2. Non demasiada, pero porque eu me considero igual de válida ca un home e sempre estiven
disposta a ocupar o meu espazo
Clara do Roxo
1.- Na súa irrupción na literatura sentiu nalgún momento que o mero feito de ser muller escritora puider supoñer certa diferenza como
ten ocorrido en tempos pasados?
2.- Que foi o que a levou a se mergullar na escrita digamos “en serio”? porque supoñemos que o de
escribir xa lle viña de ben antes…
Creo que sempre escribín “en serio”, pero ata o ano 2007 non me atrevín a mostrar as miñas
escritas. Un obradoiro literario tiroume do anonimato. Agora impártoos eu, para que xente
coma min se atreva a dar ese paso.
5.- Sabemos do seus premios no certame de microrrelatos "Mulleres Progresistas", até que punto o seu compromiso feminista se viu
reflectido nas súas obras? Pode unha autora evadirse do seu “eu” á hora de escribir?
4.- Como alguén que pasou a maior parte da súa infancia fóra de Galiza se decantou por escribir
as súas obras na nosa lingua?
3.- Escribir é para vostede máis evasión que compromiso, ao revés, ou as dúas funcións son
realmente importantes?
Pode, se quere. Pero eu non quero. Non escribo sobre min, pero o meu compromiso co feminismo está nas miñas obras sempre,
unhas veces explícito e outras entre liñas. A princesiña que conducía unha locomotora é unha novela para moi cativos, pero que
está impregnada dese feminismo que defendo.
Eu non tomei conciencia da miña lingua ata moi tarde, porque na casa toda a familia era castelán-falante. Porén, cando por fin
entrou na miña vida, namorei dela pola súa fermosura, pero tamén pola importancia de facela seguir viva ao utilizala. Cando
tomei conciencia dela, xa nunca utilicei outra lingua para me expresar.
Escribir para min é unha necesidade. Non concibo a miña vida sen a escrita. E o compromiso vai
unido a ela sen poder separar o un da outra.
Portada: “A mamá que perdeu as cóxegas”
lunes 25 de abril de 2016
3. De xeito individual só publiquei infantil. Para adultos escribo relato e atópanse case todos publicados como premios en edicións
colectivas. Teño en proxecto reunir todos eses premios de relatos para adultos e publicalos. Pero son unha perfeccionista da
corrección, e aínda non tiven tempo de revisalos ben e ofrecelos a algunha editorial.
Clara do Roxo
6.- De momento vemos que leva publicado literatura infanto-xuvenil, por que? Para cando os outros obxectivos narrativos e outros
xéneros literarios?
7.- Acredita vostede na inspiración? Se é así, cal foi -e é- a súa para a redacción da súas obras?
Moitas veces fío na inspiración. Case sempre. A inspiración, polo xeral, vén sendo unha idea, unha frase, unha imaxe que comeza a
roldar na miña cabeza. Unha vez chega, hai que arremangarse e traballar moito para desenvolvela. E logo CORRIXIR. Poño este
verbo en maiúsculas, porque dou tanta importancia á inspiración como á corrección, para min é fundamental. Ese perfeccionismo
lévame a darlles moitas voltas aos textos e nunca os dou por rematado.
9.- Cando Vostede se mergulla nun mundo infantil e xuvenil para dar forma a unha obra, é difícil realizar ese flash-back ou aquí cobra peso a
imaxinación da autora?
8.- Ao longo das nosas entrevistas temos visto que un premio vén a supoñer un feito automático como é a publicación da obra
premiada... Isto semella que non ocorre no seu caso, non?
O maxín pesa cando escribo infantil. Pero non só boto man da imaxinación. Estou de acordo cos postulados da nova corrente de literatura
infanto-xuvenil, na que non se agochan os problemas aos nenos. Gústame poñelos á vista, sen dramatizar, para que saiban no mundo no
que viven. A mamá que perdeu as cóxegas trata diso precisamente, dun neno ao que lle ocultan a enfermidade da súa nai e ten que
imaxinalo todo.
Certo, eu conseguín publicar as novelas infantís sen que me viñesen da man dun premio. É moi difícil, tiven, digamos, “sorte” de
que os meus libros entrasen en Galaxia e os publicasen porque creron neles. Porén, cos relatos para adultos sucedeu todo o
contrario, todas as publicacións viñeron asociadas a premios.
Nunca dubidei. Foi unha novela escrita para o meu fillo (varón) e estaba especialmente interesada en facerlle comprender que o que
importa na vida é cumprir as nosas arelas, pero sobre todo, que homes e mulleres son iguais.
Tiven claro que era princesa, pero atípica, unha princesa que rachaba cos moldes establecidos, a súa condición de muller libre estivo
moi presente para min á hora de crear o personaxe. Non quería unha rapaza pasiva a esperar por ninguén príncipe.
10.- Cando Vostede se puxo a redactar a súa obra A princesiña que conducía unha locomotora nalgún momento sentiu medo ao reformar esa
temática de princesas e príncipes ou máis ben xa estaba no seu maxín escribir unha obra digamos un tanto transgresora?
lunes 25 de abril de 2016
4. Clara do Roxo
Clara do Roxo
Portada: “A princesiña que conducía unha
locomotora”
13.- Ten dito Vostede que antes a súa primeira motivación era plasmar os seus sentimentos e que
posteriormente se decantou pola ficción... poden eses dous apartados funcionar por separado á
hora de escribir?
12.- Cando Vostede se inmisce nun curso de escritura creativa que ten máis en conta, a forma ou o
contido ou deixa este segundo apartado para a imaxinación do/da escritor/-a?
11.- E na súa outra obra publicada A mamá que perdeu as cóxegas que nos quere amosar? Non será
unha reivindicación da liberdade cara á imaxinación e inquedanzas dos máis novos?
Poden. E penso que é un síntoma de crecemento na escrita chegar a separar por completo o un
do outro. Pero, aínda así, sempre hai parte de nós nos nosos textos. É complicado agocharnos
de todo, sempre aparece algún detalle propio, por cativo que sexa. Outra cousa son os xuízos
de valor, as sentenzas, as moralinas, non me gustan e non as utilizo.
Os cursos de escrita serven de guía para quen comeza, amosan o que NON se debe facer.
Eu estimulo ao alumnado dos meus obradoiros a crear a través de obras de arte e outras
propostas, pero deixo absoluta liberdade de estilo e mesmo de temática.
Penso que cada quen debe atopar o seu xeito de expresarse na escrita, as pautas que dou son
para atopar inspiración e apréndolles a corrixirse a si mesmos.
Como comentei antes, reivindico que se amose a información aos nenos e nenas de todo canto
acontece na casa. Unha invitación a deixalos participar.
14.- E para rematarmos, non nos podería falar dos seus futuros proxectos literarios?
Neste momento estou cargada de proxectos. Veño de escribir unha teoría da escrita creativa,
que está en proceso de revisión e corrección. Estou a rematar unha novela xuvenil, da que non
podo falar de momento, pero que sairá o próximo outono. Son presidenta da Asociación Cultural
Catropatacos, dende a que se promove a literatura, as artes e a música en lingua galega. Con
ela vimos de estrear o espectáculo “Relatos Atlánticos”, que son narracións musicadas.
Promovemos o certame de microrrelatos “Microcatrorelato”. Tamén estamos a preparar un
proxecto literario para o ano Castelao. E continúo impartindo obradoiros literarios
“Aliteraclara”, para adultos a través da Concellería de Normalización Lingüística de Vigo, e
para nenos e nenas nos colexios.
lunes 25 de abril de 2016
6. A Alhambra de
Granada
Un monumento
salientábel?
A
E s m o r g a d e
Blanco Amor
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Cibrán da Esmorga e
Aureliano Buendía de
Cien años de soledad
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Permitídeme dous:
1 - Cien años de
soledad de Gª
Márquez
2- El memorial del
convento de José
Saramago
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
Ufff que difícil, creo que
co Quixote
Un personaxe literario co que
se identifique?
El cartero y Pablo Neruda
Unha película de cine?
lunes 25 de abril de 2016
7. Poder dedicar todo o meu
tempo á literatura.Un anceio por realizar?
Para visitar calquera vila
francesa do Perigord, para
descansar Vejer de la
Frontera en Cádiz
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
A paz
Unha utopía?
O sofá da casa un día dechoiva.
Un lugar axeitado para alectura?
Rock sen dubidalo. Cancións varias:Hurricane de Bob Dylan
Escalera al cielo de Led Zepellin
Calquera de Janis Joplin
Un tipo de música? Unhacanción?
lunes 25 de abril de 2016
8. O deporte
Outro entretemento ademais da literatura?
Sen dubidalo cidade, son urbanita,
gústame o ruído, a xente, o
movemento. E tamén sen dubidalo, a
praia, o mar é o mellor sedante que
existe.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Os dous tratados de paz
que remataron coa
primeira e coa segunda
guerras mundiais.
Un feito histórico?
Difícil, admiro a moitos/as, pero
identificarme… tal vez con
Simone de Beauvoir
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
A vida, a xente e os
seus conflitos.
Cal é a súa fonte de
inspiración?
Unha obra teatral?La casa de Bernarda
Alba de FedericoGarcía-Lorca
lunes 25 de abril de 2016