Xabier P. Docampo            Daniel Martínez Ferreiro                                 1ºA
Xabier P. Docampo                                                   (Rábade, Lugo, 1946)Mestre xa xubilado, o seu traballo...
En xullo de 2008 comezou a rodaxe da adaptación ao cine da súanovela A casa da luz, publicada por Xerais en galego e Anaya...
A panda, incrédula, cre que o “Toliño” os quere enganar. Pumariñodesaparece repentinamente e uns segundos despois, a travé...
1996:  - Adelaida, Henrique e demáis familia1997:  - Opazo baleiro1998:  - Breogán  - ¡Estampado!  - O home que inventou u...
- Bolboretas2005:  - A decisión de Valerio  - De cores e amores2008:  - O libro das viaxes imaxinarias2009:  - A noite das...
Tamén escribiu e escribe artigos. Dos que lin para facer este traballo,chamoume a atención o seguinte:Carta aberta aos que...
-
-
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Daniel ferreiro

226 visualizaciones

Publicado el

0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
226
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
1
Acciones
Compartido
0
Descargas
0
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Daniel ferreiro

  1. 1. Xabier P. Docampo Daniel Martínez Ferreiro 1ºA
  2. 2. Xabier P. Docampo (Rábade, Lugo, 1946)Mestre xa xubilado, o seu traballo dinamizador a favor da culturagalega coñeceu diferentes ámbitos de actuación: foi actor de teatro,autor de guións para o cine e televisión así como director dediferentes programas de radio; involucrado activamente nosmovementos de renovación pedagóxica, é coautor de libros de texto eformou parte do equipo iniciador de “Preescolar na casa”. Participouactivamente na creación de “Galix” (Asociación Galega do LibroInfantil e Xuvenil), da que foi presidente.É un dos grandes renovadores da literatura infantoxuvenil galega, áque incorporou a miles de lectores con éxitos de vendas como: • O misterio das badaladas. • A chave das noces . • Cando petan na porta pola noite (Premio Rañolas ao libro infantil e xuvenil do ano 1994, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995, e seleccionada así mesmo como unha das cen mellores obras do século XX español segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez) Ademais, reúne unhas excepcionais condicións como narrador oral que o converten nun eficaz e popular contador de contos.
  3. 3. En xullo de 2008 comezou a rodaxe da adaptación ao cine da súanovela A casa da luz, publicada por Xerais en galego e Anaya encastelán. A película, dirixida por Carlos Amil, está rodada en galego efilmouse en localizacións de Baio, Betanzos e Moeche. Na serie saíronalgúns nenos de figurantes do colexio Vales Villamarin (Betanzos).Oargumento é o seguinte:Unha panda de nenos e nenas pasan as súas vacacións en Eiravella –unha pequena vila a medio camiño entre o rural e o urbano – entre aconstrución dunha cabana e os xogos propiciados por Duarte, ex profede debuxo e pintor.Un novo xogo de pistas debe conducir aos nenos á presenza de Duarte,pero Duarte non aparece e ninguén sabe dar conta do seu paradoiro.Os nenos cren que Duarte pode non estar vivo pero se o estivese,están dispostos a rescatalo custe o que custe.A preocupación da panda, especialmente de Alicia, sobriña de Duarte,crece. As sospeitas recaen sobre Pumariño – un vello “Toliño”, mudo,marxinado por todo o pobo e que adoita facer ocos nas paredes dascasas de Eiravella.A panda decide sometelo a control. Nun dos seguimentos, a pandachega a unha casa escondida no medio do bosque. Para sorpresa dosnenos, Pumariño recíbeos sorrinte e satisfeito.Nunha sala da casa, chea de cadros, Pumariño sinala un deles cunaspecto estraño e a medio rematar – cun bosque, unha paisaxeinquedante e unha cidade cunha torre ao fondo – querendo indicar queDuarte está alí.
  4. 4. A panda, incrédula, cre que o “Toliño” os quere enganar. Pumariñodesaparece repentinamente e uns segundos despois, a través docadro, surxe de novo diante dos nenos. Con todas as dubidas e todosos medos do mundo, Alicia e o resto da panda, deciden seguir aPumariño e traspasan o cadro en busca do seu amigo pintor.Ademais desta novela, destacan tamén:1980: - O misterio das badaladas - Cun ollo aberto e outro sen cerrar1988: - A chave das noces1989: - O armario novo de Rubén1990: - A nena de auga e o príncipe de lume1991: - A casa do porco bravo - Roxelio e a couza1993: - O país durminte1994: - Cando petan na porta pola noite
  5. 5. 1996: - Adelaida, Henrique e demáis familia1997: - Opazo baleiro1998: - Breogán - ¡Estampado! - O home que inventou unha maneira de andar1999: - A viaxe de Purpurina ou a historia dunha pinga de auga2000: - Catro cartas - Nube de neve2001: - Os ollos de Ramón - Un conto de tres noites - ¿Víchela, víchela?2002: - A casa da luz2004:
  6. 6. - Bolboretas2005: - A decisión de Valerio - De cores e amores2008: - O libro das viaxes imaxinarias2009: - A noite das filantes2011: - Mans
  7. 7. Tamén escribiu e escribe artigos. Dos que lin para facer este traballo,chamoume a atención o seguinte:Carta aberta aos que non me queren chamar polo meu nomeUn artigo de: Xabier P. Docampo[10/03/2005]Señoras e señores: Permítanme que non lles diga queridos nin prezados nin estimados ninningunha das fórmulas de cortesía que é costume usar nas cartas. É que eu nin os quero avostedes, nin os aprecio nin os estimo, simplemente os sufro.Verán, vostedes teñen o feo costume de, por máis que eu lles diga que me chamo como constaenriba deste escrito, me chamar Javier. Aínda que son moitos e moitas os que me fan tal cousa,voulles poñer o máis recente exemplo. A semana pasada chamei á clínica para pedir hora cooculista. Respondeume unha voz feminina que despois de me dicir que fose o venres ás seis ecuarto (todo isto en castelán por máis que eu lle falaba en galego), pediume o meu nome:–Xabier –díxenlle.–Javier –corrixiu ela.–Non, non Xabier –insistín.–Si, ya, ya... –dixo.–Xa estamos coma os camareiros co café con leite –rosmei eu.–¿Cómo? –dixo ela.–Que me chamo Xabier, non Javier.–Bien, pues el viernes a las seis y cuarto.O venres cheguei e, como era a primeira vez que ía, abriume unha carpeta para o meu historial naque escribiu: Javier.–Perdoe é que aí pon Javier e eu chámome Xabier, quere que lle amose o DNI?–Ah, bueno, pues después ya lo corrijo.–Si, mírame neste ollo que teño un lixo.O oculista chamoume Javier todo o tempo. Á saída a rapaza despediume chamándome Javier...Non sei se volverei, pero é que xa non me quedan oculistas na cidade na que vivo, nintraumatólogos nin dermatólogos nin cardiólogos nin... Eu fago un par de intentos de que poñan omeu nome ben, pero tampouco insisto moito non sexa o demo que non me curen, que é oimportante. O caso é que a receita para facer os lentes pon Javier. Todos escriben Javier por máisque lles digo que me chamo Xabier, aínda que eu vaia co carné de identidade entre os dentes. Alípon ben clariño Xabier, que bon traballo que me custou que mo puxesen en galego porque era aoprimeiriño de saír a norma e os funcionarios do rexistro non tiñan claro que fose legal tal rareza.Pero non son só os do ramo da sanidade. É igual cos do ramo do dereito, que hai anos que teñopendente unha escritura porque non dei aínda cun notario na miña cidade que ma faga en galego.(Que máis che ten a escritura. Hai que ver que raro es!). Tamén me pasa con moitos funcionarios,nomeadamente cos de correos, que é frecuente que o aviso de que teño nas súas oficinas unhacarta ou un paquete tamén poña Javier, aínda que o orixinal di clariño Xabier.Outro tanto pasa cos de mensaxaría privada. E ademais cando falan desde o chirimbolo do portaldin:–Don Javier?–Don un raio que te tronce... Eu chámome Xabier e no paquete ou carta pon Xabier.Iso si, vostedes póñenlle aos seus fillos Iván, Anna, Michael, Iker... e pobre do que escriba Xoán,Ana, Miguel, Visitación... Ou Jessicas sen os dous eses, Jonathan sen o th, Kevin con Q... Asemana pasada estiven nun colexio ao que ían os fillos e fillas da xente podente da cidade e habíaSheila, Siomara, Nadir... Eses nomes non son raros, o raro para vostedes é que eu me chameXabier e non Javier.O funcionario daquel bonito conto de Suso de Toro trataba de convencer ao home que lle eramellor o nome en castelán. Pero é que a min non me fan caso ningún, danme a razón do tolo edespois escriben o que lles dá a gana.En qué país vivo? Nun estraño lugar no que os que falamos a nosa lingua, a que a nosa máximalei chama "propia de Galicia" somos uns seres raros aos que hai que obrigar a cambiar.Que o meu nome sexa en galego non lles cabe na cabeza e néganse a admitilo. Nunha palabra,vostedes fan estas cousas porque din que están contra á "imposición do galego", seguramente nonse decatan de que a única imposición que hai é a do castelán, e ao acontecido me remito.Que lles vaia ben.
  8. 8. -
  9. 9. -

×