SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 9
Descargar para leer sin conexión
Francisco Castro
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
martes 14 de mayo de 2013
Pois que ten Vigo a verdade é que moi ben non o sei. Sei que ten moita forza, que ten vida propia, e que os vigueses e viguesas
somos un tanto particulares na medida en que máis que ser da cidade somos dos barrios. Cando eu era cativo, sorprendíame moito
cando saía do cole, da clase da tarde, e ao chegar á casa, se a miña nai non estaba porque fora a unha tenda, a miña madriña, ou a
miña tía dicíanme “é que foi a Vigo”. Nós viviamos en Teis, e a xente dicía así para ir ao centro, cando Teis é Vigo. Co tempo
descubrín que aos de Bouzas ou Lavadores tamén lles pasa o mesmo. Aínda queda xente maior que fala así.
A min, obviamente, marcoume moito, e a miña novela “Xeración Perdida” está ambientada absolutamente en Vigo. E o resto das
miñas novelas, case que ningunha transcurre en ningunha cidade en particular, pero en canto les un pouco decátaste que é de Vigo,
sempre, da cidade que estou a falar.
Francisco Castro
1. Que nos podería comentar daquel Vigo no que vostede naceu do último cuarto do século pasado? Até que punto esta próspera e
mariñeira cidade, con outras realidades sociais, marcaron a súa futura obra literaria? Que ten realmente Vigo para xa dende a
propia Idade Media ser berce de grandes autoras e autores para a nosa literatura?
2. Sabemos que non escribiu ningún poemario, pero en cambio si ten poemas no seu blog e en obras compartidas. Pode significar
iso que poidamos gozar algún día da súa poesía?
Hai moito tempo que teño rematado un poemario. Pero, a día de hoxe, aínda non me decidín a publicalo. Mentres, en efecto, vou
facendo de “poeta de contrabando”, e case que sempre que me piden un texto para un libro colectivo, ou me convidan a falar
nalgún sitio, meto un poema meu.
3. Traballar na Editorial Galaxia debe colmar a ilusión de calquera que ame á nosa literatura. Que supón para Vostede este feito?
Axúdao no seu labor de creación literaria? Como recibiu Vostede, un amante da ferramenta da internet como animación á
lectura, a chegada do libro electrónico?
Traballar en Galaxia é un luxo e un estímulo diario. É moito máis ca unha editorial. É un referente do noso país. Así que,
evidentemente, estou feliz por poder adicarme a este traballo de editor e nunha casa como Galaxia. E si, claro que axuda no meu
labor literario. A fin de contas, estou todo o día en contacto coa literatura, lendo historias doutros autores e autoras, facendo
libros… vivo todo o tempo na literatura, tamén dende un punto de vista profesional.
Sobre o libro electrónico direi que, sendo tamén un amante do papel, creo que é a nosa responsabilidade tentar facer bos produtos
electrónicos en galego. Non podemos ir contra dos tempos. Temos que estar neles.
martes 14 de mayo de 2013
Sen dúbida. Eu sempre digo que a miña literatura é política, no senso máis claro da palabra “polis”. Creo que o escritor ten que
ser fillo da súa época, e a min interésame a miña época, intervir nela, na medida do posible, mellorala se é que podo. O blog
naceu tamén para iso, para falar do mundo, para opinar, para xerar debate.
Francisco Castro
4. A variedade de temas (erotismo, mundo das drogas, historia, antiviolencia...) que trata na súa obra pódese dicir que tratan
os aspectos máis salientables da sociedade? Se isto é así, pódese considerar que unha das razóns polas que ten un blog é
estar máis en contacto coa sociedade e a actualidade?
5. A pesar de que escribe en galego, ten libros traducidos a outros idiomas e
recoñecementos a nivel nacional e internacional (lista de honra no IBBY). Supón
iso para Vostede un orgullo tendo en conta que escribe nunha lingua
minorizada, non minoritaria como vostede mesmo dixo?
Unha satisfacción evidente. Eu sempre digo que escribo na lingua do meu país pero
para que me lean en todo o mundo. E cada tradución que chega, ou cando recibes un
recoñecemento a nivel internacional, a felicidade é grande porque os que escribimos
queremos ter lectores. Eu sempre digo que non ten mérito escribir en galego. Os
italianos fano en italiano, e os ingleses en inglés. Un escritor galego debe facelo en
galego. Pero aspirando a chegar, dende a lingua na que se escribe, a lectores que te
poidan ler noutra.
6. Chámanos a atención que, a pesar de que Vostede preside GALIX, sexa moi pouca a súa produción para os máis xoves. Como
se podería xustificar este feito? Que pensa Vostede desas subdivisións en anos ás que moitas das coleccións de literatura
infantil e xuvenil están sometidas?
Non é tan pouca. Publiquei “Un bosque cheo de faias”, “Chamádeme Simbad”, “O segredo de Marco Polo” e, con Fina Casalderrey,
“O neno can”. Aínda son libros… mais o certo é que eu comecei publicando só para adultos. E síntome un autor que traballa para
todos os chanzos de idade. Esas subdivisións son necesarias, e son reais. Unha historia como Chamádeme Simbad que eu escribín
para que a mocidade de arredor de 10-12 anos entendese que é o Alzheimer, se chego a escribilo para un público adulto, sáeme
doutra maneira.
martes 14 de mayo de 2013
Esa frase é miña e coido que si. Hai que crer nas posibilidades da fantasía, da imaxinación. Iso dános liberdade porque vivimos
negando a frialdade absurda deste mundo gobernado polos mercados e as cifras económicas. Para crear beleza hai que vivir na
fantasía. Radicalmente si.
Francisco Castro
7. Para escribir boa narrativa hai que “vivir no disparate da fantasía”?
8. No seu blog afirma que, en realidade, non existe conflito lingüístico, que iso é tan só unha forma de despistarnos da verdadeira
realidade sempre e cando non se deixe de lado a lingua. É o seu traballo en Galaxia unha ferramenta para non se despistar? Que
outras ferramentas e actividades bota en falta para que a nosa lingua teña perante súa “mil primaveras máis”?
O conflito lingüístico foi inventado artificialmente por certos sectores antigalegos con finalidades claramente políticas. En Galaxia,
como dende Gálix ou dende a nosa actitude de galegofalantes naturais e sen complexos, centrámonos no importante, que é o
coidado e espallamento do tesouro máis grande deste país que é a súa lingua.
9. Vostede debe presentar a súa obra a bastantes premios, dos que ten gañado abondos. Son
estes premios necesarios para que a nosa literatura acade un lugar propio na cultura
universal?
Hai moito que xa non me presento a nada… sen dúbida son importantes. A pesar de que hai
colegas escritores que refugan deles, eu son un gran defensor. A min, persoalmente, os premios
abríronme camiños, á publicación en primeiro lugar, pero tamén fronte de min mesmo e do
meu traballo, que vin recompensado. A literatura é un exercicio moi solitario, no que botas
meses, ou anos, traballando no silenzo da túa casa. Cando recibes un premio, dalgunha
maneira, veslle sentido a ese esforzo, non polo premio en si ou os cartos (o premio que máis
me gustou recibir foi, e por tres veces, o “Frei Martín Sarmiento”, que non ten dotación
económica e que che dan os escolares galegos sen que ti te presentes para premiar a obra que
máis lles gustou do ano pasado), senón porque ves que hai un mínimo de calidade que outra
xente, o xurado neste caso, valora.
martes 14 de mayo de 2013
Francisco Castro
10. Lemos nun artigo que Vostede escribe “a escuras e descalzo”. Pódense considerar manías como escritor? Ten algunha máis?
Sen dúbida é unha manía. E teño outras, claro. Pero vou quedar como un tipo raro se as conto…
11. Aquí na Estrada xa acadou Vostede dous dos principais premios (de novela e
de xornalismo) que neste pobo se convocan. Cando neste pobo poderemos
ver de novo a súa obra premiada ou ben é que os/as escritores/-as non soen
repetir unha vez gañado un certame?
12. Nunha entrevista vostede fala da cultura galega e das industrias culturais. Vostede afirma que a cultura galega non sofre
ningún perigo pero si as industrias culturais. A que se refire con iso? Como cre que poderiamos evitalo?
Cando me deron o “García Barros” despois do “Reimóndez Portela”, dixen, no
discurso de agradecemento, que tiña que ir vivir á Estrada do ben que me
trataban alí, e que algún día tiña que gañar o Avelina Valladares de poesía. Así
que aínda vou ter que presentar o poemario…
A cultura galega, sobre todo a literatura, goza de moi boa saúde. Os nosos libros están á altura de calquera outro dos que se
publican en calquera lingua do mundo. Outra cousa son as empresas que creamos, producimos e difundimos a cultura, que
estamos a pasalo mal. Pola crise, sen dúbida. Pero tamén por unha administración que non axuda, que non apoia, que non
promove a pesar de que, por lei, están absolutamente obrigados a facelo.
Para saír desa situación sería importante que os galegos e galegas apoiasen a nosa industria cultural mercando libros en galego,
acudindo aos teatros, aos concertos… a situación é moi grave, están pechando librarías e o sector editorial perdendo postos de
traballo todos os días. Estamos pasándoo mal, certamente.
martes 14 de mayo de 2013
Francisco Castro
13. E para rematarmos, actualmente traballa na comunicación pero, a pesar diso, vostede critica no seu blog o silencio de
moitos acontecementos polos medios de comunicación. Pode ser unha das razóns polas que a súa literatura trate temas
actuais e problemáticos da sociedade?
Si, xa o dixen antes. Escribo, tamén, para cambiar o mundo. Para alzar a voz das que non a teñen. Para defender a miña idea da
realidade.
martes 14 de mayo de 2013
CUESTIONARIO
martes 14 de mayo de 2013
A praia da Punta, en
Teis. monumento
natural.
Un monumento
salientábel?
Celso Emilio Ferreiro e a
súa obra completa.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Balbino. “O
estranxeiro” de Camus.
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Borges. “O Principiño”.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
Literario, ningún.
Un personaxe literario co que se
identifique?
“Forrest Gump”.
Unha película de cine?
“Un tranvía
chamado desexo”.
Unha obra teatral?
Tocar a guitarra eléctrica
cos amigos.
Outro entretemento
ademais da lectura?
martes 14 de mayo de 2013
Mellorar como guitarrista.
Un anceio por realizar?
Urbanita. PraiaMundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Londres. Tamén Londres.
Un lugar para visitar? e un lugar para
descansar?
Os anos sesenta do
século pasado.
Un feito histórico?
Non hai utopías.
Todo é posible se se
quere.
Unha utopía?
Calquera. Leo no salón coa
tele posta, en aeroportos,
nos parques, pola rúa…
Un lugar axeitado para a
lectura?
Rock and roll.“Something”, dosBeatles.
Un tipo de música? Unhacanción?
Creo que ningún.
Un/ha autor/-a con quen se
identifique? A vida.
Cal é a súa fonte de
inspiración
martes 14 de mayo de 2013

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
Asnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
Asnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
Asnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
cenlf
 

La actualidad más candente (18)

Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Marilar aleixandre
Marilar aleixandreMarilar aleixandre
Marilar aleixandre
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 

Similar a Francisco castro

Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
Asnosasletras
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
Asnosasletras
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
Asnosasletras
 

Similar a Francisco castro (18)

Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Xosé ignacio taibo
Xosé ignacio taiboXosé ignacio taibo
Xosé ignacio taibo
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 

Más de Asnosasletras

Más de Asnosasletras (17)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Francisco castro

  • 1. Francisco Castro Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 14 de mayo de 2013
  • 2. Pois que ten Vigo a verdade é que moi ben non o sei. Sei que ten moita forza, que ten vida propia, e que os vigueses e viguesas somos un tanto particulares na medida en que máis que ser da cidade somos dos barrios. Cando eu era cativo, sorprendíame moito cando saía do cole, da clase da tarde, e ao chegar á casa, se a miña nai non estaba porque fora a unha tenda, a miña madriña, ou a miña tía dicíanme “é que foi a Vigo”. Nós viviamos en Teis, e a xente dicía así para ir ao centro, cando Teis é Vigo. Co tempo descubrín que aos de Bouzas ou Lavadores tamén lles pasa o mesmo. Aínda queda xente maior que fala así. A min, obviamente, marcoume moito, e a miña novela “Xeración Perdida” está ambientada absolutamente en Vigo. E o resto das miñas novelas, case que ningunha transcurre en ningunha cidade en particular, pero en canto les un pouco decátaste que é de Vigo, sempre, da cidade que estou a falar. Francisco Castro 1. Que nos podería comentar daquel Vigo no que vostede naceu do último cuarto do século pasado? Até que punto esta próspera e mariñeira cidade, con outras realidades sociais, marcaron a súa futura obra literaria? Que ten realmente Vigo para xa dende a propia Idade Media ser berce de grandes autoras e autores para a nosa literatura? 2. Sabemos que non escribiu ningún poemario, pero en cambio si ten poemas no seu blog e en obras compartidas. Pode significar iso que poidamos gozar algún día da súa poesía? Hai moito tempo que teño rematado un poemario. Pero, a día de hoxe, aínda non me decidín a publicalo. Mentres, en efecto, vou facendo de “poeta de contrabando”, e case que sempre que me piden un texto para un libro colectivo, ou me convidan a falar nalgún sitio, meto un poema meu. 3. Traballar na Editorial Galaxia debe colmar a ilusión de calquera que ame á nosa literatura. Que supón para Vostede este feito? Axúdao no seu labor de creación literaria? Como recibiu Vostede, un amante da ferramenta da internet como animación á lectura, a chegada do libro electrónico? Traballar en Galaxia é un luxo e un estímulo diario. É moito máis ca unha editorial. É un referente do noso país. Así que, evidentemente, estou feliz por poder adicarme a este traballo de editor e nunha casa como Galaxia. E si, claro que axuda no meu labor literario. A fin de contas, estou todo o día en contacto coa literatura, lendo historias doutros autores e autoras, facendo libros… vivo todo o tempo na literatura, tamén dende un punto de vista profesional. Sobre o libro electrónico direi que, sendo tamén un amante do papel, creo que é a nosa responsabilidade tentar facer bos produtos electrónicos en galego. Non podemos ir contra dos tempos. Temos que estar neles. martes 14 de mayo de 2013
  • 3. Sen dúbida. Eu sempre digo que a miña literatura é política, no senso máis claro da palabra “polis”. Creo que o escritor ten que ser fillo da súa época, e a min interésame a miña época, intervir nela, na medida do posible, mellorala se é que podo. O blog naceu tamén para iso, para falar do mundo, para opinar, para xerar debate. Francisco Castro 4. A variedade de temas (erotismo, mundo das drogas, historia, antiviolencia...) que trata na súa obra pódese dicir que tratan os aspectos máis salientables da sociedade? Se isto é así, pódese considerar que unha das razóns polas que ten un blog é estar máis en contacto coa sociedade e a actualidade? 5. A pesar de que escribe en galego, ten libros traducidos a outros idiomas e recoñecementos a nivel nacional e internacional (lista de honra no IBBY). Supón iso para Vostede un orgullo tendo en conta que escribe nunha lingua minorizada, non minoritaria como vostede mesmo dixo? Unha satisfacción evidente. Eu sempre digo que escribo na lingua do meu país pero para que me lean en todo o mundo. E cada tradución que chega, ou cando recibes un recoñecemento a nivel internacional, a felicidade é grande porque os que escribimos queremos ter lectores. Eu sempre digo que non ten mérito escribir en galego. Os italianos fano en italiano, e os ingleses en inglés. Un escritor galego debe facelo en galego. Pero aspirando a chegar, dende a lingua na que se escribe, a lectores que te poidan ler noutra. 6. Chámanos a atención que, a pesar de que Vostede preside GALIX, sexa moi pouca a súa produción para os máis xoves. Como se podería xustificar este feito? Que pensa Vostede desas subdivisións en anos ás que moitas das coleccións de literatura infantil e xuvenil están sometidas? Non é tan pouca. Publiquei “Un bosque cheo de faias”, “Chamádeme Simbad”, “O segredo de Marco Polo” e, con Fina Casalderrey, “O neno can”. Aínda son libros… mais o certo é que eu comecei publicando só para adultos. E síntome un autor que traballa para todos os chanzos de idade. Esas subdivisións son necesarias, e son reais. Unha historia como Chamádeme Simbad que eu escribín para que a mocidade de arredor de 10-12 anos entendese que é o Alzheimer, se chego a escribilo para un público adulto, sáeme doutra maneira. martes 14 de mayo de 2013
  • 4. Esa frase é miña e coido que si. Hai que crer nas posibilidades da fantasía, da imaxinación. Iso dános liberdade porque vivimos negando a frialdade absurda deste mundo gobernado polos mercados e as cifras económicas. Para crear beleza hai que vivir na fantasía. Radicalmente si. Francisco Castro 7. Para escribir boa narrativa hai que “vivir no disparate da fantasía”? 8. No seu blog afirma que, en realidade, non existe conflito lingüístico, que iso é tan só unha forma de despistarnos da verdadeira realidade sempre e cando non se deixe de lado a lingua. É o seu traballo en Galaxia unha ferramenta para non se despistar? Que outras ferramentas e actividades bota en falta para que a nosa lingua teña perante súa “mil primaveras máis”? O conflito lingüístico foi inventado artificialmente por certos sectores antigalegos con finalidades claramente políticas. En Galaxia, como dende Gálix ou dende a nosa actitude de galegofalantes naturais e sen complexos, centrámonos no importante, que é o coidado e espallamento do tesouro máis grande deste país que é a súa lingua. 9. Vostede debe presentar a súa obra a bastantes premios, dos que ten gañado abondos. Son estes premios necesarios para que a nosa literatura acade un lugar propio na cultura universal? Hai moito que xa non me presento a nada… sen dúbida son importantes. A pesar de que hai colegas escritores que refugan deles, eu son un gran defensor. A min, persoalmente, os premios abríronme camiños, á publicación en primeiro lugar, pero tamén fronte de min mesmo e do meu traballo, que vin recompensado. A literatura é un exercicio moi solitario, no que botas meses, ou anos, traballando no silenzo da túa casa. Cando recibes un premio, dalgunha maneira, veslle sentido a ese esforzo, non polo premio en si ou os cartos (o premio que máis me gustou recibir foi, e por tres veces, o “Frei Martín Sarmiento”, que non ten dotación económica e que che dan os escolares galegos sen que ti te presentes para premiar a obra que máis lles gustou do ano pasado), senón porque ves que hai un mínimo de calidade que outra xente, o xurado neste caso, valora. martes 14 de mayo de 2013
  • 5. Francisco Castro 10. Lemos nun artigo que Vostede escribe “a escuras e descalzo”. Pódense considerar manías como escritor? Ten algunha máis? Sen dúbida é unha manía. E teño outras, claro. Pero vou quedar como un tipo raro se as conto… 11. Aquí na Estrada xa acadou Vostede dous dos principais premios (de novela e de xornalismo) que neste pobo se convocan. Cando neste pobo poderemos ver de novo a súa obra premiada ou ben é que os/as escritores/-as non soen repetir unha vez gañado un certame? 12. Nunha entrevista vostede fala da cultura galega e das industrias culturais. Vostede afirma que a cultura galega non sofre ningún perigo pero si as industrias culturais. A que se refire con iso? Como cre que poderiamos evitalo? Cando me deron o “García Barros” despois do “Reimóndez Portela”, dixen, no discurso de agradecemento, que tiña que ir vivir á Estrada do ben que me trataban alí, e que algún día tiña que gañar o Avelina Valladares de poesía. Así que aínda vou ter que presentar o poemario… A cultura galega, sobre todo a literatura, goza de moi boa saúde. Os nosos libros están á altura de calquera outro dos que se publican en calquera lingua do mundo. Outra cousa son as empresas que creamos, producimos e difundimos a cultura, que estamos a pasalo mal. Pola crise, sen dúbida. Pero tamén por unha administración que non axuda, que non apoia, que non promove a pesar de que, por lei, están absolutamente obrigados a facelo. Para saír desa situación sería importante que os galegos e galegas apoiasen a nosa industria cultural mercando libros en galego, acudindo aos teatros, aos concertos… a situación é moi grave, están pechando librarías e o sector editorial perdendo postos de traballo todos os días. Estamos pasándoo mal, certamente. martes 14 de mayo de 2013
  • 6. Francisco Castro 13. E para rematarmos, actualmente traballa na comunicación pero, a pesar diso, vostede critica no seu blog o silencio de moitos acontecementos polos medios de comunicación. Pode ser unha das razóns polas que a súa literatura trate temas actuais e problemáticos da sociedade? Si, xa o dixen antes. Escribo, tamén, para cambiar o mundo. Para alzar a voz das que non a teñen. Para defender a miña idea da realidade. martes 14 de mayo de 2013
  • 8. A praia da Punta, en Teis. monumento natural. Un monumento salientábel? Celso Emilio Ferreiro e a súa obra completa. Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Balbino. “O estranxeiro” de Camus. Un personaxe galego e un estranxeiro? Borges. “O Principiño”. Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Literario, ningún. Un personaxe literario co que se identifique? “Forrest Gump”. Unha película de cine? “Un tranvía chamado desexo”. Unha obra teatral? Tocar a guitarra eléctrica cos amigos. Outro entretemento ademais da lectura? martes 14 de mayo de 2013
  • 9. Mellorar como guitarrista. Un anceio por realizar? Urbanita. PraiaMundo rural/urbano? Praia/montaña? Londres. Tamén Londres. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Os anos sesenta do século pasado. Un feito histórico? Non hai utopías. Todo é posible se se quere. Unha utopía? Calquera. Leo no salón coa tele posta, en aeroportos, nos parques, pola rúa… Un lugar axeitado para a lectura? Rock and roll.“Something”, dosBeatles. Un tipo de música? Unhacanción? Creo que ningún. Un/ha autor/-a con quen se identifique? A vida. Cal é a súa fonte de inspiración martes 14 de mayo de 2013