SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 35
O 4 de xullo de 2015 anunciouse que Manuel María sería o autor
protagonista do Día das Letras Galegas de 2016. En 1996 escribiu
contra o ritualismo do Día das Letras:
... As Letras Galegas, por exemplo, xa se converteron nun rito en que os galegos debemos participar. Este
rito desgrazadamente está sendo un ritualismo penoso. Á nosa lembranza acoden os versos de Rubén
Darío adicados a don Quijote -“Quijote” e non “Quixote”- que din así:
soportas elogios, memorias, discursos;
resistes certámenes, tarjetas, concursos
y, teniendo a Orfeo, tienes Orfeón.
Iso mesmo lle acontece á figura que é honrada no Día das Letras Galegas. Xeralmente, chegado o mes do
florido maio, escolas, institutos... despachan o evento cun discurso sobre o personaxe e, ás veces,
acompáñano doutras alegrías e frivolidades, e até o ano que vén. Todos tan felices porque nós xa
cumprimos...
...A celebración das Letras Galegas ten que ser algo máis que o día da augardente, do caldo de ósos... ou
dos biosbardos á vinagreta. Tal como se fan as cousas neste país, compadecemos a personalidade
designada -por esa academia que sabemos- para honrala polas Letras Galegas.
(Manuel María, El Correo Gallego, 17/05/1996)
Un Día das Letras
para un adaíl da Lingua
Canto ao idioma galego
Idioma meu, humilde, nidio, popular,
labrego, suburbial e mariñeiro,
que fas avergoñar
ao burgués, ao señorío e ao tendeiro
levas sangue do pobo
e raigañas escuras
que anuncian un día novo
sen mágoas nin tristuras.
Idioma proscrito,
asoballado,
soterrado,
refugado,
negado,
como a pobreza e o delito,
fala do emigrante e do maldito
solo resoas nos lares
das xentes populares.
Ti tes que rexurdir puro,
poderoso, enteiro
para erguer o noso futuro
de pobo absoluto e verdadeiro!
Cantos rodados para alleados e colonizados
Eu son Manuel María.
Nacín no 29, o 6 de Outono,
en Outeiro de Rei da Terra Chá.
Son dunha caste rexa de labregos
fieles á súa terra e ao seu Deus.
Documentos persoais
A casa erguida con xisto e cantería,
por obra dos avós, era fermosa.
Aí está: forte, firme, fachendosa
chea de beleza, prestancia e harmonía.
Toda ela é unha lección de xeometría,
unha doce tenrura pudorosa,
unha lareira tépeda, amorosa
e un deslumbrante sol ao mediodía.
A presenza da casa é imborrábel:
unha fonda experiencia que vivín
de maneira fatal e irrenunciábel.
Nesta casa eu nacín, amei, sufrín...
A súa memora, firme e perdurábel,
que lembranza conservará de min
Sonetos á Casa de Hortas
Eu son...Eu son...
Estudos iniciais
Nos anos da Guerra Civil comeza a súa formación académica.
Unha anécdota da súa etapa de ensino primario na escola de
Domingo Cabana:
O que máis me chamou a atención foi que don Domingo, na
escola, non se apeaba do castelán... Estaba decidido a pedirlle
permiso ao mestre para saír mexar. Pro decateime que non
sabía decir "mexar" en castelán. Facía mentalmente a
tradución de "mexar" e dábame "mejar". Aquelo non me
soaba... Permanecín calado... Cando cheguei á casa fun a
precura de meu pai... Espeteille sin mais: "¿Cómo se dice
"mexar" en castelán?"
Educación Secundaria
Cursa o bacharelato nos anos corenta (nos Maristas e no Instituto de
Lugo) .
Un precoz conferenciante
O 20 de marzo de1949, con só dezanove anos,
pronuncia no Círculo das Artes de Lugo a súa
primeira conferencia falando sobre Juan Ramón
Jiménez , dentro do ciclo de "Jóvenes valores
lucenses"; intégrase na tertulia luguesa do café
Méndez Núñez con xente como Luís Pimentel,
Ánxel Fole, Ramón Piñeiro,Álvaro Cunqueiro,
Carballo Calero ou Aquilino Iglesia Alvariño;
nesta mesma época tamén inicia a súa relación
con Uxío Novoneyra.
Convértese en editor da revista Xistral onde
publica os seus primeiros versos en galego.
Primeiro poemario
Muiñeiro de brétemas é o seu primeiro libro de poemas, acada un grande eco nos xornais e recibe o eloxio de figuras como Otero Pedrayo; ten un triple valor histórico: é o primeiro libro que publica Manuel
María, é a primeira obra que sae á luz dun poeta novo e é o texto que marca a aparición dunha nova corrente poética na lírica galega: a Escola da Tebra (caracterizada pola influencia da filosofía existencialista
de Martin Heidegger e Karl Jaspers, así como pola obra de Jean-Paul Sartre e Albert Camus) Con este poemario converteuse tamén no primeiro autor novo en publicar en galego tras a Guerra Civil.
Cara a ti
Vou a ti decote cada día
co ollar enmallado nunha nao
que o vento desfiaña pouco a pouco
na espuma dorida do teu peito.
E brillas nesa espuma
sedenta dunha luz tremelucente
que escintila nunha bágoa xa ferida
na manteliña prateada dunha estrela.
Vou a ti, sedento de saloucos
e de brétemas,
depenicando alalás entre a follaxe
acesa por folerpas que fuxían
no afiado coitelo do sorriso.
(Non debullo lonxanías polo ermo
nin o vento morno me desvía).
Vou a ti deixando nun luceiro
unha vella ronseira que se afoga
nun estraño fío prateado
que garda un chirlo amorosiño.
Ollo fuxir cara o nordés un pensamento
que vai só para ti, para que che diga
a mensaxe calada dun retorno.
Muiñeiro de brétemas
1943: Orfo de pai e sobriño de crego
En maio de 1943, morre o seu pai e faise cargo da súa educación
o sacerdote Xosé Fernández, tío paterno
O meu pai era un home bo, paciente,
sinxelo, tolerante, preocupado
cos lerios do concello, co ganado
ou cunha viaxe súpeta e urxente.
Era o xefe do clan. O confidente.
O ser máis xeneroso, o confiado.
O amigo de respecto, o respectado.
Aquel no que fiaba toda a xente.
A vida foi, para el, un campo aberto
que sementou de luz e de alegría,
recolleitando amor, garimo certo.
Agora lembro ao pai na lonxanía...
E sinto a súa presencia tan de perto
que me sirve de exemplo, norte e guía.
Sonetos á casa de Hortas
O tío Pepe foi crego. Alto e forte,
distinguido, sutil, moi elegante.
A súa fala era á vez leda e punzante
e xó tiña ao deber por guía e norte.
Home culto, esixente e importante.
A familia seguía o seu dictado
como se fora oráculo sagrado
e imperioso mandato apouvigante.
Eu recordo ao tío Pepe con ternura,
enorme comprensión, certa tristeza
pois morreu casemente na pobreza.
Amou a Xesucristo e a súa luz pura.
Viviu de pé. Morreu con enteireza.
¡Agora é deslembranza cruel e dura!
Sonetos á casa de Hortas
1951: Morte do irmán
A morte en accidente do
seu irmán máis novo (23
de marzo de 1951)
prodúcelle unha profunda
crise íntima e relixiosa
que o leva a escribir Libro
de pregos (1953): versos
irados, nos que pregunta,
inquire, suplica, esixe...
Deus é o interlocutor
silencioso.
A morte do noso irmao, o benxamín,
foi un golpe mortal, inxusto e cruel.
¡Endexamais esquecerei o intre aquel,
o trauma que vivín, canto sufrín!
Era un mociño xentil, aínda doncel,
tiña os seus ollos abertos ao alén,
agora murcha flor; perdido ben
con arrecendos a rosa e caravel.
A súa mirada doce e transparente
fíxose mítica luz, feble e ausente,
exemplo de infortunio e breve vida.
Aínda a súa lembranza ben querida
vai no meu corazón continuamente
e ten forma de espiña. E de ferida.
Sonetos á casa de Hortas
1953: Libro de pregos
O meu mundo íntimo, persoal, é un anceio de Deus. Nestes poemas,
desesperadamente inxenuos, nacen as verbas que a Deus lle digo cada
hora, na miña linguaxe de terra e cinza. Un revoar de ventos, cheos do po
dos camiños do mundo, póusase moitos días no meu corazón de home.
Entón o meu espírito de home chora con soedade de home. E fálolle a
Deus con verba núa. Mais Deus segue en néboa e en silencio.... como un
antergo mar maior en tebra florecido...
Eso é. (Libro de pregos, limiar)
¡Ben sabes,
Señor,
que perdemos
a paz!
¡Quero unha paz
limpa,
clara
como o vento!
¡Quero unha paz
de luz
para ser sinxelo!
Escoita, Señor,
este humilde
prego:
¡Quero unha paz
nova
para escoitar
simplemente
como cantan
os melros!
Libro de pregos
1954: Terra Chá
¡Carballos rexos, potentes,
calados ou musicales
que loitais como valentes
coas xistras e os vendavales!
¡Duros carballos verdeados,
petrucios e sedentarios!
¡Estades na Chá chantados
solemnes e centenarios!
¡Como amo a vosa beleza
da máis baril sobriedade!
¡Que sensación de forteza
ollando prá eternidade!
Terra Chá
En 1954 publica Terra Chá , un canto ás
esencias da súa Chaira labrega, rural: o home,
os traballos do home, as festas, os costumes e
ritos populares, a natureza, os animais, as
plantas, as cousas...
1958: Documentos persoais
Segundo se le no artigo 10 do Regramento,
apartado terceiro, quinto párrafo,
débese traballar de nove a unha
e de catro a sete pola tarde.
Eu coa miña Musa estou desesperado,
a miña Musa non cumpre o Regramento
nin tampouco o horario de traballo.
Terei que demandala. O xuzgador
ten que acordar que fique cesante
por sentencia firme, xusta, inapelábel.
Estón poñerei este anuncio nos xornais:
"Precísase unha Musa en bo estado,
pagaránselle pluses, vacaciós,
quinquenios, luz e máis criada
i unha paga de máis de cando en cando"
Documentos persoais
Poemas en verso libre na liña da poesía
civil galega da preguerra, coas limitacións
impostas polas condicións sociopolíticas da
ditadura... Sinxeleza expresiva, ironía e
incorporación das fórmulas propias da
linguaxe xurídica son os trazos expresivos
definidores deste poemario, xunto coa
protesta social, que fai del o primeiro libro
de versos da corrente socialrealista ou de
compromiso e denuncia na poesía galega
da segunda metade do século.
Documentos persoais (2)
Guía comercial
Dende agora os poetas non precisan
andar ollando a lúa para inspirarse,
abóndalles con ler
os nosos ANUNCIOS POR PALABRAS:
"Véndense angurias, estrelas,
albas, lúas e solpores.
Véndense diccionarios da rima
tenros como nata.
Temos almas de flores
e chíos de paxaros.
Todo moi barato. Damos 30 prazos.
Remesamos os pedidos a reembolso,
en gran velocidade e porte pago."
Documentos persoais
1959: Casa con Saleta
Canción pra lle decir a Saleta
¡Ouh amiga e compañeira cotidián;
sinxela, doce costume habitual:
ti éresme necesaria como o pan,
como o aire, como o lume, como o sal!
Ti eres o meu pasado, o meu porvir,
a muller de verdá, sangue do pobo.
Ti décheslle claridade ó meu vivir:
un camiño sinxelo, puro e novo.
¡Ouh compaña fiel, maina sorrisa;
estrela centilante, arrolo e canto!
Ti eres o furacán, i eres a brisa
que limpa, no meu ceo, tanto espanto.
Ti eres o que eu soño: luz e rosa
recendo vida, florecendo a eito.
¡Eres a realidade máis fermosa
que levo latexando no meu peito!
Ti trócasme en ledicia cada coita
e daslle ó meu esprito rumbo certo.
¡Eres o esteo preciso pra esta loita
de sementar de flores o deserto!
Canciós do lusco ao fusco
1961: Versos para
un país de minifundios
A fala é comuñón e sentimento,
historia compartida intimamente,
sufrimento de todos,
amor de cada un
e tamén amor de todo o pobo,
laio e canción,
nai que nos abrangue e arrola,
estrela milagreira que nos guía
e fai que os nosos corazóns
latexen xuntos.
A fala é a voz da terra
e máis do mar,
o vencello que nos xungue
no tempo co que foron
e máis cos que han de ser.
Desconfía, ¡ouh pobo meu!,
estén alerta contra aqueles
que deixan a túa fala
e dicen que te aman.
Quen non está contigo
é teu nemigo, aínda
que os seus beizos
che mintan un amor
que nunca alumou seu corazón.
Versos para un país de minifundios
1963: Mar Maior
Estou entre a néboa, aquí en Galiza.
Non teño dornas para navegar o mar
que peta en min, mouro e terríbel.
Profesei de labrego dende neno
na miña Terra Chá, senlleira e longa.
Por sucos teño as miñas veas,
unha soidade fonda por semente
e por terra cativa este meu corpo
feito de arxila feble e pecadora.
Deus riba de min
e eu debaixo de Deus co meu amor.
Dos meus escuros beizos estas verbas
que anceian voar como paxaros
polo ceo pequeno de min mesmo.
Agardo, ano tras ano, pola rosa
que ten de agromar, fermosa e branca,
para xustificar así a miña vida
escura e caladiña baixo o vento
sutil e misterioso da saudade.
E falo decote nesta música
na que canta Galiza dende sempre.
Mar Maior
1968: Os soños na gaiola
Labrego
Toda a miña xente
de labregos foi,
xunguidos á terra
con xugo de boi.
Meu pai é labrego,
tamén meus avós:
¡pasáronse a vida
tripando terrós...!
Meu pai é labrego,
labrego naceu,
¡e labra nos eidos
traballando a treu!
Meu pai é labrego,
labrego naceu.
¡Meu pai é labrego,
sen terra de seu!
Meu pai é labrego,
labreguiño eu son.
¡Pasarei a vida
xunguido ao terrón!
Os soños na gaiola
1968: Barriga Verde
Foi a primeira obra que
viu sobre as táboas
(1969) e unha das máis
representadas do autor.
Barriga Verde é un
personaxe popular e
atemporal que, a medida
que avanza a obra, vai
gañando cometidos:
padriño de noivos, árbitro
na disputa amorosa, xuíz e
parte no desenlace.
1970: Unha moi Real Academia
pouco Galega
O 19 de abril de 1970 foi
elixido membro
correspondente da Real
Academia Galega, mais
renunciou en 1975 ao
entender que a institución
resultaba ineficaz na
defensa da lingua.
Responso por unha Academia
Xace eiquí una Academia.
De nena atacouna a anemia
e acometeulle a diglosia.
Sempre foi inmovilista
e, ¡cómo non!, bilingüista.
Viviu en pura ortodoxia
de costas ao seu país.
¡Sufriu arteroesclerosia
E morreu dun paralís…!.
1970: A libraría dos galegos
Nace a libraría Xistral, "a libraría dos
galegos", coa finalidade primordial de
achegar o libro galego e a realidade
galega a unha sociedade que estaba
rematando a longa noite de pedra.
"Abrimos a libraría en setembro de
1970... Desde o comezo o galego tivo
unha presenza principal, no noso rótulo,
no escaparate, na relación coa
clientela. Os nenos dicían: Imos á
libraría dos galegos...”
1973: Krikoi, Fanoi e D. Lobonis
Colección de sete contos/relatos: "O
Kricoi está no Cereixal", "O Forquitas", "A
loita de Fanoi", "O Xesús", "A abella
chamábase Avesás", "Informe político-
cívico-municipal encol do concello e dos
ilustres rexidores da vila de Caravel da
Raíña"e "Suceso da ovella Merela e Don
Lobonis", aproximacións realistas e
reflexivas sobre a problemática rural e
labrega galega con estrutura de fábulas.
1974: Manuel María aos 45 anos
Algún día cecais chegue a ser
-Deus non mo permita-
un morto profesor de Historia,
de Literatura ou de Filosofía
e terei que poñer ceros
a rapazas xeitosas, con coxas
de non vencidas plumas
e seos de ritmos sensitivos.
Os meus amigos, ao ollarme pasar,
cecais me paren, pra dicirme:
"Manuel María: ti es unha momia
que vives a cen légoas desta vida..."
E eu marcharei insensibelmente
paseando a ridícula
caricatura de min mesmo,
escribirei poemas ben medidos,
estarei ás 9 en punto no instituto
e diranme os meus alumnos
ao atoparme no paseo vespertino:
"Boas tardes teña vostede,
don Manueliño..."
1975: Unha vez foi o trebón
Teatro sobre a revolución irmandiña. Manuel María convoca nos seus poemas os sentimentos daquelas xentes: a carraxe
pola inxustiza, pola imposición desde fóra; a rebeldía; o soño dunha patria propia e liberada e tamén a traizón, a covardía,
a vinganza, o desencanto...Polos poemas desfilan os Andrade, os Sarmientos, os Lemos, os Moscosos; Pedro Madruga,
Diego de Lemos, Osorio; os heroes e resistentes Lanzós e Roi Xordo e os mártires da Almáciga.
1977: A poesía ao poder!
Nas eleccións xerais de 1977
presentouse pola provincia de Lugo
na candidatura do BN-PG.
Nas municipais de 1979 presentouse
como cabeza de lista á alcaldía de
Monforte de Lemos, e foi nomeado
concelleiro de Augas e Recollida do
lixo.
Tras fracasar nas eleccións ao
Senado de 1982 en representación do
BNG, abandonou a militancia política
para se dedicar por completo á
actividade literaria e cultural.
1979: Farsa de Bululú
Estreada en 1979 e publicada en 1992, é unha
sátira que fai referencia á situación política no
franquismo. Deste xeito, tras o Bululú, o Gran
Mariscal e a Raíña Facunda están Franco,
Carrero e demais personaxes do réxime. Esta
farsa, que bebe das fontes satíricas da
tradición galego-portuguesa das cantigas de
escarnio e maldicir e na que se critica
claramente ó exército, tamén ten claras
referencias ás obras de Valle-Inclán e de Lorca.
1979: A Berenguela
Aventuras e desventuras dunha espiña
de toxo chamada Berenguela (máis
coñecida como A Berenguela) é unha
obra de teatro infantil escrita por Manuel
María cara a 1974 e publicada en 1979.
para o grupo de teatro dun amigo.
A espiña pica, sen ela querelo, e por iso
mesmo debe enfrontarse coa
incomprensión e o desprezo de moitos
personaxes que rifarán con ela.
A ecoloxía, as clases humildes e a súa
relación co poder forman o transfondo
desta obra composta de nove cadros.
1986: Pasamento da nai
A nai era a vontade e a enteireza,
a voz dos devanceiros e da terra,
a loita, a teimosía, a xorda guerra
contra a preguiza, a fame e a pobreza.
E aínda a súa palabra clama e berra
axotando soidades e incerteza.
Logrou vencer desgracias e tristeza.
E sabía que o xusto, ás veces, erra.
Era a casa de pe: segura, ergueita.
A tradición firme, a liña dereita
como o cedro da horta ou a nogueira.
¡A nosa nai foi grao, flor e colleita!
¡Que existencia exemplar e verdadeira!
¡Que tarefa cumplida! ¡E que ben feita!
                                      
Sonetos á casa de Hortas
1989: Abril de lume e ferro
Dramatización dos sucesos da revolución de 1846 que comezan o 2 de
abril dese ano en Lugo co levantamento do coronel Solís e rematan o 26
do mesmo mes co fusilamento dos Mártires en Carral.
1991-1994:
Recordos da infancia
A triloxía de Manuel de Paderna: unha lembranza dos tempos da infancia.
Manuel de Paderna era un xornaleiro da casa de Manuel María que o iniciou no mundo da poesía,
nos mediodías do verán, á sombra dunha oliveira.
A tribo ten catro ríos (1991), Cando o mar foi polo río (1992) e Viaxes e vagancias de M.P. (1994) son
as tres obras ás que nos estamos a refeir: mestura de lendas, poesía, crónicas e nostalxias que
teñen como referencia constante o retorno ao paraíso perdido da infancia e aos seus espazos.
1993: Madrigal á cidade de Tui
Tui, episcopal e fronteiriza,
-“Fronteira de que e para que”-
ollando a túa propia imaxe
no fráxil espello fuxidío
das doadas augas do Pai Miño
sen que os teus ollos cansos
acaden contemplar o máxico
fulgor dos fogos de San Telmo.
É a ti a quen pregunto:
¿Sentiches, cecais, a tentación
de botarte, libre, a navegar
río abaixo na percura da roita
que te poida levar ao infinito?
(XIII Festival da Poesía do Condado)
2002: Nunca máis
"... O nome de Costa da Morte impón. Para explicalo abundan teorías e lendas.
Quizais se deba á multitude de naufraxios e catástrofes que se producen no lugar. O
propio sería que o Atlántico fose coñecido, nesta paraxe, como Mar da Morte. O
recentes e tráxicos sucesos ocorridos co petroleiro Prestige dannos a razón. Mais a
traxedia e a imprevisión xa veñen de lonxe e chámanse Polycommander, Andros 
Patria, Casón ademais doutras calamidades significativas. A nosa costa sempre foi a
Costa da Vida. O que acontece é que a matan, ante a pertinaz ineficacia dos nosos
mandamais, malia que as xentes de nós, ateigadas dunha impotencia xorda e
rabiosa, loitan até o imposíbel, utrapasando a heroicidade máis sublime, con todo o
amor do mundo, para conservala dignamente, recuperala e mantela viva para
sempre endexamais"
(El Correo Gallego, "Homes, feitos e palabras", 15/12/2002)
2003: Académico numerario
O 15 de febreiro de 2003 volve a
entrar na RAG como académico
numerario, a proposta de Xosé
Luís Franco Grande, Ramón
Lorenzo Vázquez e Xosé Luís
Méndez Ferrín, pronunciando o
discurso "A Terra Chá: poesía e
paisaxe", respondido por Méndez
Ferrín.
Testamento
Morre o 8 de setembro de 2004
Enterrádeme en Outeiro
que quero escoitar o Miño
co seu paso silandeiro
nos prados de Xuncaíño.
Quero sentir a túa verba,
¡ouh miña amada xentil!,
ollar como nace a herba
e oír ao cuco en abril.
Quero escoitar as campás
da miña aldea natal,
tan compañeiras e humás
¡que fan falar ao metal!
E quero ouvir dende a cova
aos veciños e aos amigos,
contemplar a lúa nova
e ollar espigar os trigos.
Quero ser como o abeneiro:
fidel a unha só corrente.
¡Pido un lugar en Outeiro
na campa da miña xente!
Escolma de poetas de Outeiro de Rei 
Manuel maría, escritor e galego

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

A lírica medieval galego-portuguesa
A lírica medieval galego-portuguesaA lírica medieval galego-portuguesa
A lírica medieval galego-portuguesa
noagaliza
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
Asnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
Asnosasletras
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medieval
xenevra
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
xenevra
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medieval
anagagon
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
agarridog
 

La actualidad más candente (20)

A lírica medieval galego-portuguesa
A lírica medieval galego-portuguesaA lírica medieval galego-portuguesa
A lírica medieval galego-portuguesa
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medieval
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medieval
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
A Literatura Medieval
A Literatura MedievalA Literatura Medieval
A Literatura Medieval
 

Similar a Manuel maría, escritor e galego

Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5
cigformacion
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
xenevra
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
Marlou
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
xenevra
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
mercedesdans
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
Deni-sa
 
Nuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointNuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power point
Deni-sa
 

Similar a Manuel maría, escritor e galego (20)

Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍA
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Nuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointNuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power point
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 

Más de tudense

Más de tudense (20)

Fraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivasFraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivas
 
Alfabeto biblioteca
Alfabeto bibliotecaAlfabeto biblioteca
Alfabeto biblioteca
 
Carlos casares segundo os escolares tudenses
Carlos casares segundo os escolares tudensesCarlos casares segundo os escolares tudenses
Carlos casares segundo os escolares tudenses
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da escultura
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Sétima arte, territorio galego e feminino
Sétima arte,  territorio galego e femininoSétima arte,  territorio galego e feminino
Sétima arte, territorio galego e feminino
 
Muller, territorio da pintura galega
Muller, territorio da pintura galegaMuller, territorio da pintura galega
Muller, territorio da pintura galega
 
Muller, territorio da escultura
Muller, territorio da esculturaMuller, territorio da escultura
Muller, territorio da escultura
 
Arte, territorio das mulleres
Arte, territorio das mulleresArte, territorio das mulleres
Arte, territorio das mulleres
 
Ciencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mulleresCiencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mulleres
 
Rosalía nas artes plásticas escultura
Rosalía nas artes plásticas  esculturaRosalía nas artes plásticas  escultura
Rosalía nas artes plásticas escultura
 
Amor, territorio da pintura
Amor, territorio da pinturaAmor, territorio da pintura
Amor, territorio da pintura
 
Amor, territorio da escultura
Amor, territorio da esculturaAmor, territorio da escultura
Amor, territorio da escultura
 
Co p de paz e pintura
Co p de paz e pinturaCo p de paz e pintura
Co p de paz e pintura
 
Estatuto territorio da publicidade
Estatuto territorio da publicidadeEstatuto territorio da publicidade
Estatuto territorio da publicidade
 
Violencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artesViolencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artes
 
A morte, territorio das artes
A morte, territorio das artesA morte, territorio das artes
A morte, territorio das artes
 
Biblioteca, territorio da pintura
Biblioteca, territorio da pinturaBiblioteca, territorio da pintura
Biblioteca, territorio da pintura
 
As caras de Manuel María
As caras de Manuel MaríaAs caras de Manuel María
As caras de Manuel María
 
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)Presentación sobre dislexia (gabinete graña)
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)
 

Último

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Manuel maría, escritor e galego

  • 1.
  • 2. O 4 de xullo de 2015 anunciouse que Manuel María sería o autor protagonista do Día das Letras Galegas de 2016. En 1996 escribiu contra o ritualismo do Día das Letras: ... As Letras Galegas, por exemplo, xa se converteron nun rito en que os galegos debemos participar. Este rito desgrazadamente está sendo un ritualismo penoso. Á nosa lembranza acoden os versos de Rubén Darío adicados a don Quijote -“Quijote” e non “Quixote”- que din así: soportas elogios, memorias, discursos; resistes certámenes, tarjetas, concursos y, teniendo a Orfeo, tienes Orfeón. Iso mesmo lle acontece á figura que é honrada no Día das Letras Galegas. Xeralmente, chegado o mes do florido maio, escolas, institutos... despachan o evento cun discurso sobre o personaxe e, ás veces, acompáñano doutras alegrías e frivolidades, e até o ano que vén. Todos tan felices porque nós xa cumprimos... ...A celebración das Letras Galegas ten que ser algo máis que o día da augardente, do caldo de ósos... ou dos biosbardos á vinagreta. Tal como se fan as cousas neste país, compadecemos a personalidade designada -por esa academia que sabemos- para honrala polas Letras Galegas. (Manuel María, El Correo Gallego, 17/05/1996)
  • 3. Un Día das Letras para un adaíl da Lingua Canto ao idioma galego Idioma meu, humilde, nidio, popular, labrego, suburbial e mariñeiro, que fas avergoñar ao burgués, ao señorío e ao tendeiro levas sangue do pobo e raigañas escuras que anuncian un día novo sen mágoas nin tristuras. Idioma proscrito, asoballado, soterrado, refugado, negado, como a pobreza e o delito, fala do emigrante e do maldito solo resoas nos lares das xentes populares. Ti tes que rexurdir puro, poderoso, enteiro para erguer o noso futuro de pobo absoluto e verdadeiro! Cantos rodados para alleados e colonizados
  • 4. Eu son Manuel María. Nacín no 29, o 6 de Outono, en Outeiro de Rei da Terra Chá. Son dunha caste rexa de labregos fieles á súa terra e ao seu Deus. Documentos persoais A casa erguida con xisto e cantería, por obra dos avós, era fermosa. Aí está: forte, firme, fachendosa chea de beleza, prestancia e harmonía. Toda ela é unha lección de xeometría, unha doce tenrura pudorosa, unha lareira tépeda, amorosa e un deslumbrante sol ao mediodía. A presenza da casa é imborrábel: unha fonda experiencia que vivín de maneira fatal e irrenunciábel. Nesta casa eu nacín, amei, sufrín... A súa memora, firme e perdurábel, que lembranza conservará de min Sonetos á Casa de Hortas Eu son...Eu son...
  • 5. Estudos iniciais Nos anos da Guerra Civil comeza a súa formación académica. Unha anécdota da súa etapa de ensino primario na escola de Domingo Cabana: O que máis me chamou a atención foi que don Domingo, na escola, non se apeaba do castelán... Estaba decidido a pedirlle permiso ao mestre para saír mexar. Pro decateime que non sabía decir "mexar" en castelán. Facía mentalmente a tradución de "mexar" e dábame "mejar". Aquelo non me soaba... Permanecín calado... Cando cheguei á casa fun a precura de meu pai... Espeteille sin mais: "¿Cómo se dice "mexar" en castelán?" Educación Secundaria Cursa o bacharelato nos anos corenta (nos Maristas e no Instituto de Lugo) .
  • 6. Un precoz conferenciante O 20 de marzo de1949, con só dezanove anos, pronuncia no Círculo das Artes de Lugo a súa primeira conferencia falando sobre Juan Ramón Jiménez , dentro do ciclo de "Jóvenes valores lucenses"; intégrase na tertulia luguesa do café Méndez Núñez con xente como Luís Pimentel, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro,Álvaro Cunqueiro, Carballo Calero ou Aquilino Iglesia Alvariño; nesta mesma época tamén inicia a súa relación con Uxío Novoneyra. Convértese en editor da revista Xistral onde publica os seus primeiros versos en galego.
  • 7. Primeiro poemario Muiñeiro de brétemas é o seu primeiro libro de poemas, acada un grande eco nos xornais e recibe o eloxio de figuras como Otero Pedrayo; ten un triple valor histórico: é o primeiro libro que publica Manuel María, é a primeira obra que sae á luz dun poeta novo e é o texto que marca a aparición dunha nova corrente poética na lírica galega: a Escola da Tebra (caracterizada pola influencia da filosofía existencialista de Martin Heidegger e Karl Jaspers, así como pola obra de Jean-Paul Sartre e Albert Camus) Con este poemario converteuse tamén no primeiro autor novo en publicar en galego tras a Guerra Civil.
  • 8. Cara a ti Vou a ti decote cada día co ollar enmallado nunha nao que o vento desfiaña pouco a pouco na espuma dorida do teu peito. E brillas nesa espuma sedenta dunha luz tremelucente que escintila nunha bágoa xa ferida na manteliña prateada dunha estrela. Vou a ti, sedento de saloucos e de brétemas, depenicando alalás entre a follaxe acesa por folerpas que fuxían no afiado coitelo do sorriso. (Non debullo lonxanías polo ermo nin o vento morno me desvía). Vou a ti deixando nun luceiro unha vella ronseira que se afoga nun estraño fío prateado que garda un chirlo amorosiño. Ollo fuxir cara o nordés un pensamento que vai só para ti, para que che diga a mensaxe calada dun retorno. Muiñeiro de brétemas
  • 9. 1943: Orfo de pai e sobriño de crego En maio de 1943, morre o seu pai e faise cargo da súa educación o sacerdote Xosé Fernández, tío paterno O meu pai era un home bo, paciente, sinxelo, tolerante, preocupado cos lerios do concello, co ganado ou cunha viaxe súpeta e urxente. Era o xefe do clan. O confidente. O ser máis xeneroso, o confiado. O amigo de respecto, o respectado. Aquel no que fiaba toda a xente. A vida foi, para el, un campo aberto que sementou de luz e de alegría, recolleitando amor, garimo certo. Agora lembro ao pai na lonxanía... E sinto a súa presencia tan de perto que me sirve de exemplo, norte e guía. Sonetos á casa de Hortas O tío Pepe foi crego. Alto e forte, distinguido, sutil, moi elegante. A súa fala era á vez leda e punzante e xó tiña ao deber por guía e norte. Home culto, esixente e importante. A familia seguía o seu dictado como se fora oráculo sagrado e imperioso mandato apouvigante. Eu recordo ao tío Pepe con ternura, enorme comprensión, certa tristeza pois morreu casemente na pobreza. Amou a Xesucristo e a súa luz pura. Viviu de pé. Morreu con enteireza. ¡Agora é deslembranza cruel e dura! Sonetos á casa de Hortas
  • 10. 1951: Morte do irmán A morte en accidente do seu irmán máis novo (23 de marzo de 1951) prodúcelle unha profunda crise íntima e relixiosa que o leva a escribir Libro de pregos (1953): versos irados, nos que pregunta, inquire, suplica, esixe... Deus é o interlocutor silencioso. A morte do noso irmao, o benxamín, foi un golpe mortal, inxusto e cruel. ¡Endexamais esquecerei o intre aquel, o trauma que vivín, canto sufrín! Era un mociño xentil, aínda doncel, tiña os seus ollos abertos ao alén, agora murcha flor; perdido ben con arrecendos a rosa e caravel. A súa mirada doce e transparente fíxose mítica luz, feble e ausente, exemplo de infortunio e breve vida. Aínda a súa lembranza ben querida vai no meu corazón continuamente e ten forma de espiña. E de ferida. Sonetos á casa de Hortas
  • 11. 1953: Libro de pregos O meu mundo íntimo, persoal, é un anceio de Deus. Nestes poemas, desesperadamente inxenuos, nacen as verbas que a Deus lle digo cada hora, na miña linguaxe de terra e cinza. Un revoar de ventos, cheos do po dos camiños do mundo, póusase moitos días no meu corazón de home. Entón o meu espírito de home chora con soedade de home. E fálolle a Deus con verba núa. Mais Deus segue en néboa e en silencio.... como un antergo mar maior en tebra florecido... Eso é. (Libro de pregos, limiar) ¡Ben sabes, Señor, que perdemos a paz! ¡Quero unha paz limpa, clara como o vento! ¡Quero unha paz de luz para ser sinxelo! Escoita, Señor, este humilde prego: ¡Quero unha paz nova para escoitar simplemente como cantan os melros! Libro de pregos
  • 12. 1954: Terra Chá ¡Carballos rexos, potentes, calados ou musicales que loitais como valentes coas xistras e os vendavales! ¡Duros carballos verdeados, petrucios e sedentarios! ¡Estades na Chá chantados solemnes e centenarios! ¡Como amo a vosa beleza da máis baril sobriedade! ¡Que sensación de forteza ollando prá eternidade! Terra Chá En 1954 publica Terra Chá , un canto ás esencias da súa Chaira labrega, rural: o home, os traballos do home, as festas, os costumes e ritos populares, a natureza, os animais, as plantas, as cousas...
  • 13. 1958: Documentos persoais Segundo se le no artigo 10 do Regramento, apartado terceiro, quinto párrafo, débese traballar de nove a unha e de catro a sete pola tarde. Eu coa miña Musa estou desesperado, a miña Musa non cumpre o Regramento nin tampouco o horario de traballo. Terei que demandala. O xuzgador ten que acordar que fique cesante por sentencia firme, xusta, inapelábel. Estón poñerei este anuncio nos xornais: "Precísase unha Musa en bo estado, pagaránselle pluses, vacaciós, quinquenios, luz e máis criada i unha paga de máis de cando en cando" Documentos persoais Poemas en verso libre na liña da poesía civil galega da preguerra, coas limitacións impostas polas condicións sociopolíticas da ditadura... Sinxeleza expresiva, ironía e incorporación das fórmulas propias da linguaxe xurídica son os trazos expresivos definidores deste poemario, xunto coa protesta social, que fai del o primeiro libro de versos da corrente socialrealista ou de compromiso e denuncia na poesía galega da segunda metade do século.
  • 14. Documentos persoais (2) Guía comercial Dende agora os poetas non precisan andar ollando a lúa para inspirarse, abóndalles con ler os nosos ANUNCIOS POR PALABRAS: "Véndense angurias, estrelas, albas, lúas e solpores. Véndense diccionarios da rima tenros como nata. Temos almas de flores e chíos de paxaros. Todo moi barato. Damos 30 prazos. Remesamos os pedidos a reembolso, en gran velocidade e porte pago." Documentos persoais
  • 15. 1959: Casa con Saleta Canción pra lle decir a Saleta ¡Ouh amiga e compañeira cotidián; sinxela, doce costume habitual: ti éresme necesaria como o pan, como o aire, como o lume, como o sal! Ti eres o meu pasado, o meu porvir, a muller de verdá, sangue do pobo. Ti décheslle claridade ó meu vivir: un camiño sinxelo, puro e novo. ¡Ouh compaña fiel, maina sorrisa; estrela centilante, arrolo e canto! Ti eres o furacán, i eres a brisa que limpa, no meu ceo, tanto espanto. Ti eres o que eu soño: luz e rosa recendo vida, florecendo a eito. ¡Eres a realidade máis fermosa que levo latexando no meu peito! Ti trócasme en ledicia cada coita e daslle ó meu esprito rumbo certo. ¡Eres o esteo preciso pra esta loita de sementar de flores o deserto! Canciós do lusco ao fusco
  • 16. 1961: Versos para un país de minifundios A fala é comuñón e sentimento, historia compartida intimamente, sufrimento de todos, amor de cada un e tamén amor de todo o pobo, laio e canción, nai que nos abrangue e arrola, estrela milagreira que nos guía e fai que os nosos corazóns latexen xuntos. A fala é a voz da terra e máis do mar, o vencello que nos xungue no tempo co que foron e máis cos que han de ser. Desconfía, ¡ouh pobo meu!, estén alerta contra aqueles que deixan a túa fala e dicen que te aman. Quen non está contigo é teu nemigo, aínda que os seus beizos che mintan un amor que nunca alumou seu corazón. Versos para un país de minifundios
  • 17. 1963: Mar Maior Estou entre a néboa, aquí en Galiza. Non teño dornas para navegar o mar que peta en min, mouro e terríbel. Profesei de labrego dende neno na miña Terra Chá, senlleira e longa. Por sucos teño as miñas veas, unha soidade fonda por semente e por terra cativa este meu corpo feito de arxila feble e pecadora. Deus riba de min e eu debaixo de Deus co meu amor. Dos meus escuros beizos estas verbas que anceian voar como paxaros polo ceo pequeno de min mesmo. Agardo, ano tras ano, pola rosa que ten de agromar, fermosa e branca, para xustificar así a miña vida escura e caladiña baixo o vento sutil e misterioso da saudade. E falo decote nesta música na que canta Galiza dende sempre. Mar Maior
  • 18. 1968: Os soños na gaiola Labrego Toda a miña xente de labregos foi, xunguidos á terra con xugo de boi. Meu pai é labrego, tamén meus avós: ¡pasáronse a vida tripando terrós...! Meu pai é labrego, labrego naceu, ¡e labra nos eidos traballando a treu! Meu pai é labrego, labrego naceu. ¡Meu pai é labrego, sen terra de seu! Meu pai é labrego, labreguiño eu son. ¡Pasarei a vida xunguido ao terrón! Os soños na gaiola
  • 19. 1968: Barriga Verde Foi a primeira obra que viu sobre as táboas (1969) e unha das máis representadas do autor. Barriga Verde é un personaxe popular e atemporal que, a medida que avanza a obra, vai gañando cometidos: padriño de noivos, árbitro na disputa amorosa, xuíz e parte no desenlace.
  • 20. 1970: Unha moi Real Academia pouco Galega O 19 de abril de 1970 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución resultaba ineficaz na defensa da lingua. Responso por unha Academia Xace eiquí una Academia. De nena atacouna a anemia e acometeulle a diglosia. Sempre foi inmovilista e, ¡cómo non!, bilingüista. Viviu en pura ortodoxia de costas ao seu país. ¡Sufriu arteroesclerosia E morreu dun paralís…!.
  • 21. 1970: A libraría dos galegos Nace a libraría Xistral, "a libraría dos galegos", coa finalidade primordial de achegar o libro galego e a realidade galega a unha sociedade que estaba rematando a longa noite de pedra. "Abrimos a libraría en setembro de 1970... Desde o comezo o galego tivo unha presenza principal, no noso rótulo, no escaparate, na relación coa clientela. Os nenos dicían: Imos á libraría dos galegos...”
  • 22. 1973: Krikoi, Fanoi e D. Lobonis Colección de sete contos/relatos: "O Kricoi está no Cereixal", "O Forquitas", "A loita de Fanoi", "O Xesús", "A abella chamábase Avesás", "Informe político- cívico-municipal encol do concello e dos ilustres rexidores da vila de Caravel da Raíña"e "Suceso da ovella Merela e Don Lobonis", aproximacións realistas e reflexivas sobre a problemática rural e labrega galega con estrutura de fábulas.
  • 23. 1974: Manuel María aos 45 anos Algún día cecais chegue a ser -Deus non mo permita- un morto profesor de Historia, de Literatura ou de Filosofía e terei que poñer ceros a rapazas xeitosas, con coxas de non vencidas plumas e seos de ritmos sensitivos. Os meus amigos, ao ollarme pasar, cecais me paren, pra dicirme: "Manuel María: ti es unha momia que vives a cen légoas desta vida..." E eu marcharei insensibelmente paseando a ridícula caricatura de min mesmo, escribirei poemas ben medidos, estarei ás 9 en punto no instituto e diranme os meus alumnos ao atoparme no paseo vespertino: "Boas tardes teña vostede, don Manueliño..."
  • 24. 1975: Unha vez foi o trebón Teatro sobre a revolución irmandiña. Manuel María convoca nos seus poemas os sentimentos daquelas xentes: a carraxe pola inxustiza, pola imposición desde fóra; a rebeldía; o soño dunha patria propia e liberada e tamén a traizón, a covardía, a vinganza, o desencanto...Polos poemas desfilan os Andrade, os Sarmientos, os Lemos, os Moscosos; Pedro Madruga, Diego de Lemos, Osorio; os heroes e resistentes Lanzós e Roi Xordo e os mártires da Almáciga.
  • 25. 1977: A poesía ao poder! Nas eleccións xerais de 1977 presentouse pola provincia de Lugo na candidatura do BN-PG. Nas municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras fracasar nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural.
  • 26. 1979: Farsa de Bululú Estreada en 1979 e publicada en 1992, é unha sátira que fai referencia á situación política no franquismo. Deste xeito, tras o Bululú, o Gran Mariscal e a Raíña Facunda están Franco, Carrero e demais personaxes do réxime. Esta farsa, que bebe das fontes satíricas da tradición galego-portuguesa das cantigas de escarnio e maldicir e na que se critica claramente ó exército, tamén ten claras referencias ás obras de Valle-Inclán e de Lorca.
  • 27. 1979: A Berenguela Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (máis coñecida como A Berenguela) é unha obra de teatro infantil escrita por Manuel María cara a 1974 e publicada en 1979. para o grupo de teatro dun amigo. A espiña pica, sen ela querelo, e por iso mesmo debe enfrontarse coa incomprensión e o desprezo de moitos personaxes que rifarán con ela. A ecoloxía, as clases humildes e a súa relación co poder forman o transfondo desta obra composta de nove cadros.
  • 28. 1986: Pasamento da nai A nai era a vontade e a enteireza, a voz dos devanceiros e da terra, a loita, a teimosía, a xorda guerra contra a preguiza, a fame e a pobreza. E aínda a súa palabra clama e berra axotando soidades e incerteza. Logrou vencer desgracias e tristeza. E sabía que o xusto, ás veces, erra. Era a casa de pe: segura, ergueita. A tradición firme, a liña dereita como o cedro da horta ou a nogueira. ¡A nosa nai foi grao, flor e colleita! ¡Que existencia exemplar e verdadeira! ¡Que tarefa cumplida! ¡E que ben feita!                                        Sonetos á casa de Hortas
  • 29. 1989: Abril de lume e ferro Dramatización dos sucesos da revolución de 1846 que comezan o 2 de abril dese ano en Lugo co levantamento do coronel Solís e rematan o 26 do mesmo mes co fusilamento dos Mártires en Carral.
  • 30. 1991-1994: Recordos da infancia A triloxía de Manuel de Paderna: unha lembranza dos tempos da infancia. Manuel de Paderna era un xornaleiro da casa de Manuel María que o iniciou no mundo da poesía, nos mediodías do verán, á sombra dunha oliveira. A tribo ten catro ríos (1991), Cando o mar foi polo río (1992) e Viaxes e vagancias de M.P. (1994) son as tres obras ás que nos estamos a refeir: mestura de lendas, poesía, crónicas e nostalxias que teñen como referencia constante o retorno ao paraíso perdido da infancia e aos seus espazos.
  • 31. 1993: Madrigal á cidade de Tui Tui, episcopal e fronteiriza, -“Fronteira de que e para que”- ollando a túa propia imaxe no fráxil espello fuxidío das doadas augas do Pai Miño sen que os teus ollos cansos acaden contemplar o máxico fulgor dos fogos de San Telmo. É a ti a quen pregunto: ¿Sentiches, cecais, a tentación de botarte, libre, a navegar río abaixo na percura da roita que te poida levar ao infinito? (XIII Festival da Poesía do Condado)
  • 32. 2002: Nunca máis "... O nome de Costa da Morte impón. Para explicalo abundan teorías e lendas. Quizais se deba á multitude de naufraxios e catástrofes que se producen no lugar. O propio sería que o Atlántico fose coñecido, nesta paraxe, como Mar da Morte. O recentes e tráxicos sucesos ocorridos co petroleiro Prestige dannos a razón. Mais a traxedia e a imprevisión xa veñen de lonxe e chámanse Polycommander, Andros  Patria, Casón ademais doutras calamidades significativas. A nosa costa sempre foi a Costa da Vida. O que acontece é que a matan, ante a pertinaz ineficacia dos nosos mandamais, malia que as xentes de nós, ateigadas dunha impotencia xorda e rabiosa, loitan até o imposíbel, utrapasando a heroicidade máis sublime, con todo o amor do mundo, para conservala dignamente, recuperala e mantela viva para sempre endexamais" (El Correo Gallego, "Homes, feitos e palabras", 15/12/2002)
  • 33. 2003: Académico numerario O 15 de febreiro de 2003 volve a entrar na RAG como académico numerario, a proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso "A Terra Chá: poesía e paisaxe", respondido por Méndez Ferrín.
  • 34. Testamento Morre o 8 de setembro de 2004 Enterrádeme en Outeiro que quero escoitar o Miño co seu paso silandeiro nos prados de Xuncaíño. Quero sentir a túa verba, ¡ouh miña amada xentil!, ollar como nace a herba e oír ao cuco en abril. Quero escoitar as campás da miña aldea natal, tan compañeiras e humás ¡que fan falar ao metal! E quero ouvir dende a cova aos veciños e aos amigos, contemplar a lúa nova e ollar espigar os trigos. Quero ser como o abeneiro: fidel a unha só corrente. ¡Pido un lugar en Outeiro na campa da miña xente! Escolma de poetas de Outeiro de Rei