SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 4
Descargar para leer sin conexión
CURSO DE FORMACIÓN PARA O PROFESORADO:
ARTES ESCÉNICAS E DANZA. INTRODUCIÓN A
PRÁCTICAS, FERRAMENTAS E RECURSOS
APLICADOS AO ENSINO
Sábados de xaneiro a maio
de 10h a 14h
27 de xaneiro, 3 de febreiro, 3 de marzo,
28 de abril e 26 de maio
Escola de danza Alfaia, Santiago de Compostela
CONTIDOS
“Artes escénicas e danza. Introdución a prácticas, ferramentas e
recursos aplicados ao ensino”
A nova lei educativa crea a materia específica para 4ºESO de Artes Escénicas e Danza,
o que supón, por primeira vez na historia da educación en España, a posibilidade de
integrar as Artes Escénicas e a Danza no ensino obrigatorio en todos os centros
educativos galegos. Esta materia parte de que o alumnado debe comprender e
interpretar partindo das distintas linguaxes escénicas, así como aproximarse á historia
do teatro e da danza, e é o profesorado de música o responsable desta materia. Este
obradoiro pretende ser unha ferramenta para axudar a programar e impartir Artes
Escénicas e Danza de forma que se constrúa unha materia participativa e activa que
contribúa á formación integral do alumnado. Por medio desta formación preténdese
dotar ao profesorado de coñecementos para comezar a desenvolver un obradoiro de
teatro, de expresión corporal e de danza, e tamén se proporán xogos de improvisación
teatral. Por último, engadirase unha reflexión sobre os contidos teóricos e a relación
dos mesmos cos criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe.
Contidos a distribuir nas distintas sesións:
• Organización das sesións de Artes Escénicas e Danza: Estrutura das
clases: actividades de inicio, desenvolvemento e peche.
• Achegamento ao currículo: de onde partimos, a onde imos e que
necesitamos.
• Exercicios de exploración corporal. O método Schinca de expresión
corporal, proposta de actividades para a clase.
• O movemento corporal, as calidades do movemento e a súa aplicación
práctica á clase de 4ºESO.
• Actividades de danza procedentes do método/achegamento Orff.
• Xogos de creación de personaxes
• Introdución ao clown
• Xogos de improvisación teatral: proposta de actividades de inicio e
desenvolvemento para o alumnado.
• O obradoiro de teatro: propostas de montaxes teatrais con exemplos
realizados noutros centros educativos.
• Proposta bibliográfica e de recursos educativos.
A QUEN VAI DIRIXIDO
Polo seu enfoque pedagóxico, este curso de formación, pola súa duración, está
máis orientado cara ao mundo da educación musical en secundaria e a todos os
docentes interesados en impartir a materia de Artes Escénicas e Danza. Este é un
obradoiro de iniciación; preténdese facilitar ferramentas ao profesorado dando
unha visión globalizada da materia, de maneira que posteriormente o docente
vexa cales son as súas carencias e poida formarse dun xeito específico, primando
unhas áreas sobre outras.
• Profesorado de Música de Educación Secundaria
• Profesorado de Música de Infantil e Primaria
• Profesorado de Linguaxe Musical de Conservatorios
• Formadores de Educadores de Música
• Profesionais ou afeccionados das artes escénicas e a danza
• Profesores de Educación Física, Lingua Castelá e Literatura, Lingua e
Literatura Galega.
• Calquera outra persoa amante das artes escénicas e da danza que queira
desfrutar explorando o seu corpo, o movemento e a expresión corporal.
SOBRE OS RELATORES
Pablo Reboleiro é paiaso, actor, director escénico, músico e bailarín; ademais de
licenciado en matemáticas e máster en educación secundaria, Pablo estudou a
licenciatura de circo en The Circus Space, Londres. É membro fundador da
compañía Pistacatro, Lusco e Fusco e participa en numerosas producións en todo
o mundo, destacando a súa participación con The Chipolatas desde o ano 2013.
Como docente ten impartido incontable formación en todo o mundo, traballando
con profesionais das artes escénicas pero tamén con nenos e nenas, adolescentes
e adultos amateur. É un dos máximos representantes do chamado “Novo circo
galego”.
Beatriz Alonso é profesora de música no IES Afonso X O Sabio de Cambre, onde
imparte a materia de Artes Escénicas e Danza, práctica da cal acaba de realizar a
publicación en Eduga “A materia de Artes Escénicas e Danza. O traballo co corpo
e as emocións”. Doutora en Musicoloxía, máster en Educación e TIC e licenciada
en Historia e Ciencias da música e Violonchelo. Entre a súa formación pedagóxica
en música e danza destaca a súa formación nos Institutos Dalcroze (Suiza), Orff
(Austria) e Kodály (Hungría); está a realizar un posgrao en expresión corporal
Método Schinca (URJ) cos docentes Marta Schinca, Helena Ferrari, Rafael Ruiz,
Ana Pérez e Paula Miguélez. Participa, xunto con outros compañeiros do seu
instituto, no proxecto “Afonso a escena” desde hai cinco anos, que busca a
potenciación das artes escénicas, música e danza no ensino secundario.
INSCRICIÓN E MATRÍCULA
Número de prazas: 25 por obradoiro
Cubriranse por rigorosa orde de inscrición (data e hora do xustificante de pago de matrícula)
Prezo da matrícula:
Curso completo Sábados soltos
Socios 70€ 15€
Non Socios 90€ 20€
Os matriculados en días soltos non poderán certificar o curso
Inscrición:
Realizar o pago no seguinte número de conta de Asomúsica:
ES55 3070 0038 6161 2242 6924
No concepto indicar: Nome e Apelidos + Obradoiro Artes Escénicas
Os días soltos poderán pagarse no mesmo obradoiro.
Enviar un mail á dirección: beatrizalonsoperezavila@gmail.com
Datos a adxuntar:
• Nome e apelidos, DNI, email de contacto,
• Xustificante de pago (de seren necesario)
• Funcionario ou interino da Consellería de Educación
(a efectos de homologación)
Sí Non
• Socio de Asomúsica
Sí Non
Esta actividade está homologada pola
Consellería de Cultura, Educación e O.U. (20 horas)

Más contenido relacionado

Similar a Obradoiro Artes Escénicas Santiago

Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museísticaredemuseisticalugo
 
Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19jubos
 
Crónica acto de clausura cooperación galega
Crónica acto de clausura cooperación galegaCrónica acto de clausura cooperación galega
Crónica acto de clausura cooperación galegasatelite1
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Aquis Fala
 
Actividades adultos febreiro xuño na Biblioteca Provincial da Corunha
Actividades adultos febreiro xuño na Biblioteca Provincial da CorunhaActividades adultos febreiro xuño na Biblioteca Provincial da Corunha
Actividades adultos febreiro xuño na Biblioteca Provincial da CorunhaBibliotecadicoruna
 

Similar a Obradoiro Artes Escénicas Santiago (11)

Orientacion 1 eso
Orientacion 1 eso Orientacion 1 eso
Orientacion 1 eso
 
Orientacion 1 eso
Orientacion 1 eso Orientacion 1 eso
Orientacion 1 eso
 
Orientacion 1 eso
Orientacion 1 eso Orientacion 1 eso
Orientacion 1 eso
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museística
 
Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19
 
Crónica acto de clausura cooperación galega
Crónica acto de clausura cooperación galegaCrónica acto de clausura cooperación galega
Crónica acto de clausura cooperación galega
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
 
Orientacion 1 eso
Orientacion 1 eso Orientacion 1 eso
Orientacion 1 eso
 
Admision
AdmisionAdmision
Admision
 
Actividades adultos febreiro xuño na Biblioteca Provincial da Corunha
Actividades adultos febreiro xuño na Biblioteca Provincial da CorunhaActividades adultos febreiro xuño na Biblioteca Provincial da Corunha
Actividades adultos febreiro xuño na Biblioteca Provincial da Corunha
 

Más de Beatrizalonsoperezavila

Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018
Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018
Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018Beatrizalonsoperezavila
 
Quality plan final. IES Afonso X O Sabio
Quality plan final. IES Afonso X O SabioQuality plan final. IES Afonso X O Sabio
Quality plan final. IES Afonso X O SabioBeatrizalonsoperezavila
 
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015Beatrizalonsoperezavila
 
Algúns materiais e ficha de avaliación
Algúns materiais e ficha de avaliaciónAlgúns materiais e ficha de avaliación
Algúns materiais e ficha de avaliaciónBeatrizalonsoperezavila
 

Más de Beatrizalonsoperezavila (20)

Visita pull and bear
Visita pull and bearVisita pull and bear
Visita pull and bear
 
Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018
Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018
Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018
 
Updated summary of quality plans
Updated summary of quality plansUpdated summary of quality plans
Updated summary of quality plans
 
Quality plan final. IES Afonso X O Sabio
Quality plan final. IES Afonso X O SabioQuality plan final. IES Afonso X O Sabio
Quality plan final. IES Afonso X O Sabio
 
Dissemination plan horizon
Dissemination plan horizonDissemination plan horizon
Dissemination plan horizon
 
Dissemination events register
Dissemination events registerDissemination events register
Dissemination events register
 
Project based learning
Project based learningProject based learning
Project based learning
 
Reunión páis viaxe � neve 2016
Reunión páis viaxe � neve 2016Reunión páis viaxe � neve 2016
Reunión páis viaxe � neve 2016
 
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015
 
Froita na escola
Froita na escolaFroita na escola
Froita na escola
 
Bandeira lgbt
Bandeira lgbtBandeira lgbt
Bandeira lgbt
 
Actividades quérote+
Actividades quérote+Actividades quérote+
Actividades quérote+
 
Curso mediación
Curso mediaciónCurso mediación
Curso mediación
 
Cross Escolar
Cross EscolarCross Escolar
Cross Escolar
 
Intercentros
IntercentrosIntercentros
Intercentros
 
Proxectapresentacion
ProxectapresentacionProxectapresentacion
Proxectapresentacion
 
English presentation
English presentationEnglish presentation
English presentation
 
Presentación Quérote+
Presentación Quérote+Presentación Quérote+
Presentación Quérote+
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 
Algúns materiais e ficha de avaliación
Algúns materiais e ficha de avaliaciónAlgúns materiais e ficha de avaliación
Algúns materiais e ficha de avaliación
 

Obradoiro Artes Escénicas Santiago

  • 1. CURSO DE FORMACIÓN PARA O PROFESORADO: ARTES ESCÉNICAS E DANZA. INTRODUCIÓN A PRÁCTICAS, FERRAMENTAS E RECURSOS APLICADOS AO ENSINO Sábados de xaneiro a maio de 10h a 14h 27 de xaneiro, 3 de febreiro, 3 de marzo, 28 de abril e 26 de maio Escola de danza Alfaia, Santiago de Compostela
  • 2. CONTIDOS “Artes escénicas e danza. Introdución a prácticas, ferramentas e recursos aplicados ao ensino” A nova lei educativa crea a materia específica para 4ºESO de Artes Escénicas e Danza, o que supón, por primeira vez na historia da educación en España, a posibilidade de integrar as Artes Escénicas e a Danza no ensino obrigatorio en todos os centros educativos galegos. Esta materia parte de que o alumnado debe comprender e interpretar partindo das distintas linguaxes escénicas, así como aproximarse á historia do teatro e da danza, e é o profesorado de música o responsable desta materia. Este obradoiro pretende ser unha ferramenta para axudar a programar e impartir Artes Escénicas e Danza de forma que se constrúa unha materia participativa e activa que contribúa á formación integral do alumnado. Por medio desta formación preténdese dotar ao profesorado de coñecementos para comezar a desenvolver un obradoiro de teatro, de expresión corporal e de danza, e tamén se proporán xogos de improvisación teatral. Por último, engadirase unha reflexión sobre os contidos teóricos e a relación dos mesmos cos criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe. Contidos a distribuir nas distintas sesións: • Organización das sesións de Artes Escénicas e Danza: Estrutura das clases: actividades de inicio, desenvolvemento e peche. • Achegamento ao currículo: de onde partimos, a onde imos e que necesitamos. • Exercicios de exploración corporal. O método Schinca de expresión corporal, proposta de actividades para a clase. • O movemento corporal, as calidades do movemento e a súa aplicación práctica á clase de 4ºESO. • Actividades de danza procedentes do método/achegamento Orff. • Xogos de creación de personaxes • Introdución ao clown • Xogos de improvisación teatral: proposta de actividades de inicio e desenvolvemento para o alumnado. • O obradoiro de teatro: propostas de montaxes teatrais con exemplos realizados noutros centros educativos. • Proposta bibliográfica e de recursos educativos.
  • 3. A QUEN VAI DIRIXIDO Polo seu enfoque pedagóxico, este curso de formación, pola súa duración, está máis orientado cara ao mundo da educación musical en secundaria e a todos os docentes interesados en impartir a materia de Artes Escénicas e Danza. Este é un obradoiro de iniciación; preténdese facilitar ferramentas ao profesorado dando unha visión globalizada da materia, de maneira que posteriormente o docente vexa cales son as súas carencias e poida formarse dun xeito específico, primando unhas áreas sobre outras. • Profesorado de Música de Educación Secundaria • Profesorado de Música de Infantil e Primaria • Profesorado de Linguaxe Musical de Conservatorios • Formadores de Educadores de Música • Profesionais ou afeccionados das artes escénicas e a danza • Profesores de Educación Física, Lingua Castelá e Literatura, Lingua e Literatura Galega. • Calquera outra persoa amante das artes escénicas e da danza que queira desfrutar explorando o seu corpo, o movemento e a expresión corporal. SOBRE OS RELATORES Pablo Reboleiro é paiaso, actor, director escénico, músico e bailarín; ademais de licenciado en matemáticas e máster en educación secundaria, Pablo estudou a licenciatura de circo en The Circus Space, Londres. É membro fundador da compañía Pistacatro, Lusco e Fusco e participa en numerosas producións en todo o mundo, destacando a súa participación con The Chipolatas desde o ano 2013. Como docente ten impartido incontable formación en todo o mundo, traballando con profesionais das artes escénicas pero tamén con nenos e nenas, adolescentes e adultos amateur. É un dos máximos representantes do chamado “Novo circo galego”. Beatriz Alonso é profesora de música no IES Afonso X O Sabio de Cambre, onde imparte a materia de Artes Escénicas e Danza, práctica da cal acaba de realizar a publicación en Eduga “A materia de Artes Escénicas e Danza. O traballo co corpo e as emocións”. Doutora en Musicoloxía, máster en Educación e TIC e licenciada en Historia e Ciencias da música e Violonchelo. Entre a súa formación pedagóxica en música e danza destaca a súa formación nos Institutos Dalcroze (Suiza), Orff
  • 4. (Austria) e Kodály (Hungría); está a realizar un posgrao en expresión corporal Método Schinca (URJ) cos docentes Marta Schinca, Helena Ferrari, Rafael Ruiz, Ana Pérez e Paula Miguélez. Participa, xunto con outros compañeiros do seu instituto, no proxecto “Afonso a escena” desde hai cinco anos, que busca a potenciación das artes escénicas, música e danza no ensino secundario. INSCRICIÓN E MATRÍCULA Número de prazas: 25 por obradoiro Cubriranse por rigorosa orde de inscrición (data e hora do xustificante de pago de matrícula) Prezo da matrícula: Curso completo Sábados soltos Socios 70€ 15€ Non Socios 90€ 20€ Os matriculados en días soltos non poderán certificar o curso Inscrición: Realizar o pago no seguinte número de conta de Asomúsica: ES55 3070 0038 6161 2242 6924 No concepto indicar: Nome e Apelidos + Obradoiro Artes Escénicas Os días soltos poderán pagarse no mesmo obradoiro. Enviar un mail á dirección: beatrizalonsoperezavila@gmail.com Datos a adxuntar: • Nome e apelidos, DNI, email de contacto, • Xustificante de pago (de seren necesario) • Funcionario ou interino da Consellería de Educación (a efectos de homologación) Sí Non • Socio de Asomúsica Sí Non Esta actividade está homologada pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. (20 horas)