1. MARXES FÍLMICAS
Agosto 2013
20, 15 h.
Museo Etnolóxico
Entrada gratuíta
Martes 6
Mosconi – ou a quen pertence o mundo (Mosconi - oder wem gehört die Welt)
(2007, Alemaña) 78 min
Dirección: Jeanine Meerapfel | Guión: Jeanine Meerapfel | Imaxe: Malena
Bystrowicz|Montaxe: Paula Goldstein | Música: FlorosFloridis| Reparto: Documental; José
“Pepe“ Fernández, Juan CarlosGipi“ Fernández, Inés Torres, Mari Acosta, Sandra Molina
|Produción Malena Filmproduktion GmbH & Co. KG Berlin, in Zusammenarbeit mit dem
Goethe-Institut e.V. | Distribuidora: Instituto Goethe Madrid |
Idioma: castelán, subtitulada en castelán
General Mosconi, no norte de Arxentina e a poucos quilómetros da fronteira
con Bolivia, é unha cidade na que viven 22.000 persoas, a metade delas sen traballo
a pesar de tratarse dunha zona rica polas reservas de gas e petróleo. Ata 1993
Mosconi tiña escolas, hospitais, cine e un club social pero todo desvaneceuse coa
privatización de YPF. As multinacionais coas súas instalacións contaminan a auga
dos ríos e tamén o ar con gases tóxicos que causan enfermidades; os bosques
desaparecen para cultivar soia (transxénico) e os pesticidas intoxican as capas
freáticas.
Os habitantes de Mosconi non aceptaron esta situación e queren recuperar o
traballo xenuíno, os lazos sociais e a vida. Os membros da UTD (Unión de
Traballadores Desocupados) paliaron a ausencia do Estado creando escolas,
dispensarios, hortas comunitarias e traballo autoxestionado.
Martes 13
Princesas (Prinzessinnenbad)
(2006, Alemaña) Documental. 92 min.
Dirección: Bettina Blümner | Guión Bettina Blümner (Konzept) |Imaxe: Mathias Schöningh
| Son: Christian Lutz | Montaxe: Inge Schneider | Reparto: Documental; Klara, Mina,
Tanutscha |Produción Reverse Angle Factory GmbH (Berlin) | Distribuidora:Instituto
Goethe Madrid |
Idioma: alemán, subtitulada en castelán.
Klara, Mina e Tanutscha teñen 15 anos e viven coas súas nais no barrio berlinés de
Kreuzberg. Coñécense desde a infancia, van xuntas a festas e pasan os veráns na
piscina urbana Prinzenbad (piscina de príncipes). A pesar de ser inseparables
comezan a buscar diferentes camiños nas súas vidas: Klara cambia de escola, Mina
quere mudarse co seu noivo e Tanutscha esíxelle á súa nai máis independencia.
O filme retrata a porta á vida dunhas adolescentes que falan por si mesmas, e
permite unha percepción que va máis alá das imaxes mediáticas. O ritmo da cidade,
a música (Female Rap de Lisi e o dúo turco Bassturk), a expresión dos seus corpos e
a mímica da linguaxe outorgan á película, una carácter fascinante.
2. MARXES FÍLMICAS
Agosto 2013
20, 15 h.
Museo Etnolóxico
Entrada gratuíta
Martes 20
En busca da memoria (Auf der Suche nach dem Gedächtnis )
(2008, Austria) 95 min
Directora: Petra Seeger | Imaxe: Robert Winkler, Mario Masini | Música : Walter W. Cikan,
Marnix Veenenbos, Petr Spatina, Bernhard Fleischmann |Montaxe: Oliver Neumann |
Produción: FilmForm Köln GmbH / WDR / ORF / ARTE / Institute for Science and
Technology Austria | Distribuidora: Instituto Goethe Madrid |
Idioma: inglés, subtitulada en castelán
Eric Kandel, premio Nobel e probablemente o neurocientífico máis importante da
actualidade, investiga desde os anos sesenta o funcionamento da memoria a curto e
longo prazo e é o home a quen Petra Seeger observa en Nova Iorque, Viena e
Cahors. Kandel fala das súas investigacións científicas e da relación destas coa súa
vida -de neno viviu o Holocausto-. A aprendizaxe modifica as transmisións
sinápticas do cerebro e a memoria mantén a vida mental favorecendo a
continuidade da nosa existencia. O filme deixanos a sensación de ter coñecido a un
científico marabilloso que manifesta con tristeza: “Os xudeus nunca se recuperarán
do Holocausto. Había tantos homes con talento”. Andel, encantador, carismático,
con sentido do humor e morriña fala sen amargura.
Martes 27
O silencio de Gerda (Gerdas Schweigen)
(2008, Alemaña) 89 min
Dirección: Britta Wauer | Guión: Britta Wauer; nach dem gleichnamigen Buch von Knut
Elstermann | Redacción e documentación: Birgit Mehler, Rosemarie Wintgen;
Gemeinschaftsproduktion von Zeitsprung Entertainment GmbH u. Rundfunk Berlin
Brandenburg | Imaxe: Kaspar Köpke, Bob Hanna, Ton: Johannes Schmelzer-Ziringer, Ivo
Hannak |Montaxe Berthold Baule | Música Karim Sebastian Elias | Produción Christiane
Plum (Produktionsleitung), Andrea Klüting (Producer); Volker Hahn (Herstellungsleitung,
Produzent) | Distribuidora: Instituto Goethe Madrid |
Idioma: alemán, subtitulada en castelán
Unha charla entre persoas de diferentes xeracións transfórmase nun emocionante
documental sobre Gerda, unha sobrevivente do Holocausto que emigrou a Estados
Unidos despois da guerra, no que se trata o seu silencio e a difícil historia das súas
lembranzas. En 1944, no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau, o bebé
dunha moza xudía -Gerda- morre de fame pouco despois de nacer, tapar esa
inmensa dor ensombrecerá a súa vida.
"A primeira frase dunha película é decisiva para establecer unha conexión co
espectador: "Cando cheguei aos Estados Unidos, quería esquecelo todo. Quería
calar, non falar delo nunca máis", son as primeiras palabras de "O silencio de
Gerda", pero esquecer é imposible" (Neues Deutschland, 6/11/2008).