Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

A crise da Democracia e o ascenso do Totalitarismo

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Próximo SlideShare
O Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos Totalitarismos
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 3 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Presentaciones para usted (20)

Anuncio

Más de Dudas-Historia (20)

Más reciente (20)

Anuncio

A crise da Democracia e o ascenso do Totalitarismo

  1. 1. A crise da democracia e o ascenso do totalitarismo Unha das consecuencias da Gran Guerra foi a formación dunha corrente de opición contraria ao sistema democrático, situación que se mantivo durante o periodo de entreguerras. O motivo principal desta desconfianza foi considerar que o parlamentarismo fracasara. A democracia e o sistema parlamentario mantivéronse nos EEUU e nos países europeos de tradición máis liberal, como Reino Unido ou Francia. No centro e no sur de Europa se adoptaron outro tipo de réximes: • Autoritarios, cun xefe único. o Totalitarios, cun partido único e control social. Estes últimos contaron co apoio social:  Da clase media, descontenta polo descenso do seu nivel de vida a causa da crise.  Do gran capital, desexoso de deter o auxe do comunismo.  De moitos excombatentes e parados descontentos.  Dos sectores sociais máis conservadores.  Dentro dos totalitarismos destacaron sobre todo o fascismo italiano e o nazismo alemán. Os trazos totalitarios Os totalitarismos controlaron o poder político de todos os ámbitos da vida das persoas. Por iso, nos países nos que accederon ao poder, implantaron: 1. Un sistema político autoritario: • O Estado controla todo o poder e dito poder o exerce a través de un líder carismático que esixe obediencia cega: O duce Mussolini, no caso de Italia; o führer Hitler, en Alemania ou o caudillo Franco, en España. • Non existen as liberdades persoais, nin o pluralismo político. Só un partido único, que reprime con violencia calquera oposición. 2. Control económico e social: O Estado dirixe a economía e se proclama anticapitalista e anticomunista. Ademáis controla a sociedade a través da propaganda, a censura dos medios de comunicación e a educación. 3. O rexeitamento da igualdade. Defenderon a superioridade: • Dos membros do partido único sobre o demais. • Dos homes sobre as mulleres. • Dunhas razas sobre outras. 4. O pensamento irracional. Proclamaron o fanatismo e a obediencia cega, reforzados con símbolos, escudos, cantos e uniformes que fomentaban a unidade dos seus seguidores.
  2. 2. 5. O ultranacionalismo. Exaltaban a grandeza da propia nación, e reclamaron territorios para lograr a súa unidade ou para dotala dun espazo vital que permitise a súa supervivencia 6. O militarismo. Defenderon a forza e a guerra como instrumentos de poder, prestixio e progreso dos pobos. ESPAZO VITAL O LEBENSRAUM: Territorio necesario para garantir as necesidades e a supervivencia da poboación dun Estado. O cenpto foi usado por Hitler e os ideólogos nazis para defender a política de anexións territoriais do III Reich. O Fascismo e o Nazismo O fascismo en Italia Causas: • Descontento polos acordos de paz alcanzados durante a Gran Guerra. • A situación de posguerra, caracterizada pola crise económica, o paro, a inflación e o malestar social. Dito malestar causou movementos revolucionarios que asustaron aos sectores máis conservadores. Nacemento: O fascismo foi obra do xornalista Benito Mussolini, quen fundou –no ano 1921- o Partido Nacional Fascista. Este partido congaba con grupos paramilitares –os Fascios italianos di Combatimento ou “camisas negras”- que se dedicaban a reprimir o movemento obreiro. Este partido contou co apoio dos grandes propietarios, da pequeña burguesía, da Igrexa e do propio monarca, Vittorio Emmanuele III. En 1922 Mussolini e o Partido Fascista organizan a “Marcha sobre Roma” para exercer presión sobre o goberno, logrando que o rei nomee a Mussolini xefe do mesmo. Unha vez no poder, Mussolini implantou una ditadura fascista: • Asumiu o poder. • Prohibiu os partidos políticos. • Reprimiu aos sindicatos e calquera oposición a través da policía política (Ovra). • Dirixiu a economía. • Controlou todos os aspectos da vida social a través da propaganda e a censura. O nazismo en Alemania Causas: • Descontento na República de Weimar (1918-1933) pola humillación sufrida no Tratado de Versalles. • Situación de posguerra: crise económica, paro e malestar social manifestado en movementos revolucionarios.
  3. 3. Nacemento: O Nazismo xurdiu arredor do antigo soldado Adolf Hitler e do Partido Nacionalsocialista dos Traballadores Alemáns, fundado en 1920, que contaba cunha organización paramilitar (SA ou Seccións de Asalto), dedicada a combater aos comunistas. Este partido contou co apoio dunha parte importante das clases medias arruinadas pola crise económica de 1929 e dos capitalistas contrarios ao comunismo. Nas eleccións de 1932, o partido nazi conseguiu 13,8 millóns de votos. Un ano despóis, Hitler converteríase en chanceler de Alemania. Unha vez no poder, puxo fin á República de Weimar e proclamou o Terceiro Reich alemán, e implantou una férrea ditadura: • Disolveu ou prohibiu o resto dos partidos e sindicatos. • Anulou os dereitos e as liberdades fundamentais. • Controlou a economía. • Dirixiu a educación, a cultura e a arte mediante a propaganda e a censura. • Buscou cohesión social arredor da idea da superioridade da raza aria e a persecución dos xudeus. • Adoptou una política militarista baseada no rearme, o rexeitamento do Tratado de Versalles e as reivindicacións territoriais. • Todas estas actuacións desembocarían na II Guerra Mundial.

×