SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 39
 
O  Neotrobadorismo   supón unha nova concepción da poesía dos trobadores medievais. Xorde en relación ás  vangardas  de comezos do século XX e supón unha poesía que lembra ás  cantigas medievais , pero está influída polas  correntes do momento .
[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],Cántigas  medievais Vangardas Neopopularismo
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
A paréntese daGuerra Civil: durante o Franquismo non hai ningunha lei que prohiba escribir en galego (pero está prohibido traducir obras ao galego antes có castelán), pero na práctica escribir en galego supuña un problema. O Neotrobadorismo é o  primeiro movemento en rexurdir  trala guerra por  non  ser un movemento de  compromiso social .
 
Fermín Bouza Brey  naceu en Ponteareas en 1901, mais a súa infancia transcorreu en Vilagarcía de Arousa. Cursou o Bacharelato en Pontevedra e Ourense e licenciouse na Universidade de Compostela en Filosofía (sección de Historia) e Dereito. Nesta cidade, onde pasaría a maior parte da súa vida, coñeceu o maxisterio de Cotarelo Valledor, colaborou na revista  Ultreya  e publicou o seu primeiro traballo poético,  Romance dos vinte anos  (1921). Os seus traballos de investigación viron a luz nas páxinas dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, no Boletín da Real Academia Galega, na revista  Nós  ou no xornal  A Nosa Terra .
Unha vez licenciado en Dereito, co Premio Extraordinario de Fin de Carreira, preparou o ingreso na carreira xudicial en Madrid. O acceso á carreira xudicial en 1929 conduciuno a Lleida, mais axiña voltou a terras galegas para exercer de xuíz na Estrada, proseguindo co seu traballo no Seminario e na revista  Nós .  No 1933 saía do prelo  Nao senlleira , primeiro poemario do denominado neotrobadorismo.
Durante o conflito bélico de 1936 foi afastado do seu posto, acusado de masón e galeguista, mais foi rehabilitado como xuíz xurídico-militar en Lleida, desde onde retornou á Estrada como xuíz de Primeira Instancia. Ingresou en 1941   na Real Academia Galega, un ano máis tarde na Real Academia da Historia, e continuou o seu labor historiográfico   desde o Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento.  Foi cesado no seu cargo a principios dos cincuenta, polo que retomou a súa profesión de avogado en Compostela. Publicou en Portugal un novo poemario,  Seitura  (1955), que supuxo o abandono radical do neotrobadorismo.      A partir de 1969 unha serie de doenzas encadenadas lévao de vagariño á morte, que lle chega en 1973.
 
Nao senlleira   viu a luz na editora compostelá  Nós , principal canle para a literatura da inmediata preguerra e é, xunto coa  Cantiga nova que se chama riveira  de Álvaro Cunqueiro, a obra adoito sinalada como iniciadora do movemento poético denominado  neotrobadorismo . O libro saíu á luz como tal en 1933, como primeiro poemario do autor, pero varias das súas composicións xa foran incluídas en publicacións periódicas, entre eles unha ducia de poemas publicados na revista Nós, e iniciaran a devandita liña estética.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
O  mar  e a  soidade , presentes nos versos de Mendinho que abren o libro, son dous dos motivos recorrentes da obra de Bouza. e cercaron-mi as ondas, que grandes son e nen hei barqueiro nen remador.
A  natureza  é entendida como orixe e reivindícase a terra como comunidade nacional, o cal se realiza no neotrobadorismo por medio da súa celebración e, ao modo medieval, de colocala como fondo.  O simbolismo arredor da paisaxe mariña, estabelece vínculos co  Manuel Antonio  de  De catro a catro , con quen comparte promoción literaria, aínda que non liñas estéticas nin presupostos poéticos. Esta preeminente importancia do símbolo liga tamén a obra coa escrita de  Amado Carballo Pol-a costa verdegada que dín de Jacobusland, no intre da media noite anda a serea á cantar. As cántigas que ela deita na vida ouviredes tal!
O símbolo da nao, que apunta cara ao corpo como vehículo da existencia, é o eixo ao redor do cal se artella o poemario, marcado tamén pola singularidade e pola soidade inherentes a ela, non pola vía do confesional e si cunha certa estilización do verso. ¡Quén dera ser nao senlleira n-aquel mar non presentido das ja mergulladas terras! Sen ceo, sen astros, sen vento, sempre â toa pol-as ondas deitado no esquecimento, nin andar nin desandar, nin ter outro coido acedo que leijarse ir pol-o mar... Quén dera ser nao senlleira! Sen fito —estrela nin porto— ser eu a propia ribeira!! ¡Quen dera...
Bouza era posuidor dunha salientábel erudición literaria e dun coñecemento fondo do mundo medieval, ao ser especialista en arqueoloxía e isto debeu marcar a súa concepción do texto poético como exercicio de procura da beleza. Así, salienta o oficio  versificador , a  riqueza fónica  e a as  escollas léxicas , nunha obra que inclúe o verso libre xunto con metros cultos e populares. Estilo
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
Seitura  (1955): Versos publicados tardiamente, que responden a unha estética anterior a 1936 con pegadas manuelantonianas. O seu poema  Barca da saudade , fusiona o tema da emigración co mito xacobeo. Escrita con ortografía portuguesa, o que non supón lusismo ortográfico xa que só pretende ser unha homenaxe aos miñotos. É publicado en Braga, unha cidade simbólica e moi ligada a Galiza historicamente. -”Dos catro cantos do Mundo Vén a barca da Saudade, E, a morrer dentro da tilla, Moitos sospiros vos trae, -ai de nós- Moitos sospiros vos trae! Somos almas de emigrados Que non puidemos chegare A ollar a costa galega Cos nosos ollos mortaes, (...)
LELÍAS Ó TEU OLVIDO  O pumariño da noite quer froitificar estrelas o tanxer desta cantiga é o sinal para acendelas... -¡ai, meu amor!- ... é o sinal para acendelas. Agárdanos na ribeira, sob o descordo do mar, no seo dos cons, o leito de herbiñas de namorar... -¡ai, meu amor!- ... de herbiñas de namorar. As nove ondas do ensoño espreitan co seu engado pra enguedellar a toleira desta noite de noivado. -¡ai, meu amor!- ... desta noite de noivado.
Así ó fontegal da espranza, antes de que saia o día iremos enguedellados catar a flor da auga fría... -¡ai, meu amor!- ... catar a flor da auga fría. ¡Ó alén! que no pumariño madurecen os luceiros, nosos dous corazóns bailan tolos nos ledos turreiros, ¡Ai, meu amor! no labradío das ondas albea a flor do luar lámpada para o teu leito de herbiñas de namorar... ¡Ai, meu amor! Se algún malfado nos fere, axotaremos o mal a bicos, ouh caramiña dun virxe caramiñal... -¡ai, meu amor!- ... dun virxe caramiñal.  Fermín Bouza Brey:  Nao senlleira , 1933. 85
Exemplo: “ Lel í as [1]  ao teu ouvido ” Influencia da  l í rica medieval ,[object Object],Etnograf í a ,[object Object],[object Object],[object Object],[1]  Unha lelía ou leilía é unha cancionciña popular.
 
Álvaro Cunqueiro nace o 22 de decembro de 1911 en  Mondoñedo , unha cidade que cómpre ter presente para entender boa parte dun universo literario que comezou a tecerse alí mesmo, entres as fantasías narradas pola nai, Pepita Mora Moirón, e as tertulias organizadas na botica do pai, Xoaquín Cunqueiro Montenegro. En 1921 Cunqueiro trasládase a Lugo para completar o bacharelato. En 1930 comeza a publicar poemas e artigos na revista  Vallibria , que leva en Mondoñedo Xosé Trapero Pardo, e dirixe, ata 1933,  Galiza , publicación galeguista.
Chegan así os tempos de afiliación ao Partido Galeguista, as colaboracións en  A Nosa Terra ,  Nós ,  El Pueblo Gallego ,  Resol ,  Yunque ... e, sobre todo, a publicación das súas  primeiras obras , todas elas de poemas e ilustradas por Seoane:  Mar ao norde  (1932);  Cantiga nova que se chama ribeira  (1933), na corrente neotrobadoresca e merecedora, en 1934, do premio Gil Vicente; e  Poemas do si e do non  (1933), cancioneiro amoroso considerado como o introdutor do surrealismo na literatura galega.
O levantamento militar de xullo de 1936 sorprende a Cunqueiro en Mondoñedo. A súa militancia nas Mocidades Galeguistas e no Partido Galeguista, a súa defensa do Estatuto, a condición de editor de Galiza e a participación como orador nalgún mitin durante a República foron motivos máis que suficientes para que a súa familia se mobilizase ata conseguir a axuda dun crego de Ortigueira que, despois de levar a Cunqueiro a unha academia onde traballou como profesor, o incorpora, na Coruña, á redacción do semanario falanxista  Era Azul .  A partir deste momento o poeta que escribira case exclusivamente en galego, dado de alta no Registro General de Periodistas, empeza a obter recoñecemento polos seus traballos escritos en castelán para publicacións afíns ao novo réxime ( Vértice ,  Legiones y Falanges ,  Escorial ,  Santo y Seña ...), ao tempo que vai pasando polas redaccións de  El Pueblo Gallego  en Vigo e de  La Voz de España  en San Sebastián, antes de incorporarse en Madrid, en 1939, ao diario  ABC .
En 1943 Cunqueiro  abandona a Falanxe  e un ano despois, desposuído do seu carné de xornalista por mor dun incidente coa embaixada francesa, obrígao a vivir de colaboracións esporádicas en revistas literarias antes de volver a Galiza en 1947, xa casado e como pai de dous fillos. De novo en Mondoñedo, e grazas a Francisco Fernández del Riego, comeza a colaborar nas páxinas do diario compostelán  La Noche , ao tempo que empezan a ser habituais os seus artigos en  El Progreso ,  La Voz de Galicia ,  La Región , etc. Con todo, será no xornal vigués  Faro de Vigo  onde desenvolva boa parte da súa carreira xornalística, primeiro como colaborador, nos anos 50, posteriormente como redactor e logo como director entre 1965 e 1970.
A partir dos anos 50 Cunqueiro céntrase principalmente na narrativa. No ano 1963 ingresou na Real Academia Galega, un recoñecemento tras o que chegarían outros moitos nos seus últimos anos de vida, entre eles o de Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1980, un ano antes do seu pasamento en Vigo.  http://www.apirronarse.com.ar/alvaro-cunqueiro
Obra poética Revelouse como  poeta vangardista con  Mar ao norde , conxunto de poemas moi breves con tendencia á síntese metafórica. Conviven as atrevidas imaxes das vangardas con formas populares en  Cantiga nova que se chama riveira  (1933) e con cantigas neotrobadorescas, que reaparecen, con outras formas clásicas, na posguerra en  Dona do corpo delgado  (1950). Herba aquí e acolá  (1980) é un conxunto heteroxéneo de poemas pertencentes a distintas épocas do autor
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
Me incorporé a una excursión de beatas que iban en peregrinación a Fátima, y en Oporto compré los Cancioneros en la edición de Nunes. Hay que tener en cuenta que la literatura de los Cancioneros, para los poetas del siglo XIX y aun los de este siglo (Noriega Varela, Ramón Cabanillas y para el propio Manuel Antonio y Amado Carballo), eran totalmente desconocidos. Ignoraban este enorme pasado lírico de la literatura gallega. Cuando estaba leyendo el  Cancionero , en la edición de Nunes, absolutamente impresionado, salió a la luz  Nao senlleira , de Bouza-Brey. Entonces fue cuando a mí se me ocurrió que sería posible componer unas cuantas canciones de amor y de amigo, especialmente de esto último,  sin esta ortodoxia léxica y rítmica  del libro de Bouza-Brey.
Cantiga nova que se chama riveira : Primeira edición : publicada en  Resol , contén  19 cantigas  foron escritas en dous ou tres días nalgún recuncho dunha taberna santiguesa. Segunda edición : publicada na editorial  Monterrey  (dos irmáns Álvares Blázquez). Contén  6 cantigas  máis cuxa composición data de entre 1933 e 1936 (segundo di o propio Cunqueiro).
Exemplo: “ Si a mi ñ a se ñ or  á  i-alba de Arousa beilar ” Influencia medieval ,[object Object],[object Object],[object Object],Influencia neopopulista ,[object Object],65
Dona do corpo delgado  (1950):  é un libro  misceláneo , non é neotrobadoresco ao cento por cento, só unha das súas seccións  “Cantigas do amor cortés”  escritas tamén, segundo o autor, entre 1933 e 1936. Agora trobo o vento e máila lúa fría, non o cervo do monte que a ágoa volvía. Agora trobo o mare e máila nao veleira non a amiga que canta só da abelaneira. Agora trobo a lúa e máilo vento irado, non o cervo do monte, meu amigo pasado. Agora trobo a nao e máila mar maior, e non aquela amiga, miña branca señor.
No niño novo do vento hai unha pomba dourada, meu amigo! Quén poidera namorala! Canta ao luar e ao mencer en frauta de verde olivo. Quén poidera namorala, meu amigo! Ten áers de frol recente, cousas de recén casada, meu amigo! Quén poidera namorala! Tamén ten sombra de sombra e andar primeiro de río. quén poidera namorala, meu amigo! Álvaro Cunqueiro,  Cantiga nova que se chama Riveira *  Le este poema neotrobadorista de Álvaro Cunqueiro. Podes escoitalo en  Son de poetas . *  Cal é o tema da composición? *  Quen é a voz poética? Esta voz poética é a mesma que nas cantigas de amigo medievais? *  Que recursos estilísticos che permiten asegurar que se trata dunha composición neotrobadoresca?
Amor de auga lixeira, muiñeira Amor de auga tardeira, ribeira. Amor de auga frolida, cantiga. Amor de auga perdida, ña amiga. Álvaro Cunqueiro,  Cantiga nova que se chama Riveira Con auga de sede vella namorar eu namoreina, meu amigo! Con unha herba lixeira namorar eu namoreina, meu amigo! Namorar eu namoreina con unha cantiga leda meu amigo! Namorar eu namoreina con áer da primaveira, meu amigo! Álvaro Cunqueiro,  Cantiga nova que se chama Riveira
A dama que ía no branco cabalo levaba un pano de seda bordado.         Na verde fror         as letras van de amor! O cabaleiro do cabalo negro levaba unha fita colléndolle o pelo.         Na verde fror         as letras van de amor! No meio do río cambiaron as vistas,  el para o pano i ela prá fita.         Na verde fror         as letras van de amor! As vistas lles viron no río cambiar e o pano e a fita por se namorar         Na verde fror         As letras van de amor!         Con amor vivirás!   A dama e o cabaleiro
 

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
Lourenço Alvarez Ruiz
 
El teatro español desde los año 40 a nuestros días
El teatro español desde los año 40 a nuestros díasEl teatro español desde los año 40 a nuestros días
El teatro español desde los año 40 a nuestros días
CASTOSM
 
castelao
castelaocastelao
castelao
xenevra
 

La actualidad más candente (20)

As vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galegaAs vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galega
 
El teatro español del siglo xx hasta 1939
El teatro español del siglo xx hasta 1939El teatro español del siglo xx hasta 1939
El teatro español del siglo xx hasta 1939
 
A situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraA situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditadura
 
O teatro no tempo das if
O teatro no tempo das ifO teatro no tempo das if
O teatro no tempo das if
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
DáMaso Alonso
DáMaso AlonsoDáMaso Alonso
DáMaso Alonso
 
Generación del 27
Generación del 27 Generación del 27
Generación del 27
 
Miguel de Unamuno
Miguel de UnamunoMiguel de Unamuno
Miguel de Unamuno
 
Generación del 98: Antonio machado
Generación del 98: Antonio machadoGeneración del 98: Antonio machado
Generación del 98: Antonio machado
 
La generacion del 27
La generacion del 27La generacion del 27
La generacion del 27
 
3.1. literatura medieval
3.1. literatura medieval3.1. literatura medieval
3.1. literatura medieval
 
El Romanticismo en España
El Romanticismo en EspañaEl Romanticismo en España
El Romanticismo en España
 
El teatro español desde los año 40 a nuestros días
El teatro español desde los año 40 a nuestros díasEl teatro español desde los año 40 a nuestros días
El teatro español desde los año 40 a nuestros días
 
Juan Ramón Jiménez
Juan Ramón JiménezJuan Ramón Jiménez
Juan Ramón Jiménez
 
Generación del 98
Generación del 98Generación del 98
Generación del 98
 
Comentario lingüístico (guía elaboración)
Comentario lingüístico (guía elaboración)Comentario lingüístico (guía elaboración)
Comentario lingüístico (guía elaboración)
 
Luces de bohemia
Luces de bohemiaLuces de bohemia
Luces de bohemia
 
TEATRO DE POSGUERRA
TEATRO DE POSGUERRATEATRO DE POSGUERRA
TEATRO DE POSGUERRA
 
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da FalaEsquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 

Destacado (9)

tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010
 
As vangardas en Galicia
As vangardas en GaliciaAs vangardas en Galicia
As vangardas en Galicia
 
Tema7 2010
Tema7 2010Tema7 2010
Tema7 2010
 
creacionismo
creacionismocreacionismo
creacionismo
 
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
Narrativa de-postguerra-1212517457152011-8
 
As vangardas en galicia
As vangardas en galiciaAs vangardas en galicia
As vangardas en galicia
 
hilozoismo
hilozoismohilozoismo
hilozoismo
 
As Vangardas
As VangardasAs Vangardas
As Vangardas
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nós
 

Similar a neotrobadorismo

O creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOO creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
A MARALEIXA
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
Marlou
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
xenevra
 
Copia de presentación1
Copia de presentación1Copia de presentación1
Copia de presentación1
xanelacachada
 
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
Bibliotecas Municipais de A Coruña
 

Similar a neotrobadorismo (20)

noriega
norieganoriega
noriega
 
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOO creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
Alvarez BláZquez
Alvarez BláZquezAlvarez BláZquez
Alvarez BláZquez
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Copia de presentación1
Copia de presentación1Copia de presentación1
Copia de presentación1
 
A vangarda
A vangardaA vangarda
A vangarda
 
Manuel Antonio
Manuel AntonioManuel Antonio
Manuel Antonio
 
Guia de lectura sobre Uxío novoneyra
Guia de lectura sobre Uxío novoneyraGuia de lectura sobre Uxío novoneyra
Guia de lectura sobre Uxío novoneyra
 
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
 
Autores letras galegas
Autores letras galegasAutores letras galegas
Autores letras galegas
 
Diaz Castro
Diaz CastroDiaz Castro
Diaz Castro
 

Más de xenevra

Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
xenevra
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
xenevra
 

Más de xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 

neotrobadorismo

  • 1.  
  • 2. O Neotrobadorismo supón unha nova concepción da poesía dos trobadores medievais. Xorde en relación ás vangardas de comezos do século XX e supón unha poesía que lembra ás cantigas medievais , pero está influída polas correntes do momento .
  • 3.
  • 4.
  • 5.
  • 6. A paréntese daGuerra Civil: durante o Franquismo non hai ningunha lei que prohiba escribir en galego (pero está prohibido traducir obras ao galego antes có castelán), pero na práctica escribir en galego supuña un problema. O Neotrobadorismo é o primeiro movemento en rexurdir trala guerra por non ser un movemento de compromiso social .
  • 7.  
  • 8. Fermín Bouza Brey naceu en Ponteareas en 1901, mais a súa infancia transcorreu en Vilagarcía de Arousa. Cursou o Bacharelato en Pontevedra e Ourense e licenciouse na Universidade de Compostela en Filosofía (sección de Historia) e Dereito. Nesta cidade, onde pasaría a maior parte da súa vida, coñeceu o maxisterio de Cotarelo Valledor, colaborou na revista Ultreya e publicou o seu primeiro traballo poético, Romance dos vinte anos (1921). Os seus traballos de investigación viron a luz nas páxinas dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, no Boletín da Real Academia Galega, na revista Nós ou no xornal A Nosa Terra .
  • 9. Unha vez licenciado en Dereito, co Premio Extraordinario de Fin de Carreira, preparou o ingreso na carreira xudicial en Madrid. O acceso á carreira xudicial en 1929 conduciuno a Lleida, mais axiña voltou a terras galegas para exercer de xuíz na Estrada, proseguindo co seu traballo no Seminario e na revista Nós . No 1933 saía do prelo Nao senlleira , primeiro poemario do denominado neotrobadorismo.
  • 10. Durante o conflito bélico de 1936 foi afastado do seu posto, acusado de masón e galeguista, mais foi rehabilitado como xuíz xurídico-militar en Lleida, desde onde retornou á Estrada como xuíz de Primeira Instancia. Ingresou en 1941 na Real Academia Galega, un ano máis tarde na Real Academia da Historia, e continuou o seu labor historiográfico desde o Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Foi cesado no seu cargo a principios dos cincuenta, polo que retomou a súa profesión de avogado en Compostela. Publicou en Portugal un novo poemario, Seitura (1955), que supuxo o abandono radical do neotrobadorismo.      A partir de 1969 unha serie de doenzas encadenadas lévao de vagariño á morte, que lle chega en 1973.
  • 11.  
  • 12. Nao senlleira viu a luz na editora compostelá Nós , principal canle para a literatura da inmediata preguerra e é, xunto coa Cantiga nova que se chama riveira de Álvaro Cunqueiro, a obra adoito sinalada como iniciadora do movemento poético denominado neotrobadorismo . O libro saíu á luz como tal en 1933, como primeiro poemario do autor, pero varias das súas composicións xa foran incluídas en publicacións periódicas, entre eles unha ducia de poemas publicados na revista Nós, e iniciaran a devandita liña estética.
  • 13.
  • 14. O mar e a soidade , presentes nos versos de Mendinho que abren o libro, son dous dos motivos recorrentes da obra de Bouza. e cercaron-mi as ondas, que grandes son e nen hei barqueiro nen remador.
  • 15. A natureza é entendida como orixe e reivindícase a terra como comunidade nacional, o cal se realiza no neotrobadorismo por medio da súa celebración e, ao modo medieval, de colocala como fondo. O simbolismo arredor da paisaxe mariña, estabelece vínculos co Manuel Antonio de De catro a catro , con quen comparte promoción literaria, aínda que non liñas estéticas nin presupostos poéticos. Esta preeminente importancia do símbolo liga tamén a obra coa escrita de Amado Carballo Pol-a costa verdegada que dín de Jacobusland, no intre da media noite anda a serea á cantar. As cántigas que ela deita na vida ouviredes tal!
  • 16. O símbolo da nao, que apunta cara ao corpo como vehículo da existencia, é o eixo ao redor do cal se artella o poemario, marcado tamén pola singularidade e pola soidade inherentes a ela, non pola vía do confesional e si cunha certa estilización do verso. ¡Quén dera ser nao senlleira n-aquel mar non presentido das ja mergulladas terras! Sen ceo, sen astros, sen vento, sempre â toa pol-as ondas deitado no esquecimento, nin andar nin desandar, nin ter outro coido acedo que leijarse ir pol-o mar... Quén dera ser nao senlleira! Sen fito —estrela nin porto— ser eu a propia ribeira!! ¡Quen dera...
  • 17. Bouza era posuidor dunha salientábel erudición literaria e dun coñecemento fondo do mundo medieval, ao ser especialista en arqueoloxía e isto debeu marcar a súa concepción do texto poético como exercicio de procura da beleza. Así, salienta o oficio versificador , a riqueza fónica e a as escollas léxicas , nunha obra que inclúe o verso libre xunto con metros cultos e populares. Estilo
  • 18.
  • 19. Seitura (1955): Versos publicados tardiamente, que responden a unha estética anterior a 1936 con pegadas manuelantonianas. O seu poema Barca da saudade , fusiona o tema da emigración co mito xacobeo. Escrita con ortografía portuguesa, o que non supón lusismo ortográfico xa que só pretende ser unha homenaxe aos miñotos. É publicado en Braga, unha cidade simbólica e moi ligada a Galiza historicamente. -”Dos catro cantos do Mundo Vén a barca da Saudade, E, a morrer dentro da tilla, Moitos sospiros vos trae, -ai de nós- Moitos sospiros vos trae! Somos almas de emigrados Que non puidemos chegare A ollar a costa galega Cos nosos ollos mortaes, (...)
  • 20. LELÍAS Ó TEU OLVIDO O pumariño da noite quer froitificar estrelas o tanxer desta cantiga é o sinal para acendelas... -¡ai, meu amor!- ... é o sinal para acendelas. Agárdanos na ribeira, sob o descordo do mar, no seo dos cons, o leito de herbiñas de namorar... -¡ai, meu amor!- ... de herbiñas de namorar. As nove ondas do ensoño espreitan co seu engado pra enguedellar a toleira desta noite de noivado. -¡ai, meu amor!- ... desta noite de noivado.
  • 21. Así ó fontegal da espranza, antes de que saia o día iremos enguedellados catar a flor da auga fría... -¡ai, meu amor!- ... catar a flor da auga fría. ¡Ó alén! que no pumariño madurecen os luceiros, nosos dous corazóns bailan tolos nos ledos turreiros, ¡Ai, meu amor! no labradío das ondas albea a flor do luar lámpada para o teu leito de herbiñas de namorar... ¡Ai, meu amor! Se algún malfado nos fere, axotaremos o mal a bicos, ouh caramiña dun virxe caramiñal... -¡ai, meu amor!- ... dun virxe caramiñal. Fermín Bouza Brey: Nao senlleira , 1933. 85
  • 22.
  • 23.  
  • 24. Álvaro Cunqueiro nace o 22 de decembro de 1911 en Mondoñedo , unha cidade que cómpre ter presente para entender boa parte dun universo literario que comezou a tecerse alí mesmo, entres as fantasías narradas pola nai, Pepita Mora Moirón, e as tertulias organizadas na botica do pai, Xoaquín Cunqueiro Montenegro. En 1921 Cunqueiro trasládase a Lugo para completar o bacharelato. En 1930 comeza a publicar poemas e artigos na revista Vallibria , que leva en Mondoñedo Xosé Trapero Pardo, e dirixe, ata 1933, Galiza , publicación galeguista.
  • 25. Chegan así os tempos de afiliación ao Partido Galeguista, as colaboracións en A Nosa Terra , Nós , El Pueblo Gallego , Resol , Yunque ... e, sobre todo, a publicación das súas primeiras obras , todas elas de poemas e ilustradas por Seoane: Mar ao norde (1932); Cantiga nova que se chama ribeira (1933), na corrente neotrobadoresca e merecedora, en 1934, do premio Gil Vicente; e Poemas do si e do non (1933), cancioneiro amoroso considerado como o introdutor do surrealismo na literatura galega.
  • 26. O levantamento militar de xullo de 1936 sorprende a Cunqueiro en Mondoñedo. A súa militancia nas Mocidades Galeguistas e no Partido Galeguista, a súa defensa do Estatuto, a condición de editor de Galiza e a participación como orador nalgún mitin durante a República foron motivos máis que suficientes para que a súa familia se mobilizase ata conseguir a axuda dun crego de Ortigueira que, despois de levar a Cunqueiro a unha academia onde traballou como profesor, o incorpora, na Coruña, á redacción do semanario falanxista Era Azul . A partir deste momento o poeta que escribira case exclusivamente en galego, dado de alta no Registro General de Periodistas, empeza a obter recoñecemento polos seus traballos escritos en castelán para publicacións afíns ao novo réxime ( Vértice , Legiones y Falanges , Escorial , Santo y Seña ...), ao tempo que vai pasando polas redaccións de El Pueblo Gallego en Vigo e de La Voz de España en San Sebastián, antes de incorporarse en Madrid, en 1939, ao diario ABC .
  • 27. En 1943 Cunqueiro abandona a Falanxe e un ano despois, desposuído do seu carné de xornalista por mor dun incidente coa embaixada francesa, obrígao a vivir de colaboracións esporádicas en revistas literarias antes de volver a Galiza en 1947, xa casado e como pai de dous fillos. De novo en Mondoñedo, e grazas a Francisco Fernández del Riego, comeza a colaborar nas páxinas do diario compostelán La Noche , ao tempo que empezan a ser habituais os seus artigos en El Progreso , La Voz de Galicia , La Región , etc. Con todo, será no xornal vigués Faro de Vigo onde desenvolva boa parte da súa carreira xornalística, primeiro como colaborador, nos anos 50, posteriormente como redactor e logo como director entre 1965 e 1970.
  • 28. A partir dos anos 50 Cunqueiro céntrase principalmente na narrativa. No ano 1963 ingresou na Real Academia Galega, un recoñecemento tras o que chegarían outros moitos nos seus últimos anos de vida, entre eles o de Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1980, un ano antes do seu pasamento en Vigo. http://www.apirronarse.com.ar/alvaro-cunqueiro
  • 29. Obra poética Revelouse como poeta vangardista con Mar ao norde , conxunto de poemas moi breves con tendencia á síntese metafórica. Conviven as atrevidas imaxes das vangardas con formas populares en Cantiga nova que se chama riveira (1933) e con cantigas neotrobadorescas, que reaparecen, con outras formas clásicas, na posguerra en Dona do corpo delgado (1950). Herba aquí e acolá (1980) é un conxunto heteroxéneo de poemas pertencentes a distintas épocas do autor
  • 30.
  • 31.
  • 32. Me incorporé a una excursión de beatas que iban en peregrinación a Fátima, y en Oporto compré los Cancioneros en la edición de Nunes. Hay que tener en cuenta que la literatura de los Cancioneros, para los poetas del siglo XIX y aun los de este siglo (Noriega Varela, Ramón Cabanillas y para el propio Manuel Antonio y Amado Carballo), eran totalmente desconocidos. Ignoraban este enorme pasado lírico de la literatura gallega. Cuando estaba leyendo el Cancionero , en la edición de Nunes, absolutamente impresionado, salió a la luz Nao senlleira , de Bouza-Brey. Entonces fue cuando a mí se me ocurrió que sería posible componer unas cuantas canciones de amor y de amigo, especialmente de esto último, sin esta ortodoxia léxica y rítmica del libro de Bouza-Brey.
  • 33. Cantiga nova que se chama riveira : Primeira edición : publicada en Resol , contén 19 cantigas foron escritas en dous ou tres días nalgún recuncho dunha taberna santiguesa. Segunda edición : publicada na editorial Monterrey (dos irmáns Álvares Blázquez). Contén 6 cantigas máis cuxa composición data de entre 1933 e 1936 (segundo di o propio Cunqueiro).
  • 34.
  • 35. Dona do corpo delgado (1950): é un libro misceláneo , non é neotrobadoresco ao cento por cento, só unha das súas seccións “Cantigas do amor cortés” escritas tamén, segundo o autor, entre 1933 e 1936. Agora trobo o vento e máila lúa fría, non o cervo do monte que a ágoa volvía. Agora trobo o mare e máila nao veleira non a amiga que canta só da abelaneira. Agora trobo a lúa e máilo vento irado, non o cervo do monte, meu amigo pasado. Agora trobo a nao e máila mar maior, e non aquela amiga, miña branca señor.
  • 36. No niño novo do vento hai unha pomba dourada, meu amigo! Quén poidera namorala! Canta ao luar e ao mencer en frauta de verde olivo. Quén poidera namorala, meu amigo! Ten áers de frol recente, cousas de recén casada, meu amigo! Quén poidera namorala! Tamén ten sombra de sombra e andar primeiro de río. quén poidera namorala, meu amigo! Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama Riveira * Le este poema neotrobadorista de Álvaro Cunqueiro. Podes escoitalo en Son de poetas . * Cal é o tema da composición? * Quen é a voz poética? Esta voz poética é a mesma que nas cantigas de amigo medievais? * Que recursos estilísticos che permiten asegurar que se trata dunha composición neotrobadoresca?
  • 37. Amor de auga lixeira, muiñeira Amor de auga tardeira, ribeira. Amor de auga frolida, cantiga. Amor de auga perdida, ña amiga. Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama Riveira Con auga de sede vella namorar eu namoreina, meu amigo! Con unha herba lixeira namorar eu namoreina, meu amigo! Namorar eu namoreina con unha cantiga leda meu amigo! Namorar eu namoreina con áer da primaveira, meu amigo! Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama Riveira
  • 38. A dama que ía no branco cabalo levaba un pano de seda bordado.         Na verde fror         as letras van de amor! O cabaleiro do cabalo negro levaba unha fita colléndolle o pelo.         Na verde fror         as letras van de amor! No meio do río cambiaron as vistas, el para o pano i ela prá fita.         Na verde fror         as letras van de amor! As vistas lles viron no río cambiar e o pano e a fita por se namorar         Na verde fror         As letras van de amor!         Con amor vivirás! A dama e o cabaleiro
  • 39.