SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 4
Descargar para leer sin conexión
Da lingua

Oink Oink! (Chamada de socorro)

Hai poucos meses botaba a andar OINK!, a revista en papel do Xabarín
Club, un proxecto de ocio orientado a nenas e nenos de seis a quince
anos; trátase dunha revista de contido multidisciplinar (banda deseñada, reportaxes sobre arte, ciencia, deportes, actualidade…), soñada e
deseñada integramente en galego por un equipo de xente nova, e na
que colaboran algúns dos mellores ilustradores de toda Galicia.
Porén, a pesar da calidade artística e do deseño atractivo do proxecto,
chégannos novas de que a revista Oink! pasa por dificultades económicas que lle impiden manterse no mercado; e iso a pesar de que se
ofertaba a un prezo razoable, que non debería asustar as familias, nin
sequera nestes tempos de crise.
O exemplo da revista Oink, como o de tantos outros proxectos culturais
e artísticos que xorden en Galicia desde o ámbito da industria cultural,
representa un síntoma moi evidente de que, cando falamos de apoiar
os sectores produtivos do noso país, case sempre se nos enche a boca
de boas palabras, aínda que logo os feitos desmintan o noso compromiso real con aquelas empresas
que dan o paso de ofertar
produtos de ocio que non desmerecen en nada aos que se
deseñan noutros países.
E, desde a CGENDL, preguntamos en voz alta se as nosas
nenas e nenos non merecen
que exista unha revista de actualidade que lles ofreza unha
visión do mundo amena e divertida, e co valor engadido de
usar a nosa lingua.
Pero, se cadra, isto é moito pedir para os tempos que corren.

8

OllOs
deaula

ANO II - Nº 12 - febreiro 2014

Revista para as familias do alumnado

A que idade
teñen que
empezar a ler
os nenos/as?
Móbil, familia
e escola
As reválidas
Non esquezas poñer o teu
Facebook, Twitter ou Whatshapp
en galego. Fai visible a nosa lingua!

Xa está en marcha o
Cantalingua 2014. Se tes
unha banda ou es solista,
grava a túa peza en MP3
e envíaa antes do 1 de
abril. Toda a información
en http://ir.gl/e336ae.

O informe PISA di que
o nivel de lectura en
castelán dos nenos/
as galegos/as está por
riba da media, e o de
Catalunya, Navarra e
Euskadi tamén. Onde
está o problema de ter
lingua propia?

Non deixes de visitar a
web infantil da CRTVG.
Xogos, música, debuxos
animados… e moito máis
en www.crtvg.es/infantil.

2

Non sabes que facer
para comer ou cear?
Neste blog poderás
atopar Receitas para
todos os días
http://ir.gl/b91fc.

Eroski aposta
polo galego en
Consumer, a súa
revista impresa.
Podes consultala en
PDF en
http://ir.gl/69a011.

Revista editada pola CGENDL
www.coordinadoraendl.org
ollosdeaula@gmail.com
Deseño-maquetación:tallerDD.com

CADENCIAS

Gracia Santorum

Para ler (e contemplar)
A pantasma da Casa da Matanza. Poesía ou conto
rimado de Miro Villar con ilustracións de Xosé Cobas
publicada pola editorial Biblos. Unha homenaxe do
autor á nosa maior poeta Rosalía de Castro que nos
fala dunha vagamunda lectora que vive nas sombras
da casa e que é fonte de inspiración para a mesma Rosalía; un poema arredor doutro poema, unha sombra
arredor doutra sombra. Imposible non engaiolarse co
conxunto que amosa este libro de texto e ilustración,
en perfecta harmonía e delicadeza que namoraría á
mesma Rosalía.

Para xogar...
Sopra neste furadiño. Publicado por Edicións Embora,
un álbum que é un verdadeiro xogo delicioso para contar aos máis peques e que eles interaccionen co libro. Os
autores desta creación son Antón Cortizas e Leandro Lamas, que conseguen con este libro troquelado traer rimas
divertidas, breves, que convidan a achegarse ao burato e
non parar de soprar. Cun sopro no furado do libro podemos volver todo branco, facer voar un elefante, mover un
muíño... a maxia poderosa nos nosos beizos.

Para escoitar
Toc, toc. Publica a editorial Galaxia este libro-disco de Pablo Díaz con ilustracións de Nuria Díaz: a
rapazallada pode cantar e bailar, mentres goza coas
alegres ilustracións de Nuria. Por aquí pasa o Apalpador, pero tamén Pedro Chosco, porque cada nova
canción, cada páxina, constitúe unha sorpresa que
ben pode ser unha abordaxe pirata. Ritmos atractivos que mesturan rock e muiñeira, pop e pandeirada que lembraremos con facilidade e que axudan a
formar unha memoria de noso optimista e alegre.

7
Palabras do ensino
Lines Salgado

de decembro
{REVÁLIDAS} Finalmente, o BOE do 10 de educación,de
2013 publicou a nova lei
a LOMCE, coñecida tamén como Lei Wert. Unha das
novidades máis importantes que introduce esta lei é a
realización de reválidas, é dicir, de probas de avaliación
aos estudantes creadas por empresas externas aos centros
educativos. Aínda están por determinar moitas cuestións,
como que se vai preguntar neses exames, ou quen os vai
corrixir. Pero desde logo a dúbida máis importante que

teño é se coas reválidas non estaremos encorsetando o
ensino, de xeito que a actividade nas aulas se converta
nunha preparación exclusiva para obter bos resultados
nas probas. Unha especie de ampliación do antigo COU,
do actual 2º de BAC, no que só se fan exames tipo selectividade, e os temarios xa se preparan en función das
preguntas previstas. Unha educación gobernada polos
resultados nunhas probas de nivel dirixidas por empresas
privadas, algo que tamén me fai ter grandes dúbidas sobre a súa obxectividade. Desde logo, se algo “revalidan as
reválidas” é que os problemas de verdade da nosa educación seguen sen resolverse.

6

A preguntaA que idade teñen que empezar a ler os nenos/as?

?

Responde: Mª Montserrat Castro Rodríguez
[Profesora da Facultade de Ciencias da Educación
da Universidade da Coruña]

A resposta é doada e conflitiva: depende. Ler é un proceso moito
máis complexo que aprender a identificar unhas palabras escritas
e dicilas oralmente. Esixe ter acadado unha madurez en moi distintos e complexos aspectos, polo que cada persoa debe aprender
cando estea preparada, coas capacidades e competencias necesarias.
Temos que ter claro tamén que a escolarización, cada vez máis
prematura, non debe significar adiantar o obxectivo da lectura… Á escola vaise a aprender moitas outras cousas
que, directa ou indirectamente, inflúen no proceso
lectoescritor… Para ler ben, hai que aprender a
expresarse ben: con vocabulario, con distintos
ritmos e énfase…; hai que saber escoitar; hai
que aprender a interactuar cos demais para
comprendelos e facernos comprender.
Tamén favorece moito a aprendizaxe da
lectura articular adecuadamente cada
verba; sen esquecer aspectos tan básicos como observar, distinguir, simular,
crear, innovar, etc.
Sempre está ben mirar que fan
outros/as; se analizamos o tan
omnipresente Informe Pisa, compróbase que os resultados no noso
caso son bastante positivos, se se analizan correctamente, claro
está. Pero tamén se observa como aqueles países con mellores
resultados se inician no proceso da lectoescritura a partir dos seis
anos… Lembremos: antes non quere dicir mellor, e imaxino que o
que se trata é de facelo sempre mellor.

3
O tema
O uso do móbil
é unha das
preocupacións
máis estendida nas
familias e na escola.
O profesor José
Raposeiras resúmenos
neste artigo as
principais conclusións
e propostas dun
estudo ao respecto.

Novos retos da pedagoxía
O teléfono móbil no
contexto escolar e familiar
José Raposeiras Correa
[Catedrático de Ensino Secundario e Doutor pola Universidade de Vigo.
Equipo de Orientación Específico de Pontevedra]

Debido ás preocupacións que o teléfono móbil estaba xerando nos centros escolares, así como sobre
o seu uso/abuso por parte dos adolescentes, considerouse oportuno abordar unha investigación ao
respecto, coa que se chegou a unha serie
de CONCLUSIÓNS. Entre elas, están as
que seguen:
• A maioría das familias manifestaron
non controlar as chamadas nin as
mensaxes de texto que fan ou
reciben os seus fillos/as.
• Ao profesorado e ás familias parécelles que, coa chegada da telefonía móbil aos colexios e institutos,
se van incrementando pouco a pouco
os problemas de convivencia.
• A meirande parte dos docentes cre que
con este aparato se fomentan persoas consumistas.
• A sensación de inquietude, se non hai resposta
ás chamadas ou aos SMS, é algo común entre os
adolescentes. As familias que participaron na investigación teñen a mesma opinión.
• Máis da metade do alumnado enquisado recoñece
que co uso do celular gastan máis da conta.
• Familias e profesorado son conscientes do abuso
na utilización do móbil por parte dos adolescentes.
• O grao de dependencia do estudantado é tal que
unha gran parte asegura que dorme co teléfono
conectado e unha porcentaxe significativa afirma

4

que está sempre pendente del.
• Ás familias e ao profesorado parécelles que este medio invita ao acoso e
á intimidación entre algúns alumnos
e alumnas.
• Unha parte considerable do profesorado que colaborou no estudo afirma
que o móbil produce certo “autismo
tecnolóxico”, debido á falta de comunicación/interacción entre familias
e fillos/as.
Todo isto parece suxerirnos que a prevención de patoloxías se debería
centrar fundamentalmente na educación, limitando razoablemente o
tempo da súa utilización e evitando a circulación por móbil de
contidos inadecuados para a
saúde persoal e social. O
aparato telefónico non
é malo en si mesmo,
aínda que é necesario ensinar a
utilizalo correctamente. A modo de
reflexión, e para as
comunidades educativas, fanse as seguintes
PROPOSTAS:

pautas deste plan levaríanse a cabo
no contexto educativo e familiar, coordinadas a través da acción titorial e
orientadora.
• Pensamos que o factor económico
debe ser tido moi en conta. As familias
teñen o deber de controlar o diñeiro
dos seus fillos/as, ademais de ensinarlles a autoxestionarse.
• Parécenos que para fomentar o uso
responsable do móbil entre a mocidade habería que establecer uns límites
horarios ou monetarios.
• Consideramos que sería necesario
inculcarlles aos adolescentes, e aos mozos/as, en xeral, un coñecemento do
mundo real sobre o mundo virtual.
Cómpre estar repensando continuamente, innovando e adaptándonos
aos recursos tecnolóxicos que se nos
poidan presentar, por exemplo a actual
etapa do “guatsapeo”.
• Precisamos educar para a utilización destas pantallas audiovisuais,
para evitar ser vítimas de delitos telemáticos, para a prevención do posibles riscos (usuarios compulsivos,
ciberacoso, contidos pornográficos,
falsos perfís, vidas virtuais, ter moitos
“amigos/as” sen coñecer a ninguén…).

• Percíbese a necesidade de elaborar
un programa concreto de información/formación tridimensional,
como medida de carácter preventivo
para o alumnado. As actuacións e

5

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilsatelite1
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014radiorasca
 

La actualidad más candente (20)

Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
 
Lajartiño13
Lajartiño13Lajartiño13
Lajartiño13
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11
 
Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014
 
Guia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudoGuia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudo
 

Destacado

Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Plantilla programación 2014 galego
Plantilla programación 2014 galegoPlantilla programación 2014 galego
Plantilla programación 2014 galegoNai Von Cake
 
Teléfonos alumnado galego
Teléfonos alumnado galegoTeléfonos alumnado galego
Teléfonos alumnado galegoNai Von Cake
 
Proceso lectoescritor galego
Proceso lectoescritor galegoProceso lectoescritor galego
Proceso lectoescritor galegoNai Von Cake
 
Teléfonos profesoradogalego
Teléfonos profesoradogalegoTeléfonos profesoradogalego
Teléfonos profesoradogalegoNai Von Cake
 
Programación mensual 2014 galego
Programación mensual 2014 galegoProgramación mensual 2014 galego
Programación mensual 2014 galegoNai Von Cake
 
Reunións14 galego
Reunións14 galegoReunións14 galego
Reunións14 galegoNai Von Cake
 
Plantilla programación 2014 color
Plantilla programación 2014 colorPlantilla programación 2014 color
Plantilla programación 2014 colorNai Von Cake
 

Destacado (19)

Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Plantilla programación 2014 galego
Plantilla programación 2014 galegoPlantilla programación 2014 galego
Plantilla programación 2014 galego
 
Teléfonos alumnado galego
Teléfonos alumnado galegoTeléfonos alumnado galego
Teléfonos alumnado galego
 
Horario galego
Horario galegoHorario galego
Horario galego
 
Proceso lectoescritor galego
Proceso lectoescritor galegoProceso lectoescritor galego
Proceso lectoescritor galego
 
Teléfonos profesoradogalego
Teléfonos profesoradogalegoTeléfonos profesoradogalego
Teléfonos profesoradogalego
 
Programación mensual 2014 galego
Programación mensual 2014 galegoProgramación mensual 2014 galego
Programación mensual 2014 galego
 
Material2014
Material2014Material2014
Material2014
 
Titorías galego
Titorías galegoTitorías galego
Titorías galego
 
Reunións14 galego
Reunións14 galegoReunións14 galego
Reunións14 galego
 
Portadas
PortadasPortadas
Portadas
 
Avaliacións
AvaliaciónsAvaliacións
Avaliacións
 
Portadas
PortadasPortadas
Portadas
 
Reuniones
ReunionesReuniones
Reuniones
 
Tutorías
TutoríasTutorías
Tutorías
 
Plantilla programación 2014 color
Plantilla programación 2014 colorPlantilla programación 2014 color
Plantilla programación 2014 color
 
Horario
HorarioHorario
Horario
 

Similar a Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara (17)

Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
 
Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1
 
Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15
 
Family engagement
Family engagementFamily engagement
Family engagement
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Folleto ep
Folleto epFolleto ep
Folleto ep
 
Guia Ed
Guia EdGuia Ed
Guia Ed
 
Folleto ei
Folleto eiFolleto ei
Folleto ei
 

Más de Coordinadora Galega ENDL

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaCoordinadora Galega ENDL
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Coordinadora Galega ENDL
 
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuAxenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

Más de Coordinadora Galega ENDL (7)

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuAxenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 

Último

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 

Último (7)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 

Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara

  • 1. Da lingua Oink Oink! (Chamada de socorro) Hai poucos meses botaba a andar OINK!, a revista en papel do Xabarín Club, un proxecto de ocio orientado a nenas e nenos de seis a quince anos; trátase dunha revista de contido multidisciplinar (banda deseñada, reportaxes sobre arte, ciencia, deportes, actualidade…), soñada e deseñada integramente en galego por un equipo de xente nova, e na que colaboran algúns dos mellores ilustradores de toda Galicia. Porén, a pesar da calidade artística e do deseño atractivo do proxecto, chégannos novas de que a revista Oink! pasa por dificultades económicas que lle impiden manterse no mercado; e iso a pesar de que se ofertaba a un prezo razoable, que non debería asustar as familias, nin sequera nestes tempos de crise. O exemplo da revista Oink, como o de tantos outros proxectos culturais e artísticos que xorden en Galicia desde o ámbito da industria cultural, representa un síntoma moi evidente de que, cando falamos de apoiar os sectores produtivos do noso país, case sempre se nos enche a boca de boas palabras, aínda que logo os feitos desmintan o noso compromiso real con aquelas empresas que dan o paso de ofertar produtos de ocio que non desmerecen en nada aos que se deseñan noutros países. E, desde a CGENDL, preguntamos en voz alta se as nosas nenas e nenos non merecen que exista unha revista de actualidade que lles ofreza unha visión do mundo amena e divertida, e co valor engadido de usar a nosa lingua. Pero, se cadra, isto é moito pedir para os tempos que corren. 8 OllOs deaula ANO II - Nº 12 - febreiro 2014 Revista para as familias do alumnado A que idade teñen que empezar a ler os nenos/as? Móbil, familia e escola As reválidas
  • 2. Non esquezas poñer o teu Facebook, Twitter ou Whatshapp en galego. Fai visible a nosa lingua! Xa está en marcha o Cantalingua 2014. Se tes unha banda ou es solista, grava a túa peza en MP3 e envíaa antes do 1 de abril. Toda a información en http://ir.gl/e336ae. O informe PISA di que o nivel de lectura en castelán dos nenos/ as galegos/as está por riba da media, e o de Catalunya, Navarra e Euskadi tamén. Onde está o problema de ter lingua propia? Non deixes de visitar a web infantil da CRTVG. Xogos, música, debuxos animados… e moito máis en www.crtvg.es/infantil. 2 Non sabes que facer para comer ou cear? Neste blog poderás atopar Receitas para todos os días http://ir.gl/b91fc. Eroski aposta polo galego en Consumer, a súa revista impresa. Podes consultala en PDF en http://ir.gl/69a011. Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org ollosdeaula@gmail.com Deseño-maquetación:tallerDD.com CADENCIAS Gracia Santorum Para ler (e contemplar) A pantasma da Casa da Matanza. Poesía ou conto rimado de Miro Villar con ilustracións de Xosé Cobas publicada pola editorial Biblos. Unha homenaxe do autor á nosa maior poeta Rosalía de Castro que nos fala dunha vagamunda lectora que vive nas sombras da casa e que é fonte de inspiración para a mesma Rosalía; un poema arredor doutro poema, unha sombra arredor doutra sombra. Imposible non engaiolarse co conxunto que amosa este libro de texto e ilustración, en perfecta harmonía e delicadeza que namoraría á mesma Rosalía. Para xogar... Sopra neste furadiño. Publicado por Edicións Embora, un álbum que é un verdadeiro xogo delicioso para contar aos máis peques e que eles interaccionen co libro. Os autores desta creación son Antón Cortizas e Leandro Lamas, que conseguen con este libro troquelado traer rimas divertidas, breves, que convidan a achegarse ao burato e non parar de soprar. Cun sopro no furado do libro podemos volver todo branco, facer voar un elefante, mover un muíño... a maxia poderosa nos nosos beizos. Para escoitar Toc, toc. Publica a editorial Galaxia este libro-disco de Pablo Díaz con ilustracións de Nuria Díaz: a rapazallada pode cantar e bailar, mentres goza coas alegres ilustracións de Nuria. Por aquí pasa o Apalpador, pero tamén Pedro Chosco, porque cada nova canción, cada páxina, constitúe unha sorpresa que ben pode ser unha abordaxe pirata. Ritmos atractivos que mesturan rock e muiñeira, pop e pandeirada que lembraremos con facilidade e que axudan a formar unha memoria de noso optimista e alegre. 7
  • 3. Palabras do ensino Lines Salgado de decembro {REVÁLIDAS} Finalmente, o BOE do 10 de educación,de 2013 publicou a nova lei a LOMCE, coñecida tamén como Lei Wert. Unha das novidades máis importantes que introduce esta lei é a realización de reválidas, é dicir, de probas de avaliación aos estudantes creadas por empresas externas aos centros educativos. Aínda están por determinar moitas cuestións, como que se vai preguntar neses exames, ou quen os vai corrixir. Pero desde logo a dúbida máis importante que teño é se coas reválidas non estaremos encorsetando o ensino, de xeito que a actividade nas aulas se converta nunha preparación exclusiva para obter bos resultados nas probas. Unha especie de ampliación do antigo COU, do actual 2º de BAC, no que só se fan exames tipo selectividade, e os temarios xa se preparan en función das preguntas previstas. Unha educación gobernada polos resultados nunhas probas de nivel dirixidas por empresas privadas, algo que tamén me fai ter grandes dúbidas sobre a súa obxectividade. Desde logo, se algo “revalidan as reválidas” é que os problemas de verdade da nosa educación seguen sen resolverse. 6 A preguntaA que idade teñen que empezar a ler os nenos/as? ? Responde: Mª Montserrat Castro Rodríguez [Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña] A resposta é doada e conflitiva: depende. Ler é un proceso moito máis complexo que aprender a identificar unhas palabras escritas e dicilas oralmente. Esixe ter acadado unha madurez en moi distintos e complexos aspectos, polo que cada persoa debe aprender cando estea preparada, coas capacidades e competencias necesarias. Temos que ter claro tamén que a escolarización, cada vez máis prematura, non debe significar adiantar o obxectivo da lectura… Á escola vaise a aprender moitas outras cousas que, directa ou indirectamente, inflúen no proceso lectoescritor… Para ler ben, hai que aprender a expresarse ben: con vocabulario, con distintos ritmos e énfase…; hai que saber escoitar; hai que aprender a interactuar cos demais para comprendelos e facernos comprender. Tamén favorece moito a aprendizaxe da lectura articular adecuadamente cada verba; sen esquecer aspectos tan básicos como observar, distinguir, simular, crear, innovar, etc. Sempre está ben mirar que fan outros/as; se analizamos o tan omnipresente Informe Pisa, compróbase que os resultados no noso caso son bastante positivos, se se analizan correctamente, claro está. Pero tamén se observa como aqueles países con mellores resultados se inician no proceso da lectoescritura a partir dos seis anos… Lembremos: antes non quere dicir mellor, e imaxino que o que se trata é de facelo sempre mellor. 3
  • 4. O tema O uso do móbil é unha das preocupacións máis estendida nas familias e na escola. O profesor José Raposeiras resúmenos neste artigo as principais conclusións e propostas dun estudo ao respecto. Novos retos da pedagoxía O teléfono móbil no contexto escolar e familiar José Raposeiras Correa [Catedrático de Ensino Secundario e Doutor pola Universidade de Vigo. Equipo de Orientación Específico de Pontevedra] Debido ás preocupacións que o teléfono móbil estaba xerando nos centros escolares, así como sobre o seu uso/abuso por parte dos adolescentes, considerouse oportuno abordar unha investigación ao respecto, coa que se chegou a unha serie de CONCLUSIÓNS. Entre elas, están as que seguen: • A maioría das familias manifestaron non controlar as chamadas nin as mensaxes de texto que fan ou reciben os seus fillos/as. • Ao profesorado e ás familias parécelles que, coa chegada da telefonía móbil aos colexios e institutos, se van incrementando pouco a pouco os problemas de convivencia. • A meirande parte dos docentes cre que con este aparato se fomentan persoas consumistas. • A sensación de inquietude, se non hai resposta ás chamadas ou aos SMS, é algo común entre os adolescentes. As familias que participaron na investigación teñen a mesma opinión. • Máis da metade do alumnado enquisado recoñece que co uso do celular gastan máis da conta. • Familias e profesorado son conscientes do abuso na utilización do móbil por parte dos adolescentes. • O grao de dependencia do estudantado é tal que unha gran parte asegura que dorme co teléfono conectado e unha porcentaxe significativa afirma 4 que está sempre pendente del. • Ás familias e ao profesorado parécelles que este medio invita ao acoso e á intimidación entre algúns alumnos e alumnas. • Unha parte considerable do profesorado que colaborou no estudo afirma que o móbil produce certo “autismo tecnolóxico”, debido á falta de comunicación/interacción entre familias e fillos/as. Todo isto parece suxerirnos que a prevención de patoloxías se debería centrar fundamentalmente na educación, limitando razoablemente o tempo da súa utilización e evitando a circulación por móbil de contidos inadecuados para a saúde persoal e social. O aparato telefónico non é malo en si mesmo, aínda que é necesario ensinar a utilizalo correctamente. A modo de reflexión, e para as comunidades educativas, fanse as seguintes PROPOSTAS: pautas deste plan levaríanse a cabo no contexto educativo e familiar, coordinadas a través da acción titorial e orientadora. • Pensamos que o factor económico debe ser tido moi en conta. As familias teñen o deber de controlar o diñeiro dos seus fillos/as, ademais de ensinarlles a autoxestionarse. • Parécenos que para fomentar o uso responsable do móbil entre a mocidade habería que establecer uns límites horarios ou monetarios. • Consideramos que sería necesario inculcarlles aos adolescentes, e aos mozos/as, en xeral, un coñecemento do mundo real sobre o mundo virtual. Cómpre estar repensando continuamente, innovando e adaptándonos aos recursos tecnolóxicos que se nos poidan presentar, por exemplo a actual etapa do “guatsapeo”. • Precisamos educar para a utilización destas pantallas audiovisuais, para evitar ser vítimas de delitos telemáticos, para a prevención do posibles riscos (usuarios compulsivos, ciberacoso, contidos pornográficos, falsos perfís, vidas virtuais, ter moitos “amigos/as” sen coñecer a ninguén…). • Percíbese a necesidade de elaborar un programa concreto de información/formación tridimensional, como medida de carácter preventivo para o alumnado. As actuacións e 5