SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 12
Descargar para leer sin conexión
GUÍA DO CURSO
G1601028 - A posta en práctica da acción titorial
A posta en práctica da
acción titorial
Índice
▋​ ​ ​Descrición xeral do curso 2
▋​ ​ ​Persoas titoras 2
▋​ ​ ​Obxectivos 2
▋​ ​ ​Competencias profesionais do profesorado 3
▋​ ​ ​ Contidos 3
▋​ ​ ​Metodoloxía 5
▋​ ​ ​Seguimento e desenvolvemento do curso 6
▋​ ​ ​Comunicación coas persoas titoras 8
▋​ ​ ​Avaliación 9
▋​ ​ ​Aplicación práctica nas aulas 11
▋​ ​ ​Requirimentos para seguir o curso 11
1
▋​ ​Descrición xeral do curso
Curso dirixido ao profesorado interesado en profundar nos principios básicos da
acción titorial e en coñecer recursos prácticos de cara ao desenvolvemento das súas
funcións como profesorado-titor. Logo dun primeiro módulo de carácter teórico
relacionado cos principios básicos da acción titorial, realízase un repaso a diferentes
temáticas estreitamente vencelladas co traballo diario que o profesorado-titor pode
realizar tanto co seu alumnado como coas familias do mesmo.
▋​ ​​Persoas titoras
Paula López Senín
(Profesora de Física e Química e
Xefa de Estudos do IES do
Milladoiro, Ames)
Pilar Rodríguez
Fernández
(Profesora de Debuxo e Profesora
titora no IES do Milladoiro, Ames)
▋​ ​​Obxectivos
● Comprender os principios básicos da acción titorial e coñecer a lexislación,
tanto a nivel estatal como autonómico, na que se sustenta.
● Coñecer o papel do profesorado-titor en relación ao alumnado, ao profesorado
e ás familias.
● Coñecer diversos recursos prácticos, de fácil implementación, e relacionados
con temáticas tan diversas como a convivencia, as técnicas de estudo, a
educación emocional, a educación en valores, a educación para a saúde, a
toma de decisións ou a orientación familiar.
● Valorar a importancia de traballar en colaboración coas familias do alumnado
de cara a acadar os obxectivos básicos da acción titorial.
2
▋ ​ ​Competencias profesionais do profesorado​.
Segundo o modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede de Formación da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través deste curso
formaraste prioritariamente nas seguintes competencias e subcompetencias:
● Competencia: Membro dunha organización
Subcompetencia: Acción titorial e atención á diversidade
● Competencia: Membro dunha organización
Subcompetencia: Orientación pedagóxica, académica e profesional
O modelo completo das competencias profesionais docentes pode ser consultado en
diferentes formatos:​ Acceso ao modelo​.
▋​ ​​Contidos​
Na cabeceira do espazo virtual atoparás un módulo incial con algunhas
orientacións e consellos en referencia á formación e aprendizaxe na
Rede.
Os contidos do curso estrutúranse en oito módulos diferentes:
1. A acción titorial:
▪ Principios básicos da acción titorial.
▪ Lexislación autonómica e estatal de referencia.
▪ Funcións e actividades do profesorado titor.
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións e recursos
3
web comentados.
2. Ensinar a convivir:
▪ Principios básicos de Ensinar a Convivir.
▪ Recursos para a titoría: Facilitar a adaptación á rutina escolar. O método
DAFO como ferramenta de autocontrol e motivación cara ao estudo. Os
dereitos e deberes do alumnado. Guía para escoller o delegado ou
delegada de clase. As normas da aula...
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
3. Aprender a estudar:
▪ Principios básicos.
▪ Recursos para a titoría: A comprensión lectora. O lugar de traballo. O
método de estudo. Os traballos escolares. As exposicións orais.
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
4. A educación emocional:
▪ Principios básicos da educación emocional.
▪ Recursos para a titoría: Os diferentes tipos de intelixencia. As
habilidades sociais. A resolución de conflitos interpersoais. Os diferentes
estilos de comunicación. A comunicación non verbal...
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
5. A educación en valores:
▪ Principios básicos da educación en valores.
▪ Recursos para a titoría: Como actuar ante o acoso escolar (dende a
familia e dende o centro). A violencia de Xénero. A coeducación.
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
4
6. A educación para a saúde:
▪ Principios básicos da educación para a saúde.
▪ Recursos para a titoría: O tabaco. O alcohol. O cannabis. A importancia
do exercicio físico. Os trastornos da alimentación...
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
7. Ensinar a decidirse:
▪ Principios básicos de ensinar a decidirse.
▪ Recursos para a titoría: O autocoñecemento. O sistema educativo (a
formación profesional, o bacharelato, a universidade...).
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
8. Orientación familiar:
▪ Principios básicos da Orientación familiar.
▪ Recursos para a titoría: Os estilos educativos. Como axudar aos fillos/as
cos estudos. Como actuar ante os problemas de adaptación. A
importancia das normas e os límites. Ensinar a utilizar as novas
tecnoloxías con responsabilidade...
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
▋ ​ ​Metodoloxía
O curso obedece á modalidade de formación a distancia a través da plataforma
Platega. Isto supón que todos os materiais e recursos estarán dispoñibles en dita
plataforma e que a comunicacións e intercambios de información entre o profesorado
5
participante no mesmo e os titores do curso terán lugar no contexto que ofrece a
mesma.
O traballo do profesorado participante neste curso sobre a acción titorial terá unha
dobre vertente:
● Por unha banda, desenvolverase un traballo individual que consistirá na
lectura comprensiva dos materiais que aparecen en cada un dos módulos
nos que se estrutura o curso. Posteriormente cada participante deberá
superar o ​cuestionario de autoavaliación​, que versará sobre o contido
recollido en ditos materiais.
● E por outra, cada participante deberá realizar a ​tarefa obrigatoria ​deseñada
expresamente para cada cada módulo. Esta tarefa poderá consistir no
realización de reflexións persoais, guións de traballo ou propostas de
intervención. Aproveitando as posibilidades das TIC, queda aberta a
posibilidade de desenvolver algunha tarefa conxunta en pequenos grupos,
ademáis de foros de debate e reflexión e a creación de bases de datos
colaborativas.
En cada módulo haberá un foro habilitado onde os alumnos/as poderán propoñer
dúbidas, comentarios ou suxestións sobre as temáticas que se abordan.
▋​ ​ ​Seguimento e desenvolvemento do curso
Os diferentes contidos do curso estrutúranse en 8 módulos, cunha carga de traballo
total estimada de 60 horas.
Para a superación do curso será preciso:
1. Superar a autoavaliación ​de cada un dos módulos que integran o curso.
Deberase acadar a puntuación de 8 sobre 10 respostas correctas nun
cuestionario deseñado para cada módulo.
2. Realizar a tarefa que se solicitará en cada módulo a través da participación
no foro de debate e/ou o envío de traballos. As tarefas presentadas serán
6
cualificadas nos termos ​apto / non apto​, e ​será obrigatoria a presentación
de todos elas​, así como acadar cualificación positiva en 7 das 8 taferas
plantexadas.
Cada módulo estará activo soamente os días que marca a temporalización do
curso. Rematado o prazo asignado a cada módulo non se poderá acceder ao
cuestionario de autoavaliación nin enviar a tarefa prevista para o módulo en cuestión.
Tralo remate do último módulo previsto abrirase un ​período extraordinario de
recuperación ​para poder realizar os cuestionarios de autoavaliación pendentes e enviar
as tarefas non entregadas ou cualificadas como non apto. Importante sinalar que todos
os módulos poderán ser recuperados a excepción do Módulo inicial, que deberá
completarse dentro do prazo establecido na táboa seguinte:
CADRO DE TEMPORALIZACIÓN DO CURSO
Módulo 0: Benvida e presentación
Actividades Datas
● Tarefa de presentación
do 23 de xaneiro
ao 29 de xaneiro
(​non prorrogable​)
Modulo 1: A acción titorial
Actividades Datas
● TAREFA 1: Elaboración da carta de servizos da acción titorial
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
do 30 de xaneiro
ao 9 de febreiro
Módulo 2: Ensinar a convivir
Actividades Datas
● TAREFA 2: Visionado de curtas para a convivencia
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
do 10 de febreiro
ao 16 de febreiro
Módulo 3: Aprender a estudar
Actividades Datas
● TAREFA 3: Os deberes escolares
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
do 17 de febreiro
ao 23 de febreiro
7
Módulo 4: A educación emocional
Actividades Datas
● TAREFA 4: Base de datos colaborativa de recursos de acción
titorial.
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
do 24 de febreiro
ao 9 de marzo
Módulo 5: A educación en valores
Actividades Datas
● TAREFA 5: Análise e búsqueda de webquest
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
do 10 de marzo
ao 16 de marzo
Módulo 6: A educación para a saúde
Actividades Datas
● TAREFA 6: Hábitos saudables no alumnado
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
do 17 de marzo
ao 23 de marzo
Módulo 7: Ensinar a decidirse
Actividades Datas
● TAREFA 7: Poster informativo sobre o sistema educativo
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
24 de marzo
ao 2 de abril
Módulo 8: Orientación familiar
Actividades Datas
● TAREFA 8: Sistemas de comunicación coas familias e de
recollida de información no centro educativo.
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
do 3 de abril
ao 9 de abril
Período extraordinario de recuperación
do 10 de abril
ao 23 de abril
Avaliación do curso Datas
Enquisa de avaliación final do curso
do 24 de abril
ao 30 de abril
▋​ ​ ​Comunicación coas persoas titoras do curso
Cada vez que comeza un curso de formación a través da plataforma PLATEGA,
unha das primeiras tarefas que se debe levar a cabo é a de presentarse ao resto da
8
comunidade de aprendizaxe. Esta presentación realizarase a través do denominado ​foro
de presentación de participantes​.
Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto para as persoas titoras do
curso como para o resto de participantes no mesmo.
Para establecer comunicación coas persoas titoras do curso existen varias opcións:
● A través dos foros existentes no propio curso, por exemplo, o foro do módulo
ou foro de avisos e anuncios. A comunicación que se realiza nos foros é
pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler as súas
intervencións no foro ou ​posts.
● Ou a través do sistema de mensaxería interna da plataforma, tamén coñecido
como Chat. As mensaxes enviadas por este medio son privados entre vostede
e o seu comunicante, xa sexa a persoa titora ou calquera outro/a participante.
En resumo, a comunicación alumno vs titor realizarase sempre a través da
plataforma PLATEGA, mediante o servizo de mensaxería interna (para comunicacións
privadas) ou a través dos foros de dúbidas de cada módulo (comunicación pública).
▋​ ​Avaliación
Os criterios de avaliación especificaranse no enunciado de cada tarefa. Os
participantes poderán consultar as súas cualificacións no apartado correspondente do
curso dentro da plataforma PLATEGA, comprobando deste xeito a súa evolución. O
proceso de retroalimentación realizarase en cada tarefa, a través das cualificacións
acadadas ou ben, cando as persoas titoras así o consideren preciso, con indicacións
máis específicas e persoais, empregando para elo a mensaxería interna da plataforma.
En calquera caso, a corrección das tarefas, en concreto aquelas que resulten
avaliadas negativamente, posibilitará unha nova entrega das mesmas coas
modificacións necesarias para que a avaliación sexa positiva.
9
Ademáis, como indicamos na temporalización do curso, temos programado un
período extraordinario de recuperación daquelas tarefas que sexan calificadas como
non aptas ou que estean sen presentar dentro do prazo establecido como de ​duración
do módulo.
● Avaliación das tarefas
Tal e como se establece na Orde de 14 de maio de 2013 pola que se regula a
convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación
permanente do profesorado en Galicia (DOG Núm 96 do 22 de maio de 2013) indícase
no seu capítulo V, artigo 23, que “nas actividades de formación en rede será
indispensable, para obter a certificación, a ​avaliación positiva do 80 % das tarefas
propostas, así como a asistencia á totalidade das sesións presenciais, no caso de que
as houbese”.
Indicar que a tarefa proposta nalgúns módulos consta de dúas partes, e que
deberán ser realizadas en conxunto para acadar a cualificación total do módulo.
Achegamos, a continuación un cadro onde se especifica a carga lectiva asignada a
cada unha das tarefas e a escala de avaliación a empregar.
CADRO DE AVALIACIÓN DAS TAREFAS
NOME DA TAREFA % do valor
Especificación da
escala de valoración
TAREFA DE PRESENTACIÓN: Participar nun foro e
editar o perfil dentro da plataforma Platega.
- Escala Apto / Non apto
TAREFA1: Redactar unha carta de servizos dirixida
ás familias.
12,5 % Escala Apto / Non apto
TAREFA 2: Visionar unha curta, realizar un
comentario no foro e redactar unha actividade guía
para o visionado na aula.
12,5 % Escala Apto / Non apto
TAREFA 3: Participar no debate proposto no foro e
elaborar unhas pautas de orientación para a
organización do tempo de estudo fóra das aulas.
​12,5 % Escala Apto / Non apto
TAREFA 4: Editar unha entrada nunha base de de
datos colaborativa
12,5 % Escala Apto / Non apto
10
TAREFA 5: Analizar unha webquest e engadir unha
nova á base de webquest de educación en valores.
12,5 % Escala Apto / Non apto
TAREFA 6: Editar un cuestionario para o alumnado
sobre hábitos de vida saudables.
12,5 % Escala Apto / Non apto
TAREFA 7: Elaborar un poster informativo sobre o
cambio de etapas no sistema educativo.
12,5 % Escala Apto / Non apto
TAREFA 8: Participar no foro de debate sobre
medios de comunicación coas familias, elaborar un
formulario de recollida de información.
12,5 % Escala Apto / Non apto
▋​ ​ ​Aplicación nas aulas
Neste curso non se esixe ningunha realización práctica na aula. Aínda así, a maior
parte dos contidos traballados poden ser aplicados no contexto da clase, moi
especialmente no desenvolvemento de sesións de titoría ou nas xuntanzas e/ou
entrevistas que se leven a cabo coas familias do alumnado. Suxírese que esta posible
posta en práctica se presente nos foros coa finalidade de ser coñecida e comentada por
todo o profesorado participante neste curso de formación.
▋​ ​ ​Requirimentos para seguir o curso
● Ordenador con conexión a internet.
● Software de procesador de textos.
11

Más contenido relacionado

Destacado

Destacado (13)

Caracteristicas e materias ESO e Bacharelato na LOMCE
Caracteristicas e materias ESO e Bacharelato na LOMCECaracteristicas e materias ESO e Bacharelato na LOMCE
Caracteristicas e materias ESO e Bacharelato na LOMCE
 
Itinerarios ESO IES A Sardiñeira
Itinerarios ESO IES A SardiñeiraItinerarios ESO IES A Sardiñeira
Itinerarios ESO IES A Sardiñeira
 
Como ayudar a los hijos en la toma decisiones
Como ayudar a los hijos en la toma decisionesComo ayudar a los hijos en la toma decisiones
Como ayudar a los hijos en la toma decisiones
 
Consello orientador ESO_Mónica Diz Besada
Consello orientador ESO_Mónica Diz BesadaConsello orientador ESO_Mónica Diz Besada
Consello orientador ESO_Mónica Diz Besada
 
Consello orientador ESO Mónica Diz Besada versión2ª
Consello orientador ESO Mónica Diz Besada versión2ªConsello orientador ESO Mónica Diz Besada versión2ª
Consello orientador ESO Mónica Diz Besada versión2ª
 
Literatura Galego-Portuguesa Medieval
Literatura Galego-Portuguesa MedievalLiteratura Galego-Portuguesa Medieval
Literatura Galego-Portuguesa Medieval
 
Orientacion vocacional 2012
Orientacion vocacional 2012Orientacion vocacional 2012
Orientacion vocacional 2012
 
Paso de Primaria a Secundaria
Paso de Primaria a SecundariaPaso de Primaria a Secundaria
Paso de Primaria a Secundaria
 
Esquema bachillerato lomce Galicia
Esquema bachillerato lomce GaliciaEsquema bachillerato lomce Galicia
Esquema bachillerato lomce Galicia
 
Itinerarios bacharelato LOMCE IES A Sardiñeira
Itinerarios bacharelato LOMCE IES A SardiñeiraItinerarios bacharelato LOMCE IES A Sardiñeira
Itinerarios bacharelato LOMCE IES A Sardiñeira
 
Presentación 6º primaria
Presentación 6º primariaPresentación 6º primaria
Presentación 6º primaria
 
Presentación becas mecd
Presentación  becas mecdPresentación  becas mecd
Presentación becas mecd
 
Sesión orientación 4º ESO
Sesión orientación 4º ESOSesión orientación 4º ESO
Sesión orientación 4º ESO
 

Similar a Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10
josemiguens
 
Proxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprenderProxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprender
mercemartinez
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESOORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO
johancarballeira
 
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellanoGuia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano
nexosfilosofia
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
taboada5
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
mjtaboada
 

Similar a Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial (20)

Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 GabrielaProxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
 
Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10
 
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
 
Proxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprenderProxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprender
 
Presentacion curso competencias informacionais.BUSC
Presentacion curso competencias informacionais.BUSCPresentacion curso competencias informacionais.BUSC
Presentacion curso competencias informacionais.BUSC
 
Argalhando competencias
Argalhando competenciasArgalhando competencias
Argalhando competencias
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESOORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO
 
Informe contrato programa 2012 13
Informe contrato programa 2012 13Informe contrato programa 2012 13
Informe contrato programa 2012 13
 
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellanoGuia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Oie
OieOie
Oie
 
Oie
OieOie
Oie
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Guia curso nexos
Guia curso nexosGuia curso nexos
Guia curso nexos
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Guía básica de Flipped classroom ou clase ao revés
Guía básica de Flipped classroom ou clase ao revésGuía básica de Flipped classroom ou clase ao revés
Guía básica de Flipped classroom ou clase ao revés
 
Sexo con seso
Sexo con sesoSexo con seso
Sexo con seso
 
Pxa 2018 19
Pxa 2018 19Pxa 2018 19
Pxa 2018 19
 
Rúbrica para un proxecto de calidade
Rúbrica para un proxecto de calidadeRúbrica para un proxecto de calidade
Rúbrica para un proxecto de calidade
 

Último

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

  • 1. GUÍA DO CURSO G1601028 - A posta en práctica da acción titorial A posta en práctica da acción titorial
  • 2. Índice ▋​ ​ ​Descrición xeral do curso 2 ▋​ ​ ​Persoas titoras 2 ▋​ ​ ​Obxectivos 2 ▋​ ​ ​Competencias profesionais do profesorado 3 ▋​ ​ ​ Contidos 3 ▋​ ​ ​Metodoloxía 5 ▋​ ​ ​Seguimento e desenvolvemento do curso 6 ▋​ ​ ​Comunicación coas persoas titoras 8 ▋​ ​ ​Avaliación 9 ▋​ ​ ​Aplicación práctica nas aulas 11 ▋​ ​ ​Requirimentos para seguir o curso 11 1
  • 3. ▋​ ​Descrición xeral do curso Curso dirixido ao profesorado interesado en profundar nos principios básicos da acción titorial e en coñecer recursos prácticos de cara ao desenvolvemento das súas funcións como profesorado-titor. Logo dun primeiro módulo de carácter teórico relacionado cos principios básicos da acción titorial, realízase un repaso a diferentes temáticas estreitamente vencelladas co traballo diario que o profesorado-titor pode realizar tanto co seu alumnado como coas familias do mesmo. ▋​ ​​Persoas titoras Paula López Senín (Profesora de Física e Química e Xefa de Estudos do IES do Milladoiro, Ames) Pilar Rodríguez Fernández (Profesora de Debuxo e Profesora titora no IES do Milladoiro, Ames) ▋​ ​​Obxectivos ● Comprender os principios básicos da acción titorial e coñecer a lexislación, tanto a nivel estatal como autonómico, na que se sustenta. ● Coñecer o papel do profesorado-titor en relación ao alumnado, ao profesorado e ás familias. ● Coñecer diversos recursos prácticos, de fácil implementación, e relacionados con temáticas tan diversas como a convivencia, as técnicas de estudo, a educación emocional, a educación en valores, a educación para a saúde, a toma de decisións ou a orientación familiar. ● Valorar a importancia de traballar en colaboración coas familias do alumnado de cara a acadar os obxectivos básicos da acción titorial. 2
  • 4. ▋ ​ ​Competencias profesionais do profesorado​. Segundo o modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede de Formación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través deste curso formaraste prioritariamente nas seguintes competencias e subcompetencias: ● Competencia: Membro dunha organización Subcompetencia: Acción titorial e atención á diversidade ● Competencia: Membro dunha organización Subcompetencia: Orientación pedagóxica, académica e profesional O modelo completo das competencias profesionais docentes pode ser consultado en diferentes formatos:​ Acceso ao modelo​. ▋​ ​​Contidos​ Na cabeceira do espazo virtual atoparás un módulo incial con algunhas orientacións e consellos en referencia á formación e aprendizaxe na Rede. Os contidos do curso estrutúranse en oito módulos diferentes: 1. A acción titorial: ▪ Principios básicos da acción titorial. ▪ Lexislación autonómica e estatal de referencia. ▪ Funcións e actividades do profesorado titor. ▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións e recursos 3
  • 5. web comentados. 2. Ensinar a convivir: ▪ Principios básicos de Ensinar a Convivir. ▪ Recursos para a titoría: Facilitar a adaptación á rutina escolar. O método DAFO como ferramenta de autocontrol e motivación cara ao estudo. Os dereitos e deberes do alumnado. Guía para escoller o delegado ou delegada de clase. As normas da aula... ▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos web comentados. 3. Aprender a estudar: ▪ Principios básicos. ▪ Recursos para a titoría: A comprensión lectora. O lugar de traballo. O método de estudo. Os traballos escolares. As exposicións orais. ▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos web comentados. 4. A educación emocional: ▪ Principios básicos da educación emocional. ▪ Recursos para a titoría: Os diferentes tipos de intelixencia. As habilidades sociais. A resolución de conflitos interpersoais. Os diferentes estilos de comunicación. A comunicación non verbal... ▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos web comentados. 5. A educación en valores: ▪ Principios básicos da educación en valores. ▪ Recursos para a titoría: Como actuar ante o acoso escolar (dende a familia e dende o centro). A violencia de Xénero. A coeducación. ▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos web comentados. 4
  • 6. 6. A educación para a saúde: ▪ Principios básicos da educación para a saúde. ▪ Recursos para a titoría: O tabaco. O alcohol. O cannabis. A importancia do exercicio físico. Os trastornos da alimentación... ▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos web comentados. 7. Ensinar a decidirse: ▪ Principios básicos de ensinar a decidirse. ▪ Recursos para a titoría: O autocoñecemento. O sistema educativo (a formación profesional, o bacharelato, a universidade...). ▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos web comentados. 8. Orientación familiar: ▪ Principios básicos da Orientación familiar. ▪ Recursos para a titoría: Os estilos educativos. Como axudar aos fillos/as cos estudos. Como actuar ante os problemas de adaptación. A importancia das normas e os límites. Ensinar a utilizar as novas tecnoloxías con responsabilidade... ▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos web comentados. ▋ ​ ​Metodoloxía O curso obedece á modalidade de formación a distancia a través da plataforma Platega. Isto supón que todos os materiais e recursos estarán dispoñibles en dita plataforma e que a comunicacións e intercambios de información entre o profesorado 5
  • 7. participante no mesmo e os titores do curso terán lugar no contexto que ofrece a mesma. O traballo do profesorado participante neste curso sobre a acción titorial terá unha dobre vertente: ● Por unha banda, desenvolverase un traballo individual que consistirá na lectura comprensiva dos materiais que aparecen en cada un dos módulos nos que se estrutura o curso. Posteriormente cada participante deberá superar o ​cuestionario de autoavaliación​, que versará sobre o contido recollido en ditos materiais. ● E por outra, cada participante deberá realizar a ​tarefa obrigatoria ​deseñada expresamente para cada cada módulo. Esta tarefa poderá consistir no realización de reflexións persoais, guións de traballo ou propostas de intervención. Aproveitando as posibilidades das TIC, queda aberta a posibilidade de desenvolver algunha tarefa conxunta en pequenos grupos, ademáis de foros de debate e reflexión e a creación de bases de datos colaborativas. En cada módulo haberá un foro habilitado onde os alumnos/as poderán propoñer dúbidas, comentarios ou suxestións sobre as temáticas que se abordan. ▋​ ​ ​Seguimento e desenvolvemento do curso Os diferentes contidos do curso estrutúranse en 8 módulos, cunha carga de traballo total estimada de 60 horas. Para a superación do curso será preciso: 1. Superar a autoavaliación ​de cada un dos módulos que integran o curso. Deberase acadar a puntuación de 8 sobre 10 respostas correctas nun cuestionario deseñado para cada módulo. 2. Realizar a tarefa que se solicitará en cada módulo a través da participación no foro de debate e/ou o envío de traballos. As tarefas presentadas serán 6
  • 8. cualificadas nos termos ​apto / non apto​, e ​será obrigatoria a presentación de todos elas​, así como acadar cualificación positiva en 7 das 8 taferas plantexadas. Cada módulo estará activo soamente os días que marca a temporalización do curso. Rematado o prazo asignado a cada módulo non se poderá acceder ao cuestionario de autoavaliación nin enviar a tarefa prevista para o módulo en cuestión. Tralo remate do último módulo previsto abrirase un ​período extraordinario de recuperación ​para poder realizar os cuestionarios de autoavaliación pendentes e enviar as tarefas non entregadas ou cualificadas como non apto. Importante sinalar que todos os módulos poderán ser recuperados a excepción do Módulo inicial, que deberá completarse dentro do prazo establecido na táboa seguinte: CADRO DE TEMPORALIZACIÓN DO CURSO Módulo 0: Benvida e presentación Actividades Datas ● Tarefa de presentación do 23 de xaneiro ao 29 de xaneiro (​non prorrogable​) Modulo 1: A acción titorial Actividades Datas ● TAREFA 1: Elaboración da carta de servizos da acción titorial ● Cuestionario de autoavaliación do módulo do 30 de xaneiro ao 9 de febreiro Módulo 2: Ensinar a convivir Actividades Datas ● TAREFA 2: Visionado de curtas para a convivencia ● Cuestionario de autoavaliación do módulo do 10 de febreiro ao 16 de febreiro Módulo 3: Aprender a estudar Actividades Datas ● TAREFA 3: Os deberes escolares ● Cuestionario de autoavaliación do módulo do 17 de febreiro ao 23 de febreiro 7
  • 9. Módulo 4: A educación emocional Actividades Datas ● TAREFA 4: Base de datos colaborativa de recursos de acción titorial. ● Cuestionario de autoavaliación do módulo do 24 de febreiro ao 9 de marzo Módulo 5: A educación en valores Actividades Datas ● TAREFA 5: Análise e búsqueda de webquest ● Cuestionario de autoavaliación do módulo do 10 de marzo ao 16 de marzo Módulo 6: A educación para a saúde Actividades Datas ● TAREFA 6: Hábitos saudables no alumnado ● Cuestionario de autoavaliación do módulo do 17 de marzo ao 23 de marzo Módulo 7: Ensinar a decidirse Actividades Datas ● TAREFA 7: Poster informativo sobre o sistema educativo ● Cuestionario de autoavaliación do módulo 24 de marzo ao 2 de abril Módulo 8: Orientación familiar Actividades Datas ● TAREFA 8: Sistemas de comunicación coas familias e de recollida de información no centro educativo. ● Cuestionario de autoavaliación do módulo do 3 de abril ao 9 de abril Período extraordinario de recuperación do 10 de abril ao 23 de abril Avaliación do curso Datas Enquisa de avaliación final do curso do 24 de abril ao 30 de abril ▋​ ​ ​Comunicación coas persoas titoras do curso Cada vez que comeza un curso de formación a través da plataforma PLATEGA, unha das primeiras tarefas que se debe levar a cabo é a de presentarse ao resto da 8
  • 10. comunidade de aprendizaxe. Esta presentación realizarase a través do denominado ​foro de presentación de participantes​. Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto para as persoas titoras do curso como para o resto de participantes no mesmo. Para establecer comunicación coas persoas titoras do curso existen varias opcións: ● A través dos foros existentes no propio curso, por exemplo, o foro do módulo ou foro de avisos e anuncios. A comunicación que se realiza nos foros é pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler as súas intervencións no foro ou ​posts. ● Ou a través do sistema de mensaxería interna da plataforma, tamén coñecido como Chat. As mensaxes enviadas por este medio son privados entre vostede e o seu comunicante, xa sexa a persoa titora ou calquera outro/a participante. En resumo, a comunicación alumno vs titor realizarase sempre a través da plataforma PLATEGA, mediante o servizo de mensaxería interna (para comunicacións privadas) ou a través dos foros de dúbidas de cada módulo (comunicación pública). ▋​ ​Avaliación Os criterios de avaliación especificaranse no enunciado de cada tarefa. Os participantes poderán consultar as súas cualificacións no apartado correspondente do curso dentro da plataforma PLATEGA, comprobando deste xeito a súa evolución. O proceso de retroalimentación realizarase en cada tarefa, a través das cualificacións acadadas ou ben, cando as persoas titoras así o consideren preciso, con indicacións máis específicas e persoais, empregando para elo a mensaxería interna da plataforma. En calquera caso, a corrección das tarefas, en concreto aquelas que resulten avaliadas negativamente, posibilitará unha nova entrega das mesmas coas modificacións necesarias para que a avaliación sexa positiva. 9
  • 11. Ademáis, como indicamos na temporalización do curso, temos programado un período extraordinario de recuperación daquelas tarefas que sexan calificadas como non aptas ou que estean sen presentar dentro do prazo establecido como de ​duración do módulo. ● Avaliación das tarefas Tal e como se establece na Orde de 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia (DOG Núm 96 do 22 de maio de 2013) indícase no seu capítulo V, artigo 23, que “nas actividades de formación en rede será indispensable, para obter a certificación, a ​avaliación positiva do 80 % das tarefas propostas, así como a asistencia á totalidade das sesións presenciais, no caso de que as houbese”. Indicar que a tarefa proposta nalgúns módulos consta de dúas partes, e que deberán ser realizadas en conxunto para acadar a cualificación total do módulo. Achegamos, a continuación un cadro onde se especifica a carga lectiva asignada a cada unha das tarefas e a escala de avaliación a empregar. CADRO DE AVALIACIÓN DAS TAREFAS NOME DA TAREFA % do valor Especificación da escala de valoración TAREFA DE PRESENTACIÓN: Participar nun foro e editar o perfil dentro da plataforma Platega. - Escala Apto / Non apto TAREFA1: Redactar unha carta de servizos dirixida ás familias. 12,5 % Escala Apto / Non apto TAREFA 2: Visionar unha curta, realizar un comentario no foro e redactar unha actividade guía para o visionado na aula. 12,5 % Escala Apto / Non apto TAREFA 3: Participar no debate proposto no foro e elaborar unhas pautas de orientación para a organización do tempo de estudo fóra das aulas. ​12,5 % Escala Apto / Non apto TAREFA 4: Editar unha entrada nunha base de de datos colaborativa 12,5 % Escala Apto / Non apto 10
  • 12. TAREFA 5: Analizar unha webquest e engadir unha nova á base de webquest de educación en valores. 12,5 % Escala Apto / Non apto TAREFA 6: Editar un cuestionario para o alumnado sobre hábitos de vida saudables. 12,5 % Escala Apto / Non apto TAREFA 7: Elaborar un poster informativo sobre o cambio de etapas no sistema educativo. 12,5 % Escala Apto / Non apto TAREFA 8: Participar no foro de debate sobre medios de comunicación coas familias, elaborar un formulario de recollida de información. 12,5 % Escala Apto / Non apto ▋​ ​ ​Aplicación nas aulas Neste curso non se esixe ningunha realización práctica na aula. Aínda así, a maior parte dos contidos traballados poden ser aplicados no contexto da clase, moi especialmente no desenvolvemento de sesións de titoría ou nas xuntanzas e/ou entrevistas que se leven a cabo coas familias do alumnado. Suxírese que esta posible posta en práctica se presente nos foros coa finalidade de ser coñecida e comentada por todo o profesorado participante neste curso de formación. ▋​ ​ ​Requirimentos para seguir o curso ● Ordenador con conexión a internet. ● Software de procesador de textos. 11