1. Federación de Comercio Hostalería e Turismo
COMUNICADO NEGOCIACIÓN CONVENIO
COMERCIO ALIMENTACIÓN DE PONTEVEDRA
Reunión do día 9 de xaneiro de 2013
O día 9 de xaneiro celebrouse a 1ª reunión da mesa de negociación do
Convenio de Comercio Alimentación da provincia de Pontevedra.
Nesta reunión estableceuse a representación de cada organización sindical
nesta negociación, na que CC.OO. contaremos con 4 membros e unha
representatividade do 25’58%, CIG 7 membros e o 37’20% e UGT 4 membros
e o 24’41%. O resto de sindicatos con delegados no sector non estarán
presentes na mesa por non contar con a representatividade mínima esixida
legalmente.
O único problema presentouse no momento de establecer o calendario de
reunións. Por parte da patronal propúxose que estas sexan con peridiocidade
quincenal, o que as tres centrais sindical nos opuxemos. Ante o imposibilidade
de chegar a un acordo, quedamos en volver a reunir a mesa o próximo día 25
ás 10’00 horas con a intención de negociar o día completo se fose necesario.
Igualmente cada un dos sindicatos presentamos as nosas plataformas de
negociación, comprometéndose a patronal a estudalas e entrar en materia na
próxima reunión.
Por parte de CC.OO. consideramos que é necesario que se de unha
negociación áxil e que nos permita alcanzar un acordo que garanta un
convenio equilibrado e no menor tempo posible.