DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN                    IES ELVIÑA      OS PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN            PROFESIONAL INICIA...
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN                 IES ELVIÑA     B) Módulo de sociedade e cidadanía I e II: coñecemento do mundo...
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN                 IES ELVIÑAc) O resto de alumnado.d) De persistir o empate, aplicarase para a a...
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN                 IES ELVIÑA               OFERTA DE PROGRAMAS DE            CUALIFICACIÓNPROFES...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Os programas de cualificación profesional inical

191 visualizaciones

Publicado el

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
191
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
9
Acciones
Compartido
0
Descargas
1
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Os programas de cualificación profesional inical

  1. 1. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES ELVIÑA OS PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIALQUE SON?Son programas de iniciación profesional destinados ao alumnado que non acade osobxectivos da ESO e que teñen como finalidadeproporcionarlleunha formación básica eprofesional que lle posibilite incorporarse á vida laboral ouproseguilosestudos posteriores.QUE OBXECTIVOS TEÑEN?Teñen un dobreobxectivo:1. Ofrecer unha formación básica que che permita continuar estudos nos ciclos deformación profesional de grao medio ouacadar o título de ESO.2. Formarte para que posúas as competencias profesionaisiniciais propias dun oficio.QUE REQUISITOS HAI QUE CUMPLIR PARA ACCEDER A ESTOSPROGRAMAS? Debes cumplir as seguintescondicións:1ª Ter entre 15 e 20 anoscumpridos dentro do ano de inicio do programa.2ª Non estar en posesión do título de ESO.3ª Non ter cursado antes un PCPI.4ª Estar en grave risco de abandono escolar (a xuízo do equipo de profesores) e terescasas posibilidades de continuar na ESO para acadar o título, ben por gravedesmotivación, ben por grandes dificultades de aprendizaxeou por atraso académicoxeneralizado. Os grupos de alumnos que constitúen os programas será dun mínimo de 8 e unmáximo de 15 alumnos.QUE MODALIDADES HAI E CANTO DURAN?Estes programas teñenunha duración de dous cursos académicos, de setembro axuño.O 1º curso divídese en tres trimestres e é obrigatorio.O 2º curso divídese en dous cuadrimestres. O primeiro cuadrimestre é obrigatorio e osegundo é voluntario.MODALIDADE A: Todos os módulos se imparten nunmesmo centro educativo, agás ode formación en centros de traballo.MODALIDADE B: Os módulos específicos se imparten nun centro educativo deformación profesional, agás o de formación en centros de traballo, e os módulos deformación básica impártensenoutro.MODALIDADE C: outras entidades, asociacións, empresas,… poden participar naimpartición dos módulos. QUE MÓDULOS SE ESTUDAN NO PROGRAMA?Estes programas teñendous tipos de módulos. Unsobrigatorios e outros voluntarios,que se os superas obterías o título de ESO.I. MÓDULOS OBRIGATORIOS: 1. MÓDULOS ESPECÍFICOS:formarantenas competencias propias da profesión queti escolleras. Terás 18 horas semanais e no 3º trimestre terásunha fase de prácticasnun centro de traballo. Impártensesó no 1ºcurso. 2. MÓDULOS FORMATIVOS DE CARÁCTER XERAL:Impártense no 1º curso e no 1º cuadrimestre do 2º curso. Se os superas, tesacceso directo a un Ciclo de Grao Medio. A) Módulo de competencia comunicativa e dixital I e II: lectura, comprensión e expresión oral e escrita en lingua galega e castelá. 4 sesiónssemanais.
  2. 2. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES ELVIÑA B) Módulo de sociedade e cidadanía I e II: coñecemento do mundo actual, da sociedade e da súa organización, así como dos dereitos e dos deberes da cidadanía. 3 sesiónssemanais. C) Módulo científico-matemático I e II: Resolución de problemas do entorno. 4 sesións semanas D) Módulo de iniciativa persoal e relaciónslaborais I e II: dereitos e obrigas no traballo, hixiene e prevención de riscos, creación de empresa. 2 sesiónssemanais. E) Formación complementaria de acceso a ciclos: impártesesó no 1º cuadrimestre do 2º curso. 3 sesiónssemanais.II. MÓDULOS VOLUNTARIOS:Impártense no 2º cuadrimestre do 2º curso, e se os superas obtés o título de ESO. A) Ámbito de comunicación:lingua galega e literatura, linguacastelá e literatura, linguaestranxeira. B) Ámbito social: cienciassociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía, educación plástica e visual, música. C) Ámbito científico – tecnolóxico: ciencias da natureza, matemáticas, tecnoloxíaeeducación física. D) Recuperación de módulos pendentes do 1º cuadrimestre: 3 sesiónssemanais.Terástaménunha sesión de titoría semanal. O teutitor/a será un dos profesores queche dan clase no centro. Será o encargado de facer un seguimentona empresa e ocontacto coa familia. Natitoría semanal faraseseguimento do traballona empresa,sesións de técnicas de estudo e organización do traballo académico, resolución deconflitos, habilidades comunicativas e traballo en grupo.COMO É O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN? 1º PROPOSTA DO EQUIPO DE PROFESORES: O alumnado que procede de ESOdeberá ser proposto polo equipo de profesores que lle imparten clase, o seutitor e aorientadora. Se o alumno ten 15 anos debe ser autorizado pola Inspección Educativa.2º CONFORMIDADE DO ALUMNO E O SEU PAI/NAI/TITOR LEGAL: De serproposto a orientadora citará ao alumno e á súa familia para recomendar a proposta einformar do programa. Tanto o alumno como o seupai/nai/titor legal deben dar aconformidade.3º SOLICITUDE DE PRAZA: O alumno que sexaproposto deberá realizarunhasolicitude de prazana 1ª quincena de setembro, e de ser admitido, formalizará amatrícula na 3ªsemana de setembro. En 2º curso hai que facerunha nova matrícula.A documentación que hai que entregar é a seguinte:- Folla de solicitudecubertacos datos personais- Fotocopia do DNI.- Conformidade do alumno e o seupai/nai/ titor legal.- Comunicación de autorización para cursar PCPI (só para alumnado que no cursoanterior fixo ESO).- Certificado de recoñecemento de minusvalía no caso de alumnado condiscapacidade.COMO SE ADXUDICA A PRAZA: • Para a adxudicación de prazas, teráprioridade o alumnado matriculado no cursoanterior no centro. • Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maiornúmero delas que prazas ofrecidas, o Consello Escolar ouConsello Social, tendo enconta o establecido no punto anterior, asignará as prazas conforme os seguintescriterios de prioridade, polaorde en que figuran a seguir:a) Alumnado incorporado en idade de escolarización obrigatoria.b) Alumnado escolarizado na educación secundaria obrigatoria no curso anterior.
  3. 3. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES ELVIÑAc) O resto de alumnado.d) De persistir o empate, aplicarase para a asignación de prazas o resultado do sorteopúblico que se realizará anualmente naConsellería de Educación e OrdenaciónUniversitaria para a admisión noutras etapas educativas.• O alumnado ao cal non se lle asignase praza por algunha das causas descritasnos puntos anteriores terá a posibilidade de matricularse noutro programa en queexistan prazasdispoñibles.COMO É A AVALIACIÓN NESTES PROGRAMAS? - As cualificaciónsexprésanse por módulos mediante unha escala numérica do 1 ao10. Considéranse positivas as cualificaciónsiguaisou superiores ao 5. - No caso do módulo de formación en centros de traballoexpresarase como APTO ou NON APTO. - Para poder cursar o módulo de Formación en centros de traballohaberá que superar os módulos do centro (modalidades A e B). - Hai que aprobar tódolos módulos de 1º para poder pasar a 2º - Quen non supere todos os módulos de 1º poderá repetir unhasóa vez, e cursará a totalidade dos módulos. O alumno pode cambiar de perfil. - Coa superación do programa, para o cal hai que superar tódolos módulos obrigatoriosobtense un certificado no que se sinala que o alumno superou o PCPI e coas notas acadadas en cada un dos módulos. - Para a obtención do título de ESO haberá que superar tódolos módulos de carácter voluntario. - A asistencia a clase é obrigatoria para poder ser avaliado.QUE SAÍDAS TEÑEN ESTOS PROGRAMAS?NO CASO DE SUPERAR SÓ OS MÓDULOS OBRIGATORIOS do 1º CURSO:1. INCORPORACIÓN AO MUNDO LABORAL desempeñando postos de traballo como aprendiz, axudanteou operario.2. PRESENTARSE ÁS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO,senterque esperar a cumprir os 17 anos (que é a idade legalmente esixidaparapresentarse a estas probas). Ademais estarás exento de realizar os exames da parte científico – técnica ( CienciasNaturais e tecnoloxía).3. ACADAR O TÍTULO DE EDUCACIÓN SECUNDARIAnamodalidade de adultos(ESA)sen ter que esperar a cumplir os 18 anos (idade legalmente esixida).4. PRESENTARTE ÁS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA POR LIBRE. Pero para esto debes esperar a ter os 18 anoscumpridos.NO CASO DE SUPERAR TAMÉN OS MÓDULOS OBRIGATORIOS DO 2º curso –1º CUADRIMESTRE: 1. INCORPORACIÓN AO MUNDO LABORAL desempeñando postos de traballo como aprendiz, axudanteou operario. Obterás o certificado do PCPI. 2. ACCEDER DIRECTAMENTE A CALQUERA CICLO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIONO CASO DE SUPERAR OS MÓDULOS VOLUNTARIOS DO 2º CURSO –2ºCUADRIMESTRE:1. Obter o título de ESO e ademáis o certificado do PCPI.2. ACCEDER DIRECTAMENTE A UN CICLO DE GRAO MEDIO.3. ACCEDER AO BACHARELATO, xa que terás o título de ESO.
  4. 4. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES ELVIÑA OFERTA DE PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓNPROFESIONAL INICIALOs módulos profesionais dos programas de cualificación profesional inicialdesenvolven as competencias dun determinado perfil profesional con sentido noemprego e inclúen,como mínimo, unha cualificación profesional completa de nivel 1do Catálogo Nacional de CualificaciónsProfesionais. Os perfísprofesionais que sepoden realizar naactualidade e que facilitan unha correcta inserción sociolaboral sonos que se relacionan:PCPI de servizos administrativos.PCPI de pedra natural.PCPI de asistencia en actividades e en instalacións deportivas.PCPI de informática.PCPI de xardinaría e viveirismo.PCPI de fontanaría, calefacción e climatización doméstica.PCPI de producións agrícolas.PCPI de estética.PCPI de arranxosflorais.PCPI de peiteado.PCPI de reprografía.PCPI de carpintaría.PCPI de operacións en industrias gráficas.PCPI de pesca e transporte marítimo.PCPI de moldes e pezas cerámicas artesanais.PCPI de emprego doméstico.PCPI de comercio.PCPI de limpeza de edificios, locais e moblaxe.PCPI de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións.PCPI de costura.PCPI de montaxe de redes eléctricas.PCPI de reparación de calzado e marroquinaría.PCPI de albanelaría.PCPI de tapizaría.PCPI de revestimentos de obra.PCPI de cortinaxe e complementos de decoración.PCPI de fabricación mecánica.PCPI de lavandaría.PCPI de cociña.PCPI de mantemento de vehículos.PCPI de servizos de restauración.PCPI de mantementoestrutural e superficial de embarcacións.PCPI de aloxamento.PCPI de cerámica.PCPI de pastelaría.

×