SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 15
1
SEGUNDO TRIMESTRE
A parte da que xa nos examinamos no primeiro trimestre non entra, pero o que ven nestas fotocopias si.
Os contidos van moi resumidos porque imos con moito retraso
TEMAS 2 e 3
Transformacións políticas e socioeconómicas no século XIX.
Revolución industrial. Liberalismo, nacionalismo e imperialismo: activismo
revolucionario para a transformación de Europa. Novo modelo social e
movemento obreiro. A exclusión das mulleres do espazo público e a súa
loita pola igualdade: sufraxismo e dereito á educación.
Introdución:
En 4º da ESO estudamos a Idade Contemporánea, é dicir, a Idade na que estamos hoxe en día. E porqué
estudamos historia Contemporánea?. Porque así poderemos entender mellor o mundo no que vivimos.
A Idade Contemporánea comeza coa Revolución Francesa en 1789, o momento no
que a burguesía tomou as rendas do poder por primeira vez. O século XIX é o século da
burguesía xa que conseguirá impoñer o tipo de política, de economía e de sociedade no
que sae máis beneficiada.
No primeiro trimestre vimos o Antigo Réxime, o que había xusto antes da Revolución
Francesa:
- A poboación non era igual ante a lei. A sociedade dividíase en privilexiados e non privilexiados, algo
que viña xa da época feudal. A clase dominante era a nobreza.
- A soberanía tíñaa a monarquía. O rei ou raíña concentraba os tres poderes (lexislativo, executivo e
xudicial). Era a época do Absolutismo.
- A economía era tradicional e de subsistencia.
- No século XVIII os ilustrados e ilustradas criticaron estas características do Antigo Réxime, poñendo
as bases do que no século XIX será o liberalismo.
Tamén vimos como xa durante o Antigo Réxime comezou en Gran Bretaña o que chamamos Revolución
Industrial. A máquina de vapor, inventada xa no século XVIII, acabará revolucionando a forma de producir e de
transportar os bens.
No século XIX prodúcense unha serie de cambios económicos, políticos e sociais que son característicos da
Idade Contemporánea. Iso é o que se estuda nos temas 2 e 3:
2
- Cambios económicos: a Revolución Industrial. Xa a tratamos no primeiro trimestre. Prodúcese unha
revolución na forma de producir e nos medios de transporte que cambian por completo o mundo occidental. A
economía xa non será de subsistencia e tradicionial, senón que será comercial e capitalista.
- Cambios políticos: as Revolucións liberais. A burguesía é a clase dominante do século XIX. Tomará
as rendas do poder a través de revolucións. Acabará co absolutismo e instaurará un novo sistema político no
que a soberanía a terá o pobo.
- Novas ideoloxías: liberalismo, nacionalismo e imperialismo. Xurde o nacionalismo, empézase a
reivindicar que as fronteiras dos Estados coincidan coas fronteiras raciais, lingüísticas, históricas etc., ben
sexa para separarse un territorio ou para xuntarse varios. Por outra parte, a burguesía crerá que o seu
poderío económico demostra que son unha civilización superior ás demais e que teñen o deber de civilizar
outros continentes (e de paso explotalos economicamente): xurde o imperialismo.
- Cambios sociais: a revolución industrial e os cambios políticos, producirán enormes cambios na
sociedade. Agora o pobo ten a soberanía e hai igualdade ante a lei. Pero o que parece algo positivo para
toda a poboación, resultou ser positivo só para os máis adiñeirados: a burguesía. A sociedade xa non se
dividirá en privilexiados e non privilexiados, xa non haberá estamentos; pero agora haberá unha división en
clases sociais, na que a clase traballadora sairá enormemente prexudicada.
O liberalismo político:
Cando a burguesía se decatou de que os reis absolutos non ían
cambiar a fondo o sistema político, económico e social, xurdiu a
necesidade de alcanzar o poder para conseguir realizar cambios
profundos e acabar co Antigo Réxime. Chamamos revolucións
burguesas ao proceso de conquista do poder por parte da
burguesía. O exemplo mais claro foi a Revolución Francesa (1789).
O liberalismo político foi o pensamento no que se apoiaron as revolucións burguesas. Esta ideoloxía política
deriva do pensamento ilustrado: foron os pensadores da ilustración os que aportaron os principais conceptos do
liberalismo como a separación de poderes (Montesquieu) o a soberanía nacional (Rousseau).
Os principios que defende o liberalismo son:
- Igualdade xurídica e dereitos naturais. O liberalismo
considera, en teoría, que todos os individuos deben ser iguais ante
a lei e ter os mesmos dereitos, ao contrario do que sucedía no
Antigo Réxime, no que había privilexios reservados a
determinados estamentos. Defenden que hai unha serie de
dereitos fundamentais que teñen todos os seres humanos e que
toda sociedade e sistema político debe defender e protexer. Estes dereitos naturais son a liberdade1, a
propiedade e a igualdade ante a lei. Pero na práctica limitaron dereitos como o político, xa que o sufraxio
1 Liberdade de movementos, de residencia,depensamento, de opinión,de relixión,dereunión, de asociación,detraballo,de
empresa, de mercado...
3
quedou reservado aos homes que tiñan unha determinada capacidade económica (sufraxio censatario),
deixando fóra ás mulleres e a determinados grupos pola súa cor ou etnia.
- Soberanía nacional. Fronte á soberanía real
(do rei) de orixe divino característica das monarquías
absolutas do Antigo Réxime, o liberalismo defendeu a idea
da soberanía nacional, é dicir, a soberanía a ten o pobo.
- Separación de poderes. Fronte á concentración de
poderes do Antigo Réxime, o liberalismo defendeu a limitación
do poder e a súa división funcional en tres grandes áreas:
executivo, lexislativo e xudicial, exercidas por distintas
institucións: Goberno, Parlamento e Tribunais. Con este
sistema pretendíase impedir as arbitrariedades e os abusos do
poder.
- Constitucións escritas e declaracións de dereitos. A garantía dos dereitos e
liberdades e os poderes do Estado deben estar recollidos por escrito en solemnes
Declaracións de dereitos e fundamentalmente nunha constitución ou lei suprema da
organización do Estado. A primeira constitución foi a dos EE.UU en 1787, seguida das
constitucións da Francia Revolucionaria e a Constitución española de 1812.
O liberalismo é a expresión ideolóxica dos intereses das clases burguesas, convertidas nos grupos dominantes
da sociedade no século XIX grazas ao desenvolvemento e expansión da revolución industrial e o triunfo das
revolucións políticas.
Co paso do tempo o liberalismo dividirase en dúas tendencias:
 O liberalismo doutrinario, que defende os intereses da clase alta: soberanía nacional
con sufraxio censatario.
 O liberalismo democrático, que defende os intereses das clases medias: soberanía
popular e sufraxio universal.
O capitalismo:
No Antigo Réxime había un sistema económico tradicional e de subsistencia. A produtividade era baixa e a
meirande parte do que se producía era para consumo propio e non para o comercio. A Revolución Industrial do
século XIX cambia totalmente o sistema económico. Agora a produción e a produtividade son moi altas e o comercio
aumenta vertixinosamente. Xa non é unha economía tradicional, pasando a ser unha
economía capitalista.
O capitalismo é un sistema de organización económica en que o protagonista é o capital.
O capital é todo o que nos vale para producir beneficios2: diñeiro, mercadorías, materias
2 Producir beneficios =gañar cartos.
4
primas e tamén terras, edificios, fábricas, etc. No capitalismo puro o Estado3 non regula a economía, non é o goberno
nin o parlamento o que di quén pode fabricar qué, cando, onde, etc. Quen regula a economía no capitalismo é o
mercado, é dicir a oferta e a demanda.
A oferta é a cantidade de bens ou servizos que se quere vender e a demanda é
a cantidade de bens ou servizos que a xente quere comprar. Se un ben escaso é
moi demandado (a demanda é alta e a oferta é baixa) sube o seu prezo. Como o
prezo de venta é alto, haberá máis empresarios dispostos a fabricalo. Ao fabricarse
máis ese ben aumenta a oferta, equilibrándose a balanza e diminuíndo o prezo.
Os partidarios deste sistema defenden que as persoas donas do capital, ou sexa capitalistas, están moi
motivadas a investir para obter beneficio e enriquecerse, creando así riqueza e postos de traballo. Malia isto, o
traballo é unha mercadoría máis , e está suxeito á lei da oferta e a demanda. A clase traballadora recibe un salario
máis alto ou tan baixo que pode chegar ao grao de explotación, en función do número de traballadores e
traballadoras e da cualificación que teñan.
O capitalismo foi defendido por economistas xa a comezos da revolución industrial, no
século XVIII. O economista máis coñecido é Adam Smith. Nos seus escritos defendeu a
liberdade como o principio que debe rexer a actividade económica. Argumentaba que o
mercado baseado no libre xogo da oferta e a demanda é a base da riqueza dos individuos e
das nacións. O Estado debe intervir só para impartir xustiza entre os particulares e garantir a
liberdade económica.
Nacionalismo:
O nacionalismo é unha das novidades do século XIX e algo moi característico dos nosos tempos. No Antigo
Réxime os territorios pertencían a un rei ou raíña e cambiaban de mans en función de herdanzas e matrimonios. No
século XIX o pobo terá a soberanía. O concepto de nación agora ten outro sentido. Algúns entendían que a nación
era algo cultural, que se foi creando ao longo dos séculos de forma involuntaria. Para estes a nación e o territorio
habitado por xente que comparte unhas tradicións, unha cultura, unha lingua, unha historia... Para outros a nación
sería máis ben algo que voluntariamente decide a cidadanía dun territorio para compartir as mesmas leis.
Isto provocou movementos nacionalistas separatistas e movementos nacionalistas unificadores:
 Movementos separatistas:
- Así por exemplo Bélxica se separou dos Países Baixos en 1830.
- O Imperio Turco foise fragmentando ao longo de todo o século XIX: Grecia, Serbia, Romanía,
Montenegro, Bulgaria e Albania.
- Irlanda, que pertencía a Gran Bretaña comezou movementos independentistas, pero non
acadará a independencia ata o século XX.
3 O poder dun país.
5
 Movementos unificadores:
- Italia. Italia estaba formada por múltiples Estados, pero compartían
unha mesma lingua. Sentíanse un mesmo pobo e acadaron a unidade
na segunda metade do século XIX (1861).
- Alemaña. A principios de século Alemaña non existía. Era un territorio
formado por 39 Estados. Nun primeiro momento o que tiveron foi unha
serie de alianzas políticas e
económicas. Foise
conformando un sentimento
nacionalista que acabou
conseguindo a unificación en
1871, nacendo o Imperio
Alemán, o II Reich, que se
converteu nunha gran potencia.
O Imperialismo:
Durante o século XIX as potencias europeas capitalistas e industrializadas lanzáronse á conquista de territorios
en Asia, África e Oceanía. O país que conquista é a metrópole, e as colonias son os territorios conquistados.
O imperialismo non era algo novo, pois xa na Idade Antiga houbo grandes imperios e
na Idade Moderna, por exemplo, España e Portugal foron imperios impresionantes. Pero
no século XIX alcanzou a súa maior intensidade. Isto debeuse á industrialización. A
diferenza tecnolóxica entre as metrópoles e as colonias era moito maior. Os capitalistas da
metrópole aproveitaron o imperialismo para conseguir materias primas baratas para a súa
industria e novos mercados onde vender os seus produtos elaborados. Ademais
estableceron unha lexislación moi beneficiosa para eles, de forma que non tiveran que
pagar tributos aduaneiros para vender os seus produtos pero houbera trabas á importación
dos produtos das colonias que puideran prexudicar á industria da metrópole. A economía
liberal de libre mercado era libre só cando conviña á burguesía.
As potencias conquistaron lugares estratéxicos para controlar rutas marítimas e terrestre importantes, pero
tamén expandían o seu territorio simplemente para aumentar o seu prestixio e fortalecer o orgullo nacional. Tiñan
unha ideoloxía racista. Os occidentais estaban convencidos de que a raza branca era superior e que isto lles daba
dereito a dominar outros pobos, que consideraban atrasados e inferiores. Pensaban que tiñan a misión de civilizalos
e convertelos ao cristianismo. Parte deste pensamento aínda perdura agochado nalgunhas persoas, que senten que
os países occidentais (Europa e Norteamérica) son os protagonistas da historia e os posuidores da única cultura
válida.
6
O imperialismo acelerouse a partir de 1870. A
carreira colonial provocaba tensións entre as potencias,
que se reuniron e negociaron, repartíndose entre elas
continentes enteiros. Así, na conferencia de Berlín de
1885, o territorio africano pasou a mans dos principais
Estados europeos.
O imperio británico foi o maior. O seu momento de
maior esplendor foi durante o reinado de Vitoria I (1839 –
1901). Posuíu colonias en todos os continentes e
dominou puntos estratéxicos para controlar as rutas
marítimas (Xibraltar, Suez, Hong Kong...). A India era a
colonia máis importante. Isto é a orixe de que o idioma
inglés estea tan estendido polo mundo.
A segunda potencia foi o imperio francés.
España, polo contrario, foi perdendo territorios en vez de gañalos. A derrota máis desmoralizadora para España
foi a perda das últimas colonias en 1898, a mans dos EE.UU. que daquela eran aínda unha potencia emerxente e
non tiña o peso que ten hoxe en día. A derrota foi vivida en España como unha gran humillación e tivo gran
repercusión cultural e política.
O imperialismo explica a situación actual dos Países Subdesenvolvidos
e retrata de forma moi clara o carácter do liberalismo e do capitalismo. Unha
vez conquistado un territorio, iniciábase a súa explotación. Os colonizadores
apoderábanse das terras e convertíanas en grandes plantacións onde se
cultivaban produtos que non podían cultivarse en Europa (café, azucre,
cacao, té ou caucho) ou ben explotabana riqueza de minerais do seu
subsolo (ouro, carbón, diamantes...).
A poboación nativa proporcionaba man de obra barata e, en moitos
casos, era maltratada e sometida a situacións próximas a escravitude4.
A poboación occidental nas colonias, a pesar das correntes migratorias
cara as colonias, era pequena, comparada coa poboación autóctona. Pero a pesar de ser un grupo minoritario, eran
os que ocupaban os principais cargos e controlaban a economía: eran os altos mandos da administración, do
exército, os grandes propietarios agrícolas e os representantes e directivos das grandes empresas. A poboación
branca vivía nun barrio propio, apartado e luxoso.
A poboación nativa vivía nunha situación de pobreza e falta de dereitos, que contrastaba coas grandes
declaracións de dereitos liberais. A igualdade ante a lei que proclamaban coa boca moi chea, non era tan real na
4 A trata de escravos ea escravitudefóronseprohibindo nos distintos paísesao longo do século XIX. Pero por exemplo, nalgúns
Estados de EE.UU. non se aboliu a escravitudeata ben entrada a segunda metade do século XIX. E unha vez abolida a
escravitude,perduraron costumes e tratamentos moi próximos a ela.
7
práctica pois non incluía nin ás mulleres (a metade da poboación tanto da metrópole como da colonia), nin aos pobos
colonizados (a meirande parte da poboación do mundo).
Novo modelo social e movemento obreiro
O liberalismo terminou coa división social en
estamentos pechados, propia do Antigo Réxime. Ao acadar
o poder lexislan eliminando os privilexios feudais da
nobreza e declarando a igualdade ante a lei (aínda que xa
sabemos que tal igualdade só abranguía aos seres
humanos que fosen varóns e de raza branca). Desta
maneira confórmase o que chamamos a sociedade de
clases. Os homes nacían iguais en dereitos e obrigas, e a
diferenza entre eles era unicamente de carácter económico.
Así por exemplo, cando se establecía o sufraxio censatario,
só podían votar os homes cunha determinada capacidade
económica, pero todo home que acadase esa capacidade
económica entraba por dereito nese censo e podía, xa que
logo, votar.
No século XIX o grupo maioritario seguiu sendo o
campesiñado, que foi descendendo segundo avanzaba o
século por mor da industrialización. Pero xurdiron novos
grupos sociais que tiveron un gran protagonismo: a pequena burguesía (clase media) e a clase obreira.
A situación do campesiñado era moi variada nos diferentes países de Europa. Onde peor era
a súa situación económica e social era en Europa do leste, onde moitos seguiron sendo servos
ata comezos do século XX. Isto terá moita importancia á hora de entender as revolucións
comunistas das que falaremos nos próximos temas.
Moitos destes campesiños acabaron emigrando ás cidades onde conformaron unha nova clase social, a clase
obreira, á que os marxistas chamaron proletariado. A clase obreira estaba formada por todas aquelas persoas que
traballaban na industria: homes, mulleres e tamén nenos e nenas. Realizaban tarefas que requirían
pouca cualificación; cobraban salarios reducidos, sobre todo as mulleres e os nenos, que apenas lles
permitían sobrevivir; as súas xornadas laborais adoitaban superar as 12 horas; traballaban
normalmente en ambientes insalubres e
carecían de seguridade social en caso de
enfermidade, paro ou xubilación.
A causa dos seus baixos salarios, os obreiros e obreiras
vivían ao día: os gastos cotiáns levaban todo o salario, polo que
non podían aforrar.
8
A falta de diñeiro dificultaba a instrución dos fillos, pois tiñan que poñelos a traballar
para chegar a fin de mes. Isto bloqueaba toda posibilidade de ascenso social. A igualdade,
como vemos, era legal, non real. En teoría, a sociedade de clases tiña unha vantaxe con
respecto á sociedade estamental do Antigo Réxime: a mobilidade social, é dicir, a
posibilidade de nacer nunha determinada clase e ascender na escala social ao enriquecerse.
A sociedade de clases capitalista premiaría o mérito persoal, a valía intelectual e a capacidade de emprender
negocios5. Pero a realidade é que na práctica as clases altas son cada vez máis ricas e as pobres máis pobres.
A clase media ou pequena burguesía, estaba formada por xente moi
diferente: artesáns propietarios de talleres, donos de pequenas
industrias, pequenos comerciantes, postos intermedios da administración
e o exército, propietarios rurais, profesorado... Tiñan un nivel educativo
superior ao das clases baixas6. Distínguense principalmente por ter un
nivel económico superior ao dos campesiños e proletariado pero inferior
ao da alta burguesía e aristocracia.
Aforraban para facerse cun patrimonio, investían na educación dos
seus fillos e fillas7 para que gozasen dun mellor futuro e puidesen
conseguir un ascenso social, e adoitaban ter opinións políticas moderadas.
A alta burguesía estaba formada polos grandes industriais, os banqueiros, os grandes comerciantes, os máis
altos postos da administración e o exército e algúns profesionais liberais
(avogados, notarios, médicos...).
Os burgueses vivían nas cidades, nos novos barrios do ensanche a
nas vivendas boas do centro. Eran os que controlaban a economía e a
política.
E que foi da antiga nobreza?. A aristocracia xa non tiña privilexios.
Mantiveron os seus títulos e o prestixio social, de feito a burguesía intentaba imitar o seu modo de vida. Pero
perderon o dereito a cobrar impostos aos campesiños e pola contra tiñan que pagar eles como todo o resto da
poboación. Moitos venderon terras e propiedades para manter
o seu ritmo de vida. Algúns intentaron investir nos novos
negocios, aínda que non se lles daba moi ben pois tiñan unha
mentalidade rendista. Os fillos e fillas dos aristócratas
empobrecidos resignáronse a casar cos dos burgueses
adiñeirados para manter a sua capacidade económica. Con
todo, ata ben entrado o século XX, os aristócratas continuaron
ocupando os postos máis prestixiosos na política, na xustiza,
no exército e na diplomacia.
Ante esta situación na que a clase obreira malvivía oprimida, xurdíu
5 En Estados Unidos chámanlle“O soño americano”(the American dream), termo creado no século XX por un historiador.
6 En España,en 1860,caseo 70% dos homes e máis do 90% das mulleres eran analfabetos.(G. Rueda).
7 A educación dos varóns edas femias adoitaba ser diferente, como veremos.
9
o movemento obreiro: o conxunto de iniciativas colectivas levadas a cabo polos traballadores e traballadoras
asalariados co obxecto de mellorar as súas condicións laborais e políticas.
As primeiras accións centrábanse en destruír as máquinas da revolución industrial, ás que botaban a culpa da
súa situación. Este movemento coñécese como ludismo. Daquela os obreiros tiñan prohibido asociarse. Ao longo do
século XIX foron acadando o dereito legal a asociarse e comezaron a xurdir os primeiros sindicatos.
A principal arma para loitar era a folga. Con este sistema de presión
foron loitando pola redución da xornada laboral, pola supresión do traballo
infantil, polo aumento dos salarios, polas melloras das condicións
sanitarias nos postos de traballo, a creación de seguros de paro,
enfermidade, vellez, etc. Tamén pedían o sufraxio universal, pois en
moitos casos a burguesía impoñía o sufraxio censatario. O sufraxio é
outra arma fundamental da cidadanía.
Cara a mediados do século XIX, xurdiron dúas ideoloxías obreiras principais que daban impulso e organizaban
ao movemento obreiro: o marxismo e o anarquismo.
O marxismo:
É a máis importante teoría socialista. O nome vénlle do seu principal teórico: Karl Marx. A
teoría marxista afirmaba que nas sociedades industriais existe unha loita de clases entre a
burguesía, propietaria das fábricas e doutros medios de produción, e os obreiros e obreiras ou
proletariado.
Marx propoñía que a clase traballadora levase a cabo unha revolución para destruír o
capitalismo e darlles o poder aos traballadores e traballadoras. Tras unha fase de ditadura do
proletariado, en que o Estado dominaría e regularía a sociedade, estableceríase a sociedade
comunista, sen clases sociais nin propiedade privada, e o Estado desaparecería.
Para conseguir isto Marx defendía a intervención das organizacións e partidos obreiros na loita política. Isto deu
orixe aos partidos socialistas, que se desenvolveron a partir de 1875.
O comunismo impúxose a través de revolucións en diferentes Estados do mundo, como veremos. Aínda que non
conseguiron chegar á fase na que o Estado se eliminaría. A finais do século XX a meirande parte dos países
comunistas foron abríndose en maior ou menor medida ao libre mercado, e nalgúns casos democratizándose.
O anarquismo:
O principal teórico foi Bakunin. Os anarquistas, ao contrario que os comunistas,
opóñense totalmente ao Estado incluso de forma provisional. Rexeitan a política, os
partidos políticos e a participación en eleccións. Organízanse por asociacións voluntarias
entre as persoas e defenden que a sociedade pode desenvolverse sen Estados nin
poderes superiores. Actualmente aínda existen grupos anarquistas que defenden estas
ideas. A meirande parte dos grupos anarquistas son pacíficos e pacifistas, aínda que tamén existen grupos que
defenden estas ideas coa violencia.
10
A división entre comunistas e anarquistas foi crucial en España durante a Guerra Civil. O bando de Franco tiña
unha unidade ideolóxica da que carecía o bando republicano, dividido entre demócratas, comunistas e anarquistas.
Esta división determinou tamén problemas á hora de asociarse a nivel internacional. A Primeira Asociación
Internacional de Traballadores (AIT), formada en 1864, desapareceu aos poucos anos polos desacordos entre
socialistas e anarquistas.
Os socialistas fundaron pola súa conta a II Internacional (a Internacional Socialista de 1889). Esta organización
creou algúns dos símbolos do movemento obreiro: a festa do Primeiro de Maio e o Himno Internacional.
O movemento obreiro acadou logros importantes. Os gobernos foron introducindo leis laborais para acabar cos
abusos dos empresarios: prohibiron o traballo infantil, concederon os primeiros permisos de maternidade,
impuxéronlle ás empresas a obriga de pagar seguros de accidente e reduciron a xornada de traballo a oito horas.
A exclusión das mulleres do espazo público e a súa loita pola igualdade: sufraxismo e dereito á
educación.
Cando os liberais falaban de igualdade xurídica e de dereitos naturais de todos os homes, referíanse
literalmente aos homes e concretamente aos homes das metrópoles. Non eran conscientes de estar discriminando a
ningún colectivo.
Nótese a diferenza:
"Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos”.Francia, 1789
"Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos” Naciones Unidas, 1948
Ao longo da historia, independentemente do tipo de sociedade na que se viva (estamental ou clasista) ou do
tipo de economía no que se enmarque esa sociedade (tradicional ou capitalista), a muller sufriu o peso do
patriarcado. Enténdese por patriarcado “aquela sociedade na que existe unha distribución desigual do poder entre
homes e mulleres, sendo os homes os que teñen maior poder”.
As mulleres sufriron o peso dos estereotipos e a a falta de liberdade, viviron nunha sociedade que lles nega ter
as mesmas oportunidades que os homes, cun menor acceso á educación que os homes, expostas á violencia da
sociedade e incluso da súa propia familia.
“Cara ao teu marido irá a túa apetencia e él te dominará” Antigo Testamento, Xénesis, 3,16 (ca.900aC)
“Existe un principio bo que creou a orde, a luz e o home, e un principio malo que creou o caos, a escuridade e a
muller”. Pitágoras (582 – 507 aC).
“É lei natural que a muller estea sometida ao marido” Confucio (ca 500aC).
Houbo mulleres que destacaron ao longo da historia, mulleres que conseguiron nadar contra corrente e
destacarse a pesar das trabas como o demostra o feito de que haxa mulleres destacadas xa na antigüidade como
Hiparquia8 ou Hipatia de Alexandría9. Pero aínda que houbo mulleres que loitando contra a misoxinia10 dominante
8 Hiparquia foi unha das primeiras mulleres filósfofas da historia.Viviu no século IVantes de cristo.
11
conseguiron destacar en todos os campos da vida, os seus logros quedaron ocultos á historia. En moitos casos as
súas achegas ao mundo da cultura ou da ciencia quedaron ocultas ou foron os homes do seu entorno os que se
apropiaron delas11. Isto podemos atopalo incluso no século XX e mesmo na actualidade12.
Cando ao comezo da Idade Contemporánea o pobo accede
aos dereitos políticos, pasando dunha situación na que a
soberanía a tiña unicamente o rei, a unha situación na que será
o pobo quen teña a soberanía e poida exercela a través do seu
voto, a muller será excluída do dereito a participar na vida
política. Ao proclamarse en 1789 en Francia a Declaración dos
Dereitos do Home e do Cidadán, esta non contemplaba como
suxeito de dereito á muller, xa que coa palabra “home” non se
refería á humanidade, senón só aos varóns. Esta discriminación foi o que levou a Olimpia de Gouges a publicar como
protesta en 1791 a Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá:
As nais, fillas, irmás, representantes da nación, piden ser constituídas en Asemblea
Nacional. Por considerar que a ignorancia, o esquecemento e o desprezo dos dereitos da
muller son as únicas causas dos males públicos e da corrupción (...)
1. A muller nace libre e permanece igual ao home en dereitos (...).
2. O obxectivo de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e
imprescriptibles da Muller e do Home; estes dereitos son a liberdade, a propiedade, a
seguridade e, sobre todo, a resistencia á opresión.
3. O principio de toda soberanía reside esencialmente na Nación que non é máis que a
reunión da Muller e o Home (...)
6. A lei debe ser a expresión da vontade xeral; toas as Cidadás e Cidadáns deben
participar na súa formación persoalmente e por medio dos seus representantes. Debe
ser a mesma para todos; todas as cidadás e todos os cidadáns, por ser iguais aos seus
ollos, deben ser igualmente admisibles a todas as dignidades, postos e empregos
públicos, según as súas capacidades e sen máis distinción que as das súas virtudes e os
seus talentos.
9 Hipatia deAlexandría matemática e astrónoma que viviu entre os séculos IVe V
10 Misoxinia:aversión ásmulleres ou falta deconfianza nelas.
11 https://soyunachicamala.wordpress.com/2015/05/08/10-escritoras-que-se-hicieron-pasar-por-hombres/
12 https://www.bbvaopenmind.com/grandes-cientificas-en-la-sombra/
12
Pero esta declaración é papel mollado. É só unha acción de protesta, non un documento legal. As asembleas
revolucionarias francesas negaron os dereitos políticos á muller e o Código Civil de Napoleón perpetuou a súa
inferioridade legal.
Moitas veces interprétase a loita feminista como un enfrontamento das mulleres contra os homes. Pero non é tal.
Houbo homes feministas dende o principio, que loitaron polos dereitos das mulleres.Como exemplo xa vimos no seu
momento os escritos do ilustrado Bieito Xerónimo Feixoo. Na época da Revolución Francesa podemos destacar
tamén ao marqués de Condorcet, por exemplo.
Os EE.UU. foron o primeiro país do mundo no que o feminismo cobrou forza. A
mediados do século XIX houbo una convención en Seneca Falls, no estado de Nova York,
da que xurdiu un movemento feminista cuxa principal líder foi Elisabeth Stanton. Moitas
feministas norteamericanas colaboraron na loita pola abolición da escravitude e sufriron
unha gran decepción cando, tras a guerra de Secesión entre os estados escravistas e os
abolicionistas, se reformou a constitución estadounidense para incluír o voto de todos os
homes sen distinción de raza... pero seguíaselle negando ás mulleres!. A misoxinia
demostrou ser máis forte que o racismo.
A primeira vez na historia que se concedeu o voto ás mulleres foi no estado de Wyoming en 1869, pero a
extensión a outros estados dos EE.UU foi moi lenta, e o mesmo coa extensión do voto das mulleres polo resto do
mundo.
Durante a segunda metade do século
XIX foron xurdindo asociacións feministas.
O nacente feminismo centrábase
inicialmente na reivindicación do voto para
as mulleres, xa que o voto é un
instrumento de presión e de poder. As
asociacións sufraxistas (favorables ao
sufraxio ou voto feminino) foron moi
activas e a comezos do século XX unha
delas optou pola acción directa. As
sufraxistas máis radicais, encabezadas
por Emmeline Pankhurst, desafiaron a lei
nas súas protestas e, ao ser
encarceradas, responderon mediante
folgas de fame, que o goberno británico tentou impedir mediante o
bárbaro procedemento da alimentación por sonda. A tensión era moi
grande en 1914 e cando a guerra empezou o rei aministió á señora
Pankhurst e a todas as sufragistas arrestadas.
13
Ata o século XIX a defensa dos dereitos das mulleres non fora nunca unha tarefa prioritaria. Algo que se mantén
ata a actualidade. O socialismo, por exemplo, priorizará a reivindicación da igualdade de clases antes que a
igualdade entre homes e mulleres, a pesar de que as condicións laborais das mulleres traballadoras das industrias
eran moitas veces inda peores que as dos homes e en calquera caso con peores soldos. As mulleres irán adquirindo
un maior protagonismo. A forza do movemento feminista e a coherencia dos seus argumentos (resultaba cada vez
máis difícil defender a idea de que a
muller non está capacitada para
votar) acabaría antes ou despois
acadando o triunfo. Pero houbo
cambios sociais acelerados pola
primeira guerra mundial, entre 1914
e 1919. Durante a guerra moitos
homes deixaron seus postos de
traballo para ir a loitar. A muller
incorporouse masivamente a eses
postos de traballo demostrando que
era quen de levar a cabo tarefas que
antes se reservaban unicamente aos
varóns.
Ao longo do século XX a muller
vaise incorporando ao traballo fora da casa cada vez en máis sectores e vai acadando o dereito ao voto lentamente
nos distintos países. En Noruega en 1913, en EE.UU. en 1920... En Italia estaba a piques de aprobarse cando en
1922 chegou o réxime fascista que eliminaría o sufraxio universal, así que as italianas tiveron que esperar ata 1945.
O mesmo pasou en España, onde as mulleres acadamos o voto durante a II República e o perdemos coa ditadura
franquista.
O máis sorprendente foi o caso de Francia, onde as primeiras peticións de sufraxio feminino plantexáronse a fins
do século XVIII e non se adoptou ata despois da II Guerra Mundial. A partir de entonces (mediados do século XX)
foise xeneralizando en case todo o mundo.
Tras a Segunda Guerra Mundial e co inicio das actividades das Nacións Unidas, en 1952, aprobouse a
Convención sobre os dereitos políticos da muller:
Artigo I. As mulleres terán dereito a votar en todas as eleccións en igualdade de
condicións cos homes, sen discriminación algunha.
Artigo II. As mulleres serán elixibles para todos os organismos públicos electivos
establecidos pola lexislación nacional, en condicións de igualdade cos homes, sen
discriminación algunha.
...
14
Posteriormente as Nacións Unidas foron aprobando documentos relativos aos
dereitos das mulleres. Hoxe o voto feminino considérase un compoñente ineludible da
democracia. A pesar de todo, nin as declaracións nin as convencións son sinónimo de un
respecto efectivo na práctica dos dereitos e liberdades que proclaman. Unha cousa é a
teoría e outra a práctica. Está claro que o seu cumprimento é desigual e en moitos casos
non se cumpre. Pero como mínimo na teoría, a lexislación internacional ampara ás
mulleres e marca o camiño a seguir para chegar ao tipo de sociedade que desexamos:
unha sociedade na que as mulleres non sexan discriminadas nin sufran violencia polo
feito de ser mulleres.
15
Bibliografía:
Germán Rueda “El reinado de Isabel II” Historia 16.
Historia 4º de ESO Obradoiro Santillana 2008
http://www.amnistiacatalunya.org/edu/es/historia/inf-mujeres-hist.html
VV.AA. Historia Política y Social Moderna y Contemporánea UNED 2001

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era EvaPaula
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalcamposseijo
 
Diapositivas Raquel Diz Gil
Diapositivas Raquel Diz GilDiapositivas Raquel Diz Gil
Diapositivas Raquel Diz GilRaqueldiz
 
T E M A 1 Antigo RéXime
T E M A 1  Antigo  RéXimeT E M A 1  Antigo  RéXime
T E M A 1 Antigo RéXimecamposseijo
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasrubempaul
 
Segunda República (1931-1936)
Segunda República (1931-1936)Segunda República (1931-1936)
Segunda República (1931-1936)xosea
 
Sociedade e industrialización (1830-1930)
Sociedade e industrialización (1830-1930)Sociedade e industrialización (1830-1930)
Sociedade e industrialización (1830-1930)xosea
 
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.EVAVIDALFERRO
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosvelazquezturnesnieves
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismorubempaul
 
Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenDudas-Historia
 
Segundo franquismo (1959-1975)
Segundo franquismo (1959-1975)Segundo franquismo (1959-1975)
Segundo franquismo (1959-1975)xosea
 

La actualidad más candente (20)

Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberal
 
T. 4. mov. obreiro
T. 4. mov. obreiroT. 4. mov. obreiro
T. 4. mov. obreiro
 
Diapositivas Raquel Diz Gil
Diapositivas Raquel Diz GilDiapositivas Raquel Diz Gil
Diapositivas Raquel Diz Gil
 
CS4 UD1 Antigo Rexime
CS4 UD1 Antigo ReximeCS4 UD1 Antigo Rexime
CS4 UD1 Antigo Rexime
 
Sabela Ii
Sabela IiSabela Ii
Sabela Ii
 
T E M A 1 Antigo RéXime
T E M A 1  Antigo  RéXimeT E M A 1  Antigo  RéXime
T E M A 1 Antigo RéXime
 
Xeografia
XeografiaXeografia
Xeografia
 
Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesas
 
Segunda República (1931-1936)
Segunda República (1931-1936)Segunda República (1931-1936)
Segunda República (1931-1936)
 
Sociedade e industrialización (1830-1930)
Sociedade e industrialización (1830-1930)Sociedade e industrialización (1830-1930)
Sociedade e industrialización (1830-1930)
 
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
 
4. As RevolucióNs Liberais.
4. As RevolucióNs Liberais.4. As RevolucióNs Liberais.
4. As RevolucióNs Liberais.
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
 
Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimen
 
UNIDADE 7
UNIDADE 7UNIDADE 7
UNIDADE 7
 
Segundo franquismo (1959-1975)
Segundo franquismo (1959-1975)Segundo franquismo (1959-1975)
Segundo franquismo (1959-1975)
 

Destacado

As desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballoAs desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballoFernanda Suárez Méndez
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaFernanda Suárez Méndez
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...Fernanda Suárez Méndez
 

Destacado (7)

4º historia temas 2 e 3 primeira parte
4º historia temas 2 e 3 primeira parte4º historia temas 2 e 3 primeira parte
4º historia temas 2 e 3 primeira parte
 
As desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballoAs desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballo
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
 
Enquisa machismo coas respostas
Enquisa machismo coas respostasEnquisa machismo coas respostas
Enquisa machismo coas respostas
 
A revolución científica do século XVII
A revolución científica do século XVIIA revolución científica do século XVII
A revolución científica do século XVII
 
O liberalismo político
O liberalismo políticoO liberalismo político
O liberalismo político
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
 

Similar a Temas 2 e 3 segundo trimestre

Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfvelazquezturnesnieves
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisMANEIRO
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
As transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismoAs transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismoHumberto Martínez
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoAgrela Elvixeo
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Agrela Elvixeo
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3David
 
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.LourdesErea4
 
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.LourdesErea4
 
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistasTema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistaspablokatt
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
A europa do antigo réxime
A europa do antigo réximeA europa do antigo réxime
A europa do antigo réximedanilorenzo
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democráticolorenaamarelle
 
As transformacións sociais
As transformacións sociaisAs transformacións sociais
As transformacións sociaisfernandares2010
 

Similar a Temas 2 e 3 segundo trimestre (20)

Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberais
 
Sexenio democrático
Sexenio democráticoSexenio democrático
Sexenio democrático
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
As transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismoAs transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismo
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3
 
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
 
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
 
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistasTema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
 
Restauración, liberalismo e nacionalismo
Restauración, liberalismo e nacionalismoRestauración, liberalismo e nacionalismo
Restauración, liberalismo e nacionalismo
 
Tema2.
Tema2.Tema2.
Tema2.
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
 
A europa do antigo réxime
A europa do antigo réximeA europa do antigo réxime
A europa do antigo réxime
 
Liberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismoLiberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismo
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democrático
 
As transformacións sociais
As transformacións sociaisAs transformacións sociais
As transformacións sociais
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 

Más de Fernanda Suárez Méndez

Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Fernanda Suárez Méndez
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez Méndez
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoFernanda Suárez Méndez
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaFernanda Suárez Méndez
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasFernanda Suárez Méndez
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez Méndez
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroFernanda Suárez Méndez
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónFernanda Suárez Méndez
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXFernanda Suárez Méndez
 

Más de Fernanda Suárez Méndez (20)

Tema a auga
Tema a augaTema a auga
Tema a auga
 
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Proxecto profesional
Proxecto profesionalProxecto profesional
Proxecto profesional
 
Apuntes
ApuntesApuntes
Apuntes
 
Exercicios método científico
Exercicios método científicoExercicios método científico
Exercicios método científico
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticas
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
Referendo catalán
Referendo catalánReferendo catalán
Referendo catalán
 
Traballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º esoTraballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º eso
 
Machismo na mecánica
Machismo na mecánicaMachismo na mecánica
Machismo na mecánica
 
A mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivoA mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivo
 
Power point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosaPower point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosa
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
 
Tema 1 xeografía 3º
Tema 1 xeografía 3ºTema 1 xeografía 3º
Tema 1 xeografía 3º
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
 

Último

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Temas 2 e 3 segundo trimestre

  • 1. 1 SEGUNDO TRIMESTRE A parte da que xa nos examinamos no primeiro trimestre non entra, pero o que ven nestas fotocopias si. Os contidos van moi resumidos porque imos con moito retraso TEMAS 2 e 3 Transformacións políticas e socioeconómicas no século XIX. Revolución industrial. Liberalismo, nacionalismo e imperialismo: activismo revolucionario para a transformación de Europa. Novo modelo social e movemento obreiro. A exclusión das mulleres do espazo público e a súa loita pola igualdade: sufraxismo e dereito á educación. Introdución: En 4º da ESO estudamos a Idade Contemporánea, é dicir, a Idade na que estamos hoxe en día. E porqué estudamos historia Contemporánea?. Porque así poderemos entender mellor o mundo no que vivimos. A Idade Contemporánea comeza coa Revolución Francesa en 1789, o momento no que a burguesía tomou as rendas do poder por primeira vez. O século XIX é o século da burguesía xa que conseguirá impoñer o tipo de política, de economía e de sociedade no que sae máis beneficiada. No primeiro trimestre vimos o Antigo Réxime, o que había xusto antes da Revolución Francesa: - A poboación non era igual ante a lei. A sociedade dividíase en privilexiados e non privilexiados, algo que viña xa da época feudal. A clase dominante era a nobreza. - A soberanía tíñaa a monarquía. O rei ou raíña concentraba os tres poderes (lexislativo, executivo e xudicial). Era a época do Absolutismo. - A economía era tradicional e de subsistencia. - No século XVIII os ilustrados e ilustradas criticaron estas características do Antigo Réxime, poñendo as bases do que no século XIX será o liberalismo. Tamén vimos como xa durante o Antigo Réxime comezou en Gran Bretaña o que chamamos Revolución Industrial. A máquina de vapor, inventada xa no século XVIII, acabará revolucionando a forma de producir e de transportar os bens. No século XIX prodúcense unha serie de cambios económicos, políticos e sociais que son característicos da Idade Contemporánea. Iso é o que se estuda nos temas 2 e 3:
  • 2. 2 - Cambios económicos: a Revolución Industrial. Xa a tratamos no primeiro trimestre. Prodúcese unha revolución na forma de producir e nos medios de transporte que cambian por completo o mundo occidental. A economía xa non será de subsistencia e tradicionial, senón que será comercial e capitalista. - Cambios políticos: as Revolucións liberais. A burguesía é a clase dominante do século XIX. Tomará as rendas do poder a través de revolucións. Acabará co absolutismo e instaurará un novo sistema político no que a soberanía a terá o pobo. - Novas ideoloxías: liberalismo, nacionalismo e imperialismo. Xurde o nacionalismo, empézase a reivindicar que as fronteiras dos Estados coincidan coas fronteiras raciais, lingüísticas, históricas etc., ben sexa para separarse un territorio ou para xuntarse varios. Por outra parte, a burguesía crerá que o seu poderío económico demostra que son unha civilización superior ás demais e que teñen o deber de civilizar outros continentes (e de paso explotalos economicamente): xurde o imperialismo. - Cambios sociais: a revolución industrial e os cambios políticos, producirán enormes cambios na sociedade. Agora o pobo ten a soberanía e hai igualdade ante a lei. Pero o que parece algo positivo para toda a poboación, resultou ser positivo só para os máis adiñeirados: a burguesía. A sociedade xa non se dividirá en privilexiados e non privilexiados, xa non haberá estamentos; pero agora haberá unha división en clases sociais, na que a clase traballadora sairá enormemente prexudicada. O liberalismo político: Cando a burguesía se decatou de que os reis absolutos non ían cambiar a fondo o sistema político, económico e social, xurdiu a necesidade de alcanzar o poder para conseguir realizar cambios profundos e acabar co Antigo Réxime. Chamamos revolucións burguesas ao proceso de conquista do poder por parte da burguesía. O exemplo mais claro foi a Revolución Francesa (1789). O liberalismo político foi o pensamento no que se apoiaron as revolucións burguesas. Esta ideoloxía política deriva do pensamento ilustrado: foron os pensadores da ilustración os que aportaron os principais conceptos do liberalismo como a separación de poderes (Montesquieu) o a soberanía nacional (Rousseau). Os principios que defende o liberalismo son: - Igualdade xurídica e dereitos naturais. O liberalismo considera, en teoría, que todos os individuos deben ser iguais ante a lei e ter os mesmos dereitos, ao contrario do que sucedía no Antigo Réxime, no que había privilexios reservados a determinados estamentos. Defenden que hai unha serie de dereitos fundamentais que teñen todos os seres humanos e que toda sociedade e sistema político debe defender e protexer. Estes dereitos naturais son a liberdade1, a propiedade e a igualdade ante a lei. Pero na práctica limitaron dereitos como o político, xa que o sufraxio 1 Liberdade de movementos, de residencia,depensamento, de opinión,de relixión,dereunión, de asociación,detraballo,de empresa, de mercado...
  • 3. 3 quedou reservado aos homes que tiñan unha determinada capacidade económica (sufraxio censatario), deixando fóra ás mulleres e a determinados grupos pola súa cor ou etnia. - Soberanía nacional. Fronte á soberanía real (do rei) de orixe divino característica das monarquías absolutas do Antigo Réxime, o liberalismo defendeu a idea da soberanía nacional, é dicir, a soberanía a ten o pobo. - Separación de poderes. Fronte á concentración de poderes do Antigo Réxime, o liberalismo defendeu a limitación do poder e a súa división funcional en tres grandes áreas: executivo, lexislativo e xudicial, exercidas por distintas institucións: Goberno, Parlamento e Tribunais. Con este sistema pretendíase impedir as arbitrariedades e os abusos do poder. - Constitucións escritas e declaracións de dereitos. A garantía dos dereitos e liberdades e os poderes do Estado deben estar recollidos por escrito en solemnes Declaracións de dereitos e fundamentalmente nunha constitución ou lei suprema da organización do Estado. A primeira constitución foi a dos EE.UU en 1787, seguida das constitucións da Francia Revolucionaria e a Constitución española de 1812. O liberalismo é a expresión ideolóxica dos intereses das clases burguesas, convertidas nos grupos dominantes da sociedade no século XIX grazas ao desenvolvemento e expansión da revolución industrial e o triunfo das revolucións políticas. Co paso do tempo o liberalismo dividirase en dúas tendencias:  O liberalismo doutrinario, que defende os intereses da clase alta: soberanía nacional con sufraxio censatario.  O liberalismo democrático, que defende os intereses das clases medias: soberanía popular e sufraxio universal. O capitalismo: No Antigo Réxime había un sistema económico tradicional e de subsistencia. A produtividade era baixa e a meirande parte do que se producía era para consumo propio e non para o comercio. A Revolución Industrial do século XIX cambia totalmente o sistema económico. Agora a produción e a produtividade son moi altas e o comercio aumenta vertixinosamente. Xa non é unha economía tradicional, pasando a ser unha economía capitalista. O capitalismo é un sistema de organización económica en que o protagonista é o capital. O capital é todo o que nos vale para producir beneficios2: diñeiro, mercadorías, materias 2 Producir beneficios =gañar cartos.
  • 4. 4 primas e tamén terras, edificios, fábricas, etc. No capitalismo puro o Estado3 non regula a economía, non é o goberno nin o parlamento o que di quén pode fabricar qué, cando, onde, etc. Quen regula a economía no capitalismo é o mercado, é dicir a oferta e a demanda. A oferta é a cantidade de bens ou servizos que se quere vender e a demanda é a cantidade de bens ou servizos que a xente quere comprar. Se un ben escaso é moi demandado (a demanda é alta e a oferta é baixa) sube o seu prezo. Como o prezo de venta é alto, haberá máis empresarios dispostos a fabricalo. Ao fabricarse máis ese ben aumenta a oferta, equilibrándose a balanza e diminuíndo o prezo. Os partidarios deste sistema defenden que as persoas donas do capital, ou sexa capitalistas, están moi motivadas a investir para obter beneficio e enriquecerse, creando así riqueza e postos de traballo. Malia isto, o traballo é unha mercadoría máis , e está suxeito á lei da oferta e a demanda. A clase traballadora recibe un salario máis alto ou tan baixo que pode chegar ao grao de explotación, en función do número de traballadores e traballadoras e da cualificación que teñan. O capitalismo foi defendido por economistas xa a comezos da revolución industrial, no século XVIII. O economista máis coñecido é Adam Smith. Nos seus escritos defendeu a liberdade como o principio que debe rexer a actividade económica. Argumentaba que o mercado baseado no libre xogo da oferta e a demanda é a base da riqueza dos individuos e das nacións. O Estado debe intervir só para impartir xustiza entre os particulares e garantir a liberdade económica. Nacionalismo: O nacionalismo é unha das novidades do século XIX e algo moi característico dos nosos tempos. No Antigo Réxime os territorios pertencían a un rei ou raíña e cambiaban de mans en función de herdanzas e matrimonios. No século XIX o pobo terá a soberanía. O concepto de nación agora ten outro sentido. Algúns entendían que a nación era algo cultural, que se foi creando ao longo dos séculos de forma involuntaria. Para estes a nación e o territorio habitado por xente que comparte unhas tradicións, unha cultura, unha lingua, unha historia... Para outros a nación sería máis ben algo que voluntariamente decide a cidadanía dun territorio para compartir as mesmas leis. Isto provocou movementos nacionalistas separatistas e movementos nacionalistas unificadores:  Movementos separatistas: - Así por exemplo Bélxica se separou dos Países Baixos en 1830. - O Imperio Turco foise fragmentando ao longo de todo o século XIX: Grecia, Serbia, Romanía, Montenegro, Bulgaria e Albania. - Irlanda, que pertencía a Gran Bretaña comezou movementos independentistas, pero non acadará a independencia ata o século XX. 3 O poder dun país.
  • 5. 5  Movementos unificadores: - Italia. Italia estaba formada por múltiples Estados, pero compartían unha mesma lingua. Sentíanse un mesmo pobo e acadaron a unidade na segunda metade do século XIX (1861). - Alemaña. A principios de século Alemaña non existía. Era un territorio formado por 39 Estados. Nun primeiro momento o que tiveron foi unha serie de alianzas políticas e económicas. Foise conformando un sentimento nacionalista que acabou conseguindo a unificación en 1871, nacendo o Imperio Alemán, o II Reich, que se converteu nunha gran potencia. O Imperialismo: Durante o século XIX as potencias europeas capitalistas e industrializadas lanzáronse á conquista de territorios en Asia, África e Oceanía. O país que conquista é a metrópole, e as colonias son os territorios conquistados. O imperialismo non era algo novo, pois xa na Idade Antiga houbo grandes imperios e na Idade Moderna, por exemplo, España e Portugal foron imperios impresionantes. Pero no século XIX alcanzou a súa maior intensidade. Isto debeuse á industrialización. A diferenza tecnolóxica entre as metrópoles e as colonias era moito maior. Os capitalistas da metrópole aproveitaron o imperialismo para conseguir materias primas baratas para a súa industria e novos mercados onde vender os seus produtos elaborados. Ademais estableceron unha lexislación moi beneficiosa para eles, de forma que non tiveran que pagar tributos aduaneiros para vender os seus produtos pero houbera trabas á importación dos produtos das colonias que puideran prexudicar á industria da metrópole. A economía liberal de libre mercado era libre só cando conviña á burguesía. As potencias conquistaron lugares estratéxicos para controlar rutas marítimas e terrestre importantes, pero tamén expandían o seu territorio simplemente para aumentar o seu prestixio e fortalecer o orgullo nacional. Tiñan unha ideoloxía racista. Os occidentais estaban convencidos de que a raza branca era superior e que isto lles daba dereito a dominar outros pobos, que consideraban atrasados e inferiores. Pensaban que tiñan a misión de civilizalos e convertelos ao cristianismo. Parte deste pensamento aínda perdura agochado nalgunhas persoas, que senten que os países occidentais (Europa e Norteamérica) son os protagonistas da historia e os posuidores da única cultura válida.
  • 6. 6 O imperialismo acelerouse a partir de 1870. A carreira colonial provocaba tensións entre as potencias, que se reuniron e negociaron, repartíndose entre elas continentes enteiros. Así, na conferencia de Berlín de 1885, o territorio africano pasou a mans dos principais Estados europeos. O imperio británico foi o maior. O seu momento de maior esplendor foi durante o reinado de Vitoria I (1839 – 1901). Posuíu colonias en todos os continentes e dominou puntos estratéxicos para controlar as rutas marítimas (Xibraltar, Suez, Hong Kong...). A India era a colonia máis importante. Isto é a orixe de que o idioma inglés estea tan estendido polo mundo. A segunda potencia foi o imperio francés. España, polo contrario, foi perdendo territorios en vez de gañalos. A derrota máis desmoralizadora para España foi a perda das últimas colonias en 1898, a mans dos EE.UU. que daquela eran aínda unha potencia emerxente e non tiña o peso que ten hoxe en día. A derrota foi vivida en España como unha gran humillación e tivo gran repercusión cultural e política. O imperialismo explica a situación actual dos Países Subdesenvolvidos e retrata de forma moi clara o carácter do liberalismo e do capitalismo. Unha vez conquistado un territorio, iniciábase a súa explotación. Os colonizadores apoderábanse das terras e convertíanas en grandes plantacións onde se cultivaban produtos que non podían cultivarse en Europa (café, azucre, cacao, té ou caucho) ou ben explotabana riqueza de minerais do seu subsolo (ouro, carbón, diamantes...). A poboación nativa proporcionaba man de obra barata e, en moitos casos, era maltratada e sometida a situacións próximas a escravitude4. A poboación occidental nas colonias, a pesar das correntes migratorias cara as colonias, era pequena, comparada coa poboación autóctona. Pero a pesar de ser un grupo minoritario, eran os que ocupaban os principais cargos e controlaban a economía: eran os altos mandos da administración, do exército, os grandes propietarios agrícolas e os representantes e directivos das grandes empresas. A poboación branca vivía nun barrio propio, apartado e luxoso. A poboación nativa vivía nunha situación de pobreza e falta de dereitos, que contrastaba coas grandes declaracións de dereitos liberais. A igualdade ante a lei que proclamaban coa boca moi chea, non era tan real na 4 A trata de escravos ea escravitudefóronseprohibindo nos distintos paísesao longo do século XIX. Pero por exemplo, nalgúns Estados de EE.UU. non se aboliu a escravitudeata ben entrada a segunda metade do século XIX. E unha vez abolida a escravitude,perduraron costumes e tratamentos moi próximos a ela.
  • 7. 7 práctica pois non incluía nin ás mulleres (a metade da poboación tanto da metrópole como da colonia), nin aos pobos colonizados (a meirande parte da poboación do mundo). Novo modelo social e movemento obreiro O liberalismo terminou coa división social en estamentos pechados, propia do Antigo Réxime. Ao acadar o poder lexislan eliminando os privilexios feudais da nobreza e declarando a igualdade ante a lei (aínda que xa sabemos que tal igualdade só abranguía aos seres humanos que fosen varóns e de raza branca). Desta maneira confórmase o que chamamos a sociedade de clases. Os homes nacían iguais en dereitos e obrigas, e a diferenza entre eles era unicamente de carácter económico. Así por exemplo, cando se establecía o sufraxio censatario, só podían votar os homes cunha determinada capacidade económica, pero todo home que acadase esa capacidade económica entraba por dereito nese censo e podía, xa que logo, votar. No século XIX o grupo maioritario seguiu sendo o campesiñado, que foi descendendo segundo avanzaba o século por mor da industrialización. Pero xurdiron novos grupos sociais que tiveron un gran protagonismo: a pequena burguesía (clase media) e a clase obreira. A situación do campesiñado era moi variada nos diferentes países de Europa. Onde peor era a súa situación económica e social era en Europa do leste, onde moitos seguiron sendo servos ata comezos do século XX. Isto terá moita importancia á hora de entender as revolucións comunistas das que falaremos nos próximos temas. Moitos destes campesiños acabaron emigrando ás cidades onde conformaron unha nova clase social, a clase obreira, á que os marxistas chamaron proletariado. A clase obreira estaba formada por todas aquelas persoas que traballaban na industria: homes, mulleres e tamén nenos e nenas. Realizaban tarefas que requirían pouca cualificación; cobraban salarios reducidos, sobre todo as mulleres e os nenos, que apenas lles permitían sobrevivir; as súas xornadas laborais adoitaban superar as 12 horas; traballaban normalmente en ambientes insalubres e carecían de seguridade social en caso de enfermidade, paro ou xubilación. A causa dos seus baixos salarios, os obreiros e obreiras vivían ao día: os gastos cotiáns levaban todo o salario, polo que non podían aforrar.
  • 8. 8 A falta de diñeiro dificultaba a instrución dos fillos, pois tiñan que poñelos a traballar para chegar a fin de mes. Isto bloqueaba toda posibilidade de ascenso social. A igualdade, como vemos, era legal, non real. En teoría, a sociedade de clases tiña unha vantaxe con respecto á sociedade estamental do Antigo Réxime: a mobilidade social, é dicir, a posibilidade de nacer nunha determinada clase e ascender na escala social ao enriquecerse. A sociedade de clases capitalista premiaría o mérito persoal, a valía intelectual e a capacidade de emprender negocios5. Pero a realidade é que na práctica as clases altas son cada vez máis ricas e as pobres máis pobres. A clase media ou pequena burguesía, estaba formada por xente moi diferente: artesáns propietarios de talleres, donos de pequenas industrias, pequenos comerciantes, postos intermedios da administración e o exército, propietarios rurais, profesorado... Tiñan un nivel educativo superior ao das clases baixas6. Distínguense principalmente por ter un nivel económico superior ao dos campesiños e proletariado pero inferior ao da alta burguesía e aristocracia. Aforraban para facerse cun patrimonio, investían na educación dos seus fillos e fillas7 para que gozasen dun mellor futuro e puidesen conseguir un ascenso social, e adoitaban ter opinións políticas moderadas. A alta burguesía estaba formada polos grandes industriais, os banqueiros, os grandes comerciantes, os máis altos postos da administración e o exército e algúns profesionais liberais (avogados, notarios, médicos...). Os burgueses vivían nas cidades, nos novos barrios do ensanche a nas vivendas boas do centro. Eran os que controlaban a economía e a política. E que foi da antiga nobreza?. A aristocracia xa non tiña privilexios. Mantiveron os seus títulos e o prestixio social, de feito a burguesía intentaba imitar o seu modo de vida. Pero perderon o dereito a cobrar impostos aos campesiños e pola contra tiñan que pagar eles como todo o resto da poboación. Moitos venderon terras e propiedades para manter o seu ritmo de vida. Algúns intentaron investir nos novos negocios, aínda que non se lles daba moi ben pois tiñan unha mentalidade rendista. Os fillos e fillas dos aristócratas empobrecidos resignáronse a casar cos dos burgueses adiñeirados para manter a sua capacidade económica. Con todo, ata ben entrado o século XX, os aristócratas continuaron ocupando os postos máis prestixiosos na política, na xustiza, no exército e na diplomacia. Ante esta situación na que a clase obreira malvivía oprimida, xurdíu 5 En Estados Unidos chámanlle“O soño americano”(the American dream), termo creado no século XX por un historiador. 6 En España,en 1860,caseo 70% dos homes e máis do 90% das mulleres eran analfabetos.(G. Rueda). 7 A educación dos varóns edas femias adoitaba ser diferente, como veremos.
  • 9. 9 o movemento obreiro: o conxunto de iniciativas colectivas levadas a cabo polos traballadores e traballadoras asalariados co obxecto de mellorar as súas condicións laborais e políticas. As primeiras accións centrábanse en destruír as máquinas da revolución industrial, ás que botaban a culpa da súa situación. Este movemento coñécese como ludismo. Daquela os obreiros tiñan prohibido asociarse. Ao longo do século XIX foron acadando o dereito legal a asociarse e comezaron a xurdir os primeiros sindicatos. A principal arma para loitar era a folga. Con este sistema de presión foron loitando pola redución da xornada laboral, pola supresión do traballo infantil, polo aumento dos salarios, polas melloras das condicións sanitarias nos postos de traballo, a creación de seguros de paro, enfermidade, vellez, etc. Tamén pedían o sufraxio universal, pois en moitos casos a burguesía impoñía o sufraxio censatario. O sufraxio é outra arma fundamental da cidadanía. Cara a mediados do século XIX, xurdiron dúas ideoloxías obreiras principais que daban impulso e organizaban ao movemento obreiro: o marxismo e o anarquismo. O marxismo: É a máis importante teoría socialista. O nome vénlle do seu principal teórico: Karl Marx. A teoría marxista afirmaba que nas sociedades industriais existe unha loita de clases entre a burguesía, propietaria das fábricas e doutros medios de produción, e os obreiros e obreiras ou proletariado. Marx propoñía que a clase traballadora levase a cabo unha revolución para destruír o capitalismo e darlles o poder aos traballadores e traballadoras. Tras unha fase de ditadura do proletariado, en que o Estado dominaría e regularía a sociedade, estableceríase a sociedade comunista, sen clases sociais nin propiedade privada, e o Estado desaparecería. Para conseguir isto Marx defendía a intervención das organizacións e partidos obreiros na loita política. Isto deu orixe aos partidos socialistas, que se desenvolveron a partir de 1875. O comunismo impúxose a través de revolucións en diferentes Estados do mundo, como veremos. Aínda que non conseguiron chegar á fase na que o Estado se eliminaría. A finais do século XX a meirande parte dos países comunistas foron abríndose en maior ou menor medida ao libre mercado, e nalgúns casos democratizándose. O anarquismo: O principal teórico foi Bakunin. Os anarquistas, ao contrario que os comunistas, opóñense totalmente ao Estado incluso de forma provisional. Rexeitan a política, os partidos políticos e a participación en eleccións. Organízanse por asociacións voluntarias entre as persoas e defenden que a sociedade pode desenvolverse sen Estados nin poderes superiores. Actualmente aínda existen grupos anarquistas que defenden estas ideas. A meirande parte dos grupos anarquistas son pacíficos e pacifistas, aínda que tamén existen grupos que defenden estas ideas coa violencia.
  • 10. 10 A división entre comunistas e anarquistas foi crucial en España durante a Guerra Civil. O bando de Franco tiña unha unidade ideolóxica da que carecía o bando republicano, dividido entre demócratas, comunistas e anarquistas. Esta división determinou tamén problemas á hora de asociarse a nivel internacional. A Primeira Asociación Internacional de Traballadores (AIT), formada en 1864, desapareceu aos poucos anos polos desacordos entre socialistas e anarquistas. Os socialistas fundaron pola súa conta a II Internacional (a Internacional Socialista de 1889). Esta organización creou algúns dos símbolos do movemento obreiro: a festa do Primeiro de Maio e o Himno Internacional. O movemento obreiro acadou logros importantes. Os gobernos foron introducindo leis laborais para acabar cos abusos dos empresarios: prohibiron o traballo infantil, concederon os primeiros permisos de maternidade, impuxéronlle ás empresas a obriga de pagar seguros de accidente e reduciron a xornada de traballo a oito horas. A exclusión das mulleres do espazo público e a súa loita pola igualdade: sufraxismo e dereito á educación. Cando os liberais falaban de igualdade xurídica e de dereitos naturais de todos os homes, referíanse literalmente aos homes e concretamente aos homes das metrópoles. Non eran conscientes de estar discriminando a ningún colectivo. Nótese a diferenza: "Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos”.Francia, 1789 "Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos” Naciones Unidas, 1948 Ao longo da historia, independentemente do tipo de sociedade na que se viva (estamental ou clasista) ou do tipo de economía no que se enmarque esa sociedade (tradicional ou capitalista), a muller sufriu o peso do patriarcado. Enténdese por patriarcado “aquela sociedade na que existe unha distribución desigual do poder entre homes e mulleres, sendo os homes os que teñen maior poder”. As mulleres sufriron o peso dos estereotipos e a a falta de liberdade, viviron nunha sociedade que lles nega ter as mesmas oportunidades que os homes, cun menor acceso á educación que os homes, expostas á violencia da sociedade e incluso da súa propia familia. “Cara ao teu marido irá a túa apetencia e él te dominará” Antigo Testamento, Xénesis, 3,16 (ca.900aC) “Existe un principio bo que creou a orde, a luz e o home, e un principio malo que creou o caos, a escuridade e a muller”. Pitágoras (582 – 507 aC). “É lei natural que a muller estea sometida ao marido” Confucio (ca 500aC). Houbo mulleres que destacaron ao longo da historia, mulleres que conseguiron nadar contra corrente e destacarse a pesar das trabas como o demostra o feito de que haxa mulleres destacadas xa na antigüidade como Hiparquia8 ou Hipatia de Alexandría9. Pero aínda que houbo mulleres que loitando contra a misoxinia10 dominante 8 Hiparquia foi unha das primeiras mulleres filósfofas da historia.Viviu no século IVantes de cristo.
  • 11. 11 conseguiron destacar en todos os campos da vida, os seus logros quedaron ocultos á historia. En moitos casos as súas achegas ao mundo da cultura ou da ciencia quedaron ocultas ou foron os homes do seu entorno os que se apropiaron delas11. Isto podemos atopalo incluso no século XX e mesmo na actualidade12. Cando ao comezo da Idade Contemporánea o pobo accede aos dereitos políticos, pasando dunha situación na que a soberanía a tiña unicamente o rei, a unha situación na que será o pobo quen teña a soberanía e poida exercela a través do seu voto, a muller será excluída do dereito a participar na vida política. Ao proclamarse en 1789 en Francia a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, esta non contemplaba como suxeito de dereito á muller, xa que coa palabra “home” non se refería á humanidade, senón só aos varóns. Esta discriminación foi o que levou a Olimpia de Gouges a publicar como protesta en 1791 a Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá: As nais, fillas, irmás, representantes da nación, piden ser constituídas en Asemblea Nacional. Por considerar que a ignorancia, o esquecemento e o desprezo dos dereitos da muller son as únicas causas dos males públicos e da corrupción (...) 1. A muller nace libre e permanece igual ao home en dereitos (...). 2. O obxectivo de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e imprescriptibles da Muller e do Home; estes dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e, sobre todo, a resistencia á opresión. 3. O principio de toda soberanía reside esencialmente na Nación que non é máis que a reunión da Muller e o Home (...) 6. A lei debe ser a expresión da vontade xeral; toas as Cidadás e Cidadáns deben participar na súa formación persoalmente e por medio dos seus representantes. Debe ser a mesma para todos; todas as cidadás e todos os cidadáns, por ser iguais aos seus ollos, deben ser igualmente admisibles a todas as dignidades, postos e empregos públicos, según as súas capacidades e sen máis distinción que as das súas virtudes e os seus talentos. 9 Hipatia deAlexandría matemática e astrónoma que viviu entre os séculos IVe V 10 Misoxinia:aversión ásmulleres ou falta deconfianza nelas. 11 https://soyunachicamala.wordpress.com/2015/05/08/10-escritoras-que-se-hicieron-pasar-por-hombres/ 12 https://www.bbvaopenmind.com/grandes-cientificas-en-la-sombra/
  • 12. 12 Pero esta declaración é papel mollado. É só unha acción de protesta, non un documento legal. As asembleas revolucionarias francesas negaron os dereitos políticos á muller e o Código Civil de Napoleón perpetuou a súa inferioridade legal. Moitas veces interprétase a loita feminista como un enfrontamento das mulleres contra os homes. Pero non é tal. Houbo homes feministas dende o principio, que loitaron polos dereitos das mulleres.Como exemplo xa vimos no seu momento os escritos do ilustrado Bieito Xerónimo Feixoo. Na época da Revolución Francesa podemos destacar tamén ao marqués de Condorcet, por exemplo. Os EE.UU. foron o primeiro país do mundo no que o feminismo cobrou forza. A mediados do século XIX houbo una convención en Seneca Falls, no estado de Nova York, da que xurdiu un movemento feminista cuxa principal líder foi Elisabeth Stanton. Moitas feministas norteamericanas colaboraron na loita pola abolición da escravitude e sufriron unha gran decepción cando, tras a guerra de Secesión entre os estados escravistas e os abolicionistas, se reformou a constitución estadounidense para incluír o voto de todos os homes sen distinción de raza... pero seguíaselle negando ás mulleres!. A misoxinia demostrou ser máis forte que o racismo. A primeira vez na historia que se concedeu o voto ás mulleres foi no estado de Wyoming en 1869, pero a extensión a outros estados dos EE.UU foi moi lenta, e o mesmo coa extensión do voto das mulleres polo resto do mundo. Durante a segunda metade do século XIX foron xurdindo asociacións feministas. O nacente feminismo centrábase inicialmente na reivindicación do voto para as mulleres, xa que o voto é un instrumento de presión e de poder. As asociacións sufraxistas (favorables ao sufraxio ou voto feminino) foron moi activas e a comezos do século XX unha delas optou pola acción directa. As sufraxistas máis radicais, encabezadas por Emmeline Pankhurst, desafiaron a lei nas súas protestas e, ao ser encarceradas, responderon mediante folgas de fame, que o goberno británico tentou impedir mediante o bárbaro procedemento da alimentación por sonda. A tensión era moi grande en 1914 e cando a guerra empezou o rei aministió á señora Pankhurst e a todas as sufragistas arrestadas.
  • 13. 13 Ata o século XIX a defensa dos dereitos das mulleres non fora nunca unha tarefa prioritaria. Algo que se mantén ata a actualidade. O socialismo, por exemplo, priorizará a reivindicación da igualdade de clases antes que a igualdade entre homes e mulleres, a pesar de que as condicións laborais das mulleres traballadoras das industrias eran moitas veces inda peores que as dos homes e en calquera caso con peores soldos. As mulleres irán adquirindo un maior protagonismo. A forza do movemento feminista e a coherencia dos seus argumentos (resultaba cada vez máis difícil defender a idea de que a muller non está capacitada para votar) acabaría antes ou despois acadando o triunfo. Pero houbo cambios sociais acelerados pola primeira guerra mundial, entre 1914 e 1919. Durante a guerra moitos homes deixaron seus postos de traballo para ir a loitar. A muller incorporouse masivamente a eses postos de traballo demostrando que era quen de levar a cabo tarefas que antes se reservaban unicamente aos varóns. Ao longo do século XX a muller vaise incorporando ao traballo fora da casa cada vez en máis sectores e vai acadando o dereito ao voto lentamente nos distintos países. En Noruega en 1913, en EE.UU. en 1920... En Italia estaba a piques de aprobarse cando en 1922 chegou o réxime fascista que eliminaría o sufraxio universal, así que as italianas tiveron que esperar ata 1945. O mesmo pasou en España, onde as mulleres acadamos o voto durante a II República e o perdemos coa ditadura franquista. O máis sorprendente foi o caso de Francia, onde as primeiras peticións de sufraxio feminino plantexáronse a fins do século XVIII e non se adoptou ata despois da II Guerra Mundial. A partir de entonces (mediados do século XX) foise xeneralizando en case todo o mundo. Tras a Segunda Guerra Mundial e co inicio das actividades das Nacións Unidas, en 1952, aprobouse a Convención sobre os dereitos políticos da muller: Artigo I. As mulleres terán dereito a votar en todas as eleccións en igualdade de condicións cos homes, sen discriminación algunha. Artigo II. As mulleres serán elixibles para todos os organismos públicos electivos establecidos pola lexislación nacional, en condicións de igualdade cos homes, sen discriminación algunha. ...
  • 14. 14 Posteriormente as Nacións Unidas foron aprobando documentos relativos aos dereitos das mulleres. Hoxe o voto feminino considérase un compoñente ineludible da democracia. A pesar de todo, nin as declaracións nin as convencións son sinónimo de un respecto efectivo na práctica dos dereitos e liberdades que proclaman. Unha cousa é a teoría e outra a práctica. Está claro que o seu cumprimento é desigual e en moitos casos non se cumpre. Pero como mínimo na teoría, a lexislación internacional ampara ás mulleres e marca o camiño a seguir para chegar ao tipo de sociedade que desexamos: unha sociedade na que as mulleres non sexan discriminadas nin sufran violencia polo feito de ser mulleres.
  • 15. 15 Bibliografía: Germán Rueda “El reinado de Isabel II” Historia 16. Historia 4º de ESO Obradoiro Santillana 2008 http://www.amnistiacatalunya.org/edu/es/historia/inf-mujeres-hist.html VV.AA. Historia Política y Social Moderna y Contemporánea UNED 2001