SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 6
Descargar para leer sin conexión
Manuel Rivas
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
martes 14 de mayo de 2013
Moito. O territorio da infancia é a primeira cartografía. O andar da literatura arrinca nese primeiro chan. Logo, como o afiador,
vai detrás da roda da vida, ao tempo que a empurra.
Manuel Rivas
1. As súas primeiras andainas foron por un barrio da Coruña así coma tamén os seus primeiros vieiros a seguir (influxos de pai e nai
de procurar un traballo no que se mollar ou non) até que punto estas circunstancias marcaron o seu futuro persoal e literario?
2. Tanto marcou a aquel xove a súa experiencia xornalística de comezos dos 70 para realizar a carreira de Ciencias da
Información e a súa futura actividade tamén xornalística? Que quería expresar Vostede co título dun seu ensaio titulado “O
xornalismo é un conto”?
Pensei en traballar nun xornal porque era o único xeito de chegar a ser xornalista, que era a porta para ser escritor. O meu soño
era ser escritor. Pero tamén era realista: tiña que gañarme a vida cun traballo e o máis semellante era ser xornalista. En Galicia
non había daquela facultade de Ciencias da Información nin nada parecido. O feito de traballar nun xornal no tempo de
bacharelato, o Ideal Gallego, permitiume despois ir á universidade e compatibilizar estudo e traballo, pois enviaba case a diario
crónicas dende Madrid, nun tempo ademais apaixonante, como foi a fin da ditadura e o comezo da transición.
O título de “O xornalismo é un conto” ten un dobre sentido. Por unha banda, a idea de que o xornalismo tamén é literatura, unha
póla da literatura. E por outra banda, é un xogo irónico: non sempre o que se conta é verdade.
3. Como podería Vostede xustificar que o primeiro xénero literario no que se inmisciu fose a lírica? A pesar de non abandonar
este xénero xamais, que foi o que o inclinou máis cara á narrativa?
Non, nunca deixei a poesía. Pero ademais, toda escrita, tamén a narrativa, ten de ser poética. É un traballo de todos os sentidos
interiores e exteriores.
martes 14 de mayo de 2013
Fixen unha obra, “O heroe”, e teño outras cousas na cabeza esperando a que leveden. Hai que darlle tempo ao tempo.
Domingo Villar
4. Vendo a súa desenvoltura narrativa, choca que apenas tocase o xénero dramático. Como podería xustificar este feito?
5. Tan inxusta poderiamos cualificar esta nosa sociedade para que unha persoa
coma Vostede (Socio fundador de Greenpeace en España, persoa do máis
relevante no movemento de “Nunca Máis”...) teña que ser recoñecido neste
ámbito de compromiso social en Bélxica por “Amnistía Internacional”? Tanto se
terá que normalizar esta nosa sociedade para que casos coma o seu, o do xuíz
Garzón e outros moitos deixen de ser realidades?
Hai que facer as cousas, e abrazar causas, sen agardar honras nin recoñecementos,
senón por decencia cotiá.
6. Desde moi xove comezou Vostede a se facer acredor de premios e máis premios, recoñecementos literarios... Que supón para
un escritor esta circunstancia? Incentiva ou impón por mor de se ter que superar un?
A verdade é que agás algún, como o primeiro premio de poesía do Facho, aló na mocidade, e o Torrente Ballester, os demais
foron premios aos que non me presentei, como os premios da Crítica ou das asociacións de Escritores, Editores ou Libreiros. E
estou dobremente agradecido porque, por así dicilo, caen do ceo como anxos.
Manuel Rivas
martes 14 de mayo de 2013
Sempre hai un azar, unha especie de faísca. Como a luz dun misto na escuridade.
Domingo Villar
7. Cal é a orixe, o nacemento dunha súa novela? Como se elixe un tema? E unha técnica narrativa a empregar nesa futura novela?
8. A súa narrativa vai un pouco da man do cinema. Cal pode ser a circunstancia de que unha novela sexa apta para levar á
grande pantalla? Cando Vostede agora está a escribir pásalle pola cabeza esa posíbel probabilidade de que se vexa en cine?
Non se sabe. Cando escribo vexo moitas veces en imaxes o que conto, mais iso non significa que pense nun filme. Con algunha
excepción, os casos en que se levaron obras miñas ao cinema foi escolla dos directores.
9. Temos entendido que orixinariamente “Todo é silencio” foi un
guión cinematográfico e que a novela veu despois. Como xurdiu
neste caso a idea de confeccionar unha novela con aquela base?
O proceso foi máis complexo. Cando me falaron de facer un guión e eu
estaba a traballar nunha novela, que é a primeira parte de “Todo é
silencio”. Ao primeiro dixen que non, pero a idea do guión andaba
bulindo na cabeza como un desafío. Fixen un “primeiro” guión, un
borrador, que non me satisfixo. E decidín acabar a novela para poder
facer o guión definitivo. Aí xa me sentín máis a gusto.
Manuel Rivas
martes 14 de mayo de 2013
Domingo Villar
10. É “As voces baixas” unha débeda co seu pasado, con aquelas “circunstancias” ás que aludiamos ao comezo, a súa memoria
histórica? Que nos podería comentar do tan traído tema da Memoria histórica?
É unha mestura de memoria íntima, persoal, e o que podemos chamar memoria colectiva.
Todo é memoria histórica. Mesmo os silencios e os esquecementos forman parte da
memoria. O lembrar a historia do teu país non é unha obsesión co pasado, senón un xeito
de curar as sombras e poder enfrontar o futuro coa ollada limpa.
11. Que supuxo para Vostede, aquel neno nacido en Montealto, ser investido “Doctor
Honoris Causa” pola Universidade da cidade de nacemento?
12. Como membro da RAG, que nos podería comentar da situación que vemos está a pasar esta insigne institución do noso país?
Que tería que ocorrer para que fose valorada na súa xusta medida polo que representou e representa para Galiza?
Por unha banda, un agasallo no que nunca pensara. Por outra, un compromiso, unha obriga para facelo mellor.
A Academia Galega creouse dende abaixo, dende a base intelectual e comprometida do seu tempo, mesmo co apoio de sectores da
emigración en América. O seu obxectivo principal, o ilustrar, promover e defender a lingua galega, segue en pleno vigor. Esa é a
única cuestión pola que debería ser noticia a Academia Galega. O que hai que facer é traballar unidos nese rumbo.
Manuel Rivas
martes 14 de mayo de 2013
14. E para rematarmos, que lle pasa pola cabeza cando ve escrito ou oe que
é Vostede “A voz máis sobresaliente da literatura contemporánea
mundial”?
Domingo Villar
A min o que preocupa é o que estou a escribir. Cada obra é recomezar.
Estás espido, só... Como a primeira vez.
13. A súa obra posibelmente sexa das máis traducidas a outros idiomas. Que supón este feito para a nosa literatura? Habería que
potenciar desde as institucións este feito para universalizala de vez?
Como fan as administracións dos países máis adiantados e respectuosos co patrimonio e a creación cultural, o que tiñan que facer
as institucións é potenciar Galicia como un hábitat cultural, en vez de malgastar os recursos. Por exemplo, dar máis axudas á
tradución. Pero o mellor xeito de que Galicia teña máis proxección no mundo é que se desenvolva no seu interior: máis
bibliotecas por toda a xeografía, máis programas culturais, apoio a editoriais, máis becas para a xente moza.... Se fixeramos de
Galicia un país modélico, xa non faría falta propaganda: Xa nos coñecerían por todo o mundo adiante!
Manuel Rivas
Grazas pola vosa paciencia.
martes 14 de mayo de 2013

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

La actualidad más candente (19)

Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 

Similar a Manuel rivas

Similar a Manuel rivas (19)

Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisón
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Más de Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

Más de Asnosasletras (13)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Manuel rivas

  • 1. Manuel Rivas Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 14 de mayo de 2013
  • 2. Moito. O territorio da infancia é a primeira cartografía. O andar da literatura arrinca nese primeiro chan. Logo, como o afiador, vai detrás da roda da vida, ao tempo que a empurra. Manuel Rivas 1. As súas primeiras andainas foron por un barrio da Coruña así coma tamén os seus primeiros vieiros a seguir (influxos de pai e nai de procurar un traballo no que se mollar ou non) até que punto estas circunstancias marcaron o seu futuro persoal e literario? 2. Tanto marcou a aquel xove a súa experiencia xornalística de comezos dos 70 para realizar a carreira de Ciencias da Información e a súa futura actividade tamén xornalística? Que quería expresar Vostede co título dun seu ensaio titulado “O xornalismo é un conto”? Pensei en traballar nun xornal porque era o único xeito de chegar a ser xornalista, que era a porta para ser escritor. O meu soño era ser escritor. Pero tamén era realista: tiña que gañarme a vida cun traballo e o máis semellante era ser xornalista. En Galicia non había daquela facultade de Ciencias da Información nin nada parecido. O feito de traballar nun xornal no tempo de bacharelato, o Ideal Gallego, permitiume despois ir á universidade e compatibilizar estudo e traballo, pois enviaba case a diario crónicas dende Madrid, nun tempo ademais apaixonante, como foi a fin da ditadura e o comezo da transición. O título de “O xornalismo é un conto” ten un dobre sentido. Por unha banda, a idea de que o xornalismo tamén é literatura, unha póla da literatura. E por outra banda, é un xogo irónico: non sempre o que se conta é verdade. 3. Como podería Vostede xustificar que o primeiro xénero literario no que se inmisciu fose a lírica? A pesar de non abandonar este xénero xamais, que foi o que o inclinou máis cara á narrativa? Non, nunca deixei a poesía. Pero ademais, toda escrita, tamén a narrativa, ten de ser poética. É un traballo de todos os sentidos interiores e exteriores. martes 14 de mayo de 2013
  • 3. Fixen unha obra, “O heroe”, e teño outras cousas na cabeza esperando a que leveden. Hai que darlle tempo ao tempo. Domingo Villar 4. Vendo a súa desenvoltura narrativa, choca que apenas tocase o xénero dramático. Como podería xustificar este feito? 5. Tan inxusta poderiamos cualificar esta nosa sociedade para que unha persoa coma Vostede (Socio fundador de Greenpeace en España, persoa do máis relevante no movemento de “Nunca Máis”...) teña que ser recoñecido neste ámbito de compromiso social en Bélxica por “Amnistía Internacional”? Tanto se terá que normalizar esta nosa sociedade para que casos coma o seu, o do xuíz Garzón e outros moitos deixen de ser realidades? Hai que facer as cousas, e abrazar causas, sen agardar honras nin recoñecementos, senón por decencia cotiá. 6. Desde moi xove comezou Vostede a se facer acredor de premios e máis premios, recoñecementos literarios... Que supón para un escritor esta circunstancia? Incentiva ou impón por mor de se ter que superar un? A verdade é que agás algún, como o primeiro premio de poesía do Facho, aló na mocidade, e o Torrente Ballester, os demais foron premios aos que non me presentei, como os premios da Crítica ou das asociacións de Escritores, Editores ou Libreiros. E estou dobremente agradecido porque, por así dicilo, caen do ceo como anxos. Manuel Rivas martes 14 de mayo de 2013
  • 4. Sempre hai un azar, unha especie de faísca. Como a luz dun misto na escuridade. Domingo Villar 7. Cal é a orixe, o nacemento dunha súa novela? Como se elixe un tema? E unha técnica narrativa a empregar nesa futura novela? 8. A súa narrativa vai un pouco da man do cinema. Cal pode ser a circunstancia de que unha novela sexa apta para levar á grande pantalla? Cando Vostede agora está a escribir pásalle pola cabeza esa posíbel probabilidade de que se vexa en cine? Non se sabe. Cando escribo vexo moitas veces en imaxes o que conto, mais iso non significa que pense nun filme. Con algunha excepción, os casos en que se levaron obras miñas ao cinema foi escolla dos directores. 9. Temos entendido que orixinariamente “Todo é silencio” foi un guión cinematográfico e que a novela veu despois. Como xurdiu neste caso a idea de confeccionar unha novela con aquela base? O proceso foi máis complexo. Cando me falaron de facer un guión e eu estaba a traballar nunha novela, que é a primeira parte de “Todo é silencio”. Ao primeiro dixen que non, pero a idea do guión andaba bulindo na cabeza como un desafío. Fixen un “primeiro” guión, un borrador, que non me satisfixo. E decidín acabar a novela para poder facer o guión definitivo. Aí xa me sentín máis a gusto. Manuel Rivas martes 14 de mayo de 2013
  • 5. Domingo Villar 10. É “As voces baixas” unha débeda co seu pasado, con aquelas “circunstancias” ás que aludiamos ao comezo, a súa memoria histórica? Que nos podería comentar do tan traído tema da Memoria histórica? É unha mestura de memoria íntima, persoal, e o que podemos chamar memoria colectiva. Todo é memoria histórica. Mesmo os silencios e os esquecementos forman parte da memoria. O lembrar a historia do teu país non é unha obsesión co pasado, senón un xeito de curar as sombras e poder enfrontar o futuro coa ollada limpa. 11. Que supuxo para Vostede, aquel neno nacido en Montealto, ser investido “Doctor Honoris Causa” pola Universidade da cidade de nacemento? 12. Como membro da RAG, que nos podería comentar da situación que vemos está a pasar esta insigne institución do noso país? Que tería que ocorrer para que fose valorada na súa xusta medida polo que representou e representa para Galiza? Por unha banda, un agasallo no que nunca pensara. Por outra, un compromiso, unha obriga para facelo mellor. A Academia Galega creouse dende abaixo, dende a base intelectual e comprometida do seu tempo, mesmo co apoio de sectores da emigración en América. O seu obxectivo principal, o ilustrar, promover e defender a lingua galega, segue en pleno vigor. Esa é a única cuestión pola que debería ser noticia a Academia Galega. O que hai que facer é traballar unidos nese rumbo. Manuel Rivas martes 14 de mayo de 2013
  • 6. 14. E para rematarmos, que lle pasa pola cabeza cando ve escrito ou oe que é Vostede “A voz máis sobresaliente da literatura contemporánea mundial”? Domingo Villar A min o que preocupa é o que estou a escribir. Cada obra é recomezar. Estás espido, só... Como a primeira vez. 13. A súa obra posibelmente sexa das máis traducidas a outros idiomas. Que supón este feito para a nosa literatura? Habería que potenciar desde as institucións este feito para universalizala de vez? Como fan as administracións dos países máis adiantados e respectuosos co patrimonio e a creación cultural, o que tiñan que facer as institucións é potenciar Galicia como un hábitat cultural, en vez de malgastar os recursos. Por exemplo, dar máis axudas á tradución. Pero o mellor xeito de que Galicia teña máis proxección no mundo é que se desenvolva no seu interior: máis bibliotecas por toda a xeografía, máis programas culturais, apoio a editoriais, máis becas para a xente moza.... Se fixeramos de Galicia un país modélico, xa non faría falta propaganda: Xa nos coñecerían por todo o mundo adiante! Manuel Rivas Grazas pola vosa paciencia. martes 14 de mayo de 2013