SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 10
Descargar para leer sin conexión
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade

Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel naceu en Campo (Arzúa) no ano 1952.
Licenciado en Psicoloxía, comezou a súa andaina literaria
especialmente no Certame Modesto R. Figueiredo de relatos. A súa
primeira novela coa que gañou o Premio de Novela Blanco-Amor foi
Turbo (1986). Outras novelas súas son Sabor a ti (1991), Selva
Negra (1993), Nunca te vin chorar (2010)...

Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
martes 10 de diciembre de 2013
Miguel Suárez Abel
1.

Vostede, nado na aldea, confesa indentificarse un tanto co Balbino de Memorias dun neno labrego, mais tamén di que só
lembra da aldea “a fala”. Como pode Vostede xustificar o esquecemento daquelas primeiras vivencias dun cativo aldeán que
tanto marcan, igual que marcaron ao Balbino?

Non, non. Moito máis que a fala, seguro que non me expliquei ben en algún lugar. Eu lembro da aldea os ulidos, o zunidos do vento
nas carballeiras, os labores do campo, as tradicións... Fun tan precoz que andei coidando nunha vaca –A Morena- que meus pais
tiñan antes de que marcharan para A Coruña, e cando se foron no pasaba eu dos cinco anos. Ese tempo de infancia –cos regresos
posteriores, a miúdo cada verán ou pequenas vacacións- convértenme nun perfecto coñecedor da pobreza, inxustiza, tristeza e
miseria que se vivía nos anos cincuenta e sesenta do século pasado no campo galego, claro que, tal e como está agora, abandonado,
só habitado por vellos e ardendo coma se fose o mesmo inferno, tampouco resulta atractivo para ninguén que desexe emprender
algo.
2.

Como foi para aquel neno nacido na aldea o cambio repentino a unha cidade como A Coruña? Que supuxo a súa pasaxe por un
Seminario onde tivo os seus primeiros contactos serios coa literatura?

A chegada á Coruña foi sobre todo a descuberta do mar. Acórdame coma se fose agora mesmo o primeiro día que meu pai me levou
da man a Riazor. Aquela inmensa tona de auga, que eu só sabía medir por ferrados e agras, pareceume tan infinita e misteriosa, que
aínda é hoxe o día no que diante do mar non me queda outra máis que admitir a nosa pequenez, o misteriosa que é a vida, a
largueza e fondura de todo canto nos rodea.
O seminario foi unha experiencia de dobre fío. Por un lado, visto desde a distancia, paréceme que pasei algún tempo deprimido.
Aínda non cumprira once anos cando entrei a facer o ingreso e deixar a meus pais, entrar nun mundo tan ríxido e entre tanto neno
curtido e moito máis resistente ca min, fíxome pecharme, perder confianza e pasar períodos de certa apatía e tristeza. Pero co
paso do tempo, ao abrirse máis o estilo pedagóxico, entrei en contacto con amigos que me introduciron no gusto pola lectura, pola
defensa do orgullo da lingua e con ideas de transformación do mundo. Non podo deixar de agradecer hábitos de vida e maneiras de
usar a razón que son debidas a esa experiencia. Polo demais, xa se sabe, os internados, máis se contan detrás cun martelo
incansable de ideas sobre a culpa e o deber, pesan na túa maneira de actuar ao longo da vida, por máis que fagas por te ir
liberando.

martes 10 de diciembre de 2013
Miguel Suárez Abel
3.

Como lembra aqueles convulsos anos da finais da ditadura nos que Vostede chegou á cidade para estudar a súa carreira? Puido
Vostede tamén ser alleo a aquelas vivencias? Por que tanta importancia ser o primeiro licenciado no organigrama das familias
dos seus devanceiros?
Imposible nos inicios dos 70 en Santiago pasar sen cantar cancións de Voces Ceibes, escoitar a Beiras, asistir a algunha reunión
clandestina, moverte entre grupos de cristiáns progresistas ou correr con medo diante dos grises. Nunca fun dos comprometidos nin
activistas á vista, pero ás caladas e sempre moi observador, participei e aprendín daqueles anos de claro obxectivo: rematar coa
ditadura, por iso nos emocionaba tanto cantar a toda voz “O Can de Palleiro” de Bibiano. Tamén, claro, conseguín manter unha
entrevista na mesa camiña de Ramón Piñeiro, admiraba aos autores de Galaxia e, como non, naquel momento tampouco era raro que
se nos dera por ler moita literatura latinoamericana.
Ser o primeiro licenciado da familia non deixa de ser un mero dato indicativo de que para algúns non era doado chegar á universidade
naqueles tempos.

4.

Comezou Vostede pola narrativa curta. Cando se decatou de que era quen de se mergullar na narrativa longa? Supuxo isto un
cambio forte na maneira de escribir ou simplemente supuxo pararse máis en detalles coma o espazo, os personaxes...

A miña vea de contador vén sobre todo por vía oral. Tanto por parte de pai coma de nai, máis de nai –os Abel son, ademais de moi
traballadores, cantores e contadores-, aprendín á beira da lareira e nas longas sobremesas das festas da aldea a escoitar narracións
interminables, belísimas, entretidas, misteriosas, pícaras. Logo iso transformouse cando na adolescencia descubrín os libros. Por iso
en primeiro parecíame que con contar unha historia curta me sentía ben, pleno, pero axiña notei que podía ter forza para máis, para
estruturar e completar unha historia máis longa e redonda, onde os personaxes dixeran moito máis de si e conseguiran manter en pé
unha ficción.
5.

Que supuxo o gran xenio da narración curta, don Álvaro Cunqueiro, para Vostede? Supón para un escritor que coñeza ao autor
mindoniense un reto ou un respecto mergullarse nese tipo de literatura?

Sorpresa, emoción, riso, gratitude... Cunqueiro foi dos primeiros que me namorou para a lectura. Aquelas narracións orais que eu
escoitaba atento e sen perder palabra nas casas familiares rurais atopeinas elevadas á categoría de estilo delicado, ironía,
intelixencia e sutileza plenas. Con el comprendín que non chega con contar anécdotas, con ter memoria, que fai falla algo máis para
escribir: lograr un ton, un ritmo e un estilo propios que só coa constancia, pero tamén participando dun certo don, son posibles. A
musicalidade e a ironía, o tempero, a sobriedade e os mundos abertos que excitan a nosa imaxinación e intelixencia por gracia da
obra de Cunqueiro son impagables. Creo que segue sendo un autor non suficientemente valorado, non só en Galicia senón no mundo
enteiro.

martes 10 de diciembre de 2013
Miguel Suárez Abel
6.

Confesou Vostede que o feito de escribir é coma unha relación amorosa (emisor-receptor) que pode supoñer desalento ao
escritor de non ser correspondido nese amor. Cantas veces sentiu Vostede esa sensación de despeito por non ser correspondido?
Supuxo algún atranco para Vostede?
Hai amores que aínda non correspondidos –ou se cadra máis por non selo-, tiran dun coa forza dunha obsesión. Coa escritura pasa
algo igual, polo menos no meu caso. Non digo que a utilice como terapia, pero si que me equilibra e conforta. Se atopo ao outro
lado alguén que se emociona ou ri co que conto, mel nas filloas; se non é así, inténtoo de novo. Só de algo me arrepinto nesta
relación coa escritura: non ser máis metódico. Coma toda actividade, non abonda con ter ideas na cabeza, nin tomar notas, nin
andar sempre escribindo “de memoria”. Hai que se sentar en plan oficinista, organizarse e trazarse un plan de traballo case
obsesivo. Estou seguro de que se aplicase máis este método, podería ter contado máis e mellores historias.

7.

Que supuxo a obra de Turbo para Vostede e para a súa obra literaria futura?
Unha enorme satisfacción: a de saber que era posible, que podía, que non era un soño
escribir unha novela e que se puidese publicar e ter algúns lectores. Pero ao tempo, un
reto para o que non estaba de todo maduro. Atemorizoume e sentín o peso de non ser
capaz de manter as expectativas. Recoñezo que é unha obra inmatura, primeira, pero
amosa elementos interesantes que talvez pola falta de método da que falaba na pregunta
anterior, non lle souben sacar todo o zume necesario ao mínimo éxito que supuxo a súa
publicación..

8.

Coida Vostede que este mundo apenas mudou dado que a temática de Turbo case
poderiamos dicir que é un tanto actual e ou é que xa Vostede dexergaba tempos
futuros?
Cambiou. O mundo aquel da Arousa cambiou moito. Non sei se para mellor, pero non todo
é tan evidente e groseiro como naqueles anos. Tanto o tráfico como o consumo de drogas
deu un xiro. O que permanecen, penso, son os conflitos e frustracións dos personaxes.
Fonte: 100asparavoar

martes 10 de diciembre de 2013
Miguel Suárez Abel
9.

Até que punto o axudou no tratamento profundo dos seus personaxes os seus estudos de psicoloxía? Estamos a nos referir
especialmente á profundidade amosada nos seus personaxes da obra Nunca te vin chorar. Até que punto se sente Vostede
identificado con algún dos seus personaxes literarios?
Non é por repetir a Flaubert, pero tódolos personaxes son eu. Sen dúbida. En todos hai algo de min. Mesturado, destilado,
inconsciente. Ningún son eu, por suposto. A moitos aborrézoos, pero aínda así seguen a ter algo de min que nin tan sequera
podería explicar.
A miña formación psicolóxica é lóxico que algo me condicione. Pero sobre todo o que máis me pesa é a capacidade de observación.
Sempre fun un gran observador, curioso e ata imitador das outras voces. Esa capacidade de penetrar no outro é talvez unha
vantaxe á hora de captar mellor a psicoloxía dos personaxes que intento crear Porque en definitivo, diso de trata: de dar voces
dentro dunha propia voz. Eu son dos que penso que para escribir hai que contar con bo oído.

10.

Necesita esta nosa Galiza de persoas coma o Wilson Valderrama para ser coñecida e respectada fóra?
Cada paso estou máis convencido de que para sermos respectados necesitamos sobre todo un cambio profundo na educación. Unha
educación máis crítica, autónoma, aberta, esixente. Este país cambiará de verdade cando os seus cidadáns alcancen unha grande
comprensión lectora e valoren a ciencia máis que o balbordo dos falabarato e os trapalleiros de mensaxes ananas, raquíticas. Non
creo que sexa tanto necesidade de personaxes heroicos senón de opcións claras por formar a persoas dunha peza, amantes de
valores que hoxe están completamente desprestixiados e incluso parece bobos aplicalos.

11.

Que pensou Vostede cando viu na prensa escrito que a súa obra Nunca te vin chorar acadou o “grao de excelencia” dentro
da nosa literatura actual? É ese o amor correspondido que Vostede agarda do lector?

Marcel Reich-Ranicki, o crítico literario de máis sona en Alemaña, que morreu hai pouco, dicía que a maioría dos escritores non
entende de literatura máis do que as aves saben de ornitoloxía. Aínda correndo o risco de caer nesta trampa, na de ter a visión
enturbada porque eu sabía o que quería facer pero non o que conseguín, estou moi satisfeito de Nunca te vin chorar. Por
descontado non tivo éxito de vendas nin excesivas críticas, está claro que son autor discreto, pero de todo canto teño escrito é o
que me parece que está máis logrado. Tanto pola dificultade da estrutura coma polo ritmo e ton que lle imprimín á propia
historia.

martes 10 de diciembre de 2013
Miguel Suárez Abel
12.

Para cando outros xéneros literarios coma o teatro ou a lírica?

Pois non o sei. Estou contestando a estas preguntas coa ledicia de saber que uns alumnos e o seu profesor se interesan por min e a
miña obra, pero ao tempo acabo de recibir unha dura noticia sobre a miña saúde. Intentarei loitar con forza para recuperarme e a
miña intención é atacar unha historia que non me gustaría que quedase por escribir. Pero non se sabe, tal vez os efectos da
quimioterapia me leven polos campos da lírica.

Retrato de Miguel Suárez Abel realizado por:
André Díaz Cerviño, alumno do MGB

martes 10 de diciembre de 2013

Un auténtico pracer responder a estas preguntas.
Non é por ser untuoso, pero moitos xornalistas
poderían aprender de entrevistas coma esta.
Unha aperta para todos. E a ler. É dos maiores
praceres que temos nesta vida.
IO
R
A

N
IO
T
ES
U

C

martes 10 de diciembre de 2013
Un personaxe galego e
un estranxeiro?

ra
a ob
h
e un ?
-a
tor/ alegos
u
ica,
ha a aria g
Un/ liter
. Lír
do

Castelao. Mandela

o. To gos...
ueir arti
unq tos,
C
con

Un p
erson
axe l
itera
se id
rio c
entif
ique o que
Ju
?

lien
Sore
aspe
l, en
ctos.
certo
Rojo
y Ne s
Sten
dhal gro .

Unha obra teatral?

Paréceme que segue
sen haber nada mellor
que Shakespeare.
martes 10 de diciembre de 2013

Unha película de cine?

La palabra.
Dreyer.

bra
o
ha
n
e u iros?
r/-a anxe
o
er.
aut estr
ha ria
ing son
/
Un itera
is S ud
l
hev l H

s
Ba obre e
aac as s
Is br
om
S
nto
e
um l?
on be
n
m tá
ro e rodea,
Un lien bradoi e a to.
O
sa
qu
vis

o
a d todo o e teño
z
Pra con s qu
A
,
a
ago is bel
ti
n
?
Sa as má
d
opía
é
ut

s
dán
da
nha
os ci ira tan
U
ue
a: q e mane
el
to
sinx itir d ecemen ses
en
ha b on perm enriqu a de cla
n
o
ci
.
e cu ara n
om r p
ébil, distan onzosa
rm
od
onfó an pode buso d e unha a e verg
C
a
a
ir
ic
dqu arada o minorí nográf
a
desc dunha áis por
m
ro
osei da paso
gr ca
a

Cal é a súa fonte de inspiración
A observación, a memoria (a memoria
fermentada, que diría Lobo Antunes), o que me
falta, o que me irrita, todo canto me emociona,
pois intento trasladarllo ao lector para que tamén
el participe de idéntica ou similar emoción.

Outro entretemento ademais da lectura?
Agora non estou para deportes, pero gustábame o
fútbol, fallábame o físico, mais dábaseme ben o
desmarque e o regate. Algo teño xogado ao tenis.
Vou nadar. Escoito moita música. E gústame moito,
moito, viaxar. Perderme nas cidades é un enorme
pracer para min.

martes 10 de diciembre de 2013

Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?

As dúas cousas. Non
desprezo a ningunha.
Un tipo

Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?

de músi
ca? Unh
a
canción
?
Imposibl
e unha.
Teño tan
bo dente
para a m
úsica qu
vou de B
e
ach a Ca
marón e
de Wagn
er a un b
olero con
enorme f
acilidad
e.

Teño moitos desexos de coñecer Chile e Arxentina.
Nunca estiven.
O descanso está máis dentro dun e na compañía que no
lugar, pero os paseos á beira do mar ou baixo castaños ou
carballos, sempre me serenan.

po
ceio

rr

e
nos
a
leva non a
e
a qu entres
el
nov ero m
a
e.
ir es eza, p
ib
xist
e
Escr na cab
non
a,
os
crib
es
an
an
Un

Un feito histórico?

r?
liza
ea

A Declaración dos
Dereitos Humanos
Un l
u

gar a

Un/ha autor/-a con quen se
identifique?

Envexo a moitos. Dá xenio lel
os e gustaríame facer algo
similar.
En canto a identificarme, po
r dicir alguén case da miñ
a idade e
actual, gústame o que coñe
zo do modo de vida de Anton
io
Muñoz Molina.

martes 10 de diciembre de 2013

xeita
lectu do para
ra?
a

Calq
uer
case a. Meno
sc
to
prest das part ando co
es
nd
a
prefe é no sile . Pero on uzo, leo
n
d
rida
e
un d cio da m e máis m n
iñ
ía de
e
choiv a butac
quen
tiño. a e frío a
ao

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegotudense
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Antón Riveiro Coello
Antón Riveiro CoelloAntón Riveiro Coello
Antón Riveiro CoelloAsnosasletras
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiroAsnosasletras
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaAsnosasletras
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 

La actualidad más candente (19)

María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galego
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Antón Riveiro Coello
Antón Riveiro CoelloAntón Riveiro Coello
Antón Riveiro Coello
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
PIPO AÍNDA SEGUE AÍ
PIPO AÍNDA SEGUE AÍPIPO AÍNDA SEGUE AÍ
PIPO AÍNDA SEGUE AÍ
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 

Destacado (14)

Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso MonteroXesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Carlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevistaCarlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevista
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Francisco Pillado
Francisco PilladoFrancisco Pillado
Francisco Pillado
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Fernán vello
Fernán velloFernán vello
Fernán vello
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 

Similar a Miguel Suárez Abel

Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideAsnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxAtalaParedes1
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 

Similar a Miguel Suárez Abel (20)

Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moasEntrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Entrevista a María Solar
Entrevista  a María SolarEntrevista  a María Solar
Entrevista a María Solar
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 

Más de Asnosasletras

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 

Más de Asnosasletras (20)

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 

Último

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 

Último (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 

Miguel Suárez Abel

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Miguel Suárez Abel Miguel Suárez Abel naceu en Campo (Arzúa) no ano 1952. Licenciado en Psicoloxía, comezou a súa andaina literaria especialmente no Certame Modesto R. Figueiredo de relatos. A súa primeira novela coa que gañou o Premio de Novela Blanco-Amor foi Turbo (1986). Outras novelas súas son Sabor a ti (1991), Selva Negra (1993), Nunca te vin chorar (2010)... Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 10 de diciembre de 2013
  • 2. Miguel Suárez Abel 1. Vostede, nado na aldea, confesa indentificarse un tanto co Balbino de Memorias dun neno labrego, mais tamén di que só lembra da aldea “a fala”. Como pode Vostede xustificar o esquecemento daquelas primeiras vivencias dun cativo aldeán que tanto marcan, igual que marcaron ao Balbino? Non, non. Moito máis que a fala, seguro que non me expliquei ben en algún lugar. Eu lembro da aldea os ulidos, o zunidos do vento nas carballeiras, os labores do campo, as tradicións... Fun tan precoz que andei coidando nunha vaca –A Morena- que meus pais tiñan antes de que marcharan para A Coruña, e cando se foron no pasaba eu dos cinco anos. Ese tempo de infancia –cos regresos posteriores, a miúdo cada verán ou pequenas vacacións- convértenme nun perfecto coñecedor da pobreza, inxustiza, tristeza e miseria que se vivía nos anos cincuenta e sesenta do século pasado no campo galego, claro que, tal e como está agora, abandonado, só habitado por vellos e ardendo coma se fose o mesmo inferno, tampouco resulta atractivo para ninguén que desexe emprender algo. 2. Como foi para aquel neno nacido na aldea o cambio repentino a unha cidade como A Coruña? Que supuxo a súa pasaxe por un Seminario onde tivo os seus primeiros contactos serios coa literatura? A chegada á Coruña foi sobre todo a descuberta do mar. Acórdame coma se fose agora mesmo o primeiro día que meu pai me levou da man a Riazor. Aquela inmensa tona de auga, que eu só sabía medir por ferrados e agras, pareceume tan infinita e misteriosa, que aínda é hoxe o día no que diante do mar non me queda outra máis que admitir a nosa pequenez, o misteriosa que é a vida, a largueza e fondura de todo canto nos rodea. O seminario foi unha experiencia de dobre fío. Por un lado, visto desde a distancia, paréceme que pasei algún tempo deprimido. Aínda non cumprira once anos cando entrei a facer o ingreso e deixar a meus pais, entrar nun mundo tan ríxido e entre tanto neno curtido e moito máis resistente ca min, fíxome pecharme, perder confianza e pasar períodos de certa apatía e tristeza. Pero co paso do tempo, ao abrirse máis o estilo pedagóxico, entrei en contacto con amigos que me introduciron no gusto pola lectura, pola defensa do orgullo da lingua e con ideas de transformación do mundo. Non podo deixar de agradecer hábitos de vida e maneiras de usar a razón que son debidas a esa experiencia. Polo demais, xa se sabe, os internados, máis se contan detrás cun martelo incansable de ideas sobre a culpa e o deber, pesan na túa maneira de actuar ao longo da vida, por máis que fagas por te ir liberando. martes 10 de diciembre de 2013
  • 3. Miguel Suárez Abel 3. Como lembra aqueles convulsos anos da finais da ditadura nos que Vostede chegou á cidade para estudar a súa carreira? Puido Vostede tamén ser alleo a aquelas vivencias? Por que tanta importancia ser o primeiro licenciado no organigrama das familias dos seus devanceiros? Imposible nos inicios dos 70 en Santiago pasar sen cantar cancións de Voces Ceibes, escoitar a Beiras, asistir a algunha reunión clandestina, moverte entre grupos de cristiáns progresistas ou correr con medo diante dos grises. Nunca fun dos comprometidos nin activistas á vista, pero ás caladas e sempre moi observador, participei e aprendín daqueles anos de claro obxectivo: rematar coa ditadura, por iso nos emocionaba tanto cantar a toda voz “O Can de Palleiro” de Bibiano. Tamén, claro, conseguín manter unha entrevista na mesa camiña de Ramón Piñeiro, admiraba aos autores de Galaxia e, como non, naquel momento tampouco era raro que se nos dera por ler moita literatura latinoamericana. Ser o primeiro licenciado da familia non deixa de ser un mero dato indicativo de que para algúns non era doado chegar á universidade naqueles tempos. 4. Comezou Vostede pola narrativa curta. Cando se decatou de que era quen de se mergullar na narrativa longa? Supuxo isto un cambio forte na maneira de escribir ou simplemente supuxo pararse máis en detalles coma o espazo, os personaxes... A miña vea de contador vén sobre todo por vía oral. Tanto por parte de pai coma de nai, máis de nai –os Abel son, ademais de moi traballadores, cantores e contadores-, aprendín á beira da lareira e nas longas sobremesas das festas da aldea a escoitar narracións interminables, belísimas, entretidas, misteriosas, pícaras. Logo iso transformouse cando na adolescencia descubrín os libros. Por iso en primeiro parecíame que con contar unha historia curta me sentía ben, pleno, pero axiña notei que podía ter forza para máis, para estruturar e completar unha historia máis longa e redonda, onde os personaxes dixeran moito máis de si e conseguiran manter en pé unha ficción. 5. Que supuxo o gran xenio da narración curta, don Álvaro Cunqueiro, para Vostede? Supón para un escritor que coñeza ao autor mindoniense un reto ou un respecto mergullarse nese tipo de literatura? Sorpresa, emoción, riso, gratitude... Cunqueiro foi dos primeiros que me namorou para a lectura. Aquelas narracións orais que eu escoitaba atento e sen perder palabra nas casas familiares rurais atopeinas elevadas á categoría de estilo delicado, ironía, intelixencia e sutileza plenas. Con el comprendín que non chega con contar anécdotas, con ter memoria, que fai falla algo máis para escribir: lograr un ton, un ritmo e un estilo propios que só coa constancia, pero tamén participando dun certo don, son posibles. A musicalidade e a ironía, o tempero, a sobriedade e os mundos abertos que excitan a nosa imaxinación e intelixencia por gracia da obra de Cunqueiro son impagables. Creo que segue sendo un autor non suficientemente valorado, non só en Galicia senón no mundo enteiro. martes 10 de diciembre de 2013
  • 4. Miguel Suárez Abel 6. Confesou Vostede que o feito de escribir é coma unha relación amorosa (emisor-receptor) que pode supoñer desalento ao escritor de non ser correspondido nese amor. Cantas veces sentiu Vostede esa sensación de despeito por non ser correspondido? Supuxo algún atranco para Vostede? Hai amores que aínda non correspondidos –ou se cadra máis por non selo-, tiran dun coa forza dunha obsesión. Coa escritura pasa algo igual, polo menos no meu caso. Non digo que a utilice como terapia, pero si que me equilibra e conforta. Se atopo ao outro lado alguén que se emociona ou ri co que conto, mel nas filloas; se non é así, inténtoo de novo. Só de algo me arrepinto nesta relación coa escritura: non ser máis metódico. Coma toda actividade, non abonda con ter ideas na cabeza, nin tomar notas, nin andar sempre escribindo “de memoria”. Hai que se sentar en plan oficinista, organizarse e trazarse un plan de traballo case obsesivo. Estou seguro de que se aplicase máis este método, podería ter contado máis e mellores historias. 7. Que supuxo a obra de Turbo para Vostede e para a súa obra literaria futura? Unha enorme satisfacción: a de saber que era posible, que podía, que non era un soño escribir unha novela e que se puidese publicar e ter algúns lectores. Pero ao tempo, un reto para o que non estaba de todo maduro. Atemorizoume e sentín o peso de non ser capaz de manter as expectativas. Recoñezo que é unha obra inmatura, primeira, pero amosa elementos interesantes que talvez pola falta de método da que falaba na pregunta anterior, non lle souben sacar todo o zume necesario ao mínimo éxito que supuxo a súa publicación.. 8. Coida Vostede que este mundo apenas mudou dado que a temática de Turbo case poderiamos dicir que é un tanto actual e ou é que xa Vostede dexergaba tempos futuros? Cambiou. O mundo aquel da Arousa cambiou moito. Non sei se para mellor, pero non todo é tan evidente e groseiro como naqueles anos. Tanto o tráfico como o consumo de drogas deu un xiro. O que permanecen, penso, son os conflitos e frustracións dos personaxes. Fonte: 100asparavoar martes 10 de diciembre de 2013
  • 5. Miguel Suárez Abel 9. Até que punto o axudou no tratamento profundo dos seus personaxes os seus estudos de psicoloxía? Estamos a nos referir especialmente á profundidade amosada nos seus personaxes da obra Nunca te vin chorar. Até que punto se sente Vostede identificado con algún dos seus personaxes literarios? Non é por repetir a Flaubert, pero tódolos personaxes son eu. Sen dúbida. En todos hai algo de min. Mesturado, destilado, inconsciente. Ningún son eu, por suposto. A moitos aborrézoos, pero aínda así seguen a ter algo de min que nin tan sequera podería explicar. A miña formación psicolóxica é lóxico que algo me condicione. Pero sobre todo o que máis me pesa é a capacidade de observación. Sempre fun un gran observador, curioso e ata imitador das outras voces. Esa capacidade de penetrar no outro é talvez unha vantaxe á hora de captar mellor a psicoloxía dos personaxes que intento crear Porque en definitivo, diso de trata: de dar voces dentro dunha propia voz. Eu son dos que penso que para escribir hai que contar con bo oído. 10. Necesita esta nosa Galiza de persoas coma o Wilson Valderrama para ser coñecida e respectada fóra? Cada paso estou máis convencido de que para sermos respectados necesitamos sobre todo un cambio profundo na educación. Unha educación máis crítica, autónoma, aberta, esixente. Este país cambiará de verdade cando os seus cidadáns alcancen unha grande comprensión lectora e valoren a ciencia máis que o balbordo dos falabarato e os trapalleiros de mensaxes ananas, raquíticas. Non creo que sexa tanto necesidade de personaxes heroicos senón de opcións claras por formar a persoas dunha peza, amantes de valores que hoxe están completamente desprestixiados e incluso parece bobos aplicalos. 11. Que pensou Vostede cando viu na prensa escrito que a súa obra Nunca te vin chorar acadou o “grao de excelencia” dentro da nosa literatura actual? É ese o amor correspondido que Vostede agarda do lector? Marcel Reich-Ranicki, o crítico literario de máis sona en Alemaña, que morreu hai pouco, dicía que a maioría dos escritores non entende de literatura máis do que as aves saben de ornitoloxía. Aínda correndo o risco de caer nesta trampa, na de ter a visión enturbada porque eu sabía o que quería facer pero non o que conseguín, estou moi satisfeito de Nunca te vin chorar. Por descontado non tivo éxito de vendas nin excesivas críticas, está claro que son autor discreto, pero de todo canto teño escrito é o que me parece que está máis logrado. Tanto pola dificultade da estrutura coma polo ritmo e ton que lle imprimín á propia historia. martes 10 de diciembre de 2013
  • 6. Miguel Suárez Abel 12. Para cando outros xéneros literarios coma o teatro ou a lírica? Pois non o sei. Estou contestando a estas preguntas coa ledicia de saber que uns alumnos e o seu profesor se interesan por min e a miña obra, pero ao tempo acabo de recibir unha dura noticia sobre a miña saúde. Intentarei loitar con forza para recuperarme e a miña intención é atacar unha historia que non me gustaría que quedase por escribir. Pero non se sabe, tal vez os efectos da quimioterapia me leven polos campos da lírica. Retrato de Miguel Suárez Abel realizado por: André Díaz Cerviño, alumno do MGB martes 10 de diciembre de 2013 Un auténtico pracer responder a estas preguntas. Non é por ser untuoso, pero moitos xornalistas poderían aprender de entrevistas coma esta. Unha aperta para todos. E a ler. É dos maiores praceres que temos nesta vida.
  • 8. Un personaxe galego e un estranxeiro? ra a ob h e un ? -a tor/ alegos u ica, ha a aria g Un/ liter . Lír do Castelao. Mandela o. To gos... ueir arti unq tos, C con Un p erson axe l itera se id rio c entif ique o que Ju ? lien Sore aspe l, en ctos. certo Rojo y Ne s Sten dhal gro . Unha obra teatral? Paréceme que segue sen haber nada mellor que Shakespeare. martes 10 de diciembre de 2013 Unha película de cine? La palabra. Dreyer. bra o ha n e u iros? r/-a anxe o er. aut estr ha ria ing son / Un itera is S ud l hev l H s Ba obre e aac as s Is br om S
  • 9. nto e um l? on be n m tá ro e rodea, Un lien bradoi e a to. O sa qu vis o a d todo o e teño z Pra con s qu A , a ago is bel ti n ? Sa as má d opía é ut s dán da nha os ci ira tan U ue a: q e mane el to sinx itir d ecemen ses en ha b on perm enriqu a de cla n o ci . e cu ara n om r p ébil, distan onzosa rm od onfó an pode buso d e unha a e verg C a a ir ic dqu arada o minorí nográf a desc dunha áis por m ro osei da paso gr ca a Cal é a súa fonte de inspiración A observación, a memoria (a memoria fermentada, que diría Lobo Antunes), o que me falta, o que me irrita, todo canto me emociona, pois intento trasladarllo ao lector para que tamén el participe de idéntica ou similar emoción. Outro entretemento ademais da lectura? Agora non estou para deportes, pero gustábame o fútbol, fallábame o físico, mais dábaseme ben o desmarque e o regate. Algo teño xogado ao tenis. Vou nadar. Escoito moita música. E gústame moito, moito, viaxar. Perderme nas cidades é un enorme pracer para min. martes 10 de diciembre de 2013 Mundo rural/urbano? Praia/montaña? As dúas cousas. Non desprezo a ningunha.
  • 10. Un tipo Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? de músi ca? Unh a canción ? Imposibl e unha. Teño tan bo dente para a m úsica qu vou de B e ach a Ca marón e de Wagn er a un b olero con enorme f acilidad e. Teño moitos desexos de coñecer Chile e Arxentina. Nunca estiven. O descanso está máis dentro dun e na compañía que no lugar, pero os paseos á beira do mar ou baixo castaños ou carballos, sempre me serenan. po ceio rr e nos a leva non a e a qu entres el nov ero m a e. ir es eza, p ib xist e Escr na cab non a, os crib es an an Un Un feito histórico? r? liza ea A Declaración dos Dereitos Humanos Un l u gar a Un/ha autor/-a con quen se identifique? Envexo a moitos. Dá xenio lel os e gustaríame facer algo similar. En canto a identificarme, po r dicir alguén case da miñ a idade e actual, gústame o que coñe zo do modo de vida de Anton io Muñoz Molina. martes 10 de diciembre de 2013 xeita lectu do para ra? a Calq uer case a. Meno sc to prest das part ando co es nd a prefe é no sile . Pero on uzo, leo n d rida e un d cio da m e máis m n iñ ía de e choiv a butac quen tiño. a e frío a ao