SlideShare a Scribd company logo
1 of 40
Profesor Eleuterio J. Saura




     O
IMPERIALISMO
  COLONIAL
  O dominio europeo do
   mundo (1870-1914 )
No último terzo do s. XIX, unha Segunda
                                              O soño de Rhodes
Revolución Industrial transformou a
economía e a sociedade das principais
potencias europeas.
Aproveitando a súa superioridade técnica,
militar e financeira,
Europa lanzouse ao dominio político e
económico do resto do mundo. Ese
dominio plasmouse en termos de
ocupación territorial, e entre 1870 e 1914,
as principais potencias expandíronse fóra
das súas fronteiras, creando grandes
imperios coloniais.
Isto significou a explotación directa dos
recursos de África, Asia Latinoamérica,
así como o control político de grande parte
dos seus territorios, xa que a maioría das
colonias estaban gobernadas desde a
metrópole.
A ambición por destacar na carreira
colonial levou a enfrontamentos entre
potencias, tanto nas colonias coma en
Europa, sendo unha das causas da
Primeira Guerra Mundial.
Concepto de imperialismo colonial
                  Imperialismo:
                    Sistema en que a cultura, a
                    política e a economía están
                    organizados en función do
                    dominio duns países sobre os
                    outros.
                  Colonialismo:
                    Ocupación dun territorio por
                    outro país. Comporta a
                    ocupación militar, o
                    asentamento de poboación
                    orixinaria do país dominante e
                    a explotación dos seus
                    recursos económicos en
                    beneficio deste.
                  Metrópole:
                    País dominante
                  Colonia:
                    País ou territorio sometido,
                    gobernado e explotado por
                    outro.
- Atopar novos mercados
                         - Materias primas baratas
         *Económicas
                         - Investimento de capitais
                         - Superioridade técnica e militar


         • Sociais e
                         - Asentamento de poboación europea
         demográficas
                         - Válvula de escape a tensións sociais

CAUSAS
                         - Superioridade do home branco
                         - Misión civilizadora de Europa
         • Ideolóxicas
                         - Evanxelización
                         - Darwinismo social


                         - Poder militar e estratexia
         • Políticas     - Poder e prestixio internacional
                         - Nacionalismo
Causas económicas
•   Estabelecer novos mercados onde exportar produción industrial en
    réxime de monopolio
•   Conseguir materias primas baratas e abundantes
•   Man de obra barata para reducir custos
•   Novos territorios onde investir capital

                               “O imperialismo é a fase superior do
                               capitalismo” (Lenin)

                              “A política comercial é filla da industrialización. O
                              consumo en Europa está saturado: é
                              imprescindible descubrir novos filóns de
                              consumidores noutras partes do mundo.
                              Inglaterra tomou a dianteira no movemento
                              industrial porque foi a primeira en prever tan
                              afastados horizontes. A política colonial é unha
                              expresión internacional das leis da competencia.”
                                                             Jules Ferry, 1.890
Armamento               ferrocarril          barco de vapor

      ELEMENTOS QUE FACILITARON O IMPERIALISMO




teléfono    telégrafo           radio   superioridade militar
“Onte asistín a unha xuntanza de
                                               desempregados do barrio obreiro do
O enorme crecemento natural da poboación       East End de Londres. E non se ouvía
europea e os conflitos sociais pola falta de   máis ca un berro: “pan, pan”.
                                               Reflexionei e sentinme aínda máis
emprego serviron de argumento os Estados
                                               convencido da importancia do
para xustificaren a conquista de novos         Imperialismo. É asolución ao
territorios onde asentaren colonos             problema social: para salvar os 40
                                               millóns de británicos dunha guerra
                                               civil, nós, os colonizadores, debemos
                                               conquistar novas terras para
No entanto, a emigración europea foi maior     instalarmos nelas o excedente da
a outras zonas non coloniais                   nosa poboación e dar saída os
                                               produtos das nosas fábricas”.
Emigración europea en millóns de persoas
                                                         Cecil Rhodes, 1895
En primeiro lugar, creo no Imperio Británico, e

Causas ideolóxicas                  en segundo, na raza británica, a maior raza
                                    imperial coñecida polo mundo.

Ideais racistas                     Entre todas as nacións tan só nós fomos quen
                                    de fundar e conservar colonias nas condicións
Defendían a superioridade da raza   máis diversas e en todas as rexións do mundo.
                                    Asegurámonos a fiel submisión de todos os
branca sobre as demais              cidadáns británicos e a simpatía de todas as
                                    razas que viven á sombra da bandeira británica.
                                        Joseph Chamberlain, 1895


                                      “Deducións xerais:
                                      1.   As similitudes entre negros e simios
                                           son máis grandes que entre simios e
                                           europeos.
                                      2.   O negro é inferior intelectualmente ao
                                           europeo.
                                      3.   O negro é máis humano na súa
                                           natural subordinación ao home
                                           europeo que en calquera outra
                                           circunstancia.
                                      4.   O negro tan só pode ser humanizado
                                           e civilizado polos europeos”.
                                      Sesión científica, Sociedade Antropolóxica de
                                           Londres, 1863
•Exaltación nacionalista
Os grandes estados coloniais afirmaban a súa
superioridade e proclamaban o deber de difundir a
cultura e a civilización europeas por todo o mundo.
•Chovinismo: cualificativo en Francia do patriotismo
exaxerado, que considera que o propio do país ao que
un pertence é o mellor do mundo.
•Xingoísmo: Nacionalismo británico exaltado, partidario
da expansión violenta sobre outras nacións. Tiña un
carácter racista e consideraba necesario o
imperialismo para dominar a “razas inferiores”

                                      Asumide a carga do home branco,
                                      Enviade os mellores dos vosos rapaces,
                                      dirixide vosos fillos ao exilio
                                      para que eles sexan os servidores dos seus cautivos,
                                      para que eles velen, pesadamente ataviados,
                                      sobre pobos axitados e salvaxes,

                                      metade demos, metade cativos
                                                                        R. Kipling, 1899
• Civilizar Responsabilidade do home branco de
levar o progreso e os bos costumes aos pobos
inferiores
• Paternalismo Protector
• Evanxelización de pobos primitivos e idólatras
• Finalidade científica Moitas sociedades
xeográficas e científicas estimularon o
colonialismo como vía natural do proceso
científico. Así financiáronse innumerables
expedicións científicas e antropolóxicas
“A colonización é a forza expansiva dun
pobo, a súa potencia de reprodución, a súa
dilatación e a súa multiplicación a través do
espazo; é a submisión dunha parte do
universo á súa lingua, aos seus costumes,
ás súas ideas e ás súas leis. Un pobo que
coloniza pon as bases da súa grandeza
futura. O número de individuos que forman a
raza aumenta; a cantidade de recursos e de
produtos novos, de equivalentes de cambio
que demandan a intervención da industria
metropolitana, é inconmensurable; o campo
que se abre aos capitais das metrópoles e o
dominio explotable son infinitos. Sexa cal for
o punto de vista, sempre nos atoparemos
cunha verdade incontestable: o pobo que
coloniza máis é o primeiro pobo; e se non o
é hoxe, xa o será mañá”.



P. Leroy-Beaulieu: De la colonisation chez
les peuples modernes. París, 1870.
REPARTO COLONIAL DE AFRICA, ASIA E OCEANÍA
A principios do s. XIX, os europeos só
dispuñan de factorías costeiras ou pequenas
colonias en África. O resto era descoñecido,
e só existían algúns estados independentes.
Na segunda metade do século, exploradores
e misioneiros percorreron o continente e
internáronse nas bacías dos ríos Níxer, Nilo,
Congo e Zambeze.
A partir de 1870, as potencias europeas, especialmente Francia e Inglaterra,
lanzáronse a conquistar e colonizar África: os primeiros co proxecto de
controlaren unha franxa de Leste a Oeste e os segundos de Norte a Sur. Isto
provocou conflitos entre eles e receos das outras potencias europeas.

                             • Libre navegación por grandes ríos africanos
                             • Obriga de ocuparen efectivamente o territorio
               Acordos       reclamado por cada potencia
               básicos       • Delimitación de áreas de influencia de cada
                             potencia
                             • Aumentar o benestar moral e material dos
                             conquistados

    Conferencia Internacional
               en Berlín
Convocada polo chanceler alemán
Von Bismarck, co obxectivo de
estabelecer as bases do reparto de
África
RESOLUCIÓNS DO CONGRESO DE BERLÍN (1885)

“No nome de Deus Todopoderoso A Súa Maxestade o Rei de España; a súa
Maxestade o Emperador de Alemaña, etc.; Desexando concertar de común acordo as
condicións máis favorables ao desenvolvemento do comercio e da civilización en
certas rexións de Africa, e asegurar a todos os pobos a avantaxe da libre navegación
nos dous principais ríos africanos; desexando evitar as desavenencias e cuestións que
máis adiante puidense suscitarse polas novas tomas de posesión na costa de África, e
atendendo, ademais, á maneira de aumentar o benestar moral e material das
poboacións indíxenas, resolveron::
1°. Unha Declaración relativa á liberdade do comercio na bacía do Congo.,
2°. Unha Declaración referente á trata de escravos e ás operacións que por terra ou
por mar proporcionan escravos para a trata.
4°. Unha Acta de navegación do Congo, e do Níxer
CAPITULO VI
Art. XXXIV. A potencia que en adiante tome posesión dun territorio nas costas do
continente africano, situado fóra das súas posesións actuais ou que as adquira máis
adiante, así como a potencia que asuma un protectorado, achegará a Acta respectiva
unha notificación dirixida ás demais potencias signatarias da actual, a fin de que, se
houber lugar a isto, podan facer valer as súas reclamacións.
Art. XXXV. As potencias asinantes desta Acta recoñecen a obriga de manter, nos
territorios que ocupen na costa do continente africano, a autoridade competente para
facer respectar os dereitos adquiridos e, en caso necesario, a liberdade de comercio e
de tránsito nas condicións que se estipulasenl”.
África antes e despois da Conferencia de Berlín
CONFLITOS COLONIAIS AFRICANOS ENTRE POTENCIAS
                                  As guerras Boers




          Desenvovidas entre 1880 e 1902
          entre colonos holandeses e o
          Imperio Británico polo desexo
          deste de extender o seu dominio
          a toda a África Austral.
          Fue unha loita desigual entre
          granxeiros e o exército inglés.
          Finalmente as pequenas
          repúblicas boers de Orange e
          Transvaal foron incorporadas ao
          Imperio Británico.
Visión francesa                 O incidente de                Visión británica
                                   Fashoda
                                     (1.898)




Os exércitos coloniais francés e británico marcharon sobre Fashoda (entre Chad e
o Altp Nilo) co fin de ocupalo e pechar a súa banda de dominio continental: os
franceses entre o Atlántico e o Indico, e os ingleses entre o Mediterráneo e
Sudáfrica. A guerra estivo a punto de estourar, mais os franceses retiráronse
A canle de Suez
 Fundamental para o poder imperial de
  Inglaterra e Francia no século XIX.
 A canle, construída polos Lesseps e
  baixo control de Francia e Inglaterra.
   Paso estratéxico esencial Permite o
    acceso dende o Mediterráneo ao
    océano Índico a través do mar Roxo,
    para chegar máis rápido e barato ás
    súas colonias de Asia, así como
    fundamental para o transporte de
    petróleo desde Oriente Medio a
    Europa.
Inauguración da canle de Suez




            Supuxo un aforro
              de 9.000 km




                          Para os fastos de inauguración
                          encargouse especialmente
                          unha ópera :
                                “Aída”, de Verdi
A ocupación de Asia
No “Asalto de Asia” interviron, ademais das
potencias tradicionais, Rusia, EE.UU e
Xapón.
Gran Bretaña: Asentada nos portos de
Madrás, Calcuta e Bombai a través da
Compañía Inglesa das Indias desde o s.
XVIII, aproveitaá a revolta dos cipaios para
tomar o control total. Nomearon un Vicerrei e
anexionaron Birmania e Malasia.
Francia: Centrouse no SL asiático creando a
Unión Indochina que abranguía Laos, Annam
(Vietnam) e os protectorados de Camboxa,
Tonkin e Siam (máis tarde con autonomía e
neutral como fronteira entre os imperios
francés e inglés).
Rusia: Estenderase por Siberia até China.
Entrará en conflito con Inglaterra (Persia) e
Xapón (Manchuria).
Holanda: Presente en Asia desde o s. XVII,
asentada nas illas da Sonda (Indonesia).
Desde 1898
EUROPA LÁNZASE SOBRE CHINA
                   As potencias europeas só foran
                   capaces de estabelecern encraves
                   comerciais na costa chinesa.
                   Os ingleses equilibraban as compras
                   en China coa venta de opio. Malia a
                   prohibición deste comercio de opio
                   polas autoridades chinesas (1839),
                   seguiu a facerse, o que desembocou
                   nas “guerras do opio”.
                   A derrota chinesa permitiu aos
                   británicos ocupar o encrave de Hong
Emperatriz Xi Ci   Kong, así como abrir ao comercio
                   internacional 12 portos, polos que
                   entrou a influencia das potencias
                   imperialistas.
“Barcos bárbaros empéñanse en
                                                        vir comerciar coa intención de
                                                        acadar grandes beneficios. As
                                                        riquezas de China son arrebatadas
                                                        en proveito dos bárbaros. Con que
                                                        dereito utilizan a droga velenosa
                                                        para prexudicar ao pobo chinés?
                                                        Mesmo no caso de que os
                                                        bárbaros non desexaren nos
                                                        prexudicar, co seu inmoderado
                                                        afán de lucro, no se preocupan
                                                        polo mal que ocasionan ao
                                                        próximo. Preguntámonos: onde
                                                        está a vosa conciencia?”
                                                              Comisionado Lin Zexu á raíña
                                                        Victoria (Gran Bretaña), 1839




O consumo de opio, antes reservado ás clases máis altas, popularizouse na China grazas
ao tráfico inglés (que o abaratou). O número de consumidores aumentou e o país encheuse
de fumadoiros. Isto, unido á superioridade técnica e militar, permitiu ás potencias europeas
controlaren as riquezas de China sen necesidade de ocupala.
Houbo reaccións
                                     nacionalistas como o
                                     “Levantamento dos
                                     100 días” (1898) ou a
                                     revolta popular dos
                                     “boxers” baixo o
                                     berro “Morte ao
                                     extranxeiro!”. Ambas
                                     as dúas fracasaron
                                     ante a unión das
                                     tropas de todos os
                                     países coloniais
                                     ubicadas en China.




“China non se decata de que a súa civilización é vella, inservible para loita coa do mundo
occidental; crese raíña das nacións, o centro da sabedoría e da ciencia. Os seus
dirixentes e toda a súa poboación só teñen menosprezo para “os diaños de Occidente”.
Polo que respecta aos mandaríns, (...) cómpre dividilos en tres categorías: quen teñen
horror ás innovacións e que de boa fe consideran todo perdido se se mudar algo o estado
de cousas estabelecido polos antigos;quen temen, polo seu interese persoal, as
innovacións diabólicas de Occidente (telégrafos, ferrocarrís); e, en fin, os moi escasos que
comprenden a inferioridade da maior parte das institucións de China, o seu illamento e a
súa debilidade”.
J,. Challey: “La Chine” en L´Economiste français, 7 de xaneiro de1888.
O imperialismo dos Estados Unidos
Tralo gran crecemento económico dos EE.UU
a fins do s. XIX e o intenso proteccionismo
europeo, foille necesario buscar novos
mercados e practicar unha política
expansionista.
As bases ideolóxicas e a xustificación viñeron
da aplicación da teoría da supervivencia das
especies de Darwin (Darwinismo social).
 EE.UU. deberían competir encarnizadamente       a
con outras nacións para sobreviviren no
contexto internacional. A opinión maioritaria
defendeu que o continente americano era o
seu espazo natural de expansión e que os
EE.UU. podían e debían intervir en calquera
lugar do continente para defenderen os seus
intereses.
A “doutrina Monroe” ou a “Big stick politic”
(política do gran garrote) de Theodore
Roosevelt foron as vías de actuación.
En 1823, o presidente dos EE. UU.        “Os nosos intereses son semellantes os dos
James Monroe lanzou a idea do            nosos veciños do sur. Estes pobos teñen
destino manifesto que se simplificou     grandes riquezas naturais, e se neles reinan a
na frase "América para os                xustiza e as leis básicas de toda sociedade
americanos", e que na práctica           civilizada, poden estar seguros de que os
significaba a vocación do seu país       trataremos con simpatía cordial ey afectuosa.
por dominar todo o seu hemisferio,       Non interviremos nos seus asuntos máis que
relevando aos estados europeos.          como último recurso, ou se se fixer evidente a
                                         súa incapacidade ou mala vontade, violaren
 A "doutrina Monroe" foi dando           os dereitos dos Estados Unidos, ou solicitaren
importantes pasos durante todo o s.      axuda extranxeira en prexuízo da nación
XIX e fíxose realidade a fins de         americana. É obvio que cada nación en
século: todo o continente ficaba baixo   América que desexar conservar a súa
a influencia económica e política do     liberdade e independencia, debe ser
EE.UU., despois da anexión de Cuba       consciente que terá ese dereito só se souber
e Porto Rico.                            facer bo uso dela.”
                                         T. Roosevelt, 1904
Comezouse coa compra de Alaska a
Rusia (1867) para controlar a navigación
do estreito de Bering.
A guerra contra España en 1898, supuxo
o control de Cuba, Porto Rico e Filipinas.
O colonialismo estadounidense, a
diferenza do europeo e do xaponés non
se baseou na conquista territorial e na
imposición dunha administración
metropolitana, senón pola inxerencia nos
asuntos internos dos países da zona e
na sumisión económica dos gobernos
autóctonos aos seus intereses
(neocolonialismo).
En todas as pequenas repúblicas do
Caribe e Centroamérica, os intereses das
grandes compañías norteamericanas
foron protexidos por unha intervención
directa, incluíndo a militar, na formación
de gobernos dependentes ou na xestión
dos asuntos económicos, dando lugar á
“diplomacia do dólar”.
A Canle de Panamá
Construída polos Estados Unidos entre 1901-14, era de vital
importancia para o tráfico comercial e militar entre as costas
leste e oeste do país. Fomentouse unha guerra contra Colombia
para independizar Panamá e sometelo ao control dos EE.UU. Foi
básica para o control militar de América Central e o Caribe.
O imperialismo xaponés

 Trala revolución Meiji, que supuxo un espectacular
desenvolvemento económico e financeiro de corte
capitalista, Xapón non só se abriu a Occidente e reformouse
institucionalmente, senón que se preparou para ser unha
potencia rexional que rapidamente construirá o seu propio
imperio colonial.

En 1895, trala guerra contra China, Xapón consiguiu a
soberanía sobre as Illas dos Pescadores e sobre Formosa, e
participou na represión da rebelión dos Boxers en 1900, con
idénticas vantaxes comerciais ás potencias occidentais.

Entre 1904 e 1905 desenvolveuse a guerra ruso-xaponesa:
a primeira vez que un país oriental derrotaba a un imperio
europeo. Coa súa vitoria Xapón conseguiu a metade da illa
Saxalín e Port Arthur.

O avance territorial xaponés incrementouse ao comezar o
século XX. O control sobre Manchuria e Corea culmina
coa anexión desta península en 1910, confirmando a
vontade expansiva do novo imperio.
A organización das colonias
Colonias de explotación
  Estaban baixo a soberanía e la administración da
  potencia.
  Control político e explotación económica por parte
  da metrópole.
  Abundante poboación indíxena, cunha elite
  europea e colonos explotando (India).

Concesións
  Algúns países independentes conceden ás potencias portos e vantaxes
  comerciais (China: Hong Kong, Macao), sempre encraves cobizados polo
  seu interese estratéxico ou comercial.
Protectorado
  A potencia “protectora” controlaba as riquezas e a política exterior mentres
  que un goberno controlado nativo se ocupaba da política interior.(Marrocos)

Dominio ou colonia de poboamento
  Territorio con escasa poboación indíxena e ocupado en masa por colonos
  europeos con formas de vida e organización europeas (Australia).
Consecuencias para os colonizados
                   A civilización que nos vén de Europa é
Os territorios     voraz e dominante: consome os pobos
colonizados        que invade e extermina as razas que se
sufriron un        opoñen á súa conquista. É unha
profundo impacto   civilización caníbal: oprime os débiles e
que transformou    enriquece os fortes. É unha máquina de
o modo de vida     triturar. Alá onde vai, sementa conflitos e
das poboacións     divisións. É unha civilización científica,
indíxenas no       mais non humana. Concentra todas as
económico,         súas forzas no único obxectivo de se
social,            enriquecer, coma un millonario que vende
demográfico        a súa alma por unha fortuna.
ecultural                                R. Tagore, 1916
Consecuencias para os colonizados
Económicas
Agás para as elite locais, a situación empeorou.
Produciuse un proceso de expropiación de terras
indíxenas que favoreceu aos colonizadores.
Abandonáronse os cultivos tradicionais e potenciáronse
as plantacións de monocultivo extensivo por intereses
das metrópoles.
Igualmente produciuse unha explotación intensiva dos
recursos mineiros, o que provocaría unha futura
dependencia destes territorios.
    “En Alxeria, todas as terras fértiles estaban xa
    cultivadas ao chegaren as tropas francesas. Así
    a pretendida “explotación de terras” foi, máis ben,
    a explotación dos seus habitantes.
    Afrancesando e divindo a propiedade,
    provocouse unha fenda na vella sociedade tribal e
    substituíronse as forzas colectivas polas
    individuais, ao tempo que se creaba unha man de
    obra barata que compensaba os gastos de
    transporte dos produtos á metrópole e aseguraba
    os beneficios das empresas coloniais. A
    colonización transformou os alxerinos nun
    inmenso proletariado agrícola”.
                                                          A República colonial, segundo unha
                                     J. P. Sartre, 1956   revista satírica francesa, 1911
Consecuencias para os colonizados
Culturais
Produciuse un proceso de
aculturación e perda das
tradicións e crenzas propias.

Sociais
O aumento da poboación rompeu
o equilibrio poboación-recursos.
Desorganizaouse a vida tribal,
unidades étnicas foron divididas
ou unidas de xeito artificial, o que
provocará futuros violentos
conflitos.
Utilizaranse determinados grupos
indíxenas para recrutar corpos do
exército de choque e controlar as
revoltas indíxenas (cipaios en
India, mamelucos en Egipto,
gurkas en Nepal)
Tamén se escravizou a parte da
poboación.
Consecuencias para os colonizadores
Económicas
As potencias puideron continuar o seu crecemento.
Aprovisionáronse de materias primas e venderon os seus
produtos industriais ás colonias. Construíron estradas,
camiños de ferro e porto. Grazas a todo isto conseguiron
grandes beneficios.
Chegaron a Europa grandes cantidades de produtos coloniais
(té, cacao, café) a baixo custo pola explotación da man de
obra indíxena.
Culturais
Estendeuse a cultura occidental en todos os continentes. Os
europeos tiveron a oportunidade de coñecer outras
civilizacións. Reforzouse o sentimento de superioridade dos
occidentais.
 Políticas
As tensións nacionalistas do colonialismo chegaron ao
extremo cara a 1910. As diversas alianzas entre
potencias e a carreira de armamentos desembocará na
Primeira Guerra Mundial.
Algúns filmes sobre este tema




                                Y un libro fundamental
                                                    El libro negro del
                                                    colonialismo
                                                    Marc Ferro
                                                    (coord). Trad:
                                                    Carlo A. Caranci.
                                                    La Esfera de los
                                                    Libros, Madrid 2005.
Después de vermos isto,
pódese dicir que os países
do Terceiro Mundo teñen
débeda externa?

More Related Content

What's hot

What's hot (19)

Xeografia
XeografiaXeografia
Xeografia
 
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónTema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
 
CUESTIÓNS TEMA 4
CUESTIÓNS TEMA 4CUESTIÓNS TEMA 4
CUESTIÓNS TEMA 4
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Tema5
Tema5Tema5
Tema5
 
O Imperialismo
O ImperialismoO Imperialismo
O Imperialismo
 
Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña
Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de ElviñaXosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña
Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña
 
Unidade 1 Antigo Réxime
Unidade 1 Antigo RéximeUnidade 1 Antigo Réxime
Unidade 1 Antigo Réxime
 
Tema 1. antigo réxime
Tema 1. antigo réximeTema 1. antigo réxime
Tema 1. antigo réxime
 
Tema 6 sociais
Tema 6 sociaisTema 6 sociais
Tema 6 sociais
 
Unidade 5
Unidade 5Unidade 5
Unidade 5
 
T. 4. mov. obreiro
T. 4. mov. obreiroT. 4. mov. obreiro
T. 4. mov. obreiro
 
Avaliación Inicial
Avaliación InicialAvaliación Inicial
Avaliación Inicial
 
Presentacion imperialismo
Presentacion imperialismoPresentacion imperialismo
Presentacion imperialismo
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Historia de españa
Historia de españaHistoria de españa
Historia de españa
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentos
 
A monarquia borbónica no Antigo Réxime
A monarquia borbónica no Antigo RéximeA monarquia borbónica no Antigo Réxime
A monarquia borbónica no Antigo Réxime
 

Viewers also liked

A pintura barroca: Caravaggio e o tenebrismo
A pintura barroca: Caravaggio e o tenebrismoA pintura barroca: Caravaggio e o tenebrismo
A pintura barroca: Caravaggio e o tenebrismoprofesor historia
 
A arte barroca. O seu contexto histórico
A arte barroca. O seu contexto históricoA arte barroca. O seu contexto histórico
A arte barroca. O seu contexto históricoprofesor historia
 
Velázquez: caracteríticas e evolución pictórica
Velázquez: caracteríticas e evolución pictóricaVelázquez: caracteríticas e evolución pictórica
Velázquez: caracteríticas e evolución pictóricaprofesor historia
 
A distribución da poboación en España e en Galicia
A distribución da poboación en España e en GaliciaA distribución da poboación en España e en Galicia
A distribución da poboación en España e en Galiciaprofesor historia
 
A evolución da poboación en España e en Galicia
A evolución da poboación en España e en GaliciaA evolución da poboación en España e en Galicia
A evolución da poboación en España e en Galiciaprofesor historia
 
La población española y pirámides población. Geografía Acceso universidad may...
La población española y pirámides población. Geografía Acceso universidad may...La población española y pirámides población. Geografía Acceso universidad may...
La población española y pirámides población. Geografía Acceso universidad may...José Martín Moreno
 
El Canto del Silencio (por: carlitosrangel)
El Canto del Silencio (por: carlitosrangel)El Canto del Silencio (por: carlitosrangel)
El Canto del Silencio (por: carlitosrangel)Carlos Rangel
 

Viewers also liked (20)

Pintura cubista
Pintura cubistaPintura cubista
Pintura cubista
 
Barroco pintura
Barroco pinturaBarroco pintura
Barroco pintura
 
A pintura barroca: Caravaggio e o tenebrismo
A pintura barroca: Caravaggio e o tenebrismoA pintura barroca: Caravaggio e o tenebrismo
A pintura barroca: Caravaggio e o tenebrismo
 
A arte barroca. O seu contexto histórico
A arte barroca. O seu contexto históricoA arte barroca. O seu contexto histórico
A arte barroca. O seu contexto histórico
 
Velázquez: caracteríticas e evolución pictórica
Velázquez: caracteríticas e evolución pictóricaVelázquez: caracteríticas e evolución pictórica
Velázquez: caracteríticas e evolución pictórica
 
6. europa a finais do século xix
6. europa a finais do século xix6. europa a finais do século xix
6. europa a finais do século xix
 
A distribución da poboación en España e en Galicia
A distribución da poboación en España e en GaliciaA distribución da poboación en España e en Galicia
A distribución da poboación en España e en Galicia
 
Movementos migratorios
Movementos migratoriosMovementos migratorios
Movementos migratorios
 
6. A poboación.
6. A poboación.6. A poboación.
6. A poboación.
 
Trampantojo
TrampantojoTrampantojo
Trampantojo
 
Orientales
OrientalesOrientales
Orientales
 
27 pinturas de murillo
27 pinturas de murillo27 pinturas de murillo
27 pinturas de murillo
 
The Piano Guys
The Piano GuysThe Piano Guys
The Piano Guys
 
A evolución da poboación en España e en Galicia
A evolución da poboación en España e en GaliciaA evolución da poboación en España e en Galicia
A evolución da poboación en España e en Galicia
 
Aline la modelo
Aline la modeloAline la modelo
Aline la modelo
 
Happy holidays
Happy holidaysHappy holidays
Happy holidays
 
PICASSO Y LA MODERNIDAD ESPAÑOLA
PICASSO Y LA MODERNIDAD ESPAÑOLAPICASSO Y LA MODERNIDAD ESPAÑOLA
PICASSO Y LA MODERNIDAD ESPAÑOLA
 
La población española y pirámides población. Geografía Acceso universidad may...
La población española y pirámides población. Geografía Acceso universidad may...La población española y pirámides población. Geografía Acceso universidad may...
La población española y pirámides población. Geografía Acceso universidad may...
 
El Canto del Silencio (por: carlitosrangel)
El Canto del Silencio (por: carlitosrangel)El Canto del Silencio (por: carlitosrangel)
El Canto del Silencio (por: carlitosrangel)
 
GEO 08. La población española
GEO 08. La población españolaGEO 08. La población española
GEO 08. La población española
 

Similar to Imperialismo colonial

A época do imperialismo. Colonialismo e I Guerra Mundial
A época do imperialismo. Colonialismo e I Guerra MundialA época do imperialismo. Colonialismo e I Guerra Mundial
A época do imperialismo. Colonialismo e I Guerra MundialAgrela Elvixeo
 
Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)
Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)
Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)Dudas-Historia
 
Tema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónTema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónrubempaul
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6ahia5
 
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeO século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.
Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.
Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.LourdesErea4
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaul
 

Similar to Imperialismo colonial (20)

A época do imperialismo. Colonialismo e I Guerra Mundial
A época do imperialismo. Colonialismo e I Guerra MundialA época do imperialismo. Colonialismo e I Guerra Mundial
A época do imperialismo. Colonialismo e I Guerra Mundial
 
UNIDADE 5 - 4º E.S.O.
UNIDADE 5 - 4º E.S.O.UNIDADE 5 - 4º E.S.O.
UNIDADE 5 - 4º E.S.O.
 
Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)
Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)
Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)
 
Sociais tema 6
Sociais tema 6Sociais tema 6
Sociais tema 6
 
Tema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónTema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razón
 
Unidade 1 - 4º E.S.O.
Unidade 1 - 4º E.S.O.Unidade 1 - 4º E.S.O.
Unidade 1 - 4º E.S.O.
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeO século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
 
Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.
Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.
Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.
 
Unidade 5
Unidade 5Unidade 5
Unidade 5
 
ColeccióN 15
ColeccióN 15ColeccióN 15
ColeccióN 15
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
Nacións e imperios
Nacións e imperiosNacións e imperios
Nacións e imperios
 
Nacións e imperios
Nacións e imperiosNacións e imperios
Nacións e imperios
 
O Imperialismo
O Imperialismo O Imperialismo
O Imperialismo
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Tema 6
Tema 6 Tema 6
Tema 6
 
7. O Imperialismo
7. O Imperialismo7. O Imperialismo
7. O Imperialismo
 

Imperialismo colonial

  • 1. Profesor Eleuterio J. Saura O IMPERIALISMO COLONIAL O dominio europeo do mundo (1870-1914 )
  • 2. No último terzo do s. XIX, unha Segunda O soño de Rhodes Revolución Industrial transformou a economía e a sociedade das principais potencias europeas. Aproveitando a súa superioridade técnica, militar e financeira, Europa lanzouse ao dominio político e económico do resto do mundo. Ese dominio plasmouse en termos de ocupación territorial, e entre 1870 e 1914, as principais potencias expandíronse fóra das súas fronteiras, creando grandes imperios coloniais. Isto significou a explotación directa dos recursos de África, Asia Latinoamérica, así como o control político de grande parte dos seus territorios, xa que a maioría das colonias estaban gobernadas desde a metrópole. A ambición por destacar na carreira colonial levou a enfrontamentos entre potencias, tanto nas colonias coma en Europa, sendo unha das causas da Primeira Guerra Mundial.
  • 3. Concepto de imperialismo colonial Imperialismo: Sistema en que a cultura, a política e a economía están organizados en función do dominio duns países sobre os outros. Colonialismo: Ocupación dun territorio por outro país. Comporta a ocupación militar, o asentamento de poboación orixinaria do país dominante e a explotación dos seus recursos económicos en beneficio deste. Metrópole: País dominante Colonia: País ou territorio sometido, gobernado e explotado por outro.
  • 4. - Atopar novos mercados - Materias primas baratas *Económicas - Investimento de capitais - Superioridade técnica e militar • Sociais e - Asentamento de poboación europea demográficas - Válvula de escape a tensións sociais CAUSAS - Superioridade do home branco - Misión civilizadora de Europa • Ideolóxicas - Evanxelización - Darwinismo social - Poder militar e estratexia • Políticas - Poder e prestixio internacional - Nacionalismo
  • 5. Causas económicas • Estabelecer novos mercados onde exportar produción industrial en réxime de monopolio • Conseguir materias primas baratas e abundantes • Man de obra barata para reducir custos • Novos territorios onde investir capital “O imperialismo é a fase superior do capitalismo” (Lenin) “A política comercial é filla da industrialización. O consumo en Europa está saturado: é imprescindible descubrir novos filóns de consumidores noutras partes do mundo. Inglaterra tomou a dianteira no movemento industrial porque foi a primeira en prever tan afastados horizontes. A política colonial é unha expresión internacional das leis da competencia.” Jules Ferry, 1.890
  • 6. Armamento ferrocarril barco de vapor ELEMENTOS QUE FACILITARON O IMPERIALISMO teléfono telégrafo radio superioridade militar
  • 7.
  • 8. “Onte asistín a unha xuntanza de desempregados do barrio obreiro do O enorme crecemento natural da poboación East End de Londres. E non se ouvía europea e os conflitos sociais pola falta de máis ca un berro: “pan, pan”. Reflexionei e sentinme aínda máis emprego serviron de argumento os Estados convencido da importancia do para xustificaren a conquista de novos Imperialismo. É asolución ao territorios onde asentaren colonos problema social: para salvar os 40 millóns de británicos dunha guerra civil, nós, os colonizadores, debemos conquistar novas terras para No entanto, a emigración europea foi maior instalarmos nelas o excedente da a outras zonas non coloniais nosa poboación e dar saída os produtos das nosas fábricas”. Emigración europea en millóns de persoas Cecil Rhodes, 1895
  • 9. En primeiro lugar, creo no Imperio Británico, e Causas ideolóxicas en segundo, na raza británica, a maior raza imperial coñecida polo mundo. Ideais racistas Entre todas as nacións tan só nós fomos quen de fundar e conservar colonias nas condicións Defendían a superioridade da raza máis diversas e en todas as rexións do mundo. Asegurámonos a fiel submisión de todos os branca sobre as demais cidadáns británicos e a simpatía de todas as razas que viven á sombra da bandeira británica. Joseph Chamberlain, 1895 “Deducións xerais: 1. As similitudes entre negros e simios son máis grandes que entre simios e europeos. 2. O negro é inferior intelectualmente ao europeo. 3. O negro é máis humano na súa natural subordinación ao home europeo que en calquera outra circunstancia. 4. O negro tan só pode ser humanizado e civilizado polos europeos”. Sesión científica, Sociedade Antropolóxica de Londres, 1863
  • 10. •Exaltación nacionalista Os grandes estados coloniais afirmaban a súa superioridade e proclamaban o deber de difundir a cultura e a civilización europeas por todo o mundo. •Chovinismo: cualificativo en Francia do patriotismo exaxerado, que considera que o propio do país ao que un pertence é o mellor do mundo. •Xingoísmo: Nacionalismo británico exaltado, partidario da expansión violenta sobre outras nacións. Tiña un carácter racista e consideraba necesario o imperialismo para dominar a “razas inferiores” Asumide a carga do home branco, Enviade os mellores dos vosos rapaces, dirixide vosos fillos ao exilio para que eles sexan os servidores dos seus cautivos, para que eles velen, pesadamente ataviados, sobre pobos axitados e salvaxes, metade demos, metade cativos R. Kipling, 1899
  • 11. • Civilizar Responsabilidade do home branco de levar o progreso e os bos costumes aos pobos inferiores • Paternalismo Protector • Evanxelización de pobos primitivos e idólatras • Finalidade científica Moitas sociedades xeográficas e científicas estimularon o colonialismo como vía natural do proceso científico. Así financiáronse innumerables expedicións científicas e antropolóxicas
  • 12. “A colonización é a forza expansiva dun pobo, a súa potencia de reprodución, a súa dilatación e a súa multiplicación a través do espazo; é a submisión dunha parte do universo á súa lingua, aos seus costumes, ás súas ideas e ás súas leis. Un pobo que coloniza pon as bases da súa grandeza futura. O número de individuos que forman a raza aumenta; a cantidade de recursos e de produtos novos, de equivalentes de cambio que demandan a intervención da industria metropolitana, é inconmensurable; o campo que se abre aos capitais das metrópoles e o dominio explotable son infinitos. Sexa cal for o punto de vista, sempre nos atoparemos cunha verdade incontestable: o pobo que coloniza máis é o primeiro pobo; e se non o é hoxe, xa o será mañá”. P. Leroy-Beaulieu: De la colonisation chez les peuples modernes. París, 1870.
  • 13. REPARTO COLONIAL DE AFRICA, ASIA E OCEANÍA
  • 14. A principios do s. XIX, os europeos só dispuñan de factorías costeiras ou pequenas colonias en África. O resto era descoñecido, e só existían algúns estados independentes. Na segunda metade do século, exploradores e misioneiros percorreron o continente e internáronse nas bacías dos ríos Níxer, Nilo, Congo e Zambeze.
  • 15. A partir de 1870, as potencias europeas, especialmente Francia e Inglaterra, lanzáronse a conquistar e colonizar África: os primeiros co proxecto de controlaren unha franxa de Leste a Oeste e os segundos de Norte a Sur. Isto provocou conflitos entre eles e receos das outras potencias europeas. • Libre navegación por grandes ríos africanos • Obriga de ocuparen efectivamente o territorio Acordos reclamado por cada potencia básicos • Delimitación de áreas de influencia de cada potencia • Aumentar o benestar moral e material dos conquistados Conferencia Internacional en Berlín Convocada polo chanceler alemán Von Bismarck, co obxectivo de estabelecer as bases do reparto de África
  • 16. RESOLUCIÓNS DO CONGRESO DE BERLÍN (1885) “No nome de Deus Todopoderoso A Súa Maxestade o Rei de España; a súa Maxestade o Emperador de Alemaña, etc.; Desexando concertar de común acordo as condicións máis favorables ao desenvolvemento do comercio e da civilización en certas rexións de Africa, e asegurar a todos os pobos a avantaxe da libre navegación nos dous principais ríos africanos; desexando evitar as desavenencias e cuestións que máis adiante puidense suscitarse polas novas tomas de posesión na costa de África, e atendendo, ademais, á maneira de aumentar o benestar moral e material das poboacións indíxenas, resolveron:: 1°. Unha Declaración relativa á liberdade do comercio na bacía do Congo., 2°. Unha Declaración referente á trata de escravos e ás operacións que por terra ou por mar proporcionan escravos para a trata. 4°. Unha Acta de navegación do Congo, e do Níxer CAPITULO VI Art. XXXIV. A potencia que en adiante tome posesión dun territorio nas costas do continente africano, situado fóra das súas posesións actuais ou que as adquira máis adiante, así como a potencia que asuma un protectorado, achegará a Acta respectiva unha notificación dirixida ás demais potencias signatarias da actual, a fin de que, se houber lugar a isto, podan facer valer as súas reclamacións. Art. XXXV. As potencias asinantes desta Acta recoñecen a obriga de manter, nos territorios que ocupen na costa do continente africano, a autoridade competente para facer respectar os dereitos adquiridos e, en caso necesario, a liberdade de comercio e de tránsito nas condicións que se estipulasenl”.
  • 17. África antes e despois da Conferencia de Berlín
  • 18. CONFLITOS COLONIAIS AFRICANOS ENTRE POTENCIAS As guerras Boers Desenvovidas entre 1880 e 1902 entre colonos holandeses e o Imperio Británico polo desexo deste de extender o seu dominio a toda a África Austral. Fue unha loita desigual entre granxeiros e o exército inglés. Finalmente as pequenas repúblicas boers de Orange e Transvaal foron incorporadas ao Imperio Británico.
  • 19. Visión francesa O incidente de Visión británica Fashoda (1.898) Os exércitos coloniais francés e británico marcharon sobre Fashoda (entre Chad e o Altp Nilo) co fin de ocupalo e pechar a súa banda de dominio continental: os franceses entre o Atlántico e o Indico, e os ingleses entre o Mediterráneo e Sudáfrica. A guerra estivo a punto de estourar, mais os franceses retiráronse
  • 20. A canle de Suez  Fundamental para o poder imperial de Inglaterra e Francia no século XIX.  A canle, construída polos Lesseps e baixo control de Francia e Inglaterra.  Paso estratéxico esencial Permite o acceso dende o Mediterráneo ao océano Índico a través do mar Roxo, para chegar máis rápido e barato ás súas colonias de Asia, así como fundamental para o transporte de petróleo desde Oriente Medio a Europa.
  • 21. Inauguración da canle de Suez Supuxo un aforro de 9.000 km Para os fastos de inauguración encargouse especialmente unha ópera : “Aída”, de Verdi
  • 22. A ocupación de Asia No “Asalto de Asia” interviron, ademais das potencias tradicionais, Rusia, EE.UU e Xapón. Gran Bretaña: Asentada nos portos de Madrás, Calcuta e Bombai a través da Compañía Inglesa das Indias desde o s. XVIII, aproveitaá a revolta dos cipaios para tomar o control total. Nomearon un Vicerrei e anexionaron Birmania e Malasia. Francia: Centrouse no SL asiático creando a Unión Indochina que abranguía Laos, Annam (Vietnam) e os protectorados de Camboxa, Tonkin e Siam (máis tarde con autonomía e neutral como fronteira entre os imperios francés e inglés). Rusia: Estenderase por Siberia até China. Entrará en conflito con Inglaterra (Persia) e Xapón (Manchuria). Holanda: Presente en Asia desde o s. XVII, asentada nas illas da Sonda (Indonesia).
  • 24. EUROPA LÁNZASE SOBRE CHINA As potencias europeas só foran capaces de estabelecern encraves comerciais na costa chinesa. Os ingleses equilibraban as compras en China coa venta de opio. Malia a prohibición deste comercio de opio polas autoridades chinesas (1839), seguiu a facerse, o que desembocou nas “guerras do opio”. A derrota chinesa permitiu aos británicos ocupar o encrave de Hong Emperatriz Xi Ci Kong, así como abrir ao comercio internacional 12 portos, polos que entrou a influencia das potencias imperialistas.
  • 25. “Barcos bárbaros empéñanse en vir comerciar coa intención de acadar grandes beneficios. As riquezas de China son arrebatadas en proveito dos bárbaros. Con que dereito utilizan a droga velenosa para prexudicar ao pobo chinés? Mesmo no caso de que os bárbaros non desexaren nos prexudicar, co seu inmoderado afán de lucro, no se preocupan polo mal que ocasionan ao próximo. Preguntámonos: onde está a vosa conciencia?” Comisionado Lin Zexu á raíña Victoria (Gran Bretaña), 1839 O consumo de opio, antes reservado ás clases máis altas, popularizouse na China grazas ao tráfico inglés (que o abaratou). O número de consumidores aumentou e o país encheuse de fumadoiros. Isto, unido á superioridade técnica e militar, permitiu ás potencias europeas controlaren as riquezas de China sen necesidade de ocupala.
  • 26. Houbo reaccións nacionalistas como o “Levantamento dos 100 días” (1898) ou a revolta popular dos “boxers” baixo o berro “Morte ao extranxeiro!”. Ambas as dúas fracasaron ante a unión das tropas de todos os países coloniais ubicadas en China. “China non se decata de que a súa civilización é vella, inservible para loita coa do mundo occidental; crese raíña das nacións, o centro da sabedoría e da ciencia. Os seus dirixentes e toda a súa poboación só teñen menosprezo para “os diaños de Occidente”. Polo que respecta aos mandaríns, (...) cómpre dividilos en tres categorías: quen teñen horror ás innovacións e que de boa fe consideran todo perdido se se mudar algo o estado de cousas estabelecido polos antigos;quen temen, polo seu interese persoal, as innovacións diabólicas de Occidente (telégrafos, ferrocarrís); e, en fin, os moi escasos que comprenden a inferioridade da maior parte das institucións de China, o seu illamento e a súa debilidade”. J,. Challey: “La Chine” en L´Economiste français, 7 de xaneiro de1888.
  • 27. O imperialismo dos Estados Unidos Tralo gran crecemento económico dos EE.UU a fins do s. XIX e o intenso proteccionismo europeo, foille necesario buscar novos mercados e practicar unha política expansionista. As bases ideolóxicas e a xustificación viñeron da aplicación da teoría da supervivencia das especies de Darwin (Darwinismo social). EE.UU. deberían competir encarnizadamente a con outras nacións para sobreviviren no contexto internacional. A opinión maioritaria defendeu que o continente americano era o seu espazo natural de expansión e que os EE.UU. podían e debían intervir en calquera lugar do continente para defenderen os seus intereses. A “doutrina Monroe” ou a “Big stick politic” (política do gran garrote) de Theodore Roosevelt foron as vías de actuación.
  • 28. En 1823, o presidente dos EE. UU. “Os nosos intereses son semellantes os dos James Monroe lanzou a idea do nosos veciños do sur. Estes pobos teñen destino manifesto que se simplificou grandes riquezas naturais, e se neles reinan a na frase "América para os xustiza e as leis básicas de toda sociedade americanos", e que na práctica civilizada, poden estar seguros de que os significaba a vocación do seu país trataremos con simpatía cordial ey afectuosa. por dominar todo o seu hemisferio, Non interviremos nos seus asuntos máis que relevando aos estados europeos. como último recurso, ou se se fixer evidente a súa incapacidade ou mala vontade, violaren A "doutrina Monroe" foi dando os dereitos dos Estados Unidos, ou solicitaren importantes pasos durante todo o s. axuda extranxeira en prexuízo da nación XIX e fíxose realidade a fins de americana. É obvio que cada nación en século: todo o continente ficaba baixo América que desexar conservar a súa a influencia económica e política do liberdade e independencia, debe ser EE.UU., despois da anexión de Cuba consciente que terá ese dereito só se souber e Porto Rico. facer bo uso dela.” T. Roosevelt, 1904
  • 29. Comezouse coa compra de Alaska a Rusia (1867) para controlar a navigación do estreito de Bering. A guerra contra España en 1898, supuxo o control de Cuba, Porto Rico e Filipinas. O colonialismo estadounidense, a diferenza do europeo e do xaponés non se baseou na conquista territorial e na imposición dunha administración metropolitana, senón pola inxerencia nos asuntos internos dos países da zona e na sumisión económica dos gobernos autóctonos aos seus intereses (neocolonialismo). En todas as pequenas repúblicas do Caribe e Centroamérica, os intereses das grandes compañías norteamericanas foron protexidos por unha intervención directa, incluíndo a militar, na formación de gobernos dependentes ou na xestión dos asuntos económicos, dando lugar á “diplomacia do dólar”.
  • 30. A Canle de Panamá Construída polos Estados Unidos entre 1901-14, era de vital importancia para o tráfico comercial e militar entre as costas leste e oeste do país. Fomentouse unha guerra contra Colombia para independizar Panamá e sometelo ao control dos EE.UU. Foi básica para o control militar de América Central e o Caribe.
  • 31. O imperialismo xaponés Trala revolución Meiji, que supuxo un espectacular desenvolvemento económico e financeiro de corte capitalista, Xapón non só se abriu a Occidente e reformouse institucionalmente, senón que se preparou para ser unha potencia rexional que rapidamente construirá o seu propio imperio colonial. En 1895, trala guerra contra China, Xapón consiguiu a soberanía sobre as Illas dos Pescadores e sobre Formosa, e participou na represión da rebelión dos Boxers en 1900, con idénticas vantaxes comerciais ás potencias occidentais. Entre 1904 e 1905 desenvolveuse a guerra ruso-xaponesa: a primeira vez que un país oriental derrotaba a un imperio europeo. Coa súa vitoria Xapón conseguiu a metade da illa Saxalín e Port Arthur. O avance territorial xaponés incrementouse ao comezar o século XX. O control sobre Manchuria e Corea culmina coa anexión desta península en 1910, confirmando a vontade expansiva do novo imperio.
  • 32.
  • 34. Colonias de explotación Estaban baixo a soberanía e la administración da potencia. Control político e explotación económica por parte da metrópole. Abundante poboación indíxena, cunha elite europea e colonos explotando (India). Concesións Algúns países independentes conceden ás potencias portos e vantaxes comerciais (China: Hong Kong, Macao), sempre encraves cobizados polo seu interese estratéxico ou comercial. Protectorado A potencia “protectora” controlaba as riquezas e a política exterior mentres que un goberno controlado nativo se ocupaba da política interior.(Marrocos) Dominio ou colonia de poboamento Territorio con escasa poboación indíxena e ocupado en masa por colonos europeos con formas de vida e organización europeas (Australia).
  • 35. Consecuencias para os colonizados A civilización que nos vén de Europa é Os territorios voraz e dominante: consome os pobos colonizados que invade e extermina as razas que se sufriron un opoñen á súa conquista. É unha profundo impacto civilización caníbal: oprime os débiles e que transformou enriquece os fortes. É unha máquina de o modo de vida triturar. Alá onde vai, sementa conflitos e das poboacións divisións. É unha civilización científica, indíxenas no mais non humana. Concentra todas as económico, súas forzas no único obxectivo de se social, enriquecer, coma un millonario que vende demográfico a súa alma por unha fortuna. ecultural R. Tagore, 1916
  • 36. Consecuencias para os colonizados Económicas Agás para as elite locais, a situación empeorou. Produciuse un proceso de expropiación de terras indíxenas que favoreceu aos colonizadores. Abandonáronse os cultivos tradicionais e potenciáronse as plantacións de monocultivo extensivo por intereses das metrópoles. Igualmente produciuse unha explotación intensiva dos recursos mineiros, o que provocaría unha futura dependencia destes territorios. “En Alxeria, todas as terras fértiles estaban xa cultivadas ao chegaren as tropas francesas. Así a pretendida “explotación de terras” foi, máis ben, a explotación dos seus habitantes. Afrancesando e divindo a propiedade, provocouse unha fenda na vella sociedade tribal e substituíronse as forzas colectivas polas individuais, ao tempo que se creaba unha man de obra barata que compensaba os gastos de transporte dos produtos á metrópole e aseguraba os beneficios das empresas coloniais. A colonización transformou os alxerinos nun inmenso proletariado agrícola”. A República colonial, segundo unha J. P. Sartre, 1956 revista satírica francesa, 1911
  • 37. Consecuencias para os colonizados Culturais Produciuse un proceso de aculturación e perda das tradicións e crenzas propias. Sociais O aumento da poboación rompeu o equilibrio poboación-recursos. Desorganizaouse a vida tribal, unidades étnicas foron divididas ou unidas de xeito artificial, o que provocará futuros violentos conflitos. Utilizaranse determinados grupos indíxenas para recrutar corpos do exército de choque e controlar as revoltas indíxenas (cipaios en India, mamelucos en Egipto, gurkas en Nepal) Tamén se escravizou a parte da poboación.
  • 38. Consecuencias para os colonizadores Económicas As potencias puideron continuar o seu crecemento. Aprovisionáronse de materias primas e venderon os seus produtos industriais ás colonias. Construíron estradas, camiños de ferro e porto. Grazas a todo isto conseguiron grandes beneficios. Chegaron a Europa grandes cantidades de produtos coloniais (té, cacao, café) a baixo custo pola explotación da man de obra indíxena. Culturais Estendeuse a cultura occidental en todos os continentes. Os europeos tiveron a oportunidade de coñecer outras civilizacións. Reforzouse o sentimento de superioridade dos occidentais. Políticas As tensións nacionalistas do colonialismo chegaron ao extremo cara a 1910. As diversas alianzas entre potencias e a carreira de armamentos desembocará na Primeira Guerra Mundial.
  • 39. Algúns filmes sobre este tema Y un libro fundamental El libro negro del colonialismo Marc Ferro (coord). Trad: Carlo A. Caranci. La Esfera de los Libros, Madrid 2005.
  • 40. Después de vermos isto, pódese dicir que os países do Terceiro Mundo teñen débeda externa?