Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

Tema 1. A Idade Moderna

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 6 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Presentaciones para usted (20)

Similares a Tema 1. A Idade Moderna (20)

Anuncio

Más de Dudas-Historia (20)

Más reciente (20)

Anuncio

Tema 1. A Idade Moderna

  1. 1. TEMA 1. O INICIO DA IDADE MODERNA. OS SÉCULOS XV E XVI Lección 1. A Idade Moderna 1.1 Un novo período histórico • A Idade Moderna é un período comprendido entre 1453 (a caída de Constantinopla a mans do Imperio Turco) ou o descubrimento de América (1492) e 1789 (Revolución Francesa). • Podemos diferenciar tres subperíodos: – Século XVI, a época do Renacemento. – Século XVII, a época do Barroco. – Século XVIII, a época da Ilustración e o Absolutismo. 1.2. Os cambios dos séculos XV e XVI 1. Cambios dentro do panorama internacional ✓ Desaparición do Imperio Bizantino, tras a toma de Constantinopla polos turcos otománs en 1453, o cal incrementou a ameaza musulmá sobre a cristiandade occidental. ✓ Amplíase o mundo coñecido polos europeos grazas aos novos descubrimentos xeográficos (África, Asia, América) e a apertura de novas rutas de navegación que estimularon o comercio mundial. ✓ Loita pola hexemonía europea, que enfrontou aos grandes estados; finalmente España sería a potencia hexemónica no século XVI. 2. O sistema feudal entrou en crise. Idade Media Idade Moderna Os Reinos Feudais DERON PASO A O Estado Moderno e as Monarquías Autoritarias A Economía Feudal (posesión da terra como aspecto máis relevante) DEU PASO A O capitalismo comercial (obtención de grandes capitais a través do comercio coas colonias) Sociedade trifuncional estamental (clero, nobreza e campesiñado) MANTENSE Mais a burguesía cobra importancia na sociedade estamental. 3. A unidade relixiosa do Occidente europeo rompeuse debido á Reforma protestante, o cal orixinou graves conflitos armados, as “guerras de relixión”. 4. A cultura medieval foi substituída por unha nova mentalidade, o Humanismo, que centrou a súa atención no ser humano e orixinou un novo estilo artístico: o Renacemento.
  2. 2. Lección 2. Os descubrimentos: as causas dun proceso (mapa mental) Lección 3. Os descubrimentos II. As viaxes e os viaxeiros (investigación) Lección 4. O nacemento do Estado Moderno 4.1.As Monarquías autoritarias • Tras a Idade Media, as monarquías autoritarias substitúen ás monarquías feudais. • Coas monarquías autoritarias, o rei reforzou o seu poder sobre o conxunto do reino, ao impoñerse sobre a nobreza e limitar a autonomía dos municipios. • Esta nova forma de organización recibe o nome de Estado Moderno. 4.2.Os instrumentos do poder Real • Unificación Territorial. Unificaron os territorios dos seus Estados e, nalgúns casos, ampliáronos mediante guerras ou alianzas matrimoniais. • O control dos poderes do Estado. Impuxéronse sobre a alta nobreza; limitaron a autonomía dos municipios (intervindo no nomeamento de cargos) e convocáronse as Cortes o menos posible. • A mellora da Administración. - Fixaron a Corte nunha cidade, que se converteu na capital do Estado. - Crearon unha burocracia de funcionarios profesionais, que executaban as súas ordes. - Estableceron impostos ordinarios, que lles proporcionaban ingresos regulares sen recorrer ás Cortes. • A creación dun exército permanente. Substituíron as tropas feudais que só se reunían en tempos de guerra, por un exército formado, fundamentalmente, por mercenarios a soldo. • A organización das relacións internacionais. - Estableceron relacións diplomáticas con outros países. Esta diplomacia estaba constituída por embaixadores permanentes, encargados de defender os intereses da monarquía e de resolver pacificamente os conflitos; e por embaixadores temporais, enviados para concertar alianzas e tratados. As monarquías autoritarias implantáronse en: ✓ Inglaterra, onde os Tudor remataron coa Guerra Civil das Dúas Rosas. ✓ Francia, onde os Valois remataron co poder dos grandes nobres. ✓ España, onde os Reis Católicos unificaron os seus reinos e deron os primeiros pasos para a configuración do Estado Moderno.
  3. 3. Lección 5. As transformación económicas e os cambios sociais 5.1. O crecemento demográfico • Características do Crecemento Demográfico: – Foi favorable nos séculos XV e XVI debido á mellora das colleitas, a desaparición da peste e a épocas de relativa paz. – Foi lento, por mor da alta mortalidade (sobre todo, infantil) provocada polas enfermidades contaxiosas, o atraso da medicina e a falta de hixiene. – Beneficiou a demanda de produtos agrícolas, artesanais e estimulou o comercio. 5.2. O progreso da economía • Actividades Agrarias: – Maioritarias. – Favorecidas no século XVI polas boas colleitas e ampliación de terras cultivables. • Artesanía: – Evitou o control gremial. – Favoreceuse o Traballo a Domicilio (Domestic system): o empresario proporciónalle ao campesiñado materias primas e ferramentas necesarias para elaborar o produto na súa casa, normalmente en épocas de inactividade agrícola, e despois recollíao e comercializábao. • Comercio: – Creceu debido aos descubrimentos xeográficos. – Diversificou as súas rutas, incorporando novos produtos procedentes de América, como o cacao ou o tabaco. – O comercio Atlántico favoreceu aos portos de Lisboa, Sevilla e o Mar do Norte. • Sistema Económico Capitalista: – Comezou a desenvolverse, especialmente o capitalismo comercial, que baseábase na acumulación de capitais procedentes do comercio. – Aparecen os primeiros bancos oficiais, como a Casa de San Giorgio de Xénova e privados, como os Fugger ou os Médici. – Aumentou a circulación de moeda. – Simplificáronse as operacións mercantís e bancarias (uso de cheques, letras de cambio, etc.). – Fundáronse as primeiras sociedades comerciais.
  4. 4. 5.3. Os cambios sociais • Pervivencia da sociedade estamental, aínda que máis complexa: – Nobreza e clero – Aceptaron o aumento do poder real, pero seguiron formando parte dos estamentos privilexiados (mesmo poder económico e privilexios). – O Terceiro Estado: – Burguesía – Enriqueceuse co comercio transoceánico, os negocios e a banca. – Impúxose, debido a isto aos demais grupos urbanos (artesáns, comerciantes e asalariados). – Campesiñado – Corresponde á maioría do estamento non privilexiado. – En Europa Occidental: as súas condicións de vida melloraron, debido a que se librou da servidume e puido, nalgúns casos, traballar as súas propias terras ou como asalariado dos señores. – En Europa Oriental: a suxeición á terra acentuouse. Lección 6. Os cambios e os conflitos relixiosos. A reforma e a contrarreforma 6.1. As causas da Reforma A Reforma protestante comeza no século XVI en Europa, rompéndose a unidade relixiosa de Europa Occidental arredor da Igrexa Católica. En resposta á Reforma, a Igrexa leva a cabo a renovación espiritual a través da Contrarreforma. ➢ Causas: • Desprestixio do papado e o clero • O poder da Igrexa Católica era moi amplo en Europa. Non obstante, segundo a opinión de moita xente, os papas ocupábanse sobre todo dos seus intereses terreais; os bispos vivían con moitos luxos e non nas súas dioceses. • O baixo clero non tiña preparación e non predicaba, ademais de non dar exemplo de moralidade. • Moitas ordes relixiosas non cumprían cos seus quefaceres. • Os abusos da Igrexa. • NEPOTISMO. Tratábase do favoritismo do alto clero polos seus familiares para ocupar os cargos eclesiásticos.
  5. 5. • NICOLAÍSMO. Matrimonio ilegal, amancebamento ou mantemento de concubinas por parte dos clérigos. • SIMONÍA. Venda de cargos eclesiásticos. • Por outro lado, o Papa, os bispos e os cardeais, vendían tamén o perdón dos pecados a quen comprase un documento de INDULXENCIA. 6.2. A reforma e os reformadores A Reforma Luterana Iniciouse en Alemaña no século XVI. O monxe agostiño Martín Lutero rexeitou a venda de indulxencias ordenada polo Papa León X co fin de pagar as obras do Vaticano. En 1517 expuxo as súas 95 teses contra elas e contra certos aspectos da doutrina católica. Como resposta, o papa condenou e excomungou a Lutero, en 1521. En que se baseaba a doutrina luterana? • Na xustificación pola fe e a libre interpretación da Biblia. • Lutero rexeitou a infalibilidade do papa, aceptou dous únicos sacramentos (Bautismo e Eucaristía), suprimiu o culto á Virxe e os Santos e simplificou a liturxia, • A súa doutrina difundiuse rapidamente por algúns estados alemáns e polo norte de Europa. • A reforma calvinista • Foi predicada por Jean Calvino dende 1536 en Xenebra, Suíza. • Baseábase na súa crenza na predestinación, segundo a cal, as persoas están destinadas por Deus a salvarse ou a condenarse, á marxe das súas accións. • A súa doutrina tivo grande éxito entre a burguesía dos Países Baixos, Suíza, Escocia, Francia e Inglaterra. Nestes dous últimos países foron chamados hugonotes e puritanos, respectivamente. • A reforma anglicana • Xurdiu en Inglaterra, onde o rei Enrique VIII rexeitou a obediencia ao Papa por negarse a concederlle o divorcio da súa esposa, Catalina de Aragón. • En 1534 proclamouse cabeza da Igrexa de Inglaterra. • Nun principio, esta doutrina foi moi similar á católica, e só con tempo adquiriu trazos propios. • Outros: • John Knox é considerado o líder da Reforma en Escocia (Presbiterianos).
  6. 6. • Os calvinistas en Inglaterra chámanse puritanos. Foron moi perseguidos en Inglaterra. 6.3. A Contrarreforma católica • A Contrarreforma foi un movemento de reforma dentro da propia Igrexa católica como reacción á Reforma protestante. • O Concilio de Trento (1545-1563) foi convocado polo papa Pablo III co obxectivo de lograr a reconciliación entre católicos e protestantes. O Concilio de Trento definiu a doutrina católica e a difundiu mediante os catecismos: • As boas obras son necesarias para salvarse. • Os sacramentos son sete. • Só a Igrexa pode interpretar a Biblia. • A Virxe e os santos reciben culto. • O Papa é infalible Ditáronse normas para frear o desprestixio do clero, como a obriga dos bispos de residir nas súas dioceses. Impulsouse a creación de seminarios para formar os sacerdotes. • A Compañía de Xesús. • Fundada por Ignacio de Loyola en 1540. Os seus membros facían un voto especial de obediencia ao Papa, tiñan unha sólida formación teolóxica e dedicáronse á predicación e á educación

×