneas (nas zonas máis baixas e
abrigadas).
A parte alta dos montes está cuberta dun mato de uces e nas partes máis baixas de toxo, xesta e algún
érbedo. Na ladeira do Monte Mouro medra un bo bosque de cerquiños e piñeiros. Nas partes secas
pódense ver sobreiras.
A fauna máis representativa son as aves (miñato común, azor, rapaces nocturnas...) e os mamíferos (lobo,
raposo, corzo, xabarín, esquío, xeneta, marta, gato bravo...)
Interior da fraga.
LIC A MARRONDA
Espazo de 1.239 ha que inclúe parte dos vales do curso alto do río Eo, a marxe dereita do río
Martín e o seu afluente Souto e as fragas que os rodean, en terreos dos concellos de Baleira.
É unha fraga autóctona de montaña que cobre a ladeira norte do Monte da Marronda (864 m
de altitude) e os vales do río Martín e Souto.
As árbores máis comúns na fraga son: carballos, capudres, abelairas, bidueiros, carbas, acivros, maceiras
bravas, pereiras bravas, faias... Nas zonas máis baixas e próximas ás poboacións hai castiñeiros e
pradairos. No soutobosque hai uz branca, arandeira, estripeiro, sanguiño, hedra, piorno, xesta, herba
salgueira, silvas, fentos... A fauna é moi variada e abundante.
Para visitar a Fraga pódese ir desde Fonteo pola estrada da Braña a Martín
Vista xeral da Marronda.
Hai unha gran ruta (GR 1)
“A Marronda” de 66 km
que sae de Fonteo e
percorre parte do concello
de Baleira pasando por
Cubilledo, segue parte do
curso do río Eo e rodea a
Marronda.
LIC CARBALLIDO
Ocupa dúas zonas separadas que se corresponden cos vales dos río Rodil e Bidueiro, afluentes
do Eo. 4.828 ha nos concellos de A Fonsagrada, A Pontenova e Ribeira de Piquín.
Na comarca da Fonsagrada atópase unha parte da fraga de San Xes (ou Cabanal), unha parte
da fraga de Reigadas e case a totalidade das fragas de Carballido, situadas nos caborcos
excavados en xistos polo río Rodil e os seus afluentes Veiga de Logares, Muíños, Pontigón,
Vao Vello e Santo Estebo.
O seu maior interese reside en ser fragas atlánticas moi ben conservadas cunha flora e fauna
moi variadas, ao que hai que engadir o atractivo paisaxístico e etnográfico da zona.
O ambiente é sombrizo e
húmido. As árbores máis comúns
son os carballos, carbas,
bidueiros, freixos, acivros,
capudres, pereiras bravas,
estripos, cerdeiras, teixos, algún
lamagueiro... e nas zonas
próximas ás poboacións soutos
de castiñeiros, nogueiras e
piñeiros de repoboación. Na
beira dos ríos hai tamén amieiras
e salgueiros. Ten ademáis unha
rica fauna asociada, entre a que
se atopa como especie visitante o
oso.
LIC SERRA DE FONCUBERTA
Un espazo de 15.523,2 ha proposto en 2011 como LIC e ZEC (pendiente de aprobación), co que
se crea unha gran unidade ao conectar entre si as fragas e serras orientais: os LICs Os Ancares-
O Courel polo sur, Carballido, polo Norte e A Marronda, polo oeste. Ten un gran interese
paisaxístico, biolóxico e etnográfico.
O territorio está conformado por unha sucesión de serras que teñen como eixo as serras do
Hospital e Follabal. Cara ao norte: Lastra, Muradal e Lagua Seca; e cara ao sur Lastra, Madorra,
Escamelada, Foncuberta, Penas de Ferreira e Fornelos, montes de Ribón e Piqueira, Alto da
Cuíña e Monte Maior.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Xullo 2016
Solpor no Muradal

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallasmonadela
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- monadela
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)monadela
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Silmonadela
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancaresmonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Centralmonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Lic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O CourelLic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O Courelmonadela
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcalamonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."monadela
 

La actualidad más candente (20)

Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallas
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe-
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Sil
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Central
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Lic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O CourelLic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O Courel
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcala
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
 

Destacado

Diario La República (San Luis)
Diario La República (San Luis)Diario La República (San Luis)
Diario La República (San Luis)Dady Rubio
 
H2 energy storage presentation to russian acad of sciences oct 99 a
H2 energy storage presentation to russian acad of sciences   oct 99 aH2 energy storage presentation to russian acad of sciences   oct 99 a
H2 energy storage presentation to russian acad of sciences oct 99 aGlenn Rambach
 
Admón del riesgo en informática.
Admón del riesgo en informática.Admón del riesgo en informática.
Admón del riesgo en informática.carolina tovar
 
Pdf curso de direccion de marketing ximena carrillo
Pdf  curso de direccion de  marketing    ximena carrilloPdf  curso de direccion de  marketing    ximena carrillo
Pdf curso de direccion de marketing ximena carrilloXIMENA CARRILLO
 
Improving editors' lives with Neos CMS
Improving editors' lives with Neos CMSImproving editors' lives with Neos CMS
Improving editors' lives with Neos CMSSebastian Helzle
 
Numbers
NumbersNumbers
Numbersisasv
 
base de datos
base de datosbase de datos
base de datosflomania
 
Glass Pre-processing Before Tempering
Glass Pre-processing Before Tempering Glass Pre-processing Before Tempering
Glass Pre-processing Before Tempering Ahmed Bahaa EL Din
 
R037 0511 hob zeeland definitief
R037 0511 hob zeeland definitiefR037 0511 hob zeeland definitief
R037 0511 hob zeeland definitiefhvanderlaan
 
El placer corporal y el origen de la violencia por james w. prescott
El placer corporal y el origen de la  violencia  por james w. prescott El placer corporal y el origen de la  violencia  por james w. prescott
El placer corporal y el origen de la violencia por james w. prescott Asociación El Mundo de los ASI
 
Presentación para el IV WTHS: mSalud - Hay una app para eso, pero...
Presentación para el IV WTHS: mSalud - Hay una app para eso, pero...Presentación para el IV WTHS: mSalud - Hay una app para eso, pero...
Presentación para el IV WTHS: mSalud - Hay una app para eso, pero...Fran Sanchez Laguna
 

Destacado (20)

Texto blog 4
Texto blog 4Texto blog 4
Texto blog 4
 
Diario La República (San Luis)
Diario La República (San Luis)Diario La República (San Luis)
Diario La República (San Luis)
 
H2 energy storage presentation to russian acad of sciences oct 99 a
H2 energy storage presentation to russian acad of sciences   oct 99 aH2 energy storage presentation to russian acad of sciences   oct 99 a
H2 energy storage presentation to russian acad of sciences oct 99 a
 
Pablo 13
Pablo 13Pablo 13
Pablo 13
 
Admón del riesgo en informática.
Admón del riesgo en informática.Admón del riesgo en informática.
Admón del riesgo en informática.
 
MAFI
MAFIMAFI
MAFI
 
Pdf curso de direccion de marketing ximena carrillo
Pdf  curso de direccion de  marketing    ximena carrilloPdf  curso de direccion de  marketing    ximena carrillo
Pdf curso de direccion de marketing ximena carrillo
 
Logika3
Logika3Logika3
Logika3
 
Improving editors' lives with Neos CMS
Improving editors' lives with Neos CMSImproving editors' lives with Neos CMS
Improving editors' lives with Neos CMS
 
Numbers
NumbersNumbers
Numbers
 
37 22 manual de supervivencia burt minorrot www.gftaognosticaespiritual.org
37 22 manual de supervivencia   burt minorrot www.gftaognosticaespiritual.org37 22 manual de supervivencia   burt minorrot www.gftaognosticaespiritual.org
37 22 manual de supervivencia burt minorrot www.gftaognosticaespiritual.org
 
TELEFONOS
TELEFONOSTELEFONOS
TELEFONOS
 
base de datos
base de datosbase de datos
base de datos
 
Glass Pre-processing Before Tempering
Glass Pre-processing Before Tempering Glass Pre-processing Before Tempering
Glass Pre-processing Before Tempering
 
R037 0511 hob zeeland definitief
R037 0511 hob zeeland definitiefR037 0511 hob zeeland definitief
R037 0511 hob zeeland definitief
 
El placer corporal y el origen de la violencia por james w. prescott
El placer corporal y el origen de la  violencia  por james w. prescott El placer corporal y el origen de la  violencia  por james w. prescott
El placer corporal y el origen de la violencia por james w. prescott
 
Sudoku
SudokuSudoku
Sudoku
 
Oriflame Cat 4 2016
Oriflame Cat 4 2016Oriflame Cat 4 2016
Oriflame Cat 4 2016
 
Presentación para el IV WTHS: mSalud - Hay una app para eso, pero...
Presentación para el IV WTHS: mSalud - Hay una app para eso, pero...Presentación para el IV WTHS: mSalud - Hay una app para eso, pero...
Presentación para el IV WTHS: mSalud - Hay una app para eso, pero...
 
Jornada2016
Jornada2016Jornada2016
Jornada2016
 

Similar a Comarca A Fonsagrada

Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Espazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de FoncubertaEspazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de Foncubertamonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sormonadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 

Similar a Comarca A Fonsagrada (20)

Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Espazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de FoncubertaEspazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de Foncuberta
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sor
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Último

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (7)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

Comarca A Fonsagrada

  • 2. A comarca da Fonsagrada abrangue un amplo espazo nas serras orientais, ao leste da provincia de Lugo, entre a Terra Cha e a fronteira con Asturias. O relevo irregular, montañoso, con fortes pendentes e bastante altitude, dificulta a súa explotación agrícola e, en consecuencia, a ocupación do territorio, polo que a densidade de poboación é moi baixa. Desde o punto de vista natural, é unha comarca de grande interese porque acolle e conserva grandes espazos de bosque autóctono protexido, impresionantes paisaxes de val e montaña e unha rica flora e fauna.
  • 3.
  • 4. SUPERFICIE: 680 km2 POBOACIÓN: 5.432 habitantes (2015) CONCELLOS: Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs: Carballido, Negueira, A Marronda. Propostas sen aprobar: “Serra de Foncuberta”. Forma parte da RESERVA DA BIOSFERA “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”
  • 5. CLIMA Oceánico de montaña cunha importante presenza da neve no inverno.
  • 6. Val do Navia (Entralgo, Negueira de Muñiz)
  • 7. ACTIVIDADES As principais ocupacións son a gandaría e a explotación forestal pequenas industrias e servizos concentrados nas capitais dos conecellos. A actividade turística basada na natureza é un dos recursos que se están comezando a explotar.
  • 8.
  • 9. Toda a comarca conserva un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico: núcleos tradicionais, igrexas, hórreos, cileiros, cortiños, ouriceiras, mazos, ferrerías, muíños, pontes, museos... PATRIMONIO Muíños en Vilarín Forno en Negueira de Múñiz Restos do castelo da Pobra do Burón
  • 11. Distintos ipos de hórreos na comarca da Fonsagrada
  • 13. BALEIRA Situado ao leste da comarca. A capital municipal é O Cádavo. O territorio está formados por tres ringleiras de montañas, máis ou menos aliñadas: O Miradoiro, A Vaqueriza e O Puñago ao Oeste, O Pozo e A Marronda no centro e a Maloura e A Lastra no Oeste. No concello de Baleira nacen o río Eo, que corre entre a Serra do Pozo e A Lastra cara ao norte, e o Neira que cae da serra da Maloura cara ao sur. SUPERFICIE: 168,8 km2 POBOACIÓN: 1.380 habitantes (2015) PARROQUIAS: A Braña, Córneas, Cubilledo, A Degolada, A Esperela, A Fontaneira, Fonteo, A Lastra, Librán, Martín, Pousada e Retizós Baleira, nas abas da serra do Mirador.
  • 14. A principal actividade económica é a agrogandeira e o sector forestal, seguida dos servizos. Acolle espazos fluviais e de montaña de gran interese natural. Casa en Paradavella Hórreo en Fontaneira
  • 15. SUPERFICIE: 438 km2 POBOACIÓN: 3.838 habitantes (2015) PARROQUIAS: A Allonca (Santa María), A Bastida (San Miguel), Bruicedo (Santiago), Carballido (Santa María), Cereixido (Santiago), Cuíñas (San Cristovo), Fonfría (Santa María Madanela), A Fonsagrada (Santa María), Freixo (San Xulián), Lamas de Campos (San Roque), Lamas de Moreira (Santa María), Maderne (San Pedro), Monteseiro (San Bartolo), Pacios (Santa María), O Padrón (San Xoán), Paradavella (San Xoán), Piñeira (Santa María), A Pobra de Burón (Santa María Madanela), San Martiño de Arroxo, San Martiño de Suarna (San Pedro de Neiro, San Pedro de Ríos, Santo André de Logares, A Trapa (San Cibrán), O Trobo (Santa María), A Veiga de Logares (Santa María), Vieiro (Santo Antonio), Vilabol de Suarna (Santa María), O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara). A Fonsagrada, capital do concello está asentada no cume da serra. A FONSAGRADA Ocupa gran parte da comarca, de norte a sur, con. É o concello máis extenso de Galiza e conta con 29 parroquias nas que hai 278 entidades menores de poboación. Está atravesado por unhas serras principais (Penas Apañadas, Follabal e Hospital) con dirección NE-SO, das que saen outras serras case perpendiculares; os vales dos ríos Rodil ao norte (que vai ao Eo) e Suarna ao Sur (que vai ao Navia), e as serras que limitan os vales destes ríos ao norte e ao sur.
  • 16. A Fonte Santa da Fonsagrada. Contan que antes a Virxe da Fonsagrada estaba na Pobra de Burón (onde estaba a capital do concello) e no monte, no lugar do Carballal había unha fonte miragreira. O cura levaba a Vixe para alí e os da Pobra volvían a levala de volta, pero polo noite a Virxe volvía ao sitio onde estaba a fonte. E decidiron faceu unha capela a carón da fonte. Foi cando pasaba por alí o Camiño de Santiago. E comezou a formarse a vila da Fonsagrada. A principal actividade económica é a gandeiría de carne e a forestal. Ultimamente estáselle a dar un gran pulo á cría do porco celta, unha raza autóctona de grande calidade que case estaba desaparecida. Na vila de A Fonsagrada atópase un museo etnográfico con información da historia e costumes da comarca, o Centro Comarcal e unha aula da natureza. Nelas podemos atopar información turística sobre as moitas rutas da natureza que hai na zona. Sala do museo etnográfico da Fonsagrada
  • 17. SUPERFICIE: 72 km2 POBOACIÓN: 214 (2014) PARROQUIAS: Barcela, Ernes, Marentes, Negueira, Ouviaño e Río de Porto. Negueira de Muñiz. NEGUEIRA DE MUÑIZ Situado ao leste da comarca, lindando polo norte, leste e sur con Asturias. O territorio ocupa o val do Navia que o cruza de SO a NE, entre a serra de Penas Apañadas e as serras de Uria e Cuias. É un dos concellos menos poboados de Galiza, factor ao que contribuíu a construción do encoro de Grandas de Salime, que anegou unha grande parte do territorio, no val do río Navia, e motivou o traslado de parte da súa poboación ás zonas desecadas da Terra Cha.
  • 18. A Vilaseca, o encoro de Grandas de Salime e a Serra de Uría. A principal actividade é a gandeirías e a forestal. Unha grande parte do territorio do concello atopase protexido no LIC “Negueira”. Gando no Busbeirón
  • 19. RELEVO O relevo da comarca da Fonsagrada constitúeno unha sucesión de vales e serras de dirección N-NO, S-SE, cruzadas case perpendicularmente por outras coas que forman unha rede entre a que discorren os ríos que forman a cunca do Rodil, afluente do Eo, e o propio río Eo, polo norte e oeste; o sistema Lamas-Suarna, afluentes do Navia, polo leste e o sur; e o arranque do Neira polo suroeste. No norte atopamos o Coto de Frades, os montes de Logares e de Vilar de Calvos. De oeste a leste as serras do Miradoiro, Vaqueriza e o Puñago que separan a comarca da Terra Cha; nunha segunda liña os montes da Marronda e a serra do Pozo; a continuación a serra da Lastra, A Maloura, Foncuberta e a serra do Portelo; en posición central, cara ao norte o Corno de Cervo, a serra do Hospital, que se prolonga cara ao norte polo Muradal; a continuación a serra de Follabal, da que saen a serra do Invernal cara ao norte e a de Liñares cara ao sur; e por último as Penas Apañadas. Polo sur, formando unha liña case contínua que sinala tamén o límite da comarca, están os montes do Restelo e a serra de Louxas; e á dereita do val do Navia as serras de Cuias e Uría.
  • 20. A vexetación das fragas é a típica da áreas atlánticas de media montaña: carballeiras mixtas de Quercus robur con cerdeiras, castiñeiros, algunhas faias, teixos, capudres nas partes altas, e bidueiros nas zonas máis húmidas, entre as que se intercalan manchas repoboadas con distintintas especies de piñeiros. Unha constante nas serras da comarca da Fonsagrada é o aproveitamento agrogandeiro dos cumes achairados e o forestal das abas encostas, onde se conservan grandes superficies de bosques autóctonos.
  • 21. Detalle das follas e das cúpulas nas que están pechados os froitos das faias (faiucos). Capudre Teixo Bidueiro Cerdeira brava (Prunus avium). Ten numerosos froitos vermellos de sabor lixeiramente amargo.
  • 22. Os paxariños (Linaria triornotofora) danlle cor ás beiras dos camiños e aos lindeiros. No sotobosque e nas matogueiras predominan as arandeiras e as uces ás que acompañan numerosas herbas e outras plantas que viven nas zonas sombrizas ou ocupan os claros. Nas terras máis secas e orientadas ao sur podemos atopar ourego (Origanum vulgare). Toxo gateño (Ulex nanus). Un toxo de pequeno tamaño que florece durante case todo o ano nas matogueiras que cobren as partes altas dos montes. Arandeiras (Vaccinium myrtillus)
  • 23. Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica). Acada na área de Negueira o punto máis ao norte da súa distribución en Galiza. Lobo (Canis lubis signatus), un habitante común destas serras. As fragas e as áreas de mato serven de refuxo a unha fauna moi variada. Os furafollas (Sorex sp) son os mamíferos máis pequenos. Aliméntase de insectos e miñocas entre as follas caídas do bosque. Bacaloura (Lucanus cervus), o insecto máis grande de Europa. Pasa varios anos en estado larvario alimentándose da madeira morta das árbores vellas. Na actualidade é unha especie protexida debido á reducción dos seus hábitats.
  • 24. O Coto Frades. MONTES DE LOGARES, CARBALLIDO E VILAR DE CALVOS Marcan o límite norte da comarca coa de Meira (Ribeira de Piquín) e a Mariña Oriental (A Pontenova). A maior altura está no coto de Frades (960 m) preto da fronteira con Asturias. Accédese desde a estrada que vai da Fonsagrada á Pontenova ou pola de Chao de Pousadoiro a Asturias, que percorre unha parte dos cumes. Tamén se pode acceder polo desvio que vai a Carballido. Desde os cumes hai unha boas vistas de distintas partes da serra e o val do Rodil e alguns tramos da estrada atravesan as fragas.
  • 25. Montes de Vilardecalvos e Carballido desde o Muradal.
  • 26. SERRA DO CORNO DO CERVO Con orientación NE-SO, situada no concello de Fonsagrada, e rodeada polos profundos vales do río Rodil e os seus afluentes. O punto máis alto é a Cruz do Pito, con 849 m. As abas que dan ao río Rodil están ocupadas por carballeiras moi ben conservadas que forman parte do espazo “Carballido”. Accedese desde estrada de A Fonsagrada a Chao do Pousadoiro collendo o desvío polos Vaos . Tamén se pode percorrer a serra seguindo as estradas que levan a Maderne. Serra de Corno de Cervo desde A Fonsagrada. No val a Pobra de Burón.
  • 27. Bosque de Carballido, nas abas da serra do Corno de
  • 28. O monte Penas Apañadas, situado ao sur do Porto do Acebo, fai fronteira con Asturias. Desde os cumes hai unha ampla panorámica sobre as serras orientais, desde o Pousadoiro ata os Ancares. SERRA DE FOLLABAL Exténdese entre A Fonsagrada e Asturias, con orientación SO-NE. Está formada por lousas e cuarcitas. A máxima altura está en Penas Apañadas, con 1.203 m. A estrada de Fonsagrada a Grandas de Salime, polo porte do Acebo, percorre os cumes da serra.
  • 29. Serra de Follabal desde A Fonsagrada. Serra de Follabal desde A Fonsagrada.
  • 30. Serra do Invernal desde o cume das Penas Apañadas. SERRA DO INVERNAL Esténdese cara ao norte desde a Serra de Follabal, nas proximidades da Fonsagrada. Ten unha altitude media de 875 m e o cume máis alto é a Lomba do Tresvilar, con 937 m. Accedese desda a estrada de Fonsagrada desviándose cara a Neiro.
  • 31. Aba sur da serra de Liñares. En primeiro plano a ermida da Fornaza e ao fondo o mirador de Arexo, sobre o canón do Navia. Preto da Fornaza consérvanse restos de antigos fornos de fundición (A Fábrica). SERRA DE LIÑARES Prolongación cara ao surleste da serra de Follabal. A máxima altura é o Seixón, con 953 m. Polo leste está rodeada polo río Navallos e polo oeste, polo Suarna, que van ao Navia. En grande parte está cuberta por bosques de piñeiros de repoboación e conserva carballeiras e soutos nas zonas máis encostas. Accedese desde A Fonsagrada ou Negueira de Muñiz.
  • 32. Vista do encoro de Grandas de Salime, coa Serra de Uría e o Busbeirón. SERRA DE URÍA Pecha o val do Navia polo Leste, con orientación NE-SO e fai linde con Asturias. O seu punto máis alto é o Busbeirón, con 1.286 m. Na súa vertente oriental nacen varios regatos afluentes do Navia. Desde os cumes hai unhas fermosas panorámicas do val do Navia e dos Ancares. Para acceder a ela hai que cruzar o encoro do Navia desde Negueira de Muñiz e dirixirse a Santalla.
  • 33. Vista do encoro de Grandas de Salime, desde Busbeirón. No primeiro plano Entralgo.
  • 34. Pena da Vara (604 m) e canón do Navia, desde o Mirador do Arexo. SERRA DE CUIAS Só unha pequena parte, entre o río Ibias e o Navia, está en territorio Galego cunha abas que caen verticalmente sobre o val do Navia. Nela atópase a poboación de Robledo (concello de Negueira de Muñiz). Accedese pola estrada que vai de Negueira de Muñiz a Santo Antolín de Ibias.
  • 35. Bosques na serra do Hospital. A pesar de ter grandes espazos cubertos de matogueira conserva nas abas bos bosque autóctonos. SERRA DO HOSPITAL Situada entre Baleira e A Fonsagrada, con orientación SO-NE. As rochas dominantes son lousas e xistos e, nos cumes, cristas de cuarcita. As máximas alturas son o Pico do Hospital e o Lagoaseca, ambos con 1.108 m. Os ríos da vertente norte van á conca do Rodil (Eo) e os do sur á do Navia. Accedese pola estrada de Baleira a Fonsagrada, que segue o trazado da serra. Para subir ao cume cóllese pola desviación que vai a Ribeira de Piquín desde o alto da serra do Hospital. Ten unhas excelentes vistas sobre toda a contorna.
  • 36. Cara sur da Serra do Hospital desde a serra de Louxas. As zonas con menos desnivel están ocupadas por prados, e as encostas por matogueiras e bosques, na súa maior parte repoboación de piñeiros.
  • 37. Vista dos Ancares desde a serra do Hospital
  • 38. Monte Muradal e parte da serra desde o cume do Hospital. SERRA DO MURADAL Con dirección NE-SO, unida á do Hospital polo sur. Está formada por lousas, xistos e cuarcitas. O punto máis alto é o Pico do Muradal, con 1.108 m. Accedese desde a estrada Lugo-A Fonsagrada, no alto da serra do Hospital, pola desviación que vai a Ribeira de Piquín.
  • 39. Cumes da serra do Muradal.
  • 40. Serra do Pozo, á esquerda unha pequena parte da Fraga de Estornín. SERRA DO POZO Pequena serra con orientación N-S, Limita polo norte co río Eo e polo leste cun afluente do mesmo. No sur (Fontaneira) nace o río Neira, afluente do Miño. O monte máis alto é o Panda con 933 m. Unha grande parte das abas do leste da serra do Pozo están ocupadas polas fragas de Estornín. Accedese desde O Cádavo ou Fonteo (Baleira).
  • 41. Vista xeral na que se apreza a lastra de cuarcitas que lle da nome á serra. SERRA DA LASTRA Con orientación N-S, situada entre A Fonsagrada e Baleira. A máxima altura e O Padornelo, con 958 m. Accedese desde A Lastra, na estrada Baleira- Fonsagrada. Cristas de cuarcita nos cumes da Lastra.
  • 42. MONTE DA MARRONDA Pequeno sistema montañoso de 864 m de altura rodeado polos vales do río Martín e Souto, formada por rochas silíceas paleozoicas. Destaca polas fragas autóctonas situadas na aba leste, onde se pode atopar unha gran diversidade de flora e fauna. Esta protexido como LIC e ZEP. Accedese desde a estrada de Baleira a Meira, en A Braña, ou pola estrada que vai a Ribeira de Piquín. Entre as especies arbóreas da fraga da Marronda destaca a presenza das faias, unhas das máis occidentais de Europa.
  • 43. Serra do Miradoiro desde a estrada do Cádavo a Meira. SERRA DO MIRADOIRO Con orientación N-S, fai fronteira entre Pol, Castroverde e Baleira. O sector occidental está formado por xistos calcárias e dolomías, a central de bandas paralelas de pelitas e areíscas envoltas por faixas estreitas de cuarcitas. A máxima altura é o Padrairo, con 1.034 m Na parte oriental nace o Eo e o seu afluente o Martín, así como varios regos das súas cabeceiras. Desde o cume domínase gran parte das chairas luguesas e das serras orientais. O trazado da estrada de Cádavo a Meira discorre paralela á serra en toda a súa extensión pola aba leste. Pódese acceder aos cumes polas pistas dos parques eólicos.
  • 44. Vista desde os cumes do Miradoiro. No primeiro plano a serra do Pozo, detrás a serra da Lastra e ao fondo a serra do Hospital. Cuarcitas nos cumes do miradoiro.
  • 45. Vista do conxunto das serras, O Puñago á esquerda e a Vaqueriza á dereita desde a estrada do Cádavo á Fonsagrada.. SERRAS DA VAQUERIZA E PUÑAGO Xunto coa do Miradoiro, separadas por pequenas diferenzas de cota, forman unha liña recta contínua, con orientación N-S, na que apenas se diferencian os cumes. Están formadas por faixas concéntricas de pelitas, cuarcitas, calcárias e areíscas. O Punto máis alto da Vaqueriza é o Pedrazo, con 919 m, e o do Puñago é o Lagua, con 945 m. Accédese desde a estrada que vai do Cádavo a Castroverde, ou pola de Baralla a Meira.
  • 46. Serra de Foncuberta desde o monte Restelo. SERRA DE FONCUBERTA Esténdese entre os cursos altos dos ríos do Castelo e Lamas, ao sur da Serra do Hospital. Accédese desde a estrada do Cádavo a Fonsagrada, collendo, na Lastra, o desvio ao Freixo.
  • 47. O Portelo no verán. SERRA DO PORTELO Compartida entre os concellos da Fonsagrada e Becerreá, con orientación NO-SE. O punto máis alto é o Portelo, con 938 m. Accedese pola estrada de Fontaneira a Becerreá.
  • 48. O Portelo no Inverno
  • 49. Panorámica da metade sur da comarca da Fonsagrada desde o monte Restelo. MONTE RESTELO É o cume dun sistema de serras radiais que perden altura cara ao vales do Navia e o Suarna. Pola súa posición é un magnífico miradoiro sobra as serras dos Ancares, A Fonsagrada e Becerreá. Accedese desde Louxas pola estrada que vai a Becerreá ou a Fontaneira. Cume do monte Restelo (1.013 m).
  • 50. Serra de Louxas no verán. SERRA DE LOUXAS Con orientación E-O, en terreos dos concellos de A Fonsagrada e Navia de Suarna. O punto máis alto é A Louriña, con 912 m. Ten formas suaves e achairadas, aproveitadas en grande parte para pastos e outros cultivos. Accedese desde a estrada de A Fonsagrada a Navia de Suarna. Un cruce en Louxas permite percorrer os seus cumes cara ao leste ou cara o oeste e chegar ao Restelo e O Portelo.
  • 51. Serra de Louxas desde o Monte Restelo.
  • 52. RÍOS Na comarca hai moitos ríos e regatos como é de esperar nunha área de montaña. Os eixos principais son o tramo encorado do Navia en Negueira de Muñíz, e os primeiros 25 km, aproximadamente, do curso do Eo polo concello de Baleira. Presentan case todos as características propias dos ríos de montaña: cuncas estreitas, cursos rápidos e pendentes, con caudais que dependen das cantidades de precipitación da zona. Son, a gran maioría de curto percorrido, afluentes ou subafluentes do Eo e o Navia, e o Neira que vai ao Miño. Por toda a comarca hai numerosas áreas de lecer ao pé do ríos e rutas de sendeirismo sinalizadas para percorrer as partes máis chamativas e as numerosas fervenzas que se atopan na comarca, onde son coñecidas co nome de seimeiras. Muíño a beira do río Suarna. Outro dos interese dos ríos desta comarca é a súa contribución á riqueza etnográfica, xa que foron os encargados de facer funcionar os numerosos muíños e mazos que se atopan nela. O Eo en Baleira.
  • 53. Os vales estreitos escavados polos ríos, de dificil aproveitamento agrícola, están cubertos, en grande parte, por bosques autóctonos que acollen unha gran biodiversidade de flora e fauna, entre as que se atopan especies protexidas. Na beira dos ríos aparecen especies de ribeiras. Herba canuda (Equisetum sp.) nas beiras do Eo. Os equisetos son plantas sen flores con estruturas semellantes aos de épocas prehistóricas que viven en lugares húmidos. Durante o verán as beiras do río enchénse coas flores da herba moedeira (amarelas), salgueiriño (violetas) e herba dos porcos (rosas).
  • 54. Ra patilonga (Rana iberica). Vive preto dos regatos limpos con correntes e abundante cobertura vexetal. Merlo rieiro (Cinclus cinclus) Cabalo do demo (Aeshna cyanea)
  • 55. RÍO NAVIA É un río compartido con Asturias que nace no Monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km en terras galegas para despois meterse en Asturias e desembocar na ría de Navia, no Cantábrico. Ten un forte caudal de augas procedentes da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da fusión das neves caídas nos picos máis altos. Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata finais da primavera. Na comarca recolle as augas do Ibias, que fai a maioría do seu percorrido por Asturias e entra en Negueira no tramo final do curso, dentro do encoro, pola dereita; e pola esquerda o Suarna, co seu princial afluente, o Lamas, ao que vai o Castelo, Córneas, Castosa e Ransinde; e o Navallo. Parte do seu curso está protexido no LICs “Negueira”. Encoro de Grandas de Salime.
  • 56. Canón do Navia entre Galiza e Asturias, desde o mirador de Arexo (A Fonsagrada). Pódese seguir o canón do Navia e parte do Suarna desde Negueira de Muñiz a Vilar da Cuíña e A Fonsagrada (ou á inversa). No camiño hai varios miradoiros espectaculares.
  • 57. Encoro de Grandas de Salime (entre Galiza e Asturias).
  • 58.
  • 59. RÍO SUARNA Nace en Fonfría, na serra de Follabal e recolle tamén as augas da serra de Liñares. O afluente máis importante é o rego de Lamas que nace na serra da Lastra, en Degolada, e drena case toda a metade sur da comarca da Fonsagrada, recollendo as augas das serras do Hospital, Foncuberta, O Portelo, O Restelo e Louxas. Ao longo do río Suarna e os seus afluentes hai trazadas varias rutas sinalalas polo concello da Fonsagrada: a da Seimeira de Vilagocende, a que segue o río pasando pola Naraxa e chega ata a ferrería, a da Chaila que sobe polo Suarna desde Vilarín e a do Rellouso que vai polo rego da Porteliña. En todas elas podemos ver fermosas fervenzas, chamadas na zona, seimeiras. Restos dunha ferrería no río Suarna, en Vilar de Cuíña (A Fonsagrada) Mazo da Porteliña, nun afluente do Lamas. Un pequeno mazo artesanal, o único que conserva todos os elementos.
  • 60. Río Suarna na Naraxa. O Suarna, ao pé da Pena do Inferno, fai unha curva nunha zona que está acondicionada como área de lecer e praia fluvial.
  • 61. SEIMEIRA DE VILAGOCENDE Entre os lugares de Fito e Vilagoncende, na parroquia de San Martiño de Suarna (A Fonsagrada). O río Villarbol, Afluente do Lamas que vai ao Suarna (Navia) ten unha caída de máis de 50 m nun val de lousas con paredes de cuarcitas que resisten a erosión e forman cristas que sobresaen na paisaxe formando un profundo val. Máis abaixo hai varios saltos máis pequenos. A zona está acondicionada cunha senda e pontes de madeira. SEIMEIRA DE ROZABRAGADA Nun afluente do río Suarna (afluente do Navia), nas proximidades de San Martiño de Suarna. A fervenza está a carón do muíño da Chaila ou de San Martiño.
  • 62. RÍO DO NAVALLO Nace no Acebo e, despois dun percoriido por un val moi profundo, xúntase co Navia no encoro de Navia de Suarna.
  • 63. Nacemento do Eo, en Fonteo. O fondo da canle está cuberto de Fontinalis, un brión que vive mergullado ou arredor das augas limpas das nacentes. RÍO EO Nace en Fonteo (Baleira) e desemboca na ría de Ribadeo, despois de 79 km de percorrido por Galiza. Na comarca drena os concellos de Baleira e A Fonsagrada. Agás no tramo do seu nacemento ten un percorrido sinuoso e de pendente suave, encaixado entre montañas. Ten augas altas invernais e unha moderada estiaxe como corresponde a ríos de réxime pluvial oceánico. Na comarca recibe pola dereita as augas do rego de Mosqueiros, Cubilledo, Piñeira e Rodil; e pola esquerda o río de Martiño.
  • 64. FERVENZA DE SAN PAIO (POZO DA SERRA) No lugar de San Paio, na parroquia de Cubilledo (concello de Baleira). No río Eo, pouco despois do seu nacemento en Fonteo. A fervenza ten unha altura de 8 a 10 m en lousas e está un pouco modificada pola presa do muíño. FERVENZA DO REGO DE ARENDAL (POZO DA FERREIRÍA) Nun afluente do Eo en San Paio (Baleira). Pouco antes de se xuntar co Eo cae nun desnivel en lousas de 3 m de altura.
  • 65. O Eo na Pena da Volta. Na Cortevella o Eo vese abrigado a rodear con varias voltas sucesivas de case 360º uns saíntes de cuarcita. Na área hai un mirador, un muíño, ouriceiras e un sendeiro acondicionado que permite percorrela. Accedese desde Muíña, desde onde está sinalizada collendo a estrada que leva a Martín.
  • 66. Fervenzas no rego da Marronda En Baleira, no rego de Souto, afluente do Martín (Eo), que discorre polo fondo da fraga da Marronda con varios saltos e rápidos. A fervenza máis alta ten arredor de 6 m de altura en cuarcitas e lousas. O RÍO MARTÍN nace na Serra do Mirador (Monte Salgueiriño) e xúntase co Eo nas proximidades de Martín. Baixa por un val estreito e profundo no que se asenta parte da fraga da Marronda. Val do Martín. Á esquerda a fraga da Marronda.
  • 67. RÍO RODIL Nace na Serra do Invernal (A Fonsagrada) e percorre as terras da Fonsagrada e Ribeira de Piquín onde se xunta co Eo. Na comarca recibe pola dereita as augas do Rego de Queixoiro, Penide, Pontigón, Veiga de Logares (co Muíños) e A Pontiga. Pola esquerda o Esteiro (ou Esteleiro), Santo Estevo e Vao Vello. Río Rodil Val do Rodil. Os vales do Rodil e os seus afluentes acollen a maior extensión de fragas protexidas da comarca. Muíños de Rosario en O Mazo (San Pedro de Neiro) ás beiras do río Esteleiro, afluente do Rodil.
  • 68. SEIMEIRAS DO QUEIXOIRO No lugar de O Queixoiro, parroquia de A Bastida (concello de A Fonsagrada), no rego do Queixoiro, un afluente do Rodil (que vai ao Eo). O rego do Queixoiro discorre por un terreo de lousas con saíntes de cuarcitas máis resistentes e forma numerosos rápidos e varias fervenzas. A primeira mide arredor de 15 m de altura e a segunda 12 m. Pódese facer unha rota seguindo o río por un bosque de ribeira ben conservado e soutos de castiñeiros moi antigos onde se conservan ouriceiras, antigas construcións para gardar os ourizos das castañas.
  • 69. Área de lecer no nacemento do río Neira en Fontaneira (Baleira). RÍO NEIRA Nace nas proximidades de Fontaneira (Baleira). Ten un curto percorrido polo concello, onde tamén o fan o seus afluentes Rego de Trabeiro (ou Trabazas) e Val de Pedroso. Vai xuntarse co Miño entre os concellos de Portomarín, O Páramo e Láncara. O río Neira en Baleira.
  • 70. AS ÁRBORES Nos profundos vales e nas abas escarpadas das serras da comarca da Fonsagrada consérvanse fragas húmidas que acollen unha gran diversidade de flora e fauna. As máis representativas son A Marronda, Carballido, Logares, San Xés, Reigadas, Estornín, Carballal Grande ou Monte Grande), Ribón (en Sollío), A Pedra (en Freixo), Brañela (en Pacios), Monteseiro, O Invernal... a maioría protexidas en diferentes espazos. As árbores máis comúns son os carballos acompañados de castiñeiros, bidueiros, nogueiras e algúns teixos e faias. Ademáis, na comarca, atópanse exemplares senlleiras de teixos, carballos e castiñeiros. Fraga de Estornín na aba leste da Serra do Pozo.
  • 71. CARBALLO DO TROBO. Na parroquia do Trobo (A Fonsagrada). Mide máis de, 21 m de altura, 3,50 m de perímetro e ten máis de 100 anos. O carballo atópase preto da igrexa.
  • 72. TEIXO DA PASADA Na casa de Riba, A Pasada, na parroquia de Fontaneira (Baleira). Mide 9 m de contorno e 20 m de altura. TEIXO DE CÓRNEAS. Na parroquia de Córneas (Baleira). É o de maior antigüidade de Galiza, con máis de 400 anos. Mide 14 m de altura e 7,40 m de perímetro .
  • 73. ESPAZOS PROTEXIDOS LIC NEGUEIRA Espazo de 4.558 ha (está proposta unha ampliación a 6.550 ha) no concello de Negueira de Muñiz. Inclúe parte do curso do río Navia e o seu encoro de Grandas de Salime e os montes que o rodean. O val do Navia en Negueira ten unhas características climáticas especiais que permiten a convivencia de especies atlánticas e mediterráneas (nas zonas máis baixas e abrigadas). A parte alta dos montes está cuberta dun mato de uces e nas partes máis baixas de toxo, xesta e algún érbedo. Na ladeira do Monte Mouro medra un bo bosque de cerquiños e piñeiros. Nas partes secas pódense ver sobreiras. A fauna máis representativa son as aves (miñato común, azor, rapaces nocturnas...) e os mamíferos (lobo, raposo, corzo, xabarín, esquío, xeneta, marta, gato bravo...)
  • 74. Interior da fraga. LIC A MARRONDA Espazo de 1.239 ha que inclúe parte dos vales do curso alto do río Eo, a marxe dereita do río Martín e o seu afluente Souto e as fragas que os rodean, en terreos dos concellos de Baleira. É unha fraga autóctona de montaña que cobre a ladeira norte do Monte da Marronda (864 m de altitude) e os vales do río Martín e Souto. As árbores máis comúns na fraga son: carballos, capudres, abelairas, bidueiros, carbas, acivros, maceiras bravas, pereiras bravas, faias... Nas zonas máis baixas e próximas ás poboacións hai castiñeiros e pradairos. No soutobosque hai uz branca, arandeira, estripeiro, sanguiño, hedra, piorno, xesta, herba salgueira, silvas, fentos... A fauna é moi variada e abundante. Para visitar a Fraga pódese ir desde Fonteo pola estrada da Braña a Martín Vista xeral da Marronda. Hai unha gran ruta (GR 1) “A Marronda” de 66 km que sae de Fonteo e percorre parte do concello de Baleira pasando por Cubilledo, segue parte do curso do río Eo e rodea a Marronda.
  • 75. LIC CARBALLIDO Ocupa dúas zonas separadas que se corresponden cos vales dos río Rodil e Bidueiro, afluentes do Eo. 4.828 ha nos concellos de A Fonsagrada, A Pontenova e Ribeira de Piquín. Na comarca da Fonsagrada atópase unha parte da fraga de San Xes (ou Cabanal), unha parte da fraga de Reigadas e case a totalidade das fragas de Carballido, situadas nos caborcos excavados en xistos polo río Rodil e os seus afluentes Veiga de Logares, Muíños, Pontigón, Vao Vello e Santo Estebo. O seu maior interese reside en ser fragas atlánticas moi ben conservadas cunha flora e fauna moi variadas, ao que hai que engadir o atractivo paisaxístico e etnográfico da zona. O ambiente é sombrizo e húmido. As árbores máis comúns son os carballos, carbas, bidueiros, freixos, acivros, capudres, pereiras bravas, estripos, cerdeiras, teixos, algún lamagueiro... e nas zonas próximas ás poboacións soutos de castiñeiros, nogueiras e piñeiros de repoboación. Na beira dos ríos hai tamén amieiras e salgueiros. Ten ademáis unha rica fauna asociada, entre a que se atopa como especie visitante o oso.
  • 76. LIC SERRA DE FONCUBERTA Un espazo de 15.523,2 ha proposto en 2011 como LIC e ZEC (pendiente de aprobación), co que se crea unha gran unidade ao conectar entre si as fragas e serras orientais: os LICs Os Ancares- O Courel polo sur, Carballido, polo Norte e A Marronda, polo oeste. Ten un gran interese paisaxístico, biolóxico e etnográfico. O territorio está conformado por unha sucesión de serras que teñen como eixo as serras do Hospital e Follabal. Cara ao norte: Lastra, Muradal e Lagua Seca; e cara ao sur Lastra, Madorra, Escamelada, Foncuberta, Penas de Ferreira e Fornelos, montes de Ribón e Piqueira, Alto da Cuíña e Monte Maior.
  • 77. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Xullo 2016 Solpor no Muradal