SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 3
Tema 2. Os 3 estados da materia
Debes de subliñar a lapis o máis importante e poñer palabras claves e anotacións á dereita do texto

Debes facer un esquema coas palabras clave marcadas e débelo presentar antes do exame.


Elaborado por Xacobo de Toro e revisado por Luisa Corredoira

Nome e Apelidos:                                                                                Nº

    1. Os 3 estados da materia.
      A materia na natureza preséntase de diferentes formas que son distintos estados nos que
podemos atopar a materia. Os 3 estados son: sólido, líquido, gasoso.

         Un exemplo é o ciclo da auga (H2O) que pode amosar 3 estados diferentes no planeta
Terra.

        Na actividade “pensa e deduce” do libro, a pedra sólida mantén a forma, o volume e a
masaaínda que a cambiemos de recipiente.O líquido cambia de forma cando o cambiamos de
recipiente.O gas tende a ocupar todo o volume que pode e cambia a forma e o volume cando o
cambiamos de recipiente.

    2. Os 3 estados da materia.
       Os gases como o O2 (osíxeno) ou o CO2 (dióxido de carbono) permanecen en estado
gasoso. Porén, a maioría dos minerais teñen estado sólido, aínda que ollo ¡hai algún en estado
líquido!, como é o caso de mercurio.

        Os sólidos caracterízanse por ter forma, masa e volume constantes.Os líquidos teñen a
forma e o volume constantes pero a súa forma é variable. Os gases non teñen forma nin volume
fixos, pero a súa masa si é constante. É característico dos gases a gran variación de volume que
experimentan cando cambian as condicións de temperatura e presión.

    3.   A materia está formada por partículas e teoría científica das
         partículas.
        Toda a materia está formada por partículas moi pequenas en continuo movemento. Estas
partículas son as moléculas e os átomos. As partículas son tan pequenas que non as poderiamos
ver nin co microscopio máis potente. Dependendo do grao de unión e da orde que teñan no espazo
estas partículas determinarán os tres estados posibles da materia: sólido, líquido e gasoso.

         A teoría cinética das partículas comprende dúas leis fundamentais:
                         A materia está formada por partículas.
                         As partículas atópanse en continuo movemento.

    4. A teoría cinética e os tres estados da materia.
        Tal e como explicamos no punto anterior dependendo da agrupación ou do unidas que
estean unhas partículas ás outras temos diferentes graos de agregación ou estados da materia.
4.1.Os sólidos están formados por partículas que están moi firmemente unidas entre si. A
masa, a forma e o volume son constantes. As partículas só poden moverse vibrando ou oscilando
arredor de posicións fixas. Ao aumentar a temperatura aumenta a vibración das partículas.

       As partículas dispóñense de forma ordenada, cunha regularidade espacial xeométrica, que
dá lugar a redes cristalinas que, se son visibles a simple vista, forman cristais. Ex: sal de mesa.

       Os sólidos cuxas partículas non están ordenadas en redes cristalinas teñen unha estrutura
amorfa ou vítrea. Ex: plásticos ou vidros.

        4.2.Os líquidos están formados por unhas forzas de atracción menores que nos sólidos isto
permítelles trasladarse con liberdade, xa que podendesprazarse unhas sobre as outras en grupos e
cambiar de posición. Todo isto explica que non teñan forma fixa e adopten a forma do recipiente
que os contén.Teñen volume e masa constante. Ao aumentar a temperatura aumenta a mobilidade
das partículas (a súa enerxía).

       4.3.Os gases están formados por partículas que son moi pequenasque se moven de forma
desordenada, con choques entre elas e contra as paredes do recipiente que oscontén ocupando todo
o espazo dispoñible.Non teñen nin forma fixanin volume fixo.

        Isto explica: A expansión: prodúcese cando aumenta a distancia entre as súas partículas
para ocupar un volume maior. A compresión: é debida a diminución da distancia entre as súas
partículas para ocupar un volume menor. Se aumenta a temperatura as partículas móvense máis á
présa e chocan con máis enerxía contra as paredes do recipiente, polo que aumenta a presión.

       Os gases difúndense con facilidade polo que as súas partículas se dispersan e desprazan
unhas sobre as outras, mesturándose moi rápido.

        Nota: repasa as animacións postas en clase dos estados da materia e que tedes no blog
(etiqueta “animacións”).

       http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/esta
dos/cambios.htm

   5. A temperatura e os estados da materia.
        A dilatación é o aumento de volume que experimentan os sólidos, líquidos e gases cando
se eleva a súa temperatura debido a que as partículas que os constitúen adquiren unha mobilidade
maior e distáncianse entre si.

       A contracción é a diminución do volume que experimentan os sólidos, líquidos e gases
cando descende a súa temperatura debido a que as partículas que os constitúen diminúen a súa
mobilidade e por conseguinte, a distancia entre elas.

       Os sólidos e os líquidos teñen un volume fixo cando a temperatura é constante pero se a Tª
ascende prodúcese dilatación: o volume aumenta xa que as partículas vibran máis e distáncianse,
sen chegar a separarse. Se a Tª descende ocorre xustamente o contrario, a contracción e o volume
diminúe debido a que a mobilidade das partículas é menor e a distancia entre elas redúcese.

       Os gases están formados por partículas en continuo movemento que chocan contra as
paredes do recipiente que os contén. Os impactos exercen unha forza sobre a superficie das
paredes chamada presión.

        Os gases tamén experimentan fenómenos de compresión e dilatación. Se as paredes do
recipiente que contén un gas son flexibles ou elásticas e poden cambiar de volume, poderemos ver
estes fenómenos doadamente. Se as parades do recipiente son ríxidas, cando aumenta a Tª tamén
aumenta a presión exercida polo gas, posto que as partículas se moven máis á présa e chocando
entre elas e coas paredes con maior frecuencia e forza.

   6. Cambios de estado.
       Un cambio de estado é unha modificación do estado de agregación da materia, é dicir, na
disposición das partículas que a constitúen, non no seu tipo (a substancia segue sendo a mesma).
Ex: O xeo, a auga e o vapor de auga seguen sendo H2O, pero en diferentes estados.

        O paso de sólido a líquido denomínase fusión. A temperatura á que un sólido se funde e
pasa ao estado líquido chámase punto de fusión. O punto de fusión é diferente para cada
substancia e cada substancia ten o seu propio punto de fusión. O P.Fda auga é de 0ºC, no que o
xeo se converte en auga.

        O paso do estado líquido ao estado gasoso denomínase vaporización. Se a vaporización se
produce en toda a masa do líquido falamos de ebulición: toda a masa de líquido ten enerxía para
converterse en gas e "escapa”; pero se se produce a calquera temperatura, lentamente e na
superficie do líquido, recibe o nome de evaporación. A temperatura á que unha substancia ferve e
pasa de estado líquido a gasoso (vapor) denomínase punto de ebulición, e é diferente para cada
substancia. No caso da auga, o punto de ebulición é de 100ºC

       O paso do estado gasoso ao estado líquido denomínase condensación ou licuación. A
temperatura á que un gas se condensa é a mesma que a temperatura de ebulición do líquido. Un
exemplo son as pingas de auga sobre o espello do cuarto de baño cando te duchas, xa que o vapor
de auga arrefría sobre os espello e se condensa.

        O paso de líquido a sólido denomínase solidificación. A temperatura á que un líquido se
solidifica é a mesma que a temperatura á cal ese líquido solidificado se funde. No caso da auga o
punto de solidificación é de 0ºC.

       O paso do estado sólido ao gasoso, e viceversa, denomínase sublimación.

        Os cambios de estado reciben diferentes nomes, dependendo dos estados inicial e final. O
estado no que se presenta unha substancia depende das condicións nas que se atope, é dicir, non
existen substancias sólidas, líquidas ou gasosas por natureza.

       Repasa atentamente os cambios de estado da animación posta en clase e os cambios de
estado da auga.

6.1. O volume, a masa e a densidade nos cambios de estado.
        O volume que ocupa unha substancia en estado gasoso é maior ca o que ocupa en estado
líquido, e este, a súa vez, é maior ca o que ocupa en estado sólido.

        A densidade que ten unha substancia en estado gasoso é menor ca en estado líquido, e esta,
á súa vez é menor ca a que ten en estado sólido.

Más contenido relacionado

Destacado

Guías evaluación de aprendizajes
Guías evaluación de aprendizajesGuías evaluación de aprendizajes
Guías evaluación de aprendizajes
lea2013
 
Taller 6º repaso clasificacion de materia
Taller 6º repaso clasificacion de materiaTaller 6º repaso clasificacion de materia
Taller 6º repaso clasificacion de materia
Piedad
 
Evaluación deciencias naturales
Evaluación     deciencias  naturalesEvaluación     deciencias  naturales
Evaluación deciencias naturales
estersanmartin
 
Prueba materia y sus transformaciones
Prueba materia y sus transformacionesPrueba materia y sus transformaciones
Prueba materia y sus transformaciones
Aleyulita
 
Prueba de ciencias naturales clasificacion de animales
Prueba  de ciencias naturales clasificacion de animalesPrueba  de ciencias naturales clasificacion de animales
Prueba de ciencias naturales clasificacion de animales
Paula Reyes
 
Examen ciencias Cèlulas, Reinos Seres Vivos quinto
Examen ciencias Cèlulas, Reinos Seres Vivos quintoExamen ciencias Cèlulas, Reinos Seres Vivos quinto
Examen ciencias Cèlulas, Reinos Seres Vivos quinto
Ledy Aristizabal
 
Características de los seres vivos
Características de los seres vivosCaracterísticas de los seres vivos
Características de los seres vivos
Flor urbina
 

Destacado (13)

Celula animal y vegetal actividad integradora
Celula animal y vegetal actividad integradoraCelula animal y vegetal actividad integradora
Celula animal y vegetal actividad integradora
 
Guías evaluación de aprendizajes
Guías evaluación de aprendizajesGuías evaluación de aprendizajes
Guías evaluación de aprendizajes
 
4.- Variaciones de la temperatura y cambios físicos en la materia. Cambios de...
4.- Variaciones de la temperatura y cambios físicos en la materia. Cambios de...4.- Variaciones de la temperatura y cambios físicos en la materia. Cambios de...
4.- Variaciones de la temperatura y cambios físicos en la materia. Cambios de...
 
CRUCIGRAMA DE ESTADOS DE LA MATERIA
CRUCIGRAMA DE ESTADOS DE LA MATERIACRUCIGRAMA DE ESTADOS DE LA MATERIA
CRUCIGRAMA DE ESTADOS DE LA MATERIA
 
Taller 6º repaso clasificacion de materia
Taller 6º repaso clasificacion de materiaTaller 6º repaso clasificacion de materia
Taller 6º repaso clasificacion de materia
 
Evaluación deciencias naturales
Evaluación     deciencias  naturalesEvaluación     deciencias  naturales
Evaluación deciencias naturales
 
Prueba materia y sus transformaciones
Prueba materia y sus transformacionesPrueba materia y sus transformaciones
Prueba materia y sus transformaciones
 
Prueba de ciencias naturales clasificacion de animales
Prueba  de ciencias naturales clasificacion de animalesPrueba  de ciencias naturales clasificacion de animales
Prueba de ciencias naturales clasificacion de animales
 
Actividades sobre estructura celular1
Actividades sobre estructura celular1Actividades sobre estructura celular1
Actividades sobre estructura celular1
 
2°prueba de ciencias naturales
2°prueba de ciencias naturales2°prueba de ciencias naturales
2°prueba de ciencias naturales
 
Examen ciencias Cèlulas, Reinos Seres Vivos quinto
Examen ciencias Cèlulas, Reinos Seres Vivos quintoExamen ciencias Cèlulas, Reinos Seres Vivos quinto
Examen ciencias Cèlulas, Reinos Seres Vivos quinto
 
Características de los seres vivos
Características de los seres vivosCaracterísticas de los seres vivos
Características de los seres vivos
 
Evaluacion # 1 La Celula
Evaluacion # 1   La CelulaEvaluacion # 1   La Celula
Evaluacion # 1 La Celula
 

Similar a 1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia (9)

2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
 
Resumo t7 naturais_6
Resumo t7 naturais_6Resumo t7 naturais_6
Resumo t7 naturais_6
 
A MATERIA
A MATERIAA MATERIA
A MATERIA
 
T.6. a enerxía interna do planeta e movemento dos continentes
T.6. a enerxía interna do planeta e movemento dos continentesT.6. a enerxía interna do planeta e movemento dos continentes
T.6. a enerxía interna do planeta e movemento dos continentes
 
Ciencia divertida en galego
Ciencia divertida en galegoCiencia divertida en galego
Ciencia divertida en galego
 
Resumo vii coñecemento-quinto
Resumo vii coñecemento-quintoResumo vii coñecemento-quinto
Resumo vii coñecemento-quinto
 
Que é a teoría da relatividade
Que é a teoría da relatividadeQue é a teoría da relatividade
Que é a teoría da relatividade
 
A materia e as súas propiedades.
A materia e as súas propiedades.A materia e as súas propiedades.
A materia e as súas propiedades.
 
A materia
A materia A materia
A materia
 

Más de Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia

Más de Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia (20)

Tema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continentalTema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continental
 
Google
GoogleGoogle
Google
 
T 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contaminaT 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contamina
 
T1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxíaT1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxía
 
T1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terraT1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terra
 
T 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacioT 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacio
 
Ies fernando wirtz conectacowirtz
Ies fernando wirtz     conectacowirtzIes fernando wirtz     conectacowirtz
Ies fernando wirtz conectacowirtz
 
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
 
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier CristoboUnidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
 
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido 2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
 
Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solar
 
Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solar
 
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
 
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
 
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano20111º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
 
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
 
2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples
 
Informática 1. Práctica de windows
Informática 1. Práctica de windowsInformática 1. Práctica de windows
Informática 1. Práctica de windows
 
Informática 1. práctica de windows
Informática 1. práctica de windowsInformática 1. práctica de windows
Informática 1. práctica de windows
 
Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2
Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2
Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2
 

Último

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 

1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia

  • 1. Tema 2. Os 3 estados da materia Debes de subliñar a lapis o máis importante e poñer palabras claves e anotacións á dereita do texto Debes facer un esquema coas palabras clave marcadas e débelo presentar antes do exame. Elaborado por Xacobo de Toro e revisado por Luisa Corredoira Nome e Apelidos: Nº 1. Os 3 estados da materia. A materia na natureza preséntase de diferentes formas que son distintos estados nos que podemos atopar a materia. Os 3 estados son: sólido, líquido, gasoso. Un exemplo é o ciclo da auga (H2O) que pode amosar 3 estados diferentes no planeta Terra. Na actividade “pensa e deduce” do libro, a pedra sólida mantén a forma, o volume e a masaaínda que a cambiemos de recipiente.O líquido cambia de forma cando o cambiamos de recipiente.O gas tende a ocupar todo o volume que pode e cambia a forma e o volume cando o cambiamos de recipiente. 2. Os 3 estados da materia. Os gases como o O2 (osíxeno) ou o CO2 (dióxido de carbono) permanecen en estado gasoso. Porén, a maioría dos minerais teñen estado sólido, aínda que ollo ¡hai algún en estado líquido!, como é o caso de mercurio. Os sólidos caracterízanse por ter forma, masa e volume constantes.Os líquidos teñen a forma e o volume constantes pero a súa forma é variable. Os gases non teñen forma nin volume fixos, pero a súa masa si é constante. É característico dos gases a gran variación de volume que experimentan cando cambian as condicións de temperatura e presión. 3. A materia está formada por partículas e teoría científica das partículas. Toda a materia está formada por partículas moi pequenas en continuo movemento. Estas partículas son as moléculas e os átomos. As partículas son tan pequenas que non as poderiamos ver nin co microscopio máis potente. Dependendo do grao de unión e da orde que teñan no espazo estas partículas determinarán os tres estados posibles da materia: sólido, líquido e gasoso. A teoría cinética das partículas comprende dúas leis fundamentais: A materia está formada por partículas. As partículas atópanse en continuo movemento. 4. A teoría cinética e os tres estados da materia. Tal e como explicamos no punto anterior dependendo da agrupación ou do unidas que estean unhas partículas ás outras temos diferentes graos de agregación ou estados da materia.
  • 2. 4.1.Os sólidos están formados por partículas que están moi firmemente unidas entre si. A masa, a forma e o volume son constantes. As partículas só poden moverse vibrando ou oscilando arredor de posicións fixas. Ao aumentar a temperatura aumenta a vibración das partículas. As partículas dispóñense de forma ordenada, cunha regularidade espacial xeométrica, que dá lugar a redes cristalinas que, se son visibles a simple vista, forman cristais. Ex: sal de mesa. Os sólidos cuxas partículas non están ordenadas en redes cristalinas teñen unha estrutura amorfa ou vítrea. Ex: plásticos ou vidros. 4.2.Os líquidos están formados por unhas forzas de atracción menores que nos sólidos isto permítelles trasladarse con liberdade, xa que podendesprazarse unhas sobre as outras en grupos e cambiar de posición. Todo isto explica que non teñan forma fixa e adopten a forma do recipiente que os contén.Teñen volume e masa constante. Ao aumentar a temperatura aumenta a mobilidade das partículas (a súa enerxía). 4.3.Os gases están formados por partículas que son moi pequenasque se moven de forma desordenada, con choques entre elas e contra as paredes do recipiente que oscontén ocupando todo o espazo dispoñible.Non teñen nin forma fixanin volume fixo. Isto explica: A expansión: prodúcese cando aumenta a distancia entre as súas partículas para ocupar un volume maior. A compresión: é debida a diminución da distancia entre as súas partículas para ocupar un volume menor. Se aumenta a temperatura as partículas móvense máis á présa e chocan con máis enerxía contra as paredes do recipiente, polo que aumenta a presión. Os gases difúndense con facilidade polo que as súas partículas se dispersan e desprazan unhas sobre as outras, mesturándose moi rápido. Nota: repasa as animacións postas en clase dos estados da materia e que tedes no blog (etiqueta “animacións”). http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/esta dos/cambios.htm 5. A temperatura e os estados da materia. A dilatación é o aumento de volume que experimentan os sólidos, líquidos e gases cando se eleva a súa temperatura debido a que as partículas que os constitúen adquiren unha mobilidade maior e distáncianse entre si. A contracción é a diminución do volume que experimentan os sólidos, líquidos e gases cando descende a súa temperatura debido a que as partículas que os constitúen diminúen a súa mobilidade e por conseguinte, a distancia entre elas. Os sólidos e os líquidos teñen un volume fixo cando a temperatura é constante pero se a Tª ascende prodúcese dilatación: o volume aumenta xa que as partículas vibran máis e distáncianse, sen chegar a separarse. Se a Tª descende ocorre xustamente o contrario, a contracción e o volume diminúe debido a que a mobilidade das partículas é menor e a distancia entre elas redúcese. Os gases están formados por partículas en continuo movemento que chocan contra as paredes do recipiente que os contén. Os impactos exercen unha forza sobre a superficie das paredes chamada presión. Os gases tamén experimentan fenómenos de compresión e dilatación. Se as paredes do recipiente que contén un gas son flexibles ou elásticas e poden cambiar de volume, poderemos ver
  • 3. estes fenómenos doadamente. Se as parades do recipiente son ríxidas, cando aumenta a Tª tamén aumenta a presión exercida polo gas, posto que as partículas se moven máis á présa e chocando entre elas e coas paredes con maior frecuencia e forza. 6. Cambios de estado. Un cambio de estado é unha modificación do estado de agregación da materia, é dicir, na disposición das partículas que a constitúen, non no seu tipo (a substancia segue sendo a mesma). Ex: O xeo, a auga e o vapor de auga seguen sendo H2O, pero en diferentes estados. O paso de sólido a líquido denomínase fusión. A temperatura á que un sólido se funde e pasa ao estado líquido chámase punto de fusión. O punto de fusión é diferente para cada substancia e cada substancia ten o seu propio punto de fusión. O P.Fda auga é de 0ºC, no que o xeo se converte en auga. O paso do estado líquido ao estado gasoso denomínase vaporización. Se a vaporización se produce en toda a masa do líquido falamos de ebulición: toda a masa de líquido ten enerxía para converterse en gas e "escapa”; pero se se produce a calquera temperatura, lentamente e na superficie do líquido, recibe o nome de evaporación. A temperatura á que unha substancia ferve e pasa de estado líquido a gasoso (vapor) denomínase punto de ebulición, e é diferente para cada substancia. No caso da auga, o punto de ebulición é de 100ºC O paso do estado gasoso ao estado líquido denomínase condensación ou licuación. A temperatura á que un gas se condensa é a mesma que a temperatura de ebulición do líquido. Un exemplo son as pingas de auga sobre o espello do cuarto de baño cando te duchas, xa que o vapor de auga arrefría sobre os espello e se condensa. O paso de líquido a sólido denomínase solidificación. A temperatura á que un líquido se solidifica é a mesma que a temperatura á cal ese líquido solidificado se funde. No caso da auga o punto de solidificación é de 0ºC. O paso do estado sólido ao gasoso, e viceversa, denomínase sublimación. Os cambios de estado reciben diferentes nomes, dependendo dos estados inicial e final. O estado no que se presenta unha substancia depende das condicións nas que se atope, é dicir, non existen substancias sólidas, líquidas ou gasosas por natureza. Repasa atentamente os cambios de estado da animación posta en clase e os cambios de estado da auga. 6.1. O volume, a masa e a densidade nos cambios de estado. O volume que ocupa unha substancia en estado gasoso é maior ca o que ocupa en estado líquido, e este, a súa vez, é maior ca o que ocupa en estado sólido. A densidade que ten unha substancia en estado gasoso é menor ca en estado líquido, e esta, á súa vez é menor ca a que ten en estado sólido.