1. departamento de educación plástica e visual
Iniciación os Medios
Audiovisuais
Programación Didáctica
Materia Optativa do Centro
Maio,
2010
2. ÍNDICE
Contidos mínimos ................................................... 3
Unidade1. ....................................................................... 3
Unidade2. ....................................................................... 3
Unidade3. ....................................................................... 3
Unidade4. ....................................................................... 3
Unidade5. ....................................................................... 3
Criterios de Avaliación ............................................ 4
Mínimos esixibles .................................................. 6
Criterios de cualificación ......................................... 7
A nota de cada traballo individual: ............................................. 7
A nota dos proxectos en grupo: .................................................. 7
Cualificación de las avaliacións parciais: ...................................... 7
Cualificación da avaliación final: .............................................. 8
Procedementos e instrumentos de avaliación ......................... 8
Avaliación formativa ............................................................ 8
Criterios mínimos de avaliación ................................... 10
Instrumentos de cualificación ..................................... 12
Actividades de recuperación ....................................... 13
Abandono de materia: ........................................................... 14
Recuperación do abandono da materia. ........................................... 14
[Volver al índice]
1
3. Proba extraordinaria de setembro: ............................................ 15
[Volver al índice]
2
4. Contidos mínimos
Unidade1. Conceptos de denotación, connotación, metáfora, comunicación
subliminal e un exemplo de cada un.
Un exemplo de imaxe manipulada por procedementos no dixitais.
Realización do comentario de análises dun anuncio.
Concepto de medios de comunicación de masas, identificación dos mais
Unidade2. importantes e a súa ubicación histórica.
Conceptos de liberdade de información e expresión.
Relación entre os grandes medios audiovisuais e o poder económico.
Financiamento e involución ideolóxica. Concepto de share e su
importancia.
En que consiste a web 2.0.. A nube e portais de aloxamento de
información compartida.
Conceptos básicos das cámaras fotográficas: Enfoque, velocidade,
obturación e cálculo da exposición correcta en modo manual; modos de
Unidade3.
prioridade al diafragma e a velocidade.
Nocións básicas de composición da imaxe fotográfica. Distinción
entre luz suave e dura (indicando número de luces e a súa orixe).
Comandos básicos nos software de retoque fotográfico: tamaño de
imaxe, contraste, saturación e tono; capas e historial.
Realizar o traballo individual: toma de fotografías de
características técnicas e de tema único, e retoque fotográfico por
ordenador dunha delas.
Concepto de son audio e os formatos WAV e Mp3. Comandos principais
Unidade4. de edición multipista con Audacity
Realización de arquivo sonoro.
Uso dos mandos principais da cámara de vídeo dixital. Conexión da
Unidade5. cámara a un monitor e ao ordenador. Tipos de plano. Estrutura do
guión técnico. Uso de software de edición de vídeo.
Participar activamente nun grupo na realización dun corto de cine
[Volver al índice]
3
5. mudo, e dun informativo.
Criterios de Avaliación
A capacidade de identificar os avances ao largo da historia nas tecnoloxías da
información e a comunicación e a súa repercusión na evolución estética dos
mensaxes audiovisuais.
A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os
diferentes produtos audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios
estéticos.
Capacidade reflexiva e analítica para marcar as diferenzas entre realidade e a
súa imaxe, nas súas diversas formas e medios de representación nos medios
audiovisuais e de comunicación.
Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características
básicas do significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en
movemento.
Analizar e comprender, por parte do alumnado, os diferentes niveis de lectura
dunha mesma imaxe.
Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características
de xénero e diferenciando cos roles sociais máis comúns nas producións
audiovisuais
Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual
Capacidade de utilizar, tanto de maneira individual como en grupo, os elementos
básicos do medio audiovisual para realizar traballos con imaxes fixas e con
imaxes en movemento.
Capacidade para combina a creación visual con elementos sonoros.
[Volver al índice]
4
6. Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións
comunicativas e narrativas, ase como coas súas funcións espaciais e temporais
Valorar a capacidade para crear e analizar mensaxes visuais e sonoros avaliando
a estrutura do mensaxe e su eficacia comunicativa.
Capacidade para estruturar un guión a partir da adaptación dunha obra
literaria, dunha idea ou dun acontecemento.
Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo
nos conflitos do seu entorno social ou educativo.
Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a
oferta radiofónica e televisiva, diferenciando as claves e os códigos formais
de cada xénero, ase como os tópicos recorrentes nos programas de éxito.
Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e
creacións audiovisuais.
Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da
información e a comunicación, con especial atención a os medios de comunicación
de libre acceso como internet.
Aproveitamento dos recursos que ofrecen os medios audiovisuais, avaliando os
seus aspectos positivos e negativos.
Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade,
diferenciando os elementos informativos e culturais de aqueles outros
relacionados coa emotividade, a sedución e a fascinación.
Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no
receptor das mensaxes publicitarias.
[Volver al índice]
5
7. Mínimos esixibles
Sintaxes da linguaxe audiovisual. Coñecemento e uso axeitado da sintaxes e dos
medios audiovisuais na creación de mensaxes.
Emprego das TIC de xeito informativo e de xeito expresivo.
Análise das características básicas, significado e sentido na lectura de imaxes
tanto fixas como en movemento.
Lectura obxectiva e a subxectiva (denotación e connotación) dunha mesma imaxe
ou produción audiovisual.
O proceso da comunicación publicitaria. Análise publicitaria.
Colaboración en grupo. Respecto cara ás outras persoas, capacidade de discusión
e crítica e asunción das responsabilidades no traballo que require calquera
proxecto audiovisual.
Mantemento e limpeza de equipamentos e instalacións
[Volver al índice]
6
8. Criterios de cualificación
Os instrumentos utilizados para avaliar serán, entre outros:
Probas sobre coñecementos teóricos.
Probas teórico-prácticas, tanto individuais como colectivas
Valoración de conceptos, procedementos e actitudes.
A nota de cada traballo individual:
Un 60% do resultado e obxectivos a cumprir coa realización de cada actividade,
o que supoñerá ou non, a asimilación dos contidos conceptuais que precederon
cada actividade.
Un 20% estará referido á súa actitude fronte as propostas, así como a súa
predisposición á experimentación, capacidade crítica cos seus propios
resultados, o seu nivel de esforzo e curiosidade, así como de respecto á
materia.
Por último o 20 % restante referirase á asistencia, entrega puntual dos
traballos, boa presentación dos mesmos, orde e a limpeza dos materiais, propios
e comúns. Tamén teremos en conta o comportamento na aula, baseándose no
respecto e a tolerancia fronte os compañeiros e ao profesor, tamén valorarase o
respecto ó traballo alleo.
Os traballos non entregados sen causa xustificada terán de nota un cero
En caso de entregar traballos fora de prazo, sen causa xustificada, terán unha
rebaixa na nota en proporción co retraso na entrega.
A nota dos proxectos en grupo:
Será dun 75% como traballo colectivo e anota de aportación persoal ao traballo
conxunto dun 25%
A suma de ambas definen a nota do alumno polo proxecto en grupo.
Cualificación de las avaliacións parciais:
A avaliación de cada trimestre será nun 75 % o resultado da media aritmética
dos exercicios, exames e demais probas de contido propostas na avaliación.
Nun 25% se valorarán durante o trimestre os instrumentos de cualificación
recollidos no apartado c) do punto 10 desta programación
[Volver al índice]
7
9. Cualificación da avaliación final:
A avaliación final será nun 75 % o resultado da media aritmética das notas das
tres avaliacións do curso.
Nun 25% se valorarán durante todo o curso os instrumentos de cualificación
recollidos no apartado c)
do punto 10 desta programación.
`[VOLVER A INICIO]
Procedementos e instrumentos de avaliación
Seguindo a programación xeral do centro, realizaránse tres avaliacións, unha delas
final. Para a cualificación usarán os seguintes procedementos de avaliación:
Avaliación inicial
Ten lugar ó comezo do curso. Permite coñecer as circunstancias particulares de
cada alumno (coñecementos previos, nivel de desenrolo, estereotipos,
intereses…). Os resultados da avaliación teranse en conta para no
desenvolvemento da programación.
Avaliación formativa
Inclúe o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Adaptarase no posible ás necesidades
individuais de cada alumno. Pretende a obtención dos obxectivos propostos para
o curso.
Observación por parte do profesor da actitude participativa do alumno nas
actividades de clase e nos grupos de traballo.
Entre os instrumentos de avaliación sinalamos:
Traballos individuais, nas avaliacións parciais en que se realicen (comentario
dun anuncio, reportaxe fotográfico, podcast, etc.)
Traballos en equipo, en las avaliacións parciales en que se realicen (corto de
cine mudo e documento multimedia)
Exames escritos, con preguntas teóricas e breves exercicios prácticos
relacionados cos contidos impartidos, tanto teóricos como prácticos.
[volver inicio]
[Volver al índice]
8
11. [Volver al índice]
Criterios mínimos de avaliación
A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os
diferentes produtos audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios
estéticos.
Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características
básicas do significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en
movemento.
Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características
de xénero e diferenciando cos roles sociais máis comúns nas producións
audiovisuais
Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual
Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións
comunicativas e narrativas, ase como coas súas funcións espaciais e temporais
Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo
nos conflitos do seu entorno social ou educativo.
Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a
oferta radiofónica e televisiva, diferenciando as claves e os códigos formais
de cada xénero, ase como os tópicos recorrentes nos programas de éxito.
Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e
creacións audiovisuais.
Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da
información e a comunicación, con especial atención a os medios de comunicación
de libre acceso como internet.
[Volver al índice]
10
12. Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade,
diferenciando os elementos informativos e culturais de aqueles outros
relacionados coa emotividade, a sedución e a fascinación.
Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no
receptor das mensaxes publicitarias.
[Volver al índice]
11
13. [Volver al índice]
Instrumentos de cualificación
Os instrumentos de avaliación máis adecuados que teremos en conta serán:
a) Resolución de exercicios prácticos. Dependendo da unidade propoñeremos
traballos específicos.
b) Elaboración e seguimento do traballo práctico dos alumnos ó longo do curso. Os
alumnos deberán ter un blog de aula dedicado á recollida e intercambio de
información e traballos da materia, tanto de conceptos teóricos recibidos na
clase coma dos traballos elaborados.
c) Actitude positiva no que se refire ós seguintes aspectos:
Manexa o medio con claridade e corrección.
É ordenado e limpo nas súas producións e no coidado do material.
É metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo.
Sabe traballar individualmente ou en equipo segundo as necesidades
concretas de cada caso e axustándose ás condicións que se lle indican.
Sabe seleccionar, organizar e manexar o material adecuado para o
desenvolvemento dunha actividade.
Segue con atención as actividades da aula e realiza habitualmente as
tarefas de clase, demostrando interese polo traballo.
Formula as dúbidas ou dificultades que se lle presentan e trata de corrixir
os erros propios, amosando afán de superación.
Cumpre as normas de convivencia do centro, respectando o ben común e o
medio que o rodea, e non provoca conflitos no desenvolvemento normal da
clase.
É tolerante, respectuoso, dialogante, sabe escoitar e respecta a quenda de
palabra, coopera cos seus compañeiros e profesores e amosa actitudes
solidarias.
[Volver al índice]
12
14. Asume responsabilidades e cumpre os compromisos, acabando os traballos nos
prazos asignados e traendo o material necesario para traballar na clase.
d) Entendese por comportamento exemplar:
Respectar as normas de convivencia.
Respectar ós profesores e ós compañeiros.
Presentar os traballos con limpeza e pulcritude.
Entregar os traballos nos prazos sinalados.
Realizar os traballos prácticos axuntándose ás condicións mínimas que se lle
indican.
Coidar o material e mantén a orde e a limpeza no lugar de traballo.
Traballar cumprindo as normas de hixiene e seguridade.
Ser metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo.
Selecciona, organiza e manexa ben o material adecuado para o desenvolvemento
do seu traballo.
Ser capaz de traballar autonomamente, sen necesidade de instrucións
concretas e constantes.
Traballar ben en equipo.
Actividades de recuperación
Unha vez reforzados os contidos obxecto de avaliación, repetiranse unha única vez
as probas avaliativas de contidos para aquel alumnado que nos as superou. As
probas de recuperación serán sempre individuais, tanto as escritas como calquera
outra de carácter procesual.
O termo de cada avaliación, e no caso de que o alumno non superase as
cualificacións mínimas que se estiman para esa avaliación, realizarase unha proba
escrita ou solicitaranse a presentación de novos traballos nun prazo de tempo
determinado.
[Volver al índice]
13
15. No caso de traballos que no seu momento foron realizados en grupo, para a
actividade de recuperación adaptaranse para poder ser realizado de xeito
individualizado .
Dita proba determinará a adquisición dos contidos mínimos necesarios polo
alumno. A puntuación máxima de dita proba será de 6 puntos.
A recuperación de proxectos que no seu momento foron realizados en grupo farase a
través de probas escritas individuais que inclúan os contidos postos en práctica
no proxecto colectivo. Pero, se as peculiaridades do proxecto o permiten,
estudarase a posibilidade da realizar unha proba de recuperación con
características similares ao traballo colectivo, pero agora, de xeito
individualizado.
Para acadar a suficiencia nesta materia o alumnado deberá entregar todos os
traballos propostos durante o curso, excepto aqueles que non se entregaron por
enfermidade ou causa grave que debe ser debidamente xustificada polos pais do
alumnado afectado.
Abandono de materia:
Considerarase asi o feito de non entregar a metade máis unha das láminas
propostas durante calquera das tres avaliacións do curso. O regulamento de
réxime interno contempla que o abandono dunha materia supón o feito de que o/a
alumno/a non poida promocionar de curso, aínda tendo o resto de materias
superadas.
Recuperación do abandono da materia.
Para poder recuperar o abandono da materia, o/a alumno/a deberá amosar o seu
interese pola mesma, traballando día a día co resto dos compañeiros, levando o
material a clase, tendo un comportamento exemplar (ver apartado 10.d de esta
programación), traballando e entregando todos os exercicios que non fixo
durante o curso, tendo que acadar en cada un deles un mínimo de valoración de 4
puntos sobre 10. Para conseguir isto daráselle ó alumno un tempo prudencial de
[Volver al índice]
14
16. realización e entrega, de tal xeito que deberá ter rematados os traballos antes
do fin de curso.
Proba extraordinaria de setembro:
O alumnado que non supere a materia polo procedemento de avaliación continua
realizará unha proba final extraordinaria en setembro. Será unha proba escrita
sobre os contidos dados durante todo o curso nesta a materia.
Se nos mes de xuño, despois de entregadas as notas finais, o alumnado suspenso
e o profesor da materia acordan que para a recuperar a materia o alumno
suspenso asume voluntariamente realizar unha serie de traballos prácticos
durante o verán de xeito individualizado e a valoración que o profesor faga
deses traballos , antes da realización da proba escrita de setembro, é
positiva, darase a materia por superada e non será necesaria a proba escrita ,
sendo cualificados por parte do profesor como de aprobada cunha puntación
máxima de 6; se os traballos non son cualificados positivamente o/a alumno/a
poderá presentarse a proba escrita, en igualdade de condicións a calquera outro
alumno que non presentase traballos de verán.
[Volver al índice]
15