Domingo villar

Literatura Galega
                               do Século XX e da Actualidade

                               Domingo Villar


                                        Entrevista
                                 IES Manuel García Barros
                                        A Estrada


                                                                Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                        Fotos: © Todos os dereitos reservados
martes 30 de octubre de 2012
Domingo Villar
               1.     Naceu Vostede nos últimos anos do franquismo. Como lembra aqueles primeiros anos de vida naquel Vigo efervescente?
                      Puideron influír no seu compromiso coa nosa lingua, coa nosa cultura?
                Franco morreu cando eu tiña cinco anos, así que pouco me lembro daquelo. Crecín nun Vigo en reconversión e, en efecto, cunha
                grande efervescencia cultural que era máis evidente no eido da música ca nos outros, polo menos así o percibía eu daquela.


               2.     Cando contaba Vostede cuns 13 anos publicouse a considerada primeira novela negra en galego (“Crime en Compostela”). Foi
                      Vostede lector desde xove de novela negra? Que pode aportar este xénero á nosa narrativa?

                É curioso que o morto do meu primeiro libro se chame Reigosa, como o autor de Crime en Compostela. Bauticeino así sen
                decatarme da coincidencia, pero Carlos Reigosa ten o convencemento freudiano de que todo foi unha escusa para matar ao pai (o
                pai da novela negra galega, enténdese) ás primeiras de cambio.
                O certo é que Carlos Reigosa é un escritor soberbio e un home encantador e sabio. O mesmo ten razón.
                O máis interesante da novela negra, ao meu ver, é que retrata a sociedade na que se desenrolan os crimes e a investigación que o
                autor vai narrando. Isto vale para amosar como é a vida en Galicia ou en Bangkok. Calquera esceario e bo.

                3.     Andou a súa pluma en aventuras de novela negra antes de “Ollos de auga”? De ser certo, por
                       que ficaron estes intentos no anonimato? Que lle acontece cando a súa “investigación” de
                       escritor se estanca?

                Ollos de auga é a primeira historia de largo alento que escribín. Sempre, dende neno, escribira
                contos, historias breves. Lembro que para un traballo fin de curso en Historia, na universidade, fíxen
                un conto satírico coas andanzas dunha concubina de Nerón. A catedrática quedou perplexa, sen saber
                se reprenderme ou felicitarme. Ao final apiadouse de min e aproboume con boa nota.
                Sempre estou a escribir. Se non é unha novela son notas para futuros libros, contos para os meus
                fillos, cousiñas que escribo para min…




                                                                                                                          Fonte: As Miñas Lecturas




martes 30 de octubre de 2012
Domingo Villar

               4.     Que autor ou autores influíron na súa obra e en que medida? Gustaríalle que o comparasen con Vázquez Montalbán para a
                      nosa literatura?

                Vázquez Montalbán non era só un escritor de novela negra. Pepe Carvalho deulle cartos e sona, pero Vázquez Montalbán foi moito
                máis ca iso. Era un xornalista agudo e valente, narrador, ensaísta e, por riba de todo iso, un poeta extraordinario. Foi o membro
                máis sobranceiro dos nove novísimos, o grupo poético no que coincidiu con xente como Azúa, Gimferrer ou Panero.
                Manolo Vázquez Montalbán era un mestre, un sabio, un intelectual. Eu son só un home que conta historias. Non caben as
                comparacións.


               5.     Agora que Vostede soe estar fóra de Galiza, mudou a súa visión cara Galiza e os galegos? Aproxímase esta visión ou difire
                      ostensiblemente da do “Aragonés”?

                A miña visión é máis ou menos a mesma que tiven sempre. Gústame a miña terra e a xente que vive nela, e o feito de levar moitos
                anos lonxe non fixo outra cousa que reforzar esa idea.
                A visión que ten o aragonés non é de todo inventada: a miña muller é aragonesa coma Estévez. Ela fíxome ver que algúns dos
                tópicos teñen un fondo de realidade.


               6.     Poden algúns dos personaxes da súa obra (Alba, o pai...) ter que ver coa súa vida ou con Vostede?

                Por suposto que algúns teñen que ver coa miña vida, pois o oficio de escritor ten moito que ver con ter os ollos e as orellas ben
                abertos.
                O meu pai foi adegueiro, como o pai de Leo Caldas. El aprendeume o amor polo campo e transmitiume que as cousas importantes
                esixen tempo e agarimo.
                O Eligio, a taberna na que para todas as tardes Leo Caldas é a mesma na que paro eu cando estou en Vigo. Por iso o meu
                personaxe e mais eu temos en Carlos, o dono, un amigo común.




martes 30 de octubre de 2012
Domingo Villar

                7.     Que supón para un escritor novel que a súa primeira novela xa sexa un éxito e que este medre coa
                       segunda? Impón este feito á hora de seguir a escribir?

                Supón unha sorpresa tremenda. Para min e para os meus editores. Eu conformábame con ver o meu
                primeiro libro publicado e mira as voltas que deu a cousa.
                En calquera caso, non teño nada claro que o éxito dun libro se mida en número de exemplares vendidos.
                Iso é éxito comercial, pero éxito literario é outra cousa: terte baleirado escribiendo, terlle dado unha
                parte de ti mesmo aos personaxes, ter andado o camiño con eles…
                Chegar a moitos lectores non supón unha carga. Ao revés, permite escribir coa tranquilidade de saber
                que os personaxes teñen amigos agardando por eles.

                8.     Estraña o feito de que trascendese tanta información sobre a súa próxima novela da triloxía.
                       Como xustifica este feito? Será unha maneira de tranquilizar aos lectores que devecen pola súa
                       lectura ou un simple feito de publicidade?
                                                                                                                                 Fonte: Atlántico


                A culpa é miña. Escribo moi despacio, a documentación lévame meses e logo doulle vinte voltas a cada cousa. O tempo vai correndo
                pero como ando mergullado na novela, pasándoo pipa, nin me entero. Nestes meses teño recibido moitos chamados de xornalistas
                interesándose polo libro e a algún acabei por contarlle algunha cousa.
                O problema é que antes a información que recollía a prensa a levaba o vento. Agora queda toda xunta no google, e pode semellar
                que paso o día falando do asunto, cando a realidade non é así.
                En todo caso, do miolo da historia ninguén sabe nada. Pouco favor faría ó lector revelando a trama.

                9.     Considera Vostede que se pode vivir da literatura ou quizais sexa unha simple utopía, máxime no noso idioma?

                Poder, pódese. Non sei se a cousa durará moito, pero aínda hai escritores que viven das súas obras (poucos) e outros que viven dos
                satélites da literatura (o oficio escritor ábrelles a porta como xuris de premios, columnistas de opinión, editores, tradutores…).
                Como di o meu axente, todo depende dos cartos que precise un para vivir.
                En calquera caso, a literatura non é un traballo, é unha paixón. Non se escribe para facer cartos senón para vivir outras vidas, para
                soñalas, para viaxar, para reflexionar, para vencer os medos… Moitos autores hoxe célebres viviron miserablemente pero sen deixar
                nunca de escribir.




martes 30 de octubre de 2012
Domingo Villar



                10.    A terceira novela da súa triloxía leva por título “As cruces de pedra”, un título semellante ao duns ensaios de Castelao. Por que
                       ese título? Que supuxo, ou supón, para Vostede o mestre rianxeiro?

                É unha homenaxe a Castelao, claro, un xenio coa capacidade de condensar nunha frase ou nun
                debuxo o sentemento enteiro dun pobo.



                11.    Todas e todos imaxinamos “A praia dos afogados” no cine. Para cando? Que suporá este
                       feito para Vostede?

                A posibilidade de ver os meus personaxes no cinema prodúceme dúas sensacións case que
                contrapostas. Por unha banda, curiosidade por ver os personaxes imaxinados en carne e óso. Por
                outra, bastante medo por se resulta unha trapallada.
                A día de hoxe, non teño claro que finalmente A Praia dos afogados se adapte para o cinema. Hai
                un proxecto, un guión, un equipo artístico proposto…, pero a dificultade para atopar
                financiación vai facer que a meirande parte dos proxectos audiovisuais dos próximos anos queden
                reducidos a iso, a proxectos. Xa veremos que pasa con este.
                                                                                                                             Fonte: La Voz de Galicia


                12.    Que sensación experimentou cando dous ex-ministros (dona Trinidad Jiménez e don Alfredo Pérez Rubalcaba) alabaron e
                       recomendaron a súa novela nunha entrevista da CNN+?

                O meu pai, que non andaba en horas moi boas, estaba vendo na televisión a entrevista a Rubalcaba e quedou encantado cando o
                escoitou falar de min. Só polo alegrón que lle deu, estoulle moi agradecido.




martes 30 de octubre de 2012
Domingo Villar


                13.    Cando fixemos o “Roteiro da Praia dos afogados” decatámonos da súa minuciosidade e precisión no tratamento do espazo na
                       súa novela. Ocorre sempre así ou moitas veces se inclina por un espazo inventado?

                Teño inventado espazos literarios en moitos contos, pero é certo que as novelas de Caldas avanzan por lugares reais. Para min é
                un xeito de estar de volta e de visitar co recordo a terra que deixei atrás. Poderíase dicir que a búsqueda de lugares coñecidos
                por min responde a unha cuestión terapéutica.




                                                                    Roteiro da Praia dos Afogados 11/12.
                                                                   Alumnado do IES Manuel Garcia Barros.




                14.    E para finalizarmos, sabemos do seu labor como crítico gastronómico. Que lugar ocupa a nosa gastronomía neste seu
                       apartado? Que prato ou pratos galegos soe recomendar? E preparar?


                Como Leo Caldas, morro por uns bos percebes. Tamén polas vieiras ao forno (sen xamón). Entre os peixes prefiro a raia.
                Penso que non preparo mal a empanada. Como din os de Telepizza, “o segredo está na masa”. Deume a receita Quico, un amigo que
                tiña un bar con sona de facer as masas de empanada máis finas de Vigo. Adoito fágoa de carne, xoubas ou mexillóns.




martes 30 de octubre de 2012
A R IO
                                     IO N
                                 ES T
                               CU



martes 30 de octubre de 2012
ra     Un personaxe galego e
                        h a ob                                          Un p
                 -a e un ?              un estranxeiro?              ficci ersonax
             tor/ alegos                                                  ón c
           u                                                                   o qu e de cien
     / ha a aria g
   Un liter                 P az /     Antonio Palacios /                          e se i
                                                                                          dent
                                                                                                 cia-
                       dez                                                                     ifiqu
                  nán
              Fer a (Ros      a        Leonardo da Vinci                                             e?
            n                                                   Jim
        ustí stenci
      Ag esi             .
                                                                      Haw
                                                                           kins
         R       neiros)                                              illa d      (o ra
               A                                                                        paz
                                                                             o tes          d’A
                                                                                   ouro
                                            Unha película de cine?                      ).
                     nto                      Unha historia
                   me
                onu bel?
           n m ientá                        verdadeira (David
         U
             sal         man
                        Th ur                    Lynch)
                                                                                   a obr
                                                                                         a
                 a                                                             u nh s?
           U   m                                                          - a e xeiro
                                                                       or/ ran               de
                                     Unha obra teatral?             aut est               Con .
                                                                 /ha aria
                                                                n er                / O as)
                                         Hamlet                U it
                                                                  l          ar thy um
                                                                         cC sto (    D
            Cal é a súa fonte de
                                                                      c M ecri
                                                                   ma ont
                                                                Cor M
                inspiración
                  A morriña                                        de

martes 30 de octubre de 2012
Un lugar para visitar? e un lugar     Un tipo
          Un feito histórico?                                                                de músi
                                                                                                     ca? Unh
                                                  para descansar?                            canción         a
                                                                                                     ?
        O descubremento                     Escandinavia / Galicia              Depende
                                                                                         do estad
                                                                                ánimo /           o de
          da anestesia.                                                                  Samba e
                                                                               prelúdio            m
                                             Mundo rural/urbano?                        (Viniciu
                                                                                                 s de
                                               Praia/montaña?                        Morais)
                                               Rural pero non
                               i zar?
                      por real            illado / Praia sen moita              Un l
                                                                                       ugar
                 o
       na   ncei          can
                              .            xente nin moita calor.                           a xeita
    U                  un                                                                 lectu do para
                 Ter                                                           Un s            ra?      a
                                                                                    ofá p
                                        Un/ha autor/-a con quen se
                                                                                 chim     reto d
                                              identifique?
                                                                                      enea a
                                  Gústame o xeito de entender                               .
                                                              o oficio
                                    literario de Marina Mayora
                                                                 l.                           a ?
                                                                                       u topí
          Outro entretemento                                                   U nha        e
                                                                                        bos
          ademais da lectura?                                                   T odos sos.
                    Conversar.                                                    xe nero


martes 30 de octubre de 2012
1 de 9

Recomendados

Suso de toro por
Suso de toroSuso de toro
Suso de toroAsnosasletras
2.7K vistas9 diapositivas
Domingo villar por
Domingo villarDomingo villar
Domingo villarAsnosasletras
2.6K vistas9 diapositivas
María xosé queizán por
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
220 vistas10 diapositivas
Entrevista a Clara do Roxo por
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoAsnosasletras
574 vistas8 diapositivas
Manuel Lourenzo González por
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
308 vistas10 diapositivas
Xesus Constela por
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus ConstelaAsnosasletras
754 vistas9 diapositivas

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Pepe Carballude por
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe CarballudeAsnosasletras
617 vistas8 diapositivas
Anton riveiro coello por
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
466 vistas7 diapositivas
Lopo por
LopoLopo
LopoAsnosasletras
351 vistas8 diapositivas
Xabier alcalá por
Xabier alcaláXabier alcalá
Xabier alcaláAsnosasletras
632 vistas7 diapositivas
Fina casalderrei por
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderreiAsnosasletras
818 vistas8 diapositivas
Entrevista ledicia costas por
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
629 vistas9 diapositivas

Destacado

09.15.1 coadicción por
09.15.1 coadicción09.15.1 coadicción
09.15.1 coadicciónMiguel Rivera
1K vistas26 diapositivas
Confições de Fé de Grandes Cientistas por
Confições de Fé de Grandes CientistasConfições de Fé de Grandes Cientistas
Confições de Fé de Grandes CientistasJose Pinto Cardoso
361 vistas27 diapositivas
Instalacion de maquina virtual por
Instalacion de maquina virtualInstalacion de maquina virtual
Instalacion de maquina virtualMileiDy Diaz
230 vistas16 diapositivas
Κίνα- Νάντια- Δήμητρα- Θοδωρής por
Κίνα- Νάντια- Δήμητρα- ΘοδωρήςΚίνα- Νάντια- Δήμητρα- Θοδωρής
Κίνα- Νάντια- Δήμητρα- Θοδωρήςteacher88
506 vistas10 diapositivas
ddd por
dddddd
dddahrako86
921 vistas11 diapositivas
Eric Grohe Miller por
Eric Grohe MillerEric Grohe Miller
Eric Grohe Millerpurtejero
210 vistas29 diapositivas

Destacado(20)

Instalacion de maquina virtual por MileiDy Diaz
Instalacion de maquina virtualInstalacion de maquina virtual
Instalacion de maquina virtual
MileiDy Diaz230 vistas
Κίνα- Νάντια- Δήμητρα- Θοδωρής por teacher88
Κίνα- Νάντια- Δήμητρα- ΘοδωρήςΚίνα- Νάντια- Δήμητρα- Θοδωρής
Κίνα- Νάντια- Δήμητρα- Θοδωρής
teacher88506 vistas
ddd por ahrako86
dddddd
ddd
ahrako86921 vistas
Eric Grohe Miller por purtejero
Eric Grohe MillerEric Grohe Miller
Eric Grohe Miller
purtejero210 vistas
Era una mañana normal en la cual carmen por spokoo
Era una mañana normal en la cual carmenEra una mañana normal en la cual carmen
Era una mañana normal en la cual carmen
spokoo228 vistas
Media questions por ClarissaShu
Media questionsMedia questions
Media questions
ClarissaShu226 vistas
Kafer rust passo a passo por mauricio_opel
Kafer rust passo a passoKafer rust passo a passo
Kafer rust passo a passo
mauricio_opel413 vistas
La competición en el ámbito escolar y sus riesgos por MERMOMU
La competición en el ámbito escolar y sus riesgosLa competición en el ámbito escolar y sus riesgos
La competición en el ámbito escolar y sus riesgos
MERMOMU545 vistas
Robotica Carlosrp por carlosrp
Robotica CarlosrpRobotica Carlosrp
Robotica Carlosrp
carlosrp254 vistas
葡萄之美 por family
葡萄之美葡萄之美
葡萄之美
family256 vistas
Ingenieria de manipulacion social por augustofrc
Ingenieria de manipulacion socialIngenieria de manipulacion social
Ingenieria de manipulacion social
augustofrc275 vistas
Exame de informatica por DignaMariaBD
Exame de informaticaExame de informatica
Exame de informatica
DignaMariaBD199 vistas
Système excréteur por MaxBou0153
Système excréteurSystème excréteur
Système excréteur
MaxBou0153577 vistas
Monitor ipantalla por ASO98
Monitor ipantallaMonitor ipantalla
Monitor ipantalla
ASO98155 vistas

Similar a Domingo villar

Manuel rivas por
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivasAsnosasletras
554 vistas6 diapositivas
Anton riveiro coello por
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
53 vistas7 diapositivas
Entrevista Miguel Anxo Fernández por
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezAsnosasletras
712 vistas11 diapositivas
Entrevista Anibal C. Malvar por
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
498 vistas10 diapositivas
Entrevista Antón Lopo por
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
369 vistas10 diapositivas
Entrevista a Tucho calvo por
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
635 vistas8 diapositivas

Similar a Domingo villar(20)

Entrevista Miguel Anxo Fernández por Asnosasletras
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Asnosasletras712 vistas
Entrevista Anibal C. Malvar por Asnosasletras
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
Asnosasletras498 vistas
Entrevista Antón Lopo por Asnosasletras
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
Asnosasletras369 vistas
Entrevista a Tucho calvo por Asnosasletras
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
Asnosasletras635 vistas
Entrevista a Xose Miranda por Asnosasletras
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
Asnosasletras738 vistas
Entrevista xosé monteagudo por Asnosasletras
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
Asnosasletras328 vistas
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns por BibliotecaRevoltas
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
BibliotecaRevoltas1K vistas
don Alfonso Álvarez Cáccamo por Asnosasletras
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
Asnosasletras366 vistas
Entrevista bieito iglesias por Asnosasletras
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
Asnosasletras215 vistas
Claudio Rodríguez Fer por Asnosasletras
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
Asnosasletras588 vistas

Más de Asnosasletras

Orla 15/16 por
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16Asnosasletras
404 vistas26 diapositivas
Colaxes e caligramas 15/16 por
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
420 vistas27 diapositivas
Collages e caligramas 15/16 por
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
306 vistas27 diapositivas
María reimóndez por
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndezAsnosasletras
243 vistas9 diapositivas
David otero por
David oteroDavid otero
David oteroAsnosasletras
601 vistas11 diapositivas
Orla 2015 por
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015Asnosasletras
633 vistas24 diapositivas

Más de Asnosasletras(12)

Domingo villar

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Domingo Villar Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 30 de octubre de 2012
  • 2. Domingo Villar 1. Naceu Vostede nos últimos anos do franquismo. Como lembra aqueles primeiros anos de vida naquel Vigo efervescente? Puideron influír no seu compromiso coa nosa lingua, coa nosa cultura? Franco morreu cando eu tiña cinco anos, así que pouco me lembro daquelo. Crecín nun Vigo en reconversión e, en efecto, cunha grande efervescencia cultural que era máis evidente no eido da música ca nos outros, polo menos así o percibía eu daquela. 2. Cando contaba Vostede cuns 13 anos publicouse a considerada primeira novela negra en galego (“Crime en Compostela”). Foi Vostede lector desde xove de novela negra? Que pode aportar este xénero á nosa narrativa? É curioso que o morto do meu primeiro libro se chame Reigosa, como o autor de Crime en Compostela. Bauticeino así sen decatarme da coincidencia, pero Carlos Reigosa ten o convencemento freudiano de que todo foi unha escusa para matar ao pai (o pai da novela negra galega, enténdese) ás primeiras de cambio. O certo é que Carlos Reigosa é un escritor soberbio e un home encantador e sabio. O mesmo ten razón. O máis interesante da novela negra, ao meu ver, é que retrata a sociedade na que se desenrolan os crimes e a investigación que o autor vai narrando. Isto vale para amosar como é a vida en Galicia ou en Bangkok. Calquera esceario e bo. 3. Andou a súa pluma en aventuras de novela negra antes de “Ollos de auga”? De ser certo, por que ficaron estes intentos no anonimato? Que lle acontece cando a súa “investigación” de escritor se estanca? Ollos de auga é a primeira historia de largo alento que escribín. Sempre, dende neno, escribira contos, historias breves. Lembro que para un traballo fin de curso en Historia, na universidade, fíxen un conto satírico coas andanzas dunha concubina de Nerón. A catedrática quedou perplexa, sen saber se reprenderme ou felicitarme. Ao final apiadouse de min e aproboume con boa nota. Sempre estou a escribir. Se non é unha novela son notas para futuros libros, contos para os meus fillos, cousiñas que escribo para min… Fonte: As Miñas Lecturas martes 30 de octubre de 2012
  • 3. Domingo Villar 4. Que autor ou autores influíron na súa obra e en que medida? Gustaríalle que o comparasen con Vázquez Montalbán para a nosa literatura? Vázquez Montalbán non era só un escritor de novela negra. Pepe Carvalho deulle cartos e sona, pero Vázquez Montalbán foi moito máis ca iso. Era un xornalista agudo e valente, narrador, ensaísta e, por riba de todo iso, un poeta extraordinario. Foi o membro máis sobranceiro dos nove novísimos, o grupo poético no que coincidiu con xente como Azúa, Gimferrer ou Panero. Manolo Vázquez Montalbán era un mestre, un sabio, un intelectual. Eu son só un home que conta historias. Non caben as comparacións. 5. Agora que Vostede soe estar fóra de Galiza, mudou a súa visión cara Galiza e os galegos? Aproxímase esta visión ou difire ostensiblemente da do “Aragonés”? A miña visión é máis ou menos a mesma que tiven sempre. Gústame a miña terra e a xente que vive nela, e o feito de levar moitos anos lonxe non fixo outra cousa que reforzar esa idea. A visión que ten o aragonés non é de todo inventada: a miña muller é aragonesa coma Estévez. Ela fíxome ver que algúns dos tópicos teñen un fondo de realidade. 6. Poden algúns dos personaxes da súa obra (Alba, o pai...) ter que ver coa súa vida ou con Vostede? Por suposto que algúns teñen que ver coa miña vida, pois o oficio de escritor ten moito que ver con ter os ollos e as orellas ben abertos. O meu pai foi adegueiro, como o pai de Leo Caldas. El aprendeume o amor polo campo e transmitiume que as cousas importantes esixen tempo e agarimo. O Eligio, a taberna na que para todas as tardes Leo Caldas é a mesma na que paro eu cando estou en Vigo. Por iso o meu personaxe e mais eu temos en Carlos, o dono, un amigo común. martes 30 de octubre de 2012
  • 4. Domingo Villar 7. Que supón para un escritor novel que a súa primeira novela xa sexa un éxito e que este medre coa segunda? Impón este feito á hora de seguir a escribir? Supón unha sorpresa tremenda. Para min e para os meus editores. Eu conformábame con ver o meu primeiro libro publicado e mira as voltas que deu a cousa. En calquera caso, non teño nada claro que o éxito dun libro se mida en número de exemplares vendidos. Iso é éxito comercial, pero éxito literario é outra cousa: terte baleirado escribiendo, terlle dado unha parte de ti mesmo aos personaxes, ter andado o camiño con eles… Chegar a moitos lectores non supón unha carga. Ao revés, permite escribir coa tranquilidade de saber que os personaxes teñen amigos agardando por eles. 8. Estraña o feito de que trascendese tanta información sobre a súa próxima novela da triloxía. Como xustifica este feito? Será unha maneira de tranquilizar aos lectores que devecen pola súa lectura ou un simple feito de publicidade? Fonte: Atlántico A culpa é miña. Escribo moi despacio, a documentación lévame meses e logo doulle vinte voltas a cada cousa. O tempo vai correndo pero como ando mergullado na novela, pasándoo pipa, nin me entero. Nestes meses teño recibido moitos chamados de xornalistas interesándose polo libro e a algún acabei por contarlle algunha cousa. O problema é que antes a información que recollía a prensa a levaba o vento. Agora queda toda xunta no google, e pode semellar que paso o día falando do asunto, cando a realidade non é así. En todo caso, do miolo da historia ninguén sabe nada. Pouco favor faría ó lector revelando a trama. 9. Considera Vostede que se pode vivir da literatura ou quizais sexa unha simple utopía, máxime no noso idioma? Poder, pódese. Non sei se a cousa durará moito, pero aínda hai escritores que viven das súas obras (poucos) e outros que viven dos satélites da literatura (o oficio escritor ábrelles a porta como xuris de premios, columnistas de opinión, editores, tradutores…). Como di o meu axente, todo depende dos cartos que precise un para vivir. En calquera caso, a literatura non é un traballo, é unha paixón. Non se escribe para facer cartos senón para vivir outras vidas, para soñalas, para viaxar, para reflexionar, para vencer os medos… Moitos autores hoxe célebres viviron miserablemente pero sen deixar nunca de escribir. martes 30 de octubre de 2012
  • 5. Domingo Villar 10. A terceira novela da súa triloxía leva por título “As cruces de pedra”, un título semellante ao duns ensaios de Castelao. Por que ese título? Que supuxo, ou supón, para Vostede o mestre rianxeiro? É unha homenaxe a Castelao, claro, un xenio coa capacidade de condensar nunha frase ou nun debuxo o sentemento enteiro dun pobo. 11. Todas e todos imaxinamos “A praia dos afogados” no cine. Para cando? Que suporá este feito para Vostede? A posibilidade de ver os meus personaxes no cinema prodúceme dúas sensacións case que contrapostas. Por unha banda, curiosidade por ver os personaxes imaxinados en carne e óso. Por outra, bastante medo por se resulta unha trapallada. A día de hoxe, non teño claro que finalmente A Praia dos afogados se adapte para o cinema. Hai un proxecto, un guión, un equipo artístico proposto…, pero a dificultade para atopar financiación vai facer que a meirande parte dos proxectos audiovisuais dos próximos anos queden reducidos a iso, a proxectos. Xa veremos que pasa con este. Fonte: La Voz de Galicia 12. Que sensación experimentou cando dous ex-ministros (dona Trinidad Jiménez e don Alfredo Pérez Rubalcaba) alabaron e recomendaron a súa novela nunha entrevista da CNN+? O meu pai, que non andaba en horas moi boas, estaba vendo na televisión a entrevista a Rubalcaba e quedou encantado cando o escoitou falar de min. Só polo alegrón que lle deu, estoulle moi agradecido. martes 30 de octubre de 2012
  • 6. Domingo Villar 13. Cando fixemos o “Roteiro da Praia dos afogados” decatámonos da súa minuciosidade e precisión no tratamento do espazo na súa novela. Ocorre sempre así ou moitas veces se inclina por un espazo inventado? Teño inventado espazos literarios en moitos contos, pero é certo que as novelas de Caldas avanzan por lugares reais. Para min é un xeito de estar de volta e de visitar co recordo a terra que deixei atrás. Poderíase dicir que a búsqueda de lugares coñecidos por min responde a unha cuestión terapéutica. Roteiro da Praia dos Afogados 11/12. Alumnado do IES Manuel Garcia Barros. 14. E para finalizarmos, sabemos do seu labor como crítico gastronómico. Que lugar ocupa a nosa gastronomía neste seu apartado? Que prato ou pratos galegos soe recomendar? E preparar? Como Leo Caldas, morro por uns bos percebes. Tamén polas vieiras ao forno (sen xamón). Entre os peixes prefiro a raia. Penso que non preparo mal a empanada. Como din os de Telepizza, “o segredo está na masa”. Deume a receita Quico, un amigo que tiña un bar con sona de facer as masas de empanada máis finas de Vigo. Adoito fágoa de carne, xoubas ou mexillóns. martes 30 de octubre de 2012
  • 7. A R IO IO N ES T CU martes 30 de octubre de 2012
  • 8. ra Un personaxe galego e h a ob Un p -a e un ? un estranxeiro? ficci ersonax tor/ alegos ón c u o qu e de cien / ha a aria g Un liter P az / Antonio Palacios / e se i dent cia- dez ifiqu nán Fer a (Ros a Leonardo da Vinci e? n Jim ustí stenci Ag esi . Haw kins R neiros) illa d (o ra A paz o tes d’A ouro Unha película de cine? ). nto Unha historia me onu bel? n m ientá verdadeira (David U sal man Th ur Lynch) a obr a a u nh s? U m - a e xeiro or/ ran de Unha obra teatral? aut est Con . /ha aria n er / O as) Hamlet U it l ar thy um cC sto ( D Cal é a súa fonte de c M ecri ma ont Cor M inspiración A morriña de martes 30 de octubre de 2012
  • 9. Un lugar para visitar? e un lugar Un tipo Un feito histórico? de músi ca? Unh para descansar? canción a ? O descubremento Escandinavia / Galicia Depende do estad ánimo / o de da anestesia. Samba e prelúdio m Mundo rural/urbano? (Viniciu s de Praia/montaña? Morais) Rural pero non i zar? por real illado / Praia sen moita Un l ugar o na ncei can . xente nin moita calor. a xeita U un lectu do para Ter Un s ra? a ofá p Un/ha autor/-a con quen se chim reto d identifique? enea a Gústame o xeito de entender . o oficio literario de Marina Mayora l. a ? u topí Outro entretemento U nha e bos ademais da lectura? T odos sos. Conversar. xe nero martes 30 de octubre de 2012