SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 17
Descargar para leer sin conexión
Infórmate
aFondo
Número 134 2º trimestre 2014
Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa
www.fondogalego.org
Fomentando alternativas
económicas en Cabo
Verde e Nicaragua
Técnicas de Pontevedra
e Allariz cooperan nas
Vacacións con Traballo
Estréanse as clases
maxistrais e os obradoiros
de fotografía social
Os encontros dixitais
#Alén2015 continúan no
segundo semestre
2 64
A OLLADA EXTERNA:
Entrevista con Mariana Carballal
“Fomos un pobo emigrante
que sufriu desigualdades e
inxustizas. Non deberiamos
esquecelo”
13
8
FONDO DE ARMARIO
8
OS PROXECTOS EN TERREO:
Actividades no Sur e
sensibilización en Galicia
11
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 2] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
ACTUALIDADE DO FONDO
O Fondo Galego e o Concello de Vigo
fomentan alternativas económicas en
Cabo Verde e Nicaragua
O Concello de Vigo e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
cofinancian en Cabo Verde e Nicaragua senllos proxectos que permiti-
rán loitar contra a pobreza extrema fomentando alternativas económi-
cas. No arquipélago africano, apoiando unha cooperativa de mulleres
artesás e, no país centroamericano, impulsando o turismo rural comu-
nitario. A cidade olívica destina a cada unha destas intervencións
26.000 euros aos que se suman preto doutros 6.000 euros do fondo
común das administracións locais e provinciais socias do Fondo Galego.
En Cabo Verde promóvese a igualdade de xénero a través do em-
poderamento socioeconómico das produtoras de cinco localidades do
municipio de Ribeira Grande de Santiago. Para acadar este obxectivo,
trabállase coa cooperativa Sulada para convertela nunha fonte estable
de ingresos, xa que cada unha das 30 artesás que a compoñen susten-
ta unha media de dez persoas. Trátase así de que teñan unha alterna-
tiva viable á extracción de area e pedras para a construción, actividade
ilegal que non garante os ingresos mínimos para unha vida digna e
que causa un gran dano ambiental.
Deste xeito, impartiranse formacións para incrementar a produ-
ción de xabóns e cosméticos naturais e mais a súa calidade, pero
tamén para capacitar nas áreas de xestión, contabilidade, márketing
ou internet. Buscarase ademais diversificar os ingresos elaborando ta-
mén licores, doces, conservas, bixutería, artesanía téxtil, etc., e ampliar
os mercados para estes produtos, tanto presenciais como online. A
área de intervención estrutúrase arredor da Cidade Vella, declarada
Patrimonio da Humanidade, o que pode dinamizar este tipo de activi-
dades.
Ao tempo, promoverase a alfabetización nun dos municipios máis
empobrecidos e coa taxa de analfabetismo máis alta do país lusófono.
Ademais, sensibilizarase en cuestións de participación cidadá, demo-
cracia, autoestima, saúde reprodutiva, etc. A Asociación para a Coope-
ración con Cabo Verde encárgase de executar as actuacións canda a
Cámara Municipal.
O proxecto apoiado en Nicaragua ao Instituto de Promoción Huma-
na-Somoto mellorará o nivel de vida de once comunidades indíxe-
nas, nas que se priorizou as xefas de familia, aproveitando o potencial
As artesás da cooperativa Sulada elaboran xabóns e cosméticos naturais.
1
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 3] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
turístico de xeito sostible desde o punto de vista ambiental e cultural.
Para conseguilo, fortalecerase a capacidade de acollida de visitantes e
melloraranse a oferta e os servizos, para rematar logrando que dous
municipios cun alto índice de pobreza extrema, Totogalpa e Somoto,
sexan recoñecidos a nivel rexional como destinos atractivos.
No primeiro, trataríase de consolidar un proceso xa iniciado acondicio-
nando o ecoalbergue con baños e paneis solares, amoblando o centro
de recepción de visitantes e fortalecendo tanto ao gabinete de turismo
municipal como á policía. Capacitarase ademais en materia de aten-
ción ao cliente e na elaboración de artesanía chorotega. Editaranse
asemade un tríptico promocional e anuncios nas televisións locais. No
caso das dúas comunidades de Somoto implicadas, partiríase de cero
formando en cociña, panadería, carpintería, artesanías, música, danza
e animación. Realizaríanse tamén xiras de intercambio para coñecer
experiencias de éxito. A proposta encádrase nunha estratexia in-
tegral de desenvolvemento turístico rural comunitario que pon
en valor os recursos arqueolóxicos, culturais e paisaxísticos, que
están atraendo mesmo ao turismo de aventura, co fin de duplicar o
número de visitantes.
Nestes dous proxectos cofinanciados en 2014 por medio da coopera-
ción directa, o Fondo Galego aposta por darlle continuidade a proce-
sos de empoderamento comunitario xa iniciados pola AECID nos últi-
mos anos.
Consello Municipalista da Cooperación
Doutra banda, ata o 7 de xullo permaneceu aberta a convocatoria de
subvencións dirixida aos axentes de cooperación ao desenvolvemento
con presenza en Galicia para a execución de proxectos de desenvol-
vemento nos países do Sur, á que o Fondo Galego destina este ano
un mínimo de 100.000 euros. As bases presentáronse ante o Consello
Municipalista de Cooperación, órgano consultivo do que están convi-
dados a participar os axentes do sector, nunha xuntanza tras a que se
incorporaron parte das alegacións da Coordinadora Galega de ONGD.
Unha comisión técnica constituída por representantes de diferentes
deputacións e concellos encargarase de avaliar os proxectos, aínda
que será a Asemblea de socios quen aprobe a resolución da Comisión
Executiva.
O proxecto turístico contempla melloras no ecoalbergue de Totogalpa. Unha ducia de entidades acudiron ao Consello Municipalista da Cooperación.
1
ACTUALIDADE DO FONDO
Técnicas municipais
de Pontevedra e
Allariz cooperarán
en países do Sur
#VacacionsConTraballo
Unha técnica do Concello de Pontevedra e
outra do Concello de Allariz desprazaranse
a Cabo Verde e Nicaragua para apoiar os
proxectos de desenvolvemento impulsados
polo Fondo Galego. As voluntarias veñen de
asistir a unha xornada de formación co fin de
prepararse para as estadías, que terán lugar
durante un mes despois do verán.
Emma Teixeira, técnica de Orientación La-
boral no consistorio pontevedrés, colabora-
rá no fortalecemento dunha cooperativa de
mulleres artesás na municipalidade cabover-
diana de Ribeira Grande, co fin de promover
a igualdade de xénero. Estela Iglesias, téc-
nica de Comunicación e Turismo allaricen-
se, apoiará a iniciativa de desenvolvemento
turístico sustentable liderada pola ONGD
nicaraguana Instituto de Promoción Huma-
na-Somoto. Senllos proxectos, que buscan
fomentar alternativas de emprego, están
financiados polo Fondo Galego, cunha ache-
ga extraordinaria do Concello de Vigo como
socio da entidade.
As dúas empregadas municipais investirán
o seu mes de vacacións compartindo os
seus coñecementos técnicos cos parceiros
no Sur. No entanto, Vacacións con Traballo
é sobre todo un programa de sensibiliza-
ción no que as e os profesionais participan-
tes intercambian experiencias, toman con-
ciencia das desigualdades e se converten en
axentes da transformación social cara actitu-
des solidarias. Ao tempo, supervisan as ac-
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 4] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
Estela Iglesias e Emma Teixeira particiciparon nunha xornada de formación.
2
tuacións que o Fondo Galego cofinancia nos
países empobrecidos e exploran novas vías
de colaboración.
Caderno de experiencias
Por outra parte, xa está dispoñible no web
o caderno dixital ‘Vacacións con Traballo:
Experiencias Solidarias 2013’, que reúne os
testemuños das dúas persoas que o ano pa-
sado participaron no programa de volunta-
riado internacional dirixido a empregadas e
empregados das administracións socias da
entidade. Trátase de Emilio Cuiñas, técnico
de Turismo do Concello de Ourense, que co-
laborou co Inprhu en Nicaragua, e de María
Jesús Olivares, directora da Casa de Acollida
de Mulleres do Concello de Ferrol, que ase-
sorou en materia de igualdade á Cámara Mu-
nicipal de Porto Novo, en Cabo Verde.
Con esta novena edición de Vacacións con
Traballo, que contou con sete candidaturas
doutros tantos consistorios, serán 30 as em-
pregadas e empregados municipais e pro-
vinciais que viviron esta experiencia. Os
vídeos nos que boa parte delas e deles expo-
ñen as súas reflexións están dispoñibles na
canle do Fondo Galego en Youtube, mentres
que o blog vacacionscontraballo.wordpress.
com concentra toda a información sobre a
iniciativa.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 5] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
2
ACTUALIDADE DO FONDO
Estréanse as
clases maxistrais
e os obradoiros de
fotografía social
#ImaxesConFondo
As master class e os obradoiros de fotogra-
fía social promovidos polo Fondo Galego de
Cooperación e Solidariedade botaron a an-
dar no segundo trimestre de 2014, de xeito
paralelo á nova edición do certame Imaxes
con Fondo. A Coruña, Ferrol e Lugo acolleron
xa as clases maxistrais de Gabriel Tizón ti-
tuladas ‘Compromiso coa mirada’, que an-
tes de rematar o ano pasarán tamén polos
concellos de Vilagarcía de Arousa, Ourense,
Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo
e Oleiros. Un recente vídeo recolle as claves
que ofrece nas súas aulas.
As sesións parten da análise de traballos
realizados en diferentes países e na nosa
contorna, para avaliar logo como, cando
e ata onde se pode chegar coa cámara na
vida das persoas. Alén de nocións básicas
sobre composición, trátase de educar a mi-
rada para destacar o motivo da fotografía e
o seu obxectivo, amais de propoñer novos
soportes expositivos. Terase en conta a visi-
bilización de diferentes realidades e onde
comeza o compromiso da autora ou autor
con elas. Gabriel Tizón ten experiencia en
catro continentes e a súa obra foi recoñeci-
da con diversos galardóns. Formou parte do
xurado da primeira edición de Imaxes con
Fondo e na actualidade traballa para El País e
distintas axencias de noticias.
Doutra banda, os obradoiros de fotografía
social corren a cargo de Rober Amado, ga-
ñador de Imaxes con Fondo en 2012 e do
premio Tiflos da ONCE. Nestes obradoiros,
que se realizarán principalmente en centros
educativos, adestrarase o ollo fotográfico
das rapazas e rapaces e amplíase o seu co-
ñecemento tanto da arte da fotografía como
da súa faceta documental. Proporciónanselle
ademais as ferramentas técnicas e narrati-
vas para que creen o seu propio proxecto
fotográfico, contando unha historia a través
das imaxes. A actividade xa se desenvolveu
en Tomiño e Poio, mentres que en próximas
datas pasará por Redondela, Cabanas, San-
diás, A Pobra de Trives e Burela.
Certame fotográfico
Coas formacións en fotografía social pre-
téndese animar á participación no concurso
Imaxes con Fondo 2014, que convida a re-
flexionar arredor da solidariedade e da nosa
responsabilidade na construción dun mundo
máis xusto. Na categoría de persoas adultas,
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 6] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
Máis de 60 persoas asistiron na Coruña á estrea das clases maxistrais.
3
o primeiro premio será unha viaxe a Nica-
ragua co fin de realizar un traballo fotográfico
sobre os proxectos apoiados polo Fondo Ga-
lego. A sección xuvenil, dirixida a mocidade de
entre 14 e 17 anos, está dotada cunha cáma-
ra réflex. En ambos os dous casos, o segundo
posto recoñecerase cunha cesta de produtos
de comercio xusto e o terceiro cun lote de pelí-
culas de temática social.
‘Cambia, reivindica e constrúe’ é o lema do
apartado para persoas adultas, no que se bus-
can imaxes que reflictan como determinadas
prácticas das sociedades do Norte inciden
negativa ou positivamente sobre os pobos
do Sur, contribuíndo así a concienciar sobre
os efectos da globalización e a crear unha ci-
dadanía global que denuncie as inxustizas. Á
categoría xuvenil, titulada ‘A solidariedade dá
sentido ás nosas vidas’, poderán presentarse
fotografías que amosen actitudes solidarias na
nosa contorna ou ben que denuncien a insoli-
dariedade, tanto no día a día coma en mobili-
zacións ou outras actividades.
Unha vez pechado o prazo para a recepción
das propostas, que remata o 15 de novembro,
a selección das imaxes gañadoras levarase a
cabo a través de dous procesos complementa-
rios online e offline. Durante un período duns
dez días as e os internautas poderán votar
a través do perfil do Fondo Galego en Face-
book. A posteriori, as quince fotografías máis
votadas de cada categoría serán valoradas por
un xurado de persoas expertas, que seleccio-
nará as propostas gañadoras. O fallo darase a
coñecer no mes de decembro.
O concurso Imaxes con Fondo está aberto a
persoas de calquera nacionalidade, sempre
que residan en Galicia. Cada participante po-
derá presentar ata un máximo de tres fotogra-
fías, con cadanseu título e acompañadas dun
‘tweet’, unha mensaxe en galego de 140 ca-
racteres. Só se admitirán obras inéditas, en cor
ou en branco e negro, con formato jpg e unha
resolución mínima de 300 ppp, dun tamaño
que non exceda os 5 MB. As condicións para
a presentación e as bases ao completo poden
consultarse en www.fondogalego.org/web/
imaxes_con_fondo. A organización atenderá as
dúbidas a través do enderezo electrónico ima-
xesconfondo@gmail.com.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 7] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
O fotoxornalista Rober Amado imparte os obradoiros de fotografía social.
3
Ecuador dos ciberencontros #Alén2015
Os encontros dixitais organizados polo Fondo Galego para reflexionar
sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio continuarán
no segundo semestre de 2014, despois de chegar ao seu ecuador
no mes de xuño coa conversa con Amaia Celorrio, responsable de Re-
lacións Públicas e Contido de Acnur. Na primeira metade do ano pa-
saron polos ciberencontros #Alén2015 as expertas e expertos David
Llistar, Claudia Delso, Helena Maleno, Tom Kucharz e Nacho Martí-
nez, que falaron sobre anticoperación, o Sáhara, migracións, ecoloxía
ou a Axenda Post 2015. En xullo contaremos con Amnistía Internacio-
nal, o 29 de agosto con María Reimóndez, presidenta de Implicadas
no Desenvolvemento, e nos meses seguintes con representantes da
Coordinadora Galega de ONGD, Manos Unidas e Amarante. Pódese
participar enviando as preguntas a través de Facebook e Twitter ou a
fondogalego@gmail.com.
Suscrición á nova newsletter
O Fondo Galego vén de lanzar un novo boletín electrónico para
informar ao sector e á cidadanía en xeral sobre as novidades da
cooperación municipalista. A newsletter recolle tamén as vindeiras
citas na axenda de actividades de sensibilización nas deputacións e
concellos socios, alén doutras cuestións de interese como cursos e
convocatorias. Para recibir a información por correo electróni-
co basta con subscribirse na portada da web. Con esta newsletter
ponse en marcha un dos mecanismos identificados no Plan de
Comunicación Online do Fondo Galego para reforzar a información
á cidadanía e ás ONGD, que á súa vez poden reenviala á súa base
social. Contribúese así a poñer en valor a achega da cooperación
municipalista, e das deputacións e concellos que fan parte dela, á
construción dun mundo máis xusto e solidario. Ao tempo, a comuni-
cación constitúe un exercicio de transparencia.
FONDO DE ARMARIO
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 8] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
*
Xuntanza do proxecto europeo en Lisboa
O Fondo Galego participou a finais de abril na primeira xuntanza
de traballo do proxecto Redes para o Desenvolvemento II na sede
do Instituto Marquês de Valle Flôr. O secretario da entidade, Daniel
González Palau, viaxou a Lisboa para formalizar os acordos de par-
tenariado e revisar o plan de acción canda os socios da iniciativa
cofinanciada pola UE. No período 2014-2017, o Fondo Galego achega-
rá a súa experiencia a entidades de Portugal, Alemaña e Holanda, co
obxectivo de fortalecer as autoridades locais europeas en accións
de educación para o desenvolvemento e para a cidadanía global.
As metas específicas pasan por capacitar as autoridades locais en
accións de ED, promover boas prácticas e parcerías multiactor e
incorporar a participación cidadá nas políticas de cooperación. O
Fondo Galego presentará o seu modelo de traballo en rede a través
de obradoiros nos distintos países implicados.
Xornada da Confederación de Fondos en Madrid
O Fondo Galego asistiu en Madrid á xornada ‘A cooperación interna-
cional ao desenvolvemento desde os gobernos locais’ que organizou
a  Confederación de Fondos. No encontro debateuse sobre as  con-
secuencias da Lei de Bases do Réxime Local para a cooperación
municipalista e sobre os escenarios presentes e futuros. O obxectivo
era pór en valor un modelo de cooperación descentralizada cada
día máis apreciado a nivel internacional, pero que vive momentos
críticos no Estado, a pesar de contar con importantes oportunidades
no escenario europeo e multilateral. Interviñeron especialistas na ma-
teria e representantes da administración local. A presidenta do Fondo
Galego, Teresa París, moderou a mesa sobre ‘A cooperación descen-
tralizada local vista por outros actores nacionais e internacionais:
A xeración de alianzas’. O secretario participou dos relatorios sobre
‘A cooperación local no momento actual’.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 9] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
*
Revista Galega de Educación dedicada a ED
O número 58 da Revista Galega de Educación, dedicada á cooperación
e o desenvolvemento, recolle o artigo ‘Cooperación para a educa-
ción: un enfoque desde o Fondo Galego de Cooperación e Solida-
riedade’, asinado desde a Secretaría da asociación. O texto presenta o
Fondo como unha política pública mancomunada polo poder local ga-
lego e o Igadi, no nome dunha cooperación internacional centrada na
proximidade, no local: alí onde nace o desenvolvemento humano. O
autor participou na presentación da publicación editada por Nova Es-
cola Galega que tivo lugar na sede de InteRed, en Santiago de Compos-
tela. A revista recompila interesantes artigos sobre a educación para o
desenvolvemento, que van desde o diagnóstico deste eido en Galicia
ata a nova xeración da educación para unha transición emancipadora.
Continúa a xira da Tropa de Trapo
Os contos solidarios deseñados pola Tropa de Trapo para o Fondo Ga-
lego de Cooperación pasarán este ano por vinte concellos socios da
entidade. Desde que a xira dera comezo en Castroverde no mes de
abril, Lousame, a Deputación de Lugo, A Guarda, Rianxo, Castrelo de
Miño, Cambre, San Sadurniño e Riveira recibiron xa o espectáculo. Nos
próximos meses, a compañía recalará en Boiro, Oímbra, Allariz, Narón,
Pontevedra, O Porriño, Caldas de Reis, Outes e Mugardos, entre outras
vilas. ‘Antía, Wamba e o regato pequeno’, para toda a familia, está a ser
a proposta máis requirida, aínda que tamén se poden solicitar os ‘Con-
tos coas mans abertas’, dirixidos a público xuvenil e adulto. Colexios,
institutos, prazas, auditorios ou bibliotecas son algúns dos espazos
onde teñen lugar as representacións, ás veces coincidindo coa conme-
moración dalgún día mundial. A acollida está a resultar moi exitosa.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 10] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
*
OS PROXECTOS EN
TERREO: Actividades no
Sur e sensibilización en
Galicia
Os proxectos financiados polo Fondo Galego
de Cooperación e Solidariedade a ONGD ga-
legas en virtude da convocatoria de axudas
de 2013 continúan a bo ritmo en Mozambi-
que, El Salvador e Cuba.
Melloras na escola de Mozambique
A iniciativa cofinanciada a Ecos do Sur na es-
cola de Hitakula das Mahotas, coa asociación
Adane Moçambique como parceiro local,
permitiu limpar e ampliar as foxas sépti-
cas, construír desaugues para as duchas,
instalar portas e pechaduras nos aseos ou
montar os sanitarios. Ao tempo, capacitouse
a axentes promotores para formar nas aulas
sobre boas prácticas hixiénicas e ambientais
e para crear brigadas verdes que concien-
cien á comunidade. O proxecto posibilitará ir
aumentando o número de prazas no centro
educativo situado en Maputo e prevese que
descenda o absentismo escolar das rapazas
ao garantirlles maior seguridade e intimida-
de. Asemade, ao eliminarse as deposicións
no patio e nas inmediacións reducirase ta-
mén a incidencia de doenzas coma o cólera
ou a diarrea.
Arredor do Día de África, que se conmemora
o 25 de maio, botaron a andar en Galicia
as actividades de sensibilización contem-
pladas proxecto para dar a coñecer a situa-
ción en Mozambique, así coma os Obxec-
tivos do Milenio e os avances posibilitados
pola cooperación internacional. A actividade
xa se levou a cabo no CEIP Ría do Burgo, en
Culleredo, e no CEIP A Fraga, das Pontes, e
tamén se realizará en Burela. Monitorado de
orixe mozambicana relata un conto a medida
que vai sacando obxectos dunha maleta co
fin de dar a coñecer a cultura do país lusó-
fono. Elabórase tamén unha árbore baobab
con materiais reutilizados, para promover a
concienciación ambiental.
Documental en El Salvador
No marco do proxecto promovido por Aga-
reso e o Fondo Galego, en colaboración coa
ONGD local Cordes, estase a traballar con
alumnado da rexión salvadoreña do Bajo
Lempa e cos comités de protección civil para
previr e reducir a vulnerabilidade perante
o risco de inundacións. Nos municipios de
Tecoluca e Zacatecoluca xa se desenvolve-
ron diversos obradoiros, que levan apare-
llada a entrega de materiais de prevención.
Ademais, na segunda quincena de xuño un
equipo da Asociación Galega de Reporteiros
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 11] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
O alumnado mozambicano formouse en prácticas hixiénicas e medioambientais.
*
Solidarios integrado por Gabriela Sánchez,
Alba Sotelo e Juan de Sola desprazouse a
terreo para elaborar un documental sobre
o traballo comunitario co que no último
trimestre do ano se sensibilizará en cen-
tros educativos de dez concellos socios do
Fondo Galego.
Os obxectivos do proxecto estanse a po-
tenciar a través da emisora comunitaria Ra-
dio Tehuacán. Por invitación dun grupo de
ONGD, as reporteiras Yasmin Pineda e Iris
Mijango e o reporteiro José Manuel Rodrí-
guez visitaron Galicia e aproveitaron para
impartir senllas charlas no IES Mendiño,
de Redondela, e no IES Frei Martín Sarmien-
to, de Pontevedra. Alí achegáronlle ao alum-
nado o papel da emisora e mais a realidade
centroamericana. Un vídeo recolle as súas
impresións e o resumo do proxecto.
Prevención de riscos en Cuba
Asemblea de Cooperación pola Paz e a Ofi-
cina do Conservador da Habana seguen a
traballar co apoio do Fondo Galego na pos-
ta en marcha do Centro de Interpretación
da Meteoroloxía, dentro das instalacións
do antigo convento de Belén. En concreto,
estase a rehabilitar a escaleira central, que
tamén se empregará como espazo museísti-
co. O obxectivo da intervención é fomentar
a prevención ante as catástrofes naturais, á
vez que se restaura un Ben de Interese Cultu-
ral no casco histórico declarado Patrimonio
da Humanidade.
Antes de que remate o ano, ACPP levará ade-
mais a cabo actividades de sensibilización
en seis vilas galegas. Nunha deputación ou
concello socio do Fondo tería lugar a pre-
sentación oficial do proxecto, mentres que
noutros dous montaríase a exposición ‘Pre-
vención de desastres naturais no Caribe’
e impartiríase unha charla complementaria.
Asemade, desenvolveríanse tres charlas en
Secundaria, introducindo o alumnado na
situación socioeconómica de Cuba, as rela-
cións con Galicia e o proxecto executado na
Habana.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 12] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
Membros de Radio Tehuacán con representantes do Concello de Pontevedra e de Agareso no IES Frei Martín Sarmiento.
FOTO: Javier Cervera/Agareso.
*
A torre do convento estase a reconverter nun
Centro de Interpretación da Meteoroloxía.
A OLLADA
EXTERNA
Mariana Carballal:
“Fomos un
pobo emigrante
que sufriu
desigualdades
e inxustizas.
Non deberiamos
esquecelo”
Mariana Carballal responde a
entrevista desde Ecuador, onde
leva unha temporada traballan-
do. Coñecida pola súa ampla
traxectoria como actriz de tea-
tro, cine e televisión, foi tamén a
directora que arrincou a exitosa
serie ‘Libro de familia’, entre ou-
tros proxectos. Sempre inque-
da por formarse, esta ourensá
nada en Albarellos de Monte-
rrei desenvolve asemade unha
intensa actividade como profe-
sora. Cunha sólida identidade
como muller e como galega, aín-
da ten oco para o compromiso
solidario e colaborou en varias
ocasións co Fondo Galego de
Cooperación.
Actuar, dirixir, ensinar, pre-
sentar... que é o que máis
che satisfai?
Todas elas forman parte da
miña realidade persoal e pro-
fesional. Non elixo ningunha,
porque vanse alternando, van
definindo etapas vitais. En cada
momento parece que me identi-
fico máis con unha que coa ou-
tra, pero ao final ningunha delas
sería posible se non me nutri-
ra da aprendizaxe das demais.
Aínda que ao final seguramen-
te ensinar é a que me produce
máis satisfacción.
Co Fondo Galego coordina-
ches na ESAD o programa
TeatrAcción, que culminou
coa obra ‘Os soños de Walla’.
Como lembras ese proxec-
to?
Foi un proxecto fermoso e duro.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 13] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
*
A intérprete e directora Mariana Carballal.
A primeira vez que se puña un
proxecto teatral ao servizo de
concienciación sobre persoas
e lugares máis desfavorecidos
ou en vías de desenvolvemen-
to. Non é que individualmen-
te o alumnado e profesorado
que colaboramos non fosemos
conscientes, pero o traballo en
común xera outra perspectiva.
Máis fonda, máis ampla. A posi-
bilidade de compartir co Fondo
Galego de Cooperación e Soli-
dariedade foi vital para nós. E a
partir de aí entender a necesida-
de do compromiso do teatro no
mundo e na sociedade que nos
toca vivir, tamén.
Debería facerse máis teatro
social en Galicia?
En Galicia, en España, no mundo.
As políticas do común deberían
percorrer transversalmente as
necesidades teatrais. Debemos
buscar USOS COMÚNS onde o
teatro articule unha relación es-
pecial co público. Que este se
converta, como di Augusto Boal,
en Espect-Actor.
Tes traballado co teatro en
centros penitenciarios, un
labor que en parte se reflic-
te no filme ‘El patio de mi
cárcel’. En que medida axu-
da á reinserción das inter-
nas e internos?
Os cárceres están para reinser-
tar, para dotar de ferramentas
as persoas que están privadas
de liberdade, no seu retorno á
sociedade. O traballo en equipo,
a disciplina contemplada como
necesidade para sacar adiante
proxectos en común, a autoes-
tima relacionada co beneplácito
do público, a empatía e a capa-
cidade de “ser outro”, de “pórse
na pel doutro”, son algúns dos
elementos que o teatro pode
ofrecer a estas persoas. Todas
elas (as persoas coas que traba-
llei) recoñecen o efecto transfor-
mador de teatro nas súas vidas.
Sen dúbida tamén es moi
coñecida polas series de hu-
mor, como actriz no ‘Show
dos Tonechos’ e como direc-
tora na ‘Escoba!’. É moi ne-
cesario rir nos tempos que
corren?
Imprescindible. A risa é un ele-
mento sanador. A risa bota fóra
demos e angustias que son o
noso pan de cada día. É necesa-
rio rir, e non só saber rirse dun
mesmo, senón aceptar que os
demais se rían de nós, que é o
verdadeiramente difícil. Non
deberiamos tomarnos moi en
serio.
“Os estereotipos
son resultado do
descoñecemento
“do outro”. O Sur está
en movemento”
“Foi vital entender a
necesidade do compromiso
do teatro no mundo e na
sociedade que nos
toca vivir”
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 14] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
*
‘Os soños de Walla’ foi resultado do programa TeatrAcción.
No Día das Mulleres estrea-
ches con Isabel Blanco o
‘duólogo’‘ ‘E(l)las confiden-
tial’. Hai moitas anécdotas
inconfesables na vosa pro-
fesión?
Propias non. Miñas non. E dos
demais non son quen para fa-
lar. O que si hai é unha visión un
pouco frívola do noso labor, se-
guramente porque a maioría só
ve o resultado final (ese lúdico e
festeiro) e descoñece o traballo
que supón sacar adiante calque-
ra proxecto. Sacar adiante a vida
no mundo da arte é unha ca-
rreira de longo percorrido, con
poucos momentos de gloria e
moitas caídas. Inconfesable se-
ría vivir do conto (nunca mellor
dito), roubar, estafar.
O recoñecemento ás mu-
lleres está presente na túa
traxectoria, queda moito
por avanzar en materia de
igualdade tamén no eido da
cultura?
Si. Sempre queda camiño. Por-
que é necesario facelo tamén
desde dentro. Dentro do colec-
tivo feminino. É necesario que
creamos nas nosas posibilida-
des, que a nosa formación é
igual se non mellor (non hai máis
que ver as universidades), que
creamos que podemos contar e
dirixir historias. Que ademais é
necesario que o fagamos. Por-
que se non sempre se contará a
realidade desde o punto de vista
masculino. A loita é lenta. Vinte
séculos de patriarcado non re-
matan en dous días.
Agora mesmo hai aberto un
crowdfunding para a curta
Galicia Portobello Road, di-
rixida por Adriana Páramo e
que protagonizarías canda
Lucía Regueiro. Como valo-
ras este tipo de micromece-
nado colectivo?
Pois como unha solución nos
tempos de crise. Creo que te-
riamos que ter axudas estatais.
A xente que comeza, que loita,
que se forma, debería ter un
país que a protexe, que a valora,
que a apoia. Mentres non sexa
así e para saír adiante, estas fór-
mulas son necesarias. E se pode
ser animo a que participen nes-
te crowdfunding. A historia paga
a pena.
Cal cres que debe ser o pa-
pel das administracións pú-
blicas no apoio ao cinema
galego e ás artes escénicas?
Acabo de dicilo. A cultura non é
un ben tanxible, pero é un ben
“A risa é un elemento
sanador. A risa bota fóra
demos e angustias que son
o noso pan de cada día”
“É necesario que as
mulleres creamos nas
nosas posibilidades, que
podemos contar e dirixir
historias”
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 15] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
*
Mariana Carballal presentou a gala do 15º aniversario do Fondo Galego.
imprescindible. A cultura fai aos
pobos mellores, a cultura iden-
tifica, humaniza, sensibiliza. O
cinema galego e as artes escéni-
cas cumpren a súa función iden-
titaria de Galicia como pobo.
Defenden a nosa lingua, a nosa
forma de pensar e de ser, non
para diferenciarnos senón para
complementarnos co outro.
Tamén tes colaborado des-
interesadamente co Fondo
Galego en eventos coma a
celebración do 15º aniver-
sario. En liñas xerais, dirías
que o sector en Galicia está
comprometido coa loita
contra as desigualdades e
as inxustizas?
Galicia é solidaria. Creo que é
solidaria. Pero creo que non
debería esquecer de onde vén.
Fomos un pobo emigrante que
sufriu desigualdades e inxusti-
zas. Non deberiamos esquecelo,
porque non querer asumir que
nós tamén fomos así ou tivemos
unha realidade similar. Nunca é
suficiente a axuda.
Estás traballando en Ecua-
dor, país prioritario para a
cooperación galega. Dirías
que no Norte temos moi es-
tereotipada a realidade dos
países do Sur?
Neste momento estou en Quito
impartindo un laboratorio de
creación para novas xestións
do común en políticas culturais.
Os estereotipos son resultado
do descoñecemento ‘do outro’
en profundidade. O Sur está en
movemento. As súas realida-
des sociais son complexas, pero
nestes momentos hai un cam-
bio profundo. Están vivas, acti-
vas, incriblemente preocupadas
polo ben común. Seguramente
esa é a diferenza maior con nós.
E en todos os países e ámbitos
hai Norte e Sur, simbólico e real.
Tan só hai que querer velo.
“O cinema galego e as artes
escénicas cumpren a súa
función identitaria de
Galicia como pobo”
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 16] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
*
A actriz no Teatro Sucre, en Quito, onde imparte formacións.
INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org
Socios do Fondo Galego Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de
Trives, A Pobra do Caramiñal, A Teixeira, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Bergondo,
Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabanas, Caldas de Reis, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo de
Miño, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fornelos
de Montes, Gondomar, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Moaña,
Mondoñedo, Monforte, Moraña, Mugardos, Narón, Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño,
O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontedeume,
Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Sada, San Cibrao
das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria, Soutomaior, Teo, Tomiño,
Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Vilar de Santos, Vilardevós, Viveiro, Xove
Deputacións: A Coruña, Lugo.
Infórmate
aFondo
Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Redacción e Administración: Avda. Joselín 7 P3 4B
36300 Baiona (Pontevedra)
Tel/Fax: 986 357 238 / 698 144 536
Internet: http://www.fondogalego.org email: info@igadi.org
Depósito Legal: VG-473-2007
Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa

Más contenido relacionado

Destacado

Undervisning och utbildning i ett kvalitetsperspektiv i förskolan
Undervisning och utbildning i ett kvalitetsperspektiv i förskolanUndervisning och utbildning i ett kvalitetsperspektiv i förskolan
Undervisning och utbildning i ett kvalitetsperspektiv i förskolan
ProPedPowPoiPre
 
Tema 11 Guerra Fria Alberto Rivas
Tema 11 Guerra Fria Alberto RivasTema 11 Guerra Fria Alberto Rivas
Tema 11 Guerra Fria Alberto Rivas
Alberto Rivas
 
Kako učiti strane reči
Kako učiti strane rečiKako učiti strane reči
Kako učiti strane reči
LokiC
 
Progetto irene simone nicole daniele 2
Progetto irene simone nicole daniele 2Progetto irene simone nicole daniele 2
Progetto irene simone nicole daniele 2
laurany2006
 
Big vocab project
Big vocab projectBig vocab project
Big vocab project
ffhayes12
 
Our year book
Our year bookOur year book
Our year book
LokiC
 
Being seen by major clients online (genericlicensing.com)
Being seen by major clients online (genericlicensing.com)Being seen by major clients online (genericlicensing.com)
Being seen by major clients online (genericlicensing.com)
Genericlicensing.com
 

Destacado (20)

Undervisning och utbildning i ett kvalitetsperspektiv i förskolan
Undervisning och utbildning i ett kvalitetsperspektiv i förskolanUndervisning och utbildning i ett kvalitetsperspektiv i förskolan
Undervisning och utbildning i ett kvalitetsperspektiv i förskolan
 
Markkinointi ja sosiaalinen media
Markkinointi ja sosiaalinen mediaMarkkinointi ja sosiaalinen media
Markkinointi ja sosiaalinen media
 
Besmettelijke woninginbraken
Besmettelijke woninginbrakenBesmettelijke woninginbraken
Besmettelijke woninginbraken
 
Processtodjare UFO
Processtodjare UFOProcesstodjare UFO
Processtodjare UFO
 
Tema 11 Guerra Fria Alberto Rivas
Tema 11 Guerra Fria Alberto RivasTema 11 Guerra Fria Alberto Rivas
Tema 11 Guerra Fria Alberto Rivas
 
Kako učiti strane reči
Kako učiti strane rečiKako učiti strane reči
Kako učiti strane reči
 
Progetto irene simone nicole daniele 2
Progetto irene simone nicole daniele 2Progetto irene simone nicole daniele 2
Progetto irene simone nicole daniele 2
 
Zuragt slaiduud
Zuragt slaiduudZuragt slaiduud
Zuragt slaiduud
 
Action Impact Int Live Events Agency
Action Impact Int Live Events AgencyAction Impact Int Live Events Agency
Action Impact Int Live Events Agency
 
Hamid0786[1]
Hamid0786[1]Hamid0786[1]
Hamid0786[1]
 
דו"ח דיור בחברה הערבית
דו"ח דיור בחברה הערביתדו"ח דיור בחברה הערבית
דו"ח דיור בחברה הערבית
 
Big vocab project
Big vocab projectBig vocab project
Big vocab project
 
Our year book
Our year bookOur year book
Our year book
 
Uzuulen2
Uzuulen2Uzuulen2
Uzuulen2
 
Being seen by major clients online (genericlicensing.com)
Being seen by major clients online (genericlicensing.com)Being seen by major clients online (genericlicensing.com)
Being seen by major clients online (genericlicensing.com)
 
Spotlight on UPC
Spotlight on UPCSpotlight on UPC
Spotlight on UPC
 
Markkinointiviestintä 20.10.2015
Markkinointiviestintä 20.10.2015Markkinointiviestintä 20.10.2015
Markkinointiviestintä 20.10.2015
 
IAF141 nº10dixital
IAF141 nº10dixital IAF141 nº10dixital
IAF141 nº10dixital
 
Vodaone
VodaoneVodaone
Vodaone
 
Data is oxygen for ML
Data is oxygen for MLData is oxygen for ML
Data is oxygen for ML
 

Similar a IAF134 nº3dixital

Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1
odesvanmarita
 
Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1
Charo García
 
E commerce en codigo cero
E commerce en codigo ceroE commerce en codigo cero
E commerce en codigo cero
incoruna
 
040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares
Dolcevitacoruna
 

Similar a IAF134 nº3dixital (20)

Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
IAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixital
 
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y TicPropuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
 
Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1
 
Boletinxuventude 02 12_13-1
Boletinxuventude 02 12_13-1Boletinxuventude 02 12_13-1
Boletinxuventude 02 12_13-1
 
E commerce en codigo cero
E commerce en codigo ceroE commerce en codigo cero
E commerce en codigo cero
 
Programa electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do PorriñoPrograma electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do Porriño
 
IAF139 nº8dixital
IAF139 nº8dixitalIAF139 nº8dixital
IAF139 nº8dixital
 
Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
 
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGONovospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
Programa Forcarei 2019
Programa Forcarei 2019Programa Forcarei 2019
Programa Forcarei 2019
 
IAF136 nº5dixital
IAF136 nº5dixitalIAF136 nº5dixital
IAF136 nº5dixital
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
 
040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares
 
2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr
 
Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
 
www.carballoteleformacion.org
www.carballoteleformacion.orgwww.carballoteleformacion.org
www.carballoteleformacion.org
 

IAF134 nº3dixital

  • 1. Infórmate aFondo Número 134 2º trimestre 2014 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa www.fondogalego.org Fomentando alternativas económicas en Cabo Verde e Nicaragua Técnicas de Pontevedra e Allariz cooperan nas Vacacións con Traballo Estréanse as clases maxistrais e os obradoiros de fotografía social Os encontros dixitais #Alén2015 continúan no segundo semestre 2 64 A OLLADA EXTERNA: Entrevista con Mariana Carballal “Fomos un pobo emigrante que sufriu desigualdades e inxustizas. Non deberiamos esquecelo” 13 8 FONDO DE ARMARIO 8 OS PROXECTOS EN TERREO: Actividades no Sur e sensibilización en Galicia 11
  • 2. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 2] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org ACTUALIDADE DO FONDO O Fondo Galego e o Concello de Vigo fomentan alternativas económicas en Cabo Verde e Nicaragua O Concello de Vigo e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinancian en Cabo Verde e Nicaragua senllos proxectos que permiti- rán loitar contra a pobreza extrema fomentando alternativas económi- cas. No arquipélago africano, apoiando unha cooperativa de mulleres artesás e, no país centroamericano, impulsando o turismo rural comu- nitario. A cidade olívica destina a cada unha destas intervencións 26.000 euros aos que se suman preto doutros 6.000 euros do fondo común das administracións locais e provinciais socias do Fondo Galego. En Cabo Verde promóvese a igualdade de xénero a través do em- poderamento socioeconómico das produtoras de cinco localidades do municipio de Ribeira Grande de Santiago. Para acadar este obxectivo, trabállase coa cooperativa Sulada para convertela nunha fonte estable de ingresos, xa que cada unha das 30 artesás que a compoñen susten- ta unha media de dez persoas. Trátase así de que teñan unha alterna- tiva viable á extracción de area e pedras para a construción, actividade ilegal que non garante os ingresos mínimos para unha vida digna e que causa un gran dano ambiental. Deste xeito, impartiranse formacións para incrementar a produ- ción de xabóns e cosméticos naturais e mais a súa calidade, pero tamén para capacitar nas áreas de xestión, contabilidade, márketing ou internet. Buscarase ademais diversificar os ingresos elaborando ta- mén licores, doces, conservas, bixutería, artesanía téxtil, etc., e ampliar os mercados para estes produtos, tanto presenciais como online. A área de intervención estrutúrase arredor da Cidade Vella, declarada Patrimonio da Humanidade, o que pode dinamizar este tipo de activi- dades. Ao tempo, promoverase a alfabetización nun dos municipios máis empobrecidos e coa taxa de analfabetismo máis alta do país lusófono. Ademais, sensibilizarase en cuestións de participación cidadá, demo- cracia, autoestima, saúde reprodutiva, etc. A Asociación para a Coope- ración con Cabo Verde encárgase de executar as actuacións canda a Cámara Municipal. O proxecto apoiado en Nicaragua ao Instituto de Promoción Huma- na-Somoto mellorará o nivel de vida de once comunidades indíxe- nas, nas que se priorizou as xefas de familia, aproveitando o potencial As artesás da cooperativa Sulada elaboran xabóns e cosméticos naturais. 1
  • 3. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 3] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org turístico de xeito sostible desde o punto de vista ambiental e cultural. Para conseguilo, fortalecerase a capacidade de acollida de visitantes e melloraranse a oferta e os servizos, para rematar logrando que dous municipios cun alto índice de pobreza extrema, Totogalpa e Somoto, sexan recoñecidos a nivel rexional como destinos atractivos. No primeiro, trataríase de consolidar un proceso xa iniciado acondicio- nando o ecoalbergue con baños e paneis solares, amoblando o centro de recepción de visitantes e fortalecendo tanto ao gabinete de turismo municipal como á policía. Capacitarase ademais en materia de aten- ción ao cliente e na elaboración de artesanía chorotega. Editaranse asemade un tríptico promocional e anuncios nas televisións locais. No caso das dúas comunidades de Somoto implicadas, partiríase de cero formando en cociña, panadería, carpintería, artesanías, música, danza e animación. Realizaríanse tamén xiras de intercambio para coñecer experiencias de éxito. A proposta encádrase nunha estratexia in- tegral de desenvolvemento turístico rural comunitario que pon en valor os recursos arqueolóxicos, culturais e paisaxísticos, que están atraendo mesmo ao turismo de aventura, co fin de duplicar o número de visitantes. Nestes dous proxectos cofinanciados en 2014 por medio da coopera- ción directa, o Fondo Galego aposta por darlle continuidade a proce- sos de empoderamento comunitario xa iniciados pola AECID nos últi- mos anos. Consello Municipalista da Cooperación Doutra banda, ata o 7 de xullo permaneceu aberta a convocatoria de subvencións dirixida aos axentes de cooperación ao desenvolvemento con presenza en Galicia para a execución de proxectos de desenvol- vemento nos países do Sur, á que o Fondo Galego destina este ano un mínimo de 100.000 euros. As bases presentáronse ante o Consello Municipalista de Cooperación, órgano consultivo do que están convi- dados a participar os axentes do sector, nunha xuntanza tras a que se incorporaron parte das alegacións da Coordinadora Galega de ONGD. Unha comisión técnica constituída por representantes de diferentes deputacións e concellos encargarase de avaliar os proxectos, aínda que será a Asemblea de socios quen aprobe a resolución da Comisión Executiva. O proxecto turístico contempla melloras no ecoalbergue de Totogalpa. Unha ducia de entidades acudiron ao Consello Municipalista da Cooperación. 1
  • 4. ACTUALIDADE DO FONDO Técnicas municipais de Pontevedra e Allariz cooperarán en países do Sur #VacacionsConTraballo Unha técnica do Concello de Pontevedra e outra do Concello de Allariz desprazaranse a Cabo Verde e Nicaragua para apoiar os proxectos de desenvolvemento impulsados polo Fondo Galego. As voluntarias veñen de asistir a unha xornada de formación co fin de prepararse para as estadías, que terán lugar durante un mes despois do verán. Emma Teixeira, técnica de Orientación La- boral no consistorio pontevedrés, colabora- rá no fortalecemento dunha cooperativa de mulleres artesás na municipalidade cabover- diana de Ribeira Grande, co fin de promover a igualdade de xénero. Estela Iglesias, téc- nica de Comunicación e Turismo allaricen- se, apoiará a iniciativa de desenvolvemento turístico sustentable liderada pola ONGD nicaraguana Instituto de Promoción Huma- na-Somoto. Senllos proxectos, que buscan fomentar alternativas de emprego, están financiados polo Fondo Galego, cunha ache- ga extraordinaria do Concello de Vigo como socio da entidade. As dúas empregadas municipais investirán o seu mes de vacacións compartindo os seus coñecementos técnicos cos parceiros no Sur. No entanto, Vacacións con Traballo é sobre todo un programa de sensibiliza- ción no que as e os profesionais participan- tes intercambian experiencias, toman con- ciencia das desigualdades e se converten en axentes da transformación social cara actitu- des solidarias. Ao tempo, supervisan as ac- Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 4] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org Estela Iglesias e Emma Teixeira particiciparon nunha xornada de formación. 2
  • 5. tuacións que o Fondo Galego cofinancia nos países empobrecidos e exploran novas vías de colaboración. Caderno de experiencias Por outra parte, xa está dispoñible no web o caderno dixital ‘Vacacións con Traballo: Experiencias Solidarias 2013’, que reúne os testemuños das dúas persoas que o ano pa- sado participaron no programa de volunta- riado internacional dirixido a empregadas e empregados das administracións socias da entidade. Trátase de Emilio Cuiñas, técnico de Turismo do Concello de Ourense, que co- laborou co Inprhu en Nicaragua, e de María Jesús Olivares, directora da Casa de Acollida de Mulleres do Concello de Ferrol, que ase- sorou en materia de igualdade á Cámara Mu- nicipal de Porto Novo, en Cabo Verde. Con esta novena edición de Vacacións con Traballo, que contou con sete candidaturas doutros tantos consistorios, serán 30 as em- pregadas e empregados municipais e pro- vinciais que viviron esta experiencia. Os vídeos nos que boa parte delas e deles expo- ñen as súas reflexións están dispoñibles na canle do Fondo Galego en Youtube, mentres que o blog vacacionscontraballo.wordpress. com concentra toda a información sobre a iniciativa. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 5] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org 2
  • 6. ACTUALIDADE DO FONDO Estréanse as clases maxistrais e os obradoiros de fotografía social #ImaxesConFondo As master class e os obradoiros de fotogra- fía social promovidos polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade botaron a an- dar no segundo trimestre de 2014, de xeito paralelo á nova edición do certame Imaxes con Fondo. A Coruña, Ferrol e Lugo acolleron xa as clases maxistrais de Gabriel Tizón ti- tuladas ‘Compromiso coa mirada’, que an- tes de rematar o ano pasarán tamén polos concellos de Vilagarcía de Arousa, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Oleiros. Un recente vídeo recolle as claves que ofrece nas súas aulas. As sesións parten da análise de traballos realizados en diferentes países e na nosa contorna, para avaliar logo como, cando e ata onde se pode chegar coa cámara na vida das persoas. Alén de nocións básicas sobre composición, trátase de educar a mi- rada para destacar o motivo da fotografía e o seu obxectivo, amais de propoñer novos soportes expositivos. Terase en conta a visi- bilización de diferentes realidades e onde comeza o compromiso da autora ou autor con elas. Gabriel Tizón ten experiencia en catro continentes e a súa obra foi recoñeci- da con diversos galardóns. Formou parte do xurado da primeira edición de Imaxes con Fondo e na actualidade traballa para El País e distintas axencias de noticias. Doutra banda, os obradoiros de fotografía social corren a cargo de Rober Amado, ga- ñador de Imaxes con Fondo en 2012 e do premio Tiflos da ONCE. Nestes obradoiros, que se realizarán principalmente en centros educativos, adestrarase o ollo fotográfico das rapazas e rapaces e amplíase o seu co- ñecemento tanto da arte da fotografía como da súa faceta documental. Proporciónanselle ademais as ferramentas técnicas e narrati- vas para que creen o seu propio proxecto fotográfico, contando unha historia a través das imaxes. A actividade xa se desenvolveu en Tomiño e Poio, mentres que en próximas datas pasará por Redondela, Cabanas, San- diás, A Pobra de Trives e Burela. Certame fotográfico Coas formacións en fotografía social pre- téndese animar á participación no concurso Imaxes con Fondo 2014, que convida a re- flexionar arredor da solidariedade e da nosa responsabilidade na construción dun mundo máis xusto. Na categoría de persoas adultas, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 6] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org Máis de 60 persoas asistiron na Coruña á estrea das clases maxistrais. 3
  • 7. o primeiro premio será unha viaxe a Nica- ragua co fin de realizar un traballo fotográfico sobre os proxectos apoiados polo Fondo Ga- lego. A sección xuvenil, dirixida a mocidade de entre 14 e 17 anos, está dotada cunha cáma- ra réflex. En ambos os dous casos, o segundo posto recoñecerase cunha cesta de produtos de comercio xusto e o terceiro cun lote de pelí- culas de temática social. ‘Cambia, reivindica e constrúe’ é o lema do apartado para persoas adultas, no que se bus- can imaxes que reflictan como determinadas prácticas das sociedades do Norte inciden negativa ou positivamente sobre os pobos do Sur, contribuíndo así a concienciar sobre os efectos da globalización e a crear unha ci- dadanía global que denuncie as inxustizas. Á categoría xuvenil, titulada ‘A solidariedade dá sentido ás nosas vidas’, poderán presentarse fotografías que amosen actitudes solidarias na nosa contorna ou ben que denuncien a insoli- dariedade, tanto no día a día coma en mobili- zacións ou outras actividades. Unha vez pechado o prazo para a recepción das propostas, que remata o 15 de novembro, a selección das imaxes gañadoras levarase a cabo a través de dous procesos complementa- rios online e offline. Durante un período duns dez días as e os internautas poderán votar a través do perfil do Fondo Galego en Face- book. A posteriori, as quince fotografías máis votadas de cada categoría serán valoradas por un xurado de persoas expertas, que seleccio- nará as propostas gañadoras. O fallo darase a coñecer no mes de decembro. O concurso Imaxes con Fondo está aberto a persoas de calquera nacionalidade, sempre que residan en Galicia. Cada participante po- derá presentar ata un máximo de tres fotogra- fías, con cadanseu título e acompañadas dun ‘tweet’, unha mensaxe en galego de 140 ca- racteres. Só se admitirán obras inéditas, en cor ou en branco e negro, con formato jpg e unha resolución mínima de 300 ppp, dun tamaño que non exceda os 5 MB. As condicións para a presentación e as bases ao completo poden consultarse en www.fondogalego.org/web/ imaxes_con_fondo. A organización atenderá as dúbidas a través do enderezo electrónico ima- xesconfondo@gmail.com. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 7] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org O fotoxornalista Rober Amado imparte os obradoiros de fotografía social. 3
  • 8. Ecuador dos ciberencontros #Alén2015 Os encontros dixitais organizados polo Fondo Galego para reflexionar sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio continuarán no segundo semestre de 2014, despois de chegar ao seu ecuador no mes de xuño coa conversa con Amaia Celorrio, responsable de Re- lacións Públicas e Contido de Acnur. Na primeira metade do ano pa- saron polos ciberencontros #Alén2015 as expertas e expertos David Llistar, Claudia Delso, Helena Maleno, Tom Kucharz e Nacho Martí- nez, que falaron sobre anticoperación, o Sáhara, migracións, ecoloxía ou a Axenda Post 2015. En xullo contaremos con Amnistía Internacio- nal, o 29 de agosto con María Reimóndez, presidenta de Implicadas no Desenvolvemento, e nos meses seguintes con representantes da Coordinadora Galega de ONGD, Manos Unidas e Amarante. Pódese participar enviando as preguntas a través de Facebook e Twitter ou a fondogalego@gmail.com. Suscrición á nova newsletter O Fondo Galego vén de lanzar un novo boletín electrónico para informar ao sector e á cidadanía en xeral sobre as novidades da cooperación municipalista. A newsletter recolle tamén as vindeiras citas na axenda de actividades de sensibilización nas deputacións e concellos socios, alén doutras cuestións de interese como cursos e convocatorias. Para recibir a información por correo electróni- co basta con subscribirse na portada da web. Con esta newsletter ponse en marcha un dos mecanismos identificados no Plan de Comunicación Online do Fondo Galego para reforzar a información á cidadanía e ás ONGD, que á súa vez poden reenviala á súa base social. Contribúese así a poñer en valor a achega da cooperación municipalista, e das deputacións e concellos que fan parte dela, á construción dun mundo máis xusto e solidario. Ao tempo, a comuni- cación constitúe un exercicio de transparencia. FONDO DE ARMARIO Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 8] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org *
  • 9. Xuntanza do proxecto europeo en Lisboa O Fondo Galego participou a finais de abril na primeira xuntanza de traballo do proxecto Redes para o Desenvolvemento II na sede do Instituto Marquês de Valle Flôr. O secretario da entidade, Daniel González Palau, viaxou a Lisboa para formalizar os acordos de par- tenariado e revisar o plan de acción canda os socios da iniciativa cofinanciada pola UE. No período 2014-2017, o Fondo Galego achega- rá a súa experiencia a entidades de Portugal, Alemaña e Holanda, co obxectivo de fortalecer as autoridades locais europeas en accións de educación para o desenvolvemento e para a cidadanía global. As metas específicas pasan por capacitar as autoridades locais en accións de ED, promover boas prácticas e parcerías multiactor e incorporar a participación cidadá nas políticas de cooperación. O Fondo Galego presentará o seu modelo de traballo en rede a través de obradoiros nos distintos países implicados. Xornada da Confederación de Fondos en Madrid O Fondo Galego asistiu en Madrid á xornada ‘A cooperación interna- cional ao desenvolvemento desde os gobernos locais’ que organizou a  Confederación de Fondos. No encontro debateuse sobre as  con- secuencias da Lei de Bases do Réxime Local para a cooperación municipalista e sobre os escenarios presentes e futuros. O obxectivo era pór en valor un modelo de cooperación descentralizada cada día máis apreciado a nivel internacional, pero que vive momentos críticos no Estado, a pesar de contar con importantes oportunidades no escenario europeo e multilateral. Interviñeron especialistas na ma- teria e representantes da administración local. A presidenta do Fondo Galego, Teresa París, moderou a mesa sobre ‘A cooperación descen- tralizada local vista por outros actores nacionais e internacionais: A xeración de alianzas’. O secretario participou dos relatorios sobre ‘A cooperación local no momento actual’. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 9] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org *
  • 10. Revista Galega de Educación dedicada a ED O número 58 da Revista Galega de Educación, dedicada á cooperación e o desenvolvemento, recolle o artigo ‘Cooperación para a educa- ción: un enfoque desde o Fondo Galego de Cooperación e Solida- riedade’, asinado desde a Secretaría da asociación. O texto presenta o Fondo como unha política pública mancomunada polo poder local ga- lego e o Igadi, no nome dunha cooperación internacional centrada na proximidade, no local: alí onde nace o desenvolvemento humano. O autor participou na presentación da publicación editada por Nova Es- cola Galega que tivo lugar na sede de InteRed, en Santiago de Compos- tela. A revista recompila interesantes artigos sobre a educación para o desenvolvemento, que van desde o diagnóstico deste eido en Galicia ata a nova xeración da educación para unha transición emancipadora. Continúa a xira da Tropa de Trapo Os contos solidarios deseñados pola Tropa de Trapo para o Fondo Ga- lego de Cooperación pasarán este ano por vinte concellos socios da entidade. Desde que a xira dera comezo en Castroverde no mes de abril, Lousame, a Deputación de Lugo, A Guarda, Rianxo, Castrelo de Miño, Cambre, San Sadurniño e Riveira recibiron xa o espectáculo. Nos próximos meses, a compañía recalará en Boiro, Oímbra, Allariz, Narón, Pontevedra, O Porriño, Caldas de Reis, Outes e Mugardos, entre outras vilas. ‘Antía, Wamba e o regato pequeno’, para toda a familia, está a ser a proposta máis requirida, aínda que tamén se poden solicitar os ‘Con- tos coas mans abertas’, dirixidos a público xuvenil e adulto. Colexios, institutos, prazas, auditorios ou bibliotecas son algúns dos espazos onde teñen lugar as representacións, ás veces coincidindo coa conme- moración dalgún día mundial. A acollida está a resultar moi exitosa. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 10] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org *
  • 11. OS PROXECTOS EN TERREO: Actividades no Sur e sensibilización en Galicia Os proxectos financiados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a ONGD ga- legas en virtude da convocatoria de axudas de 2013 continúan a bo ritmo en Mozambi- que, El Salvador e Cuba. Melloras na escola de Mozambique A iniciativa cofinanciada a Ecos do Sur na es- cola de Hitakula das Mahotas, coa asociación Adane Moçambique como parceiro local, permitiu limpar e ampliar as foxas sépti- cas, construír desaugues para as duchas, instalar portas e pechaduras nos aseos ou montar os sanitarios. Ao tempo, capacitouse a axentes promotores para formar nas aulas sobre boas prácticas hixiénicas e ambientais e para crear brigadas verdes que concien- cien á comunidade. O proxecto posibilitará ir aumentando o número de prazas no centro educativo situado en Maputo e prevese que descenda o absentismo escolar das rapazas ao garantirlles maior seguridade e intimida- de. Asemade, ao eliminarse as deposicións no patio e nas inmediacións reducirase ta- mén a incidencia de doenzas coma o cólera ou a diarrea. Arredor do Día de África, que se conmemora o 25 de maio, botaron a andar en Galicia as actividades de sensibilización contem- pladas proxecto para dar a coñecer a situa- ción en Mozambique, así coma os Obxec- tivos do Milenio e os avances posibilitados pola cooperación internacional. A actividade xa se levou a cabo no CEIP Ría do Burgo, en Culleredo, e no CEIP A Fraga, das Pontes, e tamén se realizará en Burela. Monitorado de orixe mozambicana relata un conto a medida que vai sacando obxectos dunha maleta co fin de dar a coñecer a cultura do país lusó- fono. Elabórase tamén unha árbore baobab con materiais reutilizados, para promover a concienciación ambiental. Documental en El Salvador No marco do proxecto promovido por Aga- reso e o Fondo Galego, en colaboración coa ONGD local Cordes, estase a traballar con alumnado da rexión salvadoreña do Bajo Lempa e cos comités de protección civil para previr e reducir a vulnerabilidade perante o risco de inundacións. Nos municipios de Tecoluca e Zacatecoluca xa se desenvolve- ron diversos obradoiros, que levan apare- llada a entrega de materiais de prevención. Ademais, na segunda quincena de xuño un equipo da Asociación Galega de Reporteiros Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 11] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org O alumnado mozambicano formouse en prácticas hixiénicas e medioambientais. *
  • 12. Solidarios integrado por Gabriela Sánchez, Alba Sotelo e Juan de Sola desprazouse a terreo para elaborar un documental sobre o traballo comunitario co que no último trimestre do ano se sensibilizará en cen- tros educativos de dez concellos socios do Fondo Galego. Os obxectivos do proxecto estanse a po- tenciar a través da emisora comunitaria Ra- dio Tehuacán. Por invitación dun grupo de ONGD, as reporteiras Yasmin Pineda e Iris Mijango e o reporteiro José Manuel Rodrí- guez visitaron Galicia e aproveitaron para impartir senllas charlas no IES Mendiño, de Redondela, e no IES Frei Martín Sarmien- to, de Pontevedra. Alí achegáronlle ao alum- nado o papel da emisora e mais a realidade centroamericana. Un vídeo recolle as súas impresións e o resumo do proxecto. Prevención de riscos en Cuba Asemblea de Cooperación pola Paz e a Ofi- cina do Conservador da Habana seguen a traballar co apoio do Fondo Galego na pos- ta en marcha do Centro de Interpretación da Meteoroloxía, dentro das instalacións do antigo convento de Belén. En concreto, estase a rehabilitar a escaleira central, que tamén se empregará como espazo museísti- co. O obxectivo da intervención é fomentar a prevención ante as catástrofes naturais, á vez que se restaura un Ben de Interese Cultu- ral no casco histórico declarado Patrimonio da Humanidade. Antes de que remate o ano, ACPP levará ade- mais a cabo actividades de sensibilización en seis vilas galegas. Nunha deputación ou concello socio do Fondo tería lugar a pre- sentación oficial do proxecto, mentres que noutros dous montaríase a exposición ‘Pre- vención de desastres naturais no Caribe’ e impartiríase unha charla complementaria. Asemade, desenvolveríanse tres charlas en Secundaria, introducindo o alumnado na situación socioeconómica de Cuba, as rela- cións con Galicia e o proxecto executado na Habana. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 12] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org Membros de Radio Tehuacán con representantes do Concello de Pontevedra e de Agareso no IES Frei Martín Sarmiento. FOTO: Javier Cervera/Agareso. * A torre do convento estase a reconverter nun Centro de Interpretación da Meteoroloxía.
  • 13. A OLLADA EXTERNA Mariana Carballal: “Fomos un pobo emigrante que sufriu desigualdades e inxustizas. Non deberiamos esquecelo” Mariana Carballal responde a entrevista desde Ecuador, onde leva unha temporada traballan- do. Coñecida pola súa ampla traxectoria como actriz de tea- tro, cine e televisión, foi tamén a directora que arrincou a exitosa serie ‘Libro de familia’, entre ou- tros proxectos. Sempre inque- da por formarse, esta ourensá nada en Albarellos de Monte- rrei desenvolve asemade unha intensa actividade como profe- sora. Cunha sólida identidade como muller e como galega, aín- da ten oco para o compromiso solidario e colaborou en varias ocasións co Fondo Galego de Cooperación. Actuar, dirixir, ensinar, pre- sentar... que é o que máis che satisfai? Todas elas forman parte da miña realidade persoal e pro- fesional. Non elixo ningunha, porque vanse alternando, van definindo etapas vitais. En cada momento parece que me identi- fico máis con unha que coa ou- tra, pero ao final ningunha delas sería posible se non me nutri- ra da aprendizaxe das demais. Aínda que ao final seguramen- te ensinar é a que me produce máis satisfacción. Co Fondo Galego coordina- ches na ESAD o programa TeatrAcción, que culminou coa obra ‘Os soños de Walla’. Como lembras ese proxec- to? Foi un proxecto fermoso e duro. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 13] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org * A intérprete e directora Mariana Carballal.
  • 14. A primeira vez que se puña un proxecto teatral ao servizo de concienciación sobre persoas e lugares máis desfavorecidos ou en vías de desenvolvemen- to. Non é que individualmen- te o alumnado e profesorado que colaboramos non fosemos conscientes, pero o traballo en común xera outra perspectiva. Máis fonda, máis ampla. A posi- bilidade de compartir co Fondo Galego de Cooperación e Soli- dariedade foi vital para nós. E a partir de aí entender a necesida- de do compromiso do teatro no mundo e na sociedade que nos toca vivir, tamén. Debería facerse máis teatro social en Galicia? En Galicia, en España, no mundo. As políticas do común deberían percorrer transversalmente as necesidades teatrais. Debemos buscar USOS COMÚNS onde o teatro articule unha relación es- pecial co público. Que este se converta, como di Augusto Boal, en Espect-Actor. Tes traballado co teatro en centros penitenciarios, un labor que en parte se reflic- te no filme ‘El patio de mi cárcel’. En que medida axu- da á reinserción das inter- nas e internos? Os cárceres están para reinser- tar, para dotar de ferramentas as persoas que están privadas de liberdade, no seu retorno á sociedade. O traballo en equipo, a disciplina contemplada como necesidade para sacar adiante proxectos en común, a autoes- tima relacionada co beneplácito do público, a empatía e a capa- cidade de “ser outro”, de “pórse na pel doutro”, son algúns dos elementos que o teatro pode ofrecer a estas persoas. Todas elas (as persoas coas que traba- llei) recoñecen o efecto transfor- mador de teatro nas súas vidas. Sen dúbida tamén es moi coñecida polas series de hu- mor, como actriz no ‘Show dos Tonechos’ e como direc- tora na ‘Escoba!’. É moi ne- cesario rir nos tempos que corren? Imprescindible. A risa é un ele- mento sanador. A risa bota fóra demos e angustias que son o noso pan de cada día. É necesa- rio rir, e non só saber rirse dun mesmo, senón aceptar que os demais se rían de nós, que é o verdadeiramente difícil. Non deberiamos tomarnos moi en serio. “Os estereotipos son resultado do descoñecemento “do outro”. O Sur está en movemento” “Foi vital entender a necesidade do compromiso do teatro no mundo e na sociedade que nos toca vivir” Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 14] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org * ‘Os soños de Walla’ foi resultado do programa TeatrAcción.
  • 15. No Día das Mulleres estrea- ches con Isabel Blanco o ‘duólogo’‘ ‘E(l)las confiden- tial’. Hai moitas anécdotas inconfesables na vosa pro- fesión? Propias non. Miñas non. E dos demais non son quen para fa- lar. O que si hai é unha visión un pouco frívola do noso labor, se- guramente porque a maioría só ve o resultado final (ese lúdico e festeiro) e descoñece o traballo que supón sacar adiante calque- ra proxecto. Sacar adiante a vida no mundo da arte é unha ca- rreira de longo percorrido, con poucos momentos de gloria e moitas caídas. Inconfesable se- ría vivir do conto (nunca mellor dito), roubar, estafar. O recoñecemento ás mu- lleres está presente na túa traxectoria, queda moito por avanzar en materia de igualdade tamén no eido da cultura? Si. Sempre queda camiño. Por- que é necesario facelo tamén desde dentro. Dentro do colec- tivo feminino. É necesario que creamos nas nosas posibilida- des, que a nosa formación é igual se non mellor (non hai máis que ver as universidades), que creamos que podemos contar e dirixir historias. Que ademais é necesario que o fagamos. Por- que se non sempre se contará a realidade desde o punto de vista masculino. A loita é lenta. Vinte séculos de patriarcado non re- matan en dous días. Agora mesmo hai aberto un crowdfunding para a curta Galicia Portobello Road, di- rixida por Adriana Páramo e que protagonizarías canda Lucía Regueiro. Como valo- ras este tipo de micromece- nado colectivo? Pois como unha solución nos tempos de crise. Creo que te- riamos que ter axudas estatais. A xente que comeza, que loita, que se forma, debería ter un país que a protexe, que a valora, que a apoia. Mentres non sexa así e para saír adiante, estas fór- mulas son necesarias. E se pode ser animo a que participen nes- te crowdfunding. A historia paga a pena. Cal cres que debe ser o pa- pel das administracións pú- blicas no apoio ao cinema galego e ás artes escénicas? Acabo de dicilo. A cultura non é un ben tanxible, pero é un ben “A risa é un elemento sanador. A risa bota fóra demos e angustias que son o noso pan de cada día” “É necesario que as mulleres creamos nas nosas posibilidades, que podemos contar e dirixir historias” Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 15] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org * Mariana Carballal presentou a gala do 15º aniversario do Fondo Galego.
  • 16. imprescindible. A cultura fai aos pobos mellores, a cultura iden- tifica, humaniza, sensibiliza. O cinema galego e as artes escéni- cas cumpren a súa función iden- titaria de Galicia como pobo. Defenden a nosa lingua, a nosa forma de pensar e de ser, non para diferenciarnos senón para complementarnos co outro. Tamén tes colaborado des- interesadamente co Fondo Galego en eventos coma a celebración do 15º aniver- sario. En liñas xerais, dirías que o sector en Galicia está comprometido coa loita contra as desigualdades e as inxustizas? Galicia é solidaria. Creo que é solidaria. Pero creo que non debería esquecer de onde vén. Fomos un pobo emigrante que sufriu desigualdades e inxusti- zas. Non deberiamos esquecelo, porque non querer asumir que nós tamén fomos así ou tivemos unha realidade similar. Nunca é suficiente a axuda. Estás traballando en Ecua- dor, país prioritario para a cooperación galega. Dirías que no Norte temos moi es- tereotipada a realidade dos países do Sur? Neste momento estou en Quito impartindo un laboratorio de creación para novas xestións do común en políticas culturais. Os estereotipos son resultado do descoñecemento ‘do outro’ en profundidade. O Sur está en movemento. As súas realida- des sociais son complexas, pero nestes momentos hai un cam- bio profundo. Están vivas, acti- vas, incriblemente preocupadas polo ben común. Seguramente esa é a diferenza maior con nós. E en todos os países e ámbitos hai Norte e Sur, simbólico e real. Tan só hai que querer velo. “O cinema galego e as artes escénicas cumpren a súa función identitaria de Galicia como pobo” Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 16] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org * A actriz no Teatro Sucre, en Quito, onde imparte formacións.
  • 17. INFÓRMATEAFONDO:134º·www.fondogalego.org Socios do Fondo Galego Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de Trives, A Pobra do Caramiñal, A Teixeira, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabanas, Caldas de Reis, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo de Miño, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Moaña, Mondoñedo, Monforte, Moraña, Mugardos, Narón, Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria, Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Vilar de Santos, Vilardevós, Viveiro, Xove Deputacións: A Coruña, Lugo. Infórmate aFondo Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Redacción e Administración: Avda. Joselín 7 P3 4B 36300 Baiona (Pontevedra) Tel/Fax: 986 357 238 / 698 144 536 Internet: http://www.fondogalego.org email: info@igadi.org Depósito Legal: VG-473-2007 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa