SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 173
UNIDADE 11
O MUNDO GREGO
O mundo grego
5. O esplendor de Atenas
4. A democracia ateniense
3. As colonizacións gregas
2. As polis gregas
1. O nacemento do mundo grego
6. A Grecia helenística
Introdución
• A civilización grega naceu nas costas da Península
Balcánica e nas illas do mar Exeo, e estendeuse por boa
parte do litoral mediterráneo.
• Os gregos organizáronse en pequenas cidades
independentes: as polis. No século V a.C., na cidade de
Atenas, impúxose un novo sistema político: a democracia.
• Todas as polis gregas estaban unidas por indestrutibles
lazos culturais: unha mesma lingua e unha mesma
relixión. Con Alexadre Magno a cultura grega espandiuse
cara ao Oriente.
Fundación de colonias
na Península Ibérica
Revoltas
sociais
Reformas
de Solón
Guerras Médicas
(499-478 a.C.)
Guerras Peloponeso
(431-404 a.C.)
Alexandre Magno
(334-323 a.C.)
Introdución
Actividades
1) ¿En que séculos
tivo lugar a
civilización grega?
2) Observa o mapa:
¿En que partes do
mundo se
desenvolveu a
civilización grega?
Introdución
Solución actividades
1) Desenvolveuse entre o s. X a.C. ao I
a.C. Distinguimos as seguintes
etapas:
• Grandes migracións VIII-VI a.C.
• Supremacía de Esparta VIII-VII a.C.
• Supremacía de Atenas V a.C.
• Alexandre Magno e reinos helenísticos, século IV a I a.C.
• Outras civilizacións contemporáneas á grega foron: época tardía
da civilización exipcia (I milenio a.C.) e o imperio persa (VI-IV a.C.)
Introdución
Solución actividades
2) Desenvolveuse na península
Balcánica e o Peloponeso, nas
costas occidentais de Asia Menor e
illas do Exeo.
• Posteriormente fundaron colonias en
Sicilia, sur de Francia, costas da
Península Ibérica, norte de África e
mar Negro.
1. O nacemento do mundo grego
1.1. O espazo físico
• A civilización grega naceu nas costas da Península Balcánica e
nas costas e illas do mar Exeo.
• Trátase dun relevo montañoso, con estreitos vales de difícil
comunicación e costas moi recortadas.
• Este medio físico deu lugar a unha agricultura de tipo
mediterráneo: oliveira, vides e trigo.
• A súa enorme fachada marítima permite a pesca e o comercio
por toda a costa mediterránea.
• O medio físico propiciou a fragmentación política de Grecia. Non
existiu un gran Estado, senon cantidade de estados
independentes (cidade e territorios que circundaba chamados
polis)
1. O nacemento do mundo grego
1.2. Unha mesma civilización
• A pesar da división política, os gregos posuían unha cultura que
os irmandaba: falaban unha mesma lingua e utilizaban un
alfabeto común para escribila.
• Os poemas de Homero explicábanlles as súas orixes e xetas dos
antepasados (Ilíada e Odisea).
• Tamén practicaban unha mesma relixión politeísta e adoraban
aos mesmos deuses.
• Os deuses gregos eran antropomórficos parecíanse física e
psiquicamente aos seres humanos. Comían, amaban, rían,
choraban ou loitaban.
• Por todo isto os gregos tiñan moitos lazos en común que os
facían sentirse membros dunha mesma civilización: a Hélade.
1. O nacemento do mundo grego
1.3. Homero: a Iliada e a Odisea
• Contan as lendas gregas que
Homero era un poeta cego
do s. VIII a.C. ao que se lle
atribúe a creación destes
dous longos poemas.
• A Ilíada narra a guerra de
Troia, unha cidade de Asia
Menor atacada por príncipes
gregos porque Paris, fillo do
rei de Troia, raptara a Helena,
muller de Menelao, rei de
Esparta.
• A Odisea conta as aventuras
de Ulises, rei da illa de Ítaca,
á súa volta á casa tras a
guerra de Troia.
Cerámica grega onde se
representa unha escena da
Odisea. Cantos de serea
1. O nacemento do mundo grego
1.4. A mitoloxía
• Chamamos mitoloxía ao relato acerca dos deuses
dunha determinada civilización ou cultura.
• Xa comentaramos que a mitoloxía grega é
politeista, isto é, que cre en moitos deuses.
• A diferenza doutras relixións, os deuses gregos
parécense exteriormente aos seres humanos e
teñen sentimentos humanos.
• A mitoloxía desenvolveuse plenamente ao redor
do 700 a.C. As fontes prncipais son tres: a
Teogonía do poeta Hesíodo e a Iliada e a Odisea
Homero.
1. O nacemento do mundo grego
1.4. Principais deuses
• Había un culto privado que tiña un papel moi
importante. Estaba dirixido polo pai de familia.
Ademais, era frecuente acudir aos templos para
facer ofrendas e sacrificios.
• Cada cidade tiña a súa divinidade. A ela rendíase o
culto cívico, con sacrificios e profesións.
• Eran moi supersticiosos. Antes de emprenderen
calquera acción consultaban a vontade dos deuses
a través de oráculos, onde unha pitonísa respondía,
en nome de Apolo, as preguntas sobre o futuro. O
máis importante era o oráculo de Delfos.
• Para saber máis: http://aspasiamelide.blogspot.com/
1. O nacemento do mundo grego
1.4. Principais deuses
• Os gregos crían que os deuses habítaban no monte
Olimpo, situado na rexión de Tesalia
• Formaban unha sociedade organizada en termos de
autoridade e poder. Movíanse con total liberdade e
formaban tres grupos que controlaban tres ámbitos:
o ceo ou firmamento, o mar e a terra.
• Os catorce deuses principais, chamados
habitualmente Olímpicos, eran Zeus, Hera, Hefesto,
, Hades, Artemisa, Atenea, Apolo, Artemisa, Ares,
Afrodita, Hestia, Hermes, Deméter e Poseidón.
• Para saber máis: http://aspasiamelide.blogspot.com/
Monte Olimpo
Morada dos deuses
http://www.youtube.com/watch?v=YcBqc8EopaM
Templo de Apolo en Delfos
1. Principais deuses
1.4. Zeus
• Son o deus do ceo, o máis
importante do Olimpo. Goberno
establecendo a orde, a xustiza e
o destino do Universo.
• Fillo de Cronos e de Rea e irmán
de Poseidón, Hades, Hestia,
Deméter e Hera.
• Casado coa súa irmá Hera é pai
de Ares, Hebe, Hefesto, e de Ilitía
• Teño moitas aventuras
amorosas sin distinción de sexo
con divinidades e seres
humanos.
• Vivía un eterno entroido. Tiña
moitas metamorfoses
(transformacións) para
relacionarme con outras
divinidades e mortais.
• Denomínanme Xúpiter na
mitoloxía romana.
1. Principais deuses
1.4. Hera
• Son a deusa do matrimonio e
protectora das mulleres
casadas. Din de min que son
celosa, violenta e vingativa
• Son nai de Ares, Hefesto,
Hebe de Ilitía.
• Irriteime co príncipe troiano
Paris por preferir a Afrodita,
deusa do amor, antes que a
ela, por iso axudei aos gregos
na guerra de Troia e non se
calmei ata que Troia quedou
destruída.
• Identificanme con Xuno na
mitoloxía romana.
1. Principais deuses
1.4. Hefesto
• Son o deus máis feo de todos.
Son torto, teño chepa e coxeo
porque cando nacín parecinlle
tan feo a miña nai Hera que me
guindou do Olimpo.
• Son o ferreiro dos deuses, eu
constrúo os raios de Zeus, as
armas dos heroes, e todo aquilo
que me encargan.
• Teño a miña fragua de baixo do
monte Etna. Cando me vexades
recoñeceredesme por levar o
martelo, as tenazas e a bigornia.
• Estou casado con Afrodita, ainda
que Helios (o sol por se non
sabedes quen é) dixome que me
estaba enganando con Ares.
• Os romanos chamaranme
Vulcano.
1. Principais deuses
1.4. Artemisa
• Son filla de Zeus e Leto e irmá
xemelga de Apolo.
• Son a deusa da caza, dos animais
salvaxes, da creación, da
castidade e tamén dos partos, pois
axudei a miña nai no parto de meu
irmán. E fíxeno moi ben! Modestia
a parte!jaja!
• Son unha deusa virxe, non quero
aos homes para nada, total son
todos iguais e hai moitos que non
nos merecen verdade rapazas?
• Tamén estou relacionada ca Lúa.
• Normalmente, na arte grega
aparezo representada coma unha
cazadora con vestido curto, botas
de caza, arco e frechas
acompañada dun can de caza ou
un cervo.
• Os romanos chamarame Diana.
1. Principais deuses
1.4. Poseidón
• Son fillo de Cronos e Rea, e
irmán de Zeus, Hades é
Demeter.
• Estou casado (aínda que fun
un chisco infiel,bueno
bastante, pero non vou falar
diso, vos xa me entendedes)
coa ninfa Anfitrite.
• Estara mal que eu o diga,
pero son moi venerado en
Grecia, pois e pobo
mariñeiro, e ao igual que
outros rindenme culto
porque queren ter unha viaxe
segura.
• En Roma chamaránme
Neptuno.
http://aspasiamelide.blogspot.com/2009/03/poseidon.html
1. Principais deuses
1.4. Hades
• Ola a todos! eu son Hades. Filo de
Cronos e Rea e meus irmáns, como
xa sabedes, son Zeus e Poseidón.
• Como o meus irmáns e máis eu
conseguimos a vitoria sobre os
nosos tíos os titáns na titonomaquia,
repartimos entre nós o dominio do
mundo: o ceo para Zeus, o mar para
Poseidón e o inframundo para min.
É un mundo de sombras e onde van
os defuntos.
• Hai un río que separa este mundo do
superior.
• Meu amigo Caronte, o vello
barqueiro, encárgase de transportar
as almas dos mortos através das
augas
• Tamén hai un gardián o can o
Cerbeiro, que ten tres cabezas.
• Non deixa que saian os mortos ni
que entren vivos.
• Os romanos chamaranme Plutón.
1. Principais deuses
1.4. Afrodita
• Ola rapaces! Que tal?
Son Afrodita, deusa do amor e a
beleza.
• Filla de Urano e Xea, nacín do semen
de meu pai pero vouvos contar a
historia completa.
• O meu pai Urano non deixaba saír do
interior da miña nai Xea a meus
irmáns e entón Cronos castrouno e
eu nacín do seu semen.
• Os meus símbolos ou emblemas son:
a cuncha, a pomba, a mazá e o carro
tirado por cisnes.
• Estou casada con Hefesto, pero
como é tan feo teño uns cantos
amantes como Ares, o home ó de
verdade amo e foi co que me pillou
un día o meu marido e co que tiven
un fillo chamado Eros.
• En Roma chamaranme Venus.
1. Principais deuses
1.4. Apolo
• Chámome Apolo. Son filo de Zeus e
Leto e irmá de Artemisa, a deusa
cazadora.
• Nacín na illa de Delos.
• Son polifacético. Deus da beleza, da
luz, do Sol, da mediciña, das artes,
da música e da poesía.
• Teño dous lugares de culto: a
sagrada illa de Delos e o santuario de
Delfos, ao pé do monte Parnaso.
• O oráculo de Delfos é un un gran
recinto sagrado dedicado
principalmente a min, ten no centro o
meu gran templo. Alí estaba a famosa
fonte de Castalia, onde se reunían as
musas. Como xefe das musas e
director do seu coro, actúo como
deus patrón da música e da poesía.
Hermes creou a lira para min e ese
instrumento convertíuse nun atributo
para min.
1. Principais deuses
1.4. Ares
• Ola amigos! son Ares, o
deus olímpico da
guerra.
• Eu son a
personificación da
forza bruta e da
violencia; a diferenza
da miña irmá Atenea,
que ademais de ser
deusa da sabiduría,
tamén o é da guerra,
pero nun senso menos
violento .
• Os romanos
identifícanme como
Marte.
1. Principais deuses
1.4. Atenea
• Eu son Atenea, filla de Zeus e de
Metis, son a deusa da guerra, da
intelixencia, das artes e da paz.
• Como xa saberedes, eu nacín da
cabeza de Zeus xa co meu escudo e
vestida coa armadura, disposta a
pelexar.
• O día que eu nacín os deuses
estaban a pelexar cos xigantes e
grazas a min gañaron, non é por
chulearme nin nada pero...tampouco
me importa dicilo...
• Tiven que competir con Poseidón
polo padroado de Atenas. Para ver
quen era o mellor dos dous,
ofrecimos un regalo aos cidadáns: eu
ofrecinlles o olivo e Poseidón un
cabalo e por suposto elixíronme a
min.
• O olivo converteuse no símbolo de
Atenas, é un dos cultivos máis
abundantes do Mediterráneo.
• Os romanos chamaranme Minerva.
1. Principais deuses
1.4. Demeter
• Son Deméter, filla de Cronos e
Rea.
• Os emblemas cos que me
identifico son: as espigas, a
fouce e a amapoula.
• Son a deusa da agricultura,
nutricia da terra pura e xove,
ciclo vivificador da vida e a
morte, e protectora do
matrimonio e a lei sagrada.
• Tiven unha relación con Zeus, é
dicir, fun unha das súas
amantes, e naceu Perséfone, a
que quero.
• Pero todo se entristeceu na miña
vida, cando Hades, o meu propio
irmán e deus dos infernos, levou
secuestrada á miña filla... estaba
tolo por ela!...
• Os romanos chamaranme Ceres.
1. Principais deuses
1.4. Hestia
• Son Hestia a
deusa da
cociña, da
arquitectura, do
fogar (o meu lar,
o meu lar...)
• Equivalogo á
deusa Vesta na
mitoloxía
romana.
1. Principais deuses
1.4. Hermes
• Son Hermes o
deus dos
camiñantes,
protector dos
viaxeiros e do
comercio.
• En Roma
chamáronme
Mercurio.
1. Principais deuses
1.4. Baco
• Ola, eu son Baco, o
deus do viño e do
teatro.
• Si vas a Roma e
preguntas por min
coñecenme como
Baco, aínda que en
Grecia as veces
tamen me chaman
así.
• Gústame estar todo o
día de festa.
• Os romanos
chamaranme Dioniso.
1. Os heroes
1.4. Heracles
• Son fillos da
relación de deusas
ou deuses con
mortais.
• Dise que a nosa
cidade foi fundada
por un heroe da
mitoloxía grega:
Heracles que os
romanos lle
chamarán
Hércules.
http://fisterraelvina.blogspot.com/2011/03/heracles-hercules-un-heroe.html
1. O nacemento do mundo grego
1.5. Os primeiros gregos: civilización minoica
• Cultura minoica (1.900-1.600 a. C) en Creta. Toma o seu
nome do lendario rei Minos, que mandara construír un
labirinto para encerrar nel ao Minotauro, monstro humano
con cabeza de touro.
•É unha civilización brillante que habita en torno ós
grandes palacios, dos que o máis importante é o de
Cnossos.
•O seu sistema administrativo quedou reflectido nas
taboíñas minoicas, escritas nun silabario chamado lineal A,
que aínda que está sen descifrar sábese que a lingua non é
grega. Os minoicos manteñen relacións comerciais con
Oriente e Exipto, polo que reciben as súas influencias
culturais.
1. O nacemento do mundo grego
1.5. Os primeiros gregos: civilización minoica
• A civilización minoica destaca pola calidade
das súas manifestacións artísticas:
•Os frescos que decoraban as paredes dos
palacios, ídolos, a cerámica, a ourivería...
•Cara o 1.450 a. c. prodúcese a destrución
dos palacios por teremotos producidos pola
erupción do volcán da illa de Santorini.
Palacio de Cnosos
http://www.youtube.com/watch?v=M0OmwELc2yE
1. O nacemento do mundo grego
1.5. Os primeiros gregos: civilización micénica
• Ao redor do 2000 a.C., os aqueos, un pobo
indoeuropeo procedente do Norte, chegou ás terras
gregas.
• Este pobo aséntase entre o 1600 a.C. e o 1200 a.C.
no Peloponeo, fundando unha serie de cidades na
que destaca Micenas.
• Desta civilización sabemos que viven en cidades
amuralladas, usan armas de bronce e carros de
guerra e estableceron relacións comerciais con Asia
Menor.
• A Ilíada relátanos a participación deste pobo na
guerra de Troia.
Máscara de Agamenón
Porta dos Leóns
http://www.youtube.com/watch?v=EYBRLcJKeaU
1. O nacemento do mundo grego
1.5. Os primeiros gregos: os dorios
• Cara o 1200 a.C., os dorios, tamén
procedentes do Norte, asentáronse en
Grecia, conquistando moitas cidades e
convertéronse no novo grupo dominante.
• Acosados polos dorios, moitos aqueos
desprazáronse cara Asia Menor, onde
fundaron varias cidades.
• Coñecían a metalurxia do ferro.
• Nesta etapa XI-IX a.C. fálase de época
escura posto que non temos documentos
escritos sobre ela.
1 O nacemento do mundo grego
Actividades
1) Explica que sucesivos pobos
penetraron en Grecia e se asentaron
no seu territorio.
2) ¿Que elementos constituían a base
da unidade dos gregos?
1 O nacemento do mundo grego
Solución actividades
1) Os aqueos, pobos indoeuropeos
procedentes do norte chegaron á
Península Balcánica cara ao 2000
a.C. e fundaron a civilización
micénica. Cara o 1200 a.C., os dorios
desprazaron a moitos aqueos cara as
costas de Asia Menor, onde fundaron
diversas cidades.
2) Os elementos comúns eran a lingua
e a relixión.
2. As polis gregas
2.1. A Polis: unha cidade-estado
• O mundo grego estaba organizado en pequenas
cidades-Estado independentes, chamadas polis.
• Cada polis tiña as súas leis, a súa moeda, o seu
exército e o seu goberno.
• A cidade tiña dúas partes ben diferenciadas:
• A parte baixa onde se atopaban as vivendas, as
tendas e os edificios públicos, situados ao redor
dunha gran praza (ágora).
• A parte alta (ou acrópole) onde se atopaban os
principais edificios relixiosos, e que lle servía de
refuxio á poboación en caso de perigo.
2. As polis gregas
2.1. O territorio da polis
• O territorio dunha polis debe poder ser
abranguido cun só golpe de vista xa que
deste xeito é doado de defender.
• Tamén cómpre que a súa localización
teña unha situación favorable, próxima
ao mar e ao campo, por razóns de
seguridade e de aprovisionamento de
produtos de primeira necesidade.
• É preciso, ademais, que a cidade poida
comunicarse doadamente co conxunto
do territorio do polis.
Aristóteles, século IV a.C.
2. As polis gregas
2.2. As polis aristócratas
• Nas primeiras polis existía un goberno
oligárquico, composto por un reducido número de
aristócratas, grandes propietarios agrícolas que
dominaban aos campesiños e que constituían a
elite guerreira.
• O resto de cidadáns masculinos podían reunirse
en Asemblea, pero as súas opinións só eran
escoitadas. Este modelo mantívose sempre
nalgunhas polis como Esparta.
• Durante o século VI a.C., nalgunhas polis
producíronse graves revoltas sociais contra o
poder dos aristócratas, especialmente polo
costume de escravizar aos cidadadáns que no
podían pagar as débedas.
2. As polis gregas
2.3. A evolución cara a democracia
• As demandas de maior participación política deron lugar a
reformas sociais e políticas a favor do pobo.
• Foi na cidade de Atenas onde estas reformas adquiriron maior
importancia. O desenvolvemento da agricultura, comercio e
artesanía fixo que moitos cidadáns teren cartos abondosos para
mercar o equipo militar e participar na defensa da cidade
(hoplitas). Esixiron participar no goberno.
• Ao longo do século VI a.C., reformadores como Solón ou
Clístenes anularon a escravitude por débedas e introduciron o
dereito de todos os cidadáns a participaren no goberno da
cidade.
• Estas reformas culminaron coa instauración dunha nova forma
de goberno coñecida como democracia, na que o poder era
exercido polos cidadáns.
2. As polis gregas
Solón
• Son Solón, un dos sete Sabios
de Grecia. Vivín cara o 640-558
a.C.). Fun un político de Atenas
famoso pola miña honestidade e
patriotismo.
• Formei parte do goberno desta
cidade e fixen moitas reformas
entre outras:
• Concedín a amnistía a moitos
exiliados por motivos políticos e
económicos.
• Reformei o sistema que tiña o
goberno para tomar decisións.
• Permitín que as clases sociais
menos favorecidas ocupasen
postos administrativos.
• Prohibín a escravitude por
débedas.
• Axudei ao desenvolvemento da
industria e o comercio,
unificando a moeda entre as
cidades gregas.
2 As polis gregas
Actividades
1) Explica o que eran as polis gregas e
por que constituían unha forma de
organización social e política
diferente á de Exipto ou
Mesopotamia.
2) ¿Que dúas formas de goberno
tiveron as polis gregas? Explica as
súas características.
2 As polis gregas
Solución actividades
1) Eran pequenas cidades-estado
independentes a diferenza dos grandes
imperios como Exipto ou Mesopotamia.
2) Os dous tipos de goberno que
predominaron foron a oligarquía e a
democracia. Na oligarquía, grupos de
aristócratas latifundistas dominaban o
resto da poboación e constituían a elite
guerreira da polis. A democracia
baseábase no goberno dos cidadáns,
mediante unha Asemblea e á protección
de tódolos eles pola lei.
3. As colonizacións gregas
3.1. As causas
• Entre os séculos VIII e VI a.C., numerosos habitantes das
cidades de Grecia emigraron a diferentes lugares das
costas mediterráneas e do mar Negro.
• As condicións de pobreza nas que vivían moitos
campesiños, forzáronos a abandonar as súas cidades de
orixe e instalarse definitivamente noutros lugares, onde
fundaron colonias.
• Os gobernos das polis gregas promoveron e organizaron
estas migracións porque resultaban moi vantaxosas para
as cidades: liberábanse dos desocupados, a construción
de barcos signficaba unha boa fonte de ingresos.
As naves gregas dispoñían dun gran casco para aloxar a carga e utilizaban velas para navegar
3. As colonizacións gregas
3.2. A expansión grega
• A bordo de lixeiras embarcacións, os gregos
percorreron as costas na procura de lugares
axeitados para establecerse e dos que extraer
produtos e comerciar cos indíxenas.
• As novas polis (colonias), aínda que eran
independentes da cidade de orixe (metrópole),
mantiñan con esta estreitos lazos comerciais e
culturais.
• No Mediterráneo, as zonas más importantes de
asentamento foron: o sur de Italia e Sicilia
(Magna Grecia), Massalia (Marsella) e Emporion
(Ampuries).
Templo de Sexesta en Sicilia.
Nas colonias construíronse
Edificios como nas metrópoles
3. As colonizacións gregas
3.3 Os gregos na península Ibérica
• No século VII a.C., os gregos tamén fundaron
colonias na Península Ibérica: Rhode, Emporion,
Hemeroskopeion e Mainake.
• Os gregos estableceron un próspero comercio
cos pobos indíxenas da zona (tartesos, iberos).
• O contacto cos gregos supuxo para estes pobos
grandes avances: difusión de novos cultivos,
coñecemento de novas técnicas (torno
cerámico, metalurxia de ferro), e a introdución
do uso da moeda e a escritura.
3 As colonizacións gregas
Actividades
1) Di o nome das principais colonias
gregas na Península Ibérica.
2) ¿Que vantaxes achegou a
colonización grega aos pobos
peninsulares?
3 As colonizacións gregas
Solución actividades
1) Emporion, Rhode,
Hemeskopeion e Mainake.
2) As vantaxes foron: difusión de
novos cultivos, coñecemento de
novas técnicas de cultivo e
artesanais, cuñaxe de moedas
elemento fundamental para o
intercambio comercial e
introdución da escritura.
4. A democracia ateniense
4.1. As institucións democráticas
• Tralas reformas de Solón (V a.C.). Atenas converteuse
nunha democracia (gobernada polos cidadáns (demos)).
As institucións eran:
• A Asemblea de cidadáns (Ecclesía) reuníase nun outeiro
perto da acrópole. Votaba as leis, controlaba os
orzamentos, declaraba a guerra e elixía maxistrados.
• Os maxistrados eran cidadáns elixidos pola Asemblea
que se ocupaban dos asuntos públicos: os estrategos
(política exterior e exército), os arcontes (por sorteo):
presidían tribunais e cerimonias relixiosas
• Os tribunais populares (Helie) impartían xustiza. Elixidos
cada ano (6000 cidadáns de máis de trinta anos).
• A elaboración e control dos maxistrados, escollíase
mediante sorteo, a 500 cidadáns para formar a Boulé.
4. A democracia ateniense
4.2. Unha democracia limitada
• A democracia ateniense era moi limitada, xa que
só podían participar nos asuntos públicos os
cidadáns.
• Eran cidadáns todos os homes libres, maiores
de idade, nados de pai cidadán e nai ateniense.
• Os cidadáns tiñan dereito a participar na vida
política e a estar protexidos pola lei; estaban
obrigados a formar parte do exército e a pagar
impostos.
Pericles
• Vivín entre o 495 e 425 a.C.
• Fun un excelente militar e
orador de orixe
aristocrático.
• Fun estratego entre o 443
a.C. E 431 a.C.
• Impulsei a construción da
Acrópole de Atenas cos
seus edificios máis
importantes.
• Fun impulsor do sistema
democrático ateniense.
4. A democracia ateniense
4.2. Unha democracia limitada
• Igualmente podían ser penados coa expulsión
da cidade (ostracismo).
• Para que os cidadáns pobres puidesen
participar na vida política, Pericles no s. V a.C.,
instituiu o pagamento dunha pequena suma a
tódolos cargos públicos.
• A maioría da poboación non era cidadá:
mulleres, estranxeiros (metecos) e escravos
sobre os que recaía o peso da actividade
agrícola e artesá.
Os excluídos da democracia
Mulleres
• Os deuses adaptaron a
natureza da muller aos
traballos e coidados
domésticos. Ti, que es
unha muller, deberás
permanecer no fogar e
coidar dos teus fillos.
• Aristóteles s. IV a.C.
Os excluídos da democracia
Metecos
• Faríamos ben en nos
interesar nos metecos,
pois temos neles unha
das nosas mellores
fontes de ingresos,
aliméntanse a si
mesmos e pagan un
imposto de residencia.
• Xenofonte s. IV a.C.
Os excluídos da democracia
Escravos
• É imposible imaxinar realizar
determinados traballos sen
certos instrumentos. Entre
estes instrumentos uns son
inanimados e outros animados.
• O escravo é un instrumento
vivo. Hai seres inferiores e o
emprego da súa forza física é a
mellor cousa que podemos
tomar deles. Son escravos de
seu. A escravitude é xusta.
• Aristóteles. IV a.C.
Funcionamento da democracia ateniense
ECCLESÍA
Asemblea de 40.000 cidadáns que votaban as leis, a guerra e o ostracismo
Elixidos
anualmente
Por sorteo Por sorteo Por sorteo
10 estrategos
Dirixían o
exército
Aplicaban as
leis
10 arcontes
Presidían
tribunais e
actos
relixiosos
Heliea
6000 cidadáns
Tribunal
popular
Boulé
500 cidadáns
Preparaban as
leis
CIDADÁNS MULLERES METECOS ESCRAVOS
PARTICIPAN NA
POLÍTICA
NON PARTICIPAN NA POLÍTICA
Que é a democracia?
• Como as decisións dependen non dunha
minoría senón da maioría, isto é unha
democracia.
• A lei é para todos a mesma e non é a riqueza
senón o mérito e mais a capacidade o que fai
acceder os homes aos cargos e aos honores.
• Os políticos evitan facer aquilo que sexa ilegal
pois os cidadáns vixían a supervisan os
maxistrados e as leis.
• Pericles V a.C.
Instrumentos da democracia
Clepsidra: reloxo
de auga que servía
para medir o tempo de uso
da palabra nas Asembleas
e tribunais.
Fichas de bronce: servían
para indicar o verdito nos xuízos:
Orificio cheo, absolución,
orificio baleiro, condena
4 A democracia ateniense
Actividades
1) ¿Que leis e institucións
explican que Atenas era unha
democracia?
2) ¿Por que se pode dicir que
Atenas era unha democracia
limitada?
4 A democracia ateniense
Solucións actividades
1) Atenas era unha democracia porque
a lei era a mesma para tódolos
cidadáns e a Eclesia era institución
máis importante porque dela
dependía o goberno do país.
2) A democracia ateniense era limitada
porque só interviñan no goberno os
cidadáns maiores de 30 anos. O
resto da poboación non podía
participar en política.
5. O esplendor de Atenas
5.1. A victoria sobre os persas
• No século V a.C., os persas (chamados, tamén,
medos) lánzanse á conquista das polis de
Grecia, son as Guerras Médicas.
• Os exércitos atenienses inflixíronlles
importantes derrotas (Maratón (490 a.C.
rexeitados por un exército de holitas) e
Salamina derrota definitiva e retirada) aos
persas.
• http://fisterraelvina.blogspot.com/2011/03/batalla-de-m
Hoplita
5. O esplendor de Atenas
5.2. Atenas domina Grecia
• A vitoria sobre os persas outorgoulle a Atenas
un papel dominante sobre o resto de cidades
gregas, as cales formaron a Liga de Delos,
asociación dirixida por Atenas.
• Cando algunhas polis, cansas do dominio
abusivo de Atenas, quixeron abandonar a
alianza, esta impedíullelo pola forza.
• Ademais, trasladou o tesouro da Liga á cidade
de Atenas e obrigou ao resto de polis a pagar un
novo tributo; a Liga convertérase nun Imperio
ateniense.
Liga de Delos
Esparta, rival de Atenas
5. O esplendor de Atenas
5.3. A fin da hexemonía ateniense
• O dominio ateniense prolongouse
ata as Guerras do Peloponeso, nas
que Atenas se enfrontou a outras
cidades gregas (Corinto, Esparta,
etc.).
• Medio século máis tarde, case todas
as polis caeron baixo o dominio dun
rei de Macedonia chamado Filipo.
5.4. A acrópole de Atenas
O Partenón
5. O esplendor de Atenas
5.4. A acrópole
• No século V a.C., Atenas converteuse no gran
centro político, social e cultural da época.
Acollendo a grandes artistas e filósofos.
• A Acrópole era un outeiro onde se instalaron os
primeiros atenienses e ao redor do cal se
ergueu a primitiva cidade de Atenas.
• Despois do incendio de Atenas polos persas, os
atenienses reconstruíron a cidade, e
converteron a Acrópole nun centro relixioso.
• Grandes artistas (Ictinios e Fidias, entre outros)
participaron no proxecto de reconstrución.
Planta do templo grego
Plantas dos templos gregos
Planta e sección do
Partenón de Atenas
ORDE DÓRICO ORDE XÓNICO
ORDE DÓRICO
ORDE XÓNICO
ORDE CORINTIO
Templo Tesouro Atenienses
Delfos
491 a.C. Estilo?
Templo Atenea Nike
421 a.C. Estilo?
Templo Zeus
VI a.C. Estilo?
Que edificio é este?
ten algo que ver coa arquitectura clásica de Grecia?
XVI: Renacemento
VILLA CAPRA
Washington
Edificio do Capitolio
XVIII. Neoclásico
Palacio da Ópera (A Coruña)
1989
Hotel Meliá María Pita
1989
Edificio das Lagoas
1996
FUSTE
BASA
CAPITEL
ENTABLAMENTO
Que edificio é este?
ten algo que ver coa arquitectura clásica de Grecia?
Acrópole
Templo de Atenea Nike
Acrópole
Pórtico das cariátides
Koré con peplo.
540 - 530 a.C.
Museo Nacional de
Atenas.
Diferencianse dos
kouros
masculino, as korai
presentábanse
vestidas e cos pes
xuntos, sen teren
unha
Perna avanzada
como no caso dos
varons
Kuros de Anavisos.
540 – 515 a.C.
Museo de Delfos.
Discóbolo
Mirón 450 a.C.
Doríforo
Policleto 450-440 a.C.
Doríforo
Policleto 450-440 a.C.
1
2
3
4
5
6
7
Diadumeno
Policleto 430 a.C.
Atenea Varvakeion
Fidias 439 a.C.
Atenea Lemnia
Fidias 440 a.C.
Dionisos
Frontón do Partenón 448-432 a.C.
Reconstrucción do
frontón este do
Partenón. Deméter,
Perséfone e Hera.
447 – 432 a.C.
Museo Británico,
Londres.
Reconstrucción do
frontón este do Partenón.
Hestia, Dione e Afrodita
447 – 432 a.C.
Museo Británico, Londres.
Fragmento do friso do Partenón (procesión das panateneas): Mozas
447 – 432 a.C. Louvre, París.
Praxíteles. Hermes
con Dionisos.
330 a.C.
Museo de Olimpia.
Escopas.
Ménade
danzante
s. IV a.C.
Lisipo.
Apoxiomeno.
s. IV a.C.
Galo muribundo. 240 – 200 a.C. Museo Capitolino, Roma.
Agesandro,
Polidoro e
Atanodoro.
Laoconte e
fillos.
50 a.C.
Museos
Vaticanos,
Roma.
5 O esplendor de Atenas
Actividades
1) ¿Onde se localiza a acrópole? ¿Que
significa a palabra Acrópole?
2) ¿Que edificios acollía a Acrópole?
Enuméraos e describe o Partenón.
3) ¿Cando e por que foi reconstruída a
Acrópole? ¿Que impulsou a súa
reconstrución?
4) ¿Como venceu Atenas aos persas?
5) ¿Que guerras marcaron a fin da
hexemonía ateniense?
5 O esplendor de Atenas
Solucións actividades
1) A Acrópole era un outeiro onde se instalaron os primeiros
atenienses e arredor da cal se ergueu a cidade de Atenas.
Acrópole significa en grego cidade alta.
2) O templo de Atenea Niké, os Propileos, o templo de Artemisa, o
Partenón, o Erecteion e os altares de Zeus e de Atenea. A modo
de exemplo podemos comentar que o Partenón é un templo de
grandes dimensións construído por Ictinos no s. V a.C. Está
rodeado de grandes columnas de mármore cuns sinxelos capiteis
e as súas dúas fachadas están decoradas con esculturas
realizadas por Fidias. Está cuberto por un tellado a dobre vertente.
No seu interior achábase unha grande escultura da deusa Atenea.
3) A acrópolo foi reconstruída no século V a.C. despois de ser
incendiada polos persas durante as guerras Médicas. Pericles
impulsou a súa reconstrución.
4) Maratón (490 a.C.) e Salamina (480 a.C.)
5) Guerras do Peloponeso. Derrota fronte ao seu rival Esparta.
5. A vida cotiá en Atenas
5.1. Vivenda
• Atenas era unha cidade
amurallada, con rúas
estreitas e sinuosas. Non
había rede de
sumidoiros.
• As vivendas construíanse
ao redor dun patio
central. De unha ou dáus
plantas.
• Tiñan escasa moblaxe e
había departamentos
reservados aos homes
(andrón) e ás mulleres
(xineceo)
Tellado de
tella a dúas augas
Sala de
Homes
(andrón)
Xineceo
Parede de ladrillo
Recuberta de xeso
VIVENDA GREGA
5. A vida cotiá en Atenas
5.2. A familia
• O home era o cabeza de familia. A muller
estaba baixo o dominio do pai ata o
matrimonio, ou do fillo maior en caso de
quedar viúva. Ocupaba a meirande parte
no templo e na casa. Saía pouco a rúa e
cando o facía, ía acompañada.
• Fillos e fillas vivían no xineceo ata os 7
anos. A partir desa idade, os fillos varóns
recibían unha educación na escola. Aos
18 anos (despois de dous anos de servizo
militar) eran recoñecidos cidadáns. As
nenas continuaban na casa aprendendo
labores de fogar.
• As familias ricas tiñan un pedagogo, un
escravo ao servizo dos fillos para
acompañalos á escola e repasar os
estudos.
5. A vida cotiá en Atenas
5.3. Vestido
• Tecido: liño.
• Vestido feminino:
peplos.
• Vestimenta
masculina: chitón
e himatión.
• Calzado:
sandalias.
5. A vida cotiá en Atenas
5.3. Alimentación
• Cereais: trigo.
Pan. Queixo,
verduras,
ovos, olivas,
figos e froita.
• Os ricos tiñan
unha dieta
máis variada
de carne e
peixe.
6. A Grecia Helenística
6.1. O reino de Macedonia
• O rei Filipo II, aproveitando o
enfrontamento entre as cidades gregas
(Guerras do Peloponeso) botouse cun
potente exército (falanxes) á conquista
de Grecia.
• Cara ao ano 338 a.C. conseguiu o
dominio de toda Grecia.
• O fillo de Filipo, Alexandre, que recibiu o
alcume do Magno, sucedeuno no ano 336
a.C.
Alexandre Magno
• Filipo constatou que o seu
fillo tiña un carácter
inflexible e que loitaba
contra toda imposición. Con
todo, gustáballe aprender e
aceptaba escoitar a
aquelles que lle aprendían a
razoar. Filipo fixo vir ao
máis ilustres e máis sabio
dos filósofos gregos,
Aristóteles. Deulle moitos
cartos e Alexandre
aprendeu moral, política e
filosofía.
• Plutarco, s. III
A falanxe era unha formación militar
de diversas leiras de soldados a pé,
equipados con longas lanzas e escudos.
6. A Grecia Helenística
6.2. O Imperio de Alexandre
• Alexandre conseguiu unificar o conxunto de cidades
gregas para conducilas á conquista do Imperio
Persa.
• Entre o 334 e 323 a.C., Alexandre, á fronte do seu
exército de 40.000 homes, non só dominou os
persas, senón que chegou aos confíns do mundo
oriental (A India).
• O soño de Alexandre ía máis aló da conquista militar,
desexaba crear un único Imperio de Europa e Asia
cunha base cultural grega, pero onde cada territorio
conservase as súas formas sociais e políticas.
6. A Grecia Helenística
6.3. Os reinos helenísticos: Alexandría
• Tras a morte de Alexandre, o seu inmenso imperio
dividiuse en reinos: Exipto, Macedonia, Mesopotamia, etc.
Impuxéronse monarcas divinizados e autoritarios. A
cultura e a lingua son gregas. Son os chamados reinos
helenísticos.
• A cidade de Alexandría no delta do Nilo en Exipto,
fundada por Alexandre no ano 331 a.C., converteuse no
símbolo da nova civilización helenística.
• Alexandría era unha cidade de planta grega, chea de
templos e monumentos; o seu enorme faro, a súa
impresionante biblioteca e o seu porto convertérona na
maior cidade do mundo grego e no símbolo de mestura de
Oriente con Occidente.
6 A Grecia Helenística
Actividades
1) ¿Cando iniciou Alexandre Magno o
seu reinado? ¿Cando morreu?
2) Intenta razoar porque dicimos que o
Imperio de Alexandre Magno é a
fusión de Oriente e Occidente.
6 A Grecia Helenística
Solucións actividades
1) No 336 a.C. Alexandro Magno
sucedeu ao seu pai Filipo de
Macedonia. Morreu no ano 323 a.C.
2) Porque trata de relacionar o mundo
grego coas civilización orientais que
se desenvolveron en Asia e norte de
África.
7. A herdanza grega: a cultura clásica
7.1. O pensamento racional
• Grecia é o berce do pensamento racional,
foi o primeiro lugar onde se intentou
explicar os fenómenos máis complicados
mediante a razón humana.
• Os seres humanos poderían ser capaces
de comprender e explicar o mundo que
os rodeaba, sen a necesidade de recorrer
aos deuses.
7. A herdanza grega: a cultura clásica
7.2. Filosofía, ciencia e dereito
• Os filósofos gregos comezaron a buscarlles explicacións ás
grandes interrogantes da vida mediante o diálogo e a reflexión.
Destacaron Sócrates, Platón e Aristóteles.
• Algúns pensadores empezaron a buscar as causas que
regulaban a orixe e o funcionamento da natureza (explicacións
científicas). Tales de Mileto, Pitágoras e Euclides destacaron
nas matemáticas e xeometría. Arquímides é considerado o pai da
física. A medicina moderna nace con Hipócrates. En xeografía
destaca Eratóstenes e Herodoto. Aristarco estableceu que os
planetas xiran ao redor do Sol.
• A gran contribución romana foi o dereito, que exerceu unha
grande influencia sobre toda a lexislación posterior.
Parafuso de Arquímides
Poleas
Catapulta
Guindastre
7. A herdanza grega: a cultura clásica
7.3. Teatro
• O teatro foi a gran creación literaria do mundo grecorromano e
ofrécenos dous grandes xéneros: a traxedia e a comedia. Os
actores usaban máscaras e calzaban zaptos altos. As mulleres
non podían actuar. Os papeis femininos eran representados por
homes.
• A traxedia amosaba os sentimentos, os conflitos humanos e a
forza da paixón.
• A comedia recreaba de forma satírica distintos aspectos da vida
cotiá.
• Os grandes autores tráxicos foron de orixe grega: Esquilo,
Sófocles e Eurípides.
• No terreo da comedia salientou o romano Plauto, cuxas obras
constituían unha dura crítica á sociedade romana.
Mundo grego
Mundo grego
Mundo grego
Mundo grego

Más contenido relacionado

Similar a Mundo grego

Similar a Mundo grego (20)

Grecia
GreciaGrecia
Grecia
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
Grecia, de polis a imperio
Grecia, de polis a imperioGrecia, de polis a imperio
Grecia, de polis a imperio
 
11c o antigo exipto
11c o antigo exipto11c o antigo exipto
11c o antigo exipto
 
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amorAna Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
 
Tema 11. a antiga grecia
Tema 11. a antiga greciaTema 11. a antiga grecia
Tema 11. a antiga grecia
 
A relixión grega e romana
A relixión grega e romanaA relixión grega e romana
A relixión grega e romana
 
Proxecto: Exipto
Proxecto: ExiptoProxecto: Exipto
Proxecto: Exipto
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)
 
A CULTURA EXIPCIA
A CULTURA EXIPCIAA CULTURA EXIPCIA
A CULTURA EXIPCIA
 
A antiga grecia
A antiga greciaA antiga grecia
A antiga grecia
 
A antiga grecia
A antiga greciaA antiga grecia
A antiga grecia
 
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede RodríguezEl mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
 
Tema grecia sm 1º eso santillana
Tema grecia sm 1º eso santillanaTema grecia sm 1º eso santillana
Tema grecia sm 1º eso santillana
 
09 a civilización grega
09 a civilización grega 09 a civilización grega
09 a civilización grega
 
Guión para os nenos e nenas de 2º
Guión para os nenos e nenas de 2ºGuión para os nenos e nenas de 2º
Guión para os nenos e nenas de 2º
 
1. O saber filosófico
1. O saber filosófico1. O saber filosófico
1. O saber filosófico
 
A civilización grega 2ª parte
A civilización grega 2ª  parteA civilización grega 2ª  parte
A civilización grega 2ª parte
 
A Hélade
A HéladeA Hélade
A Hélade
 
Mitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xéneroMitoloxía, literatura e xénero
Mitoloxía, literatura e xénero
 

Más de Agrela Elvixeo

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 

Más de Agrela Elvixeo (20)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 

Último

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 

Mundo grego

  • 2. O mundo grego 5. O esplendor de Atenas 4. A democracia ateniense 3. As colonizacións gregas 2. As polis gregas 1. O nacemento do mundo grego 6. A Grecia helenística
  • 3. Introdución • A civilización grega naceu nas costas da Península Balcánica e nas illas do mar Exeo, e estendeuse por boa parte do litoral mediterráneo. • Os gregos organizáronse en pequenas cidades independentes: as polis. No século V a.C., na cidade de Atenas, impúxose un novo sistema político: a democracia. • Todas as polis gregas estaban unidas por indestrutibles lazos culturais: unha mesma lingua e unha mesma relixión. Con Alexadre Magno a cultura grega espandiuse cara ao Oriente. Fundación de colonias na Península Ibérica Revoltas sociais Reformas de Solón Guerras Médicas (499-478 a.C.) Guerras Peloponeso (431-404 a.C.) Alexandre Magno (334-323 a.C.)
  • 4.
  • 5. Introdución Actividades 1) ¿En que séculos tivo lugar a civilización grega? 2) Observa o mapa: ¿En que partes do mundo se desenvolveu a civilización grega?
  • 6. Introdución Solución actividades 1) Desenvolveuse entre o s. X a.C. ao I a.C. Distinguimos as seguintes etapas: • Grandes migracións VIII-VI a.C. • Supremacía de Esparta VIII-VII a.C. • Supremacía de Atenas V a.C. • Alexandre Magno e reinos helenísticos, século IV a I a.C. • Outras civilizacións contemporáneas á grega foron: época tardía da civilización exipcia (I milenio a.C.) e o imperio persa (VI-IV a.C.)
  • 7. Introdución Solución actividades 2) Desenvolveuse na península Balcánica e o Peloponeso, nas costas occidentais de Asia Menor e illas do Exeo. • Posteriormente fundaron colonias en Sicilia, sur de Francia, costas da Península Ibérica, norte de África e mar Negro.
  • 8. 1. O nacemento do mundo grego 1.1. O espazo físico • A civilización grega naceu nas costas da Península Balcánica e nas costas e illas do mar Exeo. • Trátase dun relevo montañoso, con estreitos vales de difícil comunicación e costas moi recortadas. • Este medio físico deu lugar a unha agricultura de tipo mediterráneo: oliveira, vides e trigo. • A súa enorme fachada marítima permite a pesca e o comercio por toda a costa mediterránea. • O medio físico propiciou a fragmentación política de Grecia. Non existiu un gran Estado, senon cantidade de estados independentes (cidade e territorios que circundaba chamados polis)
  • 9.
  • 10.
  • 11. 1. O nacemento do mundo grego 1.2. Unha mesma civilización • A pesar da división política, os gregos posuían unha cultura que os irmandaba: falaban unha mesma lingua e utilizaban un alfabeto común para escribila. • Os poemas de Homero explicábanlles as súas orixes e xetas dos antepasados (Ilíada e Odisea). • Tamén practicaban unha mesma relixión politeísta e adoraban aos mesmos deuses. • Os deuses gregos eran antropomórficos parecíanse física e psiquicamente aos seres humanos. Comían, amaban, rían, choraban ou loitaban. • Por todo isto os gregos tiñan moitos lazos en común que os facían sentirse membros dunha mesma civilización: a Hélade.
  • 12. 1. O nacemento do mundo grego 1.3. Homero: a Iliada e a Odisea • Contan as lendas gregas que Homero era un poeta cego do s. VIII a.C. ao que se lle atribúe a creación destes dous longos poemas. • A Ilíada narra a guerra de Troia, unha cidade de Asia Menor atacada por príncipes gregos porque Paris, fillo do rei de Troia, raptara a Helena, muller de Menelao, rei de Esparta. • A Odisea conta as aventuras de Ulises, rei da illa de Ítaca, á súa volta á casa tras a guerra de Troia. Cerámica grega onde se representa unha escena da Odisea. Cantos de serea
  • 13. 1. O nacemento do mundo grego 1.4. A mitoloxía • Chamamos mitoloxía ao relato acerca dos deuses dunha determinada civilización ou cultura. • Xa comentaramos que a mitoloxía grega é politeista, isto é, que cre en moitos deuses. • A diferenza doutras relixións, os deuses gregos parécense exteriormente aos seres humanos e teñen sentimentos humanos. • A mitoloxía desenvolveuse plenamente ao redor do 700 a.C. As fontes prncipais son tres: a Teogonía do poeta Hesíodo e a Iliada e a Odisea Homero.
  • 14. 1. O nacemento do mundo grego 1.4. Principais deuses • Había un culto privado que tiña un papel moi importante. Estaba dirixido polo pai de familia. Ademais, era frecuente acudir aos templos para facer ofrendas e sacrificios. • Cada cidade tiña a súa divinidade. A ela rendíase o culto cívico, con sacrificios e profesións. • Eran moi supersticiosos. Antes de emprenderen calquera acción consultaban a vontade dos deuses a través de oráculos, onde unha pitonísa respondía, en nome de Apolo, as preguntas sobre o futuro. O máis importante era o oráculo de Delfos. • Para saber máis: http://aspasiamelide.blogspot.com/
  • 15. 1. O nacemento do mundo grego 1.4. Principais deuses • Os gregos crían que os deuses habítaban no monte Olimpo, situado na rexión de Tesalia • Formaban unha sociedade organizada en termos de autoridade e poder. Movíanse con total liberdade e formaban tres grupos que controlaban tres ámbitos: o ceo ou firmamento, o mar e a terra. • Os catorce deuses principais, chamados habitualmente Olímpicos, eran Zeus, Hera, Hefesto, , Hades, Artemisa, Atenea, Apolo, Artemisa, Ares, Afrodita, Hestia, Hermes, Deméter e Poseidón. • Para saber máis: http://aspasiamelide.blogspot.com/
  • 16. Monte Olimpo Morada dos deuses http://www.youtube.com/watch?v=YcBqc8EopaM
  • 17. Templo de Apolo en Delfos
  • 18.
  • 19. 1. Principais deuses 1.4. Zeus • Son o deus do ceo, o máis importante do Olimpo. Goberno establecendo a orde, a xustiza e o destino do Universo. • Fillo de Cronos e de Rea e irmán de Poseidón, Hades, Hestia, Deméter e Hera. • Casado coa súa irmá Hera é pai de Ares, Hebe, Hefesto, e de Ilitía • Teño moitas aventuras amorosas sin distinción de sexo con divinidades e seres humanos. • Vivía un eterno entroido. Tiña moitas metamorfoses (transformacións) para relacionarme con outras divinidades e mortais. • Denomínanme Xúpiter na mitoloxía romana.
  • 20. 1. Principais deuses 1.4. Hera • Son a deusa do matrimonio e protectora das mulleres casadas. Din de min que son celosa, violenta e vingativa • Son nai de Ares, Hefesto, Hebe de Ilitía. • Irriteime co príncipe troiano Paris por preferir a Afrodita, deusa do amor, antes que a ela, por iso axudei aos gregos na guerra de Troia e non se calmei ata que Troia quedou destruída. • Identificanme con Xuno na mitoloxía romana.
  • 21. 1. Principais deuses 1.4. Hefesto • Son o deus máis feo de todos. Son torto, teño chepa e coxeo porque cando nacín parecinlle tan feo a miña nai Hera que me guindou do Olimpo. • Son o ferreiro dos deuses, eu constrúo os raios de Zeus, as armas dos heroes, e todo aquilo que me encargan. • Teño a miña fragua de baixo do monte Etna. Cando me vexades recoñeceredesme por levar o martelo, as tenazas e a bigornia. • Estou casado con Afrodita, ainda que Helios (o sol por se non sabedes quen é) dixome que me estaba enganando con Ares. • Os romanos chamaranme Vulcano.
  • 22. 1. Principais deuses 1.4. Artemisa • Son filla de Zeus e Leto e irmá xemelga de Apolo. • Son a deusa da caza, dos animais salvaxes, da creación, da castidade e tamén dos partos, pois axudei a miña nai no parto de meu irmán. E fíxeno moi ben! Modestia a parte!jaja! • Son unha deusa virxe, non quero aos homes para nada, total son todos iguais e hai moitos que non nos merecen verdade rapazas? • Tamén estou relacionada ca Lúa. • Normalmente, na arte grega aparezo representada coma unha cazadora con vestido curto, botas de caza, arco e frechas acompañada dun can de caza ou un cervo. • Os romanos chamarame Diana.
  • 23. 1. Principais deuses 1.4. Poseidón • Son fillo de Cronos e Rea, e irmán de Zeus, Hades é Demeter. • Estou casado (aínda que fun un chisco infiel,bueno bastante, pero non vou falar diso, vos xa me entendedes) coa ninfa Anfitrite. • Estara mal que eu o diga, pero son moi venerado en Grecia, pois e pobo mariñeiro, e ao igual que outros rindenme culto porque queren ter unha viaxe segura. • En Roma chamaránme Neptuno. http://aspasiamelide.blogspot.com/2009/03/poseidon.html
  • 24. 1. Principais deuses 1.4. Hades • Ola a todos! eu son Hades. Filo de Cronos e Rea e meus irmáns, como xa sabedes, son Zeus e Poseidón. • Como o meus irmáns e máis eu conseguimos a vitoria sobre os nosos tíos os titáns na titonomaquia, repartimos entre nós o dominio do mundo: o ceo para Zeus, o mar para Poseidón e o inframundo para min. É un mundo de sombras e onde van os defuntos. • Hai un río que separa este mundo do superior. • Meu amigo Caronte, o vello barqueiro, encárgase de transportar as almas dos mortos através das augas • Tamén hai un gardián o can o Cerbeiro, que ten tres cabezas. • Non deixa que saian os mortos ni que entren vivos. • Os romanos chamaranme Plutón.
  • 25. 1. Principais deuses 1.4. Afrodita • Ola rapaces! Que tal? Son Afrodita, deusa do amor e a beleza. • Filla de Urano e Xea, nacín do semen de meu pai pero vouvos contar a historia completa. • O meu pai Urano non deixaba saír do interior da miña nai Xea a meus irmáns e entón Cronos castrouno e eu nacín do seu semen. • Os meus símbolos ou emblemas son: a cuncha, a pomba, a mazá e o carro tirado por cisnes. • Estou casada con Hefesto, pero como é tan feo teño uns cantos amantes como Ares, o home ó de verdade amo e foi co que me pillou un día o meu marido e co que tiven un fillo chamado Eros. • En Roma chamaranme Venus.
  • 26. 1. Principais deuses 1.4. Apolo • Chámome Apolo. Son filo de Zeus e Leto e irmá de Artemisa, a deusa cazadora. • Nacín na illa de Delos. • Son polifacético. Deus da beleza, da luz, do Sol, da mediciña, das artes, da música e da poesía. • Teño dous lugares de culto: a sagrada illa de Delos e o santuario de Delfos, ao pé do monte Parnaso. • O oráculo de Delfos é un un gran recinto sagrado dedicado principalmente a min, ten no centro o meu gran templo. Alí estaba a famosa fonte de Castalia, onde se reunían as musas. Como xefe das musas e director do seu coro, actúo como deus patrón da música e da poesía. Hermes creou a lira para min e ese instrumento convertíuse nun atributo para min.
  • 27. 1. Principais deuses 1.4. Ares • Ola amigos! son Ares, o deus olímpico da guerra. • Eu son a personificación da forza bruta e da violencia; a diferenza da miña irmá Atenea, que ademais de ser deusa da sabiduría, tamén o é da guerra, pero nun senso menos violento . • Os romanos identifícanme como Marte.
  • 28. 1. Principais deuses 1.4. Atenea • Eu son Atenea, filla de Zeus e de Metis, son a deusa da guerra, da intelixencia, das artes e da paz. • Como xa saberedes, eu nacín da cabeza de Zeus xa co meu escudo e vestida coa armadura, disposta a pelexar. • O día que eu nacín os deuses estaban a pelexar cos xigantes e grazas a min gañaron, non é por chulearme nin nada pero...tampouco me importa dicilo... • Tiven que competir con Poseidón polo padroado de Atenas. Para ver quen era o mellor dos dous, ofrecimos un regalo aos cidadáns: eu ofrecinlles o olivo e Poseidón un cabalo e por suposto elixíronme a min. • O olivo converteuse no símbolo de Atenas, é un dos cultivos máis abundantes do Mediterráneo. • Os romanos chamaranme Minerva.
  • 29. 1. Principais deuses 1.4. Demeter • Son Deméter, filla de Cronos e Rea. • Os emblemas cos que me identifico son: as espigas, a fouce e a amapoula. • Son a deusa da agricultura, nutricia da terra pura e xove, ciclo vivificador da vida e a morte, e protectora do matrimonio e a lei sagrada. • Tiven unha relación con Zeus, é dicir, fun unha das súas amantes, e naceu Perséfone, a que quero. • Pero todo se entristeceu na miña vida, cando Hades, o meu propio irmán e deus dos infernos, levou secuestrada á miña filla... estaba tolo por ela!... • Os romanos chamaranme Ceres.
  • 30. 1. Principais deuses 1.4. Hestia • Son Hestia a deusa da cociña, da arquitectura, do fogar (o meu lar, o meu lar...) • Equivalogo á deusa Vesta na mitoloxía romana.
  • 31. 1. Principais deuses 1.4. Hermes • Son Hermes o deus dos camiñantes, protector dos viaxeiros e do comercio. • En Roma chamáronme Mercurio.
  • 32. 1. Principais deuses 1.4. Baco • Ola, eu son Baco, o deus do viño e do teatro. • Si vas a Roma e preguntas por min coñecenme como Baco, aínda que en Grecia as veces tamen me chaman así. • Gústame estar todo o día de festa. • Os romanos chamaranme Dioniso.
  • 33.
  • 34.
  • 35. 1. Os heroes 1.4. Heracles • Son fillos da relación de deusas ou deuses con mortais. • Dise que a nosa cidade foi fundada por un heroe da mitoloxía grega: Heracles que os romanos lle chamarán Hércules. http://fisterraelvina.blogspot.com/2011/03/heracles-hercules-un-heroe.html
  • 36.
  • 37. 1. O nacemento do mundo grego 1.5. Os primeiros gregos: civilización minoica • Cultura minoica (1.900-1.600 a. C) en Creta. Toma o seu nome do lendario rei Minos, que mandara construír un labirinto para encerrar nel ao Minotauro, monstro humano con cabeza de touro. •É unha civilización brillante que habita en torno ós grandes palacios, dos que o máis importante é o de Cnossos. •O seu sistema administrativo quedou reflectido nas taboíñas minoicas, escritas nun silabario chamado lineal A, que aínda que está sen descifrar sábese que a lingua non é grega. Os minoicos manteñen relacións comerciais con Oriente e Exipto, polo que reciben as súas influencias culturais.
  • 38. 1. O nacemento do mundo grego 1.5. Os primeiros gregos: civilización minoica • A civilización minoica destaca pola calidade das súas manifestacións artísticas: •Os frescos que decoraban as paredes dos palacios, ídolos, a cerámica, a ourivería... •Cara o 1.450 a. c. prodúcese a destrución dos palacios por teremotos producidos pola erupción do volcán da illa de Santorini.
  • 40. 1. O nacemento do mundo grego 1.5. Os primeiros gregos: civilización micénica • Ao redor do 2000 a.C., os aqueos, un pobo indoeuropeo procedente do Norte, chegou ás terras gregas. • Este pobo aséntase entre o 1600 a.C. e o 1200 a.C. no Peloponeo, fundando unha serie de cidades na que destaca Micenas. • Desta civilización sabemos que viven en cidades amuralladas, usan armas de bronce e carros de guerra e estableceron relacións comerciais con Asia Menor. • A Ilíada relátanos a participación deste pobo na guerra de Troia.
  • 41.
  • 42.
  • 43. Máscara de Agamenón Porta dos Leóns http://www.youtube.com/watch?v=EYBRLcJKeaU
  • 44. 1. O nacemento do mundo grego 1.5. Os primeiros gregos: os dorios • Cara o 1200 a.C., os dorios, tamén procedentes do Norte, asentáronse en Grecia, conquistando moitas cidades e convertéronse no novo grupo dominante. • Acosados polos dorios, moitos aqueos desprazáronse cara Asia Menor, onde fundaron varias cidades. • Coñecían a metalurxia do ferro. • Nesta etapa XI-IX a.C. fálase de época escura posto que non temos documentos escritos sobre ela.
  • 45.
  • 46. 1 O nacemento do mundo grego Actividades 1) Explica que sucesivos pobos penetraron en Grecia e se asentaron no seu territorio. 2) ¿Que elementos constituían a base da unidade dos gregos?
  • 47. 1 O nacemento do mundo grego Solución actividades 1) Os aqueos, pobos indoeuropeos procedentes do norte chegaron á Península Balcánica cara ao 2000 a.C. e fundaron a civilización micénica. Cara o 1200 a.C., os dorios desprazaron a moitos aqueos cara as costas de Asia Menor, onde fundaron diversas cidades. 2) Os elementos comúns eran a lingua e a relixión.
  • 48. 2. As polis gregas 2.1. A Polis: unha cidade-estado • O mundo grego estaba organizado en pequenas cidades-Estado independentes, chamadas polis. • Cada polis tiña as súas leis, a súa moeda, o seu exército e o seu goberno. • A cidade tiña dúas partes ben diferenciadas: • A parte baixa onde se atopaban as vivendas, as tendas e os edificios públicos, situados ao redor dunha gran praza (ágora). • A parte alta (ou acrópole) onde se atopaban os principais edificios relixiosos, e que lle servía de refuxio á poboación en caso de perigo.
  • 49.
  • 50.
  • 51.
  • 52.
  • 53. 2. As polis gregas 2.1. O territorio da polis • O territorio dunha polis debe poder ser abranguido cun só golpe de vista xa que deste xeito é doado de defender. • Tamén cómpre que a súa localización teña unha situación favorable, próxima ao mar e ao campo, por razóns de seguridade e de aprovisionamento de produtos de primeira necesidade. • É preciso, ademais, que a cidade poida comunicarse doadamente co conxunto do territorio do polis. Aristóteles, século IV a.C.
  • 54. 2. As polis gregas 2.2. As polis aristócratas • Nas primeiras polis existía un goberno oligárquico, composto por un reducido número de aristócratas, grandes propietarios agrícolas que dominaban aos campesiños e que constituían a elite guerreira. • O resto de cidadáns masculinos podían reunirse en Asemblea, pero as súas opinións só eran escoitadas. Este modelo mantívose sempre nalgunhas polis como Esparta. • Durante o século VI a.C., nalgunhas polis producíronse graves revoltas sociais contra o poder dos aristócratas, especialmente polo costume de escravizar aos cidadadáns que no podían pagar as débedas.
  • 55. 2. As polis gregas 2.3. A evolución cara a democracia • As demandas de maior participación política deron lugar a reformas sociais e políticas a favor do pobo. • Foi na cidade de Atenas onde estas reformas adquiriron maior importancia. O desenvolvemento da agricultura, comercio e artesanía fixo que moitos cidadáns teren cartos abondosos para mercar o equipo militar e participar na defensa da cidade (hoplitas). Esixiron participar no goberno. • Ao longo do século VI a.C., reformadores como Solón ou Clístenes anularon a escravitude por débedas e introduciron o dereito de todos os cidadáns a participaren no goberno da cidade. • Estas reformas culminaron coa instauración dunha nova forma de goberno coñecida como democracia, na que o poder era exercido polos cidadáns.
  • 56. 2. As polis gregas Solón • Son Solón, un dos sete Sabios de Grecia. Vivín cara o 640-558 a.C.). Fun un político de Atenas famoso pola miña honestidade e patriotismo. • Formei parte do goberno desta cidade e fixen moitas reformas entre outras: • Concedín a amnistía a moitos exiliados por motivos políticos e económicos. • Reformei o sistema que tiña o goberno para tomar decisións. • Permitín que as clases sociais menos favorecidas ocupasen postos administrativos. • Prohibín a escravitude por débedas. • Axudei ao desenvolvemento da industria e o comercio, unificando a moeda entre as cidades gregas.
  • 57. 2 As polis gregas Actividades 1) Explica o que eran as polis gregas e por que constituían unha forma de organización social e política diferente á de Exipto ou Mesopotamia. 2) ¿Que dúas formas de goberno tiveron as polis gregas? Explica as súas características.
  • 58. 2 As polis gregas Solución actividades 1) Eran pequenas cidades-estado independentes a diferenza dos grandes imperios como Exipto ou Mesopotamia. 2) Os dous tipos de goberno que predominaron foron a oligarquía e a democracia. Na oligarquía, grupos de aristócratas latifundistas dominaban o resto da poboación e constituían a elite guerreira da polis. A democracia baseábase no goberno dos cidadáns, mediante unha Asemblea e á protección de tódolos eles pola lei.
  • 59. 3. As colonizacións gregas 3.1. As causas • Entre os séculos VIII e VI a.C., numerosos habitantes das cidades de Grecia emigraron a diferentes lugares das costas mediterráneas e do mar Negro. • As condicións de pobreza nas que vivían moitos campesiños, forzáronos a abandonar as súas cidades de orixe e instalarse definitivamente noutros lugares, onde fundaron colonias. • Os gobernos das polis gregas promoveron e organizaron estas migracións porque resultaban moi vantaxosas para as cidades: liberábanse dos desocupados, a construción de barcos signficaba unha boa fonte de ingresos.
  • 60. As naves gregas dispoñían dun gran casco para aloxar a carga e utilizaban velas para navegar
  • 61.
  • 62.
  • 63. 3. As colonizacións gregas 3.2. A expansión grega • A bordo de lixeiras embarcacións, os gregos percorreron as costas na procura de lugares axeitados para establecerse e dos que extraer produtos e comerciar cos indíxenas. • As novas polis (colonias), aínda que eran independentes da cidade de orixe (metrópole), mantiñan con esta estreitos lazos comerciais e culturais. • No Mediterráneo, as zonas más importantes de asentamento foron: o sur de Italia e Sicilia (Magna Grecia), Massalia (Marsella) e Emporion (Ampuries).
  • 64.
  • 65.
  • 66.
  • 67.
  • 68. Templo de Sexesta en Sicilia. Nas colonias construíronse Edificios como nas metrópoles
  • 69. 3. As colonizacións gregas 3.3 Os gregos na península Ibérica • No século VII a.C., os gregos tamén fundaron colonias na Península Ibérica: Rhode, Emporion, Hemeroskopeion e Mainake. • Os gregos estableceron un próspero comercio cos pobos indíxenas da zona (tartesos, iberos). • O contacto cos gregos supuxo para estes pobos grandes avances: difusión de novos cultivos, coñecemento de novas técnicas (torno cerámico, metalurxia de ferro), e a introdución do uso da moeda e a escritura.
  • 70.
  • 71. 3 As colonizacións gregas Actividades 1) Di o nome das principais colonias gregas na Península Ibérica. 2) ¿Que vantaxes achegou a colonización grega aos pobos peninsulares?
  • 72. 3 As colonizacións gregas Solución actividades 1) Emporion, Rhode, Hemeskopeion e Mainake. 2) As vantaxes foron: difusión de novos cultivos, coñecemento de novas técnicas de cultivo e artesanais, cuñaxe de moedas elemento fundamental para o intercambio comercial e introdución da escritura.
  • 73.
  • 74. 4. A democracia ateniense 4.1. As institucións democráticas • Tralas reformas de Solón (V a.C.). Atenas converteuse nunha democracia (gobernada polos cidadáns (demos)). As institucións eran: • A Asemblea de cidadáns (Ecclesía) reuníase nun outeiro perto da acrópole. Votaba as leis, controlaba os orzamentos, declaraba a guerra e elixía maxistrados. • Os maxistrados eran cidadáns elixidos pola Asemblea que se ocupaban dos asuntos públicos: os estrategos (política exterior e exército), os arcontes (por sorteo): presidían tribunais e cerimonias relixiosas • Os tribunais populares (Helie) impartían xustiza. Elixidos cada ano (6000 cidadáns de máis de trinta anos). • A elaboración e control dos maxistrados, escollíase mediante sorteo, a 500 cidadáns para formar a Boulé.
  • 75. 4. A democracia ateniense 4.2. Unha democracia limitada • A democracia ateniense era moi limitada, xa que só podían participar nos asuntos públicos os cidadáns. • Eran cidadáns todos os homes libres, maiores de idade, nados de pai cidadán e nai ateniense. • Os cidadáns tiñan dereito a participar na vida política e a estar protexidos pola lei; estaban obrigados a formar parte do exército e a pagar impostos.
  • 76. Pericles • Vivín entre o 495 e 425 a.C. • Fun un excelente militar e orador de orixe aristocrático. • Fun estratego entre o 443 a.C. E 431 a.C. • Impulsei a construción da Acrópole de Atenas cos seus edificios máis importantes. • Fun impulsor do sistema democrático ateniense.
  • 77. 4. A democracia ateniense 4.2. Unha democracia limitada • Igualmente podían ser penados coa expulsión da cidade (ostracismo). • Para que os cidadáns pobres puidesen participar na vida política, Pericles no s. V a.C., instituiu o pagamento dunha pequena suma a tódolos cargos públicos. • A maioría da poboación non era cidadá: mulleres, estranxeiros (metecos) e escravos sobre os que recaía o peso da actividade agrícola e artesá.
  • 78. Os excluídos da democracia Mulleres • Os deuses adaptaron a natureza da muller aos traballos e coidados domésticos. Ti, que es unha muller, deberás permanecer no fogar e coidar dos teus fillos. • Aristóteles s. IV a.C.
  • 79. Os excluídos da democracia Metecos • Faríamos ben en nos interesar nos metecos, pois temos neles unha das nosas mellores fontes de ingresos, aliméntanse a si mesmos e pagan un imposto de residencia. • Xenofonte s. IV a.C.
  • 80. Os excluídos da democracia Escravos • É imposible imaxinar realizar determinados traballos sen certos instrumentos. Entre estes instrumentos uns son inanimados e outros animados. • O escravo é un instrumento vivo. Hai seres inferiores e o emprego da súa forza física é a mellor cousa que podemos tomar deles. Son escravos de seu. A escravitude é xusta. • Aristóteles. IV a.C.
  • 81. Funcionamento da democracia ateniense ECCLESÍA Asemblea de 40.000 cidadáns que votaban as leis, a guerra e o ostracismo Elixidos anualmente Por sorteo Por sorteo Por sorteo 10 estrategos Dirixían o exército Aplicaban as leis 10 arcontes Presidían tribunais e actos relixiosos Heliea 6000 cidadáns Tribunal popular Boulé 500 cidadáns Preparaban as leis
  • 82.
  • 83. CIDADÁNS MULLERES METECOS ESCRAVOS PARTICIPAN NA POLÍTICA NON PARTICIPAN NA POLÍTICA
  • 84.
  • 85.
  • 86. Que é a democracia? • Como as decisións dependen non dunha minoría senón da maioría, isto é unha democracia. • A lei é para todos a mesma e non é a riqueza senón o mérito e mais a capacidade o que fai acceder os homes aos cargos e aos honores. • Os políticos evitan facer aquilo que sexa ilegal pois os cidadáns vixían a supervisan os maxistrados e as leis. • Pericles V a.C.
  • 87. Instrumentos da democracia Clepsidra: reloxo de auga que servía para medir o tempo de uso da palabra nas Asembleas e tribunais. Fichas de bronce: servían para indicar o verdito nos xuízos: Orificio cheo, absolución, orificio baleiro, condena
  • 88. 4 A democracia ateniense Actividades 1) ¿Que leis e institucións explican que Atenas era unha democracia? 2) ¿Por que se pode dicir que Atenas era unha democracia limitada?
  • 89. 4 A democracia ateniense Solucións actividades 1) Atenas era unha democracia porque a lei era a mesma para tódolos cidadáns e a Eclesia era institución máis importante porque dela dependía o goberno do país. 2) A democracia ateniense era limitada porque só interviñan no goberno os cidadáns maiores de 30 anos. O resto da poboación non podía participar en política.
  • 90. 5. O esplendor de Atenas 5.1. A victoria sobre os persas • No século V a.C., os persas (chamados, tamén, medos) lánzanse á conquista das polis de Grecia, son as Guerras Médicas. • Os exércitos atenienses inflixíronlles importantes derrotas (Maratón (490 a.C. rexeitados por un exército de holitas) e Salamina derrota definitiva e retirada) aos persas. • http://fisterraelvina.blogspot.com/2011/03/batalla-de-m
  • 91.
  • 93. 5. O esplendor de Atenas 5.2. Atenas domina Grecia • A vitoria sobre os persas outorgoulle a Atenas un papel dominante sobre o resto de cidades gregas, as cales formaron a Liga de Delos, asociación dirixida por Atenas. • Cando algunhas polis, cansas do dominio abusivo de Atenas, quixeron abandonar a alianza, esta impedíullelo pola forza. • Ademais, trasladou o tesouro da Liga á cidade de Atenas e obrigou ao resto de polis a pagar un novo tributo; a Liga convertérase nun Imperio ateniense.
  • 94. Liga de Delos Esparta, rival de Atenas
  • 95.
  • 96. 5. O esplendor de Atenas 5.3. A fin da hexemonía ateniense • O dominio ateniense prolongouse ata as Guerras do Peloponeso, nas que Atenas se enfrontou a outras cidades gregas (Corinto, Esparta, etc.). • Medio século máis tarde, case todas as polis caeron baixo o dominio dun rei de Macedonia chamado Filipo.
  • 97. 5.4. A acrópole de Atenas O Partenón
  • 98. 5. O esplendor de Atenas 5.4. A acrópole • No século V a.C., Atenas converteuse no gran centro político, social e cultural da época. Acollendo a grandes artistas e filósofos. • A Acrópole era un outeiro onde se instalaron os primeiros atenienses e ao redor do cal se ergueu a primitiva cidade de Atenas. • Despois do incendio de Atenas polos persas, os atenienses reconstruíron a cidade, e converteron a Acrópole nun centro relixioso. • Grandes artistas (Ictinios e Fidias, entre outros) participaron no proxecto de reconstrución.
  • 99.
  • 100.
  • 101.
  • 103.
  • 105. Planta e sección do Partenón de Atenas
  • 106.
  • 107. ORDE DÓRICO ORDE XÓNICO
  • 109.
  • 110.
  • 111.
  • 112.
  • 114. Templo Atenea Nike 421 a.C. Estilo?
  • 116. Que edificio é este? ten algo que ver coa arquitectura clásica de Grecia?
  • 119. Palacio da Ópera (A Coruña) 1989
  • 120. Hotel Meliá María Pita 1989
  • 122. FUSTE BASA CAPITEL ENTABLAMENTO Que edificio é este? ten algo que ver coa arquitectura clásica de Grecia?
  • 125. Koré con peplo. 540 - 530 a.C. Museo Nacional de Atenas. Diferencianse dos kouros masculino, as korai presentábanse vestidas e cos pes xuntos, sen teren unha Perna avanzada como no caso dos varons
  • 126. Kuros de Anavisos. 540 – 515 a.C. Museo de Delfos.
  • 134. Reconstrucción do frontón este do Partenón. Deméter, Perséfone e Hera. 447 – 432 a.C. Museo Británico, Londres. Reconstrucción do frontón este do Partenón. Hestia, Dione e Afrodita 447 – 432 a.C. Museo Británico, Londres.
  • 135. Fragmento do friso do Partenón (procesión das panateneas): Mozas 447 – 432 a.C. Louvre, París.
  • 136. Praxíteles. Hermes con Dionisos. 330 a.C. Museo de Olimpia.
  • 138. Galo muribundo. 240 – 200 a.C. Museo Capitolino, Roma.
  • 140. 5 O esplendor de Atenas Actividades 1) ¿Onde se localiza a acrópole? ¿Que significa a palabra Acrópole? 2) ¿Que edificios acollía a Acrópole? Enuméraos e describe o Partenón. 3) ¿Cando e por que foi reconstruída a Acrópole? ¿Que impulsou a súa reconstrución? 4) ¿Como venceu Atenas aos persas? 5) ¿Que guerras marcaron a fin da hexemonía ateniense?
  • 141. 5 O esplendor de Atenas Solucións actividades 1) A Acrópole era un outeiro onde se instalaron os primeiros atenienses e arredor da cal se ergueu a cidade de Atenas. Acrópole significa en grego cidade alta. 2) O templo de Atenea Niké, os Propileos, o templo de Artemisa, o Partenón, o Erecteion e os altares de Zeus e de Atenea. A modo de exemplo podemos comentar que o Partenón é un templo de grandes dimensións construído por Ictinos no s. V a.C. Está rodeado de grandes columnas de mármore cuns sinxelos capiteis e as súas dúas fachadas están decoradas con esculturas realizadas por Fidias. Está cuberto por un tellado a dobre vertente. No seu interior achábase unha grande escultura da deusa Atenea. 3) A acrópolo foi reconstruída no século V a.C. despois de ser incendiada polos persas durante as guerras Médicas. Pericles impulsou a súa reconstrución. 4) Maratón (490 a.C.) e Salamina (480 a.C.) 5) Guerras do Peloponeso. Derrota fronte ao seu rival Esparta.
  • 142. 5. A vida cotiá en Atenas 5.1. Vivenda • Atenas era unha cidade amurallada, con rúas estreitas e sinuosas. Non había rede de sumidoiros. • As vivendas construíanse ao redor dun patio central. De unha ou dáus plantas. • Tiñan escasa moblaxe e había departamentos reservados aos homes (andrón) e ás mulleres (xineceo) Tellado de tella a dúas augas Sala de Homes (andrón) Xineceo Parede de ladrillo Recuberta de xeso VIVENDA GREGA
  • 143. 5. A vida cotiá en Atenas 5.2. A familia • O home era o cabeza de familia. A muller estaba baixo o dominio do pai ata o matrimonio, ou do fillo maior en caso de quedar viúva. Ocupaba a meirande parte no templo e na casa. Saía pouco a rúa e cando o facía, ía acompañada. • Fillos e fillas vivían no xineceo ata os 7 anos. A partir desa idade, os fillos varóns recibían unha educación na escola. Aos 18 anos (despois de dous anos de servizo militar) eran recoñecidos cidadáns. As nenas continuaban na casa aprendendo labores de fogar. • As familias ricas tiñan un pedagogo, un escravo ao servizo dos fillos para acompañalos á escola e repasar os estudos.
  • 144. 5. A vida cotiá en Atenas 5.3. Vestido • Tecido: liño. • Vestido feminino: peplos. • Vestimenta masculina: chitón e himatión. • Calzado: sandalias.
  • 145. 5. A vida cotiá en Atenas 5.3. Alimentación • Cereais: trigo. Pan. Queixo, verduras, ovos, olivas, figos e froita. • Os ricos tiñan unha dieta máis variada de carne e peixe.
  • 146. 6. A Grecia Helenística 6.1. O reino de Macedonia • O rei Filipo II, aproveitando o enfrontamento entre as cidades gregas (Guerras do Peloponeso) botouse cun potente exército (falanxes) á conquista de Grecia. • Cara ao ano 338 a.C. conseguiu o dominio de toda Grecia. • O fillo de Filipo, Alexandre, que recibiu o alcume do Magno, sucedeuno no ano 336 a.C.
  • 147. Alexandre Magno • Filipo constatou que o seu fillo tiña un carácter inflexible e que loitaba contra toda imposición. Con todo, gustáballe aprender e aceptaba escoitar a aquelles que lle aprendían a razoar. Filipo fixo vir ao máis ilustres e máis sabio dos filósofos gregos, Aristóteles. Deulle moitos cartos e Alexandre aprendeu moral, política e filosofía. • Plutarco, s. III
  • 148. A falanxe era unha formación militar de diversas leiras de soldados a pé, equipados con longas lanzas e escudos.
  • 149. 6. A Grecia Helenística 6.2. O Imperio de Alexandre • Alexandre conseguiu unificar o conxunto de cidades gregas para conducilas á conquista do Imperio Persa. • Entre o 334 e 323 a.C., Alexandre, á fronte do seu exército de 40.000 homes, non só dominou os persas, senón que chegou aos confíns do mundo oriental (A India). • O soño de Alexandre ía máis aló da conquista militar, desexaba crear un único Imperio de Europa e Asia cunha base cultural grega, pero onde cada territorio conservase as súas formas sociais e políticas.
  • 150.
  • 151.
  • 152.
  • 153.
  • 154.
  • 155.
  • 156. 6. A Grecia Helenística 6.3. Os reinos helenísticos: Alexandría • Tras a morte de Alexandre, o seu inmenso imperio dividiuse en reinos: Exipto, Macedonia, Mesopotamia, etc. Impuxéronse monarcas divinizados e autoritarios. A cultura e a lingua son gregas. Son os chamados reinos helenísticos. • A cidade de Alexandría no delta do Nilo en Exipto, fundada por Alexandre no ano 331 a.C., converteuse no símbolo da nova civilización helenística. • Alexandría era unha cidade de planta grega, chea de templos e monumentos; o seu enorme faro, a súa impresionante biblioteca e o seu porto convertérona na maior cidade do mundo grego e no símbolo de mestura de Oriente con Occidente.
  • 157.
  • 158.
  • 159.
  • 160. 6 A Grecia Helenística Actividades 1) ¿Cando iniciou Alexandre Magno o seu reinado? ¿Cando morreu? 2) Intenta razoar porque dicimos que o Imperio de Alexandre Magno é a fusión de Oriente e Occidente.
  • 161. 6 A Grecia Helenística Solucións actividades 1) No 336 a.C. Alexandro Magno sucedeu ao seu pai Filipo de Macedonia. Morreu no ano 323 a.C. 2) Porque trata de relacionar o mundo grego coas civilización orientais que se desenvolveron en Asia e norte de África.
  • 162. 7. A herdanza grega: a cultura clásica 7.1. O pensamento racional • Grecia é o berce do pensamento racional, foi o primeiro lugar onde se intentou explicar os fenómenos máis complicados mediante a razón humana. • Os seres humanos poderían ser capaces de comprender e explicar o mundo que os rodeaba, sen a necesidade de recorrer aos deuses.
  • 163. 7. A herdanza grega: a cultura clásica 7.2. Filosofía, ciencia e dereito • Os filósofos gregos comezaron a buscarlles explicacións ás grandes interrogantes da vida mediante o diálogo e a reflexión. Destacaron Sócrates, Platón e Aristóteles. • Algúns pensadores empezaron a buscar as causas que regulaban a orixe e o funcionamento da natureza (explicacións científicas). Tales de Mileto, Pitágoras e Euclides destacaron nas matemáticas e xeometría. Arquímides é considerado o pai da física. A medicina moderna nace con Hipócrates. En xeografía destaca Eratóstenes e Herodoto. Aristarco estableceu que os planetas xiran ao redor do Sol. • A gran contribución romana foi o dereito, que exerceu unha grande influencia sobre toda a lexislación posterior.
  • 164.
  • 166.
  • 167.
  • 168.
  • 169. 7. A herdanza grega: a cultura clásica 7.3. Teatro • O teatro foi a gran creación literaria do mundo grecorromano e ofrécenos dous grandes xéneros: a traxedia e a comedia. Os actores usaban máscaras e calzaban zaptos altos. As mulleres non podían actuar. Os papeis femininos eran representados por homes. • A traxedia amosaba os sentimentos, os conflitos humanos e a forza da paixón. • A comedia recreaba de forma satírica distintos aspectos da vida cotiá. • Os grandes autores tráxicos foron de orixe grega: Esquilo, Sófocles e Eurípides. • No terreo da comedia salientou o romano Plauto, cuxas obras constituían unha dura crítica á sociedade romana.