SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Crise doAntigoRéxime e construcióndoEstadoliberal naEspañado séculoXIX.A findo imperiocolonial español.As
desamortizacións e a súa importancia en Galicia.
No séculoXIXproduciranse enEspaña os mesmos cambios que no resto de Europa e Norte de América aínda
que con algunha pequena diferenza:
- Economía1
: revolución industrial e dos transportes.
- Política2
: entrada do liberalismo para substituír ao absolutismo.
- Sociedade3
: paso da sociedade estamental á sociedade de clases.
ECONOMÍA:
Neste último apartado,oda economía,Españanon sufriu os mesmos cambios que outros países europeos. A
industrializaciónfoi moi escasa,e só se desenvolveunalgunhasrexiónse de maneiramáisfeble que noutros países.
E aínda que se introduciron novos medios de transporte como o ferrocarril, o país continuou mal comunicado.
España deixaráde serunhadas naciónsmáisimportantesdomundo,comoforano pasadoe pasará a ser unha
nación de segundaorde no concertointernacional.A debilidade do crecemento económico converteu á poboación
española nunha das máis pobres de Europa.
E porque a revoluciónindustrial foi tanfebleen España?. Poden ser moitas as causas. Hai moitos estudios de
historia que intentan explicalo. Resumindo algunhas das posibles:
- O accidentado relevo español que dificulta enormemente as comunicacións. España ten unha elevada
altitude media comparada coa meirande parte dos países europeos. Construír vías de ferrocarril en terreo
montañosoé moitomáiscaro que en terreochan,e ademaisalgunhasdasnosasmontañasson tan elevadas
que tiveronque poñerlocomotorasmáispotentesque necesitabanunanchode vía maior que o do resto de
Europa, o que dificultaba as comunicacións.
- Por outra parte a nosa situaciónperiféricaconrespectoaoresto de Europa tampouco favorecía o comercio.
- A disposición radial das vías (tanto as do tren como as estradas) dende Madrid (ao ser esta a capital)
tampouco favorecía as comunicacións nin os transportes.
- Escaseza de materias primas necesarias para as novas industrias ou ben a explotación por parte de
compañías estranxeiras.
- Perda das colonias nas que conseguir esas materias primas. No primeiro cuarto do século XIX as colonias
sudamericanas foron independizándose.
- Escasezade fontesde enerxía axeitadas. O carbón español é máis difícil de extraer e é menos calórico que
outros.
- Mentalidade rendistadaspersoasposuidorasdocapital.EnEspañamantívose vivo o espírito da aristocracia
do Antigo Réxime; a nova burguesía imitaba as formas de vida dos antigos privilexiados. Cando mercaban
terras liberadas polas desamortizacións, moitas veces só o facían polo prestixio social e non para investir
nelas con mentalidade capitalista.
Todo isto determinou que a revolución industrial española se centrara fundamentalmente nalgúns puntos
costeiros como Cataluña ou o País Vasco e en Madrid, por ser a capital.
A agricultura continuou sendo o sector económico principal, no que traballaba o 70% da poboación activa. A
principal transformaciónque se produciunaagriculturafoi a liberalización das terras. Desde o Antigo Réxime parte
1 Economía: sistema de produción,distribución,comercio e consumo de bens e servizos dunha sociedadeou país.
2 Política: actividade dos que gobernan ou das que gobernan ou aspiran a gobernar os asuntos que afectan á
sociedade ou a un país.
3 Sociedade: sistema organizado de relaciones quese establecen entre o conxunto de persoas que viven nunha determinada
cultura,espazo xeográfico ou momento histórico.
das terras estaban vinculadas á aristocracia, á Igrexa ou aos concellos e non se podían vender nin ceder. A
liberalización das terras foi unha iniciativa dos liberais e fíxose de dous xeitos:
- Abolíronse os morgados. Agora os nobres podían dividir as súas terras e vendelas.
- Desamortizáronse as chamadas “mans mortas”, é dicir as terras que non podían cambiar de mans (non
podían mercarse, venderse nin cederse) porque estaban vinculadas á igrexa ou aos concellos. O Estado
incautábase delas e vendíallas a particulares. A desamortización máis coñecida é a desamortización de
Mendizábal en 1836 pola que o Estado vendeu as terras da Igrexa.
E para que se facía istode desamortizar?Facíase pordousmotivosprincipais:oprimeiro,o máis evidente, para
gañar cartos (oEstado) e pagar as débedase osgastos dasguerras; o segundo,menosvisible, para gañar partidarios
para a causa liberal. Os compradores das terras desamortizadas eran partidarios de que seguiran os liberais no
poder,xaque eran os liberaisosque desamortizaban.Se volvíaoabsolutismo,quizásdevolveríanasterrasá igrexae
aos concellos.
En Galiciaa desamortizacióntivounhascaracterísticasespeciais, porque aquí existía unha institución que viña
da Idade Media: o foro. A terra era traballada por campesiños e campesiñas que tiñan o dereito de traballalas por
varias xeracións ou a perpetuidade, e que pagaban unhas rendas a un fidalgo ou á igrexa. Coa desamortización o
único que se conseguiu foi que esas rendas cambiasen de mans. O interesante houbera sido que as terras as
compraran os propios campesiños e campesiñas que as traballaban, como se fixo noutros países europeos e logo
investisenparamodernizaroscultivos.EnEspañadabanmoi pouco prazopara faceloe inclusoásvecesunhamesma
rendaera pagada por diferentescampesiñospoloque estestíñanse que poñer dacordo para redimir a renda, o que
complicaba o proceso.
POLÍTICA
Como chegou o liberalismo á absolutista España?
Nun primeiro momento o rei absoluto español, Carlos IV, declaroulle a guerra á Francia para evitar que se
expandiran as ideas revolucionarias. Pero España foi derrotada e Carlos IV tivo que firmar un tratado no que se
aliabacon Francia. As tropas de Napoleón Bonaparte entraron en España como aliadas pero se comportaban como
invasoras. A situación creou un gran malestar na poboación, malestar que intentou aproveitar o fillo do rei,
Fernando,ofuturoFernando VII para intentar que o seu pai lle cedese a coroa. Napoleón Bonaparte aproveitou as
rivalidades entre pai e fillo para obrigalos a abdicar no seu irmán Xosé Bonaparte, que se converteu en rei de
España. Pero a poboación sublevouse en Madrid o 2 de maio de 1808 comezando a Guerra da Independencia.
A guerra contra Francia foi ao mesmo tempo unha guerra civil4
, xa que algúns españois estaban a favor dos
franceses (os afrancesados).
Nesa situación de guerra, no territorio español que non recoñecía a Xosé Bonaparte como rei, formáronse
“xuntas” para organizara loitae gobernar.En plena guerra convocaron unhas Cortes en Cádiz, pois esta era a única
cidade importante que non conquistaran os franceses. A maioría dos deputados eran liberais e fixeron a
Constitución de 1812, a primeira constitución da historia española. Nos seus artigos reflectía os principios do
liberalismo político: soberanía nacional, división de poderes, declaración de dereitos... Era unha constitución tan
avanzadaque inclusorecoñecía o sufraxiouniversal masculino (enlugardo censatario).A Constituciónfoi aprobada
o 19 de marzo, dia de San Xosé, polo que se coñece como a Pepa.
Ademais as cortes aprobaron moitas reformas que poñían fin ao Antigo Réxime: eliminación dos señoríos,
abolición da Inquisición, prohibición dos gremios, igualdade de todos os españois ante a lei...
4 Guerra civil:guerra entre dous ou mais bandos dunha mesma nación.
Pero cando volveu Fernando VII derrogou todo o que fixeran as cortes e restaurou o absolutismo en 1814. Así
que Fernando VII mantivo a soberanía e concentrou os poderes ata 1840, con excepción de tres anos, entre 1820 e
1823, durante o chamado TrienioLiberal. Foron tres anos de liberalismo impostos pola forza cun pronunciamento.
Por aquelesanosestabaenvigorunha Lei Sálica, que prohibía que reinara unha muller. Pero Fernando VII non
tivera fillos varóns, así que esperábase que reinara seu irmán Carlos. Fernando VII promulgou unha norma, a
Pragmática Sanción, que anulaba a Lei sálica, co fin de que a súa filla Isabel puidese reinar.
Moitos absolutistas apoiaron a don Carlos e ao longo do século XIX houbo varias guerras civís chamadas
“guerras carlistas” nas que se enfrontaban os absolutistas cos liberais (que apoiaron a Isabel).
Isabel II reinou dende 1833 ata 1868, aínda que cando comezou o seu reinado ela tiña tan só tres anos, polo
que ao principio houbo varias rexencias. Ao longo do seu reinado houbo tensións entre os propios liberais que se
dividían en progresistas e moderados. Os moderados eran partidarios de manter gran parte do poder en mans da
raíña, a soberanía era compartida entre a raíña e as Cortes, a raíña mantiña dereito de veto e mantiña o poder
executivo. Tamén defendían un Estado Católico no que se prohibira a práctica doutras relixións. Os progresistas
defendían a soberanía nacional, limitaban moito os poderes da raíña e querían que España fora Católica
oficialmente,pero senprohibiroutras relixións.Osmoderadosdefendían un sufraxio moito máis restrinxido que o
dos progresistas, aínda que estes últimos ao principio tampouco defendían un sufraxio totalmente universal.
Fixéronse varias constitucións, en función de quen chegase ao poder en cada momento.
O reinado de Isabel II rematou cunha revolución en 1868 que triunfou rapidamente sen derramamento de
sangue.En 1869 unhasnovasCortesfixerona primeiraconstitución que se considera democrática en España, aínda
que non votaban as mulleres, pero recollía o sufraxio universal masculino por primeira vez.
O rei elixido en vez de herdado:
Curiosamente enlugarde establecerunharepública,escolleronunrei. O xeneral Prim, presidente do Goberno
naquelesmomentos, foi o encargado de encontrar un novo rei para España: o príncipe italiano Amadeo de Saboia.
Amadeo de Saboia era un rei moderno e demócrata, pero non tivo apoios suficientes: a maioría dos monárquicos
preferían un rei non democrático, a Igrexa non o apoiaba por ser tan progresista, os republicanos non o apoiaban
por ser rei, e parte da poboación non o quería por ser estranxeiro. Ao final abdicou.
A Primeira República5
española:
Así se declarou en España a Primeira República. Era a primeira vez que España non tiña rei ou raíña. A
repúblicadurou11 meses.Porque duroutanpouco? Dende o principiohabíagravesproblemas.España non chegara
a unha repúblicaporconvicción,desexándoa.EnrealidadeEspañaconverteusenunharepúblicaporque quedou sen
rei nin raíña válidos. Pero a meirande parte dos grupos políticos eran monárquicos e os propios republicanos
estabandivididosentre osque queríanunharepúblicaperounhaEspañaunida(repúblicaunitaria) e os que querían
unha república pero nunha España constituída por varios Estados federados (república federal). Sónavos de algo?
Hoxe endía seguimoscoadicotomía:nacionalismounitarioounacionalismofederal. Case toda España está dacordo
en que a monarquía é unha institución anacrónica que non ten sentido nunha democracia. Pero se queremos
república... que república queremos?.
Enseguidaestourouo movemento cantonalista, un movemento que buscaba a creación de Estados soberanos
federados dentro de España. Creáronse repúblicas independentes en Cataluña, Málaga e Cartaxena. Pero o
movemento foi duramente reprimido.
Ao mesmo tempo estourou unha nova guerra carlista e a guerra de Cuba.
5 República é o contrario demonaquía. É a forma de goberno no que o xefe ou xefa de Estado, en vez de ser un rei ou raíña
herdado para toda a súa vida (ou ata que abdique),é un presidente temporal que se elixepor votación nunhas eleccións
A Restauración: volta á monarquía constitucional.
Nesta situación de caos xeneralizado os militares deron un golpe de Estado e un xeneral presidiu o goberno
durante case un ano (noséculoXIXera frecuente vermilitarestanto exercendo de políticos como tomando o poder
con golpesde Estado). Un novo golpe de Estado restaurou a dinastía dos Borbóns no trono español con Afonso XII,
fillo de Isabel II.
Durante a RestauraciónosBorbónshoubounha etapa de aparente estabilidade política. A constitución de 1876
contentabaaosdous principaispartidospolíticosburgueses.Gustáballe tantoaosmoderadoscomoaosprogresistas.
Estableceuse unha alternancia pacífica destes dous partidos no poder a través da corrupción electoral e o
caciquismo. Os demais estaban excluídos.
O sistemafraudulentofuncionabadaseguinte maneira: o rei decidía primeiro o partido que ía formar goberno
e, despois, convocaba eleccións que se amañaban para que as gañase ese partido:
- No campo, os individuos poderosos, os caciques, forzaban á poboación rural a que votasen o partido que
conviña para a formación do goberno. A esta práctica chamámoslle caciquismo.
- Nas cidades,menosinfluídaspoloscaciques,manipulábanseosvotosse osresultadoselectoraisnon eran os
esperados. Esta práctica coñécese como pucheirazo ou fraude electoral.
Así fabricábanse resultados electorais que lles daban alternativamente a vitoria a conservadores e liberais.
A oposición ao sistema:
Pero este sistema político deixaba fóra non só ás mulleres, senón tamén a tres grupos que cada vez
representaban a unha maior porcentaxe da poboación: anarquistas, socialistas e nacionalistas.
- Os anarquistas xurdiran tras a revolución de 1868 e os seus focos máis importantes encontrábanse en
Cataluña e en Andalucía. Durante algún tempo foron duramente perseguidos debido aos atentados que
algúnsanarquistas cometían. Tras algúnsanosde desorganizacióninterna,crearonaConfederaciónNacional
do Traballo (CNT), que se converteu no sindicato máis importante de España.
- Os socialistasestabandirixidos por Pablo Iglesias que fundara en 1879 o Partido Socialista Obreiro Español
(PSOE). Anos despois creouse a Unión Xeneral de Traballadores (UXT), un sindicato que se vinculou
estreitamente co PSOE.
- Nesta época xurdiron os partidos nacionalistas, que reaccionaron en contra da creación dun Estado
centralizado. Tiveron especial relevancia en Cataluña, no País Vasco e Galicia.
En Galicia,paralelamenteaoxurdimentodonacionalismonorestode Europa,foi xurdindoogaleguismo.Os
galegos e galegas ían tomando conciencia de selo, de ser diferentes aos habitantes doutras rexións
españolas. No século XIX desenvólvese o movemento cultural do Rexurdimento da man de Rosalía de
Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. Sobre a base literaria e histórica do Rexurdimento
asentouse o rexionalismo, unha corrente política que tiña dúas vertentes: o rexionalismo conservador
emparentado co carlismo (cuxo principal representante é Alfredo Brañas), e o rexionalismo liberal, máis
influenciado polo federalismo, (cuxo principal representante foi Manuel Murguía, o marido de Rosalía de
Castro).
SOCIEDADE
A sociedade estamental do Antigo Réxime desapareceu coa instauración do liberalismo. A partir de entón, a
situación económica marcou a posición dun individuo na xerarquía social.
A clase dirixente da sociedade do século XIX englobaba a aristocracia e a burguesía. A aristocracia estaba
formada polos nobres, que perderan seus dereitos señoriais, pero conservaban unha notable influencia social. A
burguesíaestabacompostapolosdonosdasfábricase bancos.As relaciónsentre estesdousgruposestreitáronse ao
longo do século grazas aos matrimonios e aos negocios.
Na clase media integrábanse funcionarios,pequenosempresarios,profesionaisliberais6
(médicos, avogados..),
comerciantes, etc. Esta clase era pouco numerosa, pero tendía a crecer. En xeral, habitaban nas cidades.
As clases populares tiñan un baixo nivel económico e un elevado nivel de analfabetismo. Con este nome
identificábanse distintos grupos:
- O campesiñado e os xornaleiros e xornaleiras7
constituían a maior parte da poboación e vivían nunhas
pésimas condicións. Este feito levounos a protagonizar importantes revoltas ao longo do século XIX.
- Os obreirose obreiras concentrábanse nasrexións industriaise nas cidades, onde se amoreaban en barrios
carentes de infraestruturas básicas. Para defender os seus dereitos e mellorar as súas condición de vida
fóronse organizandoen sindicatos8
.A principiosdoséculoXX,osprincipaissindicatos eran a CNT anarquista
e a UXT socialista.
- Outros grupos era o do servizo doméstico que servían ás clases acomodadas e un número inxente de
persoas marxinadas da sociedade que subsistían coa mendicidade.
A situacióneconómicaimpulsouamoitosespañoise españolas,especialmente galegos e galegas á emigración.
Durante o século XIX comezou a emigración masiva de galegos fundamentalmente dirixida cara aos países
americanos de cultura ibérica: Cuba, Arxentina, Uruguai, Brasil e Venezuela.
Boa parte da emigración galega a América deuse neste período. Os destinos preferentes foron Cuba e
Arxentina.Entre 1836 e 1960 saíron de Galiciacase dousmillóns9
de galegos cara a América. A emigración supuxo a
perda da poboación máis nova, pero tamén dou unha vía de penetración de melloras como a creación de escolas,
grazas as remesas de cartos.
6 As profesións liberaisson aquelasna queo profesional non é empregado ou empregada dunha empresa, senón que ten unha
relación mercantil directamentecos clientes e clientas como algúns avogados,médicos,asesores,arquitectos...
7 Xornaleiro/a:agricultor quetraballaa xornal,ou sexa,por día de traballo.Son contratados polos latifundistas en determinados
días do ano especialmente á hora de recoller a colleita.
8 Sindicatos:organización dexente traballadoraquese agrupan para defender seus intereses profesionais.
9 Para facernos cargo do volumen de po boación que iso supón,podemos pensar que dous millóns dehabitantes son,
aproximadamente, toda a poboación actual das provinciasdeCoruña e Pontevedra. Toda a provincia deLugo ten algo máis de
300.000 habitantes na actualidade.

More Related Content

What's hot

O século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiaO século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografia
pablokatt
 
A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)
xosea
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacemento
camposseijo
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
rubempaul
 
Tema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónTema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razón
rubempaul
 

What's hot (20)

Definiciones
DefinicionesDefiniciones
Definiciones
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
Tema 1.
Tema 1.Tema 1.
Tema 1.
 
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
 
Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimen
 
O século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiaO século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografia
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en España
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
 
España no século xix
España no século xix España no século xix
España no século xix
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacemento
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
 
Tema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónTema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razón
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
 

Similar to Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX

Tema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíaTema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografía
pablokatt
 
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofiaA epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
oblogdeasun
 
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeTema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Antía Sanmarco
 
Historia tema V Alberto Rivas
Historia tema V Alberto RivasHistoria tema V Alberto Rivas
Historia tema V Alberto Rivas
Alberto Rivas
 
Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel IiTema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Ii
dudashistoria
 

Similar to Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX (20)

Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
 
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
O reinado de Isabel II. Sofía VázquezO reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
O reinado de Isabel II. Sofía Vázquez
 
Xeografia4
Xeografia4Xeografia4
Xeografia4
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
 
Tema 4
Tema 4 Tema 4
Tema 4
 
Tema1 sociais
Tema1 sociaisTema1 sociais
Tema1 sociais
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíaTema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografía
 
Cadiz 1812
Cadiz 1812Cadiz 1812
Cadiz 1812
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofiaA epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeTema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
 
Tema3
Tema3Tema3
Tema3
 
TEMA 1- HISTORIA
TEMA 1- HISTORIATEMA 1- HISTORIA
TEMA 1- HISTORIA
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
Historiatema5 2ª evaluación
Historiatema5 2ª evaluaciónHistoriatema5 2ª evaluación
Historiatema5 2ª evaluación
 
Historia tema V Alberto Rivas
Historia tema V Alberto RivasHistoria tema V Alberto Rivas
Historia tema V Alberto Rivas
 
Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel IiTema 4. LeccióN 3.  4º Eso. Isabel Ii
Tema 4. LeccióN 3. 4º Eso. Isabel Ii
 

More from Fernanda Suárez Méndez

More from Fernanda Suárez Méndez (20)

Tema a auga
Tema a augaTema a auga
Tema a auga
 
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Proxecto profesional
Proxecto profesionalProxecto profesional
Proxecto profesional
 
Apuntes
ApuntesApuntes
Apuntes
 
Exercicios método científico
Exercicios método científicoExercicios método científico
Exercicios método científico
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
2. o liberalismo político
2. o liberalismo político2. o liberalismo político
2. o liberalismo político
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticas
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
Referendo catalán
Referendo catalánReferendo catalán
Referendo catalán
 
Traballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º esoTraballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º eso
 
Machismo na mecánica
Machismo na mecánicaMachismo na mecánica
Machismo na mecánica
 
A mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivoA mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivo
 
Power point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosaPower point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosa
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
 
O liberalismo político
O liberalismo políticoO liberalismo político
O liberalismo político
 
Enquisa machismo coas respostas
Enquisa machismo coas respostasEnquisa machismo coas respostas
Enquisa machismo coas respostas
 

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 

Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX

  • 1. Crise doAntigoRéxime e construcióndoEstadoliberal naEspañado séculoXIX.A findo imperiocolonial español.As desamortizacións e a súa importancia en Galicia. No séculoXIXproduciranse enEspaña os mesmos cambios que no resto de Europa e Norte de América aínda que con algunha pequena diferenza: - Economía1 : revolución industrial e dos transportes. - Política2 : entrada do liberalismo para substituír ao absolutismo. - Sociedade3 : paso da sociedade estamental á sociedade de clases. ECONOMÍA: Neste último apartado,oda economía,Españanon sufriu os mesmos cambios que outros países europeos. A industrializaciónfoi moi escasa,e só se desenvolveunalgunhasrexiónse de maneiramáisfeble que noutros países. E aínda que se introduciron novos medios de transporte como o ferrocarril, o país continuou mal comunicado. España deixaráde serunhadas naciónsmáisimportantesdomundo,comoforano pasadoe pasará a ser unha nación de segundaorde no concertointernacional.A debilidade do crecemento económico converteu á poboación española nunha das máis pobres de Europa. E porque a revoluciónindustrial foi tanfebleen España?. Poden ser moitas as causas. Hai moitos estudios de historia que intentan explicalo. Resumindo algunhas das posibles: - O accidentado relevo español que dificulta enormemente as comunicacións. España ten unha elevada altitude media comparada coa meirande parte dos países europeos. Construír vías de ferrocarril en terreo montañosoé moitomáiscaro que en terreochan,e ademaisalgunhasdasnosasmontañasson tan elevadas que tiveronque poñerlocomotorasmáispotentesque necesitabanunanchode vía maior que o do resto de Europa, o que dificultaba as comunicacións. - Por outra parte a nosa situaciónperiféricaconrespectoaoresto de Europa tampouco favorecía o comercio. - A disposición radial das vías (tanto as do tren como as estradas) dende Madrid (ao ser esta a capital) tampouco favorecía as comunicacións nin os transportes. - Escaseza de materias primas necesarias para as novas industrias ou ben a explotación por parte de compañías estranxeiras. - Perda das colonias nas que conseguir esas materias primas. No primeiro cuarto do século XIX as colonias sudamericanas foron independizándose. - Escasezade fontesde enerxía axeitadas. O carbón español é máis difícil de extraer e é menos calórico que outros. - Mentalidade rendistadaspersoasposuidorasdocapital.EnEspañamantívose vivo o espírito da aristocracia do Antigo Réxime; a nova burguesía imitaba as formas de vida dos antigos privilexiados. Cando mercaban terras liberadas polas desamortizacións, moitas veces só o facían polo prestixio social e non para investir nelas con mentalidade capitalista. Todo isto determinou que a revolución industrial española se centrara fundamentalmente nalgúns puntos costeiros como Cataluña ou o País Vasco e en Madrid, por ser a capital. A agricultura continuou sendo o sector económico principal, no que traballaba o 70% da poboación activa. A principal transformaciónque se produciunaagriculturafoi a liberalización das terras. Desde o Antigo Réxime parte 1 Economía: sistema de produción,distribución,comercio e consumo de bens e servizos dunha sociedadeou país. 2 Política: actividade dos que gobernan ou das que gobernan ou aspiran a gobernar os asuntos que afectan á sociedade ou a un país. 3 Sociedade: sistema organizado de relaciones quese establecen entre o conxunto de persoas que viven nunha determinada cultura,espazo xeográfico ou momento histórico.
  • 2. das terras estaban vinculadas á aristocracia, á Igrexa ou aos concellos e non se podían vender nin ceder. A liberalización das terras foi unha iniciativa dos liberais e fíxose de dous xeitos: - Abolíronse os morgados. Agora os nobres podían dividir as súas terras e vendelas. - Desamortizáronse as chamadas “mans mortas”, é dicir as terras que non podían cambiar de mans (non podían mercarse, venderse nin cederse) porque estaban vinculadas á igrexa ou aos concellos. O Estado incautábase delas e vendíallas a particulares. A desamortización máis coñecida é a desamortización de Mendizábal en 1836 pola que o Estado vendeu as terras da Igrexa. E para que se facía istode desamortizar?Facíase pordousmotivosprincipais:oprimeiro,o máis evidente, para gañar cartos (oEstado) e pagar as débedase osgastos dasguerras; o segundo,menosvisible, para gañar partidarios para a causa liberal. Os compradores das terras desamortizadas eran partidarios de que seguiran os liberais no poder,xaque eran os liberaisosque desamortizaban.Se volvíaoabsolutismo,quizásdevolveríanasterrasá igrexae aos concellos. En Galiciaa desamortizacióntivounhascaracterísticasespeciais, porque aquí existía unha institución que viña da Idade Media: o foro. A terra era traballada por campesiños e campesiñas que tiñan o dereito de traballalas por varias xeracións ou a perpetuidade, e que pagaban unhas rendas a un fidalgo ou á igrexa. Coa desamortización o único que se conseguiu foi que esas rendas cambiasen de mans. O interesante houbera sido que as terras as compraran os propios campesiños e campesiñas que as traballaban, como se fixo noutros países europeos e logo investisenparamodernizaroscultivos.EnEspañadabanmoi pouco prazopara faceloe inclusoásvecesunhamesma rendaera pagada por diferentescampesiñospoloque estestíñanse que poñer dacordo para redimir a renda, o que complicaba o proceso. POLÍTICA Como chegou o liberalismo á absolutista España? Nun primeiro momento o rei absoluto español, Carlos IV, declaroulle a guerra á Francia para evitar que se expandiran as ideas revolucionarias. Pero España foi derrotada e Carlos IV tivo que firmar un tratado no que se aliabacon Francia. As tropas de Napoleón Bonaparte entraron en España como aliadas pero se comportaban como invasoras. A situación creou un gran malestar na poboación, malestar que intentou aproveitar o fillo do rei, Fernando,ofuturoFernando VII para intentar que o seu pai lle cedese a coroa. Napoleón Bonaparte aproveitou as rivalidades entre pai e fillo para obrigalos a abdicar no seu irmán Xosé Bonaparte, que se converteu en rei de España. Pero a poboación sublevouse en Madrid o 2 de maio de 1808 comezando a Guerra da Independencia. A guerra contra Francia foi ao mesmo tempo unha guerra civil4 , xa que algúns españois estaban a favor dos franceses (os afrancesados). Nesa situación de guerra, no territorio español que non recoñecía a Xosé Bonaparte como rei, formáronse “xuntas” para organizara loitae gobernar.En plena guerra convocaron unhas Cortes en Cádiz, pois esta era a única cidade importante que non conquistaran os franceses. A maioría dos deputados eran liberais e fixeron a Constitución de 1812, a primeira constitución da historia española. Nos seus artigos reflectía os principios do liberalismo político: soberanía nacional, división de poderes, declaración de dereitos... Era unha constitución tan avanzadaque inclusorecoñecía o sufraxiouniversal masculino (enlugardo censatario).A Constituciónfoi aprobada o 19 de marzo, dia de San Xosé, polo que se coñece como a Pepa. Ademais as cortes aprobaron moitas reformas que poñían fin ao Antigo Réxime: eliminación dos señoríos, abolición da Inquisición, prohibición dos gremios, igualdade de todos os españois ante a lei... 4 Guerra civil:guerra entre dous ou mais bandos dunha mesma nación.
  • 3. Pero cando volveu Fernando VII derrogou todo o que fixeran as cortes e restaurou o absolutismo en 1814. Así que Fernando VII mantivo a soberanía e concentrou os poderes ata 1840, con excepción de tres anos, entre 1820 e 1823, durante o chamado TrienioLiberal. Foron tres anos de liberalismo impostos pola forza cun pronunciamento. Por aquelesanosestabaenvigorunha Lei Sálica, que prohibía que reinara unha muller. Pero Fernando VII non tivera fillos varóns, así que esperábase que reinara seu irmán Carlos. Fernando VII promulgou unha norma, a Pragmática Sanción, que anulaba a Lei sálica, co fin de que a súa filla Isabel puidese reinar. Moitos absolutistas apoiaron a don Carlos e ao longo do século XIX houbo varias guerras civís chamadas “guerras carlistas” nas que se enfrontaban os absolutistas cos liberais (que apoiaron a Isabel). Isabel II reinou dende 1833 ata 1868, aínda que cando comezou o seu reinado ela tiña tan só tres anos, polo que ao principio houbo varias rexencias. Ao longo do seu reinado houbo tensións entre os propios liberais que se dividían en progresistas e moderados. Os moderados eran partidarios de manter gran parte do poder en mans da raíña, a soberanía era compartida entre a raíña e as Cortes, a raíña mantiña dereito de veto e mantiña o poder executivo. Tamén defendían un Estado Católico no que se prohibira a práctica doutras relixións. Os progresistas defendían a soberanía nacional, limitaban moito os poderes da raíña e querían que España fora Católica oficialmente,pero senprohibiroutras relixións.Osmoderadosdefendían un sufraxio moito máis restrinxido que o dos progresistas, aínda que estes últimos ao principio tampouco defendían un sufraxio totalmente universal. Fixéronse varias constitucións, en función de quen chegase ao poder en cada momento. O reinado de Isabel II rematou cunha revolución en 1868 que triunfou rapidamente sen derramamento de sangue.En 1869 unhasnovasCortesfixerona primeiraconstitución que se considera democrática en España, aínda que non votaban as mulleres, pero recollía o sufraxio universal masculino por primeira vez. O rei elixido en vez de herdado: Curiosamente enlugarde establecerunharepública,escolleronunrei. O xeneral Prim, presidente do Goberno naquelesmomentos, foi o encargado de encontrar un novo rei para España: o príncipe italiano Amadeo de Saboia. Amadeo de Saboia era un rei moderno e demócrata, pero non tivo apoios suficientes: a maioría dos monárquicos preferían un rei non democrático, a Igrexa non o apoiaba por ser tan progresista, os republicanos non o apoiaban por ser rei, e parte da poboación non o quería por ser estranxeiro. Ao final abdicou. A Primeira República5 española: Así se declarou en España a Primeira República. Era a primeira vez que España non tiña rei ou raíña. A repúblicadurou11 meses.Porque duroutanpouco? Dende o principiohabíagravesproblemas.España non chegara a unha repúblicaporconvicción,desexándoa.EnrealidadeEspañaconverteusenunharepúblicaporque quedou sen rei nin raíña válidos. Pero a meirande parte dos grupos políticos eran monárquicos e os propios republicanos estabandivididosentre osque queríanunharepúblicaperounhaEspañaunida(repúblicaunitaria) e os que querían unha república pero nunha España constituída por varios Estados federados (república federal). Sónavos de algo? Hoxe endía seguimoscoadicotomía:nacionalismounitarioounacionalismofederal. Case toda España está dacordo en que a monarquía é unha institución anacrónica que non ten sentido nunha democracia. Pero se queremos república... que república queremos?. Enseguidaestourouo movemento cantonalista, un movemento que buscaba a creación de Estados soberanos federados dentro de España. Creáronse repúblicas independentes en Cataluña, Málaga e Cartaxena. Pero o movemento foi duramente reprimido. Ao mesmo tempo estourou unha nova guerra carlista e a guerra de Cuba. 5 República é o contrario demonaquía. É a forma de goberno no que o xefe ou xefa de Estado, en vez de ser un rei ou raíña herdado para toda a súa vida (ou ata que abdique),é un presidente temporal que se elixepor votación nunhas eleccións
  • 4. A Restauración: volta á monarquía constitucional. Nesta situación de caos xeneralizado os militares deron un golpe de Estado e un xeneral presidiu o goberno durante case un ano (noséculoXIXera frecuente vermilitarestanto exercendo de políticos como tomando o poder con golpesde Estado). Un novo golpe de Estado restaurou a dinastía dos Borbóns no trono español con Afonso XII, fillo de Isabel II. Durante a RestauraciónosBorbónshoubounha etapa de aparente estabilidade política. A constitución de 1876 contentabaaosdous principaispartidospolíticosburgueses.Gustáballe tantoaosmoderadoscomoaosprogresistas. Estableceuse unha alternancia pacífica destes dous partidos no poder a través da corrupción electoral e o caciquismo. Os demais estaban excluídos. O sistemafraudulentofuncionabadaseguinte maneira: o rei decidía primeiro o partido que ía formar goberno e, despois, convocaba eleccións que se amañaban para que as gañase ese partido: - No campo, os individuos poderosos, os caciques, forzaban á poboación rural a que votasen o partido que conviña para a formación do goberno. A esta práctica chamámoslle caciquismo. - Nas cidades,menosinfluídaspoloscaciques,manipulábanseosvotosse osresultadoselectoraisnon eran os esperados. Esta práctica coñécese como pucheirazo ou fraude electoral. Así fabricábanse resultados electorais que lles daban alternativamente a vitoria a conservadores e liberais. A oposición ao sistema: Pero este sistema político deixaba fóra non só ás mulleres, senón tamén a tres grupos que cada vez representaban a unha maior porcentaxe da poboación: anarquistas, socialistas e nacionalistas. - Os anarquistas xurdiran tras a revolución de 1868 e os seus focos máis importantes encontrábanse en Cataluña e en Andalucía. Durante algún tempo foron duramente perseguidos debido aos atentados que algúnsanarquistas cometían. Tras algúnsanosde desorganizacióninterna,crearonaConfederaciónNacional do Traballo (CNT), que se converteu no sindicato máis importante de España. - Os socialistasestabandirixidos por Pablo Iglesias que fundara en 1879 o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE). Anos despois creouse a Unión Xeneral de Traballadores (UXT), un sindicato que se vinculou estreitamente co PSOE. - Nesta época xurdiron os partidos nacionalistas, que reaccionaron en contra da creación dun Estado centralizado. Tiveron especial relevancia en Cataluña, no País Vasco e Galicia. En Galicia,paralelamenteaoxurdimentodonacionalismonorestode Europa,foi xurdindoogaleguismo.Os galegos e galegas ían tomando conciencia de selo, de ser diferentes aos habitantes doutras rexións españolas. No século XIX desenvólvese o movemento cultural do Rexurdimento da man de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. Sobre a base literaria e histórica do Rexurdimento asentouse o rexionalismo, unha corrente política que tiña dúas vertentes: o rexionalismo conservador emparentado co carlismo (cuxo principal representante é Alfredo Brañas), e o rexionalismo liberal, máis influenciado polo federalismo, (cuxo principal representante foi Manuel Murguía, o marido de Rosalía de Castro). SOCIEDADE A sociedade estamental do Antigo Réxime desapareceu coa instauración do liberalismo. A partir de entón, a situación económica marcou a posición dun individuo na xerarquía social. A clase dirixente da sociedade do século XIX englobaba a aristocracia e a burguesía. A aristocracia estaba formada polos nobres, que perderan seus dereitos señoriais, pero conservaban unha notable influencia social. A
  • 5. burguesíaestabacompostapolosdonosdasfábricase bancos.As relaciónsentre estesdousgruposestreitáronse ao longo do século grazas aos matrimonios e aos negocios. Na clase media integrábanse funcionarios,pequenosempresarios,profesionaisliberais6 (médicos, avogados..), comerciantes, etc. Esta clase era pouco numerosa, pero tendía a crecer. En xeral, habitaban nas cidades. As clases populares tiñan un baixo nivel económico e un elevado nivel de analfabetismo. Con este nome identificábanse distintos grupos: - O campesiñado e os xornaleiros e xornaleiras7 constituían a maior parte da poboación e vivían nunhas pésimas condicións. Este feito levounos a protagonizar importantes revoltas ao longo do século XIX. - Os obreirose obreiras concentrábanse nasrexións industriaise nas cidades, onde se amoreaban en barrios carentes de infraestruturas básicas. Para defender os seus dereitos e mellorar as súas condición de vida fóronse organizandoen sindicatos8 .A principiosdoséculoXX,osprincipaissindicatos eran a CNT anarquista e a UXT socialista. - Outros grupos era o do servizo doméstico que servían ás clases acomodadas e un número inxente de persoas marxinadas da sociedade que subsistían coa mendicidade. A situacióneconómicaimpulsouamoitosespañoise españolas,especialmente galegos e galegas á emigración. Durante o século XIX comezou a emigración masiva de galegos fundamentalmente dirixida cara aos países americanos de cultura ibérica: Cuba, Arxentina, Uruguai, Brasil e Venezuela. Boa parte da emigración galega a América deuse neste período. Os destinos preferentes foron Cuba e Arxentina.Entre 1836 e 1960 saíron de Galiciacase dousmillóns9 de galegos cara a América. A emigración supuxo a perda da poboación máis nova, pero tamén dou unha vía de penetración de melloras como a creación de escolas, grazas as remesas de cartos. 6 As profesións liberaisson aquelasna queo profesional non é empregado ou empregada dunha empresa, senón que ten unha relación mercantil directamentecos clientes e clientas como algúns avogados,médicos,asesores,arquitectos... 7 Xornaleiro/a:agricultor quetraballaa xornal,ou sexa,por día de traballo.Son contratados polos latifundistas en determinados días do ano especialmente á hora de recoller a colleita. 8 Sindicatos:organización dexente traballadoraquese agrupan para defender seus intereses profesionais. 9 Para facernos cargo do volumen de po boación que iso supón,podemos pensar que dous millóns dehabitantes son, aproximadamente, toda a poboación actual das provinciasdeCoruña e Pontevedra. Toda a provincia deLugo ten algo máis de 300.000 habitantes na actualidade.