Bases da terceira edición do concurso "Palabras de Amor": #140deamor da Biblioteca Provincial da Coruña.
Bases de la tercera edición del concurso "Palabras de Amor": #140deamor de la Biblioteca Provincial da Coruña.
2. BASES DO CONCURSO
O tema será o amor en todas as súas variantes e
sucedáneos.
Poderán participar todos: nenos, xóvenes e
adultos
Cada participante poderá entregar/enviar como
máximo dúas composicións de 140 caracteres que
falen do amor.
Poden ser escritos es español ou en galego.
De entre tódolos traballos presentados elixiranse
a 3 premiados.
Os traballos expoñeranse na Biblioteca e
difundiranse na rede social Twitter co hastag
#14odeamorbd; así como na web e blog da
Biblioteca.
O material que se entregue debe ser inédito.
FORMATO
As obras terán unha extensión máxima de 140
caracteres, ( o espaciado non conta). Poderán ser
manuscritos ou escritos no ordenador
PRESENTACIÓN
Os traballos poden enviarse do seguinte xeito:
por correo electrónico: biblioteca.info@dicoruna.es
Especificando o tweet, así como o nome e apelidos do
autor, e-mail e teléfono
Tamén se pode facer entrega dos mesmos no Servizo
de Información ou na Biblioteca Infantil e Xuvenil
da Biblioteca Provincial da Coruña (R/ Riego de Agua,
37, 1ª andar), especificando o nome e apelidos do
autor, e-mail e teléfono
prazo do de presentación dos traballos comenzará o 2
de abril rematará o 21 de abril de 2014 (ás 14:00
horas)
PREMIO
Haberá un total de 3 premios para todos os traballos
presentados:
Primeiro premio: Un netbook
Segundo premio: MP3
Terceiro premio: lote de libros editados pola Deputación
Provincial da Coruña
As persoas gañadoras serán notificadas por correo
electrónico e/ou por teléfono.
Farase entrega do premio o día 23 de abril de 2014
na Biblioteca Provincial da Coruña ás 19:30
PARTICIPACIÓN
A participación neste concurso e a súa posterior exposición
obriga ao autor a aceptar estas bases, a dar permiso á
biblioteca para publicar as obras presentadas en medios
impresos ou electrónicos que se consideren oportunos,
tanto para a súa promoción e exposición durante o
transcurso do concurso como á finalización deste.
A participación no concurso implica a aceptación destas
bases, así como a aceptación da decisión do xurado
designado, decisión que será inapelable.