1. Tema 2. Os 3 estados da materia
Debes de subliñar a lapis o máis importante e poñer palabras claves e anotacións á dereita do texto
Debes facer un esquema coas palabras clave marcadas e débelo presentar antes do exame.
Elaborado por Xacobo de Toro e revisado por Luisa Corredoira
Nome e Apelidos: Nº
1. Os 3 estados da materia.
A materia na natureza preséntase de diferentes formas que son distintos estados nos que
podemos atopar a materia. Os 3 estados son: sólido, líquido, gasoso.
Un exemplo é o ciclo da auga (H2O) que pode amosar 3 estados diferentes no planeta
Terra.
Na actividade “pensa e deduce” do libro, a pedra sólida mantén a forma, o volume e a
masaaínda que a cambiemos de recipiente.O líquido cambia de forma cando o cambiamos de
recipiente.O gas tende a ocupar todo o volume que pode e cambia a forma e o volume cando o
cambiamos de recipiente.
2. Os 3 estados da materia.
Os gases como o O2 (osíxeno) ou o CO2 (dióxido de carbono) permanecen en estado
gasoso. Porén, a maioría dos minerais teñen estado sólido, aínda que ollo ¡hai algún en estado
líquido!, como é o caso de mercurio.
Os sólidos caracterízanse por ter forma, masa e volume constantes.Os líquidos teñen a
forma e o volume constantes pero a súa forma é variable. Os gases non teñen forma nin volume
fixos, pero a súa masa si é constante. É característico dos gases a gran variación de volume que
experimentan cando cambian as condicións de temperatura e presión.
3. A materia está formada por partículas e teoría científica das
partículas.
Toda a materia está formada por partículas moi pequenas en continuo movemento. Estas
partículas son as moléculas e os átomos. As partículas son tan pequenas que non as poderiamos
ver nin co microscopio máis potente. Dependendo do grao de unión e da orde que teñan no espazo
estas partículas determinarán os tres estados posibles da materia: sólido, líquido e gasoso.
A teoría cinética das partículas comprende dúas leis fundamentais:
A materia está formada por partículas.
As partículas atópanse en continuo movemento.
4. A teoría cinética e os tres estados da materia.
Tal e como explicamos no punto anterior dependendo da agrupación ou do unidas que
estean unhas partículas ás outras temos diferentes graos de agregación ou estados da materia.
2. 4.1.Os sólidos están formados por partículas que están moi firmemente unidas entre si. A
masa, a forma e o volume son constantes. As partículas só poden moverse vibrando ou oscilando
arredor de posicións fixas. Ao aumentar a temperatura aumenta a vibración das partículas.
As partículas dispóñense de forma ordenada, cunha regularidade espacial xeométrica, que
dá lugar a redes cristalinas que, se son visibles a simple vista, forman cristais. Ex: sal de mesa.
Os sólidos cuxas partículas non están ordenadas en redes cristalinas teñen unha estrutura
amorfa ou vítrea. Ex: plásticos ou vidros.
4.2.Os líquidos están formados por unhas forzas de atracción menores que nos sólidos isto
permítelles trasladarse con liberdade, xa que podendesprazarse unhas sobre as outras en grupos e
cambiar de posición. Todo isto explica que non teñan forma fixa e adopten a forma do recipiente
que os contén.Teñen volume e masa constante. Ao aumentar a temperatura aumenta a mobilidade
das partículas (a súa enerxía).
4.3.Os gases están formados por partículas que son moi pequenasque se moven de forma
desordenada, con choques entre elas e contra as paredes do recipiente que oscontén ocupando todo
o espazo dispoñible.Non teñen nin forma fixanin volume fixo.
Isto explica: A expansión: prodúcese cando aumenta a distancia entre as súas partículas
para ocupar un volume maior. A compresión: é debida a diminución da distancia entre as súas
partículas para ocupar un volume menor. Se aumenta a temperatura as partículas móvense máis á
présa e chocan con máis enerxía contra as paredes do recipiente, polo que aumenta a presión.
Os gases difúndense con facilidade polo que as súas partículas se dispersan e desprazan
unhas sobre as outras, mesturándose moi rápido.
Nota: repasa as animacións postas en clase dos estados da materia e que tedes no blog
(etiqueta “animacións”).
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/esta
dos/cambios.htm
5. A temperatura e os estados da materia.
A dilatación é o aumento de volume que experimentan os sólidos, líquidos e gases cando
se eleva a súa temperatura debido a que as partículas que os constitúen adquiren unha mobilidade
maior e distáncianse entre si.
A contracción é a diminución do volume que experimentan os sólidos, líquidos e gases
cando descende a súa temperatura debido a que as partículas que os constitúen diminúen a súa
mobilidade e por conseguinte, a distancia entre elas.
Os sólidos e os líquidos teñen un volume fixo cando a temperatura é constante pero se a Tª
ascende prodúcese dilatación: o volume aumenta xa que as partículas vibran máis e distáncianse,
sen chegar a separarse. Se a Tª descende ocorre xustamente o contrario, a contracción e o volume
diminúe debido a que a mobilidade das partículas é menor e a distancia entre elas redúcese.
Os gases están formados por partículas en continuo movemento que chocan contra as
paredes do recipiente que os contén. Os impactos exercen unha forza sobre a superficie das
paredes chamada presión.
Os gases tamén experimentan fenómenos de compresión e dilatación. Se as paredes do
recipiente que contén un gas son flexibles ou elásticas e poden cambiar de volume, poderemos ver
3. estes fenómenos doadamente. Se as parades do recipiente son ríxidas, cando aumenta a Tª tamén
aumenta a presión exercida polo gas, posto que as partículas se moven máis á présa e chocando
entre elas e coas paredes con maior frecuencia e forza.
6. Cambios de estado.
Un cambio de estado é unha modificación do estado de agregación da materia, é dicir, na
disposición das partículas que a constitúen, non no seu tipo (a substancia segue sendo a mesma).
Ex: O xeo, a auga e o vapor de auga seguen sendo H2O, pero en diferentes estados.
O paso de sólido a líquido denomínase fusión. A temperatura á que un sólido se funde e
pasa ao estado líquido chámase punto de fusión. O punto de fusión é diferente para cada
substancia e cada substancia ten o seu propio punto de fusión. O P.Fda auga é de 0ºC, no que o
xeo se converte en auga.
O paso do estado líquido ao estado gasoso denomínase vaporización. Se a vaporización se
produce en toda a masa do líquido falamos de ebulición: toda a masa de líquido ten enerxía para
converterse en gas e "escapa”; pero se se produce a calquera temperatura, lentamente e na
superficie do líquido, recibe o nome de evaporación. A temperatura á que unha substancia ferve e
pasa de estado líquido a gasoso (vapor) denomínase punto de ebulición, e é diferente para cada
substancia. No caso da auga, o punto de ebulición é de 100ºC
O paso do estado gasoso ao estado líquido denomínase condensación ou licuación. A
temperatura á que un gas se condensa é a mesma que a temperatura de ebulición do líquido. Un
exemplo son as pingas de auga sobre o espello do cuarto de baño cando te duchas, xa que o vapor
de auga arrefría sobre os espello e se condensa.
O paso de líquido a sólido denomínase solidificación. A temperatura á que un líquido se
solidifica é a mesma que a temperatura á cal ese líquido solidificado se funde. No caso da auga o
punto de solidificación é de 0ºC.
O paso do estado sólido ao gasoso, e viceversa, denomínase sublimación.
Os cambios de estado reciben diferentes nomes, dependendo dos estados inicial e final. O
estado no que se presenta unha substancia depende das condicións nas que se atope, é dicir, non
existen substancias sólidas, líquidas ou gasosas por natureza.
Repasa atentamente os cambios de estado da animación posta en clase e os cambios de
estado da auga.
6.1. O volume, a masa e a densidade nos cambios de estado.
O volume que ocupa unha substancia en estado gasoso é maior ca o que ocupa en estado
líquido, e este, a súa vez, é maior ca o que ocupa en estado sólido.
A densidade que ten unha substancia en estado gasoso é menor ca en estado líquido, e esta,
á súa vez é menor ca a que ten en estado sólido.