SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 9
TEMAS 2 e 3
Transformacións políticas e socioeconómicas no século XIX.
Revolución industrial. Liberalismo, nacionalismo e imperialismo: activismo
revolucionario para a transformación de Europa. Novo modelo social e
movemento obreiro. A exclusión das mulleres do espazo público e a súa
loita pola igualdade: sufraxismo e dereito á educación.
Introdución
A primeira metade do século XIX é a época do ascenso vertixinoso da
burguesía:
- É o momento no que se estende a revolución industrial: a revolución
tecnolóxica cambiará as formas de producir e os medios de comunicación,
modificará a economía e a organización social.
- É a época das revolucións liberais, que conseguirán impoñer o liberalismo
político na meirande parte de Europa e América.
- Esas fondas transformacións económicas, políticas, sociais e ideolóxicas
relacionadas fundamentalmente coa revolución industrial e as revolucións
liberais, trouxeron a imposición dun novo marco económico dominante: o
capitalismo.
- Tamén é a época do nacionalismo, que modificará o mapa creando novos
Estados.
A revolución industrial:
A mediados do século XVIII comezou en Gran Bretaña e se estendeu logo ao
resto de Europa, un proceso de cambio constante na produción industrial. O uso de
novas técnicas, fontes de enerxía e formas de organización do traballo provocou un
enorme crecemento da produción mecanizada de bens. Ao mesmo tempo vaise
producindo un cambio paralelo na sociedade e na vida cotiá: do campo á cidade; de
artesáns a traballadores e traballadoras non cualificados. Confórmase a sociedade de
clases.
Chamamos revolución industrial ao conxunto de cambios económicos e sociais
que marcan o paso dunha sociedade agrícola, rural e tradicional a unha sociedade
industrial, urbana e moderna. Así mesmo, esa revolución foi a orixe da diferenza
económica e social entre os países desenvolvidos, é dicir, os que se beneficiaron do
proceso industrializador, e os países subdesenvolvidos, aqueles que mantiveron
sistemas de produción tradicionais.
A revolución industrial produciuse ao longo de varias fases. A primeira
revolución industrial comezou en Gran Bretaña nas últimas décadas do século XVIII
(en torno a 1780)1
, e se estendeu por Europa e América ao longo do XIX. A segunda
fase comezaría en 1870.
Os factores da primeira revolución industrial:
 O aumento da poboación. A partir da segunda metade do século XVIII a
natalidade mantívose alta, pero a mortalidade descendeu moito porque
aumentou a produción agrícola, remitiron as epidemias de peste
bubónica e apareceron as primeiras vacinas, como a da varíola.
Este aumento demográfico constituíu un importante factor no progreso
económico de Europa. Coma se fose unha reacción en cadea, un maior
número de persoas demandaba un maior número de produtos, é dicir,
houbo un aumento do consumo. Isto permitiu que a introdución de
novidades técnicas na fabricación resultase rendible. Asemade, este
aumento da poboación dotará de man de obra á industria.
 A expansión agrícola. O primeiro que demandaba unha poboación en
crecemento era máis alimentos. Os cambios económicos iniciáronse no
sector primario:
o Aínda que a introdución de máquinas na agricultura (segadoras,
malladoras...) e o uso de fertilizantes químicos non se fixeron ata ben
avanzado o século XIX, no século XVIII houbo xa algún cambio que fixo
aumentar a produción. Un destes cambios foi a eliminación do barbeito
e a súa substitución pola rotación continua de cultivos, outro foi a
eliminación do arado de madeira e a súa substitución polo de ferro.
o Reformouse a gandaría. Parte das terras de cultivo dedicáronse a
producir forraxes para alimentar os animais (a rotación incluía estes
forraxes) e así aumentou o número de cabezas de gando.
Desenvolveuse a estabulación e a carne deixou de ser un alimento
unicamente ao alcance dos mais ricos.
1 Como curiosidadefixádevos quefoi pouco antes da Revolución Francesa 1789.
o Cos cambios introducidos polos fisiócratas primeiro e cos liberais
despois (no XIX), as terras iran entrando no mercado e converténdose
nunha propiedade privada que pode mercarse e venderse. En Gran
Bretaña, berce da revolución industrial, impuxéronse os cerramentos de
terras na segunda metade do século XVIII. O Parlamento británico2
elaborou leis que permitían a particulares mercar terras que antes eran
comunais. Isto fixo posible aumentar a superficie de cultivo e, por tanto,
a produción. Por outra parte, a progresiva privatización da propiedade
comunal tivo intensas repercusións sociais; numerosos campesiños
pobres quedaron sen recursos e tiveron que marchar dos campos cara
ás cidades industriais ou América para buscar novos medios de vida.
A revolución agrícola permitiu o aumento da poboación, liberou man de
obra do campo co aumento da produtividade e tamén proporcionou
materias primas para a industria.
 Unha nova mentalidade: a ilustración e a fisiocracia defenderon a
racionalización, a busca do progreso e a importancia da agricultura
para a economía. O liberalismo do XIX defendía que o motor do
crecemento económico era a iniciativa privada. Así, consolidouse unha
nova forma de pensar e actuar, más aberta ao investimento, á
innovación, ao risco empresarial e á procura do beneficio. O traballo
pasou a considerarse unha virtude persoal. Fronte á mentalidade
rendista predominante nos propietarios nobres e eclesiásticos do Antigo
Réxime, xorde unha nova mentalidade que busca o aumento dos
beneficios, a introdución de melloras coa finalidade de aumentar a
produción e a produtividade.
A primeira revolución industrial (1780 – 1860)
En Gran Bretaña, ata finais do século XVIII3
, as manufacturas elaborábanse en
pequenos obradoiros artesáns espallados polo territorio: todas as cidades tiñan varios
obradoiros que abastecían á poboación de manufacturas.
Os artesáns realizaban o traballo de forma manual: non usaban máquinas e só
se axudaban cunhas poucas ferramentas. Cada artesán realizaba as pezas completas
e controlaba o seu ritmo de traballo.
2 Lembrade que mentres o absolutismo dominaba a meirandeparte de Europa, en Gran Bretaña xa tiñan
monarquía parlamentaria,con separación depoderes, con xuíces independentes, co lexislativo en mans
do parlamento e a lei por enriba do monarca,que tiña só o poder executivo.
3 En España e Galicia ata ben entrado o XIX non comezou propiamente a revolución industrial.
Desde finais do século XVIII, os obradoiros comezaron a ser substituídos por
fábricas, establecementos onde os obreiros e obreiras utilizaban máquinas para
traballar. As primeiras máquinas funcionaban cunha nova fonte de enerxía, o vapor,
que se xeraba queimando carbón mineral. En 1769 James Watt inventou a primeira
máquina de vapor perfeccionando sistemas anteriores.
A principal fonte de enerxía da primeira revolución industrial foi o carbón mineral
que movía as máquinas de vapor e que servía tamén para a fabricación de ferro. Os
sectores punteiros desta primeira revolución foron a industria téxtil algodoeira e a
industria siderúrxica.
A industria téxtil algodoeira foi a que máis integrou as innovacións técnicas. O
algodón chegaba a Gran Bretaña desde as colonias a baixos prezos. O algodón
permitía ben o fiado e o tecido con novas máquinas como o tear mecánico. Axiña os
produtos téxtiles británicos, baratos e de boa calidade inundaron os mercados
mundiais.
A industria siderúrxica alcanzou un gran desenvolvemento a mediados do século
XIX. A substitución do carbón vexetal polo carbón mineral (coque) impulsou a
construción de modernos altos fornos, nos que se producía gran cantidade de ferro
refinado. Entre 1720 e 1850 a produción de ferro multiplicouse por 100. A demanda de
ferro era moi elevada, pois este material utilizábase para elaborar as máquinas e as
ferramentas, e comezou a utilizarse para construír a rede de ferrocarril.
A aparición das fábricas tivo dúas consecuencias. Por unha parte, as actividades
industriais concentráronse en determinados lugares. Pola outra, modificouse a
organización do traballo: cada obreiro ou obreira especializouse nunha única tarefa do
proceso produtivo (división do traballo)4
, tiña un horario fixo e debía traballar ao ritmo
que lle impoñía a máquina. Moitas veces o traballo así dividido non precisaba man de
obra especializada, o que facía que calquera puidera realizalo o que prexudicou aos
traballadores e traballadoras á hora de acordar as condicións de traballo.
A división do traballo aumentou a produtividade, é dicir, elaborábanse máis
pezas no mesmo tempo e co mesmo número de traballadores e traballadoras. Iso
abaratou os prezos dos produtos, que pasaron a estar ao alcance de case toda a
4 Estes novos sistemas de organización do traballo desenvolvéronsemáis na segunda revolución
industrial, no último terzo do século XIX.O enxeñeiro Taylor creou un sistema chamado taylorismo,que
dividía o traballo en tarefas pequenas cunha duración cronometrada con exactitude. O empresario Ford
difundiu o fordismo: a produción en serienunha cadea de montaxe.
poboación; aínda que a falta de especialización e o aumento da man de obra, baixou
tamén os salarios e as condicións de traballo empeoraron.
A segunda revolución industrial
A segunda revolución industrial, a partir de 1870, caracterízase pola entrada de
novas fontes de enerxía, novas industrias e o nacemento da grande empresa e a
banca moderna.
A electricidade e o petróleo foron substituíndo pouco a pouco ao carbón ata
usarse masivamente xa no século XX.
Xurdiu a industria eléctrica coa que se melloraron as máquinas das fábricas, os
transportes e as comunicacións (teléfono e radio). Así mesmo revolucionou a vida
cotiá ao xurdir a iluminación eléctrica.
Tamén se desenvolveu a industria química, outra das características propias do
noso tempo. Fabricábanse unha ampla variedade de produtos: explosivos, colorantes
e fibras sintéticas, fertilizantes, abonos químicos, produtos farmacéuticos e
fotográficos, plásticos, pinturas, perfumes....
A revolución dos transportes no século XIX
A produción industrial creceu a unha velocidade vertixinosa, pero os antigos
medios de transporte (barcos de vela, dilixencias...) eran lentos e tiñan pouca
capacidade de carga. Necesitábanse novos transportes para mellorar o comercio e
asegurar o aprovisionamento das fábricas e a distribución das mercadorías. No século
XIX a situación cambiou: apareceron o barco de vapor e o ferrocarril.
 Esplendor da navegación
Nun primeiro momento5
introducíronse barcos de vapor para a navegación fluvial
mentres que nos mares seguían empregándose barcos de vela. Ao longo do século
XIX os barcos de vapor incorporaron cascos de ferro en lugar dos tradicionais de
madeira, e comezaron a usar hélices para a propulsión. Así foron desbancando aos
antigos veleiros pois os de vapor eran máis regulares (non dependen do vento) e
seguros.
5 En 1807 o estadounidenseFulton impulsou a primeira liña comercial con barcospropulsadospor
motor de vapor.
 A era do ferrocarril
Aínda que os déspotas ilustrados melloraron as estradas e pavimentaron moitas,
o transporte terrestre era lento e inseguro. Esta situación cambiou coa invención do
ferrocarril.
O ferrocarril era o resultado da conxunción de dous dos principais avances da
revolución industrial: a maquina de vapor, que se usaba para a propulsión da
locomotora, e a produción de ferro, que era a materia prima para a construción tanto
do tren coma dos raís sobre os que circulaba. En 1825, inaugurouse a primeira liña de
ferrocarril de carga en Inglaterra, e en 1830 a primeira para transporte de viaxeiros.
Os avances técnicos fixeron do ferrocarril un medio de transporte cada vez máis
rápido, seguro e barato, que aceleraba a industrialización por onde pasaba. Axiña se
multiplicaron as vías férreas por todo o mundo.
Coa segunda revolución industrial e a aplicación da electricidade, se
desenvolveron novos transportes como o ferrocarril eléctrico, o metro e o tranvía.
 Consecuencias da revolución dos transportes
Os novos transportes, cada vez máis veloces, máis seguros e con maior
capacidade de carga, tiveron un forte impacto económico e social:
- Aumentou o comercio pois os tempos de travesía eran menores e se
reduciron os custes de transporte.
- Mellorou a dieta da poboación ao poder transportarse alimentos
perecedoiros.
- Favoreceu a emigración. A poboación aumentou a un ritmo que non tiña
precedentes6
, iso sumado á mecanización do campo favoreceu á
emigración ás cidades, e como as cidades non puideron absorber todo o
éxodo campesiño, aumentou a emigración a outros continentes. A maior
parte dos emigrantes europeos dirixiuse a América, sobre todo a Estados
Unidos (que recibiu o 60% dos emigrantes), e tamén a Canadá, Brasil e
Arxentina.
- Comezou a aumentar a distancia económica entre os países desenvolvidos
e os subdesenvolvidos. Os países industrializados especializáronse na
6 Descendeu moito a mortalidadepolos avances médicos,as mellorasna hixienee na alimentación.Por
exemplo, melloráronseos servizos desumidoiros,a recollida delixo ede abastecemento de auga
potable, multiplicáronseos hospitais ...
elaboración de produtos manufacturados, que despois exportaban, mentres
que as colonias lles vendían materias primas aos países industriais. Os
países industriais non permitían o desenvolvemento da industria nos países
colonizados para asegurarse así a provisión de materias primas e o
mercado para vendelas, eliminando a competencia.
Sexa como sexa, podemos concluír que a revolución industrial é un proceso de
cambio constante e crecemento continuo no que interveñen innovacións técnicas
(máquinas) descubrimentos teóricos (ciencia), capitais e transformacións sociais,
acompañado por unha renovación na agricultura, que permite o desprazamento dunha
parte das masas campesiñas ás cidades. Desde a revolución agrícola – gandeira do
período neolítico non se producira unha transformación tan profunda dos sistemas de
traballo e da estrutura da sociedade. A cidade substitúe ao mundo rural; a máquina ao
traballo manual; a fábrica ao taller; o artesanado case desaparece; o número de
asalariados aumenta sen cesar; todo cambia; a transformación é revolucionaria.
O liberalismo político:
Cando a burguesía se decatou de que os reis absolutos non ían cambiar a
fondo o sistema político, económico e social, xurdiu a necesidade de alcanzar o poder
para conseguir realizar cambios profundos e acabar co Antigo Réxime. Chamamos
revolucións burguesas ao proceso de conquista do poder por parte da burguesía. O
exemplo mais claro foi a Revolución Francesa (1789).
O liberalismo político foi o pensamento no que se apoiaron as revolucións
burguesas. Esta ideoloxía política deriva do pensamento ilustrado: foron os
pensadores da ilustración os que aportaron os principais conceptos do liberalismo
como a separación de poderes (Montesquieu) o a soberanía nacional (Rousseau).
Os principios que defende o liberalismo son:
- Igualdade xurídica e dereitos naturais. O liberalismo considera, en teoría,
que todos os individuos deben ser iguais ante a lei e ter os mesmos
dereitos, ao contrario do que sucedía no Antigo Réxime, no que había
privilexios reservados a determinados estamentos. Defenden que hai unha
serie de dereitos fundamentais que teñen todos os seres humanos e que
toda sociedade e sistema político debe defender e protexer. Estes dereitos
naturais son a liberdade7
, a propiedade e a igualdade ante a lei. Pero na
práctica limitaron dereitos como o político, xa que o sufraxio quedou
reservado aos homes que tiñan unha determinada capacidade económica
(sufraxio censatario), deixando fóra ás mulleres e a determinados grupos
pola súa cor ou etnia.
- Soberanía nacional. Fronte á soberanía real (do rei) de orixe divino
característica das monarquías absolutas do Antigo Réxime, o liberalismo
defendeu a idea da soberanía nacional, é dicir, a soberanía a ten o pobo.
- Separación de poderes. Fronte á concentración de poderes do Antigo
Réxime, o liberalismo defendeu a limitación do poder e a súa división
funcional en tres grandes áreas: executivo, lexislativo e xudicial, exercidas
por distintas institucións: Goberno, Parlamento e Tribunais. Con este
sistema pretendíase impedir as arbitrariedades e os abusos do poder.
- Constitucións escritas e declaracións de dereitos. A garantía dos dereitos e
liberdades e os poderes do Estado deben estar recollidos por escrito en
solemnes Declaracións de dereitos e fundamentalmente nunha constitución
ou lei suprema da organización do Estado. A primeira constitución foi a dos
EE.UU en 1787, seguida das constitucións da Francia Revolucionaria e a
Constitución española de 1812.
O liberalismo é a expresión ideolóxica dos intereses das clases burguesas,
convertidas nos grupos dominantes da sociedade no século XIX grazas ao
desenvolvemento e expansión da revolución industrial e o triunfo das revolucións
políticas.
Co paso do tempo o liberalismo dividirase en dúas tendencias:
 O liberalismo doutrinario, que defende os intereses da clase alta:
soberanía nacional con sufraxio censatario.
 O liberalismo democrático, que defende os intereses das clases
medias: soberanía popular e sufraxio universal.
O capitalismo:
As fondas transformacións económicas, políticas, sociais e ideolóxicas que se
produciron a finais do século XVIII e principios do XIX, relacionadas coa revolución
industrial e as revolucións liberais, trouxeron consigo a imposición dun novo marco
7 Liberdade de movementos, de residencia,depensamento, de opinión,de relixión,dereunión, de
asociación,detraballo,de empresa, de mercado...
económico dominante: o capitalismo, caracterizado, entre outros trazos, pola defensa
da total liberdade económica como principio que debe dirixir o desenvolvemento.
A base ideolóxica do capitalismo está no pensamento liberal e a súa
explicación teórica nas obras dos chamados economistas clásicos: Adam Smith e
David Ricardo, defensores da idea da plena liberdade económica como principio reitor
básico do desenvolvemento.
Adam Smith, no século XVIII, defendeu a liberdade como o principio que debe
rexer a actividade económica. Defendeu que o mercado baseado no libre xogo da
oferta e a demanda é a base da riqueza dos individuos e das nacións. O Estado debe
intervir só para impartir xustiza entre os particulares e garantir a liberdade económica.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

A revolución industrial
A revolución industrialA revolución industrial
A revolución industrialManubure
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Idade contemporánea
Idade contemporáneaIdade contemporánea
Idade contemporáneacharinho
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
A industrializacións dassociedades
A industrializacións dassociedades A industrializacións dassociedades
A industrializacións dassociedades pablokatt
 
Revol. industrial
Revol. industrialRevol. industrial
Revol. industrialLuisa Paz
 
A Revolución Industrial
A Revolución IndustrialA Revolución Industrial
A Revolución Industrialaulapdc
 
A RevolucióN Industrial
A RevolucióN IndustrialA RevolucióN Industrial
A RevolucióN IndustrialAulagalicia Hxg
 
T E M A 2 Rev Industrial
T E M A 2  Rev  IndustrialT E M A 2  Rev  Industrial
T E M A 2 Rev Industrialcamposseijo
 
Tema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrialTema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrialcamposseijo
 
Tema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrialTema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrialcamposseijo
 

La actualidad más candente (20)

Revolución industrial
Revolución industrialRevolución industrial
Revolución industrial
 
A revolución industrial
A revolución industrialA revolución industrial
A revolución industrial
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Idade contemporánea
Idade contemporáneaIdade contemporánea
Idade contemporánea
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
A industrializacións dassociedades
A industrializacións dassociedades A industrializacións dassociedades
A industrializacións dassociedades
 
Revol. industrial
Revol. industrialRevol. industrial
Revol. industrial
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
A Revolución Industrial
A Revolución IndustrialA Revolución Industrial
A Revolución Industrial
 
A RevolucióN Industrial
A RevolucióN IndustrialA RevolucióN Industrial
A RevolucióN Industrial
 
T E M A 2 Rev Industrial
T E M A 2  Rev  IndustrialT E M A 2  Rev  Industrial
T E M A 2 Rev Industrial
 
Tema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrialTema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrial
 
Tema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrialTema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrial
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Tema 3 sociais
Tema 3 sociaisTema 3 sociais
Tema 3 sociais
 
Tema3
Tema3Tema3
Tema3
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 

Destacado

As desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballoAs desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballoFernanda Suárez Méndez
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaFernanda Suárez Méndez
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...Fernanda Suárez Méndez
 

Destacado (7)

Temas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestreTemas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestre
 
As desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballoAs desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballo
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
 
Enquisa machismo coas respostas
Enquisa machismo coas respostasEnquisa machismo coas respostas
Enquisa machismo coas respostas
 
A revolución científica do século XVII
A revolución científica do século XVIIA revolución científica do século XVII
A revolución científica do século XVII
 
O liberalismo político
O liberalismo políticoO liberalismo político
O liberalismo político
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
 

Similar a 4º historia temas 2 e 3 primeira parte

Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 
Industrialización e Movemento Obreiro
Industrialización e Movemento ObreiroIndustrialización e Movemento Obreiro
Industrialización e Movemento ObreiroAgrela Elvixeo
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofiaA epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofiaoblogdeasun
 
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.EVAVIDALFERRO
 
Ud3 revol industrial
Ud3 revol industrialUd3 revol industrial
Ud3 revol industrialaialo1
 
UD 4 Revolución Industrial
UD 4 Revolución IndustrialUD 4 Revolución Industrial
UD 4 Revolución IndustrialEvaPaula
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaul
 
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvoTema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvoLourdesErea4
 
A 1ª Revolucion Industrial
A 1ª Revolucion IndustrialA 1ª Revolucion Industrial
A 1ª Revolucion IndustrialMANEIRO
 
Tema 3 ccss Alberto Rivas
Tema 3 ccss Alberto RivasTema 3 ccss Alberto Rivas
Tema 3 ccss Alberto RivasAlberto Rivas
 

Similar a 4º historia temas 2 e 3 primeira parte (19)

Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
UNIDADE 4 - 4º E.S.O.
UNIDADE 4 - 4º E.S.O.UNIDADE 4 - 4º E.S.O.
UNIDADE 4 - 4º E.S.O.
 
Industrialización e Movemento Obreiro
Industrialización e Movemento ObreiroIndustrialización e Movemento Obreiro
Industrialización e Movemento Obreiro
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociais
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociais
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociais
 
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofiaA epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
 
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
 
Ud3 revol industrial
Ud3 revol industrialUd3 revol industrial
Ud3 revol industrial
 
3. A Revolución Industrial.
3. A Revolución Industrial.3. A Revolución Industrial.
3. A Revolución Industrial.
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
UD 4 Revolución Industrial
UD 4 Revolución IndustrialUD 4 Revolución Industrial
UD 4 Revolución Industrial
 
Sociales 3
Sociales 3 Sociales 3
Sociales 3
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvoTema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
 
A 1ª Revolucion Industrial
A 1ª Revolucion IndustrialA 1ª Revolucion Industrial
A 1ª Revolucion Industrial
 
Tema 3 ccss Alberto Rivas
Tema 3 ccss Alberto RivasTema 3 ccss Alberto Rivas
Tema 3 ccss Alberto Rivas
 
Tema iii
Tema iiiTema iii
Tema iii
 

Más de Fernanda Suárez Méndez

Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Fernanda Suárez Méndez
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez Méndez
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoFernanda Suárez Méndez
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaFernanda Suárez Méndez
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasFernanda Suárez Méndez
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez Méndez
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónFernanda Suárez Méndez
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXFernanda Suárez Méndez
 

Más de Fernanda Suárez Méndez (20)

Tema a auga
Tema a augaTema a auga
Tema a auga
 
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Proxecto profesional
Proxecto profesionalProxecto profesional
Proxecto profesional
 
Apuntes
ApuntesApuntes
Apuntes
 
Exercicios método científico
Exercicios método científicoExercicios método científico
Exercicios método científico
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
2. o liberalismo político
2. o liberalismo político2. o liberalismo político
2. o liberalismo político
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticas
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
Referendo catalán
Referendo catalánReferendo catalán
Referendo catalán
 
Traballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º esoTraballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º eso
 
Machismo na mecánica
Machismo na mecánicaMachismo na mecánica
Machismo na mecánica
 
A mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivoA mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivo
 
Power point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosaPower point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosa
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
 
Tema 1 xeografía 3º
Tema 1 xeografía 3ºTema 1 xeografía 3º
Tema 1 xeografía 3º
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
 

4º historia temas 2 e 3 primeira parte

  • 1. TEMAS 2 e 3 Transformacións políticas e socioeconómicas no século XIX. Revolución industrial. Liberalismo, nacionalismo e imperialismo: activismo revolucionario para a transformación de Europa. Novo modelo social e movemento obreiro. A exclusión das mulleres do espazo público e a súa loita pola igualdade: sufraxismo e dereito á educación. Introdución A primeira metade do século XIX é a época do ascenso vertixinoso da burguesía: - É o momento no que se estende a revolución industrial: a revolución tecnolóxica cambiará as formas de producir e os medios de comunicación, modificará a economía e a organización social. - É a época das revolucións liberais, que conseguirán impoñer o liberalismo político na meirande parte de Europa e América. - Esas fondas transformacións económicas, políticas, sociais e ideolóxicas relacionadas fundamentalmente coa revolución industrial e as revolucións liberais, trouxeron a imposición dun novo marco económico dominante: o capitalismo. - Tamén é a época do nacionalismo, que modificará o mapa creando novos Estados. A revolución industrial: A mediados do século XVIII comezou en Gran Bretaña e se estendeu logo ao resto de Europa, un proceso de cambio constante na produción industrial. O uso de novas técnicas, fontes de enerxía e formas de organización do traballo provocou un enorme crecemento da produción mecanizada de bens. Ao mesmo tempo vaise producindo un cambio paralelo na sociedade e na vida cotiá: do campo á cidade; de artesáns a traballadores e traballadoras non cualificados. Confórmase a sociedade de clases. Chamamos revolución industrial ao conxunto de cambios económicos e sociais que marcan o paso dunha sociedade agrícola, rural e tradicional a unha sociedade industrial, urbana e moderna. Así mesmo, esa revolución foi a orixe da diferenza
  • 2. económica e social entre os países desenvolvidos, é dicir, os que se beneficiaron do proceso industrializador, e os países subdesenvolvidos, aqueles que mantiveron sistemas de produción tradicionais. A revolución industrial produciuse ao longo de varias fases. A primeira revolución industrial comezou en Gran Bretaña nas últimas décadas do século XVIII (en torno a 1780)1 , e se estendeu por Europa e América ao longo do XIX. A segunda fase comezaría en 1870. Os factores da primeira revolución industrial:  O aumento da poboación. A partir da segunda metade do século XVIII a natalidade mantívose alta, pero a mortalidade descendeu moito porque aumentou a produción agrícola, remitiron as epidemias de peste bubónica e apareceron as primeiras vacinas, como a da varíola. Este aumento demográfico constituíu un importante factor no progreso económico de Europa. Coma se fose unha reacción en cadea, un maior número de persoas demandaba un maior número de produtos, é dicir, houbo un aumento do consumo. Isto permitiu que a introdución de novidades técnicas na fabricación resultase rendible. Asemade, este aumento da poboación dotará de man de obra á industria.  A expansión agrícola. O primeiro que demandaba unha poboación en crecemento era máis alimentos. Os cambios económicos iniciáronse no sector primario: o Aínda que a introdución de máquinas na agricultura (segadoras, malladoras...) e o uso de fertilizantes químicos non se fixeron ata ben avanzado o século XIX, no século XVIII houbo xa algún cambio que fixo aumentar a produción. Un destes cambios foi a eliminación do barbeito e a súa substitución pola rotación continua de cultivos, outro foi a eliminación do arado de madeira e a súa substitución polo de ferro. o Reformouse a gandaría. Parte das terras de cultivo dedicáronse a producir forraxes para alimentar os animais (a rotación incluía estes forraxes) e así aumentou o número de cabezas de gando. Desenvolveuse a estabulación e a carne deixou de ser un alimento unicamente ao alcance dos mais ricos. 1 Como curiosidadefixádevos quefoi pouco antes da Revolución Francesa 1789.
  • 3. o Cos cambios introducidos polos fisiócratas primeiro e cos liberais despois (no XIX), as terras iran entrando no mercado e converténdose nunha propiedade privada que pode mercarse e venderse. En Gran Bretaña, berce da revolución industrial, impuxéronse os cerramentos de terras na segunda metade do século XVIII. O Parlamento británico2 elaborou leis que permitían a particulares mercar terras que antes eran comunais. Isto fixo posible aumentar a superficie de cultivo e, por tanto, a produción. Por outra parte, a progresiva privatización da propiedade comunal tivo intensas repercusións sociais; numerosos campesiños pobres quedaron sen recursos e tiveron que marchar dos campos cara ás cidades industriais ou América para buscar novos medios de vida. A revolución agrícola permitiu o aumento da poboación, liberou man de obra do campo co aumento da produtividade e tamén proporcionou materias primas para a industria.  Unha nova mentalidade: a ilustración e a fisiocracia defenderon a racionalización, a busca do progreso e a importancia da agricultura para a economía. O liberalismo do XIX defendía que o motor do crecemento económico era a iniciativa privada. Así, consolidouse unha nova forma de pensar e actuar, más aberta ao investimento, á innovación, ao risco empresarial e á procura do beneficio. O traballo pasou a considerarse unha virtude persoal. Fronte á mentalidade rendista predominante nos propietarios nobres e eclesiásticos do Antigo Réxime, xorde unha nova mentalidade que busca o aumento dos beneficios, a introdución de melloras coa finalidade de aumentar a produción e a produtividade. A primeira revolución industrial (1780 – 1860) En Gran Bretaña, ata finais do século XVIII3 , as manufacturas elaborábanse en pequenos obradoiros artesáns espallados polo territorio: todas as cidades tiñan varios obradoiros que abastecían á poboación de manufacturas. Os artesáns realizaban o traballo de forma manual: non usaban máquinas e só se axudaban cunhas poucas ferramentas. Cada artesán realizaba as pezas completas e controlaba o seu ritmo de traballo. 2 Lembrade que mentres o absolutismo dominaba a meirandeparte de Europa, en Gran Bretaña xa tiñan monarquía parlamentaria,con separación depoderes, con xuíces independentes, co lexislativo en mans do parlamento e a lei por enriba do monarca,que tiña só o poder executivo. 3 En España e Galicia ata ben entrado o XIX non comezou propiamente a revolución industrial.
  • 4. Desde finais do século XVIII, os obradoiros comezaron a ser substituídos por fábricas, establecementos onde os obreiros e obreiras utilizaban máquinas para traballar. As primeiras máquinas funcionaban cunha nova fonte de enerxía, o vapor, que se xeraba queimando carbón mineral. En 1769 James Watt inventou a primeira máquina de vapor perfeccionando sistemas anteriores. A principal fonte de enerxía da primeira revolución industrial foi o carbón mineral que movía as máquinas de vapor e que servía tamén para a fabricación de ferro. Os sectores punteiros desta primeira revolución foron a industria téxtil algodoeira e a industria siderúrxica. A industria téxtil algodoeira foi a que máis integrou as innovacións técnicas. O algodón chegaba a Gran Bretaña desde as colonias a baixos prezos. O algodón permitía ben o fiado e o tecido con novas máquinas como o tear mecánico. Axiña os produtos téxtiles británicos, baratos e de boa calidade inundaron os mercados mundiais. A industria siderúrxica alcanzou un gran desenvolvemento a mediados do século XIX. A substitución do carbón vexetal polo carbón mineral (coque) impulsou a construción de modernos altos fornos, nos que se producía gran cantidade de ferro refinado. Entre 1720 e 1850 a produción de ferro multiplicouse por 100. A demanda de ferro era moi elevada, pois este material utilizábase para elaborar as máquinas e as ferramentas, e comezou a utilizarse para construír a rede de ferrocarril. A aparición das fábricas tivo dúas consecuencias. Por unha parte, as actividades industriais concentráronse en determinados lugares. Pola outra, modificouse a organización do traballo: cada obreiro ou obreira especializouse nunha única tarefa do proceso produtivo (división do traballo)4 , tiña un horario fixo e debía traballar ao ritmo que lle impoñía a máquina. Moitas veces o traballo así dividido non precisaba man de obra especializada, o que facía que calquera puidera realizalo o que prexudicou aos traballadores e traballadoras á hora de acordar as condicións de traballo. A división do traballo aumentou a produtividade, é dicir, elaborábanse máis pezas no mesmo tempo e co mesmo número de traballadores e traballadoras. Iso abaratou os prezos dos produtos, que pasaron a estar ao alcance de case toda a 4 Estes novos sistemas de organización do traballo desenvolvéronsemáis na segunda revolución industrial, no último terzo do século XIX.O enxeñeiro Taylor creou un sistema chamado taylorismo,que dividía o traballo en tarefas pequenas cunha duración cronometrada con exactitude. O empresario Ford difundiu o fordismo: a produción en serienunha cadea de montaxe.
  • 5. poboación; aínda que a falta de especialización e o aumento da man de obra, baixou tamén os salarios e as condicións de traballo empeoraron. A segunda revolución industrial A segunda revolución industrial, a partir de 1870, caracterízase pola entrada de novas fontes de enerxía, novas industrias e o nacemento da grande empresa e a banca moderna. A electricidade e o petróleo foron substituíndo pouco a pouco ao carbón ata usarse masivamente xa no século XX. Xurdiu a industria eléctrica coa que se melloraron as máquinas das fábricas, os transportes e as comunicacións (teléfono e radio). Así mesmo revolucionou a vida cotiá ao xurdir a iluminación eléctrica. Tamén se desenvolveu a industria química, outra das características propias do noso tempo. Fabricábanse unha ampla variedade de produtos: explosivos, colorantes e fibras sintéticas, fertilizantes, abonos químicos, produtos farmacéuticos e fotográficos, plásticos, pinturas, perfumes.... A revolución dos transportes no século XIX A produción industrial creceu a unha velocidade vertixinosa, pero os antigos medios de transporte (barcos de vela, dilixencias...) eran lentos e tiñan pouca capacidade de carga. Necesitábanse novos transportes para mellorar o comercio e asegurar o aprovisionamento das fábricas e a distribución das mercadorías. No século XIX a situación cambiou: apareceron o barco de vapor e o ferrocarril.  Esplendor da navegación Nun primeiro momento5 introducíronse barcos de vapor para a navegación fluvial mentres que nos mares seguían empregándose barcos de vela. Ao longo do século XIX os barcos de vapor incorporaron cascos de ferro en lugar dos tradicionais de madeira, e comezaron a usar hélices para a propulsión. Así foron desbancando aos antigos veleiros pois os de vapor eran máis regulares (non dependen do vento) e seguros. 5 En 1807 o estadounidenseFulton impulsou a primeira liña comercial con barcospropulsadospor motor de vapor.
  • 6.  A era do ferrocarril Aínda que os déspotas ilustrados melloraron as estradas e pavimentaron moitas, o transporte terrestre era lento e inseguro. Esta situación cambiou coa invención do ferrocarril. O ferrocarril era o resultado da conxunción de dous dos principais avances da revolución industrial: a maquina de vapor, que se usaba para a propulsión da locomotora, e a produción de ferro, que era a materia prima para a construción tanto do tren coma dos raís sobre os que circulaba. En 1825, inaugurouse a primeira liña de ferrocarril de carga en Inglaterra, e en 1830 a primeira para transporte de viaxeiros. Os avances técnicos fixeron do ferrocarril un medio de transporte cada vez máis rápido, seguro e barato, que aceleraba a industrialización por onde pasaba. Axiña se multiplicaron as vías férreas por todo o mundo. Coa segunda revolución industrial e a aplicación da electricidade, se desenvolveron novos transportes como o ferrocarril eléctrico, o metro e o tranvía.  Consecuencias da revolución dos transportes Os novos transportes, cada vez máis veloces, máis seguros e con maior capacidade de carga, tiveron un forte impacto económico e social: - Aumentou o comercio pois os tempos de travesía eran menores e se reduciron os custes de transporte. - Mellorou a dieta da poboación ao poder transportarse alimentos perecedoiros. - Favoreceu a emigración. A poboación aumentou a un ritmo que non tiña precedentes6 , iso sumado á mecanización do campo favoreceu á emigración ás cidades, e como as cidades non puideron absorber todo o éxodo campesiño, aumentou a emigración a outros continentes. A maior parte dos emigrantes europeos dirixiuse a América, sobre todo a Estados Unidos (que recibiu o 60% dos emigrantes), e tamén a Canadá, Brasil e Arxentina. - Comezou a aumentar a distancia económica entre os países desenvolvidos e os subdesenvolvidos. Os países industrializados especializáronse na 6 Descendeu moito a mortalidadepolos avances médicos,as mellorasna hixienee na alimentación.Por exemplo, melloráronseos servizos desumidoiros,a recollida delixo ede abastecemento de auga potable, multiplicáronseos hospitais ...
  • 7. elaboración de produtos manufacturados, que despois exportaban, mentres que as colonias lles vendían materias primas aos países industriais. Os países industriais non permitían o desenvolvemento da industria nos países colonizados para asegurarse así a provisión de materias primas e o mercado para vendelas, eliminando a competencia. Sexa como sexa, podemos concluír que a revolución industrial é un proceso de cambio constante e crecemento continuo no que interveñen innovacións técnicas (máquinas) descubrimentos teóricos (ciencia), capitais e transformacións sociais, acompañado por unha renovación na agricultura, que permite o desprazamento dunha parte das masas campesiñas ás cidades. Desde a revolución agrícola – gandeira do período neolítico non se producira unha transformación tan profunda dos sistemas de traballo e da estrutura da sociedade. A cidade substitúe ao mundo rural; a máquina ao traballo manual; a fábrica ao taller; o artesanado case desaparece; o número de asalariados aumenta sen cesar; todo cambia; a transformación é revolucionaria. O liberalismo político: Cando a burguesía se decatou de que os reis absolutos non ían cambiar a fondo o sistema político, económico e social, xurdiu a necesidade de alcanzar o poder para conseguir realizar cambios profundos e acabar co Antigo Réxime. Chamamos revolucións burguesas ao proceso de conquista do poder por parte da burguesía. O exemplo mais claro foi a Revolución Francesa (1789). O liberalismo político foi o pensamento no que se apoiaron as revolucións burguesas. Esta ideoloxía política deriva do pensamento ilustrado: foron os pensadores da ilustración os que aportaron os principais conceptos do liberalismo como a separación de poderes (Montesquieu) o a soberanía nacional (Rousseau). Os principios que defende o liberalismo son: - Igualdade xurídica e dereitos naturais. O liberalismo considera, en teoría, que todos os individuos deben ser iguais ante a lei e ter os mesmos dereitos, ao contrario do que sucedía no Antigo Réxime, no que había privilexios reservados a determinados estamentos. Defenden que hai unha serie de dereitos fundamentais que teñen todos os seres humanos e que toda sociedade e sistema político debe defender e protexer. Estes dereitos
  • 8. naturais son a liberdade7 , a propiedade e a igualdade ante a lei. Pero na práctica limitaron dereitos como o político, xa que o sufraxio quedou reservado aos homes que tiñan unha determinada capacidade económica (sufraxio censatario), deixando fóra ás mulleres e a determinados grupos pola súa cor ou etnia. - Soberanía nacional. Fronte á soberanía real (do rei) de orixe divino característica das monarquías absolutas do Antigo Réxime, o liberalismo defendeu a idea da soberanía nacional, é dicir, a soberanía a ten o pobo. - Separación de poderes. Fronte á concentración de poderes do Antigo Réxime, o liberalismo defendeu a limitación do poder e a súa división funcional en tres grandes áreas: executivo, lexislativo e xudicial, exercidas por distintas institucións: Goberno, Parlamento e Tribunais. Con este sistema pretendíase impedir as arbitrariedades e os abusos do poder. - Constitucións escritas e declaracións de dereitos. A garantía dos dereitos e liberdades e os poderes do Estado deben estar recollidos por escrito en solemnes Declaracións de dereitos e fundamentalmente nunha constitución ou lei suprema da organización do Estado. A primeira constitución foi a dos EE.UU en 1787, seguida das constitucións da Francia Revolucionaria e a Constitución española de 1812. O liberalismo é a expresión ideolóxica dos intereses das clases burguesas, convertidas nos grupos dominantes da sociedade no século XIX grazas ao desenvolvemento e expansión da revolución industrial e o triunfo das revolucións políticas. Co paso do tempo o liberalismo dividirase en dúas tendencias:  O liberalismo doutrinario, que defende os intereses da clase alta: soberanía nacional con sufraxio censatario.  O liberalismo democrático, que defende os intereses das clases medias: soberanía popular e sufraxio universal. O capitalismo: As fondas transformacións económicas, políticas, sociais e ideolóxicas que se produciron a finais do século XVIII e principios do XIX, relacionadas coa revolución industrial e as revolucións liberais, trouxeron consigo a imposición dun novo marco 7 Liberdade de movementos, de residencia,depensamento, de opinión,de relixión,dereunión, de asociación,detraballo,de empresa, de mercado...
  • 9. económico dominante: o capitalismo, caracterizado, entre outros trazos, pola defensa da total liberdade económica como principio que debe dirixir o desenvolvemento. A base ideolóxica do capitalismo está no pensamento liberal e a súa explicación teórica nas obras dos chamados economistas clásicos: Adam Smith e David Ricardo, defensores da idea da plena liberdade económica como principio reitor básico do desenvolvemento. Adam Smith, no século XVIII, defendeu a liberdade como o principio que debe rexer a actividade económica. Defendeu que o mercado baseado no libre xogo da oferta e a demanda é a base da riqueza dos individuos e das nacións. O Estado debe intervir só para impartir xustiza entre os particulares e garantir a liberdade económica.