2. A comarca da Fonsagrada abrangue un amplo espazo nas serras orientais, ao leste
da provincia de Lugo, entre a Terra Cha e a fronteira con Asturias. O relevo irregular,
montañoso, con fortes pendentes e bastante altitude, dificulta a súa explotación
agrícola e, en consecuencia, a ocupación do territorio, polo que a densidade de
poboación é moi baixa.
Desde o punto de vista natural, é unha comarca de grande interese porque acolle e
conserva grandes espazos de bosque autóctono protexido, impresionantes paisaxes
de val e montaña e unha rica flora e fauna.
7. ACTIVIDADES
As principais ocupacións son a gandaría e a explotación forestal pequenas industrias
e servizos concentrados nas capitais dos conecellos. A actividade turística basada na
natureza é un dos recursos que se están comezando a explotar.
8.
9. Toda a comarca conserva un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico:
núcleos tradicionais, igrexas, hórreos, cileiros, cortiños, ouriceiras, mazos, ferrerías,
muíños, pontes, museos...
PATRIMONIO
Muíños en Vilarín
Forno en Negueira de Múñiz
Restos do
castelo da
Pobra do Burón
13. BALEIRA
Situado ao leste da comarca. A capital municipal é O Cádavo.
O territorio está formados por tres ringleiras de montañas, máis ou menos aliñadas: O
Miradoiro, A Vaqueriza e O Puñago ao Oeste, O Pozo e A Marronda no centro e a Maloura e A
Lastra no Oeste. No concello de Baleira nacen o río Eo, que corre entre a Serra do Pozo e A
Lastra cara ao norte, e o Neira que cae da serra da Maloura cara ao sur.
SUPERFICIE:
168,8 km2
POBOACIÓN:
1.380 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
A Braña, Córneas,
Cubilledo, A Degolada, A
Esperela, A Fontaneira,
Fonteo, A Lastra, Librán,
Martín, Pousada e
Retizós
Baleira, nas abas da serra do Mirador.
14. A principal actividade económica é a
agrogandeira e o sector forestal, seguida
dos servizos.
Acolle espazos fluviais e de montaña de
gran interese natural.
Casa en Paradavella
Hórreo en Fontaneira
15. SUPERFICIE: 438 km2
POBOACIÓN: 3.838 habitantes (2015)
PARROQUIAS: A Allonca (Santa María), A
Bastida (San Miguel), Bruicedo
(Santiago), Carballido (Santa María), Cereixido
(Santiago), Cuíñas (San Cristovo), Fonfría (Santa
María Madanela), A Fonsagrada (Santa
María), Freixo (San Xulián), Lamas de Campos
(San Roque), Lamas de Moreira (Santa
María), Maderne (San Pedro), Monteseiro (San
Bartolo), Pacios (Santa María), O Padrón (San
Xoán), Paradavella (San Xoán), Piñeira (Santa
María), A Pobra de Burón (Santa María
Madanela), San Martiño de Arroxo, San
Martiño de Suarna (San Pedro de Neiro, San
Pedro de Ríos, Santo André de Logares, A Trapa
(San Cibrán), O Trobo (Santa María), A Veiga de
Logares (Santa María), Vieiro (Santo Antonio),
Vilabol de Suarna (Santa María), O Vilar da
Cuíña (Santa Bárbara).
A Fonsagrada, capital do concello está asentada
no cume da serra.
A FONSAGRADA
Ocupa gran parte da comarca, de norte a sur, con. É o concello máis extenso de Galiza e conta
con 29 parroquias nas que hai 278 entidades menores de poboación. Está atravesado por
unhas serras principais (Penas Apañadas, Follabal e Hospital) con dirección NE-SO, das que
saen outras serras case perpendiculares; os vales dos ríos Rodil ao norte (que vai ao Eo) e
Suarna ao Sur (que vai ao Navia), e as serras que limitan os vales destes ríos ao norte e ao sur.
16. A Fonte Santa da Fonsagrada.
Contan que antes a Virxe da Fonsagrada estaba na Pobra de
Burón (onde estaba a capital do concello) e no monte, no
lugar do Carballal había unha fonte miragreira. O cura
levaba a Vixe para alí e os da Pobra volvían a levala de volta,
pero polo noite a Virxe volvía ao sitio onde estaba a fonte. E
decidiron faceu unha capela a carón da fonte. Foi cando
pasaba por alí o Camiño de Santiago. E comezou a formarse
a vila da Fonsagrada.
A principal actividade económica é a gandeiría de carne e a forestal. Ultimamente estáselle a
dar un gran pulo á cría do porco celta, unha raza autóctona de grande calidade que case
estaba desaparecida.
Na vila de A Fonsagrada atópase un museo etnográfico con información da historia e
costumes da comarca, o Centro Comarcal e unha aula da natureza. Nelas podemos atopar
información turística sobre as moitas rutas da natureza que hai na zona.
Sala do museo etnográfico
da Fonsagrada
17. SUPERFICIE: 72 km2
POBOACIÓN: 214 (2014)
PARROQUIAS: Barcela,
Ernes, Marentes, Negueira,
Ouviaño e Río de Porto.
Negueira de Muñiz.
NEGUEIRA DE MUÑIZ
Situado ao leste da comarca, lindando polo norte, leste e sur con Asturias. O territorio ocupa
o val do Navia que o cruza de SO a NE, entre a serra de Penas Apañadas e as serras de Uria e
Cuias.
É un dos concellos menos poboados de Galiza, factor ao que contribuíu a construción do
encoro de Grandas de Salime, que anegou unha grande parte do territorio, no val do río
Navia, e motivou o traslado de parte da súa poboación ás zonas desecadas da Terra Cha.
18. A Vilaseca, o encoro de Grandas de
Salime e a Serra de Uría.
A principal actividade é a
gandeirías e a forestal.
Unha grande parte do territorio do
concello atopase protexido no LIC
“Negueira”.
Gando no
Busbeirón
19. RELEVO
O relevo da comarca da Fonsagrada constitúeno unha sucesión de vales e serras de dirección
N-NO, S-SE, cruzadas case perpendicularmente por outras coas que forman unha rede entre a
que discorren os ríos que forman a cunca do Rodil, afluente do Eo, e o propio río Eo, polo
norte e oeste; o sistema Lamas-Suarna, afluentes do Navia, polo leste e o sur; e o arranque do
Neira polo suroeste.
No norte atopamos o Coto de Frades, os montes de Logares e de Vilar de Calvos. De oeste a
leste as serras do Miradoiro, Vaqueriza e o Puñago que separan a comarca da Terra Cha;
nunha segunda liña os montes da Marronda e a serra do Pozo; a continuación a serra da
Lastra, A Maloura, Foncuberta e a serra do Portelo; en posición central, cara ao norte o Corno
de Cervo, a serra do Hospital, que se prolonga cara ao norte polo Muradal; a continuación a
serra de Follabal, da que saen a serra do Invernal cara ao norte e a de Liñares cara ao sur; e
por último as Penas Apañadas. Polo sur, formando unha liña case contínua que sinala tamén
o límite da comarca, están os montes do Restelo e a serra de Louxas; e á dereita do val do
Navia as serras de Cuias e Uría.
20. A vexetación das fragas é a típica da áreas atlánticas de media montaña: carballeiras mixtas
de Quercus robur con cerdeiras, castiñeiros, algunhas faias, teixos, capudres nas partes altas,
e bidueiros nas zonas máis húmidas, entre as que se intercalan manchas repoboadas con
distintintas especies de piñeiros.
Unha constante nas serras da comarca da Fonsagrada é o
aproveitamento agrogandeiro dos cumes achairados e o
forestal das abas encostas, onde se conservan grandes
superficies de bosques autóctonos.
21. Detalle das follas e das cúpulas nas que están
pechados os froitos das faias (faiucos).
Capudre
Teixo Bidueiro
Cerdeira brava (Prunus avium). Ten numerosos
froitos vermellos de sabor lixeiramente amargo.
22. Os paxariños (Linaria
triornotofora) danlle cor ás
beiras dos camiños e aos
lindeiros.
No sotobosque e nas matogueiras predominan as arandeiras e
as uces ás que acompañan numerosas herbas e outras plantas
que viven nas zonas sombrizas ou ocupan os claros.
Nas terras máis secas e
orientadas ao sur podemos
atopar ourego (Origanum
vulgare).
Toxo gateño (Ulex nanus). Un toxo de
pequeno tamaño que florece durante case
todo o ano nas matogueiras que cobren as
partes altas dos montes.
Arandeiras (Vaccinium myrtillus)
23. Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica).
Acada na área de Negueira o punto máis ao
norte da súa distribución en Galiza.
Lobo (Canis lubis
signatus), un
habitante común
destas serras.
As fragas e as áreas de mato serven de
refuxo a unha fauna moi variada.
Os furafollas (Sorex sp) son os mamíferos máis
pequenos. Aliméntase de insectos e miñocas
entre as follas caídas do bosque.
Bacaloura (Lucanus cervus), o insecto máis grande
de Europa. Pasa varios anos en estado larvario
alimentándose da madeira morta das árbores
vellas. Na actualidade é unha especie protexida
debido á reducción dos seus hábitats.
24. O Coto Frades.
MONTES DE LOGARES, CARBALLIDO E VILAR DE CALVOS
Marcan o límite norte da comarca coa de Meira (Ribeira de Piquín) e a Mariña Oriental (A
Pontenova). A maior altura está no coto de Frades (960 m) preto da fronteira con Asturias.
Accédese desde a estrada que vai da Fonsagrada á Pontenova ou pola de Chao de Pousadoiro
a Asturias, que percorre unha parte dos cumes. Tamén se pode acceder polo desvio que vai a
Carballido.
Desde os cumes hai unha boas vistas de distintas partes da serra e o val do Rodil e alguns
tramos da estrada atravesan as fragas.
26. SERRA DO CORNO DO CERVO
Con orientación NE-SO, situada no concello de Fonsagrada, e rodeada polos profundos vales
do río Rodil e os seus afluentes. O punto máis alto é a Cruz do Pito, con 849 m. As abas que
dan ao río Rodil están ocupadas por carballeiras moi ben conservadas que forman parte do
espazo “Carballido”.
Accedese desde estrada de A Fonsagrada a Chao do Pousadoiro collendo o desvío polos Vaos .
Tamén se pode percorrer a serra seguindo as estradas que levan a Maderne.
Serra de Corno de Cervo desde A
Fonsagrada. No val a Pobra de Burón.
28. O monte Penas Apañadas, situado ao sur do Porto do Acebo, fai
fronteira con Asturias. Desde os cumes hai unha ampla panorámica
sobre as serras orientais, desde o Pousadoiro ata os Ancares.
SERRA DE FOLLABAL
Exténdese entre A Fonsagrada e Asturias, con orientación SO-NE. Está formada por lousas e
cuarcitas. A máxima altura está en Penas Apañadas, con 1.203 m.
A estrada de Fonsagrada a Grandas de Salime, polo porte do Acebo, percorre os cumes da
serra.
29. Serra de Follabal desde A
Fonsagrada.
Serra de Follabal
desde A Fonsagrada.
30. Serra do Invernal desde o cume das Penas Apañadas.
SERRA DO INVERNAL
Esténdese cara ao norte desde a Serra de Follabal, nas proximidades da Fonsagrada. Ten unha
altitude media de 875 m e o cume máis alto é a Lomba do Tresvilar, con 937 m.
Accedese desda a estrada de Fonsagrada desviándose cara a Neiro.
31. Aba sur da serra de Liñares. En primeiro plano a ermida da Fornaza e ao fondo o mirador de Arexo, sobre o canón do
Navia. Preto da Fornaza consérvanse restos de antigos fornos de fundición (A Fábrica).
SERRA DE LIÑARES
Prolongación cara ao surleste da serra de Follabal. A máxima altura é o Seixón, con 953 m.
Polo leste está rodeada polo río Navallos e polo oeste, polo Suarna, que van ao Navia.
En grande parte está cuberta por bosques de piñeiros de repoboación e conserva carballeiras
e soutos nas zonas máis encostas. Accedese desde A Fonsagrada ou Negueira de Muñiz.
32. Vista do encoro de Grandas de Salime, coa Serra de Uría e o Busbeirón.
SERRA DE URÍA
Pecha o val do Navia polo Leste, con orientación NE-SO e fai linde con Asturias. O seu punto
máis alto é o Busbeirón, con 1.286 m. Na súa vertente oriental nacen varios regatos afluentes
do Navia. Desde os cumes hai unhas fermosas panorámicas do val do Navia e dos Ancares.
Para acceder a ela hai que cruzar o encoro do Navia desde Negueira de Muñiz e dirixirse a
Santalla.
33. Vista do encoro de Grandas de Salime, desde Busbeirón. No primeiro plano Entralgo.
34. Pena da Vara (604 m) e
canón do Navia, desde
o Mirador do Arexo.
SERRA DE CUIAS
Só unha pequena parte, entre o río Ibias e o Navia, está en territorio Galego cunha abas que
caen verticalmente sobre o val do Navia. Nela atópase a poboación de Robledo (concello de
Negueira de Muñiz). Accedese pola estrada que vai de Negueira de Muñiz a Santo Antolín de
Ibias.
35. Bosques na serra do
Hospital. A pesar de ter
grandes espazos
cubertos de matogueira
conserva nas abas bos
bosque autóctonos.
SERRA DO HOSPITAL
Situada entre Baleira e A Fonsagrada, con orientación SO-NE. As rochas dominantes son
lousas e xistos e, nos cumes, cristas de cuarcita. As máximas alturas son o Pico do Hospital e o
Lagoaseca, ambos con 1.108 m. Os ríos da vertente norte van á conca do Rodil (Eo) e os do sur
á do Navia.
Accedese pola estrada de Baleira a Fonsagrada, que segue o trazado da serra. Para subir ao
cume cóllese pola desviación que vai a Ribeira de Piquín desde o alto da serra do Hospital.
Ten unhas excelentes vistas sobre toda a contorna.
36. Cara sur da Serra do Hospital desde a serra de Louxas. As zonas con menos desnivel están ocupadas por prados, e as
encostas por matogueiras e bosques, na súa maior parte repoboación de piñeiros.
38. Monte Muradal e parte da serra desde o cume do Hospital.
SERRA DO MURADAL
Con dirección NE-SO, unida á do Hospital polo sur. Está formada por lousas, xistos e cuarcitas.
O punto máis alto é o Pico do Muradal, con 1.108 m.
Accedese desde a estrada Lugo-A Fonsagrada, no alto da serra do Hospital, pola desviación
que vai a Ribeira de Piquín.
40. Serra do Pozo, á esquerda
unha pequena parte da
Fraga de Estornín.
SERRA DO POZO
Pequena serra con orientación N-S,
Limita polo norte co río Eo e polo leste
cun afluente do mesmo. No sur
(Fontaneira) nace o río Neira, afluente
do Miño. O monte máis alto é o Panda
con 933 m. Unha grande parte das
abas do leste da serra do Pozo están
ocupadas polas fragas de Estornín.
Accedese desde O Cádavo ou Fonteo
(Baleira).
41. Vista xeral na que se apreza a lastra de
cuarcitas que lle da nome á serra.
SERRA DA LASTRA
Con orientación N-S, situada entre A
Fonsagrada e Baleira. A máxima altura e
O Padornelo, con 958 m. Accedese
desde A Lastra, na estrada Baleira-
Fonsagrada.
Cristas de cuarcita nos cumes da Lastra.
42. MONTE DA MARRONDA
Pequeno sistema montañoso de 864 m
de altura rodeado polos vales do río
Martín e Souto, formada por rochas
silíceas paleozoicas. Destaca polas
fragas autóctonas situadas na aba
leste, onde se pode atopar unha gran
diversidade de flora e fauna.
Esta protexido como LIC e ZEP.
Accedese desde a estrada de Baleira a
Meira, en A Braña, ou pola estrada
que vai a Ribeira de Piquín.
Entre as especies arbóreas da fraga da Marronda
destaca a presenza das faias, unhas das máis
occidentais de Europa.
43. Serra do Miradoiro desde a estrada do Cádavo a Meira.
SERRA DO MIRADOIRO
Con orientación N-S, fai fronteira entre Pol, Castroverde e Baleira. O sector occidental está
formado por xistos calcárias e dolomías, a central de bandas paralelas de pelitas e areíscas
envoltas por faixas estreitas de cuarcitas.
A máxima altura é o Padrairo, con 1.034 m
Na parte oriental nace o Eo e o seu afluente o Martín, así como varios regos das súas
cabeceiras. Desde o cume domínase gran parte das chairas luguesas e das serras orientais.
O trazado da estrada de Cádavo a Meira discorre paralela á serra en toda a súa extensión pola
aba leste. Pódese acceder aos cumes polas pistas dos parques eólicos.
44. Vista desde os cumes do Miradoiro. No primeiro
plano a serra do Pozo, detrás a serra da Lastra e ao
fondo a serra do Hospital.
Cuarcitas nos cumes do miradoiro.
45. Vista do conxunto das serras, O Puñago á esquerda e a Vaqueriza á dereita desde a estrada do Cádavo á Fonsagrada..
SERRAS DA VAQUERIZA E PUÑAGO
Xunto coa do Miradoiro, separadas por pequenas diferenzas de cota, forman unha liña recta
contínua, con orientación N-S, na que apenas se diferencian os cumes.
Están formadas por faixas concéntricas de pelitas, cuarcitas, calcárias e areíscas.
O Punto máis alto da Vaqueriza é o Pedrazo, con 919 m, e o do Puñago é o Lagua, con 945 m.
Accédese desde a estrada que vai do Cádavo a Castroverde, ou pola de Baralla a Meira.
46. Serra de Foncuberta desde o monte Restelo.
SERRA DE FONCUBERTA
Esténdese entre os cursos altos dos ríos do Castelo e Lamas, ao sur da Serra do Hospital.
Accédese desde a estrada do Cádavo a Fonsagrada, collendo, na Lastra, o desvio ao Freixo.
47. O Portelo no verán.
SERRA DO PORTELO
Compartida entre os concellos da Fonsagrada e Becerreá, con orientación NO-SE. O punto
máis alto é o Portelo, con 938 m. Accedese pola estrada de Fontaneira a Becerreá.
49. Panorámica da metade sur da comarca da Fonsagrada desde o monte Restelo.
MONTE RESTELO
É o cume dun sistema de serras radiais que
perden altura cara ao vales do Navia e o
Suarna. Pola súa posición é un magnífico
miradoiro sobra as serras dos Ancares, A
Fonsagrada e Becerreá.
Accedese desde Louxas pola estrada que vai
a Becerreá ou a Fontaneira.
Cume do monte Restelo (1.013 m).
50. Serra de Louxas no verán.
SERRA DE LOUXAS
Con orientación E-O, en terreos dos concellos de A Fonsagrada e Navia de Suarna. O punto
máis alto é A Louriña, con 912 m. Ten formas suaves e achairadas, aproveitadas en grande
parte para pastos e outros cultivos.
Accedese desde a estrada de A Fonsagrada a Navia de Suarna. Un cruce en Louxas permite
percorrer os seus cumes cara ao leste ou cara o oeste e chegar ao Restelo e O Portelo.
52. RÍOS
Na comarca hai moitos ríos e regatos como é de esperar nunha área de montaña. Os eixos
principais son o tramo encorado do Navia en Negueira de Muñíz, e os primeiros 25 km,
aproximadamente, do curso do Eo polo concello de Baleira. Presentan case todos as
características propias dos ríos de montaña: cuncas estreitas, cursos rápidos e pendentes, con
caudais que dependen das cantidades de precipitación da zona. Son, a gran maioría de curto
percorrido, afluentes ou subafluentes do Eo e o Navia, e o Neira que vai ao Miño.
Por toda a comarca hai numerosas áreas de lecer ao pé do ríos e rutas de sendeirismo
sinalizadas para percorrer as partes máis chamativas e as numerosas fervenzas que se atopan
na comarca, onde son coñecidas co nome de seimeiras.
Muíño a beira do río
Suarna. Outro dos
interese dos ríos desta
comarca é a súa
contribución á riqueza
etnográfica, xa que foron
os encargados de facer
funcionar os numerosos
muíños e mazos que se
atopan nela.
O Eo en Baleira.
53. Os vales estreitos escavados polos ríos, de dificil aproveitamento agrícola, están cubertos, en
grande parte, por bosques autóctonos que acollen unha gran biodiversidade de flora e fauna,
entre as que se atopan especies protexidas. Na beira dos ríos aparecen especies de ribeiras.
Herba canuda (Equisetum sp.) nas beiras do Eo. Os equisetos
son plantas sen flores con estruturas semellantes aos de
épocas prehistóricas que viven en lugares húmidos.
Durante o verán as beiras do río enchénse coas flores da
herba moedeira (amarelas), salgueiriño (violetas) e herba
dos porcos (rosas).
54. Ra patilonga (Rana iberica). Vive preto dos regatos limpos
con correntes e abundante cobertura vexetal.
Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
Cabalo do demo (Aeshna cyanea)
55. RÍO NAVIA
É un río compartido con Asturias que nace no Monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en
terras do Cebreiro e percorre 90 km en terras galegas para despois meterse en Asturias e
desembocar na ría de Navia, no Cantábrico.
Ten un forte caudal de augas procedentes da chuvia que recibe ao longo da súa cunca e da
fusión das neves caídas nos picos máis altos. Isto fai que as súas augas altas se alonguen ata
finais da primavera.
Na comarca recolle as augas do Ibias, que fai a maioría do seu percorrido por Asturias e entra
en Negueira no tramo final do curso, dentro do encoro, pola dereita; e pola esquerda o
Suarna, co seu princial afluente, o Lamas, ao que vai o Castelo, Córneas, Castosa e Ransinde;
e o Navallo.
Parte do seu curso está protexido no LICs “Negueira”.
Encoro de Grandas de Salime.
56. Canón do Navia entre Galiza e Asturias, desde o mirador de Arexo (A Fonsagrada).
Pódese seguir o canón do Navia e parte do Suarna desde Negueira de Muñiz a Vilar da
Cuíña e A Fonsagrada (ou á inversa). No camiño hai varios miradoiros espectaculares.
59. RÍO SUARNA
Nace en Fonfría, na serra de Follabal e recolle tamén as augas da serra de Liñares. O afluente máis
importante é o rego de Lamas que nace na serra da Lastra, en Degolada, e drena case toda a metade sur
da comarca da Fonsagrada, recollendo as augas das serras do Hospital, Foncuberta, O Portelo, O Restelo e
Louxas.
Ao longo do río Suarna e os seus afluentes hai trazadas varias rutas sinalalas polo concello da Fonsagrada:
a da Seimeira de Vilagocende, a que segue o río pasando pola Naraxa e chega ata a ferrería, a da Chaila
que sobe polo Suarna desde Vilarín e a do Rellouso que vai polo rego da Porteliña. En todas elas podemos
ver fermosas fervenzas, chamadas na zona, seimeiras.
Restos dunha ferrería no río Suarna, en
Vilar de Cuíña (A Fonsagrada)
Mazo da Porteliña, nun afluente do Lamas. Un pequeno
mazo artesanal, o único que conserva todos os
elementos.
60. Río Suarna na Naraxa. O Suarna, ao pé da Pena do
Inferno, fai unha curva nunha zona que está
acondicionada como área de lecer e praia fluvial.
61. SEIMEIRA DE VILAGOCENDE
Entre os lugares de Fito e Vilagoncende, na parroquia de San
Martiño de Suarna (A Fonsagrada).
O río Villarbol, Afluente do Lamas que vai ao Suarna (Navia)
ten unha caída de máis de 50 m nun val de lousas con paredes
de cuarcitas que resisten a erosión e forman cristas que
sobresaen na paisaxe formando un profundo val. Máis abaixo
hai varios saltos máis pequenos. A zona está acondicionada
cunha senda e pontes de madeira.
SEIMEIRA DE ROZABRAGADA
Nun afluente do río Suarna (afluente do Navia), nas
proximidades de San Martiño de Suarna. A fervenza está a
carón do muíño da Chaila ou de San Martiño.
62. RÍO DO NAVALLO
Nace no Acebo e, despois dun percoriido por un val moi profundo, xúntase co Navia no encoro de Navia
de Suarna.
63. Nacemento do Eo, en Fonteo. O fondo
da canle está cuberto de Fontinalis, un
brión que vive mergullado ou arredor
das augas limpas das nacentes.
RÍO EO
Nace en Fonteo (Baleira) e desemboca
na ría de Ribadeo, despois de 79 km
de percorrido por Galiza. Na comarca
drena os concellos de Baleira e A
Fonsagrada.
Agás no tramo do seu nacemento ten
un percorrido sinuoso e de pendente
suave, encaixado entre montañas. Ten
augas altas invernais e unha
moderada estiaxe como corresponde
a ríos de réxime pluvial oceánico.
Na comarca recibe pola dereita as
augas do rego de Mosqueiros,
Cubilledo, Piñeira e Rodil; e pola
esquerda o río de Martiño.
64. FERVENZA DE SAN PAIO (POZO DA SERRA)
No lugar de San Paio, na parroquia de Cubilledo
(concello de Baleira). No río Eo, pouco despois
do seu nacemento en Fonteo. A fervenza ten
unha altura de 8 a 10 m en lousas e está un
pouco modificada pola presa do muíño.
FERVENZA DO REGO DE ARENDAL
(POZO DA FERREIRÍA)
Nun afluente do Eo en San Paio
(Baleira). Pouco antes de se xuntar co
Eo cae nun desnivel en lousas de 3 m de
altura.
65. O Eo na Pena da Volta.
Na Cortevella o Eo vese abrigado a rodear con
varias voltas sucesivas de case 360º uns saíntes de
cuarcita. Na área hai un mirador, un muíño,
ouriceiras e un sendeiro acondicionado que
permite percorrela.
Accedese desde Muíña, desde onde está sinalizada
collendo a estrada que leva a Martín.
66. Fervenzas no rego da Marronda
En Baleira, no rego de Souto, afluente do Martín (Eo), que
discorre polo fondo da fraga da Marronda con varios saltos
e rápidos. A fervenza máis alta ten arredor de 6 m de
altura en cuarcitas e lousas.
O RÍO MARTÍN nace na Serra do Mirador (Monte Salgueiriño) e xúntase co Eo nas
proximidades de Martín. Baixa por un val estreito e profundo no que se asenta parte da fraga
da Marronda.
Val do Martín. Á esquerda a fraga da Marronda.
67. RÍO RODIL
Nace na Serra do Invernal (A Fonsagrada) e
percorre as terras da Fonsagrada e Ribeira de
Piquín onde se xunta co Eo.
Na comarca recibe pola dereita as augas do Rego
de Queixoiro, Penide, Pontigón, Veiga de Logares
(co Muíños) e A Pontiga. Pola esquerda o Esteiro
(ou Esteleiro), Santo Estevo e Vao Vello.
Río Rodil
Val do Rodil. Os
vales do Rodil e os
seus afluentes
acollen a maior
extensión de
fragas protexidas
da comarca.
Muíños de Rosario en O Mazo
(San Pedro de Neiro) ás beiras
do río Esteleiro, afluente do
Rodil.
68. SEIMEIRAS DO QUEIXOIRO
No lugar de O Queixoiro, parroquia de A Bastida (concello de A Fonsagrada), no rego do Queixoiro, un afluente do Rodil
(que vai ao Eo).
O rego do Queixoiro discorre por un terreo de lousas con saíntes de cuarcitas máis resistentes e forma numerosos
rápidos e varias fervenzas. A primeira mide arredor de 15 m de altura e a segunda 12 m. Pódese facer unha rota
seguindo o río por un bosque de ribeira ben conservado e soutos de castiñeiros moi antigos onde se conservan
ouriceiras, antigas construcións para gardar os ourizos das castañas.
69. Área de lecer no nacemento do río
Neira en Fontaneira (Baleira).
RÍO NEIRA
Nace nas proximidades de Fontaneira (Baleira). Ten un curto percorrido polo concello, onde tamén o fan o
seus afluentes Rego de Trabeiro (ou Trabazas) e Val de Pedroso. Vai xuntarse co Miño entre os concellos
de Portomarín, O Páramo e Láncara.
O río Neira en Baleira.
70. AS ÁRBORES
Nos profundos vales e nas abas escarpadas das serras da comarca da Fonsagrada consérvanse
fragas húmidas que acollen unha gran diversidade de flora e fauna. As máis representativas
son A Marronda, Carballido, Logares, San Xés, Reigadas, Estornín, Carballal Grande ou Monte
Grande), Ribón (en Sollío), A Pedra (en Freixo), Brañela (en Pacios), Monteseiro, O Invernal...
a maioría protexidas en diferentes espazos. As árbores máis comúns son os carballos
acompañados de castiñeiros, bidueiros, nogueiras e algúns teixos e faias.
Ademáis, na comarca, atópanse exemplares senlleiras de teixos, carballos e castiñeiros.
Fraga de Estornín na aba
leste da Serra do Pozo.
71. CARBALLO DO
TROBO.
Na parroquia do
Trobo (A
Fonsagrada). Mide
máis de, 21 m de
altura, 3,50 m de
perímetro e ten máis
de 100 anos. O
carballo atópase
preto da igrexa.
72. TEIXO DA PASADA
Na casa de Riba, A Pasada, na parroquia de Fontaneira
(Baleira). Mide 9 m de contorno e 20 m de altura.
TEIXO DE CÓRNEAS. Na parroquia de Córneas (Baleira). É o
de maior antigüidade de Galiza, con máis de 400 anos. Mide
14 m de altura e 7,40 m de perímetro .
73. ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC NEGUEIRA
Espazo de 4.558 ha (está proposta unha ampliación a 6.550 ha) no concello de Negueira de
Muñiz. Inclúe parte do curso do río Navia e o seu encoro de Grandas de Salime e os montes
que o rodean. O val do Navia en Negueira ten unhas características climáticas especiais que
permiten a convivencia de especies atlánticas e mediterráneas (nas zonas máis baixas e
abrigadas).
A parte alta dos montes está cuberta dun mato de uces e nas partes máis baixas de toxo, xesta e algún
érbedo. Na ladeira do Monte Mouro medra un bo bosque de cerquiños e piñeiros. Nas partes secas
pódense ver sobreiras.
A fauna máis representativa son as aves (miñato común, azor, rapaces nocturnas...) e os mamíferos (lobo,
raposo, corzo, xabarín, esquío, xeneta, marta, gato bravo...)
74. Interior da fraga.
LIC A MARRONDA
Espazo de 1.239 ha que inclúe parte dos vales do curso alto do río Eo, a marxe dereita do río
Martín e o seu afluente Souto e as fragas que os rodean, en terreos dos concellos de Baleira.
É unha fraga autóctona de montaña que cobre a ladeira norte do Monte da Marronda (864 m
de altitude) e os vales do río Martín e Souto.
As árbores máis comúns na fraga son: carballos, capudres, abelairas, bidueiros, carbas, acivros, maceiras
bravas, pereiras bravas, faias... Nas zonas máis baixas e próximas ás poboacións hai castiñeiros e
pradairos. No soutobosque hai uz branca, arandeira, estripeiro, sanguiño, hedra, piorno, xesta, herba
salgueira, silvas, fentos... A fauna é moi variada e abundante.
Para visitar a Fraga pódese ir desde Fonteo pola estrada da Braña a Martín
Vista xeral da Marronda.
Hai unha gran ruta (GR 1)
“A Marronda” de 66 km
que sae de Fonteo e
percorre parte do concello
de Baleira pasando por
Cubilledo, segue parte do
curso do río Eo e rodea a
Marronda.
75. LIC CARBALLIDO
Ocupa dúas zonas separadas que se corresponden cos vales dos río Rodil e Bidueiro, afluentes
do Eo. 4.828 ha nos concellos de A Fonsagrada, A Pontenova e Ribeira de Piquín.
Na comarca da Fonsagrada atópase unha parte da fraga de San Xes (ou Cabanal), unha parte
da fraga de Reigadas e case a totalidade das fragas de Carballido, situadas nos caborcos
excavados en xistos polo río Rodil e os seus afluentes Veiga de Logares, Muíños, Pontigón,
Vao Vello e Santo Estebo.
O seu maior interese reside en ser fragas atlánticas moi ben conservadas cunha flora e fauna
moi variadas, ao que hai que engadir o atractivo paisaxístico e etnográfico da zona.
O ambiente é sombrizo e
húmido. As árbores máis comúns
son os carballos, carbas,
bidueiros, freixos, acivros,
capudres, pereiras bravas,
estripos, cerdeiras, teixos, algún
lamagueiro... e nas zonas
próximas ás poboacións soutos
de castiñeiros, nogueiras e
piñeiros de repoboación. Na
beira dos ríos hai tamén amieiras
e salgueiros. Ten ademáis unha
rica fauna asociada, entre a que
se atopa como especie visitante o
oso.
76. LIC SERRA DE FONCUBERTA
Un espazo de 15.523,2 ha proposto en 2011 como LIC e ZEC (pendiente de aprobación), co que
se crea unha gran unidade ao conectar entre si as fragas e serras orientais: os LICs Os Ancares-
O Courel polo sur, Carballido, polo Norte e A Marronda, polo oeste. Ten un gran interese
paisaxístico, biolóxico e etnográfico.
O territorio está conformado por unha sucesión de serras que teñen como eixo as serras do
Hospital e Follabal. Cara ao norte: Lastra, Muradal e Lagua Seca; e cara ao sur Lastra, Madorra,
Escamelada, Foncuberta, Penas de Ferreira e Fornelos, montes de Ribón e Piqueira, Alto da
Cuíña e Monte Maior.
77. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Xullo 2016
Solpor no Muradal