1. CERTAME DE CINEMA OUFF ESCOLA
O CPI Virxe da Cela entre os finalistas do VI Certame de Cinema
OUFF Escola enmarcado dentro do festival de Cine Internacional de
Ourense (OUFF).
O OUFF escola, é un concurso que ten como obxectivo o fomento da
participación do alumnado en proxectos audiovisuais, impulsar a
creatividade, o traballo en equipo e o uso do idioma galego. Tamén
pretende potenciar a utilización das tecnoloxías da información e
comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a
mostra audiovisual feito nas aulas.
Nesta edición do certamen concurreron 124 traballos de centros de
Enseñanza Primaria e Secundaria de toda Galicia. A entrega de premios
tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense o luns 16 de Novembro de
2015.
Noraboa a todos e todas polo traballo realizado e aínda que non
acadamos o premio final , xa somos uns gañadores por chegaren ata aquí.
Parabéns a todos aos alumnos e alumnas que participáchedes no
traballo, aos que estades no centro e aos que estabades o ano pasado en 4º
ESO que fuchedes parte principal na realización deste proxecto.