2. A Coruña, metrópole
agropecuaria
Hoxe costará imaxinar que a área na que está
situada gran parte da 2ª fase do polígono de
Elviña, a zona da Milagrosa e Monelos acolleu
no seu día unha enorme granxa de 16 hectáreas
de extensión.
Entre 1888 e 1964, a cidade portuaria,
comercial, administrativa... converteuse na
capital moderna da agricultura galega.
A Coruña, a través desta granxa, converteuse na
vía de entrada de tódalas innovacións no mundo
do campo, tanto agrícola como gandeiro.
13. A orixe
A Granxa Escola-Experimental de Coruña fúndase
en 1888.
É o primeiro centro de experimentación e
difusión de novas técnicas agrícolas creado
polo Estado para Galicia e Asturias.
A Deputación coruñesa cedeu ao Ministerio de
Fomento os terreos onde se vai ubicar A Granxa.
Será na Horta do Xeneral.
A entrega farase en 1899 e a finca contará con
16 hectáreas.
Problemas orzamentarios e políticos
condicionarán o seu inicio.
14.
15. Innovación agropecuaria
en Galicia
Ao contrario do que ocurría en países
como os Países Baixos e Gran Bretaña,
que entre mediados do século XVIII e XIX
emprenderan a súa particular revolución
agraria, España en xeral, e Galiza en
particular presentaban un notable
atraso.
A agricultura galega estaba levada por
unha serie de prácticas rotinarias nas
que faltaba a incorporación da ciencia e
tecnoloxía. A Granxa significou isto.
16. A casa do director
O director da granxa,
residía neste chalé
modernista ubicado
Aproximadamente na
intersección entre
a praza de Casares Quiroga
e avenida de Salgado Torres.
Contaba cunhas escaleiras
de forxa na súa entrada.
Perto del situábase o
edificio de fitopatoloxía
(a altura da fonte das
Paxariñas. Este centro
foi un dos máis
importantes de do Estado.
Os dous edificios
desapareceron.
17.
18. A Granxa no seu contorno
social e territorial
A Granxa asentábase nunha zona rural,
entre os concellos de A Coruña e Oza e
pegada ao núcleo urbano.
Monelos apenas tiña 1000 habitantes e un
núcleo de casas rurais organizado ao
redor da igrexa de Santa María de Oza.
O rural e o urbano misturábanse nun
contorno máis próximo.
30. Labregos e cidadáns
O interese polo destino do rural ten, na
Galicia de entón, unha pegada claramente
urbana.
Os anos do inicio da Granxa, dirixida
por Hernández Reboredo, coinciden coa
maior intensidade do movemento
agrarista, e coa celebración das
concorridas Asembleas Agrarias iniciadas
en Monforte.
33. Labregos e cidadáns
A mellora e reforma do agro galego
condúcese por varios camiños: a loita
contra o foro, defendendo a propiedade
da terra para os que a traballan,
denunciando o sistema caciquil.
Por outro lado foméntase a innovación
técnica e a mecanización.
A Granxa Experimental encádrase
estreitamente nesta última corrente.
38. Obxectivos da acción
innovadora
Dúas liñas de actuación foron
fundamentais:
A primeira orientada cara a reeducación
fronte a rotina, pasividade e
desconfianza labregas.
A segunda apostar pola innovación
técnica: mecanización, uso de adubos,
combate de andazos e mellora xenética do
gando. Serán os obxectivos fundamentais.
43. Os logros da Granxa
A creación da rubia galega
Tratábase de atopar un modelo de vaca
que se axustase as necesidades da nosa
gandería naquel momento. Estas
necesidades pasaban por darlle unha
orientación leiteira ao animal, fronte
ao que se priorizaba entón que era a a
carne.
Fíxose, baixo a dirección de Hernández
Reboredo, unha selección do mellor gando
existente en Galicia e cruzouse coa raza
suiza “simmenthal”
45. Os logros da Granxa
Mellora dos cultivos forraxeiros
O avanzo nos cultivos forraxeiro-
pratense sobre a idea de que “as
razas fanse pola boca”.
De maneira máis tímida, a Granxa
tamén ensaia curzamentos e melloras
de gado ovino, porcino na década
dos 20 e inicia tamén a promoción
das razas leiteiras.
47. Entrega de premios
nun concurso de gado 1907.
Gañado polo gandeiro
da zona de Pontedeume,
Antonio Borrás. Presentou
un toro de 785 quilos
chamado “Xitano”.
Pouco despois este touro
produciulle a morte
ao embestilo a traizón.
49. Os logros da Granxa
O combate de andazos. A Estación de
Fitopatoloxía Agraria
Andazos como o “oído”, o mildew, ou a tinta do
castaño danan seriamente Europa occidentais
dende mediados do século XIX.
A Estación de Fitopatoloxía créase en 1928
anexa á Granxa, para facer fronte a este
desafío.
Terá unha atención diversificada a todo tipo de
pragas, para rematar na posguerra, naquelas que
precisaban unha atención máis importante como
foi a tinta nos castaños e o escaravello
Colorado nas patacas.
A EFA desapareceu no ano 1951.
51. Os logros da Granxa
O lúpulo nas Mariñas
Instaurouse o cultivo de lúpulo.
Importado de Gran Bretaña en 1913 por
Hernández Robledo.
Esta planta industrial empezou a darse
en Galiza coa axuda da familia Rivera de
“Estrella Galicia” e fixo que se tivese
que importar a materia prima para a
elaboración da cervexa.
En 1935 o seguinte director, Ricardo
Escauriaza, escribiu un tratado sobre o
cultivo.
53. Os logros da Granxa
formación e divulgación das innovacións
En 1907 comeza a funcionar como escola de
“obreiros agrícolas”. Trabállase nos labores de
cultivo, manexo de maquinaria, emprego de
adubos e selección de sementes.
En 1919 establécense as Escolas de Peritos en
tódalas Granxas do Estado. Supondo unha
novedosa descentralización do ensino superior
agrícola, ata daquela restrinxido en Madrid. O
proxecto fracasa e en 1924 é substituída por
unha escola de capacitación agraria que
inicialmente estará localizada en Betanzos e
posteriormente en Bastiagueiro (actual INEF).
55. Os logros da Granxa
importancia da divulgación
O labor formativo alcanza, sobre todo, directamente
aos labregos, a través dos campos de experiencias e
domostración da Cátedra Ambulante, das conferencias
e publicacións gratuítas.
Creáronse campos de experimentación dirixidos pola
Granxa nas comarcas, inicialmente na provincia da
Coruña e posteriormente en toda Galicia (once na
provincia e dezaseis en Galicia)
Establecéronse consultas técnicas a través dos
boletíns da Granxa e o carteo. As cartas recibidas
por consultas dos labregos ascenden a máis de 5000
en 1928, cun promedio anual de 200 cartas.
60. Os logros da Granxa
contactos internacionais
O interese polo mundo agrario foi unha
constante nas clases cultas europeas.
Nun mercado máis amplo de comercialización
de maquinaria, adubos... Foméntanse estas
relacións.
Houbo contactos regulares con empresas
francesas adicadas a cultivos forraxeiros e
de maquinaria alemás, británicas ou
norteamericanas.
No intercambio intelectual, mantense
diálogo regular con centros de
investigación agronómica de Chile, Portugal
e Gran Bretaña.
62. Guerra civil e ditadura
As últimas décadas de vida da Granxa
Os proxectos de innovación agropecuaria
quedaron paralizados coa guerra.
Baixo as novas autoridades o desenvolvemento
rural do país quedará establecido polo Congreso
Agrícola de Galicia de 1944.
O conxunto da actividade formativa está
condicionada polos trazos que caracterizan o
período máis Autárquico da ditadura.
Haberá un forte “apagón tecnolóxico”,
ineficacia das medias políticas, debilidade
orzamentaria e destrución do entramado
asociativo.
64. Guerra civil e ditadura
A súa desaparición
Imposto polo Banco Mundial e o FMI o franquismo
terá que mudar, a partir de 1959, a súa política
autárquica por outra de corte liberal no aspecto
económico.
Comeza a fase desenrolista do Réxime na que a
construción vinculada á expansión urbana ocupará un
papel importantísimo. É un momento cando o espazo
rururbano de Monelos sofre unha radical
transformacións.
As instalacións da Granxa desaparecerán en 1964 e
os edificios modernistas que acolleran a innovación
pasan a mellor vida.
As instalacións pasarán inicialmente a Guísamo e
posteriormente, en 1967, a Mabegondo (Abegondo)
onde se construíra o Centro de Investigacións
Agrarias, cunha extensión de 300 hectáreas. No ano
1983 será transferido á Xunta de Galiza.
66. Leopoldo Hernández Robredo
(Fotografía da esquerda)
Director da Granxa entre 1904 e
1928. Introduce en Galicia a
festa da árbore. Foi iniciador
das estancias de formación no
estranxeiro. Comprendeu a lóxica
produtiva labrega para promover a
adopción de innovacións na medida
das súas necesidades. Establece
con autoridade o modelo de
mellora do gado vacún galego.
experimenta con trebellos e
máquinas e deseña o primeiro
modelo de loita anticriptogámica
aplicada ás condicións galegas.
Persoeiros importantes
Maceliano Álvarez Muñiz
Primeiro director da Granxa.
Dedica a atención á mellora dos
Prados, e á maquinaria. Canaliza
o labor divulgativo a través do
Boletín.
67. Juan Rodríguez Sardiña
Un dos mellores especialistas
europeos en bacterioloxía
agrícola. Estivo pensionado pola
Fundación Rockefeller no Berlín
dos anos vinte. Traballou no
I.I.A. de Madrid, xulgado por un
tribunal franquista, é desterrado
a Galiza. Na Coruña,
especializase en Viroloxía
vexetal e estuda a virose da
pataca. Asesora a sociedade
Española de Fomento do Lúpulo, e
introduce na Galiza o secadoiro
vertical
68. Pedro Urquijo Landaluce
Chega a Galiza no ano 1925, como
enxeñeiro de fitopatoloxía.
Desenvolve a dirección da EFA
entre 1933 e 1940. Ocúpase de
garantir unha dotación de
infraestuturas instalando os
laboratorios e a biblioteca.
Antes da guerra elaborou un mapa
de pragas de Galicia.
69. A GRANXA AGRÍCOLA EXPERIMENTAL, 1888-1964
Presentación elaborada polo
ENDL do IES Elviña
O material fotográfico e
documentación
está tomado da Exposición
Sobre A Granxa Agrícola
Experimental (1888-1964) das
que son comisarios:
Lourenzo Fernández Prieto
Xosé A. Fraga Vázquez
e documentalista:
Antón Santos Pérez