1. Federación de Comercio Hostalería e Turismo
PREACORDO NO CONVENIO DE COMERCIO
DETALLISTA TEXTIL DE PONTEVEDRA
No día de hoxe alcanzamos un preacordo para a sinatura do convenio de
Comercio Detallista Textil da provincia de Pontevedra. As novidades que se
acordaron sobre o convenio anterior son as seguintes:
• Vixencia para os anos 2012, 2013, 2014 e 2015.
• Cláusula de ultravixencia que garante a continuidade do convenio cando
remate a súa vixencia e mentres non se asine outro que o substitúa.
• Incremento salarial: 2012 sen incremento, 2013 1%, 2014 1% e 2015 1%.
• Cláusula de revisión para o ano 2015 na diferenza entre o IPC real e o
incremento establecido para este ano (1%)
• Recuperación das vacacións non gozadas por encontrarse en situación de baixa
por IT.
• Licenza para acompañamento de fillos menores de 14 anos o médico. No
convenio anterior a acompañamento estaba establecido para fillos menores de
12 anos.
• Redución de xornada por atención de fillos menores de 12 anos.
• Inclusión da licenza por morte ou enfermidade de familiares dos familiares
hasta segundo grao.
• Reserva de posto de traballo para as excedencias por coidado de fillos e de
persoas dependentes.
• Posibilidade de acumulación da lactación en 21 días naturais.
Dende CCOO facemos unha valoración positiva de este preacordo, que supón
sobre todo a garantía de un convenio de futuro para os traballadores e
traballadoras de este sector. Ademais garante un incremento salarial moderado
pero aceptable para os tempos que corren e a garantía de mantemento do poder
adquisitivo para o ano 2015 e mellora algúns aspecto normativos.